Ordes - campaña solidaria Un Nadal para Todos

O Concello de Ordes levará a cabo a campaña ‘Un Nadal para todos’ durante a primeira quincena do mes de decembro
En colaboración cos supermercados do municipio os veciños e veciñas poderán mercar alimentos para as familias necesitadas. 

Ó longo desta primeira quincena do mes de decembro o Concello de Ordes emprende unha nova campaña solidaria basada na recollida de alimentos e bebidas non alcohólicas para as familias máis necesitadas. 
Baixo o lema ‘Un Nadal para todos’ todos os que queiran poderán doar alimentos á par que fan a súa compra diaria. Admitiranse alimentos envasados, pouco perecedeiros, así como todo tipo de bebidas non alcohólicas. Basta con depositalos nos contedores que se ubicarán nos supermercados Gadis, Eroski, Coviran e Día. Diariamente levarase a cabo a súa recollida para o seu almacenamento e clasificación por parte do persoal dos Servizos Sociais do Concello, sendo eles quenes mellor coñecen a realidade e situación das familias máis desfavorecidas. Deste xeito “tamén se garante o dereito á confidencialidade e o anonimato que demandan moitos dos usuarios e destinatarios deste tipo de axudas, asegura o a alcalde de Ordes, Manuel Regos, quen tamén sinala que “é importante que se faga deste xeito para poder garantir os principios de acuanimidade e obxetividade”

Ningún comentario: