Axenda e tempo do sábado 28 de marzo - Música, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Brión - teatro - A Pombiña de Narón con "O xardín dos pobres"

Santiago - Concertos da fin de semana

Santiago - Borriquita de Belem - Alejandro Vargas Trio

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Miscela Vitrea (ata o 11 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Oroso - Pleno de marzo

O pleno do Concello de Oroso aprobou unha modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI), consistente en utilizar o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) na tramitación da bonificación do 90 % na cota para familias numerosas. Este indicador substitúe un cadro de importes que se viña empregando desde 2003.

Un dos beneficios do cambio é que non será precisa a modificación anual da ordenzanza, ao actualizarse automaticamente o IPREM cada ano. E tamén se evita que se aproveiten da bonificación familias que, aínda tendo a consideración de numerosas, conten cun nivel de renda suficiente. A modificación, aprobada cos votos a favor de todos os grupos a non ser a abstención do concelleiro do Partido Galeguista, inclúe ademais unha maior precisión nos prazos e a documentación que se debe presentar na solicitude da bonificación.

Como ata agora, poderase acceder ao desconto cando o suxeito pasivo –quen paga o imposto- sexa titular de familia numerosa e o inmoble sexa de uso residencial habitual para el e todos os integrantes da unidade familiar considerada numerosa. O nivel de renda per cápita non poderá superar o 150 % do importe anual do IPREM, sen pagas extra. Tamén se teñen en conta as situacións de discapacidade, xa que cada integrante da familia cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 % ou con incapacidade permanente absoluta computará como dous á hora de calcular o nivel de renda per cápita. 

Na mesma sesión tamén se modificou a ordenanza do prezo público da escola infantil, adaptando as tarifas á suba do IPC das tarifas autonómicas. Este trámite, que aplica un decreto da Xunta, permítelle ao Concello optar ás subvencións que a Xunta de Galicia outorga cada ano

Moción
Na quenda de mocións, a única que se prsesentou foi a do concelleiro do PG para solicitar a revisión da facturación eléctrica municipal. A corporación rexeitouna, cos votos do PSdeG-PSOE e o PP e a abstención do BNG. O tenente de alcalde, Antonio Leira, aclarou que os traballadores do Concello revisan que todas as facturas sexan procedentes e devólvenas cando observan algún erro, de modo que a iniciativa “non ten sentido neste Concello”, tal como concluíu o alcalde, Manuel Mirás.

USC - O Museo de Historia Natural acolle hoxe sábado a Asamblea do Consello Galego de Museos

Representantes de 33 museos de toda Galicia reuniranse este sábado 28 na asemblea xeral anual do Consello Galego de Museos (CGM) que terá lugar no Museo de Historia Natural da USC. Emprazado na Finca Vista Alegre de Santiago e inaugurado este ano académico,o museo que dirixe a profesora María IsabelLozaforma parte desta plataforma de coordinación e colaboración entre as institucións museísticas galegas.

Na xuntanza, que dará comezo ás 11.00 horas, presentarase o informe de contas do exercicio 2014 e o de xestión e propostas de actuación para o presente ano. Ademais, nomearanse membros honorarios do CGM a Felipe Arias Vilas e Francisco Fariña Busto.

O CGM xorde en 1981 coa organización do I Coloquio de Museos Galegos, a primeira tentativa de establecer unha coordinación e cooperación entre esas entidades. O encontro deu en 1983 na creación como tal do Consello, aínda que non sería ata 1990 cando adquira estatuto legal. Os seus principios de actuación baséanse na idea de que os museos galegos deben centrar as súas accións no proceso de normalización da cultura de Galicia e de reconstrución da conciencia colectiva, en gran medida, e da memoria histórica e cultural.

Santiago - Concertos da fin de semana

Esta fin de semana vén cargada de música en Compostela. Ademais de toda a programación do Festival de Músicas Contemplativas teremos outras propostas nos ciclos Sons’15 e Compostela Rock. Sábado poderemos escoitar por primeira vez na cidade á raíña da canción protesta, Joan Baez, ás 20.30h no pazo de Congresos dentro de Sons’15 e Compostela Rock ofrece o triciclo 7 con Oneida, People of the North e Farniente. Será á mesma hora pero na Fundación SGAE. E tamén co Compostela Rock teremos na xornada do domingo un especial de metal con Moonspell e Septic Flesh. A partir das 19.00h na Sala Capitol.

Joan Baez
A cantante estadounidense de música folk Joan Baez é coñecida como “A raíña da canción protesta” ou “a madriña do folk”. Recibiu innumerables premios e recoñecementos (oito discos de Ouro, Grammy honorífico pola súa traxectoria xunto a outros sete nomeamentos, o International Achievement Award, etc…) por unha carreira sólida e coherente. Caracterizada por unha voz potente, aguda, próxima á dunha soprano, Joan Baez é a máxima figura da canción protesta xurdida nos anos sesenta, á calor da Guerra de Vietnam. O seu repertorio, non entanto, abarca tamén o puramente tradicional, o country e o pop-rock.


triciclo 7 na Fundación SGAE
Os neoiorquinos Oneida son quen de concentrar en tres minutos a discografía de Neu!, facer concertos de dez horas (Ocropolis) ou gravar un album de drones sen saber quen fixo que. Farniente é un dúo de electrónica e rock formado por dous pesos pesados dentro do underground nacional. E de Brooklyn chega a psicodelia minimal de People of the North. Estará tamén Farniente, un dúo que provén de bandas tan necesarias coma Lüger ou Schwarz.



Noite metal na Capitol
O concerto dunha das bandas portuguesas máis grandes dentro do Metal. Eses son MOONSPELL, que presentan novo disco, Extinct, e ademais virán acompañados dos gregos Septic Flesh que son xa un referente a nivel mundial dentro do metal sinfónico xa que os seus dous últimos discos foron gravados coa orquestra de Praga.

Oroso - Convenio co complexo residencial para maiores Porto Avieira

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o director xerente do Complexo Residencial para maiores “Porto Avieira”, Francisco García Castro, asinaron onteCoin un convenio de colaboración polo que o Concello de Oroso terá a súa disposición dúas prazas a xornada completa (ou catro prazas a media xornada) no centro de día orosán. Unhas prazas que non suporán custo ningún nin para as arcas municipais nin para os usuarios e que estarán a disposición daqueles veciños e veciñas de Oroso maiores de 60 anos que cumpran cos requisitos obxectivos establecidos polo Departamento de Servizos Sociais.

Manuel Mirás, acompañado polo concelleiro de Relacións Veciñais, Luís Rey Villaverde, agradeceu a colaboración ofrecida polo Complexo Residencial para maiores “Porto Avieira” porque “este acordo potenciará o desenvolvemento persoal, favorecerá a autonomía e as relacións sociais das persoas maiores que acudan aos Servizos Sociais municipais e das súas familias”. Un punto que corroborou Francisco García Castro, quen tamén apuntou que “en el rural los centros de día, en general, funcionan mal. Quizás en parte porque se acostumbran antes a estar en él los propios ancianos que sus familiares, que al principio vienen con muchas dudas cuando aquí están perfectamente atendidos”.

Solicitude das prazas
O Departamento de Servizos Sociais de Oroso será o responsable da valoración técnica das solicitudes e propostas de acceso ás prazas do centro de día obxecto deste convenio, que se realizará a través duns criterios públicos e obxectivos de valoración (criterios sociofamiliares, situación de dependencia, situación económica, situación da vivenda...). As persoas usuarias deste servizo poderán utilizar a praza durante un máximo de 4 meses consecutivos ou ata un máximo de 6 meses non consecutivos, nun período de dous anos.

Para poder optar a estas prazas é preciso ter sesenta ou máis anos e precisar de atención nun centro de día pola súa situación de dependencia ou polas súas circunstancias sociais e familiares. Inicialmente, tamén se pide que o solicitante estea empadroado en Oroso e cunha antigüidade mínima dun ano, aínda que excepcionalmente poderán acceder persoas que non cumpran este requisito sempre que estean nunha situación de emerxencia ditaminada favorablemente polas traballadoras sociais de Oroso. Tamén poderá utilizar estas prazas aqueles maiores que precisen deste servizo e que necesiten darlle un período de descanso á persoa coidadora.

O uso destas prazas é totalmente de balde para os maiores usuarios, que terán dereito a manutención (no caso das prazas a xornada completa), apoio para a realización das actividades da vida cotiá segundo as súas propias necesidades, uso de zonas de convivencia do centro de día e servizo de rehabilitación cognitiva e animación sociocultural.

Brión - A Pombiña de Narón no ciclo Teatro... e punto

O teleclube de Ons acollerá hoxe sábado 28 de marzo a actuación do grupo de teatro “A Pombiña” (Narón), dentro do programa “Teatro… e punto”, un ciclo de teatro afeccionado organizado polo Concello de Brión e que inclúe dúas actuacións teatrais nos meses de marzo, abril, maio, outubro, novembro e decembro. A partir das 20.30 horas, “A Pombiña” representará a función “O xardín dos pobres”, unha comedia escrita e dirixida por Betty Couce.

“O xardín dos pobres” é unha divertida comedia que narra a historia dun marqués que, anos atrás, cedeu o seu xardín para que os pobres tivesen un lugar de seu. Pero na actualidade, co mundo do revés, os pobres terán que pelexar para non perder os seus dereitos. Trátase dunha comedia dunha hora de duración e apta para todos os públicos. A entrada é de balde para todos os asistentes ata completar aforo.

Frades - Décima edición da Festa da merenda

A área recreativa “Os Pazos”, na parroquia de Aiazo (Frades), acollerá este domingo 29 de marzo a décima edición da Festa da Merenda, unha celebración organizada pola Asociación de Veciños “Os Pasos” como homenaxe ás tortillas de masa (moi utilizadas na posguerra para dar de comer aos máis pequenos). Dende as 12:00 horas, unha vintena de cociñeiras comezarán a facer as tortillas, para as que empregarán máis de 200 quilos de fariña, 50 ducias de ovos da casa e uns 20 quilos de touciño de porco da casa. Durante toda a xornada esperan cociñar máis dun milleiro de tortillas.
Un momento da edición do 2014

O tempo semella que vai acompañar, polo que dende a organización Tamara Carreira indica que “esperamos a visita de moita máis xente que en anos anteriores” xa que “temos confirmada a asistencia de moita xente da comarca e de fóra dela”, que reservan espazos na área recreativa para os xantares familiares e de amigos. A pesar de todo, tamén haberá carpa baixo a que terá lugar tanto a degustación gratuíta de tortillas de masa como, a partir das 16:00 horas, a Foliada da Merenda coa participación de: coa participación dos grupos Reviravolta de Lardeiros, A Xunqueira das Encrobas, Agrocovo de Esteiro. Ás 19:30 horas comezará unha gran verbena a cargo das orquestras París de Noia e Cinema.

Ordes - Inauguración novo salón de plenos

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudiu na tarde de onte á vila de Ordes para inaugurar o novo salón de plenos situado no que se coñece como o ‘concello vello’. Unha obra englobada dentro do proxecto de modernización do edificio consistorial, e que comprende tanto a construción dun novo inmoble conectado coa edificación antiga a través de pasarelas acristaladas, como a remodelación integral do interior do edificio datado a mediados do século pasado. 

Ao acto acudiron toda a corporación actual ao completo, ademais dos integrantes das antigas dende a instauración da Democracia. Mención especial mereceron tamén todos os alcaldes proclamados dende o fin da dictadura, que tampouco quixeron perderse este momento tan especial. Manuel Regos, alcalde de Ordes tivo unhas palabras de recoñecemento para todos e todas pola súa labor política e dedicación ao pobo de Ordes. Posteriormente e coa axuda de Diego Calvo entregouselles un agasallo a cada un deles. Según Regos “os políticos de Ordes teñen moitas diferencias pero se por algo se caracterizan e pola unión e apoio máis aló das siglas en cores sempre que os veciños e veciñas o precisan”. Como exemplo citou a unión e colaboración estreita á hora de defender os xulgados “que xa no século pasado se instalaron neste mesmo espazo que hoxe estamos inaugurando, e cuxo traslado a otras cidades se conseguiu evitar ao longo dos últimos anos grazas á unión de diversas corporacións”. 

Pola súa banda o presidente da Deputación da Coruño destacou a importancia “desta inauguración que precisamente se da na que, seguramente, é a lexislatura máis dificultosa á hora de levar a diante proxectos e de manter un goberno”. Diego Calvo tamén sinalou a importancia de dotar aos municipio de infraestruturas que facilitan a xestión da actividade democrática e gubernamental en prol da veciñanza. Tamén asegurou, xa á hora de asinar no libro de honra, de que “Ordes forma parte da miña vida non só polo ente que presido, senón sobre todo polos grandes amigos que aquí teños e cuxos nomes están asociados a este municipio”

O apoio da Deputación a esta investidura plasmouse a finais do ano pasado cando se formalizou a concesión dunha subvención por valor de 124.000 € para a dita construción do salón plenario e outras dependenzas municipais.

Santiago Futsal - O equipo non consigue superar o Inter Movistar

Tuvo la primera del partido Diego Quintela en un robo de balón del Santiago Futsal y una contra de Hugo Sánchez, a la que el de Arzúa no llegó a rematar por centímetros. Respondía Inter Movistar con tiros lejanos de Ricardinho que se marchaban desvíados de la portería defendida por Iker López. Santiago Futsal volvía a la carga en acciones individuales, pero se encontraban con el meta visitante Jesús Herrero, que salvó el mano a mano con Gallego y el posterior tiro de Dani ‘Chino’ que pudieron significar el 0-1 para los gallegos. Gallego volvió a protagonizar otra gran acción por la banda, marchándose de su defensor, para lograr un tiro desde la línea de fondo que se estrelló en el palo.

También el palo fue decisivo en el tiro posterior de Mario Rivillos que se encontró con la madera. 

Nuevamente Iker López sería determinante bajo palos en las ocasiones que Mario Rivillos tuvo para los suyos en tiros rasos que Iker despejó con contundencia para evitar el tanto local.

Sin tiempo para más, se llegó al descanso con el empate 0-0 inicial.

En la segunda parte, en la primera llegada clara de Inter Movistar, Daniel no erraría en su tiro raso, pegado al derecho, que significó el 1-0 para los locales en el minuto 23 de partido.

El buen partido de los de Santiago tendría su recompensa en el minuto 25, en el que llegaría el golazo de Dani Chino en una gran jugada individual, en la que el pívot que se marchó de dos jugadores internistas y remató con potencia al fondo de la red para hacer el 1-1. 

Tras el saque de centro, nuevamente Inter se adelantaría en el marcador por medio de Borja con un remate al segundo palo al que nada pudo hacer el meta Iker López. Dos minutos después, Ortiz firmaría el tercero para los suyos.

Jugaría Santiago Futsal desde ese momento con portero jugador y en un saque en largo de Jesús Herrero llegaría el cuarto de los madrileños a portería vacía.

El cansancio fue haciendo mella en los jugadores gallegos, que apuraron sus opciones hasta el final con portero jugador. A falta de un minuto para el final, Pola marcaría y el quinto tanto para los suyos y, ya en el último suspiro del partido, Ricardinho cerraría la cuenta con sexto tanto.

Sala de prensa

El técnico del Santiago Futsal, Santi Valladares, analizó el encuentro tras su finalización del que dijo “Con el 1-1 nos vinimos arriba y pensábamos que teníamos el partido, pero el segundo gol, tan rápido fue un mazazo. Y después ya con los tres goles de portero jugador, no fuimos capaces de darle la vuelta al marcador.”

Ficha del partido

Inter Movistar: Jesús Herrero, Ortiz, Daniel, Rafael y Ricardinho- cinco inicial- Pola, Rivillos, David Pazos, Borja y Pablo Mel

Santiago Futsal: Iker López, Lucas Bolo, Borja, Hugo Sánchez, Diego Quintela –cinco inicial- Iván Rumbo, Dani ‘Chino’, Pablo Tallón, Lucho, Gallego y Kike

Árbitros: Díaz Rodríguez y García Hernández. Amonestaron con tarjeta amarilla Iván Rumbo

Incidencias: Partido correspondiente a la 26ª Jornada de Liga celebrado en el Pabellón Fundación Montemadrid con una asistencia aproximada de 3300 aficionados.

Goles: 0-1 min.23 Daniel, 1-1 min.25 Dani ‘Chino’, 2-1 min.25 Borja, 3-1 min.27 Ortiz, 4-1 min. 29 Jesús Herrero, min.39 Pola, min.40 Ricardinho

Lindeiros - Os momentos máis tensos do pleno de Teo

O pleno do pasado xoves deixou dous momentos tensos en Teo; a municipalización da auga e a moción de urxencia sobre o soldo do alcalde deixaron verbas e momentos para o recordo e a continuación podemos escoitalos.

No debate sobre a municipalización da auga o alcalde Martiño Noriega, que ata ese momento non intervira, decide na última quenda recriminarlle a Manuel Parajó a súa atitude e este ocupase en non deixalo falar.




O BNG decidiu presentar unha moción de urxencia na que instaban o alcalde a deixar de cobrar o soldo xa que se presentaba as eleccións en Santiago. Martiño Noriega enviara en días previos unha carta os grupos na que explicaba porque consideraba que abandonar o soldo non procedía. O pleno remata de supeto cando os concelleiros do BNG, seguidos polo resto, deciden levantarse e marchar mentres o alcalde insiste en que o que teñen que facer na moción e pedir que se lle retire o soldo no canto de instar a que o deixe voluntariamente.



Axenda e tempo do venres 27 de marzo - Música, danza, exposicións

Santiago - Numax 

Brión - V Festival de Cámara

Santiago - Teatro Principal - Hombres Bisagra

Santiago - Festival de Músicas Contemplativas

Santiago - Capitol - Woyza

Brión - biblioteca - Día mundial do Teatro

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Miscela Vitrea (ata o 11 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Xunta persoal concello Ames - Balance da lexislatura

O Comité de Empresa e a Xunta de Persoal e as seccións sindicais do Concello de Ames fan balance da actual lexislatura e catalogan de “nefastas e practicamente inexistentes” as relacións laborais, o diálogo social e a negociación colectiva mantidas co goberno municipal. Unha situación que xa se viña arrastrando desde o anterior mandato. Os órganos de representación do persoal agardan e reclaman que a situación cambie co novo goberno.

Os representantes do persoal do Concello de Ames consideran que o actual goberno municipal non tomou en serio a negociación colectiva. Un claro exemplo da despreocupación e o desleixo nesta materia foron os longos períodos de tempo nos que non se convocou a Mesa Xeral de Negociación nin o Comité se Seguridade e Saúde, a pesar das reiteradas solicitudes de reunión da parte social e da importancia dos temas que estaban pendentes.

Dende outubro de 2012 ata novembro de 2013 pasou máis dun ano sen que a Mesa Xeral de Negociación se reunise. O mesmo ocorreu dende decembro de 2013 ata xuño de 2014. E cando se celebrou a xuntanza tampouco serviu de moito, porque en ningún momento o goberno demostrou vontade de sacar adiante os temas tratados e estes volveron quedar sen resolver reunión tras reunión.

En canto ao Comité de Seguridade e Saúde, tamén pasou máis de ano e medio sen reunirse, malia que ten obriga legal de facelo cada 3 meses. Este órgano reuniuse en total 5 veces en toda a lexislatura, tres veces en 2012, ningunha en 2013, unha en 2014 e outra en 2015.

Cómpre lembrar que o 5 de xuño de 2014 o persoal do Concello de Ames, canso de solicitar xuntanzas co goberno municipal e non ter respostas, decidiu realizar unha concentración diante da Casa do Concello para reclamarlle ao alcalde seriedade e que sentase a negociar e a sacar para diante os temas pendentes dunha vez por todas. En canto o goberno tivo coñecemento desa concentración accedeu a convocar a Mesa Xeral de Negociación, pero a maioría dos temas que levaban meses agardando volveron quedar, unha vez máis, enriba da mesa.

Esta foi a tónica xeral deste mandato, con asuntos que levan pendentes de tramitar dende o ano 2012 como o Acordo sobre descontos nas incapacidades laborais temporais. Outros, como a aprobación dun Regulamento de xestión das listas de agarda para a contratación de novo persoal ou a regulamentación e control dos servizos extraordinarios fóra da xornada están pendentes de que se convoque a correspondente comisión.

Por outra banda, durante esta lexislatura non se produciu avance ningún e non se mostrou interese en abordar asuntos tan relevantes como a actualización da Relación de Postos de Traballo (RPT), que data do ano 2006 e está totalmente desfasada coa realidade actual; a precariedade laboral motivada pola temporalidade da inmensa maioría dos traballadores/as municipais; a disfuncionalidade que existe nos postos de traballo, pois boa parte do persoal está realizando funcións que non se corresponden coa categoría pola que está contratado; a falta dun acordo regulador común aplicable tanto a persoal funcionario como laboral, etc.

Proposta enviada ás formacións políticas que concorren ás eleccións municipais

Ante esta situación, arrastrada xa desde o anterior mandato, os órganos de representación do persoal e as seccións sindicais do Concello de Ames agardan que a política laboral cambie co novo goberno, sexa da cor que sexa. Por este motivo enviáronlles a todas as formacións políticas que concorren ás eleccións municipais de maio de 2015 unha proposta con obxectivos básicos para a xestión de persoal durante a vindeira lexislatura. Nesa proposta insisten tamén na necesidade de establecer un diálogo fluído, serio e eficaz para emendar as carencias e deficiencias da estrutura de organización do persoal municipal que redunde na mellora dos servizos públicos que presta o concello.

Psoe Ames - O psoe insta o Parlamento de Galicia a abrir a escola infantil de Bertamiráns

O Grupo do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, a instancias dos Socialistas de Ames, vén de presentar na cámara autonómica unha Proposición non de Lei (PNL) e unha Pregunta sobre a data de apertura e posta en funcionamento da Escola Infantil de Bertamiráns. Queren saber os e as socialistas, a través dunha serie de preguntas presentadas na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego, cales son os motivos que levaron ao retraso na construción do centro educativo amesán e cal é o prazo de finalización das obras e as datas nas que se vai a abrir a matrícula.

Lembran os socialistas de Ames que a finais do mes de marzo remata a prórroga do convenio que asinou o convenio co consorcio, e que xa foi prorrogado porque o primeiro finalizara no remate do ano 2014.

Explican os Socialistas que ante a alta demanda de prazas existentes no concello de Ames e a preocupación trasladada por varias nais e pais que acudiron ao Consorcio Galego de Benestar para informarse de como acceder ásprazas desta escola e obtiveron por resposta que non existía a previsión de abrir esta instalación no vindeiro curso, o que contrasta coas manifestacións realizadas polo goberno municipal durante o pleno da corporación, ou a propia conselleira de Traballo e Benestar nunha visita ás obras, onde dixoque o centro estaría aberto para o vindeiro curso; polo que desde o PSdeGpiden a garantía e o compromiso do Goberno galego de “abrir a nova escola infantil de Ames para o vindeiro curso, habilitando para elo, se fose necesario, un período extraordinario de matrícula”, tal e como consta na PNL presentada.

USC - O Consello de Goberno aproba hoxe venres a oferta de dobres títulos

O Consello de Goberno reúnese este venres 27 en sesión ordinaria para tratar, entre outros moitos asuntos, a proposta de dobres titulacións de grao a ofertar o vindeiro curso académico 2015-2016. A xuntanza será ás 9.30 horas (10.00 en segunda convocatoria) no Salón Reitoral de San Xerome.

Xunto a este punto someterase a aprobación a modificación da normativa sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficias da USC, a proposta definitiva de oferta de prazas en másterese novas propostas e modificacións de programas de doutoramento.

O calendario académico para o vindeiro curso e a convocatoria de prazas de aloxamento no Sistema Universitario de Residencias serán outros temasda reunión deste venres.

Brión - V Festival de Música de Cámara (descarga o programa de man)

DESCARGA O PROGRAMA DE MAN




O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá hoxe venres 27 de marzo, ás 20:00 horas, a quinta edición do Festival de Música de Cámara (FECAM 2015), que incluirá un total de 37 actuacións de máis de noventa alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música Magariños. Un festival que está organizado pola Escola Municipal de Música Magariños e que conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.


Durante dúas horas, o alumnado ofrecerá unha recompilación de pezas de carácter camerístico, a gran maioría de corte clásico pero tamén con algunha peza moderna como as bandas sonoras de Piratas do Caribe e de Os nenos do coro. A entrada é libre e de balde ata completar aforo. De feito, e coa previsión de que o auditorio se encha con rapidez como aconteceu en anteriores edicións, dende a escola de música decidiron facer dúas partes no concerto (ás 20:00 e ás 21.00 horas) para que así os familiares que xa viran actuar aos seus pequenos e non desexen estar as dúas horas, poidan marchar e deixar o seu sitio a outras familias.
Os rapaces actuarán en duetos, tríos e cuartetos, interpretando sobre todo pezas clásicas. O director da ESMU Magariños, Carlos Pintor, explica que “a práctica da música de cámara cumpre unha función decisiva no desenvolvemento do oído musical, en todos os seus aspectos. O repertorio camerístico constitúe o medio idóneo para que o alumnado desenvolva o sentido da afinación, desenrolo que non pode deixar de ser instintivo e mimético, que se resiste a ser ensinando ou transmitido por métodos racionais e que require unha larga praxe musical, preferentemente en conxunto”.

Teo - Charla formativa sobre a problemática do lobo

Case trinta persoas participaron no Concello de Teo nunha charla formativa sobre a problemática do lobo na que participou Carlos Carretero, da Delegación provincial de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia. As persoas que asistiron foron persoal dos servizos de Protección Civil dos Concellos de Teo, Valga, Santiago, Boqueixón e Vedra así como da Policía Local de Teo e de atención telefónica do Concello, que estiveron acompañados dun representante da Asociación de Cazadores e do edil de Participación Veciñal, Ignacio Iglesias. 

Tratábase de romper con mitos sobre este tema e mellorar a información sobre os ataques de lobos ou cánidos que se poden producir. No ano 2014 en Teo e concellos próximos detectáronse ataques de lobos e é importante que o persoal municipal coñeza de primeira man o protocolo de actuación para dar a mellor información. 

A persoa de Medio Ambiente explicou que no último censo de manadas de lobos non se ten rexistrado ningunha en Teo, aínda que como o lobo é un animal que pode percorrer grandes distancias en poucas horas si pode pasar algún exemplar nalgún momento. Destacou sobre todo a importancia de comunicar no teléfono da Xunta 012 calquera ataque aínda que as reses non estean rexistradas. Alertou ademais que non é normal que un lobo sexa perigoso para unha persoa pero si pode haber cans asilvestrados que teñan máis risco, polo que é importante ter constancia de todos os ataques para que eles poidan determinar se se trata de lobos ou cánidos xa que as medidas a adoptar son diferentes. 

Charla pública
Por outra banda o Concello convocou mañá venres 27 unha charla na escola de Francos a partir das 20:00 horas sobre este tema ao que está convidada calquera persoa interesada. Contarase coa presenza dos expertos e membros de Adega Fins Eirexas e Martiño Nercellas.

Oroso - Instalación de parques biosaudables

Tal e como se comprometera o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, durante os “Encontros co alcalde” celebrados o pasado mes de febreiro cos veciños e veciñas de Vilarromariz e de Porto Avieira, o Concello de Oroso vén de instalar parques biosaudables en ambas parroquias, así como en Marzoa e Os Ánxeles, cuxa veciñanza tamén os demandara. Uns parques que están situados a carón do campo de fútbol de Vilarromariz, a carón do local social do Cachopal (Os Ánxeles), preto do cruceiro e da reitoral de Marzoa, así como na urbanización Porto Avieira (Gándara), a carón do parque infantil cuxa area tamén foi renovada polo Concello.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, comprobaron a correcta instalación dos distintos elementos que compoñen cada un dos parques. Uns aparellos que serven para exercitar as diferentes articulacións do corpo e que están indicados para mellorar as funcións cardiovascular e respiratoria, fortalecer a musculatura, favorecer a flexibilidade e a axilidade e potenciar a coordinación xeral do corpo, especialmente dos nosos maiores. 

Mirás explica que “instalamos estes parques biosaudables porque así nolo demandaron os veciños destas parroquias, agora toca que eles tiren proveito deles porque será moi beneficioso para a súa saúde tanto para a terceira idade como para todos os veciños en xeral”. Estes catro parques biosaudables únense aos tres instalados en Sigüeiro e que están emprazados no Paseo do Carboeiro, na Alameda de Góis e na Praza de Alexandre Bóveda. 

Encontro en Gándara
Por outra banda, o alcalde de Oroso volverá celebrar outro “Encontro co alcalde” este sábado 28 de marzo, ás 17:30 horas, cos veciños e veciñas de Gándara. O punto de encontro será o atrio da igrexa de Gándara. En caso de choiva, a reunión trasladaríase ao local social da parroquia.

Foro Cívico - Reunión co reitor da universidade

O Foro Cívico Empresarial acolleu este mércores a visita do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, onde explicou a situación actual da entidade académica. Viaño, que se revelou como un “firme defensor” do sistema público, fixo un repaso histórico da evolución da universidade española e, particularmente, da compostelá durante dúas horas de charla-coloquio na sesión que se celebrou na Cámara de Comercio.

O reitor dixo que o 70 por cento da investigación que se fai en España sae da universidade, e engadiu que desde 2008 os recursos públicos caeron nun 25 por cento aproximadamente. As principais magnitudes da USC son 26.000 estudantes, 2.200 docentes e 1.100 PAS (persoal de administración e servizos) e 200 millóns de euros de orzamento anual. Viaño expresou a súa preocupación pola reposición de profesorado, “xa que se están a xubilar entre corenta e cincuenta docentes cada ano, unha tendenza que se manterá nos vindeiros cursos”. A media de idade dos profesores está en 54 anos. 

En relación ao plan de financiamento 2016-2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia coas tres universidades, o reitor santiagués reclama para si uns presupostos públicos “acordes non só co 42 por cento do seu alumnado, senón tamén co 61 por cento da súa producción científica”, segundo advirte. En relación á débeda acumulada, explicou que se debeu a que había partidas moi importantes de fondos europeos que precisaron aproveitarse para dar un “salto de calidade coa creación do campus de excelencia internacional no ámbito da biomedicina: Que seríamos agora –inquiriu– se non tivesemos o Campus Vida?”. E suliñou que Santiago posúe investigadores e grupos de primeiro nivel en todos os eidos “que cómpre protexer”. Por outra parte, destacou que a media dos titulados universitarios en paro é do 10 por cento, mentres que a cifra xeral de desemprego supera o 20 por cento. “Por tanto –concluíu– os títulos universitarios seguen tendo un valor superior no mercado laboral, de aí que a sociedade e a Administración deban velar polo ensino público”.

Os integrantes do Foro, que agradeceron as explicacións do reitor, pedíronlle que se faga “máis visible” a súa potencia investigadora, capacidade docente e, en definitiva, “que faga valer nas negociacións e interlocucións o seu peso de cincocentos anos de historia”. Igualmente, os profesionais e empresarios asistentes expresáronlle “o seu apoio absoluto e total colaboración” a unha institución “esencial” de Santiago, tal como indicou o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey. A raíz deste encotro, o Foro Cívico Empresarial demanda o maior respaldo económico “posible” para a Universidade de Santiago de Compostela, facendo súas as reivindicacións do reitor.

Ames - Solicitude a Deputación para a conexión do Polígono Novo Milladoiro con Ventín

O Concello de Ames solicitoulle á Deputación da Coruña unha subvención para finalizar un proxecto de conexión co polígono industrial do Milladoiro dende a parte posterior do Instituto de Educación Secundaria. En concreto, trátase de darlle continuidade a un tramo que vai dende o acceso traseiro ao centro educativo, na Avenida do Muíño Vello, ata á estrada de Ventín, na rúa Nova. O consistorio solicita ao ente provincial o financiamento do oitenta por cento do importe destes traballos, que acadan os 146.929,44 euros. 

O alcalde de Ames, Santiago Amor, que mantivo hoxe un breve encontro co titular da Deputación, Diego Calvo, expresoulle a necesidade de contar cun vieiro de acceso para permitir o paso de todo tipo de vehículos ao centro educativo. Por outro lado, destacou que a proximidade co polígono industrial e coa área comercial provoca, en determinados momentos do día, un incremento do tráfico rodado na actual zona de acceso peonil –Travesía do Porto–. “Todas estas circunstancias fan necesario acometer actuacións que faciliten a fluidez do tráfico e melloren a accesibilidade dos nosos veciños”, apuntou o rexedor amesán.

O Milladoiro, con preto de 15.000 habitantes, é o núcleo máis poboado do termo municipal de Ames e conta cun gran volume de poboación en idade escolar. O Instituto de Educación Secundaria, posto en funcionamento no ano 2013, ten na actualidade uns 500 alumnos e só dispón dunha entrada peonil a través do aparcadoiro da Casa da Cultura.

Numax - Programación para a vindeira semana

Deixámosvos a seguir a programación pechada para a vindeira semana, desde este venres 27, no que estreamos o Pasolini de Abel Ferrara, até o xoves 2 de abril. En caso de haber novas incorporacións ao programa, informaremos nun correo específico. As sesións e correspondentes entradas desta semana xa están activadas na nosa web.

Venres 27 de marzo
12:00 - Nubes pasaxeiras (VOSG)
16:00 - Maps To The Stars (VOSE)
18:15 - Costa da morte (VO)
20:00 - Pasolini (VOSG)
22:00 - Pasolini (VOSG)

Sábado 28 de marzo
12:00 - Maps To The Stars (VOSE)
16:00 - Costa da morte (VO)
18:00 - Pasolini (VOSG)
20:00 - Nubes pasaxeiras (VOSG)
22:00 - Pasolini (VOSG)

Domingo 29 de marzo
12:00 - Nubes pasaxeiras (VOSG)
16:00 - Pasolini (VOSG)
18:00 - Pasolini (VOSG)
20:00 - Costa da morte (VO). Coa presenza do director, Lois Patiño. Para este pase a entrada xeral custará 8€. O incremento de prezo destínase exclusivamente a cubrir os gastos de viaxe, dietas e honorarios do convidado. Os abonados colaboradores ou protectores poderán acceder igualmente a 4,80€.
22:00 - Maps To The Stars (VOSE)

Martes 31 de marzo
12:00 - Pasolini (VOSG)
16:00 - Maps To The Stars (VOSE)
18:15 - Pasolini (VOSG)
20:00 - Pasolini (VOSG)
22:00 - Costa da morte (VO)

Mércores 1 de abril
12:00 - Maps To The Stars (VOSE)
16:00 - Pasolini (VOSG)
18:00 - Pasolini (VOSG)
22:00 - Maps To The Stars (VOSE)

Xoves 2 de abril
16:00 - Maps To The Stars (VOSE)
18:15 - Pasolini (VOSG)
20:00 - Pasolini (VOSG)
22:00 - Maps To The Stars (VOSE)

PROXIMAMENTE
Puro vicio (Paul Thomas Anderson, 2014) - estrea
The Joycean Society (Dora García, 2013) - os ollos verdes

Premios María Casares - Chevere cosegue 3 galardóns na XIX edición dos premios

Os XIX Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores. O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller esta noite unha cerimonia de entrega na que un total de 16 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Á gala, que se retransmite en diferido pola TVG, acudiron máis de 500 convidados, entre profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral. Todos eles asistiron a unha gala ideada e conducida pola compañía Elefante Elegante, que este ano propuxeron unha viaxe á multiculturalidade baixo un “ceo de mil bombillas” e co acompañamento musical do grupo Kibitka, formación multiinstrumental que se define a si mesma como unha caravana migratoria. María Torres e Gonçalo Guerreiro, de Elefante Elegante, codixiron a gala destes María Casares na que Vicente Montoto recibiu o premio de Honra Marisa Soto e o escritor Xurxo Borrazás leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. 

Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios María Casares deste 2015. OS RESULTADOS:

Perplexo (IlMaquinario Teatro) 5 premios: mellor vestiario (Yaiza Pinillos), mellor iluminación (Tito Asorey e Germán Gundín), mellor adaptación-tradución (Catuxa Pato e Tito Asorey), mellor dirección (Tito Asorey), mellor espectáculo. 

Ultranoite no país dos ananos (Chévere) 3 premios: mellor música orixinal (Xacobe Martínez Antelo), mellor texto orixinal (Manuel Cortés), mellor actor secundario (César Goldi)

Kassa (Elefante Elegante) 1 premio: mellor escenografía (Carolo Losada Soto)

Pequenas certezas (Sarabela Teatro)1 premio: mellor maquillaxe (Raquel Fidalgo)

PAN! PAN! (A Panadaría)1 premiomellor actriz secundaria (Areta Bolado)

O feo (CatroCadeiras): 1 premiomellor actor protagonista (Machi Salgado)

Meu Ben (Eme2):1 Premiomellor actriz protagonista (Elina Luaces)

A casa do avó (Tanxarina): 1 Premiomellor espectáculo infantil

Lindeiros - O pleno de Teo inicia a municipalización da auga e o BNG pide que Martiño renuncie o soldo

O pleno de Teo aprobou na noite de onte comezar o proceso para a municipalización do servizo da auga cos votos a favor do equipo de goberno, do BNG e do Psoe (excepto no punto sobre o persoal no que se abstiveron) e en contra de InTeo e o Partido Popular. 

Aínda que as distintas partes do servizo dividíronse nos puntos 7 a 9 case todo o debate produciuse no primeiro deles de forma xeral. As principais dúbidas apuntadas por Psoe e BNG apuntaron aos prazos que ao ser tan próximos ás eleccións farán que certos procesos como a selección de persoal téñanse que facer en precampaña, campaña ou mesmo cun goberno municipal en funcións; o concelleiro de obras Rafa Sixto explicou que dado que as mesas de contratación de persoal estaban formadas por funcionarios e non por políticos iso non representaba un problema. 

Manuel Parajó de InTeo insistiu en que o proxecto económico non se axustaba á realidade e que os custos serían moito maiores; pola súa banda Carmen Leboran de Partido Popular centrou a súa negativa na posición na que quedan os traballadores da empresa coa posibilidade de perder o traballo ao non poder ser subrogados; Rafa Sixto insistiu en que eles teñen que axustarse ao informe de secretaría que é o que di que non se pode producir a subrogación pero que en todo caso traballan para unha empresa privada que é a que ten a responsabilidade sobre os seus postos, que eran sensibles coa situación e que entenden a defensa dos seus intereses que os operarios poidan facer nos tribunais. Rafa Sixto explicou que se se produce unha situación xudicial, cunha demanda, na que exista a posibilidade de que nun futuro teñan que ser subrogados por orde dun xuíz eles farano de inmediato como medida cautelar para evitar unha contratación de empregados novos e que no futuro, por esa posible decisión xudicial, o concello teña que asumir o persoal actual atopándose cunha duplicidade de contratos.

Noutra orde de cousas o pleno aprobou por unanimidade  unha moción do BNG para instar á Xunta a que declare a ponte de Pontevea como Ben de Interese Cultural.

A sorpresa do pleno foi a moción de urxencia presentada tamén polo BNG e na que se instaba a Martiño Noriega a renunciar ao seu soldo de alcalde; a urxencia foi aprobada e no debate Manuel Anxo Bad insistiu na falta de responsabilidade do alcalde ao facer campaña en Santiago mentres é alcalde de Teo. Martiño Noriega desvelou que en días pasados enviou unha carta aos grupos explicando as súas razóns, entre outras que moitos alcaldes fan campaña mentres o seguen sendo como o propio Agustín Hernández pero ademais lembroulles que o seu soldo foi outorgado polo pleno municipal e que por tanto se no canto de "instar" a que renuncie "piden" que se lle retire e conseguen que se aprobe o seguiría exercendo de alcalde sen o soldo. A pesar da insistencia de Martiño Noriega ningún dos grupos atreveuse a cambiar o texto da moción ainda contando con suficientes votos como para deixar sen soldo ao alcalde, finalmente o BNG levantouse seguido dos outros grupos polo que o alcalde levantou tamén a sesión.

Axenda e tempo do xoves 26 de marzo - Música, cine, danza, exposicións

Santiago - Numax 

Ordes - Tic Tac Town

Santiago - Teatro Principal - Hombres Bisagra

Santiago - Gentalha do Pichel - cine e coloquio - Silenciadas

Santiago - Capitol - Bakin Blues Band

Santiago - Zona C - Caraba e Inerttes

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Miscela Vitrea (ata o 11 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo