Brión - os concelleiros con dedicación exclusiva ceden a paga dextra o programa municipal de recollida de alimentos

O ALCALDE DE BRIÓN E OS CONCELLEIROS CON DEDICACIÓN CEDEN A PAGA EXTRA AO PROGRAMA MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS
A corporación aprobou por unanimidade un expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago a provedores

O pleno extraordinario celebrado esta mañá en Brión aprobou por unanimidade un expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito de 77.076,11 euros para o pago a provedores que se adheriron no seu día ao plan convocado polo Estado e que xa tiñan cobradas estas débedas dende hai meses. Trátase do segundo e último recoñecemento extraxudicial de crédito que aproba a corporación brionesa dentro deste Plan de Pago a Provedores.

Así mesmo, o pleno tamén acordou por unanimidade un expediente de modificación de créditos por 130.030 euros para a amortización dunha operación de crédito a longo prazo e unha partida de axudas de emerxencia. Uns cartos que se financiarán con cargo ao remanente de tesourería de 2011 e á redución das nóminas do persoal funcionario decretado polo Goberno do Estado.

Dentro deste expediente figura unha partida de máis de 3.200 euros procedentes da renuncia da paga extra de Nadal por parte do alcalde, Xosé Luís García, e os concelleiros con dedicación exclusiva ou parcial no Concello de Brión.

Ningún comentario: