VARIOS CENTOS DE VECIÑOS E VECIÑAS DEGUSTARON 200 QUILOS DE CASTAÑA E OUTROS TANTOS LITROS DE CHOCOLATE NA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA
Varios centos de veciños e veciñas de Brión, principalmente familias ao completo, disfrutaron na tarde/noite do venres do tradicional magosto con chocolatada que organiza cada ano o Concello de Brión. Un magosto no que este ano se degustaron 200 quilos de castañas e outros tantos litros de chocolate quente, que axudaron a soportar a baixa temperatura.
De feito, para resgardar aínda máis aos asistentes, o Concello de Brión trasladou o magosto da praza lateral da carballeira ao mesmo corazón da carballeira de Santa Minia, onde a propia carpa da polbería instalada no lugar servíu de parapeto. Ademais, o tempo acompañou e non choveu, o que propiciou unha divertida xornada de lecer para os centos de familias que se achegaron ata o magosto. Un cuarteto de gaitas puxo a nota musical mentres ducias de cativos xogaban na propia carballeira mentres se ían asando as castañas, grazas á colaboración da asociación de mulleres Xuntanza.
Xa entrada a noite, non foron poucos os que aproveitaron para cear na polbería ou acompañar o seu chocolate con churros, consumicións que correron a cargo do peto de cada un dos asistentes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario