Silleda - recollidas solidarias de alimentos e xoguetes

O programa Silleda Solidaria pon en marcha a recollida de xoguetes de cara ao Nadal
Poderán entregarse nas dependencias de Servizos Sociais ou ben avisar para a súa recollida a domicilio
A campaña de recollida de alimentos trasladouse con éxito á Bandeira
O programa Silleda Solidaria vén de poñer en marcha a recollida de xogos e xoguetes de cara a vindeira campaña de Nadal. Todas aquelas persoas ou colectivos que queiran colaborar poden dirixirse ás dependencias de Servizos Sociais, dende onde se coordina o programa para realizar a entrega. Os xoguetes e xogos deberán de estar en bo estado de conservación. Así mesmo, tamén se pode dar aviso para realizar unha recollida a domicilio. A campaña seguirá aberta ata o día 20 de decembro.

Todos os obxectos serán repartidos nas datas do Nadal entre os nenos e nenas das familias con menos recursos do municipio. 

Así mesmo, a campaña de recollida de alimentos trasladouse estes día aos supermercados da Bandeira, onde se está a notar tamén unha boa colaboración por parte dos veciños e veciñas, igual que aconteceu en Silleda en semanas pasadas. “Dende o programa Silleda Solidaria, a través do cal se coordinarán agora todas estas accións queremos apelar á colaboración cidadá e tamén agradecer o xesto a todas aquelas persoas e asociacións que xa fixeron as súas aportacións”, sinala a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Dolores García.

Ningún comentario: