O CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DE BRIÓN ACOLLE HOXE VENRES O MONÓLOGO “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”, DO ACTOR E DIRECTOR CÁNDIDO PAZÓ
O actor y director Cándido Pazó representará en Brión hoxe venres 21 de decembro a súa versión personal da coñecida obra de Xosé Neira Vilas “Memorias dun Neno Labrego”, unha interpretación que mestura o monólogo co teatro unipersonal e que pretende homenaxear a esta obra cando se cumpren 50 anos da súa publicación. A cita é no centro social polivalente de Pedrouzos, ás 20:30 horas. A entrada é libre e totalmente de balde.
Producida por Abrapalabra Creacións Escénicas, estas “Memorias dun neno labrego” está dirixida ao público xeral. Segundo Cándido Pazó, a obra inclúe, ademais dos elementos da novela, “retazos de memoria persoal e elementos de humor”, que farán que o público b rionés se manteña “vivo” durante toda a representación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario