A Radio Municipal leva 6 Plenos seguidos sen emitir en directo, o último data do mes de xullo, e os veciños xa teñen amosado o seu malestar por este feito, xa que desde o ano 2007 emitíanse todos os Plenos da Corporación en directo.
Gonzalo Castro manifestou que “o alcalde mentiu cando alegou razóns técnicas para non emitir os Plenos en directo, a única verdade é que intenta evitar que os veciños se informen do que pasa nos Plenos”.
O portavoz do BNG puxo como proba desta mentira do alcalde que “desde xullo tamén se deixaron de colgar as grabacións dos Plenos na web da radio municipal, a pesar de que os técnicos da Radio siguen asistindo aos Plenos e os siguen grabando”.
Gonzalo Castro anunciou que “o alcalde está a censurar a emisión en directo dos Plenos pola Radio Municipal, mentindo ao utilizar como disculpa a suposta existencia duns problemas técnicos”.
O portavoz do BNG afirmou que “desde o ano 2007 todos os Plenos da Corporación Municipal son emitidos en directo pola radio municipal, pero desde o mes de xullo deste ano deixaron de emitirse tanto os Plenos Ordinarios celebrados polas tardes, como os Extraordinarios celebrados en horario de mañá, o que suma un total de 6 Plenos seguidos que os veciños e veciñas non puideron escoitar en directo”.
Castro manifestou que “son moitos os veciños que nos teñen trasladado o seu malestar polo que consideran unha falta de respecto do alcalde ao dereito á información dos veciños de Ordes”.
Para Gonzalo Castro “o alcalde de Ordes volve a demostrar o seu talante autoritario e antidemocrático, e o seu medo a que os veciños vexan o que está a pasar nos Plenos, que vexan que hai un alcalde que nin está nin se lle espera, que se agocha continuamente e que fai gala dunha inmensa cobardía política”.
“A proba das mentiras do alcalde”
O portavoz do BNG afirmou que “o alcalde mentiu cando alegou razóns técnicas para non emitir os plenos en directo, xa que desde xullo tamén se deixaron de colgar as grabacións dos Plenos na web da radio municipal, a pesar de que os técnicos da Radio siguen asistindo aos Plenos e os siguen grabando, no que constitue a mostra evidente da mentira do alcalde e de que o que realmente pretende é evitar que os veciños se informen do que pasa nos Plenos”.
Remítese a ligazón á web radio municipal que demostra que o último Pleno subido data de xullo de 2012 (faltando os 6 últimos plenos celebrados pola Corporación desde esa data, a pesar de ter sido grabados polos técnicos):
http://radioordes.blogspot.com.es/search/label/Plenos%20municipais
Ningún comentario:
Publicar un comentario