Axenda e tempo do sábado 3 de xaneiro - Música, mercado, exposicións

Santiago - Cidade da Cultura - Canciones por regalos con Mastretta

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Santiago - Área Central - actividades de Nadal

Santiago - Cantajuegos


Santiago - Todo lírica, Mariola Cantarero

Brión - Festival de Títeres

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)


O Tempo

Lindeiros - Vecinos de Viduido de arriba reclaman el arreglo correcto de la pista de acceso a Alca

Vecinos de Viduido de arriba en Ames nos remiten sus quejas por el estado en el que está la pista de acceso al colegio Alca; según los vecinos por aquí transcurren a diario coches, autobuses y camiones y las últimas obras realizadas por el ayuntamiento han dejado la carretera sin asfaltar por lo que las piedras saltan llegando en algunos casos a los cristales de las casas. 



Los vecinos reclaman una solución de urgencia dada la preligrosidad no solo para los vecinos si no tambiñen para la gran catidad de coches que discurren por ella a diario.

Oroso - Unha vintena de nenos e nenas saíron cantar os Reis polas rúas de Sigüeiro

Unha vintena de nenos e nenas de Oroso saíron cantar os Reis polas rúas de Sigüeiro, pedindo uns aguinaldos cos que fixeron unha merenda no centro cultural. Unha iniciativa organizada polo Concello de Oroso á que tamén se sumaron pais e nais dos pequenos, que participaron tanto na saída polas rúas de Sigüeiro como na merenda final.

A actividade comezou ás cinco da tarde cun obradoiro de recuperación dos Cantos de Reis. Así, os cativos e cativas estiveron preparando e construíndo diversos instrumentos musicais, ademais de ensaiar os Cantos de Reis que ían interpretar de seguido. Despois, xunto cos seus familiares, todos saíron ben abrigados ás rúas de Sigüeiro para cantar os Reis en distintos establecementos comerciais de Sigüeiro, onde pediron distintos alimentos como aguinaldo e cos que fixeron unha merenda que puxo punto e final á actividade, pasadas as oito da tarde.

Área Central - Los reyes magos reciben las peticiones de los niños este fin de semana

También hay “sábados creativos”, la edición especial del rastro de antigüedades y talleres musicales

Los Reyes Magos están a punto de llegar a Area Central y este fin de semana Melchor, Gaspar y Baltasar escucharán las peticiones de los niños, en el espacio preparado para ellos en el escenario principal del centro comercial, en horario de 17.00 a 20.00 horas. 

Además de la presencia de los Reyes Magos y sus pajes reales, hoy y el domingo continúan las actividades de Area Central. Hoy sábado, a partir de las 18.00 horas, la esquina amarilla acogerá una sesión más de los “Sábados creativos” organizados por la Asociación Planeta Shalom. 

El sábado y el domingo, Area Central acogerá una edición especial de su rastro de antigüedades, evento en el que los visitantes del complejo comercial podrán adquirir algunos de los regalos pendientes que les quedan por comprar para el día de Reyes. En los expositores que componen el rastro de antigüedades se pueden encontrar una amplia variedad de objetos de coleccionismo y otras muchas curiosidades. 

Para cerrar las actividades navideñas, este domingo a partir de las 18.00 horas en la esquina amarilla de Area Central se celebrará el último taller musical “Nadal con Sol” dirigido a niños desde los cinco años. En este taller, Esther Sobral pretende que los niños participantes adquieran conocimientos de la música, además de fomentar actitudes cooperativas.

Hoy sábado 3
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
RASTRO DE ANTIGÜEDADES
Edición especial del rastro de antigüedades para hacer las últimas compras de Reyes.
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 17:00 a 20:00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
ESQUINA VERDE
VISITA DE LOS REYES MAGOS
Cada tarde, visita de los Reyes Magos y de sus pajes reales y reparto de caramelos entre los niños que se acerquen a saludarlos.
De 18:00 a 20:00 horas
ESQUINA AMARILLA
“SÁBADOS CREATIVOS” CON PLANETA SHALOM
La Asociación Planeta Shalom continúa con sus “sábados creativos”, esta vez centrados en la Navidad. Los niños podrán realizar manualidades y demás actividades lúdico-educativas.
19:00 horas
ESQUINA ROJA
TALLER ARTÍSTICO
El puesto de venta de libros del Consorcio Editorial Galego nos trae esta actividad basada en el cuento Paraugas dameaugas.

Domingo 4

De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
RASTRO DE ANTIGÜEDADES
Edición especial del rastro de antigüedades para hacer las últimas compras de Reyes.
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
EL Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 17:00 a 20:00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
ESQUINA VERDE
VISITA DE LOS REYES MAGOS
Cada tarde, visita de los Reyes Magos y de sus pajes reales y reparto de caramelos entre los niños que se acerquen a saludarlos.
De 18:00 a 20:00 horas
ESQUINA AMARILLA
TALLER MUSICAL “NAVIDAD CON SOL”
La experta en pedagogía musical Esther Sobral imparte estos talleres para que los niños conozcan las emociones y la fuerza que transmite la música. Son talleres muy dinámicos dirigidos a niños de más de cinco años.

Santiago - cambios no tráfico por mor da Cabalgata de Reis

A Concellería de Seguridade e Mobilidade do Concello de Santiago de Compostela informa que o vindeiro luns, 5 de xaneiro, con motivo da celebración da tradicional Cabalgata de Reis, adoptaranse as seguintes medidas de ordenación do tráfico: 

1.- A partir das 14.00 h. queda prohibido o estacionamento na explanada da Estación do ferrocarril, lugar de concentración da comitiva da Cabalgata de Reis. 

2.- A partir das 15.00 h. queda prohibido o estacionamento nas seguintes rúas afectadas polo itinerario da Cabalgata: Santiago de Chile (tramo comprendido entre A Rosa e Frei Rosendo Salvado), Frei Rosendo Salvado (tramo entre Santiago de Chile e Praza Roxa), República do Salvador e Hórreo (tramo que vai dende República do Salvador ata a praza de Galicia). Nas rúas citadas produciranse cortes temporais de tráfico de acordo co paso da Cabalgata. 

3.- Recoméndase aos condutores que eviten circular pola avenida de Lugo durante o inicio da Cabalgata (que ten prevista a súa saída ás 18.00 h. da estación de ferrocarril) polos cortes que se producirán á altura do Hórreo e na rotonda da Pontepedriña, empregando como alternativa para atravesar a cidade o túnel do Hórreo. 

Así mesmo, recoméndase aos condutores que, na medida do posible, eviten circular polo centro urbano ao longo da tarde deste luns. 

4.- Desvíos: 

Dende a rúa Doutor Teixeiro, pola praza de Pontecastro, a rúa da Rosa, a rúa Antonio Casares e avenida de Lugo, ou ben polo Hórreo e avenida de Lugo. 

Dende Vista Alegre-Salvadas, en dirección ao Campus Sur e á estrada de Noia (C-543), polas rúas Poza de Bar e San Lourenzo. 

Dende os vieiros procedentes de Ourense e da Estrada, en dirección á zona sur -estradas de Pontevedra (N-550) e Noia (C-543)-, pola zona do Castiñeiriño, a través do vieiro Santiago de Cuba e a través do cuarto xiro de Cornes, para así incorporarse ao periférico e dende alí ás estradas referidas. 

Recoméndase igualmente aos condutores que circulen dende a zona sur ao norte da cidade (e viceversa) que, na media do posible, circulen pola AP-9, xa que o periférico, no tramo de saída próximo á estación de ferrocarril, resultará afectado pola cabalgata. 

As liñas do transporte urbano que circulan polo percorrido sufrirán durante o paso das carrozas pequenas alteracións das que se dará conta a través dos paneis informativos. 

O Departamento de Seguridade e Mobilidade prega aos cidadáns que respecten estas indicacións e desculpen as molestias que estes cortes lles poidan ocasionar. Así mesmo, a Policía Local e Protección Civil piden que se sigan as súas indicacións.

Val do Dubra - Cabalgata de reyes

El próximo lunes, día 5 de enero, llegarán los Reyes Magos al Concello de Val do Dubra. El programa de la Cabalgata y Baile de Reis en el Concello de Val do Dubra será el siguiente:

-16.30horas. Salida del tren del Colegio Público de Portomouro con los tres Reyes Magos de Oriente y su comitiva.


-La cabalgata con sus Majestades hará la siguiente ruta: Portomouro (carretera), Bembibre (carretera), Casa do Concello (Bembibre), Rial, Bembibre (centro), Campo da Feira, Casa do Concello, Pabellón Municipal de Deportes.

-19.00 horas. Los Reyes Magos de Oriente serán ricibidos por la Coporación Municipal en el Pabellón de Deportes. Merchor, Gaspar y Baltasar pronunciarán su discurso y procederán a la entrega de regalos a los niños y niñas del Concello de Val do Dubra.
-Durante toda la tarde del próximo lunes, víspera de Reyes, habrá en el Pabellón de Deportes animación y juegos para los más pequeños y entrega de regalos.

A Baña - A depuradora de Corneira (A Baña) entrará en funcionamento nas próximas semanas

Una vez rematado o proxecto da Estación Depuradora de Aguas Residuais (EDAR) da parroquia de Corneira, na beira do río Barcala e no Concello da Baña, a nova infraestuctura comenzará a funcionar nas próximas semanas e antes de que remate o mes de xaneiro. Durante os últimos días procedeuse a realizar as probas de funcionamento da nova EDAR. O alcalde do Concello da Baña, Andrés García Cardeso, confirmou que a nova infraestructura está verificada e que comenzará a funcionar “a partir da metades do mes de xaneiro”. A estación depuradora atenderá a unha poboación dunhas 500 persoas. Ademáis da EDAR, o proxecto contemplou a execución de casi 2.200 metros de colectores de PVC para dar servicio a todo o núcleo de Corneira, Lugar Grande e Outeiro.. A conexión tamén chegará, nunha segunda fase, a núcleos de poboación como Vilar de Cerdeiras, Vilanova, Agramaior e Ferraces.

Augas de Galicia adxudicou o proxecto no 2010 a Construcciones Mon. A empresa adxudicataria entrou en concurso de acreedores cando xa tiña executado o 70% da EDAR e instalada a rede de colectores. A obra sufriu un parón ata que o proxecto foi adxudicado de novo por Augas de Galicia a unha nova empresa (Agra Castro), que agora xa rematou. Os verificacións xa están feitas e o funcionamento da depuradora, xa conectada á rede de saneamento é inminente.

Oroso - O Concello entrega os xoguetes da campaña “En Reis, ningún neno/a sen agasallo”

O comercio local colaborou na campaña de recollida de donativos efectuada nas últimas semanas 

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Benestar, Antonio Leira, entregaron hoxe os xoguetes adquiridos no marco da campaña ‘En Reis, ningún neno/a sen agasallo’, que un ano máis garante que todos os cativos das familias máis vulnerables do municipio teñan un agasallo o día de Reis.

Nesta iniciativa colaboraron practicamente todos os establecementos comerciais do municipio, que albergaron huchas específicas nos seus locais durante varias semanas para recoller os donativos efectuados polos seus clientes. Antonio Leira destacou e agradeceu precisamente “a gran implicación dos comerciantes e dos veciños de Oroso para que todos os cativos poidan ter un xoguete nun día tan especial como o de Reis”. 

O departamento de Servizos Sociais do Concello encargouse de recoller os cartos doados pola cidadanía para posteriormente entregarllos aos dous establecementos que lideraron a campaña co Concello, as librarías Refoxos e Aula 10. Foron estes negocios os que xestionaron a obtención dos agasallos, entregados esta mañá ás familias para que o vindeiro luns lles cheguen aos cativos.

Axenda e tempo do venres 2 de xaneiro - Música, títeres, mercados, exposicións

Santiago - Teatro Principal - maxia con Jorge Blas

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Santiago - Área Central - actividades de Nadal

Teo - CSC Ramallosa - Magín Blanco

Santiago - Sala Capitol - MClan 

Brión - Festival de Títeres

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)


O Tempo

BNG A Estrada - O concello paga 6.600 euros por unha web que se pode descargar por 13 € da web

O deseño da nova web de turismo da Estrada pode descargarse de internet por 13 euros, pero o PP paga 6.600 € por ela

O alcalde da Estrada ten que aclarar a razón do desfase do custe da nova web e porqué a nova web está a utilizar servidores alleos aos d'A Estrada Dixital

O goberno municipal elimina boa parte dos contidos de interese da anterior web, como a tradución ao francés e alemán, a descarga da guía de turismo, do roteiro Castelao, as referencias GPS, etc.

“Se aos veciños e veciñas da Estrada lle contan que o novo deseño da web de turismo que o PP adxudicou por 6.600 euros, pode descargarse de internet polo módico prezo de 16 dólares, ao cambio 13 euros”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “estes pensarían o mesmo que pensamos no BNG, que o PP está estafándonos a todos e todas”.

“Se a isto lle sumamos”, engadiu o concelleiro nacionalista, “que moitos dos contidos pertencen á web anterior, sobre todo os textos, no BNG pensamos que para cambiar a web de turismo da Estrada o PP non tiña que gastar 6.600 euros do erario público, o persoal da Estrada Dixital podía facelo perfectamente, e saíanos de balde”, afirmou Magariños.

“Por outra parte”, explicou Magariños, “a web que presenta o goberno municipal non mellora o que xa había, eliminando contidos importantes como a tradución ao francés e alemán, que sumados ao galego, castelán e inglés, ampliaban o obxectivo potencial de turistas”. “Pero ademais”, engade o concelleiro nacionalista, “tamén se eliminaron nesta nova versión as descargas da completa guía de turismo que había, do roteiro Castelao, as referencias GPS dos lugares de interese, carece mesmo dun simple buscador interno, etc; en resumo, que o goberno do PP destruíu o que había, pero non soubo construír algo mellor do que había xa antes”.

O concelleiro nacionalista tamén puxo o acento no espazo web onde está ubicada a nova web de turismo da Estrada. “O lóxico sería que esta web estivera instalada nos servidores do concello, porén”, explicou Magariños, “chámanos poderosamente a atención que esta nova web en realidade está instalada nos servidores da empresa Business Near Plataforma, que nin é a empresa á que lle adxudicaron o contrato, nin nos consta que teña relación algunha co deseño web”.

“O goberno municipal do PP tentou disimular a vinculación desta empresa cun pequeno truco, mais non resultou, xa que non hai máis que fixarse na URL das distintas ligazóns da web para decatármonos de que o enderezo real onde está ubicada a nova web de turismo é http://turismo.propuesta.info/ no canto dos servidores do concello”, explicou Magariños, “un burdo truco, que agocha a suposta subcontratación dun servizo polo que o concello pagou 6.600 euros, cando o deseño da web ten un custe de apenas 13 euros”, afirmou.

“Por que esta web non está ubicada nos servidores do concello?”, pregúntase o concelleiro do BNG, “e, ten algún custe a maiores para o concello que a web de turismo estea en servidores alleos aos de A Estrada Dixital? Subcontratouse ese servizo? Estas son preguntas aos que debe dar resposta inmediata o alcalde; non ten sentido que a semana pasada a Fundación Cultural contrate unha póliza de crédito de 50.000 euros para renovar equipamento da Estrada Dixital e por outra parte se gaste en servizos que pode presentar perfectamente esta entidade pública local”. "Non están os tempos para tirar cos cartos", afirmou Magariños.

“Xa para rematar,” afirmou o concelleiro do BNG, “instamos ao alcalde a dar unha explicación convincente polo desfase escandaloso no custe do deseño da web, que nos consideramos unha estafa e un timo, e tamén sobre os contidos, que non mellora en absoluto o que xa había, ao noso entender o empeora".

Ligazóns de interese:


O deseño da web custa 16 dólares:


Ligazón da web da empresa Business Near Plataforma


Ligazón da web de turismo da Estrada na web de Business Near Plataforma

Santiago - Catro bandas galegas no avance do Sons’Jazz 2015

· Todos os concertos serán no mes de xaneiro no Teatro Principal

O avance do ciclo Sons’Jazz 15 ofrece en concerto a catro bandas galegas no mes de xaneiro. Catro bandas galegas que contan coa colaboración de artistas internacionais e que presentan catro discos novos o que vén a confirmar a boa saúde da que goza o jazz no noso país.

O domingo 4 de xaneiro ás 20.30h Iago Fernández Sextet presenta o seu novo disco ‘Acougo’ que se trata do seu segundo traballo discográfico. Iago Fernández (Cangas, 1987), é un novo músico formado en percusión clásica e especializado en jazz (Musikene, San Sebastián) chamado a converterse nun dos nomes destacados do jazz galego. Unha ampla traxectoria como sideman teno levado a tocar en España, Europa e América acompañando a nomes como Perico Sambeat, Jordi Rossy, Guillermo Klein, Javier Colina, Masa Kamaguchi, Logan Richardson, Avishai Cohen, Omer Avital etc, e a gravar máis de 20 discos. Acougo conta con 10 temas propios de Iago Fernández cargados de melodía e moita conexión entre os músicos.

Os días 13 e 14 de xaneiro chegarán ao Principal Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e L.A.R. Legido, que forman Sumrrá. Tras 14 anos de vida, catro discos e múltiples xiras internacionais, o trío compostelán de jazz grava ao vivo o seu quinto disco no Teatro Principal en dous concertos, en dous seráns, consecutivos. O, segundo Candido Querol, “trío máis innovador da escena española" atesoura unha das traxectorias máis sólidas e constantes do panorama jazzístico español, cunha gran proxección internacional. Cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, no que cómpre salientar a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos... Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos.

O seguinte concerto será o 18 de xaneiro con Carlos López Quartet que presenta Letters from København, a súa última gravación como líder e o froito da súa última aventura, esta vez por diferentes capitais europeas, na que aflora a súa fructífera experiencia ao interaccionar e convivir con músicos de diferentes nacionalidades. O polaco Maciek Kadziela, o sueco Joel Illerhag e o galego Xan Campos –tamén inmerso nunha fecundo periplo europeo– conforman a quintaesenza escollida polo batería galego de entre un nutrido grupo de músicos cos que colaborou na capital danesa. As composicións de Carlos López manifiestan unha clara deriva cara a tradición do jazz europeo e incluso do free jazz cultivado no vello continente, sen abandoar por iso claras referencias a Coltrane ou Monk.

Pecha este avance que hoxe presentamos o concerto de Roberto Somoza Trío que realizará o 31 de xaneiro no Teatro Principal compostelán unha dobre presentación. O saxofonista galego interpretará co seu trío boa parte dos temas dos seus dous últimos traballos discográficos: Cal y Arena (2014) e The Modal Jazz Concepts (2014). Acompañado polo finés Risto Vuolanne no contrabaixo e o galego Naíma Acuña na batería, Roberto Somoza contarános a conexión existente entre estos dous proxectos musicais que xiran en torno ás dúas correntes máis importantes deste xénero: o jazz tradicional (tonal) e o jazz modal.

Santiago - O Consorcio de Santiago conclúe as obras na igrexa de San Miguel dos Agros

As patoloxías existentes permitían a entrada de auga, coa aparición de humidade no baixo cuberta e no interior do templo

O orzamento global dos traballos ascendeu aos 67.215,50 euros

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de rematar a intervención na igrexa de San Miguel dos Agros, situada na praza de San Miguel. As obras centráronse na reparación da cuberta e na substitución dos enfoscados das fachadas laterais. O orzamento global dos traballos ascendeu aos 67.215,50 euros.

Tal como explica o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio responsable do proxecto, Ramón Fernández Hermida, “de modo xeneralizado, a cuberta do templo presentaba un mal estado de conservación, con falta de moitas tellas e con outras moitas rotas, xunto coa existencia de musgo e plantas. Así, procedeuse á retirada de toda a tella, que se substituíu por outra nova”.

Aínda que o estado dos muros das fachadas laterais deste inmoble do século XVIII era bo, a capa de morteiro presentaba fisuras e desprendementos. Deste xeito, tiveron que picarse todos os enfoscados destas fachadas, realizando un novo enlucido con morteiro de cal en tres capas e, finalmente, procedeuse á aplicación dunha pintura de silicato.

Ademais, nos muros do templo había moita humidade, producida por unha mala evacuación das augas pluviais, con canlóns atascados e mesmo algúns inexistentes. Como solución, limpáronse os canlóns, colocáronse algúns novos e outros substituíronse por uns de maior tamaño. 

Por outro lado, tamén había zonas con humidade no baixo cuberta e no interior do templo. “Estas humidades xeraban desprendementos na pintura e provocaban a aparición de fungos. A orixe destas patoloxías estaba nas filtracións da auga da choiva, que entraba polos encontros da cuberta coas fachadas. Estes problemas resolvéronse mediante a colocación dunha lámina de chumbo e babeiros de zinc-cobre” -explica o arquitecto Ramón Fernández Hermida-.

Touro - Pequenos e maiores acuden ao Festival de Maxia, Contacontos e Animación do concello

Nenos e maiores disfrutaron o pasado domingo, 28 de decembro, do Festival de Maxia, Contacontos e Animación organizado polo Concello de Touro. 

O Mago Xacobe despertou a admiración dos asistentes cos seus xogos de maxia. O auditorio da recén inaugurada Casa da Cultura de Touro estaba cheo dende ás 17.00 horas, comenzó da actuación do mago, que celebrou o seu 20 aniversario no mundo da maxia. 

Ás 18.00 horas comenzaron os contacontos e animación coa compañá Ni fu ni fa, onde pequenos e maiores poideron disfrutar de maxia con música, contos de educación para a paz, igualdade de xénero e animación á lectura. Foi unha tarde alegre e divertida en Touro

Oroso - Cheo para disfrutar da sexta edición do concerto de panxoliñas

Máis de 250 veciños e veciñas ateigaron o centro cultural de Sigüeiro durante a sexta edición do concerto de panxoliñas

Participaron as asociacións culturais Santa Catalina e Amigos do Acordeón de Sigüeiro, o coro Voces Amigas, o grupo As Beiras do Tambre e o grupo de música e movemento da Aula de Música

O salón de actos do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro quedou pequeno para acoller aos máis de 250 veciños e veciñas que participaron esta fin de semana no Concerto de Panxoliñas, que este ano chegou á súa sexta edición. Un acto que contou coa participación da asociación cultural Santa Catalina (tanto o grupo infantil como o de adultos), a asociación cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso, o coro Voces Amigas, o grupo As Beiras do Tambre (Cardama) e o grupo de música e movemento da Aula de Música de Oroso. En total, polo escenario de Sigüeiro pasaron máis de cen cantantes.

O concerto estivo presidido polos concelleiros de Cultura, Antonio Leira, e Obras, Eduardo Veiras. Leira Piñeiro foi o encargado de dar a benvida aos presentes en nome do alcalde Manuel Mirás, quen escusou a súa presenza. O concelleiro de Cultura agradeceu a colaboración de todas as asociacións culturais e grupos presentes pois “co voso esforzo fixestes deste concerto de panxoliñas unha das citas ineludibles do Nadal en Oroso”.

Actuacións
Cada agrupación interpretou dúas pezas, quedando para o final do concerto un par de temas a grupo. Os primeiros en actuar foron os máis pequenos, moitos dos cales xa non aguantaron ata o final do concerto, pese a que este se desenvolveu con moita máis rapidez e axilidade que en edicións anteriores. Os encargados de abrir o concerto foron os nenos e nenas de música e movemento da Aula de Música de Oroso, acompañados ao piano polo director da Aula, Juan Salgueiro, que divertiron moito aos presentes coas súas panxoliñas e, sobre todo, polos seus bailes. 

Tras eles foi a quenda dos nenos e nenas da asociación cultural Santa Catalina, que arrincaron a gran ovación da xornada coa súa combinación de voces e guitarras españolas nas que mesmo souberon implicar aos veciños e veciñas presentes, que acompañaron coas súas palmas os temas interpretados. Colleron o relevo o grupo “As Beiras do Tambre”, da parroquia de Cardama, unha agrupación xurdida a partir dun curso de pandeireta organizado pola asociación de mulleres labregas As Medorras de Oroso e que sorprendeu aos presentes cunha interpretación realizada “a capella” de dúas panxoliñas típicas galegas.

A seguinte actuación correu a cargo da asociación cultural Santa Catalina, desta vez cos seus membros adultos, seguido polo coro Voces Amigas e pola asociación cultural Amigos do Acordeón, único grupo da velada que non cantou e que interpretou dúas panxoliñas cos seus acordeóns.

BNG Compostela - Rubén Cela advirte da “deturpación dos obxectivos do Consorcio”

Debería contribuír a revitalizar a Cidade Histórica cunha perspectiva de rehabilitación patrimonial para atraer nova veciñanza, comercio e dinamismo 

O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, referiuse aos cambios introducidos no Consorcio da Cidade, tanto da xerente como dos Estatutos. “O relevo na xerencia non é o que máis nos preocupa ao BNG, senón que se desvirtúe o obxectivo do Consorcio, cando tiña que ser un importante instrumento para o desenvolvemento económico, social, cultural e patrimonial da cidade”, afirmou.

Estes cambios, “como a remodelación do Goberno municipal a tan só 5 meses das eleccións” son demostrativos do “pouco normalizada que está a situación política no Concello de Santiago”, explicou. Co cambio dos estatutos, de carácter imperativo por mor da Lei de Racionalización do Sector Público aprobada polo PP co rexeitamento do BNG, que fai homoxéneos todos os consorcios do Estado español para adscribilos á Administración que máis capital achegue, o Consorcio da Cidade de Santiago pasará a depender do Ministerio de Facenda. “O lóxico sería que estivese adscrito ao Concello de Santiago de Compostela, porque non é casual que o presidente do Consorcio sexa o alcalde da cidade”, indicou.

Sobre a “deturpación dos obxectivos centrais do Consorcio”, explicou que do Orzamento de 9,1 millóns, o Estado achega 4,7 millóns, o Concello 1,3 millóns de euros e a Xunta 2,6 millóns de euros, un 18% menos que o ano pasado. Isto leva a un Consorcio con menos recursos e menos capacidade de actuación para os obxectivos fundamentais, toda vez que “a etapa de grandes infraestruturas está cuberta” coa construción do Palacio de Congresos, do Multiusos Fontes do Sar, o Auditorio de Galiza, o Museo da Cidade, mais agora “a orientación do Consorcio tiña que estar enfocada á revitalización da Cidade Histórica de Santiago, á súa posta en valor dende unha perspectiva de rehabilitación patrimonial pero tamén para facela habitábel e achegar novos veciños e veciñas, captar comercio e favorecer o dinamismo económico”. Nese sentido, dos 9,1 millóns de euros de orzamento só se van destinar 80.000 euros a axudas directas á rehabilitación e 170.000 euros a actuacións nos espazos públicos da Cidade Histórica. 

“Ao final, tes un Consorcio que serve para manter a súa propia estrutura, a Real Filharmonía e para arranxar bens patrimoniais da Igrexa, que basicamente é ao que se dedicou nestes últimos catro anos”, sinalou. “Ninguén di que non haxa que arranxalos, pero non son os únicos bens patrimoniais que hai na nosa cidade”, engadiu.

O BNG tamén velará para que non se eliminen os postos de traballo de 4 persoas na Oficina de Rehabilitación encargadas dos proxectos das áreas de rehabilitación integral, “que renovan os contratos cada 31 de decembro e agardamos que non se perdan con estas modificacións que debilitarían este ámbito de actuación”.

Axenda e tempo do 31 de decembro do 2014 - Festas, atletismo, exposicións

Santiago - Alameda - San Silvestre

Santiago - Alameda - Pista de hielo

Santiago - Festa fin de ano

Santiago - CS O Pichel - Festa Fin de ano con temática televisiva

Santiago - A Reixa - Aninovo de rock e swing

Santiago - Mercado na Quintana

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Zona C - María Castellanos - Lo Real (ata o  1 de febreiro)

Santiago - Fonseca - Colección Betty Tisinger de libros desplegables (ata o 26 de xaneiro)

Santiago - Iconos Rusos (Casa gótica) (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo das Peregrinacións - Imaxes de Santiago (ata o 31 de decembro)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Barriga Verde, de feira en feira (ata o 11 de xaneiro)

Santiago - Fundación Araguaney - Manuel Vázquez Alemán (ata o 29 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Xulio Maside (ata xaneiro 2015)

O Tempo

Santiago - A maxia de Jorge Blass este venres no Teatro Principal

A maxia de Jorge Blass
· Nadal máxico no Teatro Principal, venres 2 de xaneiro en dúas funcións ás 18 h e ás 20 h

Este próximo venres temos dentro do ciclo Infantil e Familiar e no Teatro Principal, o espectáculo A maxia de Jorge Blass recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Un sorprendente e novo espectáculo para todos os públicos que encherá de maxia o Teatro Principal con guión e dirección de Jorge Blass, iluminación de Víctor Cadenas e Iván Santacruz e o deseño de audiovisuais de Daniel Fajardo.

Poderase disfrutar en directo a maxia máis emocionante e recoñecida de Jorge Blass. Aparicións, desaparicións, levitacións imposibles e maxia interactiva na que o público é o protagonista. Todo iso envolto nun halo de misterio e unha coidada estética que consegue que volvamos ilusionarnos e a soñar co imposible.

Jorge Blass (Madrid 1980), os seus espectáculos obtiveron algúns dos galardóns internacionais máis prestixiosos: a Varita Máxica de Ouro, entregada polo Príncipe Rainiero de Mónaco. O Premio Siegfried and Roy en Las Vegas, EEUU. Nos últimos anos presentou a súa maxia en lugares como o Kodak Theater de Los Angeles ou a Exposición Universal de Xangai. En Televisión Jorge presentou e dirixiu 3 temporadas do seu propio programa “Nada x aquí” (Cuatro 2006 - 2008). En 2013 dirixiu o programa “Por arte de Magia” do Grupo Antena 3, un novo formato inspirado en “The Magicians” (BBC). Neste novo talent show Jorge colabora no papel de “coach máxico” de distintos famosos.

Artista habitual do prestixioso “Magic Castle” de Hollywood, director do Festival Internacional de Magia de Madrid, Jorge é patrono da Fundación Abracadabra e ten publicados dous libros: “Magia para no dejar desoñar” (Martinez Roca, 2003) e “La Fuerza de la Ilusión” (Alienta, Planeta 2011).

Entradas á venda
15 euros / 10 euros (menores de 16 anos e anfiteatro)
entradas.abanca.com / 902434443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)

Anova Boqueixon - A Xunta non aproba o Plan Xeral do concello

A CONSELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS NON OUTORGA A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM DE BOQUEIXÓN

· AOrde da Secretaría Xeral de Territorio e Infraestruturas notifica a necesidade de recalcular a consolidación de todos os núcleos rurais e o cambio nos Nucleos Urbanos de Lestedo e o Forte; tamén incide nunha serie de deficiencias nos urbanizables residenciais de Lestedo e no chan Industrial da Susana.

· O PXOM terá que modificarse e recurtarse profundamente.

· O Equipo de Goberno do PXOM así como o equipo redactor amosan unha preocupante incompetencia para aprobar un PXOM despois de 12 anos de tramitación e dous intentos frustrados.

· Dende Anova agardamos que toda a tramitación sexa transparente e que non se realicen estes cambios de costas aos veciños.

Anova Boqueixón expresa a súa preocupación pola incompetencia demostrada tanto do Equipo de Goberno como do Equipo Redactor do PXOM, unha vez analizada a resolución da Secretaría Xeral de Territorio e Infraestruturas na que notifica a non aprobación do PXOM de Boqueixón por multitude de deficiencias. 

Facendo unha análise da orde da Consellaría, vemos que as deficiencias non son menores tendo en conta que estas afectan ao conxunto do PXOM. Por un lado ao chan urbano de Lestedo e do Forte, a todos os núcleos rurais do concello ao empregarse un método de cálculo de consolidación dos núcleos inapropiado e ademais á delimitación concreta de 37 núcleos rurais, así como aos Urbanizables Residenciais de Lestedo e Industrial da Susana. 

É así que de aprobarse este PXOM, terá que ser con multitude de recortes; recortes das áreas rurais, das urbanas e das urbanizables. É dicir, o Plan, de sair, sairá fortemente recurtado en comparación co que foi exposto ao público.

É pois hora de esixir responsabilidades tanto ao Equipo de Goberno como ao Equipo Redactor que amosan unha preocupante incompentencia para sacar adiante un documento de planificación urbanística, necesario para sentar as bases do futuro do noso concello. Despois de 12 anos de tramitación (esta comeza no ano 2002), cuantiosos recursos económicos para a súa elaboración, e dúas tentativas, non foron capaces de sacar adiante este documento, cunha consecuencia directa na actual parálise que está a sufrir o noso concello. 

E do mesmo xeito esiximos do Equipo de Goberno unha retificación pública, toda vez que co seu habitual autobombo, anuncia nestes días dende a propia revista municipal a aprobación do PXOM para principios de 2015, cuestión absolutamente falsa.

Área Central - Actividades para tódolos públicos na fin de semana

· Este viernes sesión de títeres con música en directo.

· Sábado y domingo, visita de los Reyes Magos, talleres y especial Rastro de Antigüedades.

Area Central acogerá este fin de semana multitud de actividades dirigidas a todos los públicos.

El viernes día 2 a partir de las 18 h., tendremos una nueva sesión de títeres de la compañía Viravolta, dirigida a todos los públicos y con música en directo, bajo el título “Cocer e Cantar”. En la obra, dos músicos metidos a cocineros interpretan erróneamente una receta, lo que provoca que el resultado sea una deliciosa sopa de música, canciones y cuentos.

Además estarán instalados 3 hinchables en distintos puntos del centro comercial, en horario de 17.30 a 20.30 horas, para que todos los niños puedan saltar, escalar y divertirse.

Para el sábado 3 y el domingo 4, nos espera la visita de los Reyes Magos y sus pajes reales, donde los más despistados podrán entregarle sus cartas o hacerles las últimas peticiones entre las 17.00 y 20.00 horas en nuestroescenario principal.

A partir de las 18 horas, tendremos una nueva edición de los sábados creativos de Planeta Shalom, en esta ocasión nos enseñarán a elaborar nuestras propias coronas reales.

El sábado y el domingo, también contaremos con una edición especial del rastro de antigüedades, evento en el que los visitantes del complejo comercial podrán adquirir algunos de los regalos pendientes que les quedan por comprar para el día de Reyes. Su horario de funcionamiento será de 10.00 a 22.00 horas. En los expositores que componen el rastro de antigüedades se pueden encontrar una amplia variedad de objetos de coleccionismo y otras muchas curiosidades.

Para cerrar las actividades navideñas, el domingo 4 a partir de las 18.00 horas en la esquina amarilla de Area Central tendremos el último taller musical “Nadal con Sol” dirigido a niños desde los cinco años. En este taller, Esther Sobral, pretende que los niños participantes adquieran conocimientos de la música, además de fomentar actitudes cooperativas. La educadora se centrará en la desinhibición física y vocal, en el desarrollo de la atención y en el disfrute de cualquier actividad para generar bonitas sensaciones y emociones que hagan sentir a los niños el poder de la música. “Nadal con Sol” es un taller para disfrutar y aprender utilizando la música como instrumento transmisor.

ENERO

Viernes 2
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 17:30 a 20:30 horas
TODO EL CENTRO COMERCIAL
SESIÓN DE HINCHABLES
Los niños podrán saltar y disfrutar en tres hinchables repartidos por el centro comercial.
18:30 horas
ESQUINA ROJA
SESIÓN DE TÍTRES “COCER E CANTAR”
Obra de marionetas protagonizada por dos músicos que se meten a cocineros, lo que provoca que cocinen una riquísima sopa de música, canciones y cuentos.
19:00 horas
ESQUINA ROJA
TALLER ILUSTRADO
El puesto de venta de libros del Consorcio Editorial Galego nos trae esta actividad basada en el cuento A xacia Luviñas.

Sábado 3
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
RASTRO DE ANTIGÜEDADES
Edición especial del rastro de antigüedades para hacer las últimas compras de Reyes.
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
El Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 17:00 a 20:00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
ESQUINA VERDE
VISITA DE LOS REYES MAGOS
Cada tarde, visita de los Reyes Magos y de sus pajes reales y reparto de caramelos entre los niños que se acerquen a saludarlos.
De 18:00 a 20:00 horas
ESQUINA AMARILLA
“SÁBADOS CREATIVOS” CON PLANETA SHALOM
La Asociación Planeta Shalom continúa con sus “sábados creativos”, esta vez centrados en la Navidad. Los niños podrán realizar manualidades y demás actividades lúdico-educativas.
19:00 horas
ESQUINA ROJA
TALLER ARTÍSTICO
El puesto de venta de libros del Consorcio Editorial Galego nos trae esta actividad basada en el cuento Paraugas dameaugas.

Domingo 4
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
RASTRO DE ANTIGÜEDADES
Edición especial del rastro de antigüedades para hacer las últimas compras de Reyes.
De 10:00 a 22:00 horas
ESQUINA ROJA
STAND DE VENTA DE LIBROS CONSORCIO EDITORIAL GALEGO
EL Consorcio Editorial Galego ofrece una amplia selección de libros a precios muy competitivos.
De 17:00 a 20:00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL
ESQUINA VERDE
VISITA DE LOS REYES MAGOS
Cada tarde, visita de los Reyes Magos y de sus pajes reales y reparto de caramelos entre los niños que se acerquen a saludarlos.
De 18:00 a 20:00 horas
ESQUINA AMARILLA
TALLER MUSICAL “NAVIDAD CON SOL”
La experta en pedagogía musical Esther Sobral imparte estos talleres para que los niños conozcan las emociones y la fuerza que transmite la música. Son talleres muy dinámicos dirigidos a niños de más de cinco años.