Continúa a reivindicación contra o cobro retroactivo do lixo ata conseguir que se faga xustiza, a Plataforma demanda unha solución definitiva favorable aos veciños. O goberno sabe que non ten razón polo que debe asumir a súa responsabilidade e resolver o problema que el mesmo xenerou.
Á inxustiza e á desconsideración dos veciños agora súmase a incompetencia, dado que hai moitos expedientes caducados por ter transcurrido 6 meses-, o que provocará un agravio comparativo entre os propios afectados. É unha burla do goberno aos veciños que despois de alamar dicindo que sería un delito grave deixalo caducar, agora haxa centos de expedientes caducados.
A Plataforma do lixo chama a toda a cidadanía de Ames participar na
CONCENTRACIÓN contra o cobro retroactivo do lixo
xoves 29 de novembro
ás oito da tarde (20:00h)
na Praza do Concello de Ames
Ningún comentario:
Publicar un comentario