Axenda sábado 23 xuño - Concertos, exposicións, mercados, tapas

Santiago

11.00 h Na Granxa do Xesto, “pesca sen morte na granxa do Xesto” dentro do programa previsto por Vive o Verán 2013. Asiste o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya. 

Oroso - Cursos de natación gratuitos no mes de xullo

O prazo de solicitude remata o 27 de xuño e os únicos requisitos son cubrir a folla de inscrición e ter o carné de abonado da piscina

PSOE - Ordes - Demanda de bonificación do cen por cen do IBI agrícola e gandeiro

Os socialistas instarán ao Pleno a que lle esixa ao Goberno Central un IVE reducido para bens e servizos culturais 

BNG Santiago - Demanda de melloras nas escolas de Roxos e Monte dos Postes

As instalacións educativas deben adecuarse ás novas esixencias legais e ampliarse nos centros que contan cun notábel aumento de matrícula

Ames - 123 Cacharelas na noite de San Xoan

Está previsto que haxa 124 cacharelas na zona rural e 8 nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Ademais, durante esta fin de semana varias parroquias e lugares de Ames celebran as súas festas patronais na honra de San Xoán

PSOE Ames - Demanda para que se regulen as comisións informativas

Din que o alcalde é o único responsable da situación de caos posto que non toma decisións e permite que esta situación continúe

Ames - As piscinas e a praia fluvial contarán con 8 socorristas e 6 vixiantes

Desde o pasado sábado, 15 de xuño, as piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e a área recreativa de Tapia están abertas ao público. Para garantir a seguridade dos usuarios/as destas instalacións, o Concello de Ames dotounas cun operativo de seguridade composto por 8 socorristas e 6 vixiantes. Neste servizo posto en marcha polo Concello a través da selección dos vixiantes e da contratación do servizo de socorrismo tamén colabora a Deputación da Coruña, que concedeu unha subvención de 3.700 euros para este operativo.

Silleda - Proxecto dunha senda peonil ata a igrexa de Cortegada

O Concello de Silleda inclúe a dotación dunha senda peonil ata a igrexa de Cortegada entre os proxectos a financiar a través do Fondo de Compensación Ambiental

Oroso - Campamento de Verán en Porto do Son

O prazo de solicitude remata o 27 de xuño e o prezo é de 100 euros (empadroados) ou 150 euros (non empadroados)

Axenda venres 21 xuño - tráfico, Día Europeo da Música, tapas

Santiago
10.00 h No Salón Verde, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, reúnese cos presidentes da Asociación de Hostalería de Santiago, José Otero e Jesús Sordo, e un representante do grupo PREMIR para levar a cabo un proxecto de voluntariado co que se pretende que estudantes de comercio internacional na mencionada academia, con bo nivel de inglés, entre outros idiomas, sirvan de axuda a turistas e hostaleiros. Declaracións aos medios ao remate. (10.40 aprox.). 

Varios - notas sobre a imputación do concelleiro Bernardino Rama

Dado que chegaron distintas notas de prensa sobre a imputación do concelleiro socialista Barnardino rama decidimos incluilas todas nun mesmo post para poder ler o mesmo tempo as distintas opinións

Axenda xoves 20 - Música, charlas, exposicións

Santiago
9.30 h Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día: 
Punto único: Resolución de reclamacións e aprobación definitiva, se procede, do orzamento e cadro de persoal para o ano 2013.

Silleda - Os aparcamentos solidarios da Semana Verde recadaron máis de 12.000 €

Paula Fernández agradece a todos os usarios que fixeron o seu donativo “este grandísimo xesto, froito da solidaridade de moítisima xente que nos permitirá realizar actuacións en beneficio de moita xente que o precisa”, así como á Fundación feiral “que fixo posible esta iniciativa”

Agareso - Clausura en Ames do proxecto Escolas sen Racismo

O colexio de Ames pecha hoxe o obradoiro de radio promovido por Asemblea de Cooperación pola Paz e Agareso canda o teatrofórum e contos solidarios

Camara Comercio Compostela -As oito da tarde conferencia "Conexiones improbables; hibridar para innovar"

A Cámara de Comercio de Santiago invita aos empresarios da cidade e da comarca á conferencia do experto en innovación cultural Roberto Gómez de la Iglesia

Pais Unitarias de Ames - Comunicado polo posible peche das escolas

Este é un pequeno relatorio dos feitos. Neste momento as noticias que se nos están dando tanto dende a inspección de educación como dende a xefatura territorial son contradictorias e, a dous días do peche do curso, aínda non temos ningunha comunicación oficial ao respecto.

BNG A Estrada - A concelleira Anxos Pais utiliza a maquinaria do concello para limpar as cunetas das fincas da súa propiedade

A limpeza caprichosa das cunetas do lugar de Vilacriste, contrasta co abandono xeral de todo o rural

Melide - Adxudicación da obra do Centro sociocultural do concello

Melide invirte 154.800 € para poder abrir o Centro Sociocultural despois dunha década pechado

PSOE Ames - Artigo de opinión de José Miñones o respecto da visita de Nuñez Feijoo o instituto

A FALTA DE EDUCACIÓN E RESPECTO DE SANTIAGO AMOR 
O pasado luns Santiago Amor dou unha nova lección de como ningunear á oposición 
de Ames, e polo tanto aos veciños e veciñas aos que representamos os 16 concelleiros 
e concelleiras que formamos parte da Corporación municipal e que para aqueles que 
sepan sumar apreciarán con nitidez que tamén somos maioría absoluta con claridade. 

Teo - 15 establecementos para o I Concurso de tapas

O concurso desenvólvese entre os días 21 e 30 de xuño e as persoas que completen o pasaporte co selo de todos os locais optarán a diferentes premios

Brión - O concello multa por terceira vez a unha constructora e clausurará os pisos non ocupados

Require á empresa para que en 15 días adapte a súa actividade á licenza de apertura da que dispón ou a que solicite unha nova 

ordes - Petición de espazos para participar no festival Urbana DesOrdes Creativas

Aberto o prazo de cesión de espazos para participar no festival de arte urbana DesOrdes Creativas 

Oroso - exposición camiño de Santiago da pintura de Francisco Pérez Alonso

O concelleiro de Cultura aproveitou a inauguración da mostra para lamentar o déficit de infraestruturas que padece o Camiño Inglés

Axenda mércores 19 xuño - Concertos, debates, exposicións

Santiago
11.00 h No CSC de Conxo, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar o programa da festa de San Xoán 2013, xunto coa Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo, integrada polas entidades socioculturais do barrio.

Silleda Comunicado de Paula Fernández ante a posibilidade de converterse en senadora

Ante as informacións publicadas no día de hoxe sobre o meu nomeamento como senadora polo PSdeG PSOE quero realizar as seguintes consideracións:

Esquerda Unida Santiago - Petición de retirada do cruceiro de Ramirez

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela quere mostrar a súa desconformidade coa instalación dun cruceiro no Parque de Agros de Ramírez

Teo - Presentación do libro "O universo Pitágoras" de Rocío Leira en Os Tilos

O acto será hoxe no local da Asociación Cultural e Recreativa Os Tilos a partir das 18:15 horas

Santiago - Mañá no ciclo Falabaratos Oswaldo Digón con Monologos en 3D

Digón improvisa monólogos e gags. O único espectáculo teatral onde se pode ter o móvil encendido!!!

Axenda martes 18 xuño - Tráfico, exposicións, concertos

Santiago
10.15 h No CEIP López Ferreiro, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á presentación do documental "Shoots from Abyssinia", de Ovidio Fernández, e posterior coloquio co autor. 

Ames Novo - Feijoo visita o Milladoiro as agachadas

Ames Novo critica que o Presidente Núñez Feijóo faga unha visita ao Milladoiro como un acto do Partido Popular en vez dun encontro coa comunidade educativa e a veciñanza do Milladoiro. Gobernan de costas á veciñanza e témenlle á xente

PSOE Ames - O alcalde non invita a oposición a inagüración do instituto

Os socialistas de Ames critican duramente a falta de talante do Alcalde de Ames
ao non ser convidados á visita ás instalacións do futuro instituto do Milladoiro.

BNG Santiago - O PP quere dificultar as movilizacións sociáis en Santiago

Pregúntalle ao alcalde por que negou os permisos para os enganches de electricidade e de megafonía en diversas manifestacións

PSOE Teo - O concello ten máis de 3 millóns de € de débeda

Unha vez mais, este fin de semana asistimos á auto-loa de Martiño Noriega da súa xestión económica destes últimos anos, ben obviando parte dos malos datos, ben achacándoos a instancias externas, dificilmente culpables da pésima situación económica de Teo.

Camara de Comercio de Compostela - Trámites co certificado Camerfirma

O certificado cameral súmase aos xa admitidos polo Goberno galego, o DNI electrónico e a comunicación telemática da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre

Esquerda Unida Santiago - Moción contra a contaminación lumínica

Sen dúbida a cidade de Santiago de Compostela medrou moito na última década. O que inevitablemente conlevou a extensión do sistema eléctrico municipal considerablemente sen ter realizado un estudo previo dos problemas, non so económicos, senón tamén medioambientais que se poderían derivar de dita extensión.

Santiago - Hoxe remata o ciclo Novas Orquestras

O grupo de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) interpreta ‘A historia do soldado’ de Stravinski

Ordes - Aberto o prazo para adquirir os carnets e bonos da piscina

A tempada irá dende o 1 de xullo ata o 15 de setembro. Novamente haberá cursos de natación para adultos e menores

Ames - O grupo de teatro do Psiquiatrico de Conxo representa O médico a paus

Este martes, 18 de xuño, ás 19:00 h, o grupo de teatro do Hospital psiquiátrico de Conxo presenta na Casa da Cultura do Milladoiro a súa última produción “O médico a paus”.

Santiago - Peche do ciclo 1906 Jazz na praza da Quintana

Longa vida ás big bands!!!! O ciclo 1906 de Jazz chega ao seu fin en Santiago de Compostela con Marcos Pin Factor E- Reset que ofrecerán un concerto con entrada libre para todos os amantes do bo Jazz

Ordes - III Campus de atletismo entre o 25 e o 28 de xuño

Está dirixido tanto a rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria, como a adultos e veteráns. O prazo de inscrición finalizará o vindeiro día 19 

Axenda luns 17 xuño - Tráfico, exposicións,

Santiago
10.00 h No Cersia, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participa na reunión dos 19 Concellos de Área Santiago. Declaracións ao inicio.

BNG Santiago - Demanda para que se coloque a bandeira LGBT

O grupo municipal do BNG demándalle ao alcalde de Santiago que faga ondear a bandeira multicolor do movemento LGBT o vindeiro 28 de xuño nun lugar visíbel e emblemático das instalacións municipais, como mostra de apoio á loita social que reivindica a dignidade e a igualdade das persoas, sexa cal for a súa orientación ou identidade sexuais

Castro Avogados - Asesoramento gratuito nos casos de preferentes e hipotecas para os veciños de Ordes

Gonzalo Castro, avogado titular do despacho “Castro Avogados”, anunciou a posta en marcha dun servizo de asesoramento e apoio xurídico tanto para persoas afectadas pola problemática das preferentes, como para persoas con problemas para poder facer fronte ao pago da hipoteca da súa vivenda habitual e evitar a execución hipotecaria

Teo - Solicitude de subvención para arrranxo do camiño quevai de Pontevea a Burga

Un tramo de máis de 20 metros desta vía ó carón do río Ulla desapareceu literalmente o 12 de abril como consecuencia das choivas e da enchenta do río

Melide - O concello celebrou a xunta local de seguridade

A reunión celebrada no salón de sesións da Casa do Concello de Melide asistiron a vicesecretaria da subdelación da goberno en Galicia, Eva Vázquez Castelos, a xefa de coordinación da violencia de xénero, Emilia Gónzalez Sánchez, o Capitán da comandancia de Santiago Luís Nicolás Arroyo, membros do destacamento da Guardia Civil en Melide, un representante da Policia Local, o xefe da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Melide, a alcaldesa de Melide e maila concelleira de seguridade cidadá

Frades - Entrega de axudas para transporte e estudos

O Concello de Frades entregou as axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2013-2014, dirixidas a un total de 31 familias do municipio.

Brión - A Escola de música Magariños abre o prazo de matrícula

Unha vez rematado o prazo para a renovación de praza dos alumnos e alumnas deste ano, a escola oferta un total de 62 prazas para rapaces e rapazas de nova admisión.

PSOE Ordes - Jesús Pedreira reclama a limpeza das cunetas da N-550

O PSOE de Ordes denuncia a situación de abandono das cunetas da N-550 ao seu paso por Ordes. Unha situación que o voceiro socialista, Xesús Pedreira, considera que “pode resultar perigosa para a seguridade viaria dos peóns, que teñen que invadir a calzada, como para os condutores, pois nalgunhas zonas como nas rotondas perden visibilidade”.

Frades - Ata o 21 de xuño exposición Áreas mariñas protexidas

Trátase dunha exposición elaborada polo CEIDA que informa ao veciño sobre a situación actual do noso mar

Esquerda Unida Santiago - Defensa do dereito o aborto

A Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela demandamos o dereito das mulleres a decidir a súa maternidade, parte fundamental da loita histórica do Movemento Feminista.

Raiña Produccións - O Outono Rock festival será o Outono Códax Festival

Bodegas Martín Códax reafirma o seu compromiso co ciclo galego centrado no soul, o rock´n roll e o rythm&blues
O festival prepara xa a súa III edición coa que, un ano máis, quere reivindicarse como unha das citas de referencia na axenda da denominada “música negra”

Axenda domingo 16 xuño - Exposicións, tapas, concertos

Tráfico
Con motivo dos traballos de mantemento dos pavimentos históricos da cidade, dende o luns 27 de maio e ata o 15 de xullo permanecerá cortada ao tráfico a rúa Algalia de Abaixo no tramo comprendido entre o cruce coa praza de Algalia de Abaixo e o cruce coa rúa das Ánimas.

Actividades
Santiago - Borriquita de Belem - Sumrrá 2
Brión - Lembrando a Rosalía -150 anos de Cantares Galegos
Ames - Milladoiro Merca e Tape

Exposicións
Oroso - Sigüeiro - Miradas con alma de Mª del Cielo Marcos e Mª Esther Iglesias
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén M ar - As escolas de americanos en Galicia +INF
Santiago - "Detido o pe da lomba" de García Bello +INFO
Santiago - Auditorio de Galicia - 15 contos breves
Santiago Casa das Crechas - Exposición Sahara Esquecido de Carmen Quintela 

PSOE Teo - Mellora da transparencia no concello

Uxía Lemus, concelleira do PSdeG de Teo, ven de presentar unha moción para mellorar a transparencia do Concello de Teo, a través da súa páxina web, tras realizar unha análise do cumprimento do principio de transparencia, seguindo a interesante iniciativa dunha organización non gobernamental a escala universal como Transparencia Internacional, organización dedicada a combater a corrupción, que congrega á sociedade civil, o sector privado e os gobernos nunha vasta colación global

BNG A Estrada - O vertedoiro de San Xiao de Vea eliminado despóis da denuncia

O vertedoiro de San Xiao de Vea desaparece aos quince días da denuncia feita polo BNG no Parlamento Galego

Galicia consegue o dominio .gal

Máis de 12.000 apoios cidadáns. Máis de 110 entidades adheridas. Máis de sete anos de traballo. O alento sostido das principais entidades e institucións galegas. O respaldo decidido da administración autonómica ao longo do tempo.

Teo - A liquidación do orzamento do 2012 dou un resultado positivo de case un millón de euros

O alcalde de Teo destaca “a solvencia e a seriedade da xestión económica nun momento especialmente complicado para a autonomía municipal” 

Silleda - O día 30 volta a Siador a Romería do rapaz

O programa da 25 edición presentouse hoxe na praza de Benito Rivas, onde se celebraron os primeiros certames nos anos oitenta

Camara Comercio Compostela - Viaxe comercial os Emiratos Árabes, Qatar e Exipto

Participarán oito empresas galegas dos sectores das bebidas, conservas de pescado, plástico, madeira, granito, equipamentos de auga e saneamento

Ordes - Prazo de inscrición na escola de verán

Ata o 25 de xuño permanecerá aberto o prazo para poder participar nas escolas de verán do Concello de Ordes

Santiago - Aberto o prazo de preinscrición nos programas de comedores e madrugadores

Este venres, 14 de xuño, abriuse o prazo de preinscrición nos servizos de comedores e de madrugadores en varios centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, xestionados polo Concello de Santiago. O prazo estará aberto ata o 21 de xuño

Ordes - I Campus de verán de Fútbol organizado pola S.D. Ordes

Terá lugar durante o próximo mes de xullo e vai dirixido a nenos e nenas nados de 1997 a 2008. O prazo de inscrición xa está aberto