Partido de gran expectación o que se xogaba esta tarde no Multiusos Fontes do Sar, no que os guerreiros celestes medíanse a un dos ‘ósos’ da Liga, El Pozo Murcia.
Os primeiros minutos do encontro desenvolvéronse con ocasións de ida volta. Ás ocasións dos murcianos, que Iker despexaba para manter a súa portería a 0, respondía Dani M. con tiro exteriores que se marchaban desviados. A máis clara dos celestes viviríase no minuto 5 de partido cando, nunha xogada pola banda, o balón pasearíase pola liña de gol sen atopar rematador. Pola súa banda, Matteus puido abrir o contador para os seus con dous tiros exteriores que se estrelaron na cruceta da portería local.
Diego Quintela vestiríase de goleador na noite de hoxe e inauguraría o marcador co primeiro tanto da noite, ao rematar ao fondo da rede un balón morto tras o rexeite de Fabio ao tiro de Santi. Pero a resposta murciana chegaría só un minuto despois co gol de Bebe, que marcaría o tanto do empate cun pouco de fortuna tras tocar o balón nun xogador local.
Co empate 1-1 chegaríase ao descanso no Multiusos. Tras a continuación, serían os de Duda os que imprimirían unha marcha máis ao partido, pero a defensa do Santiago Futsal, de sobresaliente na noite de hoxe, non cedería ás acometidas granotas.
O gol de Marinovic no minuto 26 sería un xerro de auga de fría para o conxunto celeste, que non se amedrentou co marcador en contra e sobrepúxose ás adversidades para volver amosar a súa mellor versión.
Con porteiro xogador en pista, os de Santiago gozarían de diversas oportunidades para facer o empate. Sería nunha desas na que, de novo, Diego Quintela anotaría o tanto local para o empate 2-2. A falta de 33 segundos para finalizar o encontro, Lima sería expulsado con dobre cartón amarelo, deixando aos seus cun xogador menos. Pero os celestes non foron capaces de aproveitar eses escasos minutos de superioridade e rematar o encontro que finalizou con repartición de puntos entre Santiago Futsal e O Pozo Murcia.
Sala de prensa
Santi Valladares analizou o encontro tras a súa conclusión do que dixo “O partido discorreu polas canles que previamos esta semana. Un El Pozo Murcia, que co persoal que che ten que dominar e xerar ocasións. E nós ao noso, a defender o mellor posible. Creo fixemos unha defensa impresionante a dúas dos seus xogadores importantes, Adri e Miguelín, que creo que hoxe se van moi incómodos de aquí. Fomos moi valentes. Aproveitamos as nosas ocasións e na nosa liña. Foi unha pena que non tomásemos unha boa decisión na última falta, pero con 5 faltas e sabendo o tipo de equipo que somos, e que lle acaban de expulsar a eles un, calquera mínima cousa que pasase, se nos pitan a sexta, ímonos cun marcador en contra. En xeral, voume moi contento.”
Ficha do partido
Santiago Futsal 2: Iker López, Quique, Álex Diz, Dani M. e Diego Quintela ? Antonio Diz, Hugo Sánchez, Santi, Pablo Mel e Iván Rumbo.
O Pozo Murcia 2: Fabio, Bebe, Raúl Campos, Álex e Adri ?cinco inicial- Marinovic, Matteus, Lima, Fernando e Miguelín
Árbitros: Redondo Areais e Viedma Martín. Expulsaron a Lima con dobre cartón amarelo no Pozo Murcia; e amoestaron a Iván Rumbo no Santiago Futsal.
Incidencias: Partido correspondente á 5ª Xornada de Liga celebrado no Multiusos Fontes do Sar cunha entrada aproximada de 1200 persoas.
Goles: 1-0 min.19 Diego Quintela, 1-1 min.19 Bebe, 1-2 min.26 Marinovic, 2-2 min.37 Diego Quintela