Axenda e tempo do sábado 14 de febreiro - Música, mercados, exposicións

Santiago - Borriquita de Belem - Alejandro Vargas trio (en sesión vermut)

Santiago - Área Central - Entroido

Santiago - Sonar - Desequilibro Mental + Barbitúricos

Santiago - Capitol - James Hunter Six

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - “Que aflore o soterrado: O Forte de San Cristóbal, baluarte da represión franquista” (ata o 2 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Rosana Calvo (ata o 16 de febreiro) 

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Museo do Pobo Galego - O universo de Roberto González del Blanco (ata o 8 de marzo)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Frades - Comezan as obras da senda peonil cara o tanatorio e a Casa do Concello

O Concello de Frades vén de iniciar as obras de construción dunha senda peonil de 335 metros entre o tanatorio de Moar e a Casa do Concello de Frades, ao longo da estrada provincial DP 3902 Ordes-Ponte Carreira. Uns traballos orzamentados en 49.170 euros (máis IVE) e que teñen un prazo de execución de dous meses.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que se trata “dunhas sendas peonís que mellorarán a seguridade viaria dos veciños e veciñas de Frades que teñan que acceder á Casa do Concello ou ao tanatorio”. Rey Martínez, que hoxe visitou as obras canda o concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, amosou o seu agradecemento á Deputación Provincial da Coruña e ao seu presidente, Diego Calvo, “pois son unhas obras polas que levamos loitando moito tempo e que finalmente se fan realidade”.

Características dos traballos
As obras consisten na construción dun andén peonil de 1,5 metros de ancho no núcleo de Cimadevila para comunicar a Casa do Concello co tanatorio de Moar, separados por unha distancia de algo máis de 335 metros. Ese andén constará dunha subbase granular e unha capa de mestura bituminosa en quente, que estará separado da beiravía da estrada por un bordillo de formigón prefabricado.

Así mesmo, procederase ao drenaxe da zona e a canalización da auga por un entubado de PVC, cos seus correspondentes pozos e sumidoiros de rexistro. Ademais colocaranse dous tubos de protección para unha futura instalación de alumeado público.

Sinalización
O alcalde de Frades interesouse especialmente por como se van desenvolver estes traballos, sobre todo porque se trata dunha das estradas máis concorridas do municipio, polo que comprobou “in situ” o dispositivo especial de sinalización que se implantará neste tramo da estrada DP-3802 durante as obras. “Os traballos desenvolveranse primeiro pola marxe dereita da estrada e despois pola esquerda, de modo que en todo momento se manterá en servizo un dos carrís”, explica Roberto Rey. Así, mentres os operarios están traballando na calzada, o paso alterno de vehículos estará regulado por semáforos, que se retirarán cando non se estea traballando.

Psoe Ordes - Paloma Rodríguez e Miguel Cortizo presentarán iniciativas no Congreso dos Deputados

Os deputados nacionais socialistas Paloma Rodríguez Vázquez e Miguel Anxo Cortizo Nieto presentarán iniciativas no Congreso dos Deputados para esixir melloras na N-500 ao seu paso por Ordes. Así o anunciaron ambos deputados despois da visita realizada esta mesma mañá a Ordes, na que estiveron guiados polo secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira.

Os deputados socialistas puideron comprobar sobre o terreo os múltiples desperfectos e problemas de seguridade viaria que presenta a N-550 ao seu paso por Ordes. Paloma Rodríguez denunciou “a deixadez do Partido Popular coa N-550, unha estrada vital para un municipio como Ordes e que está moi desatendida. Non se están facendo as reparacións que esta estrada precisa e non se están tomando as medidas que garantan a seguridade viaria tanto de peóns coma de condutores. Ogallá non haxa que esperar a que ocurra unha desgraza para que se tomen as medidas necesarias”. 

Pola súa banda, Miguel Cortizo criticou que “haxa cartos para rescatar as radiais de Madrid, que foron un negocio montado sobre datos ridículos, e logo non os haxa para arranxar unha estrada vital para o desenvolvemento do eixo Santiago-Ordes-Coruña, xa que prexudica non só a mobilidade da veciñanza senón tamén ao sector comercial nunha época de crise económica”. De feito, ao comprobar que do medio da N-550 brotaba auga, Cortizo lamentou que “é máis doado que este manancial se transforme na Fonte de Lourdes a que Fomento arranxe este tramo”.

Desperfectos da N-550
O secretario xeral dos socialistas ordenses, Xesús Pedreira, acompañou aos deputados durante o seu traxecto, amosándolles sobre o terreo os múltiples desperfectos presentes tanto na N-550 coma nas súas vías de servizo. “Por moito que se tapen unhas cantas fochancas ou se pinten de novo os pasos de peóns, a N-550 precisa dunha actuación de reparación integral”, denuncia Xesús Pedreira, “pois hoxe os deputados puideron comprobar como en moitos tramos de estrada xa non hai sequera o aglomerado, con zonas sen pintar e mesmo agora ata xurde auga do medio da estrada á entrada do Mesón do Vento”.

Ademais, Pedreira insistiu especialmente nos problemas de seguridade viaria existentes na entrada da Vila de Ordes, na travesía Alfonso Senra, e que a Agrupación Socialista de Ordes vén denunciando dende hai anos. “A estreitez das beirarrúas impide non só a circulación de calquera carriño de bebé ou de calquera persoa en cadeira de rodas, senón que incluso os que poden ir facendo equilibrios por esas estreitas beirarrúas teñen que ir con ollo, pois non é o primeiro que resulta golpeado polo espello retrovisor dun camión”, explica Pedreira Mirás.

Ames - Rematan as obras na rúa Anxeríz do Milladoiro

Onte remataron as obras de reparación da calzada na rúa Anxeriz do Milladoiro e esta tarde abrirase ao tráfico o último tramo de rúa. Os traballos consistiron na substitución do empedrado de pezas de formigón por unha lousa de formigón semipulido e o repintado dos pasos de peóns. Estes labores, que contan cun orzamento duns 50.000 euros, iniciáronse o pasado 19 de xaneiro. 

O alcalde de Ames, Santiago Amor, destacou que “a partir de hoxe quedará aberta ao tráfico toda a rúa, tras acometer uns traballos moi necesarios. A rúa presentaba grandes deficiencias no seu firme dende hai tempo e con esta actuación solucionase un problema para todos os veciños e veciñas do Milladoiro”.

O proxecto executouse en catro fases para prexudicar o mínimo posible aos veciños. En primeiro lugar houbo que levantar os bloques de formigón existentes. Destas pezas gardáronse aquelas que non estaban deterioradas. Ademais houbo que demoler e retirar os elementos transversais executados en formigón e o morteiro colocado sobre a lousa base para deixala limpa e uniforme. Unha vez feitos estes traballos e co carril rodado limpo, aplicouse unha formación de pavimento de formigón armado.

Cómpre destacar que no tramo que vai dende a rúa de Abaixo ata o cruce coa rúa Raxoeira mantívose o estado orixinal do pavimento de bloque xa que se atopa en bo estado. Ademais, mantívose o pavimento do cruce coa rúa Pardiñeiros, que xa foi reparado o pasado ano. 

Acondicionamento da mediana de Rosalía de Castro 

O Concello de Ames, a través do departamento de parques e xardíns, tamén realizou esta semana traballos de acondicionamento da zona axardinada na mediada da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Estes labores consisten na limpeza, desbroce e escarda de malas herbas mediante medios mecánicos e manuais e teñen un custo de 1.208 euros.

O concelleiro de Parques e Xardíns, Alfredo Taboada, explicou que “se trata duns traballos de acondicionamento que se realizan todos os anos para que a zona axardinada da mediana da avenida de Rosalía de Castro estea limpa. Estes traballos son moi importantes xa que esta estrada ten un gran tráfico todos os días e non debe haber maleza neste lugar”.

Melide - O concello abona parte da paga extra do 2012

No momento en que entra en vigor a Lei 36/2014 do 26 de decembro de Orzamentos Xerais do Estado para o 2015 así como a resolución do 29 de decembro de 2014 dáse pé a esta Administración Local para poder facer efectivo a parte proporcional da paga extra correspondente a decembro de 2012. Cousa que este goberno tiña previsto tal é como quedou de manifesto no pleno de aprobación dos orzamentos para o ano 2015 da administración local, habilitando unha partida orzamentaria para tal fin, e que se fixo xa realidade nas nóminas do pasado xaneiro, tanto para persoal funcionario como persoal laboral. 
No momento en que entra en vigor a lexislación estatal adoptase por parte de Alcaldía as medidas oportunas para adaptarse á mesma, emitindo un decreto de data 30 de decembro do 2014. Nese decreto o que fai o Concello de Melide é cumprir coa lexislación vixente, é dicir, ao Real Decreto 20/2012, adaptando polo tanto os informes de intervención dos cales son coñecedores, porque están ao día, os señores do BNG de Melide. 
As cantidades que se contemplan neste concepto son as equivalentes a parte proporcional correspondente aos primeiros 44 días de paga extraordinaria, paga adicional de complemento específico e pagas adicionais do mes de decembro, tanto para persoal funcionario como persoal laboral. O período de referencia é diferente para persoal funcionario que para persoal laboral. 

Ames Novo - Alternativas o tráfico no Milladoiro

Alternativas de circulación no Milladoiro

Parece que a semana pasada o alcalde Ames foi ao Ministerio de Fomento, en busca dunha solución ao intenso tráfico que sofre a N 550 ao seu paso polo núcleo urbano do Milladoiro. Parece ser que se equivocou de 'ventanilla' xa que levaba a alternativa de derivar o tráfico pesado pola autovía Santiago-Brión, e no Ministerio lle recordaron que esta vía é de titularidade autonómica. Esta proposta leva consigo un desvío de 7 Km, para volverse a reincorporar á N 550 á altura das Galanas. Nada di de como os vehículos que van dirección Santiago poderían crear un importante concentración e atasco continuado na curva das Galanas, ou da perigosidade da baixada á rotonda de Pardiñas para vehículos pesados, ou como os vehículos pesados que van ás instalacións comerciais situadas no concello de Teo despois do Milladoiro terían un difícil xiro na incorporación á N550, ou como esa “alternativa" non soluciona o tráfico pesado orixinado polo Polígono do Milladoiro e que discorre hoxe e día xa por vías urbanas do Milladoiro.

Desde o grupo municipal de Ames Novo demandamos unha solución global que pase pola desaparición da peaxe no tramo Santiago-Padrón da AP 9 cunha nova saída no polígono da Picaraña, habilitar unha vía de circunvalación que derive o tráfico con destino ou con orixe nas localidades do concello de Teo, e unha saída do Polígono Industrial do Milladoiro á autovía Santiago-Brión sen pasar polas vías urbanas. Só con esta triple actuación se pode facer diminuír o inxente tráfico da N 550 ao seu paso polo Milladoiro, que non é, nin moito menos, só un problema de tráfico pesado. As dúas primeiras si son competencia do Ministerio de Fomento, e a última de competencia autonómica que precisaría un acordo co goberno “amigo” de Santiago de Compostela e non tería un custo excesivo, pero o noso alcalde non é que teña falta de iniciativa, é que nin sequera explora as posibilidades das alternativas de solución que se lle ofrecen a graves problemas.

Santiago Futsal - El equipo supera a Jaén Paraíso Interior por la mínima

La  víspera de Carnaval ha dejado la primera victoria del Santiago Futsal en casa en este año 2015, segunda consecutiva de los hombres de Santi Valladares que encadenan tres jornadas seguidas puntuando.

Los primeros compases del encuentro fueron de dominio local, en los que pudo llegar el primero del Santiago Futsal por medio de Lucas Bolo, con un tiro desde fuera del área que despejó Prieto, y  otra posterior acción de Lucho que remató dentro del área pero sin acierto a portería.


Pese a los primeros 10 minutos de gran intensidad local, sería Daniel Martín el que adelantaría a los suyos en el marcador con un remate al segundo palo tras un balón rechazado en media pista que favoreció la contra visitante.

Pero poco duró la superioridad jienenses en el marcador. Tan sólo un minuto después. El ‘capi’ Lucho hizo la igualada para el Santiago Futsal con un tiro raso que pilló desprevenido al meta visitante y que se convirtió en el primer tanto de los locales.

Aunque se llegaría al descanso con el empate en el marcador, el conjunto de Santiago gozaría de varias ocasiones para irse a vestuarios con el luminoso a su favor.

En una segunda parte más intensa, en la que ambos equipos vieron varias tarjetas amarillas, el Santiago Futsal volvió a tirar de coraje y garra para imponerse a su rival y, en un tiro exterior de Hugo a los 9 minutos de la segunda parte llegaría el segundo, y definitivo, tanto de los locales.

Con el marcador a favor, los de  Santiago pudieron aumentar la distancia pero Prieto salvó a los suyos en dos ocasiones consecutivas protagonizada por Diego Quintela.

A falta de 4 minutos para el final, Jaén Paraíso Interior saldría de cinco con Campoy de portero jugador y los de Santi Valladares tendrían que emplearse en defensa para frenar las acometidas visitantes. Iker firmaría tres buenas paradas que evitarían el segundo gol visitante y que, en sucesivas contras, pudieron significar el tercer gol local.

Pero el marcador no se movería y se finalizaría el encuentro con el 2-1 favorable a los locales que suman los primeros tres puntos en casa en este 2015 y en esta segunda vuelta.

Sala de prensa

El técnico Santi Valladares compareció ante los medios tras la finalización del encuentro. El entrenador se refirió a la victoria como “una victoria sufrida  pero que por lo sufrida que fue vale el doble”. Además, el técnico gallego añadió “Hemos superado a un rival con mucho potencial y poderío y eso nos sirve para dar un paso más en la clasificación y afianzarnos en los puestos de salvación”.

Ficha del partido

Santiago Futsal 2: Iker, Lucas Bolo, Lucho, Hugo y Diego Quintela –cinco inicial- Pablo Tallón, Gallego, Iván Rumbo, Dani ‘Chino’, Santi y Kike

Jaén Paraíso Interior 1: Alfonso Prieto, Chino, Cuco, José López y Solano – cinco inicial- Daniel Martín, Eloy Rojas, Buendía, Campo, Borja Blanco

Árbitros: Bel Pascual y Moreno Millán. Amonestaron con tarjeta amarilla a Iker López, Pablo Tallón, Iván Rumbo, Santi y Diego Quintela por el Santiago Futsal y a Cuco, Chino, Alfonso Prieto, Campoy por Jaén Paraíso Interior

Incidencias: Partido correspondiente a la 22ª jornada de Liga en el Multiusos Fontes do Sar con una asistencia de 1300 personas


Goles: 0-1 min.11 Daniel Martín, 1-1 min.12 Lucho, 2-1 min.29 Hugo

Axenda e tempo do venres 13 de febreiro - Música, teatro, exposicións

Santiago - Galería Metro - La Forcelle

Santiago - Teatro - De mutuo Desacuerdo

Santiago - Capitol - Los Mambo Jambo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - “Que aflore o soterrado: O Forte de San Cristóbal, baluarte da represión franquista” (ata o 2 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Rosana Calvo (ata o 16 de febreiro) 

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Museo do Pobo Galego - O universo de Roberto González del Blanco (ata o 8 de marzo)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

Psoe Negreira - resumo dos plenos do día 11

O Grupo Municipal Socialista de Negreira quere trasladar aos medios un resumo dos “ Plenos “ celebrados na tarde do 11 de febreiro de 2015. 

Resumo feito baixo a nosa óptica e punto de vista.

No Pleno convocado para ás 17 horas discutíronse e debatéronse dous puntos:

· No primeiro aprobouse, cos votos a favor do equipo de goberno e cos votos en contra do noso Grupo Municipal, un expediente extraxudicial de crédito por un importe de 569.456,14 €. É dicir recoñecéronse e aprobáronse facturas pendentes de pago do ano 2014 pola cantidade antes relatada. 

O noso Grupo manifestou sorpresa e estrañeza e sobre todo unha total e absoluta incomprensión ante tal barbaridade.

Case 100 millóns de pesetas en facturas do ano 2014 estaban ata o día de hoxe sen recoñecer, sen aprobar e por suposto sen pagar.

O goberno local dende o ano 2011 utilizou dúas máximas en política municipal: unha que o goberno anterior, o noso goberno deixou arruinado e con moitas débedas o Concello e dúas que eles ían facer unha xestión brillante e impecable das arcas municipais. Pois ben tanto unha como a outra é totalmente falsa.

Nin o concello quedou arruinado debido a nosa xestión, nin este equipo de goberno está a facer unha xestión boa cos cartos de todos. E o expediente extraxudicial de crédito aprobado hoxe é a mostra mais clara do que aquí dicimos.

Ter un exceso no orzamento do ano 2014 de case 100 millóns de pesetas é unha situación anómala e preocupante do noso concello.

É un disparate e un descontrol absoluto.

Tamén queremos dicir que ditas facturas non son debidas ao funcionamento da piscina climatizada, tal e como quixo manifestar a Concelleira do Contas e Facenda.

· No segundo punto aprobouse a participación no “ invento “ da Deputación da Coruña chamado PAI, Plan de Aforro e Investimento.

A Deputación da Coruña agora dedicase a xogar a ser unha entidade bancaria e vai prestar a tódolos concellos da provincia a cantidade de 25 millóns de euros.

Nós votamos en contra por que entendemos que si a Deputación dispón deses cartos, o que ten que facer é investilos nos concellos, non facer un préstamo a dez anos.

Non aceptamos que durante catro anos, dende a Deputación, se negue facer ningún tipo de mellora na estrada que une Negreira – Pontenafonso, en base a que non hai cartos para acometer dita obra, e agora pon a disposición dos municipios da provincia 25 millóns de euros. Cun millón e medio ou dous deses cartos facíase un segundo tramo da estrada nunhas condicións mais que óptimas.

Esiximos tanto á Deputación da Coruña como ao Alcalde do Concello de Negreira que dean explicacións ao veciños da parroquia de Lueiro, Arzón e Xallas por qué non se acometeu o arranxo de dita estrada nestes catro anos. Posto que a Deputación da Coruña conta con 25 millóns de euros para gastar.

Así mesmo queremos amosar publicamente o noso rexeitamento ao invento este da Deputación da Coruña e pedir que si o goberno provincial conta con esa cantidade de cartos, os invista nos concellos de menos de 20.000 habitantes directamente.

· Respecto ao segundo pleno non aceptamos a xustificación da urxencia do mesmo e moito menos aceptamos as formas coas que fomos notificados.

Non aceptamos que se nos notifique no mesmo día do pleno, para así non poder ver e estudar a documentación correspondente, e por iso non tivemos a ben permanecer no pleno e nos ausentamos.

Si non temos tempo para visualizar o expediente, non podemos ter unha opinión do que se vai tratar e moito menos podemos ter unha decisión de voto.

Estamos fartos de ser menosprezados e que se nos trate con desprezo por parte do equipo do goberno.

E o noso grupo municipal non vai aceptar mais este tipo de trato por parte do equipo de goberno.

BNG Teo - Demanda de beirarrúas no entorno do IES de Cacheiras

O BNG de Teo ante as queixas dos veciños e veciñas de Cacheiras, denuncia que as novas beirarrúas que se incluiron no POS, a proposta do BNG no entorno do IES para mellorar a seguridade viaria, están paradas desde hai varios meses e nun estado que dificulta o desprazamento dos/as peóns, pois seguen sendo cunetas con formigón en bruto. Ademais tamén destacaron que non hai pasos de peóns.

O portavoz do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, considera que o goberno non debe caer na xa clásica dinámica preelectoral de deixar o remate das obras para as semanas previas ás eleccións, senon que debe responder ás necesidades dos veciños e das veciñas, e sobre todo a non xerar máis problemas dos que xa teñen, e máis aínda no que ten a ver coa seguridade viaria.

Polo tanto, o BNG demanda do goberno municipal que execute os acordos e que remate as obras comezadas para que os veciños e veciñas poidan transitar polas escasas beirarrúas que hai no concello.

Pacto X Ames - sobre as carencias en seguridade cidadá

Ante a situación crítica na que se atopa o cuartel da Garda Civil do Milladoiro pola falta de efectivos , Pacto por Ames presentará unha iniciativano pleno deste mes para instar a todos os órganos competentes a resolvelo.

As instalacións do Milladoiro péchanse con frecuencia e soamente o bo traballo e a boa coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local, fan que o problema de seguridade non sexa maior.

Pacto por Ames tamén Instará areunir á Xunta Local de Seguridade para que se poñan en común todas as cuestións relacionadas coa seguridade e coa esixencia da dotación necesaria para que se cumpran uns mínimos razoables. Non se reúne dende fai máis de 1 ano.

Nestes momentos o cuartel da Garda Civil do Milladoiroconta con 32 efectivos, mandos incluídos. Das 32 persoas, 4 están asignadas ao Grupo de Intervención Rápida de forma exclusiva e un segundo grupo, o denominado ROCA, dedicase a controlar o roubo do cobre e similares, ademais hai outra sección de investigación que tampouco patrulla. Si a isto sumamos os descansos e vacacións regulamentarias e as baixas, queda claro que os efectivos son insuficientes para atender unha poboación como Ames, Teo e Brión que xuntos roldan os 60.000 habitantes,con unha extensión territorial de máis de 240 Km2 e con unha gran dispersión.

Pacto por Ames considera imprescindible un servizo de 24 horas, 7 días a semana e 365 días ao ano co fin de poder para garantir a seguridade de toda a poboación xunto con unha maior operatividade dos profesionais da seguridade.

Esta situación provoca unha carencia de seguridade bidireccional, por un lado porque as persoas que viven en Ames non teñen un servizo axeitado e pola outra a situación de estres pola presión á que están sometidos os efectivos destes corpos de seguridade que teñen que facer un esforzo adicional para intentar dar solución a todas as demandas e incidencias que acontecen a diario.

Ante a desidia do Alcalde Popular, que leva máis de un ano sen reunir a Xunta Local de seguridade (exactamente dende o 28 de xaneiro de 2014), Pacto por Ames solicitará a convocatoria da Xunta Local de Seguridade como paso previo a reclamar aos órganos competentes en materia de seguridade co fin de deseñar e chegar a uns mínimos razoables de efectivos imprescindiblespara poder desempeñar o traballo nunhas condicións óptimas.



A pesares das continuas denuncias promovidas polos veciños, o alcalde non tomou a decisión de convocar a Xunta Local de Seguridade e parece que non considera necesario esta reunión quedando en evidencia, unha vez máis, a pouca preocupación de Santiago Amor por un tema tan delicado e que provoca malestar e incerteza nos veciños e desánimo nos profesionais da seguridade.

Cámara de Comercio - Convenio de colaboración con ABANCA

O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, e o director Territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carneiro, asinaron hoxe un convenio de colaboración na sede cameral, acompañados polo director da Oficina de Relaciones de Instituciones de Santiago de ABANCA, Álvaro Rodríguez, e o secretario Xeral da Cámara de Comercio, Fernando Barros. As dúas entidades comprometéronse co desenvolvemento de proxectos emprendedores e renovaron a súa aposta polo tecido produtivo da capital autonómica. 

Unha das primeiras iniciativas que se realizará no marco deste acordo será bolsar o 50 por cento da estancia de tres emprendedores durante un ano no viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, situado no polígono de Costa Vella. Estes emprendedores recibirán unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver un plan de empresa, con axuda das ferramentas de xestión necesarias e o asesoramento dos técnicos de creación de empresas da Cámara de Comercio. O obxecto é poñer en marcha e garantir a viabilidade do proxecto empresarial. A Cámara de Comercio comprométese a convocar as bolsas de emprendemento antes da finalización deste ano 2015. 

Ademais, ABANCA oferta a través do convenio unhas condicións financeiras personalizadas e adaptadas ás necesidades dos emprendedores instalados na incubadora empresarial de Costa Vella. Poderán solicitar con condicións vantaxosas un préstamo para emprendedores, un préstamo ou leasing de novos investimentos, unha póliza de crédito ou un préstamo para o desenvolvemento formativo e profesional.

Ordes - Últimos días para inscribirse no Entroido

O vindeiro luns día 16 finalizará o prazo para poder participar no desfile e concurso no que o Concello de Ordes repartirá máis de 4.000 euros en premios. A celebración, que cada ano congrega a varios milleiros de persoas entre veciños, veciñas e visitantes doutras localidades, terá lugar o sábado día 21. 

A programación do coñecido como sábado de piñata arrancará ás 17 horas cun gran desfile polas principais rúas da vila ordense ata chegar ao Campo da Feira. O céntrico espazo será unha vez máis o escenario para ver con detalle todos os disfraces de cada unha das categorías que compitan por acadar algún dos premios. Estes non serán acumulativos, sendo os de maior contía para as dúas mellores carrozas con 600 e 400 €. No caso das comparsas serán de 400, 300 e 200 € para os adultos e de 225, 175 e 135 € na categoría infantil. Os participantes poderán acadar 170, 120 e 90 euros no caso dos adultos e de 100, 80 e 60 € para os nenos e nenas. O xurado tamén concederá un premio simpatía de 150 euros, outro de 200 euros á mellor comparsa do municipio, así como outros 1000 € en premios locais. 

O xurado, composto por 3 membros, valorará especialmente a orixinalidade dos disfraces, o esforzo realizado na súa confección e deseño, ademais da posta en escena. Os que queiran concursar deberán apuntarse como moi tarde o vindeiro luns ata as 14 horas no departamento de Cultura ou Deporte, ou ben chamando ao 981680002.

Para consultar más amplamente as bases desta convocatoria, a cal está patrocinada por Reale seguros e Jaime Castro asesoría laboral, os interesados poden facelo a través da páxina web do Concello (www.ordes.gal).

Tarde de entroidada
Como é habitual a primeira cita do Entroido en Ordes ten como protagonistas aos nenos e nenas do municipio. O vindeiro martes día 17 o Concello ten preparado para todos e todas elas a súa tradicional ‘Tarde de entroidada’. A xornada de celebración desenvolverase dende as 16.30 ata as 19.30 horas na Alameda de Ordes. No caso de que as condicións meteorolóxicas o impidan a actividade trasladarase ao pavillón Campomaior. Alí os asistentes poderán divertirse e participar nunha ampla variedade de obradoiros. Globoflexia, maquillaxe, máscaras, elaboración de chapas, ademais de divertidas animacións, xogos e bailes son algunhas das actividades organizadas para este día.

Santiago - O Crédito do 18 o 22 no Teatro Principal

A concelleira de Cultura, María Antón, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, Antonio Durán Morris e a produtora Mercedes Castro presentaron en rolda de prensa a última montaxe teatral de Eme2 e Tanttaka, a comedia bancaria O Crédito, que chega a Compostela do 18 ao 22 de febreiro. Será no Teatro Principal, dentro do Bono de Teatro Galego, ás 20.30h todos os días agás o domingo que será ás 20.00h. As entradas están xa á venda, a un prezo de 16 euros (10 no anfiteatro) ou co Bono cun suplemento de 5 euros. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal no seu horario habitual, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

O Crédito chega aos teatros galegos despois de colleitar éxito de público e crítica durante dúas temporadas en Madrid e Barcelona. En palabras do director da obra, Fernando Bernués, O Crédito chega á xente porque parte dunha situación cotiá, moi próxima ao público: o director dunha sucursal bancaria négalle un crédito a un cliente desesperado, por falta de avais. Ata aquí chegan as similitudes, porque nese momento o cliente reta ao director da sucursal e comezan a desenvolverse os acontecementos. Na obra, veremos como estes dous homes se redescobren a si mesmos e dos seus conflitos internos nace un desenlace que nos deixará bo sabor de boca.

A crítica dixo
A obra escrita polo catalán Jordi Galceran, autor de El método Grönholm e Paraules encadenades, é unha “orixinal comedia sobre cómo conseguir un préstamo cando os bancos pechan a billa aos particulares", en palabras do crítico Sergi Doria. Dela dixo tamén a prensa especializada que pon "o enxeño ao servizo dos malos tempos" (Juan Carlos Olivares. Time Out), que "non deixa un momento de respiro ao espectador" (José Carlos Sorribes. El Periódico de Catalunya) e que é unha "boa comedia, da que esperta paixóns e que termina sendo un fenómeno de masas" (Marti Figueras Martínez. Más Teatro). Pronto serán os espectadores e as espectadoras galegas as que se apaixonen con esta comedia imprescindible, que percorrerá a xeografía galega o primeiro trimestre de 2015.

Ames - O concello instala illas ecolóxicas

O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, instalou cinco illas ecolóxicas nas principais vías de Bertamiráns e do Milladoiro. Concretamente tres delas están situadas na avenida da Maía -Bertamiráns- e dúas na rúa de Rosalía de Castro, -Milladoiro-. Esta actuación tivo un custo total de 34.955 euros, dos cales, o 80% foi sufragado a través dunha axuda concedida polo Fondo de Compensación Ambiental 2014 e o importe restante, que ascende a 6.955 euros, foi asumido polo Concello amesán. 

As illas ecolóxicas son cubre-colectores que permiten agrupar distintos contedores do lixo nunha mesma zona ao tempo que se lle facilita á veciñanza a separación dos residuos segundo a súa natureza e cantidade. Para a súa instalación non foi preciso realizar ningún tipo de obra e os operarios da brigada de medio ambiente municipal colocaron hedras nos maceteiros que teñen pola parte externa. Deste xeito, ao tempo que se facilita o sistema de recollida de lixo, tamén se consegue un aproveitamento do espazo. Estes puntos ecolóxicos intégranse ao entorno e melloran a estética das áreas de recollida tradicionais.

Psoe Ames - Iniciativa parlamentaria sobre o viaducto de Cobas

O PSdeG ven de presentar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para que sexa debatida en Comisión sobre as inundacións que se producen na estrada de Bertamiráns a Covas.

Esta é unha reclamación que levan tempo realizando os veciños e veciñas da parroquia de Covas, na que se queixan de que desde a construción da autovía Santiago-Brión se veñen producindo anegamentos na estrada de comunicación da localidade con Bertamiráns. Os socialistas de Ames, pola súa banda, e facéndose eco destas proptestas xa teñen realizado varias preguntas no pleno da Corporación, ademais de presentar xa unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia para este ano na que pedían 500.000 euros para o arranxo destas deficiencias na canalización.

Visita co parlamentario autonómico Xosé Sánchez Bugallo
O pasado sábado o portavoz e candidato á alcaldía de Ames, José Miñones, e o concelleiro Blas García acudiron ao viaducto de Covas acompañados do parlamentario autonómico Xosé Sánchez Bugallo e de varios membros da asociación de veciños para comprobar “in situ” as deficiencias existentes, concluíndo que o problema son os desniveis existentes e a deficiente canalización.

Tal e como afirman os socialistas na Proposición non de Lei presentada “os desniveis e a amplitude de espazos existentes a cantidade de augas pluviais recollidas en tempos de choiva é moi importante, especialmente no lateral esquerdo en dirección a Brión. Durante a construción da autovía conectáronse as augas recollidas a un pequeno regato dunhas dimensións aproximadas de metro e medio na embocadura  e un metro de profundidade.

Os problemas xorden a consecuencia de que este regato cruza a estrada Bertamiráns-Cobas a través dun tubo instalado pola empresa concesionaria dunhas dimensións aproximadas de 30/40 cm de diámetro. Polo tanto, suficiente cando non chove pero que cando o fai con intensidade e sobre todo durante varios días consecutivos a auga reborda por riba da  estrada facendo moi perigosa a circulación  e incluso contándoa, obrigando aos veciños destas parroquias a dar unha volta de varios quilómetros para ir á capital municipal onde están radicados colexios, institutos, centros de saúde, postos de traballo, etc.”

A proposición que se levará ao Parlamento de Galicia e que elaborou o parlamentario Xosé Sánchez Bugallo solicita que sexa o Goberno galego o que lle requira á entidade concesionaria da autovía Santiago-Brión  que proceda a subsanar con carácter urxente estas deficiencias.

Pola súa banda e dado, ademais, que a estrada afectada é municipal os socialistas amesáns presentarán tamén un escrito no concello reiterando os problemas que sofre esta vía de comunicación e as dificultades que lle ocasiona aos veciños e veciños de Covas, e solicitará que desde o Goberno municipal se inste á Xunta de Galicia para que se arranxen estas deficiencias.

Touro - Investimento en estradas

O Concello de Touro investirá 118.000 euros en mellorar a estrada de penetración que comunica o empalme de Vilar con Turces. Esta vía, de 18 quilómetros de lonxitude, vertebra o interior do Concello e vai dende o límite co Concello de Boqueixón ata casi o linde co Concello de Arzúa. Vai casi en paralelo co curso do río Ulla. A execución deste proxecto foi aprobada hoxe polo pleno celebrado no Concello de Touro co voto positivo dos concelleiros do PP e a abstención dos concelleiros do BNG e do PSdeG.

O investimento estará incluido no Plan de Aforro e Investimento (PAI) posto en marcha pola Deputación da Coruña. O Concello de Touro acóllese a este programa que habilita unha línea de financiamento para acometer ese proxecto. O PAI tamén permite empregar unha parte a amortización de débeda, que o Concello de Touro non utilizará xa que rexistra débeda cero nas súas contas. O investimento que asume permítelle seguir cumplindo o principio de Estabilidade Presupuestaria.

A mellora da seguridad vial e o acondicionamento da estrada que vai dende o empalme de Vilar a Turces consitirá na limpeza dos bordes, no asfaltado en na mellora da senalización para gañar en seguridade vial. O alcalde do Concello de Touro, Ignacio Codesido, destaca a importancia desta estrada para a comunicación e vertebración do Concello de Touro. A vía, de propiedade municipal, afrontará os arranxos nos próximos meses, una vez aprobada a actuación.

Silleda - Xornada adicada o Entroido da Ulla no CEIP Xoaquín Loriga de Prado

O CEIP Xoaquín Loriga de Prado celebra hoxe venres unha xornada adicada ao Entroido da Ulla, que ten como obxectivo coñecer en profundidade esta tradición. A actividade chega en colaboración do Concello de Silleda, co CEIP da Bandeira, que aporta o traballo de investigación realizado polo centro en 2014, o grupo Xenerais da Ulla, con información das unidades didácticas e os xenerais de Dornelas, que aportan un traxe. 

Así, e partindo do Traballo e Videos aportados polo Ceip da Bandeira e das Unidades Didácticas e dos Caderniños elaborados polo Grupo dos Xenerais da Ulla baixados do www.xeneraisdaulla.com realizaranse varias actividades na xornada de mañá no centro de Prado. Ás 10,30 horas tres alumnos de sexto iran polas aulas dando Vivas segundo o antroido traidicional e vestidos cos traxes que confeccionaron os alumnos nos últimos días . Serán acompañados por un Mestre, vestido de Xeneral cun traxe orixinal cedido polos xenerais de Dornelas. Despois, ás 11,30 horas celebrarase unha xuntanza na Biblioteca do centro, onde as clases exporán públicamente o seu traballo realizado. 

Esta actividade apóiase fundamentalmente sobre dous piares: o traballo de investigación realizado polo Ceip da Bandeira no 2014 e as Unidades Didácticas elaboradas polo Etnoga coa supervisión, patrocinio e edición dos Concellos que integran o Grupo dos Xenerais da Ulla: Silleda, Boqueixón, A Estrada, Santiago, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces

Gran traballo do CEIP da Bandeira
Sobre o gran labor educativo realizado polo Ceip da Bandeira no Curso 2013-2014, salientar que profundizou na investigación de todos os elementos do entroido da zona, entre os que destaca, loxicamente os Xenerais da Ulla, cuxa representación no Concello ten como referentes A Bandeira e Lamela. 

Este traballo, pódese ver na Biblioteca do Centro Educativo e foi presentado dentro da súa memoria anual dentro do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. 

Foi elaborado polo conxunto do alumnado guiado polos seu mestres, que comprendía 9 niveis, 3 de Infantil e 6 de. Primaria.

O desenvolvemento dos traballos foi perfectamente distribuido de maneira que, 

o primeiro grupo, Infantil, abordou de forma conxunta a investigación sobre os traxes máis significativos de Entroido ullán, é dicir: o Xeneral, o Correo, o Centinela e o Abandeirado. 

O segundo grupo, de Primaria dividiu os temas e os seus traballos de Investigación entre os seis niveis, por esta orde de menor a maior; 1º.- Os Bandos, 2º.- Os Vivas, 3º.-Elementos básicos do Antroido da Ulla, 4º.- Os Altos, 5º.- Lugares de celebración do Antroido da Ulla e 6º.- Orixe do Alto dos Xenerais. 

Cada traballo foi exposto de maneira oral na Biblioteca e finalmente fíxose unha recopilación de todo, nun único e completo volume que quedou depositado no Departamento para a súa consulta. 

Ao mesmo tempo exhibíronse traxes orixinais propiedade dos Xenerais da Bandeira e por parte dos alumnos compuxéronse arengas que logo foron botadas no Alto Infantil celebrado na Praza da Feira da Bandeira con oito rapaces de sexto que se presentaron voluntarios.

Alto Infantil na Bandeira este sábado

Este ano, o Alto Infantil será escenificado por 6 alumnos e alumnas, tamén de sexto de primaria do Centro o próximo sábado 14 de febreiro, que xa levan máis dun mes preparando os seus versos e representándoos na Biblioteca diante do resto dos compañeiros e compañeiras.

O Grupo dos Xenerais da Ulla, ( Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces) quere agradecer o esmero e celo posto polos Claustros para o a celebración deste entroido, na seguridade de que estas actividades favorecerán o seu coñecemento e en consecuencia a súa supervivencia no tempo.

Val do Dubra - Desfile de entroido o día 14

El Concello de Val do Dubra organiza el próximo sábado, día 14 de febrero, su ya tradicional desfile y baile de comparsas. La Xuntanza de Comparsas está prevista para el sábado a las 18.00 horas, delante de la Casa do Concello, en Bembibre. El desfile comenzará a las 18.15 horas a lo largo de la Rúa Arcai. Y la entrega de premios será en el Pabellón Municipal de Deportes a partir de las 20.00 horas. Habrá premios de 300, 200, 100, 75 y 50 euros para las mejores comparsas.

El Concello de Val do Dubra organiza para el próximo lunes (16 de febrero) un taller temático talleres para los más pequeños. Serán en horario de mañana y se celebrarán en la Casa da Cultura.

Ya el martes de carnaval, día 17 de febrero, habrá un baile infantil y concurso de disfraces desde las 17.00 horas. En el Pabellón municipal de Deportes se instalarán inchables y habrá animación y baile. El Concello de Val do Dubra anuncia “moitas sorpresas”.

Oroso - O concello adírese o Plan de aforro e investimento da Deputación

O pleno municipal do Concello de Oroso, reunido onte en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade participar no Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2015 da Deputación da Coruña e solicitar un total de 230.298, 92 euros. Uns cartos que se destinarán a reducción do endebedamento e a investimentos financeiramente sostibles.

Así, o Concello de Oroso investirá un total de 184.469 euros na mellora da rede viaria entre os lugares de Valverde-O Curro (Vilarromariz), Oroso de Abaixo-Berdomás (A Gándara), Pedralba-Cabana (Os Ánxeles) e no lugar de Recouso (Marzoa). Os restantes 45.829 euros destinaranse a solventar un préstamo que o Concello de Oroso mantén con Abanca.

BNG Ames - Sobre os problemas de tráfico no Milladoiro

O BNG de Ames considera que a proposta dun túnel todo ao longo da avenida de Rosalía de Castro no Milladoiro feita por Pacto x Ames é unha proposta pouco realista actualmente,un disparate non viable nin técnica nin economicamente a día de hoxe, e que responde a propósitos electoralistas.

A alternativa que máis racional, ecolóxica e viable semella na actualidade é facilitar o uso libre de peaxe da autoestrada AP-9 ata sobrepasarO Milladoiro, abrindo unramal de entrada e saída antes deste núcleo amiense, co cal se alongaría a actual circunvalación compostelá.

Precisamente van dar comezo as obras de ampliación da AP-9 no tramo de Santiago, que xa está adxudicada e cuxa execución levará 30 meses. Para cando as obras terminen, ao seu paso por Santiago a AP-9 contará con tres e incluso catro carrís, nalgún tramo, polo que gozará dunha maior capacidade. A apertura dunha vía de incorporación á autoestrada antes do Milladoiro, para aproveitar un tramoa AP-9 como gran circunvalación, eliminaría boa parte dos actuais problemas de tráfico da localidade e facilitaría a circulación.

Consideramos que a medida acordada polo alcalde Santiago Amor con Fomento,o desvío do tráfico polo corredor das Galanas, é unha medida axeitada pero que debería ser transitoria, temporal, que debería ser obrigada para o tráfico pesado e recomendada para o tráfico en xeral que non necesite acceder ao Milladoiro ou ao Polígono do Novo Milladoiro. E se a rotonda das Galanas causa problemas de xiro para o tráfico pesado, a solución máis factible é a reforma desa rotonda, non o túnel.

Con todo, ocandidato do BNG á alcaldía de Ames, David Santomil, iniciará contactos coas asociacións de empresarios/as e transportistas da localidade para coñecer a súa opinión sobre esta proposta.

Non podemos esquecer que O Milladoiro ten máis de 15.000 habitantes e que a estrada N-550 atravesa a localidade aproveitando a avenida principal, Rosalía de Castro, o que divide o núcleo e causa problemas de seguridade e ruído, dado o gran volume de tráfico. Estes problemas da N-550 no Milladoiro son a consecuencia da política urbanística do PP na década dos 90.

Esquerda Unida Compostela - Sobre a imputación da edil Reyes Leis

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, ante as últimas novas da sentenza do TSXG e a imputación de Reyes Leis, quere denunciar a carencia máis absoluta de ética do actual equipo de goberno do PP en Compostela e a lousa que representa para as arcas públicas, con claras implicacións para a veciñanza. 

A corrupción e as súas consecuencias seguen ben instaladas no Pazo de Raxoi, onde un equipo de goberno, de raigame dedocrática, non elixido pola veciñanza, segue hipotecando o futuro da cidade. A sentenza do TSXG, que obriga a repoñer nos seus cargos ao secretario e interventor, implica unha emenda á totalidade aos procedementos do PP que lonxe de respectar a profesionalidade do persoal funcionario, optara por impoñer a súa política clientelar. Esta circunstancia, ademais, implica un custe para as arcas públicas que algunhas fontes cifran en máis de 500.000 euros. Trátase dun desbaldimento inasumible de diñeiro público. 

Hoxe mesmo coñecíamos que a unha concelleira electa que segue, e que fachendeaba de non estar inmersa en ningunha causa como imputada, Reyes Leis, vén de ser imputada por presunto tráfico de influencias. Feito este que redunda na carencia de lexitimidade do PP para seguir gobernando o destino dos veciños e veciñas de Compostela. 

Clientelismo, prevaricación, tráfico de influencias e un longo etcétera de presuntos delitos son o triste recordo dos peores anos da democracia para o noso concello. Non é de menos alcance a nula bagaxe dialogante manifestada pola hoxe imputada, Reyes Leis, que ten demostrado a súa actitude despótica e mesmo irrespectuosa. 

O goberno non electo do dedocrático Agustín Hernández vive, ao que se ve, moi cómodo coa herdanza de corruptelas e políticas de favores. E agardamos que detrás do cambio de uso de solo para a parcela de Xoán XXIII non se agoche unha mostra deste tipo de políticas. 

Agardemos que os anuncios do NO-DO particular en que se converteron algúns medios de desinformación masiva non impidan á veciñanza ver con claridade que cómpre unha radical mudanza non só da forma de facer política, senón no fondo, isto é, que as políticas que se leven a cabo nos vindeiro anos sexan políticas que defendan o benestar e a igualdade das persoas por riba dos intereses espurios duns poucos.

BNG Santiago - Acto para reclamar a construción de vivenda pública en Xoan XXIII

O BNG de Santiago de Compostela e Galiza Nova organizaron un acto para reclamar a construción de vivenda pública destinada ao alugueiro nunha parcela pública da avenida de Xoán XXIII, de acordo co proxecto inicial que o PP quere cambiar para facer vivenda libre neste emprazamento. Entre as persoas asistentes, ademais de Rubén Cela e de Hugo Rei, estaban Elvira Cienfuegos, Rafael Vilar, Goretti Sanmartín, Néstor Rego, Ana Pontón e Alberte Mera, xunto con membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas, militantes e simpatizantes tanto do BNG como de Galiza Nova.

Rubén Cela, portavoz municipal nacionalista en Raxoi, explicou que o BNG denunciou, tanto no Concello como no Parlamento, o “auténtico intento de pelotazo que o PP de Agustín Hernández intenta dar nesta parcela de Xoán XXIII”. “Esta era unha parcela pública para construír vivenda pública dirixida ao alugueiro de xente nova, que o Goberno do PP quere utilizar para construír vivenda privada, libre, de luxo e con vistas á Catedral”, afirmou.

“Está claro que en Santiago de Compostela mudan as caras dos alcaldes, pero non muda a política urbanística do PP”, explicou, “aquí vemos como a política urbanística de Agustín Hernández é exactamente a mesma que a de Conde Roa”. Neste sentido, avanzou que o BNG seguirá a cuestionar, na rúa e nas institucións e as veces que faga falta, os casos de especulación e a necesidade de dotar Compostela de vivenda de protección pública, para as rendas máis baixas e, sobre todo, para a mocidade.

Pola súa parte, Hugo Rei, responsábel de Galiza Nova en Santiago de Compostela, manifestou que esta organización xuvenil rexeita o cambio de proxecto de vivenda protexida en alugueiro destinada á mocidade, “nun emprazamento próximo ao campus universitario, por outro que só vai beneficiar a xente con máis diñeiro e os intereses dun construtor, o que favorece a especulación, nun momento en que se acrecentan as desigualdades sociais”. Sinalou tamén que cada vez a xuventude ve máis lonxe a emancipación, porque o PP se empeña en facer reformas laborais que destrúen o emprego e “só favorecen os contratos lixo que non chegan para alugar nin mercar vivenda”.

Polo tanto, afirmou, “Galiza Nova rexeita a política urbanística que favorece a especulación e esixe que se execute o proxecto inicial para crear 40 vivendas de protección pública para menores de 35 anos en Xoán XXIII”.

Ames - A cantante Soraya visita o IES en Bertamiráns

O Concello de Ames organizou esta unha visita sorpresa da cantante Soraya Arnelas ao IES de Ames, en Bertamiráns, onde foi aclamada e ovacionada por máis de 200 adolescentes. A artista, que se deu a coñecer no televisivo "Operación Triunfo", estivo acompañada polo alcalde amesán, Santiago Amor, e os edís Ana Ruso e Bernardo Moar, ademais de pola directora do centro, Marisol Louro. 

Arnelas compartiu cos escolares algunhas das experiencias da súa carreira artística e lanzou algúns consellos a un grupo de alumnos que están a preparar un musical. O rexedor local agradeceu á artista a súa visita e sinalou que é “un exemplo a seguir” para os rapaces, aos que animou a cultivar o seu “talento con esforzo e traballo”.

Axenda e tempo do xoves 12 de febreiro - Música, catas, libros, exposicións

Santiago - Kunsthalle - Sleeping Cat

Santiago - Auditorio de Galicia - Real Filharmonía de Galicia

Santiago - Casa das Crechas - Viños e libros don Uxía e Vide vide!

Santiago - Fraggle Rock - Bakin Blues Band

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - “Que aflore o soterrado: O Forte de San Cristóbal, baluarte da represión franquista” (ata o 2 de marzo)

Santiago - Fundación Granell - A inquietante beleza (ata o 5 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - Rosana Calvo (ata o 16 de febreiro) 

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)

Santiago - Museo do Pobo Galego - O universo de Roberto González del Blanco (ata o 8 de marzo)

Santiago - Museo do Pobo Galego - Retrospectiva sobre o premio Luis Ksado de fotografía (ata o 17 de febreiro)


O Tempo

KUNSTHALLE - Concerto de Sleeping Cat

Sleeping Cat 

Tras presentar o seu primeiro traballo, Jerry Noia volve agora con forza da man do productor Juan de Dios Martín (Amaral, Deluxe, Xoel López, Barón Rojo…) disposto a facerse un sitio no panorama musical. O seu último traballo leva por título In the forest e conta con 4 novas cancións, con The smile on your face como single adianto. Durante o 2014 presentouno en Galicia e tamén en Madrid, chegando a actuar na última edición do Festival do Norte. Grupos como The Beatles, The Birds, Simon & Garfunkel,Tom Petty ou os mesmísimos Fleetwood Mac como referentes máis destacables.

O Kunsthalle será o lugar escollido para esta presentación, que terá lugar o 12 de Febreiro ás 21:30h.

Santiago - Concerto da Real Filharmonía

A Real Filharmonía de Galicia toca hoxe xoves ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia baixo a batuta do director santanderino Jaime Martín.

O concerto comezará con Fragmentos del Satiricón do compositor galego Fernando Buide del Real, que con esta obra gañou en 2013 o Premio de Composición AEOS-Fundación BBVA, convocado pola Asociación Española de Orquestras Sinfónicas. Está dedicada a un dos seus grandes mestres, Leonardo Balada. O seu título está tomado da novela picaresca do mesmo nome escrita por Petronio e tamén se inspirou no filme Satiricón de Federico Fellini. “Esteticamente, a composición intenta achegarse ao carácter abigarrado e tumultuoso de ámbalas obras” -explica-.

Nacido en Santiago de Compostela en 1980 e con residencia habitual na Coruña, Buide é doutor pola Universidade de Yale. Con tan só 35 anos, a súa música xa ten sido interpretada por múltiples formacións dos Estados Unidos e programada en festivais nacionais e internacionais. 



Romeo e Xulieta de Chaikovski

De seguido a orquestra interpretará a obertura de Romeo e Xulieta de Chaikovski (1840-1893), inspirada na obra de William Shakespeare e centrada no amor, a morte e o destino. Sufriu varios cambios debido aos fracasos da súa estrea en Moscú e da súa reestrea en San Petesburgo, xunto co desinterese en cidades como Londres, París ou Viena. Chaikovski traballou sobre a obra ata chegar en 1879 á partitura que se coñece hoxe. 

O concerto rematarán coa Sinfonía nº 5 de Mendelssohn
O concerto concluirá coa Sinfonía nº 5, coñecida como “Reforma”, do compositor romántico alemán Felix Mendelssohn (1809-1847). Esta obra é unha homenaxe ao trixésimo centenario da Reforma Protestante que en 1530 iniciara Martín Lutero, así como á música, técnica e mestría de Johann Sebastian Bach.

De ascendencia xudía e educación protestante, Mendelssohn, seguindo os pasos do seu avó Moisés, involucrado en conseguir a dignificación do pobo xudío, compuxo esta sinfonía cando tiña 20 anos. Estreouse en París en 1832, dirixida polo propio compositor nunha audición privada con moderado éxito, seguramente motivo polo cal a relegou do seu catálogo ata a 1868, despois de editárense as catro sinfonías escritas con posterioridade a esta.

O público de Santiago poderá manter unha charla previa co director

Antes da celebración do concerto, o director Jaime Martín manterá unha charla previa cos asistentes á cita musical. Será ás 20:15 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia “CONvers@ndo con”, que promove a RFG antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.

Nacido en Santander, estudou en Madrid e en Holanda. Iniciou a súa carreira profesional como director en 2008, mentres continuaba actuando con regularidade como frautista. En poucos anos recibiu moitos eloxios e na actualidade colabora con orquestras como a Filarmónica de Londres, a Filarmónica de Radio Francia, a Sinfónica de Barcelona ou a Orquestra Nacional do Capitolio de Toulouse. É o director principal e artístico da Orquestra Sinfónica de Gävle (Suecia) e principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Castela e León. Ademais, é director titular da Orquestra de Cadaqués e director artístico do Festival Internacional de Santander. Colabora con agrupacións de toda Europa e América.

Ames - Concerto de Entroido cos rapaces da Escola de Música

O Concello de Ames inaugura as actividades do Entroido cun concerto dos alumnos da Escola Municipal de Música. Ao redor de 120 rapaces e rapazas interpretarán preto dunha vintena de obras de diversos estilos musicais nunha cita que terá lugar o venres, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. 

A actuación enmárcase, ademais, na celebración do décimo aniversario da escola e agárdase que o público encha o auditorio amesán. Highway to hell (AC/DC), Blanco y negro (Malú), Lazy song (Bruno Mars) ou Milonga del marinero y el capitán (Los Rodríguez) son algunhas das pezas que se escoitarán da man de músicos locais de todas as idades. 

Récord de matrículas
As matrículas da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) increméntanse cada ano e na actualidade conta cuns 210 alumnos. Está situada no Centro Multiusos de Aldea Nova e diariamente ofrece clases de piano, violín, saxofón, percusión, frauta e guitarra. Tamén se imparten ensinanzas de linguaxe musical e para os pequenos de entre 4 e 6 anos danse clases de Música e Movemento.

Luns de Entroido en Bertamiráns 
Continúa aberto o prazo para participar na Festa de Entroido de Ames, que se celebrará o luns-16 no aparcadoiro da Telleira, en Bertamiráns. Haberá concursos de disfraces e de receitas típicas do Carnaval con música a cargo da charanga BB+ e a orquestra Los Players. As inscricións para o concurso de disfraces poderán realizarse ata as 11:00 horas do mesmo día da festa chamando ao teléfono 981 53 59 40 ou a través do enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. Tamén se pode acudir á Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O Concello de Ames repartirá un total de 4.025 euros en diferentes categorías e o mellor disfrace realizado con material reciclado recibirá 100 euros. Os participantes deberán presentarse na carpa, que estará instalada no aparcadoiro da Telleira entre as 17:00 e as 18:00 horas para iniciar o desfile.