Ordes - caritas celebra o vindeiro sábado un espectáculo musical solidario

Cáritas de Ordes celebrará o vindeiro sábado un espectáculo musical en beneficio dos máis necesitados do municipio
Na cita, que terá lugar na Casa da Cultura, tamén se repartirán agasallos entre o público doados polos establecementos do municipio

O vindeiro sábado 15 de decembro o Concello de Ordes acollerá un espectáculo musical en pro do Cáritas parroquial. A cita, cuxa entrada é de 5 euros, será dende as 16 ata as 18 horas na Casa da Cultura. Todos os cartos recadados se destinarán íntegramente para axudar ós máis necesitados da vila. 

Nesta ocasión os organizadores do evento contan coa participación de artistas e cantantes amateurs, a maioría deles da mesma comarca de Ordes. Entre os nomes dos que se subirán ó escenario a dar o mellor de sí figuran José Manuel Souto, que acompañado do seu piano interpretará temas ben coñecidos por todos. Tamén estarán o cantante e guitarrista carballés Manuel Periscal, Maruja Moar ou María Jesús Liñares, entre outros moitos.

Tamén están previstos sorteos que se realizarán entre o público asistente, para o cal se conta coa colaboración de moitas firmas comerciais e establecementos da zona, incluidas as panaderías, confiterías e floristerías que contribúen cos ágapes para os artistas e coa decoración do escenario. Esencias e perfumes, menaxe para o fogar, paraugas, abalorios, prendas de vestir, bisutería e moito máis serán algúns dos agasallos que se reparta entre os asistentes. Como non podía ser doutro xeito dende o consistorio tamén se lles está brindando toda a axuda e colaboración para que a cita sexa un éxito.

Ningún comentario: