Preto dun cento de veciños e veciñas de Oroso participaron este mediodía nunha concentración na praza Isaac Díaz Pardo, onde gardaron 5 minutos de silencio en recordo das vítimas e como mostra de duelo polo tráxico accidente ferroviario acontecido este mércores en Santiago.
Brión - Concentración en solidariedade coas víctimas do accidente
Máis de medio centenar de veciños e veciñas de Brión concentráronse este mediodía na praza do Concello brionés para gardar 5 minutos de silencio en lembranza ás vítimas do accidente ferroviario que tivo lugar onte mércores en Santiago de Compostela.
Ordes - Concentración en solidariedade coas víctimas do accidente
A corporación municipal de Ordes concéntrase durante cinco minutos no centro da vila en apoio aos afectados polo accidente ferroviario acontecido nas inmediacións de Santiago
Ames - Concentración en solidariedade coas víctimas do accidente
A sociedade amiense reúnese ante o Concello nunha concentración silenciosa en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario rexistrado en Santiago
Oroso - Clases gratuitas de Aquagym no mes de agosto
O Concello de Oroso ofrecerá actividades gratuítas de Aquagym durante todo o mes de agosto aos usuarios da piscina municipal de Sigüeiro.
Melide - Presentación do Verán Cultural 2013
A Concelleira de Cultura, Dolores Gómez, presentou o programa do Verán Cultural 2013, acompañada por Bieito Romero, músico de Luar na Lubre.
Brión - Prazas libres na escola de música Magariños
A escola municipal de música Magariños (Brión) informa que, unha vez rematado o prazo para a renovación e nova matrícula, aínda quedan un total de 16 prazas dispoñibles para o curso 2013-2014.
Ordes - Pésame polo accidente ferroviario
O Concello de Ordes solidarízase coas víctimas do accidente ferroviario, cos seus familiares e municipios afectados
Oroso - Pésame do concello polo accidente ferroviario
O CONCELLO DE OROSO TRASLADA O SEU PÉSAME E SOLIDARIEDADE POLO ACCIDENTE FERROVIARIO DE SANTIAGO
Brión - Pésame polo accidente ferroviario
O CONCELLO DE BRIÓN TRASLADA O SEU PESAR E A SÚA SOLIDARIEDADE AOS FAMILIARES E AMIGOS DAS VÍTIMAS E FERIDOS NO ACCIDENTE DE SANTIAGO
Frades - Pesame polo accidente
O CONCELLO DE FRADES TRASLADA O SEU PÉSAME E A SÚA SOLIDARIEDADE AOS FAMILIARES E AMIGOS DAS VÍTIMAS E FERIDOS NO ACCIDENTE DE SANTIAGO
Santiago - Comunicado número 4 - pleno extraordinario as 9.30
O Concello de Santiago de Compostela informa:
- Habilítase un servizo de transporte urbano continuo ao Multiúsos Fontes do Sar con saída do Burgo das Nacións.
Axenda xoves 25 xullo - Cancelados tódolos actos do día
Axenda xoves 25 xullo - Cancelados tódolos actos do día
Santiago - terceiro comunicado do concello
COMUNICADO DO CONCELLO DE SANTIAGO
O Concello de Santiago de Compostela pon a disposición das familias das vítimas os seguintes teléfonos: 981543060 / 981542493
Santiago - Comunicado do concello de Santiago
COMUNICADO DO CONCELLO DE SANTIAGO
O Concello de Santiago de Compostela informa que se habilita o edificio CERSIA (rúa Raimundo López Pol-San Lázaro) para a atención aos familiares.
SantiagoyComarca - descarrilamento dun tren en Santiago con máis de 15 mortos
O Concello de Santiago de Compostela comunica que se anulan todos os actos da festividade do Apóstolo por mor do descarrilamento dun tren na tarde de hoxe no lugar de Angrois.
Axenda mércores 24 xullo - Festas, música, exposicións
Santiago
11.30 h Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
PSOE Negreira - sobre a área recreativa derrubada
O ex alcalde de Negreira e portavoz socialista Jorge Tuñas explicaba no Facebook a sua visión do sucedido coa Área Recreativa da Pena
Brión - O concello envioulle a oposición as actas en tempo e forma
Xosé Luís García di que “as acusacións do PP son unha pura e simple mentira”
O alcalde amosa a súa “total confianza nos traballadores do Concello de Brión, que son uns profesionais que saben facer ben o seu traballo”
Ames Novo - O alcalde deixa a Ames sen o Día de Galicia
O Concello de Ames ven celebrando institucionalmente o Día de Galicia desde o ano 2005 ata o ano 2011. Este acto sempre foi concibido como un acto de confraternidade entre a sociedade amesá que resaltaba os lazos que nos unen en canto galegos e galegas desde a pluralidade. O ano 2012 interrompeuse sen motivo coñecido e a partir deste momento non houbo ningún intento de retomar esta celebración.
PP Ordes - Unha estrada do concello leva cortada 6 meses
Un desprendemento na ponte de Prado Novo, entre Meitufe e a Porta do Nó, obriga desde xaneiro aos veciños a efectuar desvíos de varios quilómetros
Esquerda Unida - Refuxio de Bando
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, no seu interese polo benestar dos animais, rexeita as decisións tomadas pola Concellería de Medio Ambiente en relación ao Refuxio de Bando.
BNG Santiago - a taxa das esterilizacións vai contra as boas prácticas do Refuxio de Bando
“Non é a solución acaída porque pode provocar que descenda o número de adopcións de animais esterilizados debido ao maior custe económico”
Festigal - Actividades para todos na XII Edición do Festigal
A cita coa música máis reivindicativa chega á XII edición do Festigal, un evento consolidado no calendario de concertos do verán que sempre vén acompañado de actividades como presentacións editoriais, charlas, humor, venda de artesanía e zona de xantar.
Santiago - Presentado o programa "Verán na rúa"
O Alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás Fernández e o director - xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, presentaron hoxe, na casa do concello, ‘Verán na rúa’ a programación cultural do mes de agosto-setembro.
Ames - Acondicionamento dos parques infantís do rural
O Concello de Ames vén de poñer en marcha un plan de limpeza e acondicionamento de parques infantís de area e de beirarrúas en diferentes puntos do rural amiense.
Axenda martes 23 - Apóstolo, concertos, exposicións
Santiago
10.00 h Saída dende o Centro Xuvenil do Ensanche dos participantes na xornada multiaventura en Carcacía. Acompáñaos a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez.
Silleda - Reunión para solventar a débeda coa Semana Verde
Na mañá de onte, o Vicepresidente da Xunta de Galicia e Presidente do padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda e o Alcalde de Silleda, Manuel Cuiña , tiveron unha primeira toma de contacto, de cara a intentar pechar un acordo entre ambas administración, para solventar as obrigas que ambas administración manteñen entre si.
PP Brión - O alcalde imcumpre o reglamento e bloquea o traballo da oposición
El Partido Popular de Brión, se queja nuevamente del incumplimiento reiterado del Reglamento por parte del regidor, José Luis García.
BNG Ordes - Demanda de melloras na urbanización Ceidón
O Grupo Municipal do BNG de Ordes, vai levar ao Pleno da Corporación, unha proposta para solucionar os problemas de suministro eléctrico e de telefonía que sufre a urbanización de O Ceidón
Melide - En agosto comezará a construcción das pistas de padel
A alcaldesa de Melide firma o contrato para a construcción das pistas de padel.
Comezo das obras están previstas na primeira semana de agosto.
Ames - Búsqueda da fórmula para a xestión do cemiterio municipal
O Concello de Ames busca a mellor fórmula para a xestión do cemiterio municipal
O Goberno amiense solicitou á Deputación da Coruña colaboración para realizar un estudo económico-financeiro sobre a explotación do cemiterio e dun tanatorio municipal
Santiago - Varias notas sobre o pleno de xullo
Dúas notas de prensa, BNG e Esquerda Unida, valorando o pleno de xullo
Melide - Reunión da mesa local do comercio
Reunión en Melide da Mesa Local de comercio
A reunión asistiron a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, en calidade de presidenta do órgano, o concelleiro de promoción económica, Santos López, un respresentante da Xunta de Galicia, un representante de Asetem e un representante da asociación de consumidores
Ames - Aberto prazo de inscrición para o Setembro Lúdico
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no programa de conciliación Setembro Lúdico
Esta iniciativa está dirixida aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria, que están empadroados no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro.
Silleda - Discurso de investidura de Manuel cuiña como novo alcalde
Como alcalde de Silleda quero felicitar a nova Senadora Paula Fernández Pena, que xunto co noso Diputado autonómico, Pablo García fan que Silleda estea situada no mapa político español ao máis alto nivel.
Nunca antes o noso Concello tivo semellante honra.
Santiago - carta a Compostela de Roberto Vilar no pregón das festas do Apóstolo
“Queridos compostelans, veciños, xentes que estades dentro
de min, amigos, paisanos, fillos…son Compostela, Campus
Stellae, a cidade que vos vé, que vos mira, que vos sinte en
cada unha das miñas pedras centenarias.
Axenda luns 22 xullo - Apostol, talleres, exposicións
Santiago
10.00 h No Cersia, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, preside a xuntanza de Área Santiago.
Esquerda Unida Santiago - Sobre a imputación de Bernardino Rama
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela pide a dimisión do concelleiro Benardino Rama pola súa imputación no proceso xudicial denominado “Pokemon”
BNG Santiago - Dimisión de Bernardino Rama
O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, valorou a imputación do concelleiro socialista Bernandino Rama no marco da operación Pokemon por suposto tráfico de influencias, suborno e revelación de información e pediu a súa dimisión para non danar máis a credibilidade e a imaxe de Santiago de Compostela
Ames - Mañá se aborda a proposta de formación das comisións informativas
As comisións previas ao pleno de xullo abordarán a proposta para a nova composición deste órgano, unha vez recibido o informe solicitado á Deputación da Coruña
Oroso - Augas de Galicia inviste na conservación do Tambre
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, supervisaron esta mañá as obras de conservación fluvial que se están a executar no río Tambre, ao seu paso polo concello de Oroso. Uns traballos que consisten na execución de actuacións de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico do río Tambre
Silleda - A Festa da Empanada en Santander
A cita gastronómica, con case catro décadas de historia, iniciou na capital cántabra a súa andaina para acadar a declaración de Interese Turístico Nacional, que podería continuar en breve con outra cita en Valladolid
BNG Negreira - Resposabilidades políticas pola demolición da Área Recreativa da Pena
O Bloque Nacionalista Galego exixe dimisións ante o derrubo da área recreativa da Pena e o despilfarro de máis de 18.000 euros, ademáis da multa de 2.000 euros que terán que pagar as arcas municipais
A Casa das Crechas - Esta noite os "Bigotes de Zapata"
Hoxe luns o power trio ‘Los Bigotes de Zapata’ ofrecerán un concerto na terraza da Casa das Crechas que poderán disfrutar de balde todos os que queiran. No seu repertorio repasarán un gran número de clásicos do blues, rock e funk
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)