PP - NOVA CANDIDATA EN RIANXO


Negreira presenta a Vanesa Martínez como candidata del PP de Rianxo, de quien destacó su compromiso, dedicación e ilusión

  • Negreira indica que el nuevo equipo trabajará para conseguir un municipio próspero y puntero en la comarca

Rianxo, 22 de octubre de 2010.- El Presidente Provincial, Carlos Negreira, el Secretario General,  Diego Calvo y el Secretario de Organización, Manuel Álvarez Campana, ha presentado esta tarde a la candidata que será el cabeza de lista en el municipio de Rianxo en las próximas Elecciones Municipales de 2011, Vanesa Martínez. Negreira se mostró muy satisfecho con esta candidata de la que destacó su juventud y su ilusión, así como también  “la capacidad de trabajo y la dedicación con la que afronta este reto de ser la cabeza de lista en las próximas elecciones municipales”. El líder popular mostró, además, su satisfacción por contar “con la mejor candidata”. “Representa uno de los valores que el PP quiere seguir proyectando y que es estar a pie de calle, cerca de los vecinos y transmitir esa cercanía”, subrayó.

Entre los objetivos que el PP se marca para Rianxo, Negreira destacó el de “construir un gobierno para todos y abrir el Ayuntamiento a todos los vecinos”. En este sentido, el Presidente Provincial instó a Vanesa Martínez a centrarse “en crear oportunidades de futuro y en generar riqueza en un municipio que necesita gobernantes con criterio y un equipo de gobierno que esté preparado para afrontar la peor crisis económica que está viviendo este país”. Carlos Negreira aseguró que la candidata es una gran apuesta de futuro para Rianxo y será la alternativa a un Gobierno Local agotado y sin nuevas ideas.

El representante provincial recalcó que la nueva candidata asume esta responsabilidad “con compromiso y mucha ilusión”. “Va a presentar un proyecto diferente de lo que hay –añadió- y va a concebir escenarios diferentes para asegurar el desarrollo de este municipio”. En este sentido, Negreira indicó que Rianxo se merece lo mejor y que necesita un proyecto ganador y con visión de futuro. En esta misma línea, puntualizó que con esta candidata el PP de Rianxo estará abierto a todos, sin personalismos, porque el nuevo equipo tiene toda la ilusión de conseguir un Rianxo próspero y puntero en la comarca del Barbanza.  “Si a Rianxo le va bien, le irá bien a toda el Barbanza”, subrayó el Presidente Provincial.

Por último, instó a la nueva candidata que priorice el contacto con la gente, que esté a pie de calle, cerca de las preocupaciones de los vecinos, y que ponga todo su empeño en resolver los problemas e inquietudes del municipio rianxeiro. Además, recalcó que una de las prioridades en el programa electoral será la creación de empleo, “ya que el paro es la mayor lacra que hay actualmente en la sociedad, y por ello todas las decisiones y propuestas deben ir encaminadas a acabar con ella”, finalizó Negreira.

AMES - ESCOLAS DEPORTIVAS


Máis de 2.000 persoas acoden ás actividades das escolas deportivas e obradoiros culturais
O Concello de Ames ofrece un amplo abano de actividades deportivas e culturais co fin de mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía amiense. Para iso púxose en marcha unha nova edición das escolas deportivas e obradoiros culturais, que se desenvolven nas localidades de Bertamiráns e O Milladoiro, así como en diferentes lugares do rural. Como sucede todos os anos este servizo municipal tivo unha gran demanda. En total son 2.114 persoas as que están inscritas en algunha das preto de vinte actividades que se ofertan dentro deste programa municipal. As escolas deportivas contan con 803 usuarios/as, mentres que aos obradoiros culturais acoden 343 persoas. Ademais hai que ter en conta que 968 amienses asisten as actividades físicas para adultos. A Administración local fai unha forte aposta por este servizo ao que lle dedica unha partida de 410.000 euros.
Chegado o mes de outubro as escolas deportivas e os obradoiros culturais botan a andar un ano máis co fin de ofrecerlle a todos/as amienses programas cheos de diversión e entretemento. O deporte e os obradoiros culturais son unha boa forma de desenvolver unha vida saudable e adquirir valores tan importantes como a deportividade, o respecto e a tolerancia. Por este motivo, o Concello de Ames aposta ano tras ano polo desenvolvemento destas actividades que sempre acadan uns resultados moi positivos. Para facerse unha idea da gran acollida que teñen estas actividades entre os amienses só hai que botar unha ollada ao número de usuarios que están inscritos neste servizo municipal.
Nesta edición xa son máis de 2.000 persoas as que acoden todas as semanas as actividades das escolas deportivas e obradoiros culturais. O servizo municipal das escolas deportivas atende a un total de 803 nenos e nenas. Pero este servizo non é exclusivo só para a mocidade senón que os adultos tamén dispoñen de varias actividades físicas que se imparten tanto nas localidades de Bertamiráns e O Milladoiro, así como en diferentes lugares do rural. A estas actividades acoden 968 usuarios/as. En total son 1.771 persoas as que se benefician deste servizo.
A oferta de actividades deportivas que ofrece o Concello de Ames caracterízase pola súa variedade e por estar pensadas para todos os grupos de idade. Así, os e as amantes do deporte poden escoller entre trece actividades: aerobic, ximnasia de mantemento, baloncesto, fútbol sala, natación, voleibol, actividade física para discapacitados, predeporte, tenis, pilates, tenis de mesa e patinaxe.

Nas escolas deportivas impártense deportes como poden ser o fútbol sala, o baloncesto, patinaxe, tenis, predeporte, tenis de mesa, voleibol e natación. Son moitos os cativos que asisten polas tarde aos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro para practicar estes deportes. Un dos obxectivos deste servizo é iniciar aos nenos e nenas na práctica deportiva para que adquiran o hábito de realizar exercicio a miúdo. As actividades que máis rapaces atenden son a de patinaxe con 176 usuarios/as, tenis (173), baloncesto (129), predeporte (123) e fútbol sala (85). Cun menor índice de participación están as actividades de natación (65), tenis de mesa (32) e voleibol (20).
Actividades para adultos
Por outra banda existen unha serie de actividades físicas dedicadas ás persoas adultas que tamén teñen unha gran demanda entre a cidadanía amiense. Deste xeito son moitos os veciños que acoden as clases de aerobic, pilates, spinning ou ximnasia de mantemento. A actividade máis demandada é a de pilates con 347 usuarios/as. Este adestramento físico e metal serve para corrixir problemas no lombo ou aprender a adoptar as posturas correctas e estirar adecuadamente os músculos. Este método céntrase no desenvolvemento dos músculos internos para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza na columna vertebral polo que é moi usado como terapia en rehabilitación e para previr e curar a dor de lombo. Ademais hai 166 persoas que asisten as actividades de aerobic, 154 que están apuntados en spinning e 301 que asisten as clases de ximnasia de mantemento.

É importante destacar que para facilitar a asistencia de todos os participantes hai grupos tanto en Bertamiráns como no Milladoiro, pero ademais a actividade de pilates impártese na urbanización de Aldea Nova e a de ximnasia de mantemento nos lugares de Agrón, Aguapesada, Covas, Trasmonte, Tapia, Biduído, Aldea Nova e Ameixenda.
O Concello, a través deste servizo non só se preocupa polos bos hábitos saudables dos amienses, senón que tamén crea varios postos de traballo xa que existe un servizo de monitoraxe que se encarga de impartir estas actividades. A empresa VV Xestión de Actividade SL é a adxudicataria deste servizo e conta con 21 monitores que se ocupan de impartir todas estas actividades. Se temos en conta a totalidade das actividades e dos grupos hai un total de 93 monitores que se encargan de impartir as clases. Moitos dos 21 monitores da empresa adxudicataria do servizo repiten en máis dunha actividade.
Recentemente asinouse o contrato para impartir este servizo coa empresa VV Xestión de Actividade SL que comezou a rexer a comezos deste mes. O devandito contrato terá unha duración inicial de dúas tempadas (outubro 2010-maio 2011 e outubro 2011-maio 2012) prorrogables expresamente por períodos dunha tempada, por mutuo acordo das partes, ata un máximo de catro tempadas (incluído o período inicial e as prórrogas). Cada tempada divídese a súa vez en tempada regular ou ordinaria (meses de outubro a maio), e tempada de verán (70 horas nos meses de xullo e agosto dedicadas a actividade e cursos de natación). O importe de adxudicación do servizo ascende a contía de 159.203,52 euros. A esta contía hai que engadirlle o IVE correspondente, que ascende á cantidade de 12.736,28 euros.
Obradoiros culturais
As actividades culturais ofertadas polo Concello de Ames caracterízanse pola súa diversidade e por estar pensadas para todos os grupos de idade. Así, neste curso 2010- 2011, os e as amienses poden gozar de seis obradoiros como son o de canto, de baile e música tradicional, bailes de salón, manualidades, teatro ou xadrez. Estas actividades contan con 343 usuarios/as que se reparten entre as localidades de Bertamiráns (174) e O Milladoiro (169). O obradoiro de canto e música tradicional é o que ten maior demanda con 70 usuarios/as en Bertamiráns e 64 no Milladoiro. De preto séguelle o obradoiro de manualidades que tamén esperta a paixón de moitos veciños e veciñas de Ames. Cómpre salientar que nesta actividade son maioría as mulleres e ao igual que no caso anterior están divididas en dous grupos con 40 persoas en Bertamiráns e 44 no Milladoiro. Nos bailes de salón participan 57 persoas, no obradoiro de xadrez son 22 usuarios/as, en canto hai 28 persoas e no obradoiro de teatro 18 inscritos.
Debido á gran acollida que ten este servizo estre a cidadanía amiense o goberno municipal está facendo un gran esforzo para poder seguir impartindo estas actividades e para iso durante o curso 2010-2011 vai investir un total de 410.000 euros. O mantemento das escolas deportivas suporá un gasto de 285.000 euros mentres que o desenvolvemento dos obradoiros culturais teñen un custo de 125.000 euros


TEO - ULTRANOITE SOBRE O COOPERATIVISMO

O Concello de Teo presenta unha Ultranoite na Ramallosa para promocionar o cooperativismo • O xoves 28 de outubro ás 21.00 horas poderase gozar dunha obra teatral única producida polo grupo Chévere. 22 outubro de 2010. O Concello de Teo organiza unha Ultranoite co Grupo Chévere o próximo xoves 28 no Centro Sociocultural da Ramallosa ás 21.00 horas. Esta iniciativa, co título “Ultranoite COOP.TEO”, busca a sensibilización da poboación teense sobre o desenvolvemento local a través da creación de cooperativas. Para esto utilizouse o teatro como ferramenta de comunicación. O formato da Ultranoite é ben recoñecido en Santiago de Compostela, xa que desde o ano 1993 o Grupo Chévere representou multitude de espectáculos na Sala Nasa. A Ultranoite é un formato híbrido próximo ao cabaré, con condicionantes especiais que o achegan á realidade dunha forma moi espontánea. Este tipo de representación foi teatralizando diferentes temáticas sociais cunha fina ironía e humor. Para esta ocasión, o grupo Chévere convocou a un grupo de artistas de recoñecida traxectoria profesional, colaboradores habituais das Ultranoites que se celebran periodicamente na Sala Nasa, actores populares pola súa participación en series da TVG como Miguel de Lira (Mareas Vivas, Pepe o Inglés) ou Manuel Cortés (As Leis de Celabella, Pepe o Inglés, Libro de Familia), actrices de teatro como Patricia de Lorenzo, cantantes e vedetes todoterreo como Iria Pinheiro e Pepa Yáñez, guionistas e escritores de humor inconfesable como Carlos Meixide (director do programa Onda Curta), e músicos de jazz de prestixio internacional como Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Max Gómez. Esta Ultranoite está organizada pola Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Teo e subvencionada pola Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, dependente da Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia e representa un proxecto innovador no eido da promoción do cooperativismo.

BNG Teo - moción sobre centros de saude

MELIDE - NOVA PISTA DE TENIS


Nova pista de tenis e multideporte no Concello de Melide

·         O equipo de goberno acaba de abrir ao público a remodelada pista de tenis, que agora se adaptou tamén para outros deportes como baloncesto

·         No proxecto, de 143.000 euros, incluírase tamén a mellora das pistas deportivas e de recreo dos tres colexios de Melide, que xa foron executadas.

A aposta do equipo de goberno de Melide polo deporte e pola mocidade vense transformando, entre outros apoios, na posta a punto de infraestruturas de primeira calidade para a práctica de distintas modalidades deportivas. Nalgúns casos, o Concello puxo en marcha novas infraestruturas para deportes que ata agora non tiñan unha forte raigame na zona, como é o caso das dúas pistas de pádel, que se converteron estes dous veráns pasados no principal reclamo deportivo da vila.

Nesta ocasión, a aposta pola dotación de infraestrutura deportiva realizouse dende o Concello coa recuperación da vella pista de tenis que se atopa a carón da piscina climatizada. Esta pista, convertida nunha explanada sen a penas marcas para a práctica do tenis, é hoxe, logo da execución dun proxecto incluído no Plan Estatal, unha nova infraestrutura multidisciplinar aberta á veciñanza de Melide de xeito gratuíto.

A pista de tenis foi obxecto dunha importante mellora que se traduciu nunha nova aplicación do firme, melloras nos peches metálicos e accesos á pista para discapacitados, e o novo pintado do firme que habilita a instalación non só para tenis, senón tamén para fútbol-sala e baloncesto. Ademais, o Concello dispuxo sobre a pista unha nova rede de tenis, novas canastras e tamén porterías, a fin de facilitar a práctica deportiva de todas as persoas que desexen usala.

Con esta son xa cinco as novas pistas deportivas creadas polo Concello de Melide nos últimos tres anos, xa que a esta pista de tenis sumaríanse as dúas de pádel e as dúas de multideporte, situadas no parque Rosalía de Castro e a carón do novo Instituto, respectivamente.

As obras na pista de tenis remataron xa e a instalación atópase aberta a todos os usuarios. O Concello de Melide quixo levar a cabo a remodelación desta infraestrutura incluíndo a súa mellora nun proxecto máis ambicioso de recuperación integral de espazos deportivos, co que tamén se melloraron as pistas de deportes dos tres colexios da vila de Melide e os accesos á última pista multideporte construída. O presuposto deste completo proxecto ascendeu a 143.000 euros.

Para a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, as importantes obras realizadas en materia deportiva nos últimos tres anos serviron para dar cumprimento aos obxectivos marcados polo actual equipo de goberno: “facilitar e incentivar a práctica deportiva en Melide, sexa cal sexa a idade, ao entender que se trata dun beneficio directo para a saúde dos melidenses”. Para a rexedora municipal “este obxectivo está plenamente conseguido, tendo en conta o uso diario que teñen as novas instalacións deportivas construídas”.



OROSO - PROPOSTA DE AGRICULTURA ECOLOXICA



NOTA DE PRENSA

O CONCELLO DE OROSO PROPORALLES AOS SEUS VECIÑOS A REALIZACIÓN DUN PROXECTO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA NO MUNICIPIO

O concelleiro Xaime Carneiro apunta que “o Concello mesmo podería ofrecer unha parcela para que os veciños a cultiven sempre que haxa interés”

22 de outubro de 2010.- O Concello de Oroso proporalles aos seus veciños e veciñas a realización dun proxecto para crear unha escola que potencie a agricultura ecolóxica no municipio. Unha iniciativa que parte da asociación da natureza de Oroso, “Oronatura”, e que conta con todo o apoio do Concello orosán.

O concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente, Xaime Carneiro, sinala que “o vindeiro venres 5 de novembro organizaremos unha reunión aberta aos veciños no que se lles informará sobre o que é a agricultura ecolóxica e da posiblidade de levar a cabo no municipio unha iniciativa neste sector. Dependendo da súa resposta, plantexarémonos poñer en marcha unha escola de agricultura ecolóxica en Oroso”. Por iso, Carneiro Uzal anima aos veciños e veciñas a acudir ese 5 de novembro ao Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

Implicación dos veciños

“Eu agardo que a resposta veciñal será moi positiva”, apunta Xaime Carneiro, polo que “o Concello podería ofrecer unha parcela para que os veciños a cultiven e poidan facer as prácticas”. Ademais, o Concello de Oroso ofrecerá o local e as ferramentas precisas para o desenvolvemento das clases e comprométese a buscar a subvención necesaria para pagar aos mestres. Iso si, os alumnos terán que aboar unha pequena cota, aínda por fixar, por participaren na iniciativa.

Neste sentido, o concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente insiste en que “dende o Concello de Oroso valoramos moi positivamente a posibilidade de levar a cabo actuacións que potencien a agricultura ecolóxica no noso municipio, mais a realización ou non desta iniciativa dependerá de que a xente se interese por ela”. A charla do vindeiro 5 de novembro será impartida por unha mestra especializada en agricultura ecolóxica e polo técnico ambiental, Andrés Reboreda, que recentemente participou na solta de 5.000 bólas de EM-Dango para a limpeza do río Carboeiro

TEO - COMUNICADO SOBRE OS CENTROS DE SAUDE


O GRUPO DE GOBERNO REXEITA A PROPOSTA DO SERGAS SOBRE A CENTRALIZACIÓN DOS CENTROS DE SAÚDE



  • Martiño Noriega destaca que neste momento só existe unha finca municipal en Teo na que se poida construír un centro de saúde, na Ramallosa

  • O alcalde destaca que “a mentira reiterada no caso do señor Leis non sirve como argumento político válido”

  • A proposta do Sergas presenta a posibilidade de realizar un centro no triángulo Calo-Tilo-Cacheiras que suporía o peche dos centros de saúde actuales

21 de outubro de 2010. O alcalde de Teo, Martiño Noriega, en representación do grupo de goberno quere amosar o seu rexeitamento firme á proposta trasladada polo Sergas sobre a centralización de servizos sanitarios no Concello. A semán pasada convocouse ós voceiros dos partidos da oposición para abordar esta problemática, mais ningún deles acudiu á convocatoria do alcalde.

Resulta curioso polo tanto que o PSOE de Teo envíe un comunicado de prensa facendo acusacións sobre un tema que non quixo falar co alcalde. Martiño Noriega explica que “a mentira reiterada no caso do señor Leis non sirve como argumento político válido”. “O BNG  mantivo sempre a mesma postura neste tema a diferencia do PSOE que leva negando evidencias en todo este proceso” destaca o alcalde.  

A proposta actual do Sergas pretende centralizar os servizos nun novo centro de saúde no triángulo Calo-Cacheiras-Tilos e facer un centro periférico na Ramallosa que atendería ó sur do Concello. Na práctica esto suporía o peche dos centros actuales: Tilos, Calo, Cacheiras e Pontevea, explicitado na documentación achegada pola administración autonómica.

O alcalde manifestou o seu rexeitamento á proposición da Xunta de Galicia por varias razóns. A primeira e máis evidente “é que o Concello non dispón dunha finca municipal na zona central na que a solicita Sanidade”. “Ademais deste impedimento real está a disposición dunha finca na Ramallosa destinada a ese uso e o acordo unánime, alomenos ata o dagora, das forzas políticas expresado en mocións aprobadas en pleno no que se defendía esta postura” matiza o rexedor.

Dende o grupo de goberno tamén se entende “que a proposta de pechar os centros periféricos non se axusta á realidade demográfica e de dispersión do Concello” explica o alcalde. Martiño Noriega continúa dicindo que “a percepción do usuario é dun centro próximo cunha asistencia de calidade e corremos o risco que facer que a xente de Calo acabe usando os servizos do Milladoiro e a dos Tilos os de Santiago no caso de pechar estes centros”. 


 O ACORDO



AMES - COMUNICADO DE ALCALDIA SOBRA OS TRABALLADORES DA PLANTA DE LOUSAME


Despois da marcha que realizaron o pasado martes os traballadores da planta de Lousame e das últimas novas publicadas en varios medios de comunicación o alcalde de Ames, Carlos Fernández, quere deixar claro que “o Concello de Ames non é membro de pleno dereito da Mancomunidade Serra do Barbanza o que provoca que este concello estea nunha posición totalmente distinta aos Concellos que si o son”.
Ames no ano 2006 apostou pola fórmula de tratamento de residuos sólidos urbanos que realiza a planta de Lousame. A pesar de apostar por este sistema de compostaxe do lixo o Concello de Ames optou por non ser membro de pleno dereito da Mancomunidade Serra de Barbanza. Fernández incidiu en que “tan só subscribimos un contrato de prestación de servizos con esta entidade. Polo tanto nós estamos vinculados á Mancomunidade como poderíamos estar vinculados a unha empresa privada que xestione a recollida do lixo”.
Sobre os pagamentos que ten que efectuar o Concello de Ames, Carlos Fernández, destaca que recentemente aboáronse 440.000 euros á Mancomunidade Serra do Barbanza. Ademais, onte mesmo a Xunta de Goberno local, aprobou a factura do mes de setembro que ten que aboarlle a esta entidade. Por outra banda o alcalde de Ames explicou que hai uns días o Concello tivo unha reunión coa Mancomunidade na que se acordou a formalización dun pago pendente por valor de 300.000 euros. Fernández explica que “agora mesmo hai un acordo verbal e parece que aceptan as nosas reclamacións. Polo tanto poderemos resolver unhas diferencias económicas que temos con eles”.
O rexedor municipal incide en que “nos próximos días poderemos efectuar o pago desa contía de 300.000 euros, pero estamos pendentes de que a Mancomunidade non envíe unha acta onde se reflicta o acordo ao que chegamos hai uns días. Existe unha partida que se aproxima aos 500.000 euros que a Mancomunidade plantexa dunha forma totalmente errónea. Esta entidade factúranos 200.000 euros que o Concello entende que non lle corresponde pagar, segundo indican os informes dos técnicos municipais. Hai uns días chegamos a un acordo para solventar estas diferencias. Polo tanto, no momento en que nos envíen unha acta na que se especifique que os 200.000 euros que pretendían cobrar non temos que aboalos, efectuaremos o pagamento dos outros 300.000 euros, sobre os que si existe acordo. No caso de que non envíen esa acta teremos que realizar unha autoliquidación para poder efectuar o pagamento o antes posible”.
Fernández continua dicindo “nós estamos pagando e imos pagar as cotas que nos corresponden de acordo coa fórmula que acordamos coa Xunta de Galicia. O Concello de Ames vaille pagar á Mancomunidade Serra do Barbanza un total de 1.100.000 euros. Esta contía vaise aboar en 15 cotas trimestrais duns 70.000 euros. O primeiro pago era o correspondente ao terceiro trimestre de 2010 que xa está efectuado. Ese diñeiro será descontado do Fondo de Compensación Local. Aceptamos esta fórmula de pago porque o sistema de financiamento é máis beneficioso que o de calquera banco comercial”.
No comunicado remitido ao Concello por parte da Mancomunidade Serra do Barbanza para notificar o aviso de folga que realizaron os traballadores da planta de Lousame o pasado martes, especifícanse tres motivos polos que se acollen a este dereito. O primeiro é para reivindicar solucións ao problema da solicitude de resolucións do contrato presentado pola empresa xestora da planta, Fomento de Construcciones y Contratas. O segundo alude á petición de execución da sentenza do polvorín e a última atinxe á comunicación de Ecoembes para reducir a facturación de FCC SA.
Carlos Fernández é claro a hora de catalogar a importancia destes asuntos é explica que “a min os que me preocupan son os dous últimos puntos. Se FCC rescinde o seu contrato de xestión é un mal menor. Estou máis preocupado pola legalidade da planta, pola sentencia relacionada co polvorín de Rois e pola redución de Ecoembes sobre a recuperación de envases lixeiros. A min a marcha de FCC non me parecería un mala nova porque teño series discrepancias co seu xeito de actuar e co seu sistema de funcionamento. Unha planta que está incluída no sistema de residuos da Xunta de Galicia ten o seu futuro garantido, pero hai que arranxar o problema da sentenza en relación ao polvorín de Rois e a redución plantexada por Ecoembes. Creo que os esforzos da Mancomunidade e do comité de empresa da planta de Servia deberían centrarse nestes dous puntos, en resolver a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a proximidade ao polvorín de Rois e a comunicación de Ecoembes de reducir a recuperación de envases lixeiros”.
Por último o rexedor municipal considera que “aínda que a empresa xestora da planta de Lousame, Fomento de Construcciones y Contratas, non continuase con este servizo, as persoas que conforman a plantilla de traballadores non corren perigo de perder o seu emprego porque o persoal pasaría a depender directamente da Mancomunidade Serra do Barbanza ou no seu defecto será contratado pola nova empresa que pase a xestionar esta planta de compostaxe. Ao igual que aconteceu no caso de Limpezas Ames, onde as traballadoras pasaron a ser contratadas pola nova empresa adxudicataria do servizo. Hai certas similitudes entre ambos os dous casos xa que é a mesma persoa a que está encabezando as manifestacións e montando barullo en vésperas dunhas eleccións”.

FRADES - PRAZAS DE XUIZ DE PAZ E SUSTITUTO



O CONCELLO DE FRADES ABRE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA XUÍZ DE PAZ

Os interesados deberán presentar as súas solicitudes na Casa do Concello de Frades nun prazo de 15 días

21 de outubro de 2010.- O Concello de Frades vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para o posto do xuíz de paz e substituto do municipio. Unha convocatoria publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia e que supón a apertura dun prazo de 15 días para a presentación das solicitudes.

Poderán optar a estes dous postos todas as persoas de nacionalidade española, maiores de idade e que non estar afectados por ningunha causa de incapacidade das previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial do 1 de xullo de 1985. Os interesados deberán dirixirse á Casa do Concello de Frades para presentar a seguinte documentación: instancia solicitando tomar parte no proceso selectivo, certificado de nacemento ou copia autenticada do DNI, certificación do Rexistro de Penados e Rebeldes, así como declaración complementaria de non estar inculpado ou procesado, declaración responsable de non estar incurso en causa de incapacidade e xustificación de méritos que desexe alegar.

Entre todos os aspirantes, o pleno municipal de Frades elixirá a dúas persoas para os postos de xuíz de paz e substituto do municipio e elevará a súa proposta ao estamento xudicial correspondente.

OROSO - MAGOSTO HOXE NA PARROQUIA DE SENRA


A PARROQUIA DE SENRA ORGANIZA HOXE VENRES
UN MAGOSTO E UNHA GRAN VERBENA COAS ORQUESTRAS OLYMPUS E PALLADIUM

A verbena ten lugar diante da suspensión da actuación da orquestra Olympus durante as pasadas festas na honra de Santa Bárbara

A parroquia orosá de Senra estará mañá de festa. Unha gran tronada impedíu a celebración dunha das verbenas programadas durante as pasadas festas na honra de Santa Bárbara, polo que a asociación de veciños de Senra decidiu trasladar esta actuación a mañá venres, 22 de outubro.

Así, o campo da festa de Senra acollerá a actuación da orquestra prevista o pasado domingo 3 de outubro: Olympus, á que se engadirá a orquestra Palladium. Ademais, e para darlle un maior contido festivo á xornada, ás 21:00 horas terá lugar un magosto para os veciños e veciñas organizado pola Asociación de Veciños de Senra e a agrupación folclórica Buxos Verdes.

MELIDE - NOVO PARQUE INFANTIL

 Melide ultima os traballos para a dotación dun novo parque infantil

·         A vindeira semana abrirase ao público o novo parque infantil da rúa María Barbeito, nunha nova zona de crecente edificación e próxima ao colexio Mestre Pastor Barral.

·         O Concello multiplicou nestes anos a oferta destes espazos de lecer para familias e cativos.

O Concello de Melide agarda poder abrir ao público na semana vindeira o novo parque infantil que se atopará situado na rúa María Barbeito, nunha das zonas residenciais de maior crecemento urbanístico nos últimos anos.

O equipo de goberno realizou este proxecto a partir do aproveitamento do parque infantil que estaba instalado na rúa Camiño Real, e que non cumpría coa legalidade vixente en materia de parques infantís, como é o caso das distancias a lindes das edificacións, a supresión de barreiras arquitectónicas, ou o deteriorado estado dos xogos. Por iso, a creación do novo parque na rúa María Barbeito supón un traslado deste espazo de lecer –que estaba en completo desuso- ao que se engade unha ampliación do mesmo e unha nova dotación de mobiliario urbano e de xogos, nunha ubicación que resulta ademais moito máis aproveitada. O investimento nesta nova infraestrutura supera os 66 mil euros.

Nestas últimas semanas realizáronse as obras e a colocación dos xogos que permitirán abrir ao público este novo parque, previsiblemente, na vindeira semana. Con esta nova alternativa, próxima ademais á zona do colexio Mestre Pastor Barral, o Concello de Melide duplicou nos últimos anos a oferta para o lecer dos máis pequenos e das familias, logo de ter aberto tamén o novo parque infantil na zona do Multiusos, integrada no renomeado Parque Rosalía de Castro, ademais conta con outro parque infantil na urbanización de Taboada Roca e o do Cantón de San Roque, o que permite dar satisfacción as demandas, indica o seu responsable, Manuel Prado


BOQUEIXÓN - MELLORAS NOS CENTROS EDUCATIVOS


MAIS DE 6000 € EN MELLORAS NOS CENTROS EDUCATIVOS.
O Concello de Boqueixón ben de rematar recentemente unha serie de obras de mellora dos diversos centros educativos con vistas ó inicio deste curso escolar 2010 – 2011.
Estas melloras realizáronse en dúas das escolas unitarias do Concello, as de Lestedo e Sergude, na Escola Infantil Municipal e no CPI Antonio Orza.
Tanto nas escolas unitarias como escola infantil procedeuse a renovación das pinturas interiores e a mellora xeral das súas instalacións. No CPI Antonio Orza Couto foi onde tivo lugar a maior inversión, neste centro  ampliáronse  as dimensións de 6 das súas aulas, eliminado os espazos de armarios, ampliando e mellorando as dimensión das aulas. 
 O total de inversión achégase ós 6.000 €. Todas estas obras foron realizadas pola brigada de obras do Concello de Boqueixón

NUEVOS CANDIDATOS DEL PP EN LA PROVINCIA



  • El Presidente Provincial alentó a los candidatos a adquirir compromisos realizables con los vecinos

  • El líder del PP auguró que los nuevos candidatos dejarán huella en la provincia y serán claves para recuperar el Gobierno de la Diputación

Coruña, 20 de octubre de 2010- El Presidente Provincial, Carlos Negreira, el Secretario General, Diego Calvo, y el Secretario de Organización, Manuel Álvarez Campana, han participado esta tarde en una reunión de trabajo con los candidatos nuevos que concurrirán por primera vez como cabezas de lista por el Partido Popular en las próximas elecciones municipales de mayo de 2011. El líder del PP destacó que en la provincia de Coruña se ha renovado un 25% de los candidatos, lo que supone que el 30% de la población de la provincia de Coruña tendrá un candidato nuevo, y resaltó que “los cabeza de lista son personas preparadas, tienen ganas, ilusión y determinación para ser alcaldes y gobernar, y cuentan además, con el aval de un gran partido y el apoyo de los grandes alcaldes que tiene actualmente el PP en la provincia”.

En esta misma línea, el Presidente Provincial hizo alusión a la media de edad de 44 años, como un ejemplo de que en el PP confiamos en la juventud y el relevo generacional como garantía de futuro. “Las personas que se sientan hoy aquí son una nueva generación de políticos que dejarán huella, y sin duda serán claves para recuperar la ilusión en el futuro”, destacó.

En el encuentro, Carlos Negreira instó a los nuevos candidatos a adquirir compromisos realizables con los vecinos. El Presidente Provincial destacó que la clave debe ser restablecer la confianza en las instituciones, perdida con los Gobiernos bipartitos, y trabajar para salir de la crisis con “la verdad por delante”. Negreira instó a los candidatos a que el empleo ocupe un lugar privilegiado en las propuestas de los futuros programas electorales.

Negreira apostó porque estos nuevos candidatos inicien una nueva época en sus municipios para conseguir un cambio generacional que permita dejar atrás las cargas y las deudas que están generando los gobiernos socialistas y bipartitos en nuestra provincia. “El modelo político que representan los cabeza de lista del PP va a  alejarse de las falsas promesas y a restablecer la ilusión y la confianza”, puntualizó el líder del PP.

Carlos Negreira se refirió al intenso trabajo que ya vienen desarrollando desde hace meses los candidatos del PP, centrados en las personas y en elaborar los mejores programas, mientras en el PSOE y en el BNG aún no saben quienes serán sus candidatos y centran todos sus esfuerzos en pelearse entre sí. Para el líder del PP “es un privilegio contar con unos candidatos de lujo para consolidar la eficacia de la gestión popular en la provincia”.

CANDIDATOS NUEVOS

Bergondo – Tita Sanjurjo Seijas
Monfero – Mª José Ramos Ramos
Paderne – Pedro López Rios
Sada – Ernesto Anido Varela
Laxe – Ambrosio Orons Baña
Malpica – José Manuel Vila Pérez
Cee – Zaíra Rodríguez Pérez
Arteixo – José Carlos Calvelo Martínez
Cambre – Manuel Rivas Caridad
Culleredo – Antonio Cañás Varela
Ferrol – José Manuel Rey Varela
Narón – Miguel de Santiago Boullón
Neda – Ignacio Cabezón
As Pontes – Sara Isabel Prada Fernández
San Sadurniño – Plácido López Loureiro
Valdoviño – José Antonio Vigo Lago
Arzúa – Rafael Ribavulla Varela
Ordes – José Luis Martínez Sanjurjo
Padrón – Antonio Fernández Angueira
Rianxo – Vanesa Martínez Durán
Santa Comba -  Antonio Manuel Landeira Gallardo
Santiso – Ovidio Leiva Pereiro
Teo – José Manuel Guerra Calvelo

AMES - ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA


Ames elabora un estudo para implantar a administración electrónica

A Xunta de Goberno local vén de aprobar a adxudicación provisional para realizar o servizo relativo á implantación da primeira fase da administración electrónica no Concello de Ames. Este servizo foi adxudicado á empresa Ava Soluciones Tecnológicas SL por un importe que ascende a contía de 64.900 euros, incluído o IVE. Deste xeito vaise elaborar un estudo para saber que procedementos son necesarios na implantación da administración electrónica, tanto para uso interno entre os distintos departamentos municipais, como para a relación vía telemática coa cidadanía. Coñecer polo miúdo os trámites que os usuarios e usuarios desexan facer vía telemática é un dos obxectivos deste estudo.

O Concello de Ames atópase inmerso na actualidade nun proceso de modernización e mellora dos seus sistemas e aplicacións informáticas denominado e-tramit@mes, cuxo obxecto é modernizar e mellorar a xestión municipal, aplicando as novas tecnoloxías da información e comunicación. O proxecto pretende ademais prestar uns servizos públicos de maior calidade ao cidadán, a empresas e colectivos especiais. O traballo en conxunto con outras administracións é tamén obxectivo deste proceso.

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Concello de Ames a través do proxecto e-tramit@mes pretende facer extensible o uso das novas tecnoloxías ao conxunto dos seus cidadáns. Paralelamente, encadrado no Plan Avanza local que impulsa este Ministerio, atópase a iniciativa SIGEM, un proxecto de modernización e actualización das administracións locais, mediante a dotación dun sistema que poida reunir en formato electrónico toda a documentación dun expediente, integrando os tradicionais subsistemas de rexistro, xestión de expedientes e arquivo.

Ata o momento, e desde o ano 2008 no que o Concello de Ames se adheriu ao plan da Deputación Provincial para a posta en marcha da implantación de procedementos telemáticos, o goberno municipal puxo en marcha os procedementos de cambio de titularidade de licenzas de apertura, certificados urbanísticos, licenzas de apertura de locais normais e RAMINP, licenza de obras menores, licenza de bados, selección de persoal laboral temporal e solicitude de información urbanística.

A contratación agora da primeira fase de implantación da tramitación electrónica ten como obxecto a análise, simplificación, estudo e optimización dos procedementos principais do Concello, necesarios para a súa implantación. Para elo vaise elaborar un estudo para saber que procedementos son necesarios para levar a cabo a implantación da administración electrónica, tanto para uso interno entre os distintos departamentos municipais, como para a relación vía telemática coa cidadanía.
Proceso de contratación
Neste senso a Xunta de Goberno local acaba de aprobar a adxudicación provisional do servizo que comprende o desenvolvemento da primeira fase da posta en marcha da administración electrónica no Concello de Ames. Finalizado o prazo para presentar as ofertas presentáronse tres empresas (Ava Soluciones Tecnológicas, Plexus e Coremain) de ampla experiencia neste sector. Unha vez abertos os pregos procedeuse a valoración técnica das ofertas presentadas. A empresa Ava Soluciones Tecnológicas obtivo unha puntuación de 73,81 puntos, Plexus (68,73 puntos) e Coremain (65,37 puntos).
Despois da valoración técnica das tres ofertas presentadas a este concurso a Xunta de Goberno local acordou adxudicar de xeito provisional este servizo á empresa Ava Soluciones Tecnológicas por ser a que obtivo a maior puntuación. Agora a empresa adxudicataria dispón de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da adxudicación provisional, para presentar a documentación requirida polo Concello.
Finalidade do estudo
A través deste estudo vaise revisar a modernización dos procedementos implantados dentro do convenio coa Deputación da Coruña, analizar o número máximo de procedementos administrativos que se van implantar tendo en conta a proposta feita polo Concello de Ames, o modelado básico e a personalización inicial de todos os procedementos administrativos seleccionados, a formación e comunicación interna dos usuarios dos diferentes departamentos do Concello no conxunto de aplicacións que conforman a plataforma a instaurar, o desenvolvemento dun plan de comunicación como clave para lograr o éxito do programa tanto interna como externamente, a definición de back-office de xestión interna e a mellora dos procedementos xa existentes.

Todo iso levarase a cabo co obxecto de lograr unha óptima presentación dos servizos telemáticos orientados aos cidadáns, empresas e colectivos especiais, a través dun deseño informático que abarque as funcionalidades de xestión do rexistro de entrada e saída presencial e do rexistro telemático que permita a interacción co rexistro presencial. Ademais o modelado e a publicación de formularios estará integrada co rexistro telemático, co deseño de procedementos, e coa xestión e seguimento de expedientes e xestión documental e de arquivo vivo.

Esta primeira fase da implantación da tramitación electrónica para o Concello de Ames revisará tamén os procedementos adicionais co obxectivo de saber cales son os máis demandados por parte dos usuarios e usuarias. Coa posta en marcha da administración electrónica a cidadanía amiense poderá solicitar un certificado de empadroamento ou unha licenza de apertura, apuntarse aos comedores escolares e a calquera programa de conciliación da vida laboral e familiar, pedir un punto de luz ou un certificado de bens, reservar instalacións e equipamentos municipais, etc.
Está previsto que nun prazo de tres meses se teña realizada a implantación da primeira fase do estudo para abordar o salto á instalación definitiva dos procedementos seleccionados no estudo inicial.

BRION - APROBACION PLAN DE OBRAS E SERVICIOS


O PLENO DE BRIÓN APROBA POR UNANIMIDADE INVESTIR 125.000 € DO POS 2011 NO ASFALTADO DE PISTAS E REPARACIÓN DE BEIRARRÚAS EN BASTAVALES

O alcalde presentou un estudo do Colexio de Arquitectos que desaconsella unha adaptación do PXOM á nova Lei do Solo

20 de outubro de 2010.- A unanimidade caracterizou a parte dispositiva da sesión plenaria ordinaria celebrada esta mañá no Concello de Brión. Así, todos os grupos municipais aprobaron a proposta da Alcaldía para o destino dos 240.000 euros do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2011.

Así, o Concello de Brión investirá 125.000 euros no asfaltado de pistas e remodelación/reparación de beirarrúas na parroquia de Bastavales. A Deputación Provincial achegará 116.043 euros mentres que o Concello de Brión terá que aportar 8.956 euros. Os 116.043 euros restantes do POS 2011 destinaranse á financiación de gastos correntes do municipio.

A unanimidade tamén se mantivo á hora de aprobar chamar “Praza do Concello” á praza onde está a nova casa consistorial, así como darlle o nº 1 a este inmoble. Tamén se aprobou por unanimidade a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas de subministración de auga e saneamento/depuración de augas, que medrarán de acordo co IPC rexistrado entre agosto de 2009 e agosto de 2010: un 1,8%.

Finalmente, o PP abstívose na aprobación dun expediente de modificación de crédito de 36.000 euros, procedente da baixada do soldo aos funcionarios, e que se destinará á amortización de créditos a longo prazo.

Mocións

No turno de mocións, os tres grupos municipais aprobaron por unanimidade unha moción do PP que solicitaba á Xunta de Galicia a construción de beirarrúas ou sendas peonís que incrementen a seguridade viaria na estrada que une Pérros (Os Ánxeles) con Soutullos (Bastavales). O voceiro municipal rexeitou incluir unha enmenda do grupo de Goberno, que solicitaba tamén o arranxo da AC-451 ao seu paso por Pedrouzos, “unha obra que non se fixo e onde o Concello non ten por que andar tapando baches de estradas que non son da súa competencia”, sinalou o alcalde, Xosé Luís García. O PP entendeu que esta obra non era urxente, polo que non foi incluída na moción aprobada finalmente.

Así mesmo, os tres grupos aprobaron por unanimidade unha moción do BNG que insta á Xunta de Galicia a manter o protocolo establecido en calquera acto/inauguración que celebre en Brión.

OROSO - PORTO AVIEIRA


MANUEL MIRÁS: “A INTENCIÓN DESTE GOBERNO
É REMATAR A URBANIZACIÓN PORTO AVIEIRA
CON TODOS OS MEDIOS DOS QUE DISPOÑAMOS”

O BOP publica hoxe a notificación da resolución do recurso de reposición que obrigará á Xunta de Compensación de Porto Avieira a aportar 407.000 euros para completar a urbanización

20 de outubro de 2010.- O BOP publica hoxe a notificación de resolución do recurso de reposición no litixio que o Concello de Oroso interpuxo contra a Xunta de Compensación de Porto Avieira no que se lle reclama 407.723 euros para completar a urbanización de Porto Avieira. Así, dende mañá xoves ábrese un prazo de 15 días naturais para que os representantes da Xunta comparezan no Concello de Oroso. En caso contrario, daráselles por notificados, despois dos intentos de notificación preceptivos realizados anteriormente.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, apunta que o anuncio publicado hoxe no BOP “é unha mostra do compromiso deste goberno de chegar ás últimas consecuencias no tema de Porto Avieira. A nosa intención é rematar esa urbanización con todos os medios dos que dispoñamos para que os veciños non estén con ningún tipo de incertidume”. Neste sentido, Mirás Franqueira insiste en que “Porto Avieira é un núcleo urbán máis de Oroso”.

Otras medidas

Así mesmo, sinala que o Concello de Oroso está a traballar en varias frontes para solventar canto antes a situación de Porto Avieira. Ademais, da vía xudicial, o Concello de Oroso xa aprobou tamén unha modificación puntual do PXOM para solucionar os problemas coa mina de Porto Avieira. Con esta modificación, solucionarase a paralización do proceso urbanístico de desenvolvemento dun solo urbanizable, onde os propietarios non puideron edificar debido á afección urbanística xurdida pola existencia dun xacemento arqueolóxico que afecta a eses terreos.

Con esa modificación puntual, o Concello de Oroso garantirá o aproveitamento urbanístico aos propietarios do solo, que non puideron materializar o devandito aproveitamento, e tamén garantirá a protección do elemento patrimonial, segundo os traballos de prospección e as indicacións da Consellería de Cultura e Turismo. Con estas dúas vías en marcha, Manuel Mirás asegura que “agardamos pechar a situación desta urbanización de xeito definitivo nun tempo prudencial”.

BNG AMES - MOCIÓN PLANTA LOUSAME


Moción do BNG apoiando  a viabilidade da Planta de Lousame.

Insta ao Goberno municipal a saldar a débeda contraída coa Mancomunidade da Serra do Barbanza

Ames. 20 de outubro de 2010.  O BNG ven de presentar unha moción demandando que o Goberno Municipal  salde canto antes a débeda que ten contraída coa Mancomunidade da Serra do Barbanza pola prestación do servizo de recollida e tratamento dos RSU do Concello de Ames.

O BNG quere tamén que aprobe un plan de pagos que vaia máis ala do plan de retencións dos ingresos provenientes do FCL e que permita saldar a dita débeda moito antes de rematar o ano 2012.

O Concello de Ames  aprobou, no ano 2005 impulsado polo BNG na Concellaría de medio Ambiente, o cambio no sistema de xestión dos residuos sólidos urbanos (RSU) a través da sinatura dun convenio coa Mancomunidade Serra do Barbanza para a prestación do servizo de recollida e tratamento dos mesmos, en réxime de concerto. Este cambio supoñía unha aposta pola redución, reciclaxe, reutilización e a compostaxe (fórmula coñecida como 3R+C) dos RSU e en contra da incineración indiscriminada que comportaba o sistema anterior xestionado por SOGAMA, que tiña como finalidade case exclusiva a produción de enerxía eléctrica e a reciclaxe como unha mera cuestión residual.
Na actualidade, a continuidade da actividade planta de tratamento de residuos da mancomunidade Serra do Barbanza en canto á súa viabilidade económica corre grave perigo. E nesta situación ten unha importante responsabilidade a débeda acumulada dalgúns dos concellos que utilizan os seus servizos para a recollida de lixo, e unha  parte substancial ( case dous millóns de €) corresponde á xestión do actual goberno do PSOE de Ames.
A irresponsabilidade do alcalde de Ames
Segundo o Portavoz Municipal do BNG, Xosé M. Fernández: “ A irresponsabilidade de alguns alcaldes, entres eles o de Ames, ademais de facer fracasar un dos proxectos máis innovadores no tratamento de RSU na Galiza, pode deixar sen sustento económico a máis de 150 familias “.
Asi mismo o BNG de Ames mostra a súa solidariedade cos traballadores da Mancomunidade do Barbanza na defensa dos seus postos de traballo.

SILLEDA - PSOE - TRIBUNA ABIERTA


Xa vai un ano e dicían…

O tempo pasa sen apenas decatarnos, e fixádevos que xa vai un ano dende que unha banda de tránsfugas empeñados en destrozar a democracia neste Concello asaltaron  a soberanía popular, con argumentos que, aínda agora, nin eles se creen. Levan exactamente un ano, facendo que gobernan, convertidos nuns títeres con pés de barro, que traballan a impulsos segundo as denuncias da oposición.

Onte, estivemos relendo os discursos feitos no mesmo día da moción e mentres o noso,  premonitorio, seguen a ter perfecta validez, o que fixo  a que hoxe é unha  Alcaldesa Tránsfuga, derrubase pola incoherencia

Dicían que ían a traballar por Silleda, esqueceron salientar que o farían somentes nos períodos nos que non estiveran desaparecidos polas liortas internas,  maquilladas detrás dunha baixa médica.

Dicían que ían a traballar unidos, sen trifulcas nin escándalos, pero pouco tardaron en botar fora ao que resultaba molesto e arrinconar a concelleira que non lles é afín.

Dicían que ían a abrir as portas das administracións que segundo  eles tíñamos pechadas, pero o certo é que seguimos esperando a que se solvente a débeda coa Semana Verde, a que se constrúa a piscina, a que rebaixe a auga, mentres eles andan a gañar tempo para ocultar as  súas ineptitudes buscando un terreo para o centro de día , cando xa tiñan un cedido por unha veciña.

Dicían que eles ían a ser sensatos e coherentes,  pero en principio, xa tiveron que devolver parte do seu salario que tiñan cobrado indebidamente, e solo o tempo nos dirá o que realmente non devolveron.

Dicían que ían a ser transparentes na xestión,  e si nada se sabe  das queixas dos veciños, que son moitas, para que falar logo  do continuo hermetismo coa oposición

Dicían que ían a traballar en beneficio dos Silledenses con independencia do seu pensamento, pero o acceso a casa da alcaldesa ou os accesos as granxas dos amigos que xa están arranxadas, foron as súas prioridades inmediatas.

Dicían que un goberno non podía basear a súa acción no Plan E, e agora van orgullosos, eso si,  acompañados da garda civil, a inaugurar obras de dito Plan, converténdose xunto con Roucho nos dous únicos alcaldes da historia da democracia, que presumen de facer obras  pagadas cos cartos de todos, poñendo o seu nome nunha placa

Dicían que outra Silleda era posible sen autoritarismos e soberbia,  pero  a primeira orden da Alcaldesa tránsfuga foi dicir, que se cargara  contra os veciños que estaban defendendo o seu dereito a elixir libremente fai hoxe un ano na casa da cultura. Autoritarismo é mandar a policía local a desaloxar un servicio municipal infantil. Soberbia, pedirlle a garda civil que estivera as portas do concello cando uns nenos estaban a manifestarse cos seus pais.

Tanto dixeron, e que pouco fixeron. O 19 de outubro podería ser un día calquera mais, pero para o Concello de Silleda foi é será un día triste, que será recordado como o día no que a vontade popular foi pisoteada deliberadamente por un grupo de sinvergonzas sen escrúpulos, escondidos detrás dunha acta de concelleiro.

Por sorte, a democracia pon nas nosas mans, a través da súa  ferramenta mais poderosa, o voto libre,  a posibilidade de poñer a cada quen no seu sitio, e dentro de tan só sete meses teremos oportunidade de devolverlle a dignidade á política Silledense a través das furnas.

Nós, Paula, Manolo e Loli, o que dixemos e seguimos a  dicir,  é que temos gañas de traballar, de continuar co cambio iniciado, tantas gañas como tiñamos o día antes e o día despois da moción de censura. Gañas de seguir traballando por Silleda.


Paula Fernández Pena 
Dolores Garcia Troitiño
Manuel Cuiña Fernandez
Concelleiros 

Ames - accidente de tráfico


O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN INTERVÉN NUN ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN NO QUE SE REXISTRARON TRES FERIDOS, UN DELES UN BEBÉ

Colisión frontal entre unha furgoneta e un camión na estrada provincial DP-0203, no lugar de Pousada (Ames)

18 de outubro de 2010.- O Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) interviu este mediodía nun accidente de circulación rexistrado no lugar de Pousada, da parroquia de San Tomé de Ames, concello de Ames. Nunha colisión frontal entre unha furgoneta e un camión cargado con materiais de construción, rexistráronse tres feridos, un deles un bebé que viaxaba na furgoneta. Todos os feridos foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), os dous adultos nunha ambulancia e o bebé nunha ambulancia medicalizada.

Dous dos feridos foron excarcerados por persoal do SEBRI, que desprazou ata o lugar do sinistro tres efectivos e dous vehículos: o pick up de primeira saída e o “bull” que incorpora os equipos de excarceración. As tarefas de excarceración precisaron de media hora de traballo. Tamén acudiron ata alí os Bombeiros de Santiago, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención, catro unidades da Garda Civil de Tráfico, e un equipo de Atestados.

A colisión produciuse no punto quilométrico 1,800 da estrada DP-0203. O tráfico estivo totalmente cortado ao tráfico durante aproximadamente unha hora. Durante as tarefas de retirada do camión e de limpeza da vía, que se prolongaron durante unhas tres horas, permaneceu pechado un dos carrís.



Nos comunicación