Oroso . pais e fillos comparten obradoiros de nadal na gardería

MEDIO CENTO DE FAMILIAS COMPARTEN COS SEUS FILLOS E FILLAS UNS OBRADOIROS DE NADAL ORGANIZADOS POLA GARDERÍA MUNICIPAL DE BRIÓN 
Medio cento de pais e nais de Brión comparten durante estes días cos seus meniños, de entre 2 e tres anos, uns obradoiros de Nadal organizados pola gardería municipal de Brión. Tres días (luns, martes e mércores) durante os cales os pais e nais se achegaron ata as instalacións da escola infantil na parroquia dos Ánxeles para axudaren aos seus fillos e fillas a elaborar os adornos de Nadal cos que se decorará a gardería.

A directora da gardería municipal de Brión, Dolores Campos, explica que “trátase do primeiro contacto entre a familia e a gardería despois do período de adaptación dos pequenos e o que pretendemos é ter un contacto máis persoal con eles, que vexan como se traballa na escola e que mesmo podan achegar ideas sobre actividades ou colaboracións”. Así, durante algo máis dunha hora, os pais e nais axudaron aos seus pequenos na realización dos adornos de Nadal cos que se decorará a gardería brionesa. Uns adornos feitos, en todo caso, con material reciclado.

No caso dos nenos e nenas máis pequenos e dos bebés, a gardería de Brión tamén invitou aos pais e nais a participaren elaborando os adornos dende a casa, “sempre con material reciclado, nada comprado que non están os tempos para andar incrementando o consumismo”, sinala Dolores Campos.

Ningún comentario: