Axenda sábado 27 - Santiago, tráfico (carreira pedestre), Brión, Ordes, Silleda, oroso

SANTIAGO
Sábado 27

9.00 h
Na Facultade de Medicina, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ás XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte. 

Psoe Ames - Santiago Amor mentiu e ocultou información os veciños

O PSOE DENUNCIA QUE SANTIAGO AMOR MENTIU E OCULTOU INFORMACIÓN AOS VECIÑOS E AO PLENO MUNICIPAL SOBRE O COBRO RETROACTIVO DO LIXO 

BNG Ordes - o pleno aproba a moción na que se insta a xunta a rematar cos recortes na ensinanza

O PLENO APROBA A MOCIÓN DO BNG PARA INSTAR Á XUNTA A REMATAR COS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO 

Asociación de hostelería - primeira fin de semana de Santiago(e)tapas

O SANTIAGO(é)TAPAS 2012 VIVE O SEU PRIMEIRO FIN DE SEMANA
As primeiras tapas do concurso servíronse ao mediodía do venres

Teo - obra de asfaltado de lucí e Vilariño

O CONCELLO EXECUTA O ACONDICIONAMENTO DO VIAL ENTRE LUCÍ E VILARIÑO CUN ORZAMENTO SUPERIOR ÓS 160.000 EUROS

Ames . hoxe na casa da Cultra de Bertamiráns a Coral Polifónica de Padrón

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado a actuación da coral Polifónica de Padrón

Oroso - hoxe se inagura unha pista multiusos no paseo do Carboeiro

MANUEL MIRÁS INAUGURA HOXE SÁBADO A GRAN PISTA MULTIDEPORTE DO PASEO DO CARBOEIRO
O acto comezará ás 11:00 horas e incluirá un partido entre Oroso Fútbol Sala CD e ED Xuventude Oroso, unha exhibición da Escola Baloncesto Oroso e unha exhibición de tenis con Luís Morillo e Pablo Casal 

Santiago - Hoxe e mañán "Calisto" no Teatro Principal

Teatro Meridional presenta ‘Calisto’ de Julio Salvatierra dentro do ciclo ‘Teatro&Danza’
Será esta fin de semana, sábado 27 e domingo 28 no Teatro Principal
Obra unipersoal con Álvaro Lavín en escena dirixida por Miguel Seabra

Silleda - este domingo chega o concello "O Señor das Dunas"

‘O señor das dunas’ completa o programa de dinamización lingüística en Silleda
-A cita co espectáculo incluído en FalaRedes, de entrada libre, será o vindeiro domingo día 28, na Casa da Cultura

Axenda venres 26 - Santiago, tráfico Brión, Ordes, Silleda, copas

SANTIAGO
Venres 26

10.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asina varios convenios de colaboración coas entidades ASPANAES, Cáritas, Colexio de Avogados, AGADEA, AGAL, Xoán XXIII, Itínera, Cociña Económica, Fundación Secretariado Xitano, Espiña Bífida (AGEGI), FEAFES Galicia e Proxecto Home. Declaracións ao inicio. 

ANOVA Boqueixón - Xavier Canabal di que o concello está secuestrado polo PP


UN CONCELLO SECUESTRADO POLO PARTIDO POPULAR.
O PP ofrécelle a Gacio unha adicación parcial de 1.619,34 €/mensuais.
A estratexia do PP non ten límites: dimite sen dimitir, e como premio ofréceselle unha
adicación, sen ter ningunha área delegada.

Silleda - novas actividades do programa Silleda Activa

Comezan novas actividades do programa Silleda Activa, co que se estrena o Clube do Centro Social dos Maiores 

Ames - este domingo terá lugar o encontro dos axóuxeres

O Pazo da Peregrina acolle este domingo o Encontro dos Axóuxeres
Esta é unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística, na que se oferta unha hora de música e palabras, co obxectivo de promover a transmisión interxeracional da lingua galega. Tamén se pretende recuperar a tradición de contar contos na nosa lingua e cantarlle en galego aos máis pequenos.

Brión - concerto gratuito de guitarra clásica interpretado por Xose Guzman

XOSÉ GUZMÁN OFRECERÁ HOXE VENRES UN RECITAL GRATUITO DE GUITARRA CLÁSICA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS DE BRIÓN 

Ames - hoxe remata a mostra de teatro amador

Hoxe venres péchase a Mostra de Teatro Afeccionado coa representación da obra Caféa cargo do grupo O aturuxo de Melpómene

Teo - visita do Xefe Territorial de Educación

O XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN VISITA OS CENTROS ESCOLARES DO CONCELLO E MANTÉN O SEU COMPROMISO DE PRIORIZAR OS INVESTIMENTOS EN ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE

Indalecio Cabana, Xefe Territorial de Educación en funcións, estivo acompañado polo alcalde de Teo, Martiño Noriega e a edil de Educación, María Álvarez Garea

Oroso - hoxe se inaugura a mostra "Foto_gastro_manía" de José Lagares

OROSO INAUGURA HOXE VENRES A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “FOTO_GASTRO_MANÍA” DE JOSÉ LAGARES E QUE PODERÁ VISITARSE ATA O 15 DE NOVEMBRO

Tordoia - o concello contará o próximo ano cun centro de atención a infancia

O CONCELLO DE TORDOIA CONTARÁ EN 2013 CUN PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA EN PEDROUZOS
As obras comezarán de xeito inmediato grazas á axuda concedida por Agader que subvenciona o 93% da obra

Santiago - última función da triloxía das Churras na Zona C

Última oportunidade para asistir a ‘A Triloxía: Clitemnestra- Electra-As Furias’ na Zona “C”
Será hoxe venres e mañán sábado ás 20.30h e o domingo ás 19.30h.
Xiana Carracelas, Iria Sobrado e Nerea Barros forman o colectivo As Churras que presenta esta proposta escénica nas que mesturan as diferentes cousas que lles gustan

fundación Araguaney - Mexico e Panamá interesados no cine do festival Amal

México e Panamá interesados en proxectar o cine do Festival Amal
Tras o éxito da X edición de Amal, varios países de Sudamérica e de Oriente Medio interésanse polo Cine Euroárabe exhibido en Amal ao longo destes 10 anos.

Axenda - Santiago, Tráfico, Brión, Ordes, Transfusión

SANTIAGO
Xoves 25
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, para presentar o Plan de intervención nos delitos contra a seguridade viaria. 

BNG Ordes - o BNG denuncia que o CEIP Campomaior leva unha semana sen calefacción

O BNG DENUNCIA QUE O CEIP CAMPOMAIOR LEVA UNHA SEMANA SEN CALEFACCIÓN 
Os nacionalistas afirman que o centro de ensino leva sen calefacción desde o xoves da semana pasada.

Ames - a Xunta Local das concentracións parcelarias de Bidido e Bugallido acordan ceder unha masa común o concello

A xunta local de concentración parcelaria Biduído II-Bugallido II informa favorablemente da cesión dunha masa común ao Concello de Ames
Na reunión, informouse a veciños e propietarios da situación na que se atopa a concentración. As previsións que se manexan son que no próximo ano se poida materializar a declaración de firmeza da zona, levando a cabo despois a entrega dos títulos.

Psoe Ordes - o Psoe pide a cesión do local que Fomento ten en Ardemil e que serva para os veciños

O PSOE DE ORDES PIDE A CESIÓN DO INMOBLE QUE FOMENTO TEN NO LUGAR DO CANEDO (ARDEMIL) PARA HABILITALO COMO LOCAL SOCIAL
Os socialistas pedirán que a Xunta retire as axudas aos centros concertados que segreguen por sexo e dedique eses cartos a bolsas de estudantes

Teo - o pleno de este mes decidirá sobre a xestión das piscinas municipáis

O PLENO DECIDIRÁ SOBRE A CREACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN DAS PISCINAS MUNICIPAIS NA QUE SE INCLÚE A NOVA INSTALACIÓN CLIMATIZADA DA RAMALLOSA

Na sesión ordinaria de outubro tamén tomará posesión a concelleira do PP, Nélida Rey en sustitución de Eloy Gesto

Ames - Concello e a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns organizan a Festa do comercio e o Roteiro dos petiscos

O Concello de Ames e a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns organizan a Festa do comercio e o Roteiro dos petiscos
Por unha banda, realízase o Roteiro dos petiscos durante dúas fins de semana (os venres 9 e 16, os sábados 10 e 17 e os domingos 11 e 18 de novembro) nos locais hostaleiros de Bertamiráns.
Ademais, desenvolverase a Festa do comercio dende o venres 9 ata o sábado 17, de xeito ininterrompido, nos comercios desta mesma localidade.

Santiago - Arch Enemy hoxe no Compostela Rock

Será hoxe xoves 25 na Sala Capitol acompañados de Voivod e de Titans Eve
Os suecos Arch Enemy presentan o seu ‘World Khaos Tour’ dentro do Compostela Rock
As entradas poden mercarse na billeteira do Principal, na Rede Ticketmaster, e na Reixa Tenda a 26€ anticipada e 30€ o día do concerto

Brión - hoxe se inaugura "Matinando" a mostra da asociación galega de arte e cultura

XOSÉ LUÍS GARCÍA INAUGURA MAÑÁ XOVES “MATINANDO”, UNHA MOSTRA DE PINTURA, FOTOGRAFÍA E ESCULTURA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTE E CULTURA 
A mostra reúne traballos de once coñecidos artistas da contorna

Ordes - día internacional das bibliotecas cunha mostra fotográfica sobre a novela de terror

Ordes celebra o Día Internacional das Bibliotecas cunha mostra sobre terror e misterio para todas as idades

Oroso - o concello remata a senda peonil de Deixebre

O CONCELLO DE OROSO REMATA A SENDA PEONIL EN BAXOIA (DEIXEBRE) NA QUE INVESTIU 82.000 EUROS 
Oroso leva investidos máis de 808.000 euros na posta en marcha de sete sendas peonís no municipio

Santiago - hoxe xoves Ángel Martín e Ricardo Castella no ciclo Falabaratos

Ángel Martín e Ricardo Castella presentarán ‘Nunca es Tarde’ no Falabaratos
Será este xoves, 25 de outubro, en dúas funcións: ás 21.00 e ás 23.00h.
As entradas, 17€ (butaca e platea); 14€ (1ª e 2ª planta) e 10€ (anfiteatro), poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e en Novagaliciabanco (web e teléfono)

Silleda .aprobado o proxecto de Portodabalde

O goberno silledense aproba nunha xunta urxente e extraordinaria o proxecto de reparación do vial de Portodabalde
-A documentación xa foi remitida á Deputación de Pontevedra para incluir esta necesaria actuación no Plan de Investimentos (PID)

Santiago - record de pernoctacións internacionáis na cidade

Setembro bate a marca de pernoctacións internacionais en Santiago
Durante o pasado mes de setembro rexistráronse 66.598 pernoctacións de turistas internacionais en Santiago, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta cifra supón a mellor marca no número de pernoctacións internacionais nun mes, superando as 62.207 que se deron en setembro do Ano Santo 2010.

Psoe Ames - o goberno resolveu o conflicto do lixo por decreto e o ocultou o pleno e os veciños

O PSOE DENUNCIA QUE O ALCALDE XA RESOLVEU ÁS AGACHADAS O COBRO RETROACTIVO DO LIXO E O OCULTOU TANTO AO PLENO COMO AOS VECIÑOS

Axenda mércores 24 - Santiago, tráfico, Ordes, Brión

SANTIAGO
Mércores 24
10.00 h a 14.00 h e 16.00 h a 20.00 h
Na praza de Praterías, Xornada de portas abertas do Museo das Peregrinacións e
de Santiago, con motivo do XXV aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Acceso gratuíto.

Ames - a rebaixa da tasa do lixo permite recuperar o pago dos atrasos en 5 anos

A rebaixa ao 50% da taxa do lixo permitirá que os veciños/as de Ames amorticen os atrasos en aproximadamente cinco anos
O importe da taxa do lixo no rural, onde a recollida ten lugar en días alternos, quedará fixada no caso das vivendas en 37,9 € anuais, liquidados en importes trimestrais de 9,48 €, a metade da tarifa xeral.

Ordes - últimos días para anotarse no circuito cultural e deportivo

Últimos días para anotarse no Circuito Cultural e Deportivo organizado polo Concello de Ordes 
Entre outros figuran cursos de informática, fotografía dixital, arte floral ou tenis de mesa. Clases de estimulación temperá para bebés e de adestramento canino son as novidades deste ano

Silleda - a conta xeral do 2011 analizarase nunha comisión especial este xoves

O goberno local convoca unha comisión informativa especial de Contas para abordar a conta xeral de 2011, que arroxa un déficit de 1.014.554 euros
Celebrarase o vindeiro xoves para levar o peche de exercicio ao vindeiro Pleno ordinario
A conta de resultados é de 21.462,24 euros

Mancomunidade de Ordes - oficina para fomento do cooperativismo

A MANCOMUNIDADE DE ORDES PON EN MARCHA UNHA OFICINA DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO
Realizará actividades de formación, información e promoción das cooperativas, fórmula empresarial que soporta mellor a crise e que conta con 35 exemplos na comarca 

Ordes - curso de manipulador de alimentos que poderá seguirse online

O Concello de Ordes celebrará un novo curso de manipulador de alimentos que poderá seguirse por Internet 
Terá lugar a vindeira semana en horario de tarde na Casa da Cultura 

Brión - recollida de alimentos

O CONCELLO DE BRIÓN PON EN MARCHA “BRIÓN SOLIDARIO”, UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA AS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS
Os alimentos, non perecedoiros, poderán entregarse en calquera establecemento municipal e nos distintos centros escolares de Brión

Asociación de hostelería - se presentan as novidades de Santiago (e) tapas

O SANTIAGO(é)TAPAS 2012 PRESENTA OS SEUS PREMIOS E AS SÚAS NOVIDADES
O concello de Santiago; Cash Récord, división de autoservicios maioristas de Vegalsa Eroski; e Estrella Galicia amosaron o seu compromiso coa cita

Oroso - o clube de lectura xa ten as suas primeiras socias

OITO RAPAZAS DE ENTRE 8 E 12 ANOS SON AS PRIMEIRAS SOCIAS DO CLUB DE LECTURA DE OROSO
Este venres terá lugar un obradoiro de creación literaria e musical, no que os pequenos farán unha cantiga e gravarán o seu videoclip

Ordes - tardes de contos e lendas

As Tardes de contos e lendas da biblioteca de Ordes ofrecerá este venres o relato ‘A viaxe do gato Lambiscas

Teo - novo curso de graduado en ESO

O CONCELLO DE TEO ESTUDA A POSIBILIDADE DE REALIZAR UN NOVO CURSO PARA OBTER O GRADUADO EN ESO 

Ames - a unidade técnica de ciclomotores estará este venres no concello

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores estará este venres 26 de outubro en Bertamiráns

Fundación Araguaney - presentación do libro "Alama Mahler Gropius"

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago continúa o seu “outono lírico” con presentación de libro no Araguaney

Brión - este xoves comeza Brión Cultural

UNHA MOSTRA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTE E CULTURA ABRE ESTE XOVES O “BRIÓN CULTURAL”, QUE INCLÚE 15 ACTIVIDADES DE TEATRO, PINTURA E MÚSICA 

Silleda - o espectáculo "O señor das dunas" chega a Silleda

O espectáculo ‘O señor das dunas’, do programa de dinamización lingüística FalaRedes, chega o vindeiro domingo a Silleda
A cita, dirixida a todos os públicos, mistura contacontos coa ilustración en directo do relato, feita en area 
Terá lugar na Casa da Cultura, ás 13.00 horas.

Axenda martes 23 - Santiago, Tráfico, Brión, centro transfusión

SANTIAGO
Martes 23
9.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura o Encontro Nacional de Xestores de Patrimonio Mundial 2012, xunto coa subdirectora xeral adxunta de Protección do Patrimonio Histórico do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Esther Rodríguez; e o conselleiro de Educación e Cultura en funcións, Jesús Vázquez. 

Ames - aberto o prazo de inscrición para a XIII carreira pedestre

Ábrese o prazo de inscrición para participar na XIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
Para participar na proba absoluta (de xuvenil a veteranos) as inscricións poden realizarse na páxina webwww.championchipnorte.com. Mentres que para participar na carreira escolar as inscricións deberán formalizarse nas páxinas webwww.fgatletismo.es/santiago ou en www.atletismogalego.org.

Asoc Amigos Empanada - asamblea xeral

A Asociación de amigos da empanada de Bandeira celebra a súa asamblea xeral este venres. Tratase da asamblea ordinaria anual e a cita e no centro sociocultural de Bandeira as oito e media da tarde e primeira sesión e as nove en segunda.

Santiago - inauguración das xornadas de música contemporanea

O grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo inaugura as Xornadas de Música Contemporánea
Será hoxe no Teatro Principal a partir das 20.30h.

Teo - pechase por este ano o programa "Coñece o teu pais"

PÉCHASE POR ESTE ANO O PROGRAMA DE EXCURSIÓNS COÑECE O TEU PAÍS COA PARTICIPACIÓN DE CASE 1.000 PERSOAS
Esta pasada fin de semana realizouse unha visita a Vilalba e Mondoñedo

Melide - colocación de alumeado público de eficiencia enerxética

O Concello de Melide instala alumeado público de eficiencia enerxética na rúa da Habana e outras. 

É un proxecto subvencionado polo INEGA nun 70 % para a renovación das instalacións públicas exteriores que consiste en substituír o alumeado público existente por un alumeado moderno, de alta tecnoloxía e coidadoso co medioambiente. 

Silleda - a comedia Mambo estará na Casa da Cultura de Silleda o domingo 28

A comedia “Mambo” chega á Casa da Cultura de Silleda o vindeiro domingo 28 de outubro
As entradas para ver esta producción teatral póñense á venda con descontos para parad@s, xubil@dos , estudantes e tamén para grupos

Fundación Araguaney - Muhsilwán e Sarah Habasha pecham o ciclo Ghazal

Muhsilwán e Sarah Habasha pechan o Ciclo Ghazal cun concerto en Capitol
Venres 26 de Outubro ás 20,00 h, a Sala Capitol acollerá o concerto gratuíto a cargo de Muhsilwán e a cantante Sarah Habasha. Previa recollida de invitación na recepción do Hotel Eurostars Araguaney (Alfredo Brañas, 5).

Ames - Itinerario ambiental Ruta de Riamontes

Trátase dunha andaina aberta a todos os públicos que é circular, polo que arranca e remata no lugar do Vilar, pertencente á parroquia de Ames.
Os amienses percorrerán sete quilómetros andando polos arredores do regato e dos muíños que hai no seu contorno.

Santiago - Calisto de Julio Salvatierra no ciclo Teatro & Danza

Teatro Meridional presenta ‘Calisto’ de Julio Salvatierra dentro do ciclo ‘Teatro&Danza’
Será os vindeiros días sábado 27 e domingo 28 no Teatro Principal
Obra unipersoal con Álvaro Lavín en escena dirixida por Miguel Seabra
As entradas, a 12€ (6€ no anfiteatro) poden mercarse na billeteira do Principal ou en Novagaliciabanco

Silleda - o día 27 celebrase a esta da Castaña

A parroquia de Breixa celebrará a XIII Festa da Castaña o vindeiro sábado 27 de outubro
A celebración incluirá unha mostra de artes plásticas e unha xornada divulgativa da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, na que se explicarán as posibilidades económicas da producción deste froito milenario, e que se celebrará o venres 26

Axenda luns 22 . Santiago, tráfico, Brión,

SANTIAGO
Luns 22
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Turismo, Reyes Leis, sobre asuntos de carácter local. 

Ames - a xunta de goberno iniciou o proceso de contratación de cinco obras

A Xunta de Goberno Local de Ames inicia o proceso de contratación de cinco obras que se levarán a cabo en distintos puntos do municipio

Silleda - comeza a instalación de bancos no rural de varias parroquias

O Concello de Silleda iniciou a instalación de bancos no rural en catro parroquias
Esta dotación de mobiliario chegou a Cervaña, Graba, Lamela e A Bandeira

Santiago - fotografía de Tono Arias no Centro Sociocultural de Conxo ata o 11 de novembro

O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha exposición fotográfica de Tono Arias
A Concellaría de Centros Cocioculturais colabora un ano máis no certame Outono Fotográfico, promovido pola Fundación Benito Losada, que nesta ocasión celebra a súa 30ª edición.

Axenda domingo 21 - Santiago, Tráfico Brión


SANTIAGO
Domingo 21
12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

Garum Bistró - mañán luns aula gastronómica sobre conservas caseiras

AulaGarum 360º - A gastronomía dende tódolos ángulos
Obradoiros Gastronómicos: Conservas Caseiras - Conservas de Bonito

Silleda - o concello terá que pagar agora o alumeado do Nadal do 2006

O Concello de Silleda terá que pagar agora o alumeado de Nadal do ano 2006 
“De novo as arcas municipais terán que facer fronte a outro fallo xudicial froito da desidia de gobernos anteriores”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández

Fundación Araguaney - Palmarés do Amal 2012

Palmarés do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2012
7.000 persoas participaron en Amal ao longo da semana oficial

Ordes - viaxe dos maiores a Marbella

Os maiores de Ordes desfrutan dunhas vacacións por Málaga, Torremolinos, Puerto Banús e Marbella organizadas polo departamento de Servizos Sociais