MELIDE - presentación do III Rali de Galicia Histórico Terra de Melide-Camiño de Santiago.

presentación do III Rali de Galicia Histórico Terra de Melide-Camiño de Santiago.

  • O vindeiro 16 e 17 de setembro terá lugar en Melide a III edición do Rali de Galicia Histórico Terra de Melide-Camiño de Santiago, cunha participación de pilotos similar ao ano pasado.
  • Na presentación estivo presente a escudería organizadora, Melide Moto Sport, nas persoas de Xesús Ferreiro e Javier Anido, mais a vicepresidenta da Deputación de A Coruña, xunto cos alcaldes de Melide, Toques e Santiso.

Melide, 2 de setembro de 2010.- Hoxe tivo lugar no salón de sesións da Casa de Concello de Melide a presentación por parte da escudería Melide Moto Sport da terceira edición do Rali de Galicia Histórico Terra de Melide-Camiño de Santiago que se celebrará na comarca de Melide o vindeiro fin de semana de setembro. Entre as novidades desta edición con respecto as pasadas está a innovación do percorrido no tramo que percorre Santiso ademais de engadir un novo tramo, o de Ramil, un tramo segundo un dos organizadores, Javier Anido, escollido por ser un dos máis bonitos para os amantes do motor polo seu trazado. Como espectáculo manterase tamén neta edición o tramo espectáculo que se realiza no casco urbán de Melide, que terá lugar o venres día 16 de setembro logo da saída do Rali. Un total de once tramos completan o percorrido desta proba de motor puntuable para o campionato de España de vehículos históricos. En total mantéñense os setenta pilotos do ano pasado, entre os que repiten encóntranse Santiago Cañizares, Antonio Saín, ademais dun tinte internacional, dous pilotos de Bélxica e posiblemente un piloto do país veciño, Portugal. Entre as novidades desta edición tamén está a saída do piloto galego Manolo Senra co coche número cero, un automóbil pilotado por equipos oficiais en anteriores campionatos de España cunha carga histórica e deportiva de renome. Entre os pilotos de Melide, entre os que está o campión do ano anterior, Xesús Ferreiro, tamén participara Delfino Ramos cun Ford Fiesta. A vicepresidenta da Deputación de A Coruña, María Dolores Faraldo, destacou a importancia do traballo da escudería Moto Sport ao organizar un evento deste calado que actúa como eixe dinamizador da comarca de Melide, ademais de manifestar o súa vontade en axudar no que sexa posible. Os alcaldes da zona, tanto Ánxeles Vázquez, Jorge Calvo e Fernando Suárez subliñaron a importancia deste tipo de eventos, sobre a súa repercusión económica e atractivo turístico para os concellos de menor dimensión como o de Santiso ou o de Toques. A alcaldesa de Melide, pola súa banda, destacou o esforzo da escudería Moto Sport dos organizadores e da xente que traballa arreo para que a terceira edición do Rali se faga posible. Pola súa banda, Xesús Ferreiro, campeón de España do Campionato de Históricos e gañador das anteriores edicións desta proba, quixo agradecer o traballo das máis de duascentas persoas que fan posible que o Rali sexa unha realidade da que podan desfrutar todos os veciños da comarca. A presentación estivo ademais amenizada cunha exposición de coches históricos na Praza do Convento cedidos pola escudería Deza, entre os que estaba o pórche de Xesús Ferreiro.

OROSO - O CONCELLO AMPLÍA OS SEUS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL CREANDO UN NOVO PROGRAMA: “TARDES DIVERTIDAS”

O CONCELLO DE OROSO AMPLÍA OS SEUS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL CREANDO UN NOVO PROGRAMA: “TARDES DIVERTIDAS”

Antonio Leira destaca a colaboración de ‘A Nosa Escola’ na iniciativa, nunha liña de traballo conxunto que agarda estender a outras ANPAs

As inscricións poden formalizarse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, con impresos dispoñibles tamén na páxina web municipal

2 de setembro de 2011.- O Concello de Oroso amplía os seus servizos de conciliación da vida laboral e familiar no curso 2011-2012 coa posta en marcha do programa “Tardes Divertidas”. Esta nova iniciativa está dirixida a todos os nenos e nenas escolarizados no municipio e desenvolverase desde o vindeiro 12 de setembro ata o 22 de xuño de 2012.

As actividades terán lugar nas instalacións do propio CEIP Sigüeiro, entre as 15:45 e as 19:45 horas, de luns a venres. Deste xeito, permitiralles ás familias que, por traballo ou calquera outra circunstancia, precisen un servizo de conciliación en horario vespertino. “Tardes Divertidas” adaptará as súas actividades a cada grupo de idade e para Iso constará de obradoiros formativos e recreativos, actividades físicas e tamén un tempo para realizar os traballos escolares, ademais de exposicións de traballos manuais, sesións de música e baile, circuítos de educación viaria ou festas temáticas.

Todos os interesados xa poden formalizar a súa inscrición no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa en Sigüeiro. Os impresos están tamén dispoñibles na páxina web municipal: www.concellooroso.com. O Concello estableceu un mínimo de dez usuarios como condición para a posta en marcha do servizo.

Os prezos fixados son de 60 euros para quen decidan acollerse a opción mensual, de 20 euros para quen se inscriban na modalidade semanal e de 6 euros para quen fagan un uso ocasional do servizo en días soltos. As familias numerosas ou que teñan dous irmáns empregando o servizo terán un desconto do 20%. Tamén terán un desconto as familias asociadas á ANPA ‘A Nosa Escola’, que colabora co Concello na posta en marcha das “Tardes Divertidas”.

Colaboración coa ANPA e sensibilidade coas necesidades das familias

O concelleiro de Familia e Ensino, Antonio Leira, destacou precisamente o acordo coa asociación de nais e pais e amósase “moi satisfeito porque é un programa que viñamos planeando as dúas partes desde hai tempo para atender a crecente demanda das familias para poder conciliar a súa vida laboral e familiar”. Leira agarda proseguir con esta liña de traballo con outras ANPAs do municipio, para desenvolver diferentes iniciativas en conxunto.

O responsable municipal tamén explica que coas “Tardes Divertidas” o Concello de Oroso “é sensible á situación económica que estamos atravesando e ás necesidades das familias, de modo que en vez de recortar ou anular servizos como fan outras administracións, nós somos capaces de facer un esforzo de xestión para amplialos e darlle apoio á xente que o necesita”.

Servizos de conciliación do Concello de Oroso

As “Tardes Divertidas” engádense á ampla oferta de programas de conciliación da vida laboral e familiar que o Concello de Oroso desenvolveu nos últimos anos. Así, durante o curso escolar, as familias poden facer uso do programa “Bos Días Cole”, que atende aos cativos no colexio no intervalo que vai desde as 7:30 horas ata o inicio das clases. E nas vacacións escolares, o Concello de Oroso tamén ofrece os programas Diver Outono, Diver Nadal, Diver Primavera e Diver Verán.

MELIDE - Este fin de semana celebrase a oitava edicción do Mercamelide no Palacio de Congresos da vila.

Este fin de semana celebrase a oitava edicción do Mercamelide no Palacio de Congresos da vila.

  • Este fin de semana celebrase no Palacio de Congreso da vila a oitava edición da feira de oportunidades de Melide.
  • Nesta edición participarán 29 stands que expoñerán os seus productos -a maioría dos mesmos pertencentes ao sector téxtil e do calzado- a prezos moi rebaixados.

Melide, 2 de setembro de 2011.- Mañá arranca a VIII edición do Mercamelide, a feira de oportunidades da vila de Melide, que se celebra durante o primeiro fin de semana de setembro. Nesta edición da feira participarán vintenove stands, entre os que predominan os comercios adicados ao sector téxtil e de calzado, xunto con outros, ofrecendo artigos de toda clase a prezos moi rebaixados, incluso chegando a ser gangas para os consumidores. Ademáis, o Mercamelide contará desta vez cunha programación especial por parte de Radio Melide, que estará in situ nos Palacio de Congresos para trasmitir de primeira man as novidades da xornada. Dentro de esta programación ademais de conexións en directo coa radio, realizaranse entrevistas cos participantes, regalos, concursos que amenizaran a xornada.

AMES - O 5 de setembro comeza o prazo para renovar praza nas escolas deportivas e obradoiros culturais

O 5 de setembro comeza o prazo para renovar praza nas escolas deportivas e obradoiros culturais

Todos e todas as amantes do deporte e os obradoiros culturais xa poden comezar a anotarse no programa de obradoiros culturais e escolas deportivas para o curso 2011-2012. O prazo para renovar a praza, para as persoas xa inscritas no pasado curso, ábrese o 5 de setembro e prolongarase ata o día 9 do mesmo mes. A renovación da praza pódese facer por vía telemática, nun banner que a partir do luns estará colocado na web municipal, ou de xeito presencial na oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns, situada no Pazo da Peregrina, e na Casa da Cultura do Milladoiro. O segundo prazo de matrícula, para prazas libres e grupos de nova creación, irá dende o 14 ata o 20 de setembro.

Aeróbic, ximnasia de mantemento, baloncesto, fútbol sala, natación, actividade física para discapacitados, pilates, obradoiros de teatro, xadrez ou manualidades son algunhas das actividades que se desenvolverán ao longo do curso 2011 - 2012 dentro do programa das escolas deportivas e obradoiros culturais. O deporte e os obradoiros culturais son unha boa forma de desenvolver unha vida saudable e adquirir valores tan importantes como a deportividade, o respecto e a tolerancia. Por este motivo, o Concello de Ames aposta polo desenvolvemento destas actividades que sempre acadan uns resultados moi positivos de participación.
As actividades deportivas ofertadas polo Concello de Ames caracterízanse pola súa diversidade e por estar pensadas para todos os grupos de idade. Así, neste curso 2011- 2012, os e as amienses poderán gozar de seis obradoiros como son o de baile de salón, manualidades, teatro, xadrez, canto, baile e música tradicional. A esta oferta hai que engadirlle as actividades propias das escolas deportivas como son aeróbic, ximnasia de mantemento, baloncesto, fútbol sala, natación, voleibol, predeporte, actividade física para discapacitados, pilates, tenis de mesa, spinning, patinaxe e tenis.
O programa de actividade física para discapacitados/as é gratuíto e non dispón de límite de prazas. En total son case 20 actividades das que todos e todas as amienses, de todas as idades, se poderán beneficiar. Entre os obradoiros culturais e as escolas deportivas ofértanse arredor de 1.700 prazas.

Primeiro prazo de inscrición

Hai dous prazos para poden formalizar a matrícula nas actividades que se enmarcan dentro deste programa cultural e deportivo. Todas aquelas persoas que xa estiveron inscritas no curso 2010-2011 poden renovar a súa praza do 5 ao 9 de setembro. Para formalizar a matrícula deberase acudir á Casa da Cultura do Milladoiro ou ao Pazo da Peregrina en Bertamiráns, en horario de 9:00 h. a 14:00 horas. Ademais os días 5 e 6 de setembro tamén se atenderán as inscricións en horario de tarde, de 16:00 h. a 18:00 horas, para maior comodidade da veciñanza amiense.

Ademais poderase confirmar a súa praza vía telemática premendo nun banner que estará situado na páxina principal da web municipal a partir das 9:00 horas do luns 5 de setembro. A vía telemática estará dispoñible ata ás 14:00 horas do 9 de setembro. Todas as inscricións que se fan fóra de prazo non serán tidas en conta. Os usuarios/as que opten por esta vía tamén teñen que entregar o xustificante de pagamento persoalmente ou por correo electrónico (administracion.cultura@concellodeames.org ou deportes@concellodeames.org) dentro deste mesmo prazo (do 5 ao 9 de setembro).

Cómpre recordar que non se considerarán inscritos no curso anterior aqueles alumnos e alumnas que tramitaran a baixa da actividade. Ademais, o Concello non garante que o grupo e o horario da actividade escollida para este curso coincida co do ano anterior. De todos xeitos, reservaranse as prazas nas actividades do curso anterior incorporándose, se é posible, no mesmo grupo ao que pertencían ou nun novo grupo que lle corresponda por ano de nacemento.

Segundo prazo de inscrición
Para as prazas libres e grupos de nova creación, o segundo prazo de inscrición irá desde o 14 ata o 20 de setembro. Neste caso a matrícula tamén haberá que facela na Casa da Cultura do Milladoiro ou ao Pazo da Peregrina en Bertamiráns, en horario de 9:00 h. a 14:00 horas. Ademais os días 14 e 15 de setembro tamén se atenderán as inscricións en horario de tarde, de 16:00 h. a 18:00 horas.
Neste segundo prazo de inscrición, se hai máis solicitudes que prazas, farase un sorteo público e nunca se adxudicarán por orde de chegada. Para iso realizarase un sorteo público o xoves 22 de setembro, ás 12:00 horas, no salón de Plenos do Concello de Ames. As listaxes definitivas de admitidos/as publicaranse o venres 23 na web do concello e nos taboleiros da Casa da Cultura do Milladoiro e do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Como nos anos anteriores, para matricularse nas escolas deportivas e obradoiros culturais é imprescindible estar empadroado/a no Concello de Ames. Ademais, cada alumno/a só poderá inscribirse en dúas escolas deportivas e dous obradoiros culturais como máximo, sempre que non coincidan horarios. As clases, segundo o previsto, arrancarán a semana do luns 3 de outubro e finalizarán o 31 de maio de 2012.

Forma de pagamento
Á hora de inscribirse é necesario achegar os datos persoais do inscrito/a, e no caso dos menores de idade tamén do titor ou titora. Unha vez que se obteña praza na actividade, haberá que realizar o ingreso do importe total da cota que custa a actividade e entregar o xustificante de pagamento nos locais de inscrición ou envialo por correo electrónico dentro dos prazos estipulados. As persoas que se inscriban no primeiro prazo deben de entregar o impreso de pagamento no mesmo momento no que se efectúe a matrícula. Mentres que as persoas que se inscriban durante o segundo prazo deben de entregar o xustificante de pago entre do 26 ao 29 de setembro, unha vez que obteñan praza no sorteo público.
Ademais, para incrementar a participación, o Concello de Ames ofrece descontos nos prezos dalgunhas actividades polo segundo e o terceiro membro menor de 18 anos que se matricule. Para obter máis información podes consultar o programa en PDF que se atopa na ligazón que está na marxe dereita baixo o epígrafe de "descargas".

PSOE OROSO - A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO CELEBRA HOXE SÁBADO NA ÁREA RECREATIVA DA PENATEIXA

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO CELEBRA HOXE SÁBADO NA ÁREA RECREATIVA DA PENATEIXA

A QUINTA EDICIÓN DA FESTA SOCIALISTA OROSÁ

Asistirán Francisco Caamaño, Pachi Vázquez, Salvador Fernández Moreda, Manuel Mirás, deputados e concelleiros dos municipios limítrofes

2 de setembro de 2011.- A agrupación socialista de Oroso celebrará mañá sábado 3 de setembro, a quinta edición da Festa Socialista, que inclúe un xantar para simpatizantes e veciños do municipio. Unha celebración que terá lugar na área recreativa da Penateixa (Oroso) a partir das 13:30 horas e que contará coa presenza de numerosas personalidades do Partido Socialista.

Así, está confirmada a asistencia de Francisco Caamaño, ministro de Xustiza e presidente do PSOE da Coruña, así como do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez; do secretario provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Salvador Fernández Moreda; e do coordinador comarcal e deputado provincial Antonio Leira. Tamén asistirán o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández; e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás; así como distintos deputados autonómicos e concelleiros socialistas dos municipios limítrofes.

AMES – PLENO 1 SEPTEMBRO

O pleno aproba a modificación do Regulamento de venda ambulante do Concello de Ames

Ames, 02 de setembro de 2011. Onte celebrouse en Ames o primeiro pleno ordinario correspondente ao mes de agosto, que pasou ao primeiro xoves hábil do mes de setembro debido a que agosto é considerado mes de período vacacional.

O pleno aprobou cos votos do grupo municipal popular e cos do grupo socialista a modificación do Regulamento de venda ambulante do Concello de Ames. O Concelleiro responsable da área de Comercio e Promoción Económica, Bernardo Moar, explicou ante os grupos municipais que a modificación consta de dotar dun novo mercadiño ao núcleo do Milladoiro e ampliar o de Bertamiráns á Praza da Maía. A iniciativa de Moar conta co respaldo de comerciantes, asociacións de vendedores ambulantes e da Mesa Local de Comercio. Outro dos cambios que introduce esta modificación é que o período de vixencia das autorizacións pasa de ser de un ano a tres. Moar explicou que a partir de agora controlará persoalmente a asistencia ao mercadiño para que todos os postos que non asistan con regularidade sexan cubertos polos que están en lista de agarda; do mesmo xeito, aqueles que se ausenten principalmente por viaxes deberán informar da duración de dita ausencia para que o posto poida ser cuberto tamén con postos da lista de agarda.

O edil de Promoción Económica e Comercio, Bernardo Moar, introduciu dentro da modificación dúas propostas do BNG, unha delas é que quedara clara a prohibición de tapar entradas a vivendas e comercios e a outra consiste en recoller dobremente, pois xa está establecido no regulamento, que a asistencia ao mercadiño debe facerse con asiduidade e comunicando ao concello a súa ausencia temporal debidamente xustificada.

A concelleira nacionalista, Olaia Alvite explicou que os nacionalistas non están de acordo co feito de darlle prioridade aos postos que xa están establecidos no mercadiño de Bertamiráns porque pensan que será repetir o mesmo mercadiño, pero noutra localidade e nun día distinto. O BNG tamén explicou que só entende que o mercadiño de Bertamiráns se amplíe á praza da Maía se isto supón unha continuación do que xa existe e se o visitante non ten que romper o seu percorrido. Para os nacionalistas a ubicación do mercadiño de Milladoiro tampouco é o sitio máis idóneo.

A concelleira socialista, Lidia Rey, manifestou que o seu grupo ve necesaria a fórmula plantexada por Moar e tan so preguntou se para participar no novo mercadiño de Milladoiro se conta coa lista de agarda de Bertamiráns.

Bernardo Moar asegurou que se conta coa lista de agarda de Bertamiráns para participar en Milladoiro e dixo tamén que esta lista de agarda medrou nos últimos meses. Moar explicou que el entende o mercadiño como un todo, é dicir, entende que “falamos do mercadiño de Ames” e explicou que a diversidade xa queda garantida ao acotar o número de postos dun mesmo produto. Moar dixo que o feito de priorizar aos comerciantes de Bertamiráns é tamén un xeito de premiar o esforzo que levan realizando estes comerciantes durante anos para sacar andiante este mercadiño.

Finalmente o concelleiro de Comercio explicou que haberá novidades no mercadiño de Milladoiro con respecto ao de Bertamiráns e que se se amplia o de Bertamiráns á praza da Maía será para introducir novos postos con características distintas, coma postos de artesanía, de productos tradicionais etc.

Novas prazas de estacionamento no Milladoiro

En relación coa posta en marcha do mercado do Milladoiro o grupo municipal nacionalista presentou unha moción por vía de urxencia para dotar a esta localidade de novas prazas de aparcamento gratuíto e colocar sinais no centro deste núcleo para que as persoas que non residen no Milladoiro atopen sen dificultade as zonas de estacionamento. Dende o BNG amiense propúxose que o goberno municipal realice as xestións necesarias para que as parcelas baleiras que existen no S-14 se poidan dedicar a crear novas prazas de estacionamento público. Segundo a edil nacionalista, Olaia Alvite, isto garantiría o éxito do mercado do Milladoiro.

Por outra parte o voceiro do grupo socialista, Carlos Fernández, indicou que ían apoiar esta moción porque no Milladoiro é preciso crear novas bolsas de estacionamento. “Cremos que unha mellor solución sería aproveitar o contorno da rúa Agro do Medio, unha zona moi céntrica desta localidade, que se atopa entre o sector parcial S-14 e o S-15, xa que neste lugar poderíanse crear arredor de 120 prazas de estacionamento. Trátase dunha zona moi céntrica e que permitiría crear máis prazas que nas parcelas baleiras do S-14”.

O voceiro popular, Ramón García Argibay, explicou que xa iniciaron as negociacións cos propietarios desta parcelas para crear novas zonas de aparcamento no Milladoiro. “Cando teñamos a proposta rematada traerémola ao Pleno para explicarlla aos veciños/as de Ames. Aínda así saben que esta moción é moi complicada de executar porque carecemos de recursos económicos. Estamos buscando financiamento pero non é doado. Nós non vamos apoiar esta moción porque xa estamos negociando coas empresas que dispoñen destas parcelas no S-14 do Milladoiro”. Finalmente a moción foi rexeitada. Houbo dez votos en contra do grupo municipal popular e dez votos a favor dos concelleiros/as dos grupos municipais socialista e nacionalista. Ao existir empate contou dobre

o voto de calidade do alcalde.

Prezos públicos deportivos

Noutra das mocións presentadas abordouse o tema dos prezos públicos deportivos que se aplicarán nas escolas deportivas municipais de cara ao curso 2011-2012. O encargado de presentar esta moción foi o concelleiro nacionalista Anxo Doval. Dende o BNG amiense achacóuselle ao grupo de goberno que se reunise cos grupos da oposición para presentarlle a suba das taxas das escolas deportivas despois que esta suba xa fose aprobada anteriormente en Xunta de Goberno Local. A proposta do BNG é que o Concello de Ames subvencione as escolas deportivas entre un 40 e un 60%. Dende o BNG tamén lle achacaron ao grupo de goberno que durante o mes de setembro os usuarios/as de menos de 18 anos teñen que pagar 24 euros e este pago se ten que efectuar nun só pagamento.

Dende o grupo socialista, Patricia Conde, explicou que a súa proposta era a de ir subindo as taxas de xeito progresivo. Conde dixo que “o grupo socialista cree que o deporte é unha política social máis. No momento no que as escolas deportivas botaron a andar establecéronse uns prezos asumibles para que toda a cidadanía puidese participar nestas actividades. Dende a posta en marcha deste servizo existe un déficit, pero este gasto enténdese como un investimento en hábitos saudables e deportivos. Trátase dun déficit asumible para o Concello. Polo tanto estamos en contra da subida das taxas que acordou o goberno municipal”.

Por parte do goberno municipal interveu o concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, que explicou “dende o goberno municipal estamos de acordo en que dende as escolas deportivas se debe fomentar os hábitos saudables e debe ser un beneficio para a veciñanza amiense, pero a suba que realizamos é de 2 euros ao mes. Os usuarios/as que participen nalgunha das actividades das escolas deportivas tan só pagarán catro euros ao mes por facer deporte”.

Manuel Ferreiro continuou dicindo que “durante o ano pasado este servizo supuxo un déficit de 170.000 euros. Agora con esta suba nas taxas baixará o déficit a uns 100.000 euros como máximo. Estamos de acordo en que a suba se podía facer de xeito progresivo pero en pouco máis de dous meses de traballo que levamos ao fronte do goberno municipal é imposible levalo a cabo deste xeito”, ademais dende o ano 2003 non se revisaron as taxas. Esta moción foi rexeitada por maioría absoluta cos votos en contra dos concelleiros/as do grupo municipal popular e socialista, mentres que os concelleiros/as do grupo municipal nacionalista votaron a favor.

Control das comisións bancarias

O BNG amiense presentou outra moción para controlar as abusivas comisións bancarias. Este punto foi presentado pola voceira nacionalista Pilar Candocia, que explicou o contido da devandita moción, a través da cal se insta á Xunta de Galicia para que a súa vez inste ao goberno do Estado para que se tomen as medidas necesarias, para que mentres se manteña a situación de crise económica, se impida o incremento das comisións que aplican as entidades financeiras.

Nesta moción recóllense catro puntos para controlar as abusivas comisións bancarias. Eses puntos son realizar unha supervisión das comisións das entidades financeiras establecendo límites máximos por cada comisión en función de parámetros obxectivos que teñan en conta o custo real do servizo prestado; obrigar ás entidades financiaras a ofrecer de forma transparente o importe das comisións polos distintos servizos; aprobar de forma inmediata as normas legais precisas para evitar que por parte das entidades financeiras se manteñan o cobro abusivo en concepto de mantemento ou administración de contas correntes de aforro; e obrigar a devolver as cantidades interesadas en caso de persistir a devandita práctica.

Dende o grupo municipal socialista, Patricia Conde, explicou que estaba de acordo co sentir básico desta moción para que dende o goberno estatal se adopten as medidas oportunas. Por parte do grupo de goberno interveu a concelleira de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade, Eugenia Martín, que dixo “o grupo municipal popular apoia esta moción xa que atravesamos un período económico crítico e calquera cantidade que cobren as entidades bancarias repercute negativamente tanto nas economías familiares como nas PEMES”. Despois das correspondentes intervencións esta moción foi aprobada por unanimidade.

Fixación dos festivos locais

Nesta primeira sesión plenaria tralo período vacacional tamén se fixaron por unanimidade na votación dos tres grupos municipais os festivos locais que ata o de agora viñan sendo o día da Ascensión e o día de San Xoán, pero este ano, por ser o primeiro festivo autonómico ao coincidir co día das Letras Galegas e o segundo un domingo, serán festivos o 19 de marzo, día de San Xosé, e o martes de entroido.

O pleno deu conta de que o goberno amiense non recibiu ningunha notificación por parte do Ministerio de Economía a cerca do acordo tomado en xullo pola corporación pedindo unha demora para liquidar as contas do 2010. O pleno tamén informou de que Augas de Galicia remitiu un informe favorable para construír na área de planeamento Rego do Pasos Sur IV, polo que a parcela para construír a nova escola infantil municipal xa conta con tódolos documentos requiridos.

IV CAMIÑATA POR PARELLAS

image

AMES - A Xunta de Goberno Local da luz verde para a execución das beirarrúas en Covas

A Xunta de Goberno Local da luz verde para a execución das beirarrúas en Covas

Ames, 01 de setembro de 2011. O goberno amiense dalle luz verde ás obras das beirarrúas na parroquia de Covas. A Xunta de Goberno local aprovou a adxudicación da contratación das obras das beirarrúas dende o lugar de Capeáns, á Igrexa de Covas. A empresa adxudicataria, Jesús Martínez Álvarez Construcciones, S. A, realizará estas obras por un importe total de 251.892,75 euros, IVE incluído.

A obras levaranse a cabo nun tramo de 500 metros e consistirán na ampliación do viario, así como na construción de beirarrúas en ambas as dúas marxes da calzada que disporán dun metro e medio de ancho como mínimo. Para poder executar esta obra chegouse a un acordo con todos os propietarios das fincas afectadas, que cederon gratuitamente o seu terreo, e non foi necesario realizar un proceso de expropiación forzosa. O proxecto tamén recolle a canalización para a recollia de pluviais cos seus respectivos pozos de rexistro e sumidoiros.

Un total de 33 empresas presentáronse ao proceso de contratación do proxecto e finalmente a obra foille adxudicada á que maior puntuación acadou. Coa execución desta obra dáselle resposta a unha antiga solicitude dos veciños que levan máis de seis anos pedindo que se rematen as beirarrúas en Covas. Agora, coa execución deste proxecto amplíase a travesía de Covas faltando soamente por executar un terceiro tramo que vai dende a igrexa de Covas ata o cruce do Lombao, punto de conexión da travesía coa estrada Roxos-Portomouro.

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén varias licenzas de segregación, unha licenza de obra maior e a modificación dunha licenza de parcelamento.

MANCOMUNIDADE DE ORDES - INCREMÉNTASE NUN 45% O ALUMNADO DO CURSO DE HABILIDADES SOCIAIS

INCREMÉNTASE NUN 45% O ALUMNADO DO CURSO DE HABILIDADES SOCIAIS PARA DISCAPACITADOS DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE ORDES

O presidente da Mancomunidade, Manuel Regos, inaugurou esta mañá a iniciativa e anunciou que intentarán estendelo máis aló de febreiro

Regos Boquete destaca a contribución deste curso ao respiro das familias con persoas con discapacidade e á autonomía persoal dos alumnos/as

1 de setembro de 2011.- O presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Manuel Regos Boquete, inaugurou esta mañá o novo curso de habilidades sociais para persoas con discapacidae que a entidade supramunicipal desenvolverá ata finais de febreiro de 2012 nunha aula especificamente habilitada no recinto feiral do Mesón do Vento (Ordes). Regos Boquete estivo acompañado polas concelleiras ordenses de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias, e de Educación, Mantemento e Servizos, Silvia Marín.

O novo curso comeza cun incremento dun 45% de alumnos sobre o anterior, ao pasaren de 11 a 16. A maioría dos alumnos, en concreto 14, pertencen ao municipio de Ordes. Os outros dous proveñen dos concellos de Mesía e de Oroso. Catorce dos alumnos teñen un grao de discapacidade recoñecido do 65% ou superior, polo que teñen dereito a achegarse ás clases facendo uso do servizo de transporte adaptado do 065. Os que non fan uso deste dereito empregan medios de transporte propios.

Evitar barreiras

O presidente da Mancomunidade de Ordes destacou a importancia de que estes cursos sexan coñecidos polos familiares de persoas con discapacidade que teñen certas reservas a participar. "Ás veces é difícil que rompan esa barreira que os reclúe na casa, quizais por temor a que non sexan capaces de afrontar o curso, e esa é unha inercia que temos que cambiar entre todos", afirmou Manuel Regos. "Canto máis tempo veñan será moito mellor para eles porque se relacionan máis cos demais, e tamén para as súas familias porque dispoñen dun tempo para desconectar", engadiu.

Por eso, Regos Boquete comprometeuse a facer as xestións necesarias desde a entidade supramunicipal para conseguir o financiamento necesario para prolongar o curso ata o vindeiro verán, sen limitarse aos seis meses inicialmente previstos. "Para min é fundamental que esta iniciativa se estenda todo o ano, prefiro aprazar o asfaltado dunha pista antes que cancelar estes cursos", concluiu.

Contido das clases

As clases, dirixidas por persoal docente especializado, desenvólvense de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas. Ofrécenlle ao alumnado diversos contidos dirixidos a potenciar a súa autonomía persoal e as súas posibilidades de socialización. Así, entre outras actividades, desenvolven obradoiros de alfabetización, de cociña, de tarefas do fogar, de hixiene persoal ou de hábitos saudables.

Ademais, os alumnos e alumnas relaciónanse co seu entorno mediante saídas puntuais e visitas ao colexio do Mesón do Vento, que os escolares do centro lles devolven durante o curso.

AMES - 297 nenos e nenas comezan un novo curso nas escolas infantís amienses

297 nenos e nenas comezan un novo curso nas escolas infantís amienses

Chega o mes de setembro e un ano máis comeza un novo curso nas escolas infantís municipais para os nenos e nenas de 0 a 3 anos. Na actualidade o concello de Ames conta con tres escolas infantís. Dúas delas, A Madalena e O Bosque, están xestionadas pola Administración local, mentres que a gardería As Figueiras, inaugurada en maio de 2010, está xestionada pola Xunta de Galicia. Nestas tres garderías aténdese a un total de 297 cativos. Na escola infantil municipal do Bosque, en Bertamiráns, están matriculados 114 nenos/as, mentres que na escola infantil municipal da Madalena, no Milladoiro, están matriculados 94 cativos/as. Na escola infantil das Figueiras están matriculados 89 nenos/as. Ademais o goberno municipal está traballando para que se constrúa unha nova escola infantil en Bertamiráns. A proposta do actual goberno é situar a nova gardería no contorno do paseo fluvial do Sar nunha parcela afectada por unha modificación urbanística do plan parcial Rego dos Pasos Sur, que foi ratificada no pasado pleno do mes de xullo.

Berros e choros pero algún que outro sorriso foi o que se puido escoitar esta mañá nas garderías de Ames. Esta mañá botou a andar un novo curso nas garderías municipais de O Bosque, en Bertamiráns, e A Madalena, que se atopa situada no Milladoiro. Tamén o fixo na escola infantil As Figueiras que está xestionada directamente pola Xunta de Galicia. Estas tres escolas infantís acollen a 297 nenos e nenas. As escolas infantís permanecen abertas todo o ano. O horario da gardería do Bosque, en Bertamiráns é das 7:30 h. ás 20:15 horas. A escola infantil municipal da Madalena, no Milladoiro tamén abre ás 7:30 h, sen embargo a súa hora de peche son as 21:00 horas. Estes centros ofrecen ademais un servizo de almorzo, xantar e merenda.AMES - escola infantil municipa3 2011

A gardería municipal do Bosque é a máis antiga do concello. Para o curso 2011/12 nesta gardería están matriculados 114 nenos e nenas de 0 a 3 anos. Estes cativos están repartidos en dúas aulas de 0 a 1 anos nas que se atende a un total de 16 nenos/as; tres aulas de 1 a 2 anos nas hai 39 cativos/as e outras tres aulas de 2 a 3 anos nas que están repartidos 59 nenos/as. A ratio establecida para cada unidade é de 20 cativos para as aulas de 2 a 3 anos; 13 nenos/as para as aulas de 1 a 2 anos e 8 cativos para as aulas de 0 a 1 anos. Deste xeito préstase servizo a un total de 114 nenos e nenas.

Por outra banda, a gardería municipal A Madalena do Milladoiro acolle a un total de 94 nenos e nenas. Ao igual que na gardería de Bertamiráns os cativos están distribuídos en distintas aulas dependendo da súa idade. Deste xeito hai unha aula de 0 a 1 anos na que están matriculados 8 nenos/as; dúas aulas de 1 a 2 anos na que se presta servizo a 13 nenos/as en cada unidade e tres aulas de 2 a 3 anos na que hai un total de 60 nenos/as matriculados (20 por unidade). En cada unha das unidades resérvanse varias prazas para casos de emerxencia social.

A estas dúas garderías municipais hai que sumarlle a escola infantil As Figueiras que comezou a funcionar en maio de 2010 e que está xestionada pola Consellería de Traballo e Benestar. Neste centro hai 89 nenos e nenas matriculados. En total hai sete unidades. Dúas de 0 a 1 anos que albergan a 15 cativos; dúas de 1 a 2 anos nas que están matriculados 25 nenos e nenas e tres aulas de 2 a 3 anos nas se atenden a 48 cativos/as. En cada unha das unidades resérvanse prazas para casos de emerxencia social.

Incremento poboacional

As prazas que ofertan as tres escolas infantís que hai en Ames non son suficientes debido ao incremento poboacional que se está experimentando. Na actualidade están censados no municipio amiense 1.467 nenos e nenas menores de tres anos. A pesar de dispor de tres escolas infantís faise necesario construír unha máis na zona norte do municipio para atender a poboación infantil que reside no contorno de Bertamiráns.

O Concello de Ames buscou un novo emprazamento para a que será a segunda gardería de Bertamiráns. A proposta do goberno municipal é situar a nova gardería no contorno do paseo fluvial do Sar, nunha parcela afectada por unha modificación urbanística do plan parcial Rego dos Pasos Sur, que foi ratificada no pasado pleno do mes de xullo. A proposta aínda non é definitiva, pois deberá ser revisada pola Xunta de Galicia, con todo o goberno local confía na súa viabilidade. O actual goberno considera que o emprazamento elixido é máis adecuado que o que barallaba o anterior goberno xa que a superficie reservada é maior á do anterior proxecto e ademais é unha zona céntrica e e de fácil acceso.

SEPTEMBRO LUDICO

Preto de 200 nenos participan no Setembro lúdico

Tralo remate da Escola de Verán e antes do comezo do novo curso escolar que terá lugar o vindeiro 12 de setembro, este xoves 1 de setembro comezaron as actividades do Setembro Lúdico que se estenderán ata o día 9 de setembro. Esta iniciativa está dirixida aos cativos escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. Deste modo, ofrécese unha alternativa para estes primeiros días de setembro co fin de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido, educativo e, de paso, ir engraxando a máquina para o comezo do curso escolar.

O curso escolar dará o pistoletazo de saída o 12 de setembro. Despois duns meses de xullo e agosto, no que a Escola de verán ofreceu a oportunidade de conciliar a vida laboral e familiar, aos nenos e nenas aínda lles queda 12 días de vacacións dos que gozar. Para ofrecer unha alternativa nestes primeiros días de mes, a Concellaría de Educación pon en marcha un ano máis o Setembro lúdico. Esta iniciativa, que arrancou este xoves, 1 de setembro, seguirá desenvolvéndose durante os días 2, 5, 6, 7, 8, e 9 de setembro.
O Setembro lúdico desenvólvese tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Nesta edición participan un total de 192 nenos e nenas. En Bertamiráns, empregaranse as instalacións do IES de Ames para realizar xogos e obradoiros nos que participarán 90 rapaces e rapazas. Mentres no Milladoiro, os lugares escollidos son a Casa da Cultura e a Escola Infantil desta localidade, na que asistirán 102 nenos e nenas. As actividades desenvolveranse en horario de 9:00 h. ás 14:30 horas da mañá. Aínda así, o programa esténdese desde as 7:30 h. ata as 16:00 horas, para aqueles nenos e nenas que utilicen o servizo de comedor.

Estes días estarán dedicados a “Os nosos amigos do mundo”, levando aos cativos e cativas a coñecer lugares interesantes e comprender que todos somos diferentes porque educáronnos en culturas diferentes. O reto principal consiste na presentación de xeografía para nenos e nenas dunha forma atractiva para atraer o seu interese, xirando as actividades arredor da diversidade étnica e cultural, a educación cívica así como o fomento de prácticas comunicativas baseadas no respecto ao outro. Por todo isto, na xornada de onte explicóuselles aos rapaces en que ían consistir estes días lúdicos e comezaron a gozar con diferentes actividades como xogos con plastilina, actividades dirixidas ou pintura.

Facer compatible a vida familiar coa laboral é só un dos obxectivos deste programa que vai máis aló. Tamén se pretende integrar a todos os nenos e nenas dentro do seu grupo de iguais, fomentar as habilidades sociais e achegar aos cativos e cativas a importancia da chegada do cole. O Setembro lúdico, unha edición máis, consistirá en sete días de diversión, aprendizaxe e novas amizades.

FRADES - SE AGARDA A PARTICIPACIÓN DE MÁIS DE 3.000 PERSOAS ESTE SÁBADO NA ROMARÍA DAS VIRTUDES DE VITRE

FRADES AGARDA A PARTICIPACIÓN DE MÁIS

DE 3.000 PERSOAS ESTE SÁBADO NA

ROMARÍA DAS VIRTUDES DE VITRE

Numerosas familias e peñas da comarca acudirán aos tradicionais xantares de campo desta celebración, que suma máis de tres décadas

1 de setembro de 2011.- A parroquia fradense de Vitre celebra este sábado unha nova edición da Romaría da Nosa Señora das Virtudes, que congregará a máis de 3.000 persoas procedentes tanto de Frades como dos municipios limítrofes e de diversos puntos de toda a provincia coruñesa. Unha romaría que ten un forte arraigo nesta zona e que é recoñecida, sobre todo, polos xantares tradicionais que se celebran nas explanadas contiguas ao campo da festa, no que se ubica a Capela das Virtudes.

Aló, ducias de familias, peñas e grupos de amigos acoden a pasar a xornada baixo a sombra dos carballos, con comida que levan da casa ou mesmo preparan no campo, onde a comisión de festas xa ten reservadas todas as mesas e barbacoas. Ademais, tamén haberá unha polbeira para aqueles que non desexen levar o xantar da casa.

Programa da festa

A festa comezará cunha serie de misas dende as 10:00 horas, entre as que destaca a misa solemne ás 13:30 horas e na que se realizará unha procesión en torno á Capela das Virtudes e diversas ofrendas á virxe. Unha vez rematada a parte relixiosa, dará comezo unha sesión vermouth a cargo da orquestra Alarma, que se encargará tamén da verbena popular a partir das 23:00 horas.

Pola tarde, os xantares estarán amenizados pola actuación musical da charanga Ruada. Segundo apuntan dende a comisión de festas, a tradición dos xantares suma máis de tres décadas e sempre foron multitudinarios. Ademais, nos últimos anos están experimentando unha revitalización grazas á participación de numerosas peñas de xóvenes de toda a comarca, que a celebran como unha das últimas grandes verbenas do verán.

A colaboración do Concello de Frades coa Romaría da Nosa Señora das Virtudes incluíu a limpeza e mantemento do campo da festa e do entorno da capela das Virtudes. Ademais, mañá venres trasladarán ata a zona un total de 24 contenedores de lixo para que os participantes na festa teñan espazo dabondo onde depositar os restos dos xantares.

SILLEDA – CURSO MONITOR EDUCACIÓN

Comeza o curso de monitor de educación

ambiental con 15 alumnos

-O ciclo formativo, para persoas desempregadas, continuará ata o mes de novembro

Silleda, 1 de setembro de 2011. Esta mañá deu comezo na Casa da Cultura de Silleda o curso de monitor/a de educación ambiental, financiado pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación. O ciclo está destinado a persoas en situación de desemprego e desenvolverase ata o 16 de novembro, cunha duración de 318 horas (o equivalente a 53 días lectivos).

En total participan 15 alumnos/as, que logo das sesións teóricas terán un periodo de prácticas voluntarias (por 50 horas), co que o ciclo formativo se vai prolongar ata finais do vindeiro mes de novembro. Ademais de conceptos xerais de educación ambiental, o programa inclúe outros relacionados coa psicopedagogía da aprendizaxe nesta materia, seguridade e hixiene no traballo, ou a problemática medioambiental na sociedade actual. O curso ten así mesmo entre os seus obxectivos unha formación para a igualdade, a inserción laboral ou a sensibilización medioambiental. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández e a concelleira de Emprego, Margarita Campos, déronlle a benvida aos participantes no ciclo. “Esperamos que aproveitedes as posibilidades deste curso, dado que se trata de iniciativas de formación específicas e cun programa moi completo”, sinalou Margarita Campos. Pola súa banda, a rexidora silledense resaltou que esta iniciativa se enmarca na estratexia do departamento municipal de Emprego, dende o que se están levando a cabo interesantes iniciativas para a reactivación da economía.

OROSO - UNHA SAÍDA DE SENDEIRISMO ADENTRA AOS VECIÑOS NO SEU PATRIMONIO HISTÓRICO E NATURAL

UNHA SAÍDA DE SENDEIRISMO ADENTRA AOS VECIÑOS DE OROSO NO SEU PATRIMONIO HISTÓRICO E NATURAL

1 de setembro de 2011.- Unha quincena de persoas participaron na tarde de onte na ruta de sendeirismo organizada polo Concello de Oroso para darlles a coñecer aos veciños o patrimonio histórico e natural da zona. A saída, en boa medida condicionada pola chuvia, foi guiada polo historiador Manuel Pazos e polo integrante da asociación Tarandeira, Manuel Soneira.

O punto de inicio do percorrido foi a ponte de Sigüeiro, da que Pazos destacou a súa orixe románica entre os séculos XI e XII e o protagonismo que tivo ao longo da historia por ser, aínda hoxe, un elemento fundamental para as comunicacións entre Santiago e A Coruña.

A partir de aí, os sendeiristas, que en todo momento tiveron o apoio da Agrupación Local de Protección Civil, dirixíronse ata a parte santiaguesa da Barciela, para coñecer con detalle a igrexa da parroquia, a antiga capela de Santa Catalina e o seu conxunto histórico. Tamén recibiron explicacións sobre os lindes entre Santiago e Oroso nesta parroquia, que foron redefinidos hai uns anos.PENTAX DIGITAL CAMERA

A parroquia de César (Santiago), O Refuxio e A Penateixa foron as seguintes paradas da ruta, antes de chegar ás inmediacións de Porto Avieira, onde Soneira disertou sobre un conxunto de árbores autóctonas de gran diversidade e bo estado de conservación que alí se atopa.

Para completar o percorrido, que se prolongou durante cinco horas, os camiñantes dirixíronse ata a igrexa da Gándara, o muíño de Xan Grande, A Torre e A Foca, lugar este último onde tiveron ocasión de coñecer o seu lavadoiro tradicional, outro elemento patrimonial de relevancia.

O concelleiro de Cultura, Antonio Leira, agradeceu a colaboración de Manuel Pazos e Manuel Soneira e, sobre todo, a participación veciñal pese á chuvia. Leira suliñou a importancia destas saídas, que este ano se celebraban por sexta vez, para que os veciños coñezan “a riqueza cultural e paisaxística que temos practicamente ao pé da porta e que case nunca reparamos nela ou non coñecemos o alcance do seu significado”.

BNG A ESTRADA - Os informes municipais contradín as palabras do alcalde

Os informes municipais contradín as palabras do alcalde

Para Xosé Magariños, “o alcalde non só falta á verdade, senón que descoñece totalmente os informes dos técnicos municipais, que din explicitamente que durante o período 1 de maio de 2009 ao 31 de decembro de 2010, acadouse un moi bo porcentaxe de recadación (92,8% dos cargos).”

A Estrada, 31 de agosto de 2011: O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, saíu hoxe ao paso das declaracións efectuadas polo Alcalde, José López efectuadas na radio municipal así como as recollidas en diversos medios de comunicación local. Nelas, o alcalde consideraba que o departamento de recadación atopábase nun absoluto abandono e que se dilapidaron os aforros do concello.

Para Xosé Magariños, “o alcalde non só falta á verdade, senón que descoñece totalmente os informes dos técnicos municipais, que din explicitamente que durante o período 1 de maio de 2009 ao 31 de decembro de 2010, acadouse un moi bo porcentaxe de recadación (92,8% dos cargos).”

“Polo tanto, desde o BNG non podemos máis que rexeitar de plano as declaracións efectuadas polo actual Alcalde, que, insistimos, só busca crear o ambiente propicio para unha subida de impostos, que fará máis pronto que tarde”, engadiu o portavoz municipal do BNG.

Xosé Magariños reiterou unha vez máis a política de control do gasto efectuada polo BNG na Concellaría de Facenda nos últimos catro anos, sinalando especialmente que “grazas a municipalización do servizo de recadación efectuada polo BNG, antes en mans privadas por culpa do Partido Popular, no período citado anteriormente, o concello aforrou 101.408 €, feito que destaca especialmente o tesoureiro municipal no informe citado anteriormente.”

O nacionalista Xosé Magariños, tamén quixo destacar “o convenio asinado en 2010 coa Xunta de Galiza para o cobro de diversos recibos a persoas con propiedades na Estrada, pero censadas noutro concello, que permitirá incrementar os ingresos municipais”. “Polo tanto, é falso o que está a dicir José López”, afirmou o portavoz municipal do BNG.

“Estas son as políticas que levou a cabo o BNG na Concellaría de Facenda, políticas que até os propios técnicos municipais destacan nos seus informes”, e engadiu Magariños, “José López está en campaña electoral, e do actual alcalde só temos declaracións sobradamente dramatizadas que non mellorarán a calidade de vida dos veciños, pero seguro que lle fará merecedor dalgún Goya ou Óscar pola súa interpretación”, remachou Xosé Magariños.

AMES - As Escolas de Verán pechan as súas portas cunha gran festa de clausura

As Escolas de Verán de Ames pechan as súas portas cunha gran festa de clausura para os rapaces e rapazas amienses

Ames, 31 de agosto de 2011. Comeza o mes de setembro e con el remata a tempada de verán e iníciase un novo curso. As vacacións dos máis pequenos tocan xa ao seu fin e, arestora, é o momento de comezar cos libros e coa emoción de estrear novo material escolar. O verán desvanécese e chega a volta ao cole cos nervios e coa ilusión dos primeiros días e, a súa vez, coa tristeza de ter que volver a estudar. Os rapaces e rapazas das Escolas de Verán do Concello de Ames non só estarán tristes por ter que comezar os estudos senón que, tamén, botarán en falta a súa participación nesta iniciativa de entretemento. Fixeron novos amigos/as e gozaron de xogos e numerosas actividades lúdicas e educativas, así como dalgunhas sorpresas que os mantiveron entretidos durante os meses de xullo e agosto. Este mércores, as escolas de verán tocaron as súas últimas notas e, por iso, os nenos e nenas de Bertamiráns e Milladoiro puideron gozar dunha festa de clausura que fixo as ledicias dos máis pequenos. Un evento onde os rapaces comeron lambonadas, xogaron e bailaron ata quedaren exhaustos. Ademais, en Bertamiráns disfrazáronse ata transformarse por un día, en piratas, princesas e superheroes, entre outros personaxes.

As Escolas de Verán de Milladoiro e Bertamiráns remataron a última quenda de actividades programadas para os cativos e cativas participantes neste programa de entretemento. Con motivo da finalización desta iniciativa, os rapaces e rapazas amienses contaron cunha festa de despedida na que bailaron, xogaron, disfrazáronse e comeron moitas lambonadas. Un gran evento de clausura que pecha dous meses de actividades, xullo e agosto, orientadas ao divertimento dende o punto de vista educativo. Esta festividade foi a guinda perfecta para clausurar as Escolas de Verán de Milladoiro e Bertamiráns que fixeron as ledicias dos pais e dos cativos do municipio.

A Escola de Verán en cifras

Esta iniciativa, posta en marcha un ano máis polo Concello de Ames co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar na tempada estival, contou coa participación de 325 rapaces nas escolas de Bertamiráns e Milladoiro. A Escola de Verán dividiuse en catro quendas repartidas nas quincenas de xullo e agosto. É importante destacar que, moitos rapaces gozaron das escolas durante un mes enteiro e outros participaron durante os dous meses do programa de entretemento.

Durante o mes de xullo, o número de cativos e cativas que gozaron das actividades situáronse en torno aos 200 participantes. Por outra banda, o mes de agosto supuxo un lixeiro descenso no número de rapaces e rapazas que asistiron as escolas de verán cunha cifra aproximada de 130 rapaces. A Escola de Verán do Milladoiro con 178 asistentes contou con máis nenos que a situada no núcleo de Bertamiráns que, na súa totalidade, tivo 147 cativos.

Dous meses de auténtico entretemento

As Escolas de Verán do Concello de Ames desenvolveron diversas actividades que os rapaces e rapazas amienses gozaron durante os meses de xullo e agosto. Múltiples formas de facer manualidades e xogos en equipo conseguiron que os cativos e cativas amienses se relacionasen entre eles para que, arestora, sexan os perfectos compañeiros de xogo. A solidariedade, o respecto e a igualdade convertéronse nos principais fundamentos das súas xornadas diarias.

Na escola de Bertamiráns o programa de actividades estivo orientado ao coidado do propio corpo e a preservación do medio ambiente. Durante o mes de xullo, os cativos aprenderon e perfeccionaron os seus coñecementos relacionados co seu propio corpo e co coidado do mesmo e realizaron numerosas manualidades como barcos, cadros de area e serpes decorativas como topes de portas. Por outra banda, durante o mes de agosto as actividades estiveron orientadas a conservación e ao coidado do medio ambiente e a importancia de que o ser humano coide a natureza que o rodea. Por iso, entre outros eventos, os nenos e nenas de Bertamiráns realizaron pequenos cultivos de pemento, leitugas e perexil na horta e aprenderon algunhas cuestións relacionadas coa contaminación e co cambio climático.

A escola de Millladoiro centrou o seu programa no mundo do circo e do cine e no espazo mariño. No mes de xullo, os rapaces e rapazas tiveron as actividades orientadas cara o mundo mariño onde aprenderon as especies que se atopan no mar. Con motivo desta temática, os cativos fixeron unha filme que foi proxectada a finais do mes de xullo na Casa da Cultura e que contou coa presenza dos pais e nais dos máis pequenos. Tratábase da proxección dun programa de entretemento coñecida como Ames Directo na que os nenos e nenas fixeron de presentadores, bailaríns, actores, reporteiros e, escenógrafos. Por outra banda, no mes de agosto, o seu programa de actividades estivo dirixido ao mundo circense onde os asistentes adquiriron coñecementos sobre as características do circo e dos distintos artistas que o compoñen e, a súa vez, aprenderon a facer malabares e acrobacias.AMES - ESCOLA DE VERAN 2011

Campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata”

Porén, as actividades non se desenvolvían baixo un axenda pechada senón que os rapaces e rapazas amienses puideron gozar dalgunhas sorpresas. Entre outras destaca a presenza da campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” nas escolas de verán, nesta xornada os asistentes, mediante un xogo, convertéronse en auténticos pescadores e expertos en conservas, así como aprenderon a importancia de incluír o peixe nas súas dietas alimenticias. Pero, as sorpresas non quedaron aí. En Bertamiráns, os nenos/as fixeron unha visita ao Concello onde coñeceron o funcionamento da Administración local, falaron co alcalde e gozaron da Festa da Auga no Pazo da Peregrina. Mentres tanto, a rapazada do Milladoiro gozou dun espectáculo de clown e malabares do dúo Brincadeira e, por outra banda, os cativos/as tiveron unha xornada de convivencia cos nenos e nenas de Padrón que participaron no Concilia Verán.

A Escola de Verán pecha as súas portas cun final de festa cheo de música e xogos para os máis pequenos que con moita alegría gozaron como nunca das actividades de entretemento que se puxeron a súa disposición. Arestora, ábrese unha nova xanela para os máis pequenos e tamén para os seus pais e nais posto que aparece con forza o Setembro lúdico. Un adeus as escolas de verán e unha benvida para o Setembro lúdico.

AMES - Rematan os cursos de natación aos que asistiron uns 400 rapaces

Rematan os cursos de natación aos que asistiron uns 400 rapaces

As piscinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro dixeron adeus aos cursos de natación organizados polo Concello de Ames. En Bertamiráns a celebración tivo lugar ás 11:00 horas, mentres no Milladoiro a clausura tivo lugar ás 12:30 horas. Despois de dous meses en que os cativos e cativas puideron gozar e aprender un deporte como a natación, o Concello de Ames, representado polo concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, repartiu camisetas para todos os participantes como recompensa do esforzo e recordo do curso.

Preto de 400 rapaces amienses acudiron as clases de natación de 45 minutos que se impartiron durante os meses de xullo e agosto nas piscinas abertas de Bertamiráns e do Milladoiro, e que foron clausurados este mércores, 31 de agosto, da man do concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, que estivo en ambas as dúas localidades repartindo agasallos para os participantes como recompensa polo esforzo que realizando durante estes dous meses de verán.

Os cursos repartíronse ao longo da mañá, divididos en franxas de idade. Das 10:30 h. ás 11:15 h. foi a quenda dos nenos e nenas de 12 anos; das 11:15 h. ás 12:00 h. foi a hora dos cativos e cativas de dez e once anos; na terceira quenda, das 12:00 h. á 12:45 h., participaron os rapaces de oito a nove anos; das 12:45 h. a 13:30 h., os nenos e nenas de entre seis e sete anos e, na última quenda, de 13:30 h. a 14:15 h., tocoulle a vez ao grupo dos máis cativos, os e as que teñen entre tres e cinco anos.

Os monitores valoraron positivamente todo este verán de natación, cun número moi alto de participantes. O único negativo foi a climatoloxía, pero aínda así o número de usuarios/as foi moi alto. Paula, unha das monitoras que leva xa desde o 2003 traballando no verán, sinala a boa resposta dos rapaces e rapazas, que tiveron unha gran progresión en tan pouco tempo.

A natación é unha das actividades deportivas máis recomendables. Non só se traballan dous terzos de todos os músculos do corpo senón que tamén ten moitos efectos positivos na mellora da saúde como é no incremento na resistencia cardiopulmonar, a estimulación da circulación sanguínea, mellora a postura corporal ou axuda ao desenvolvemento da flexibilidade entre outros efectos terapéuticos. Por iso, desde a Concellaría de Deportes organízanse todos os anos varios cursos de natación onde a gran asistencia sempre deixa un bo sabor de boca.

Clausúranse os cursos de piragüismo

Remata o verán e con el, os cursos de iniciación ao piragüismo. Este mércores 31 de agosto tamén remataron os cursos de piragüismo que puxo en marcha o Concello de Ames. Nestes dous meses estivais, as actividades relacionadas coa auga cobraron protagonismo e, sobre todo, deportes en auxe como o piragüismo e o kayak de río. A clausura do curso tivo lugar na praia fluvial de Tapia, lugar onde se realizaron sempre as clases por ter unhas instalacións inmellorables para a práctica deste deporte.

O encargado de impartir o curso de iniciación ao piragüismo foi o Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre xunto co Concello de Ames. O número de participantes foi de 18 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.

As piscinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro dixeron adeus aos cursos de natación organizados polo Concello de Ames. En Bertamiráns a celebración tivo lugar ás 11:00 horas, mentres no Milladoiro a clausura tivo lugar ás 12:30 horas. Despois de dous meses en que os cativos e cativas puideron gozar e aprender un deporte como a natación, o Concello de Ames, representado polo concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, repartiu camisetas para todos os participantes como recompensa do esforzo e recordo do curso.

Preto de 400 rapaces amienses acudiron as clases de natación de 45 minutos que se impartiron durante os meses de xullo e agosto nas piscinas abertas de Bertamiráns e do Milladoiro, e que foron clausurados este mércores, 31 de agosto, da man do concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, que estivo en ambas as dúas localidades repartindo agasallos para os participantes como recompensa polo esforzo que realizando durante estes dous meses de verán.

Os cursos repartíronse ao longo da mañá, divididos en franxas de idade. Das 10:30 h. ás 11:15 h. foi a quenda dos nenos e nenas de 12 anos; das 11:15 h. ás 12:00 h. foi a hora dos cativos e cativas de dez e once anos; na terceira quenda, das 12:00 h. á 12:45 h., participaron os rapaces de oito a nove anos; das 12:45 h. a 13:30 h., os nenos e nenas de entre seis e sete anos e, na última quenda, de 13:30 h. a 14:15 h., tocoulle a vez ao grupo dos máis cativos, os e as que teñen entre tres e cinco anos.

Os monitores valoraron positivamente todo este verán de natación, cun número moi alto de participantes. O único negativo foi a climatoloxía, pero aínda así o número de usuarios/as foi moi alto. Paula, unha das monitoras que leva xa desde o 2003 traballando no verán, sinala a boa resposta dos rapaces e rapazas, que tiveron unha gran progresión en tan pouco tempo.

A natación é unha das actividades deportivas máis recomendables. Non só se traballan dous terzos de todos os músculos do corpo senón que tamén ten moitos efectos positivos na mellora da saúde como é no incremento na resistencia cardiopulmonar, a estimulación da circulación sanguínea, mellora a postura corporal ou axuda ao desenvolvemento da flexibilidade entre outros efectos terapéuticos. Por iso, desde a Concellaría de Deportes organízanse todos os anos varios cursos de natación onde a gran asistencia sempre deixa un bo sabor de boca.

Clausúranse os cursos de piragüismo

Remata o verán e con el, os cursos de iniciación ao piragüismo. Este mércores 31 de agosto tamén remataron os cursos de piragüismo que puxo en marcha o Concello de Ames. Nestes dous meses estivais, as actividades relacionadas coa auga cobraron protagonismo e, sobre todo, deportes en auxe como o piragüismo e o kayak de río. A clausura do curso tivo lugar na praia fluvial de Tapia, lugar onde se realizaron sempre as clases por ter unhas instalacións inmellorables para a práctica deste deporte.

O encargado de impartir o curso de iniciación ao piragüismo foi o Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre xunto co Concello de Ames. O número de participantes foi de 18 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.

SILLEDA - O Concello de Silleda asesorará aos veciños afectados pola construcción do parque eólico Monte Festeiros

O Concello de Silleda asesorará aos veciños afectados pola construcción do parque eólico Monte Festeiros

-Segundo a empresa promotora, Airosa Vento o proxecto, con 11 aeroxeneradores en territorio silledense, podería estar a exposición pública a finais deste ano

-Paula Fernández e Antonio Couso asistiron á reunión informativa na parroquia de Graba, que compartirá a futura instalación enerxética xunto con Refoxos e Cortegada

Silleda, 31 de agosto de 2011. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e o concelleiro de Medio Rural, Antonio Couso, asistiron o pasado martes pola noite a unha reunión informativa cos veciños da parroquia de Graba, unha das afectadas pola construcción do parque eólico Monte Festeiros, xunto coa de Refoxos e Cortegada (na zona de monte común de Xubín).

A rexidora reiterou no encontro a disposición do Concello de Silleda a asesorar e a manter informados aos veciños en todo momento sobre o proceso. “Queremos que os afectados teñan as mellores opcións, tanto económicas como técnicas”, sinalou a alcaldesa, que explicou que as previsións da empresa pasan por ter o proxecto do Monte Festeiros a exposición pública a finais deste ano ou principios de 2012. Será entón cando os veciños poderán revisar a proposta da empresa adxudicataria, Airosa Vento, e facer as alegacións que estimen oportunas.

De todos os xeitos, Paula Fernández, destaca que a empresa promotora xa amosou a súa disposición as modificacións necesarias no trazado de vías e camiños de servizo para o futuro parque. Neste senso, cómpre sinalar que xa se detectaron problemas en puntos como Lagoa ou Tixoa. Neste último punto, na parroquia de Refoxos estaría previsto o paso da liña eléctrica soterrada polo medio das vivendas, co que sería preciso facer cambios no proxecto técnico.

“O Concello ten tamén un evidente interese económico no proxecto, xa que as instalacións eólicas supoñen ingresos para as arcas municipais”, apuntou a alcaldesa de Silleda no encontro, ao que tamén se achegaron veciños doutras parroquias afectadas.

Na reunión interviu tamén José Antonio Diéguez, presidente do colectivo Ventonoso que leva máis dunha década asesorando ao afectados nestes temas, a a enxeñeira de Montes Verónica Vicente, que explicaron en qué consisten as instalacións eólicas. Os membros do goberno municipal, que explicaron aos veciños que teñen á súa disposicións os planos que existen ata o momento para levar a cabo o proxecto, tamén avanzaron que Airosa Vento xa solicitou permiso no Concello para colocar unha torre anemométrica para medir a velocidade do vento na zona.

O parque eólico de Monte Festeiros, que a empresa prevé empezar a construir a finais do ano 2013, conta cunha potecia concedida de 48 megavatios e un total de 16 aeroxeneradores de 3 megavatios cada un. Once deles estarán situados en territorio municipal de Silleda e os cinco restantes no veciño concello de Forcarei.

SILLEDA - Os estudantes universitarios e de Secundaria xa poden solicitar no Concello os bonos de transporte

Os estudantes universitarios e de Secundaria xa poden solicitar no Concello os bonos de transporte

Silleda, 31 de agosto de 2011. Os silledenses que cursen estudos universitarios ou de ensino Secundario en distintas cidades galegas xa poden solicitar os bonos de transporte nas dependencias municipais. As solicitudes deben presentarse no Rexistro, cumplimentando unha folla de de inscrición e achegando o certificado de empadronamento e unha fotocopia de matrícula nos respectivos estudos. Unha vez aceptada a petición, os bonos entregaranse como se vén facendo nos últimos anos nas instalacións da Casa da Cultura de Silleda.

OROSO - AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS PÓÑENLLE FIN Á SEMANA CULTURAL 2011 DO CONCELLO DE

AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS PÓÑENLLE FIN Á SEMANA CULTURAL 2011 DO CONCELLO DE OROSO

Patinaxe, hockei e xadrez formarán parte da oferta formativa das escolas deportivas municipais no novo curso 2011-2012

31 de agosto de 2011.- A Semana Cultural 2011 do Concello de Oroso chega á súa fin con diversas actividades deportivas e de exercicio físico nas que toman parte deceas de persoas de todas as idades. Xogos sobre patíns, hockei e xadrez compuxeron as propostas destas últimas xornadas.

Así a xornada de patín e hockei organizada polo Concello coa colaboración do Club Compostela de Hockei superou os sesenta nenos e nenas. Os xogos tiveron que trasladarse ao pavillón polideportivo a causa da chuvia, pero eso non impediu que os cativos puidesen disfrutar dunha tarde de xogos sobre rodas.OROSO - SEMANA CULTURAL AGOSTO 2011

Dado que a patinaxe é un dos deportes máis demandados no municipio, o Concello e o club santiagués iniciarán o próximo curso de patinaxe o vindeiro martes 6 de setembro. O concelleiro de Deportes, Luís Rey, anima a todos os nenos e nenas maiores de tres anos e aos adultos sen límite de idade “a que pasen polo polideportivo e proben a iniciarse ou a intentar perfeccionar as súas destrezas neste deporte”. As clases, distribuídas en grupos, desenvolveranse entre as 16 e as 22 horas todos os martes e xoves.

Previamente, a Semana Cultural 2011 dedicoulle unha xornada ao xadrez, coa participación dunhas trinta persoas. Esta proposta, para a que o Concello contou co apoio do Club Universitario de Xadrez de Santiago, consistiu en varias partidas simultáneas co profesor de xadrez do club e con Martín Pena, veciño de Oroso que, aos seus oito anos, ten no seu haber o campionato de xadrez no circuíto galego de 2010 e está considerado o mellor xogador galego sub 8.

Estas xornadas pretenden promocionar o xadrez no municipio, tendo en conta que “ademais é unha actividade educativa que contribúe ao desenvolvemento mental e á concentración de quen o practican”, tal como asegura Luís Rey. O responsable municipal de Deportes anuncia que o xadrez tamén formará parte da oferta formativa das escolas deportivas municipais para o vindeiro curso 2011-2012.

MELIDE - Recuperase en Melide o Festival de Miss e Míster Galicia 3º Idade.

Recuperase en Melide o Festival de Miss e Míster Galicia 3º Idade.

 

  • A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez maila concelleira de servicios sociais, María Jesús López, tratan de recuperar o festival de Miss e Míster Galicia 3º Idade despois de catro anos no olvido.
  • O festival de miss e míster celebrarase o día 2 de outubro no Cantón de San Roque se a meteoroloxía o permite, en caso contrario terá lugar no Palacio de Congresos da Vila.

Melide, 31 de agosto de 2011.- Dende a concellaría de Igualdade e Benestar ao cargo da cal se encontra a popular María Jesús López Mourón, preténdese recuperar o XVIII Festival de Miss e Míster Galicia Terceira Idade, que terá lugar en Melide o vindeiro 2 de outubro. Recuperase desta maneira un festival moi demandado polos veciños e veciñas da vila na que se aproveita para xuntar aos socios/as dos distintos centros sociais de toda Galicia, buscando a harmonía e o intercambio de experiencias entre todos os participantes. Serán sete os títulos aos que poderán optar todas aquelas persoas que participen no festival de “Miss e Míster Galicia 2011”: miss Galicia, beleza, elegancia, fotoxenia, verán, simpatía, marchosa xunto co certame especifico para homes, que constará de dúas categorías: míster simpático e míster guapo. A gañadora do título de Miss Galicia, será agasallada cunha coroa, flores e placa MELIDE - MISTER E MISS TERCEIRA IDADE conmemorativa ademais dun viaxe dunha semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural. Dentro desta edición do festival, votárase a recuperar o “Campionato Galego de Pasodobres” que xa vai pola oitava edición, no que tamén os gañadores serán agasallados cun trofeo conmemorativo. En palabras da concelleira responsable intentase de esta maneira recuperar un festival cheo de alegría ao cal acudían miles de xubilados de toda Galicia, onde desfrutaban do encontro con outros maiores e compartían experiencias, o cal se viña celebrando ininterrompidamente dende o ano 1989. Unha tradición coa que decidiu rematar o anterior goberno local deixando no esquezo unha xornada de festa para os nosos maiores. O centro social do Concello de Melide xa comezou os preparativos para elixir a miss e míster Melide, concurso que terá lugar o vindeiro domingo 25 de setembro no centro social da vila. As/os elixidos representarán a vila de Melide no certame Miss e Míster Galicia. Así mesmo, os centros sociais de toda Galicia están facendo o propio nos respectivos centros socias co obxecto de elixir aos representantes que concursaran en dito certame.

BNG A ESTRADA - É totalmente falso que non haxa crédito para manter o número de traballadores que recollen o lixo no concello

É totalmente falso que non haxa crédito para manter o número de traballadores que recollen o lixo

Para Xosé Magariños o alcalde e o Partido Popular están nunha particular campaña de sensibilización que emprenderon desde o primeiro día para preparar unha suba de impostos municipais e xustificar recortes nas prestación de servizos do concello

A Estrada, 26 de agosto de 2011: Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG, e Xosé Manuel Baños, responsábel local do BNG, compareceron hoxe perante os medios de comunicación locais para contestar as palabras do alcalde, José López, sobre a falta de recursos económicos para pagar os salarios dos 48 operarios da recollida do lixo.

O portavoz municipal do BNG explicou que “o concello ten asinado un convenio co INEM, e abeiro do mesmo traballadores e traballadoras en desemprego que perciben prestación traballan no Concello, completandolles as retribucións.” “Por outra parte”, engadiu Magariños, “o servizo de recollida de lixo funciona basicamente con este persoal, mais tamén hai persoal de convenio noutros departamentos do concello (obras, bacheo, oficinas, ...), que suma un total de 20 traballadores, moi lonxe dos 48 que López dixo que había agora.” Neste sentido, Xosé Magariños preguntouse “por que o Alcalde duplicou o persoal destinado a limpeza, cuestión que non se percibe vendo as rúas do casco.”

Por outra banda, o portavoz municipal do BNG dixo que “é totalmente falso que non haxa crédito para manter o número de traballadores incluídos no convenio até final de ano, xa que se incrementou en 60.000 € con respecto ao ano 2010, incremento que se considerou necesario á vista do aumento do número de desempregados no concello da Estrada, e máis a baixada doutros programas como por exemplo, o recorte na subvención da Consellaría de Traballo para os plans de cooperación foi salvaxe pasando de 20 traballadores a 1.

Para Xosé Magariños “o alcalde e o Partido Popular están nunha particular campaña de sensibilización que emprenderon desde o primeiro día para preparar unha suba de impostos municipais e xustificar recortes nas prestación de servizos do concello, ao tempo que busca coartada para non dar cumprimento ás súas promesas electorais.”

Comisións
Tanto Xosé Magariños como Xosé Manuel Baños, destacaron que “é unha mágoa que este tipo de diferenzas, este tipo de problemas, non se debatan nas comisións, organismos que non se convocan desde hai tres meses; nin a de Facenda nin a do PXOM, por exemplo.”

Cargos de confianza
O alcalde José López saíu ao paso das declaracións efectuadas onte polo portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, a respecto dos cargos de confianza nomeados polo novo rexedor. O alcalde recordoulle ao concelleiro do BNG que este asunto puido tratalo no pleno do mes de xullo. Neste sentido, o portavoz do BNG, contestoulle hoxe que “o alcalde anda un tanto despistado, xa que o pleno celebrouse o día 11 de xullo, e os nomeamentos son do día 15, polo que é imposíbel que o BNG tivera coñecemento dese asunto a esas alturas de mes.”

BNG ORDES - A INTERVENCIÓN MUNICIPAL ADVIRTE DO TOTAL INCUMPRIMENTO DO PLAN DE SANEAMENTO DO CONCELLO DE ORDES

A INTERVENCIÓN MUNICIPAL ADVIRTE DO TOTAL INCUMPRIMENTO DO PLAN DE SANEAMENTO DO CONCELLO DE ORDES

Para o BNG este dato confirma a necesidade de realizar canto antes a auditoría externa proposta polo Pleno

O BNG fixo público o contido dun informe da Intervención Municipal do Concello de Ordes que advirte do total incumprimento do Plan de Saneamento aprobado polo Pleno en xullo de 2009. Este informe forma parte da documentación relativa á liquidación da Conta Xeral do exercicio de 2010, que se debatirá no Pleno Ordinario do mes de setembro.

Gonzalo Castro, manifestou que “este informe da intervención municipal ven a evidenciar a existencia dunha xestión caótica e irresponsábel por parte do alcalde e o seu goberno, o que confirma a necesidade de realizar a completa auditoría externa das contas do Concello, proposta polo Pleno o pasado mes de xullo, a iniciativa do BNG”.

O portavoz do BNG salientou que, ademais do total incumprimento do Plan de Saneamento, “o informe da Intervención tamén advirte do incremento da débeda do Concello durante o ano 2010 en máis de 2 millóns de euros, o que supón una débeda acumulada por habitante de 622 euros, situando a Ordes como un dos concellos galegos máis endebedados.”

Castro enfatizou que “o informe de intervención indica que os ingresos correntes liquidados non son quen de financiar os gastos correntes, atopándose a situación do Concello, nun gravísimo desequlibrio financeiro, co agravante de que vai medrando ano tras ano”. Desde a Intervención municipal ademais de aconsellar “a diminución urxente e drástica do gastos correntes, o incremento de ingresos e o refinanciamento da débeda (que precisaría da autorización da Xunta, dado o aforro neto negativo)”, recomendase “non solicitar ou, de ser o caso, rexeitar calquera subvención na que o Concello teña que aportar unha porcentaxe”

Para o voceiro nacionalista “este informe da intervención confirma a existencia dunha situación crítica no Concello de Ordes, debido ao estrago de recursos públicos, cunha débeda que xa rolda os 11 millóns de euros, e que sigue a impedir atender o pago dos servizos e traballos dos provedores do Concello, ocasionando un grave quebranto económico aos autónomos e ás empresas de Ordes”.

OROSO - O CONCELLO OFRÉCESE A APOIAR A CREACIÓN DUN CLUB DE BTT NO MUNICIPIO

O CONCELLO DE OROSO OFRÉCESE A APOIAR A CREACIÓN DUN CLUB DE BTT NO MUNICIPIO

Tras a xincana do pasado sábado, comprométese a darlle continuidade e estabilidade a esta práctica deportiva con afeccionados organizados

29 de agosto de 2011.- O Concello de Oroso contribuirá á creación dun club ou unha peña de afeccionados á BTT (Bicicleta Todo Terreo) no municipio se os interesados se animan a constituír a entidade para fomentar a práctica desta modalidade deportiva. Así o anunciaron hoxe os responsables do departamento municipal de Deportes, tras avaliar a exitosa acollida da xincana e da marcha BTT organizada esta fin de semana no marco da Semana Cultural 2011.OROSO - BTT

Precisamente, estas dúas actividades pretenderon ser unha experiencia inicial previa á que, se hai vontade dos afeccionados, se lle podería dar contiuidade e estabilidade durante o resto do ano a través do club, organizando novas saídas e outras actividades de BTT de xeito periódico.

Nas propostas desta fin de semana participaron unhas cincuenta persoas, entre os menores de dez anos que completaron a xincana cun circuíto de habilidades e os maiores desa idade que efectuaron o percorrido duns 20 quilómetros por pistas forestais do municipio, idóneas para este deporte. Entre os participantes, achegáronse non só veciños de Oroso ou de localidades próximas como Oroso ou Santiago, senón incluso varios deportistas do club de Celanova (Ourense).

Patíns e sendeirismo nos vindeiros días

A Semana Cultural Oroso 2011 ten programadas para os próximos días outras propostas nas que o deporte e o exercicio físico son protagonistas. Así, este martes 30 desde as 18 horas terá lugar unha xincana e xogos en patíns na Praza de Isaac Díaz Pardo, que se trasladaría ao pavillón polideportivo en caso de chuvia. E como remate da Semana Cultural, o mércores 31, ás 16 horas, está prevista unha saída pola ruta de sendeirismo, con saída de Sigüeiro, e regreso arredor das 21 horas. Para todas estas actividades aínda se poden efectuar anotacións, pola mañá no Centro Cultural e pola tarde no Complexo Deportivo.

TEO - O CONCELLO ALERTA DE QUE TERÁ QUE RETIRAR AS CUBAS COLOCADAS PARA RESTOS VEXETAIS NO CASO DE QUE SE SIGAN UTILIZANDO DE XEITO INADECUADO

O CONCELLO DE TEO ALERTA DE QUE TERÁ QUE RETIRAR AS CUBAS COLOCADAS PARA RESTOS VEXETAIS NO CASO DE QUE SE SIGAN UTILIZANDO DE XEITO INADECUADO

· O Departamento de Medio Natural explica que se están depositando residuos como madeira, metais ou restos de mobles o que obriga a que operarios municipais separen os diferentes residuos

· As catro cubas colocadas no punto limpo, en Recesende, nos Tilos e no entorno de Augas Mansas, son só para depositar restos vexetais sen bolsa

26 de agoso de 2011. O Departamento de Medio Natural alerta de que terá que retirar as cubas colocadas no mes de xuño para depositar restos vexetais no caso de que se sigan utilizando de xeito inadecuado. Desde que se colocaron e de xeito sistemático nas catro cubas instaladas ata este momento véñense detectando restos de metais, madeira ou mobles que non deben se depositados nestes contenedores.

As cubas para restos vexetais están colocadas no punto limpo municipal, no entorno de Augas Mansas, na urbanización dos Tilos e na zona da Toxeiriña, en Recesende. A súa instalación era unha das novidades do novo contrato de recollida de residuos sólidos urbanos, adxudicado o ano pasado. A instalación das cubas viña a solucionar unha problemática detectada con restos de podas e desperdicios vexetais como céspede que non se deben tirar no colector verde, de residuos orgánicos, pero para os que non se tiña unha solución.

Manuel Anxo Fernández, concelleiro de Medio Natural, lamenta que “o que tiña que ser unha solución beneficiosa para a comunidade e para o Concello estase convertindo nun problema”. O mal uso realizado por algunhas persoas destas cubas obriga ó Concello a ter a operarios municipais traballando para a separación destes residuos inadecuados.

O edil de Medio Natural amósase ademais sorprendido por estas actuacións “claramente pouco cívicas, xa que os restos de madeira, metais...que estamos atopandos nas cubas destinadas só a restos vexetais, pódense levar ó punto limpo municipal que abre de martes a sábado en horario de mañá e tarde”. O custe económico que se deriva deste mal funciomento do sistema de recollida de restos vexetais fai que o Departamento de Medio Natural valore retirar as catro cubas instaladas.

Manuel Anxo Fernández explica que “a intención era colocar máis cubas noutros lugares, pero ante estas actitudes a decisión, moi ó noso pesar, vai ter que ser retirar as que xa están colocadas”. Esto suporá un prexuízo inevitablemente para a maioría da cidadanía que fai un bo uso destas instalacións. Por eso dende o Concello tamén se anima ás persoas que sexan coñecedoras do mal uso das cubas que o poñan en coñecemento do Departamento de Medio Natural.

Nas cubas, que son uns depósitos azuis abertos, pensados para ser trasladados unha vez estean cheos ó punto limpo, só se poden depositar restos de herba ou céspede sen bolsa e restos de podas pequenas. A idea é que os restos poidan ser usados para realizar compost polo que non se poden depositar restos de mobles de madeira por exemplo, que teñen se poden levar directamente ó punto limpo, no lugar da Lagoa.

Respecto destes residuos cabe destacar que o Concello dispón dun servizo de recollida de voluminosos do que se pode facer uso chamando directamente ó teléfono 696 903 278. Neste número pódese indicar o que hai que recoller e o lugar. Deste xeito evítase deixar en zonas públicas os voluminosos e evitan o mal efecto na rúa. Os residuos como plásticos, electrodomésticos, madeira, ferros, etc. tamén se poden levar directamente ó punto limpo que ten colectores específicos para depositalos. O punto limpo municipal de Teo funciona de martes a venres de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 e os sábados de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas e para usalo só hai que acreditar que se vive en Teo co DNI se nel aparece o enderezo ou cunha autorización se estás empadronado. Esta autorización tramítase directamente no Concello a través do Departamento de Medio Ambiente.

AMES - Xa están expostas as listas definitivas de admitidos e excluídos no Setembro lúdico

Xa están expostas as listas definitivas de admitidos e excluídos no Setembro lúdico

O departamento de Educación publicou hoxe a lista definitiva de admitidos e excluídos no Setembro lúdico do 2011. Todos aqueles que se inscribiran nesta actividade deberán revisar a súa pertenza ou non a esta iniciativa nos taboleiros que se atopan na entrada da Casa consistorial en Bertamiráns ou ben nas oficinas xerais do Milladoiro. O programa desenvolverase durante os días 1, 2, 5, 6, 7, 8, e 9 de setembro no ximnasio e aulas do IES Ames de Bertamiráns, nas instalacións da Escola Infantil do Milladoiro e no pavillón polideportivo desta localidade. Nesta edición do Setembro lúdico participan un total de 187 nenos/as, 100 en Bertamiráns e 87 no Milladoiro.

O Setembro Lúdico 2011 é unha iniciativa do Concello de Ames que pretende conciliar a vida laboral e familiar dos pais e das nais amienses e, por outra banda, oferta aos rapaces e rapazas un programa de actividades ameno para pasar o tempo de lecer e de aprendizaxe o mellor posible.
Este ano o programa desenvolverase durante os días 1, 2, 5, 6, 7, 8 e 9 de setembro no ximnasio e nas aulas do IES de Ames de Bertamiráns, nas instalacións da Escola Infantil do Milladoiro e no pavillón polideportivo desta localidade. O horario que comprende este programa lúdico comezará ás 7.30 h da mañá co programa Bos Días onde os cativos e cativas tomarán un almorzo saudable e rematará, como hora límite ás 16.00 horas coa finalización do servizo de comedor. Os nenos e nenas que non empreguen o servizo de comedor deberán ser recollidos antes das 14.30 h do mediodía. Aqueles que se queden a xantar poderán gozar de bos e saudables alimentos e, posteriormente, de xogo libre.
O servizo ofertado no Setembro lúdico pode desenvolverse por días soltos ou ben o programa enteiro. O custe do servizo completo, é dicir, de 9:00 h a 14.30 h é de 14 euros (2,50 €/día). Incluíndo o comedor, de 9.00 h a 16.00 horas o prezo é de 52,50 € (8,50 €/día). Para os que acudan ao servizo dos Bos Días e se marchen ás 14.30 h o prezo é de 28 € con almorzo (5 €/día) e sen almorzo redúcese a 24.50 € (4,50 €/día). En canto ao servizo que se desenvolve entre as 7.00 h da mañá e as 16.00 da tarde, o prezo ascende a 66,50 € con almorzo (11 €/día) ou 63 € sen almorzo (10,50 €/día).
Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas amienses escolarizados en segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria sempre e cando se atopen empadroados ou ben sexan fillos de persoas que poidan acreditar que teñen os seus postos de traballo no Concello de Ames. Os solicitantes que se atopasen en condicións económicas ou sociais precarias poden beneficiarse dunha concesión de bonificación no pago da actividade. O Concello de Ames aposta firmemente pola aplicación de medidas e iniciativas que favorezan ás familias amienses, para que estas poidan conciliar debidamente a súa situación familiar e laboral, e un claro exemplo diso é o Setembro lúdico.

BOQUEIXON - CLAUSURADAS AS ACTIVIDADES DE VERÁN

CLAUSURADAS AS ACTIVIDADES DE VERÁN DO CONCELLO DE BOQUEIXON.

Hoxe 31 de agosto daránse por rematadas as actividades de verán que dende mediados de Xuño estiveron en marcha no Concello de Boqueixón.

Durante a temporada estival o grande protagonismo estivo nas actividades de ocio e lecer enfocadas ós mais novos do concello, actividades que comezaron no mes de xuño co Campus Deportivo e que continuaron co Verán Activo, actividade que este estivo a realizarse nos meses de Xullo e Agosto e que contou cunha media diaria de asistentes de 70 nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. esta actividade estivo apoiada por outra iniciativa novidosa e innovadora como o LudoEnglish, un proxecto de ocio en inglés, que cada ano vai contando con mais adeptos e se desenrolou no Centro Sociocultural de Lestedo, e no que participaron as 3 voluntarias Europeas que estiveron a realizar o seu proxecto de voluntariado no Concello de Boqueixón, dentro do Servizo de Voluntariado Europeo.

Tamén no mes de xullo tivo lugar o Campamento de Verán no que 20 mozos e mozas de Boqueixón que levou a 20 rapaces e rapazas de Boqueixón e que se realiza nas instalación do Campamento Xuvenil Virxe de Loreto en Porto do Son.

Xunto con estas actividades de ocio para o mais novos tamén foi destacable neste verán a grande afluencia de usuarios que tiveron as piscinas municipais do Forte, que bateron o récord absoluto de usuarios. Máis de 500 persoas fixeron os seus bonos de entrada e houbo xornadas nas que preto de 200 usuarios desfrutaron dunha refrescante xornada nestas instalacións municipais.

Así dende o equipo de Goberno a valoración que se fai destas actividades de ocio e tempo libre do verán non poden ser mais que positivas. Adolfo Gacio quixo salientar “o grande aumento de participantes tanto no Verán Activo como no Ludoenglish, o que demostra que a programación e as actividades son do gusto e a calidade demandadas”. Así mesmo quixo manifestar o “compromiso do equipo de goberno coas actividades de ocio para o mozos e os programas de conciliación da vida laboral e familiar, que como se ve e se pudo apreciar neste verán, cada vez son mais necesarios e demandados polos nosos habitantes”.

Rematada a programación de verán comezan xa a amosarse ás actividades de cara o outono, que será mostradas na Xanela de Outono, que nestes momentos se está a planificar e onde como xa é de costume continuarán as actividade de ocio para os mais novos, comezarán de novo as escolas deportivas e por suposto unha nova edición dos cursos de inglés homologados pola Universidade de Cambridge e tan bo resultados están dando nos últimos anos.