Ordes - I Trofeo Alquimia de patinaxe artístico

Ordes acollerá hoxe durante todo o día o I Trofeo Alquimia de patinaxe artística no polideportivo Campamaior
A cita, que será de balde para toddos os que queiran asistir, congregará a patinadores de todas as idades. Os campeóns galegos na categoría cadete e os subcampeóns de España na senior realizarán unha exhibición 

En colaboración co Concello de Ordes o Club de Patinaxe Alquimia celebrará hoxe sábado o I Trofeo Alquimia no que participarán clubes de Santiago, A Coruña, Oroso, Laracha, Ferrol, Cambre, Carral e Ordes. A cita terá lugar dende as 10 ata as 20.30 horas no polideportivo Campomaior e a entrada será de balde para todo aquél que queira asistir.

As probas disputaranse a nivel individual entre patinadores de todas as categorías englobadas ata os 16 anos. Neste sentido a organización destaca a inclusión do nivel 0, na que participan rapaces e rapazas de ata 4 anos como máximo. Por outra banda Alberto Artigas e Raquel Rodríguez, subcampeóns de España na categoría senior de patinaxe artística, realizarán unha exhibición. Tamén se contará coa participación de David Salido e Irene Fernández, campións galegos na categoría cadete

Ningún comentario: