Brión - máis de 150 persoas no concerto da Escola de música Magariños

MÁIS DE 150 VECIÑOS ATEIGARON O CENTRO SOCIAL POLIVALENTE NO CONCERTO DE NADAL DOS ALUMNOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS
O salón de actos do Centro Social Polivalente quedouse pequeno para albergar aos máis de 150 veciños e veciñas que asistiron ao Concerto de Nadal organizado pola Escola Municipal de Música Magariños. Un recital que correu a cargo dos alumnos e alumnas da Escola de Música, dende os tres anos ata os maiores, que amosaron as súas habilidades nas distintas especialidades que se imparten no centro. 
Cun ambiente cheo da cor e os ritmos propios do Nadal, os alumnos da escola interpretaron un repertorio típico destas datas, con moitas panxoliñas e música clásica diante dun público totalmente entregado. Unhas actuacións nas que participaron dende solistas ata formacións corais e instrumentais, coma a Orquestra de Guitarras, que fixeron que máis dun asistente se animara a entoar algunha das coñecidas melodías coas que os músicos da Escola Municipal de Música Magariños quixeron dar a benvida ás festas de Nadal 2012.

Ningún comentario: