Nestes traballos, que permitirán mellorar a seguridade dos peóns que circulen por esta zona, investiranse máis de 54.100 euros.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames deu luz verde á adxudicación dos traballos que permitirán mellorar a seguridade peonil entre Milladoiro e Ventín. Nestes traballos investiranse máis de 54.100 euros. Estas obras están incluídas no convenio asinado recentemente coa Deputación da Coruña, que permitirá a posta en marcha de diferentes obras que teñen que ver coa mellora de estradas, canalización de pluviais e seguridade viaria en varios puntos do Concello.
Na zona na que se pretende actuar existe unha vía asfaltada, prevista para a circulación de vehículos en dobre sentido, cun ancho medio de 4,30 metros e limitada por cunetas sen ningún tipo de acondicionamento para uso peonil. A vía soporta unha gran carga de tráfico, xa que comunica como estrada máis curta ós núcleos de Bertamiráns e Milladoiro.
As obras que se levarán a cabo permitirán mellorar a seguridade dospeóns que circulen por esta zona. Os traballos a executar consisten nacolocación na cuneta de colector de pluviais e de saneamento en PVC,previa colocación de capa de area e, sobre esta canalización,execución de soleira de formigón realizada in situ cun ancho medio de1 metro e un groso aproximado de 10 centímetros. Os accesos peoníslevaran no seu percorrido arquetas-sumidoiros que irán conectadas ácanalización de PVC, para permitir a evacuación das augas pluviais.Deste xeito, conséguese que a circulación dos peóns se poida realizarnunhas condicións máis seguras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario