Trátase dun curso gratuíto de edición coa ferramenta GIMP
Amosando publicacións coa etiqueta CURSOS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSOS b>. Amosar todas as publicacións
Brión - Cursos de piragüismo
O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Brión, organiza cursos de piragüismo para rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos que terán lugar durante os meses de xuño, xullo e agosto nas instalacións municipais de Ponte Insúa (parroquia de Ons). As cotas de inscricións serán de 17 euros, para alumnos/as de 17 e 18 anos, e de 12 euros para o resto de participantes. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 50 99 08.
As clases terán lugar todos os venres de xuño, xullo e agosto, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Os participantes repartiranse en grupos de acordo á súa idade: júnior, cadete, infantil, alevín e benxamín. Non é preciso ter coñecementos previos deste deporte para participar, tan só é obrigatorio saber nadar e facer unha ficha federativa coa inscrición.
Oroso - Curso de fotografía dixital
O Concello de Oroso organiza un curso de fotografía dixital e photoshop, que terá lugar todos os venres dos meses de marzo, abril e maio en horario de 16:30 a 18:00 horas. Un curso dirixido a veciños e veciñas maiores de 12 anos que dispoñan de cámara fotográfica dixital e pen drive.
Ordes - aberto o prazo de inscrición para participar no seu Circuíto cultural e deportivo
O Concello de Ordes xa ten organizados os cursos que formarán parte do seu Circuíto cultural e deportivo que se desenvolverá durante os meses de marzo, abril, maio e xuño. Nesta convocatoria ofrécense obradoiros de cociña (nivel iniciación e avanzado); obradoiros de cociña infantís (a partir de 8 anos); baile moderno (a partir de 12 anos); baile en liña infantil (de 7 a 11 anos); bailes en liña para adultos; bailes de salón (iniciación e continuación); plantas medicinais; deseño e elaboración de bixutería; iniciación á fotografía e informática, ofimática e Internet (niveis I e II).
Os prezos por curso oscilan entre os 9 e os 54 euros segundo a súa duración. Ademais tamén haberá descontos para persoas que teñan recoñecida unha discapacidade a partir do 33%, para persoas maiores de 65 anos ou integrantes de familias numerosas. As clases terán lugar na casa da cultura e no local cultural os martes, xoves, venres e sábados segundo o curso. Iso si, sempre en horario de tarde e noite para poder compatibilizalo coa vida laboral, agás os cursos de informática, ofimática e Internet, que terán lugar na aula de informática os sábados a partir das 9.30 horas.
O prazo de inscrición para poder participar nalgunha destas actividades abrirase o vindeiro luns día 16 e rematará o mércores 25 de febreiro. Para iso hai que acudir ao departamento de Cultura e Deporte municipal de 9 a 14 horas. Para máis información pódese solicitar no 981680002.
Ames - Programa dereforzo educativo
O Concello de Ames, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), vén de poñer en marcha o programa de reforzo educativo dirixido ao alumnado de 1º e 2º de Ensinanza Secundaria Obrigatoria dos centros educativos de Bertamiráns e do Milladoiro. Esta acción ofrece aos rapaces a posibilidade de complementar os seus estudos con clases de apoio gratuítas, encamiñadas a potenciar o seu rendemento académico.
As clases comezaron esta semana e desenvolveranse os mércores no IES do Milladoiro e os xoves no IES de Ames, en Bertamiráns -en horario de 16:30 a 18:30 horas- ata o vindeiro 18 de xuño. Nos dous centros xa se inscribiron un total de 54 alumnos e aínda quedan unhas corenta prazas dispoñibles. O concelleiro de Xuventude, Bernardo Moar, asistiu á primeira xornada desta actividade para animar aos estudantes a aproveitar estas clases de reforzo.
O responsable desta área sinalou que con esta iniciativa “preténdese favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen aos alumnos unha formación integral e, ao mesmo tempo, promover o esforzo compartido da comunidade educativa na procura do éxito escolar e na redución do abandono temperán dos estudos”.
Impartiranse dúas áreas de coñecemento: Ciencias e Letras, baixo a filosofía de “aprender facendo”. Fomentarase a comprensión das ideas relacionadas cos contidos traballados na aula, repasando temáticas concretas ou reforzando aqueles puntos que o alumno teña máis dificultade para asimilar.
O alumnado interesado en asistir a estas clases deberá cubrir as follas de inscrición, dispoñibles nas secretarías dos centros educativos, na Oficina Municipal de Información Xuvenil situada na Casa da Cultura de Bertamiráns (os luns, mércores e xoves) ou no Punto de Información Xuvenil (PIX) da Casa da Cultura do Milladoiro (os martes e venres).
Frades - Curso para a obtención do graduado en ESO
O Concello de Frades convoca un curso para poder obter o título de graduado en Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO). Trátase dun curso dirixido a alumnos e alumnas de 18 ou máis anos que queiran presentarse ás probas extraordinarias que cada ano convoca a Dirección Xeral de Educación.
A clase inaugural terá lugar o próximo mércores 20 de xaneiro, ás 20:30 horas, no multiúsos de Frades. Nesa sesión serán os propios alumnos e alumnas os que fixen o horario definitivo e os días de clase, tendo en conta que serán tres días á semana en horario de tarde-noite. Deste xeito, o Concello de Frades busca facilitar a asistencia do maior número de alumnos e alumnas posible. Máis información e anotacións no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567.
Brión - Cursos de informática e Power Point
O Concello de Brión vén de dar a coñecer os seus cursos de formación para febreiro de 2015, que inclúen un curso de iniciación á informática e outro de power-point. Ambos cursos teñen unha cota de inscrición de 30 euros e o prazo para anotarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08 remata o próximo 27 de xaneiro.
Os dous cursos terán lugar na aula CEMIT do Concello de Brión, sempre que se reúna un mínimo de 10 alumnos. O curso de iniciación á informática desenvolverase entre o 2 de febreiro e o 5 de marzo en horario de 10:30 a 12:30 horas; mentres que o curso de power point terá lugar do 2 de febreiro ao 4 de marzo en horario de 20:00 a 22:00 horas
Oroso - Obradoiros para o mes de febreiro
O Concello de Oroso abre este mércores o prazo de inscrición en seis cursos formativos e de ocio de oito horas de duración e que terán lugar durante o vindeiro mes de febreiro no centro cultural de Sigüeiro. Unha oferta formativa dirixida a veciños e veciñas empadroados en Oroso e que este ano está cheo de novidades, xa que só repiten fofuchas e xabóns e candeas artesanais, dúas das actividades mellor valoradas de 2014.
Así, as novidades de 2015 serán: tocados artesanais, paquetería e bolsa de agasallos, bixutería e scrapbooking (crear álbums de fotos personalizados con adornos de todo tipo: botóns, adhesivos, cintas, papeis de cores, remaches, letras, selos, retais...). As inscricións deberán formalizarse antes do vindeiro 28 de xaneiro no centro cultural de Sigüeiro ou no teléfono 981 69 09 03.
Horarios
As clases terán lugar en horario de tarde e en días diferentes, de xeito que permitan que os alumnos e alumnas poidan anotarse en varios obradoiros. A única excepción será o obradoiro para aprender a facer tocados artesanais para o pelo, que terá lugar os sábados 7, 14, 21 e 28 de febreiro, de 10:30 a 12:30 horas.
Así, os luns 2, 9, 16 e 23 de febreiro será a quenda dos obradoiros de paquetería e bolsa de regalos (de 17:00 a 19:00 horas) e de scrapbooking (de 19:00 a 21:00 horas). O obradoiro máis exitoso do ano pasado, o de fofuchas, terá lugar os martes 3, 10 e 24 de febreiro, así como o 3 de marzo, en horario de 19:00 a 21:00 horas (o martes 17 é festivo por ser martes de entroido). Bixutería, os mércores 4, 11, 18 e 25 de febreiro, de 17:00 a 19:00 horas; e xabóns e candeas artesanais, os xoves 5, 12, 19 e 26 de febreiro, de 18:30 a 20:30 horas, completan a oferta formativa do Concello de Oroso para este mes de febreiro.
Teo - Curso de graduado en ESO
O Concello de Teo leva anos realizando o curso para a preparación das probas libres para a obtención do Graduado en ESO e neste mes de xaneiro sácase unha nova convocatoria para anotarse nesta actividade formativa que está previsto comezar en febreiro. As persoas interesadas, que deben ter dezaoito anos cumpridos a 31 de decembro de 2014, poden entregar xa a ficha de inscrición ata o 31 de xaneiro no Rexistro Xeral do Concello.
O acceso ao curso faise por rigurosa orde de inscrición e ten un número de prazas limitado. O curso é gratuíto e ten unha carga lectiva de 240 horas. A previsión é que se imparta no CSC da Ramallosa entre os meses de febreiro e agosto. O horario que se propón dende o Concello de Teo é de luns a venres de 20:20 a 22:40 horas de xeito que se poida compatibilizar cunha xornada laboral.
A ficha de inscrición, que xa se pode descargar da web municipal teo.gal ou recoller nas oficinas do Concello, debe ir acompañada de copia do DNI do solicitante e o prazo para presentala remata o 31 de xaneiro.
Selección do/a mestre/a
En relación con esto o Concello vén de publicar na web municipal as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, dun/ha profesor de educación de adultos para impartir o citado curso. As persoas que queiran participar no proceso selectivo deben entregar a instancia entre o 10 e o 19 de xaneiro.
A modalidade contractual será dun contrato laboral temporal, por obra ou servizo determinado a tempo parcial, cunha duración de seis meses e unha xornada de 12 horas semanais.
As solicitudes, que deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello, deben ir acompañadas da copia do DNI, do certificado ou título oficial da licenciatura ou grao, do certificado de ter realizado o master ou curso de aptitude pedagóxica e dun proxecto educativo.
As persoas que precisen máis información sobre calquera dos dous temas poden poñerse en contacto coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Teo no teléfono 981 815 721, no correo electrónico aedlteo@gmail.com ou persoalmente nas oficinas situadas na antiga Casa do Concello, na Travesía da Ramallosa, número 40.
Ames - A aula de informática do Milladoiro ofrece novos cursos gratuítos este trimestre
Elaboración de currículos, obradoiro de diapositivas e creación de blogs son as accións formativas que se impartirán entre xaneiro e marzo
As inscricións poderán realizarse a partir do 12 de xaneiro na Casa da Cultura do Milladoiro
A aula de informática do Milladoiro ofrece novos cursos gratuítos durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo, dirixidos a persoas de todas as idades. Haberá quendas de mañá e de tarde cun máximo de 10 alumnos en cada sesión. As inscricións poderán realizarse a partir do 12 de xaneiro na propia aula de informática, situada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, de luns a xoves, e os venres de 9:30 a 13:30 horas.
Os días 28 e 29 de xaneiro impartirase un curso de elaboración de currículos empregando o procesador de textos Writer. Desenvolverase de 10:00 a 11:30 horas ou de 18:00 a 19:30 horas e diríxese a maiores de dezaoito anos. En febreiro, do 9 ao 12, terá lugar un obradoiro de diapositivas de Entroido para que os nenos e nenas de nove a doce anos aprendan a manexar o programa Impress. Será de 18:30 a 19:30 horas.
O último dos cursos deste primeiro trimestre do ano celebrarase os días 18 e 19 de marzo, de 10:00 a 11:30 horas ou de 18:00 a 19:30 horas. Os asistentes, que deberán ter máis de dezaoito anos e coñecementos básicos de informática, aprenderán a elaborar blogs a través da plataforma Blogger.
Para acudir a algunha destas accións formativas será imprescindible estar empadroado no Concello de Ames. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para que se realicen estas actividades deberá haber un mínimo de 7 inscritos. Terán prioridade as persoas que non asistiran a esas mesmas actividades en edicións anteriores.
A Baña - Curso de ocio inclusivo
El Concello da Baña organiza por primera vez un curso de Ocio Inclusivo que tendrá lugar los días 28 y 30 de julio y 1 de agosto en horario de 9.30 a 13.00 horas.
Esta iniciativa pionera trata de ahondar en el ámbito del ocio, de la educación no formal y en la intervención con personas en riesgo de exclusión y colectivos de especial vulnerabilidad, centrándose en la discapacidad.
La concelleira de Educación e Cultura da Baña, Alicia Blanco, recuerda que “está aberta a todos os interesados” y que trata de abrir la oferta de ocio “a todos, sin ningunha distinción”. Pueden apuntarse quien desee ampliar su formación en el campo de la inclusión. Los interesados pueden recabar más información en la Axencia de Desenvolvemento Local y en los siguientes teléfonos: 981.886.777-607.559.348-981.886.501.
A Baña - Curso de inglés para veciños viaxeiros
O Concello da Baña organiza un curso de inglés para os veciños e veciñas viaxeiros. O título do curso é: Curso de inglés para viaxar. E comenzará o próximo lunes día 16 de xuño. Será de balde e impartirase no Centro Social e da Terceira Idade da Baña de luns a venres de 17.00 a 19.00 horas.
O curso, presencial e cunha duración de 15 horas, abordará a terminoloxía básica para ir de viaxe: reserva dun billete de avión, aeroportos, busca de aloxamento o solicitar información básica para atopar un lugar. Durante as clases farase fincapé na oralidade, na fonética e na pronunciación. Está dirixido a todos os veciños e veciñas que teñan interés por aprender inglés para poder viaxar con soltura polo mundo. Os que queiran máis información poderán atopala na Concellería de Cultura do Concello da Baña (teléfonos: 981.886.501 e 697.721.711)
Brión - cursos de excel e de iniciación a informática
O CONCELLO DE BRIÓN CONVOCA UN CURSO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E DOUS DE EXCEL
Ordes - comenzou o curso de carretilleiro organizado polo concello
Comenzo o curso de carretilleiro convocado polo Concello de Ordes, ó cal asisten máis de 20 alumnos.
Frades - xornada de eficiencia enerxética en explotacións gandeiras
O CONCELLO DE FRADES CONVOCA UNHA XORNADA SOBRE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS LEITEIRAS
Santiago - ábrese o prazo para o curso “A Comunicación Emocional: falar, contar e conquistar ás masas no século XXI”
Ábrese o prazo para inscribirse ao curso “A Comunicación Emocional: falar, contar e conquistar ás masas no século XXI”
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)