Ordes - Cabalgata de Reis

O Concello de Ordes celebrará hoxe unha gran cabalgata para recibir as SSMM Os Reis Magos de Oriente 
Unha gran carpa de máis de 400 metros cuadrados na Alameda albergará o Belén vivinte. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en camello e repartirán agasallos e caramelos entre todos os presentes.

Un ano máis as SSMM Os Reis Magos de Oriente percorrerán as principais rúas do Concello de Ordes. A visita terá lugar mañá a partir das 17 horas, momento no que dará comezo o desfile pola rúa Alfonso Senra ata a antiga Casa Consistorial. Alí serán recibidos por unha delegación municipal encabezada polo actual alcalde Manuel Regos.

Melchor, Gaspar e Baltasar estarán escoltados por unha comitiva composta de preto de lanceiros, cabaleiros así coma de numeroxos paxes, pastores e outros personaxes. En total hai que falar de preto de 100 participantes entre figurantes, actores e organizadores. As SSMM acudirán a Ordes cos seus camellos, nos que transportarán agasallos, doces, caramelos e presentes para todos que se acheguen a recibilos. Tal e como é costume o Concello de Ordes habilitará unha carpa de máis de 400 metros cuadrados na Alameda para facilitar o encontro entre os Reis Magos e os rapaces e rapazas do municipio e doutras localidades próximas. Quenes así o prefiran poderán entregarlles en man as súas cartas ou ben lembrarlles as súas peticións, ademáis de fotografiarse con eles. Tal e como é costume tamén haberá un Belén viviente no que se poderán contemplar instrumentos e oficios tradicionais. Na estampa tamén haberá animais como porcos, burros, galiñas, coellos, cisnes, cabras, canguros ou pavos reais entre outros.


Este ano o Concello de Ordes conta coa colaboración dun amplo número de persoas que altruidtamente contribuen para facer posible esta cita que o ano pasado congregou a máis de 4.000 persoas. Gracias a todos eles, así como a diversas firmas comerciais, asociacións e establecemetos, Ordes albergará novamente a cabalgata máis importante de toda a comarca
Ese día a Policía Local cortará o tráfico rodado pola rúa Alfonso Senra dende as 16 ata as 21 horas. Os vehículos en dirección A Coruña desviaranse polas rúas Lagartos e Galicia, mentres que os que vaian cara a Santiago terán que circular polas rúas Rosalía de Castro e Lagartos.

Ningún comentario: