Hoxe disputase o XIII Trofeo ciclista Vila de Luou organizado polo club ciclista de Teo desde as catro media da tarde.
No circuito situado xunto a igrexa de Luou disputaranse as probas de escolares, principiantes, alevíns e infantís e darán comezo as catro e media da tarde.
Ames - aprobado o plan parcial S-15 e modificacións no s-14 e s-16
A Xunta de Goberno de Ames dá luz verde á aprobación inicial do plan parcial S-15
O Goberno amiense deu luz verde esta mañá a importantes cuestións urbanísticas que beneficiarán ao Milladoiro. Ademais, da aprobación inicial do S-15, tamén se procedeu á aprobación provisional da modificación puntual dos plan parciais S-14 e S-16.
O Goberno amiense deu luz verde esta mañá a importantes cuestións urbanísticas que beneficiarán ao Milladoiro. Ademais, da aprobación inicial do S-15, tamén se procedeu á aprobación provisional da modificación puntual dos plan parciais S-14 e S-16.
Silleda - subvención para a instalación de videovixilancia no parque empresarial Área 33
O Concello de Silleda recibirá unha subvención para a instalación de videovixiancia no parque empresarial Área 33
A axuda, con fondos Feder, é de 26.000 euros, o 90% da inversión necesaria para o circuito, con seis cámaras
A axuda, con fondos Feder, é de 26.000 euros, o 90% da inversión necesaria para o circuito, con seis cámaras
Oroso - ata o 19 de agosto abertas as inscricións para o Diver Outono
O PROGRAMA “DIVER OUTONO” DE OROSO ADMITE INSCRICIÓNS ATA O 29 DE AGOSTO
O ‘Bos Días Cole’ de 2012-2013 recibe solicitudes ata o 5 de setembro O Concello de Oroso mantén aberto ata o mércores 29 de agosto o prazo de inscrición do programa “Diver Outono”, dirixido a nenos e nenas en idade escolar e que desenvolverá as súas actividades durante os días 3, 4, 5, 6, 7, 10 e 11 de setembro.
Ames - o concello concede a licenza o novo centro comercial do Milladoiro
O Concello de Ames concede a licenza de posta en marcha e funcionamento da primeira fase do centro comercial Novo Milladoiro
O Goberno amiense vén de conceder a licenza da posta en marcha e funcionamento da primeira fase do centro comercial Novo Milladoiro. A próxima apertura deste centro comercial contribuirá á dinamización da zona da Travesía do Porto e permitirá a urbanización de parte do entorno no que se sitúa.
O Goberno amiense vén de conceder a licenza da posta en marcha e funcionamento da primeira fase do centro comercial Novo Milladoiro. A próxima apertura deste centro comercial contribuirá á dinamización da zona da Travesía do Porto e permitirá a urbanización de parte do entorno no que se sitúa.
Santiago - o concello estudará o estado do arborado da Pontepedriña
O Concello de Santiago realizará un estudio para comprobar o estado do arborado da praza de León
A concelleira delegada de Parques e Xardíns, María Castelao, achegouse ao barrio de Pontepedriña para comprobar ‘in situ’ o estado do parque e do seu arborado, logo de que o pasado mércores o temporal que afectou á cidade provocase a caída dunha árbore cara a vía pública, sen que houbese que lamentar danos físicos ou materiais.
Silleda - sancións para os saboteadores do alumeado público
Manuel Cuiña advírtelles ao autor ou autores do sabotaxe no alumeado público que se poden enfrontar a penas por desordes públicos
Dende
a Concellería de Obras e Servizos apóstase por reforzar a vixiancia policial
nas rúas para identificar aos responsables de actos “que poderían ter graves
consecuencias”, advirte o concelleiro e alcalde en funcións
Ames - esta fin de semana festas en Piñeiro
Os veciños e veciñas de Piñeiro celebran esta fin de semana as súas festas patronais
A parroquia de Piñeiro
acollerá esta fin de semana unha gran celebración con motivo
das súas festas patronais.
Santiago - axenda venres 17 e Verán na Rúa
Venres 17
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
Silleda - desde hoxe e ata o luns desvíase o tráfico da N-525
O tráfico da estrada N-525 quedará desviado ao seu paso pola Bandeira dende hoxe ás 16.00 horas
O alcalde en funcións, Manuel Cuíña, incide na prohibición
de estacionar nas tres rúas onde se habilitará o desvío provisional ata a
madrugada do luns día 20
Teo - actividades en homenaxe a Anxel Casal
NO CONCELLO DE TEO CELÉBRANSE ACTIVIDADES EN LEMBRANZA DA FIGURA DE ANXEL CASA
O programa de actos deste 2012 alóngase durante catro días consecutivos nos que haberá cinema, música, actividades infantís e a tradicional ofrenda floral a Ánxel Casal.
A proxección da película Vilamor abrirá as actividades na praza Braña dos Alféreces (Montouto) o xoves 16 de agosto ás 22 horas.
Ames - asinado o contrato de mantemento da rede semafórica
O alcalde de Ames asina coa empresa Telvent o contrato para o servizo de mantemento da rede semafórica
O Goberno de Ames cumpre, deste xeito, o seu compromiso de traballar para garantir o funcionamento en óptimas condicións da rede de semáforos do municipio.
Oroso - X Torneo de fútbol Concello de Oroso
O X TORNEO DE FÚTBOL DO CONCELLO DE OROSO DISPÚTASE OS DÍAS 18 E 26 DE AGOSTO
O encontro de veteranos
xógase este sábado ás 19 horas e o domingo 26 os tres equipos federados
compiten en formato triangular
Ordes - o grupo de teatro afeccionado do concello encheu a Casa da Cultura
O grupo de teatro de afeccionados de Ordes enche a Casa da Cultura coa representación de 'Non é a típica obra clásica'
O grupo de
teatral de afeccionados de Ordes encheron na noite de onte o auditorio da Casa
da Cultura coa estrea da función 'Non é a típica obra clásica'.
PSOE Ames - o grupo socialista denuncia o abandono de espazos públicos
O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA QUE O DESGOBERNO DE AMES OBRIGA AOS CIDADÁNS A ASUMIR A LIMPEZA E MANTEMENTO DE ESPAZOS PÚBLICOS COS SEUS PROPIOS MEDIOS
O portavoz socialista José Manuel Miñones advirte de que
a falta de limpeza de viais está a xerar problemas de visibilidade na
circulación
Silleda - multas por depositar residuos fora do Punto Limpo
Os usuarios que depositen residuos nas inmediacións do Punto Limpo de Silleda poderán ser sancionados con ata 3.000 euros de multa
Dende a Concellería de Medio Ambiente veñen de colocarse carteis
lembrando a prohibición de facer depósitos na porta, fóra do horario das
instalacións
BNG A Estrada - para o BNG o alcalde agochase tras a ofrenda a un santoa
López e o PP agachan a súa incompetencia detrás dunha ofrenda á un santo
O BNG pídelle ao PP "deixar de lado as ofrendas e mudar as políticas no concello e e na Xunta, e gobernar para as persoas non para o sector financeiro”
O
alcalde da Estrada, José López, participou onte nunha ofrenda na
igrexa da Peregrina en Pontevedra, co gallo das festas patronais da
cidade. Segundo os medios de comunicación, o alcalde da Estrada
pregou polos que sofren o paro, polos aforradores atrapados nas
participacións preferentes e pediu atino á hora de gobernar.
Ordes - comezaron as festas do Concello
Arrancan as festas de Ordes cos sons tradicionais da Agrupación Folclórica Folquiada
As festas patronais de Ordes na honra a Santa María arrancaron coa
Agrupación Foloclórica Folquiada.
Ames - festas en Biduido e Piñeiro
Biduído comeza as súas festas patronais
As celebracións estivais seguirán no municipio durante a fin de semana, na que será a quenda das festas patronais de Piñeiro (18,19 e 20 de agosto).
Silleda - xa están aqui o Bandeira Rock e o Esmorga Folk
O Bandeirock e o Esmorga Folk abren a grande cita festiva na Bandeira
A duodécima edición do
festival rock, terá lugar o xoves mentres que o veterano certame de música
tradicional, volta o venres día 17, na antesala da Festa da Empanada
Frades - excursión Aquapark de Cerceda e xornada multiaventura
MEDIO CENTO DE NENOS PARTICIPAN NA VIAXE AO AQUAPARK ORGANIZADA POLO CONCELLO DE FRADES
O Concello programa
para o venres 24 de agosto unha excursión multiaventura na ensenada do Burgo
para maiores de doce anos
Santiago - axendas do xoves 16 e do venres 17
Xoves 16
11.00 hNa Capela de San Roque, renovación pola Excma. Corporación de Santiago de Compostela do Voto da Cidade, no día da súa festividade. Preside o alcalde compostelán, Ángel Currás
Venres 17
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
12:30 h. Na Casa do Concello (sala de prensa) a voceira do Goberno, Paula Prado del Río, comparece en rolda de prensa para informar de asuntos de carácter local.
Verán na rúa19:30 Praza da Quintana
12:30 h. Na Casa do Concello (sala de prensa) a voceira do Goberno, Paula Prado del Río, comparece en rolda de prensa para informar de asuntos de carácter local.
Verán na rúa19:30 Praza da Quintana
CAIR
“Cair”. Santiago de Compostela. Circo acrobático. A partir de 3 anos
Catro persoaxes arriscan a súa vida por un maletín sen saber o que ten.
PSOE Ordes - o PSOE reivindica que se manteña a axuda os desempregados
OS SOCIALISTAS DE ORDES REIVINDICAN MANTER O PROGRAMA PREPARA PARA EVITAR A DESPROTECCIÓN DE CENTOS DE DESEMPREGADOS DO MUNICIPIO
Jesús Pedreira explica que se o Goberno consuma a
supresión desta axuda prexudicará especialmente aos sectores do textil e da
construcción
Brión - o concello denuncia o cambio de sinalización na AC´541
O CONCELLO DE BRIÓN DENUNCIA O CAMBIO DE SINALIZACIÓN NA AC-541 QUE IMPIDE O XIRO DE ACCESO A IGREXA E CEMITERIO PARROQUIAL DE BRION E AS PARROQUIAS DA ZONA ALTA DO CONCELLO
Xosé
Luís García advirte sobre a progresiva incomunicación á que a Xunta está
condenando ao Concello, coa falta de apertura do tramo rematado da variante AC-300
Ames - o concello colabora con veciños da parroquia de Lens
O Concello de Ames colabora con veciños e veciñas de Lens cedéndolle material municipal para traballos na parroquia
Tras a solicitude realizada por parte dun grupo de veciños, o Concello amiense facilitoulles os materiais e ferramentas necesarias. O obxectivo é colaborar cos cidadáns en todo o que precisen, escoitando as súas necesidades e demandas.
Tras a solicitude realizada por parte dun grupo de veciños, o Concello amiense facilitoulles os materiais e ferramentas necesarias. O obxectivo é colaborar cos cidadáns en todo o que precisen, escoitando as súas necesidades e demandas.
Teo - actividades de Semana de Anxel Casal que comeza este xoves
ACTIVIDADES SEMANA DE ANXEL CASAL
16
de agosto 22.30 h.
Proxección do filme “Vilamor”
Praza Braña dos Alféreces
Silleda - comeza o lavado de colectores na localidade de Bandeira
Bandeira, punto de inicio do lavado de colectores de lixo no municipio de Silleda
O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, explica que se
comezou por esta localidade ante a proximidade das festas, e que os traballos
continuarán por todo o territorio municipal
Frades - o Abellá gaña o trofeo de equipos federados
O S.E. ABELLÁ GAÑA O TROFEO DE EQUIPOS FEDERADOS DO CONCELLO DE FRADES
Venceu por cinco goles a cero á S.D. Pontecarreira
O S.E.
Abellá proclamouse vencedor do Trofeo de equipos federados do Concello de
Frades, tras vencer por cinco tantos a cero á S.D. Pontecarreira, nun encontro
disputado no campo municipal de céspede artificial. O S.E. Abellá revalida un
trofeo que xa obtivera o pasado ano.
Ames - 187 rapaces paraticiparán no Setembro Lúdico
Un total de 187 nenos e nenas amienses participarán no Setembro Lúdico
O programa de conciliación, dirixido aos rapaces e rapazas de Ames escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria, desenvolverase os días 3, 4, 5, 6, 7, 10 e 11 de setembro.
O programa de conciliación, dirixido aos rapaces e rapazas de Ames escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria, desenvolverase os días 3, 4, 5, 6, 7, 10 e 11 de setembro.
Ordes - variacións do tráfico da N550 por mor das festas
Corte N-550 ó seu paso por ORDES
Desde as 15 horas MARTES,
14 de AGOSTO ata
as 8 horas do SABADO, 18 de AGOSTO
Santiago - axenda martes 14 e programa do Verán na Rúa
11.30 h
A alcaldesa en funcións e concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo,
percorrerán un treito do Camiño de Santiago ( Camiño Francés) entre A Esquipa e San
Marcos, correspondente a unha parte da Vía xacobea na que se levaron a cabo obras de rehabilitación
por parte da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo dentro do termo
municipal de Santiago de
Compostela. O percorrido iniciarase no lugar do
Pontillón, ao que se accede desde a estrada N-634a en dirección a Vilamaior.
Santiago - axenda luns 13
12.00 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo
municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
Ames - máis de 80 rapaces nos cursos de natación de agosto
Os cursos de natación do mes de agosto contan con máis de 80 nenos e nenas inscritos/as
Máis de 80 nenos e nenas amienses participan nos cursos de
natación
que desenvolve durante o mes de agosto o Concello de Ames, a
través
da concellaría de Deportes, tanto na piscina municipal de
Bertamiráns como na do Milladoiro.
Ordes - celebrouse o día da muiñeira
O Día da Muiñeira congrega en Ordes a catro agrupacións da comarca
Novamente o Concello de Ordes rendiu un especial
tributo o noso folclore coa celebración do Día da Muiñeira. Un acto incluido no
Verán Cultural que se ven celebrando dende comenzos deste mes e que este ano
contou coa participación de catro agrupacións distintas co denominador común de
pertencer á comarca ordense.
Teo - segue aberta a inscrición para o programa Goza do Ulla
MANTENSE ABERTA A INSCRICIÓN NO ROTEIRO “ÁS BEIRAS DO ULLA” DO PROGRAMA GOZA DO ULLA
·
Os dezanove municipios polos que pasa o río organizan
durante estes meses actividades de sendeirismo para dar a coñecer o rico
patrimonio natural do seu territorio
·
En Teo farase o 26 de agosto e as inscricións poden
efectuarse ata catro días antes no departamento municipal de Deportes
Santiago - Peter Punk este luns no Verán na rúa
Peter Punk é un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos. Ademais, foi gañador do Festiclown 2008 e participante nas máis importantes citas de clown de todo o Estado (Euskadi, Madrid, Barcelona, Baleares....).
Ordes - o alcalde descubre unha placa conmemorativa da malla de Ardemil
Regos descubriu esta mañá unha placa conmemorativa na tradicional malla de Ardemil
A parroquia ordense de Ardemilcelebrouhoxe a súa tradicional malla.
Unha cita que cada ano congrega a centenares de vecinos e visitantes que queren
revivir esta tradición que consiste en separar a palla do gran.
Melide . o concello reforzará a seguridade durante as festas
Melide reforzará a seguridade nas noites de movida durante as Festas do San Roque
- O Corpo de Policia Local aumentará o servizo de vixilancia as 24 horas na semana grande das festas de San Roque co fin de manter o orde na vila.
Oroso - desde mañán se pode visitar a exposición "Galicia, conservando a natureza"
O CENTRO CULTURAL DE OROSO ACOLLE DURANTE A VINDEIRA SEMANA A EXPOSICIÓN ‘GALICIA, CONSERVANDO A NATUREZA’
A mostra poderá verse entre as 9 e as 14 horas
Conta coa colaboración da Xunta e de Obra Social ‘la
Caixa’
Ordes - esta semana celébranse as festas do concello
Ordes celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María os próximos días 14, 15, 16 e 17 de agosto
As orquestas Olympus, Panorama, París de Noia, Bahía Blanca ou Sintonía de Vigo comparten cartel con charangas, badas de música e grupos de gaitas
Silleda - autorizado o corte da N525 o próximo venres con motivo das festas
A Subdelegación do Goberno autoriza o corte da N-525 para a celebración das festas da Bandeira, logo da petición formulada pola Alcaldía
Paula Fernández apela á responsabilidade dos veciños e
visitantes á hora de respetar a nova
sinalización nos desvíos que se habiliten, “xa que unha vez máis o peche ao
tráfico se realiza baixo a miña responsabilidade como rexidora”
Ames - mañán parten novos rapaces para o campamento de Fornelo de Montes
mañán luns, outros 46 nenos e nenas sairán cara o campamento de Fornelos de Montes. Na granxa-escola Kiriko, os asistentes poderán gozar de actividades de ciencia e natureza e de xogos deportivos e de orientación, entre outras actividades.
Un total de 186 nenos e nenas amienses participaron nos
campamentos
organizados pola Concellaría de Medio Ambiente durante os
meses de
xuño, xullo e agosto en Negreira e Allariz. O próximo luns, 13
de
agosto, outros 46 rapaces e rapazas de quinto e sexto de
Primaria
partirán cara o campamento que se desenvolverá en Fornelos de
Montes. Esta actividade, que se celebrará ata o 18 de agosto,
terá lugar na
granxa-escola Kiriko.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)