Axenda e tempo do sábado 14 de novembro - Música, cine, magostos, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Área Central - contacontos en lingua de signos

Vedra - Obradoiro de elaboración de licores caseiros

Ames - Magosto no Milladoiro

Santiago - Casa das Crechas - Jambrina y Madrid

Santiago - Sala Moon - Sergio Gisbert

Arzua - Feira ecolóxica

Ordes - Noites de Cine - Frozen

Santiago - Cineuropa 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Galería sargadelos -  ciencia da luz (ata o 11 de novembro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

O Tempo

Área Central - Contacontos en lingua de signos

Hoxe sábado, el escenario principal de Area Central acogerá de 18.00 a 20.00 horas una nueva edición de sus "Sábados creativos", esta vez un poco diferente: con motivo del Día Internacional de la Infancia, la Asociación Planeta Shalom y el Grupo de Investigación-Acción Helen Keller se unen para realizar un cuentacuentos en lengua de signos. 

Los niños asistentes podrán asistir al cuentacuentos signado por Silvia Rumeu basado en el libro El país de los mandones y participar en talleres en los que aprenderán a signar los colores. La sesión incluye también una actividad plástica en la que los niños deberán echar a volar su imaginación y plasmar “su país de los mandones”.

Con la participación de Silvia Rumeu, intérprete de la primera mujer sordociega que terminó una carrera universitaria en España, la actividad “Sábados creativos” incide en su compromiso educativo, sin olvidar el aspecto lúdico y artístico.

Oroso - Convenio coa USC para acoller prácticas de investigadores

O Concello de Oroso e a Universidade de Santiago de Compostela asinarán un convenio de colaboración para que os alumnos e alumnas da USC fagan prácticas no municipio, realizando traballos de investigación, de historia, de catalogación de fondos documentais e fotográficos... Así o anuncia o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, despois da visita realizada ao Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso por Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, e Gustavo Hervella García, investigador a USC, quen estiveron guiados polo director do Arquivo, o historiador Manuel Pazos, e o concelleiro de Cultura, Luís Rey.

“Temos moitas carencias no que atinxe á conservación e recuperación da nosa historia, pois todo o que se fixo neste ámbito en Oroso foi nos últimos anos. Editamos libros e revistas, fixemos xornadas informativas, recuperamos imaxes e documentación do noso pasado, pero aínda queda moito por facer”, explicou Manuel Mirás. Ante esta necesidade, Lourenzo Fernández informou ao alcalde da posibilidade de establecer unha colaboración coa USC xa que “nós, ideas e tempo sempre podemos achegar, pero tamén é posible facer un convenio de colaboración”.

Polo tanto, o Concello de Oroso asinará un documento de adhesión ao convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Universidade de Santiago de Compostela para a organización de prácticas do alumnado da USC. Este convenio permitirá que alumnos e alumnas da USC poidan realizar prácticas en Oroso para complementar a formación que reciben nas aulas e realizando traballos de investigación, catalogación de fondos, etc.

Impresionantes fondos
Durante a visita, os investigadores da USC quedaron gratamente sorprendidos polo traballo que está a realizar o Concello de Oroso na recuperación e posta en valor da súa historia. “Incluso nos ofreceron axuda, colaboración e soporte informático para crear unha base de datos e un programa de xestión dos fondos fotográficos e documentais”, explica Manolo Pazos.

Ademais dos distintos libros e dípticos informativos sobre a historia de Oroso, os profesores apreciaron especialmente o valor da documentación achegada pola veciñanza do municipio ao Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso: cartas manuscritas, cédulas de propiedade, pasaportes, cadernos do colexio... “Documentación que se foi perdendo co tempo e que é moi difícil de atopar hoxe en día”, apuntou Gustavo Hervella. Documentación entre a que incluso se atopaban documentación franquista e unha revista da propaganda nazi, editada a toda cor en alemán e español.

Brión - Novo servizo de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos

O Concello de Brión pon en marcha un servizo municipal de recollida de aparellos eléctricos ou electrónicos (electrodomésticos, equipos informáticos, ferramentas eléctricas...), que xa non son recollidos pola Mancomunidade Serra do Barbanza. “Inicialmente, o servizo terá carácter mensual e os interesados deberán solicitalo no Concello chamando ao teléfono 981 887 006 a fin de organizar a recollida dos residuos”, explica Iolanda Bouzas, primeira tenente de alcalde.

Cando se trate de outro tipo de enseres, os veciños e veciñas deberán seguir comunicándose co servizo de recollida do lixo da Mancomunidade Serra do Barbanza, a través do teléfono 981 19 12 40. Un servizo que se realiza dúas veces ao mes. O Concello de Brión vén de emitir un bando municipal no que informa aos veciños deste cambio e lles lembra que está prohibido o depósito inxustificado de residuos xunto aos colectores de lixo ou en lugares non habilitados para este fin.

Neste sentido, o Concello de Brión fai un chamamento á responsabilidade dos veciños e na necesidade de coidar o extraordinario medio natural do municipio. Ademais, lembra que en caso de incumprimento, o Concello de Brión verase obrigado a adoptar as medidas pertinentes, que no seu caso inclúen a imposición das sancións que procedan.

Vedra - Obradoiro de elaboración artesanal de licores caseiros


Arzua - Mesa redonda sobre o sextor lácteo dentro da Feira Ecolóxica

A XII Feira Ecolóxica, organizada polo Concello de Arzúa e xestionada por Culturactiva SCG, converterá Arzúa un ano máis no gran escaparate galego do sector verde.Como vén sendo habitual, a Feira Ecolóxica toma o pulso á actualidade medioambiental e agrogandeira e neste caso faino a través dunha mesa redonda sobre a problemática do sector lácteo galegoo domingo 15 ás 12:00 horasna aula 3 (Primeiro Andar) do Recinto Feiral Terra do Queixo. 

Esta mesa estará moderada pola concelleira de Medioambiente do Concello de Arzúa, Pilar Castro, e contará coa presenza do experto en xestión agrogandeira e natureza, Xan Pouliquen, o produtor lácteo, Jesús G. Pereira, e o coordinador do Sindicato Labrego Galego nas comarcas de Arzúa e Melide, Xulio Fernández. Desta maneira abordarase dende diferentes perspectivas a situación dun dos sectores clave da economía galega, que vén de vivir nos últimos meses unha gran mobilización dos produtores para reclamar unhas condicións xustas na comercialización do leite.En total, a Feira Ecolóxica ten programadas máis de vinte actividades paralelas que servirán para completar esta duodécima edición como obradoiros, mostras, conferencias e actuacións teatrais. 

O encontro referencial para o sector verde de Galicia contará con 60 expositores e expositoras de produción ecolóxica, terapias alternativas, entidades de traballo cooperativo e artesanía sustentable. As novidades ecolóxicas van dende seis variedades de pan ecolóxico, leite e licores ata sementes e infusións; tamén haberá postos de porco celta e produtos derivados. Do mesmo xeito, tampouco faltarán fabricantes de aceite ecolóxico, produtos de horta, cosmética natural ou mel ecolóxico. As terapias alternativas e as plantas aromáticas estarán presentes tamén, ademais dun espazo adicado entidades de traballo cooperativo e outro a oficios artesáns. Todos e cada un deles forman parte do sector verde e comparten un novo xeito de entender o vínculo entre produción e sustentabilidade, concepción que non parou de medrar e asentarse na nosa sociedade nos últimos anos.

Con esta nova edición, a Feira Ecolóxica de Arzúa afonda na súa consolidación como referente do respecto pola contorna e dunha vida en sintonía con ela, ademais de erixirse como o principal punto de encontro de produtores, consumidores, distribuidores, artesáns e público do sector verde. 

A Feira Ecolóxica asentouse en Arzúa no ano 2004 e, dende aquela, non abandonou a localidade coruñesa pola acollida que lle brindaron os veciños, a idoneidade do recinto ofrecido, o apoio do sector e a colaboración permanente do Concello. Malia un contexto económico adverso, o proxecto non esmoreceu e mantivo sempre o seu compromiso pola ecoloxía, a produción natural e a innovación.

Santiago - Xorna en Cineuropa do Sábado 14

Hoxe sábado poderemos asistir a unha tarde dedicada ao noso premiado Miguel Gomes, co pase consecutivo dos tres volumes que conforman o seu último traballo, As Mil e Uma Noites. A cita será no Salón Teatro ás 16:00 h, 18:15 h e 20:45 h, respectivamente. Durante máis dun ano un equipo de xornalistas dedicouse a buscar entre crónicas e sucesos historias sobre o desemprego, a precariedade e o sufrimento que estaban a provocar no país veciño as políticas de austeridade promovidas por un goberno sempre afastado do pobo. A partir de aí Gomes fía unha das súas fábulas exquisitamente contadas a través dunha fermosa e actual Scherezade. Segundo Martin Pawley: “O Desolado, a segunda, é a máis canónicamente ficcional, tamén a máis amarga e desesperada, aínda a pesar de Dixie, o can transmisor de alegría que se acaba apropiando da función. O volume final, O Encantado, arranca coma un festín hedonista, puro pracer visual e sonoro nunha Bagdad marsellesa de fantasía, para levarnos logo á Lisboa actual e alcanzar a cima grazas a unha galería excepcional de personaxes, a desarmadora comunidade de passarinheiros que impresiona e emociona pola súa dedicación en favor da beleza, polo seu amor e o seu compromiso”.

Ao longo desta xornada haberá tamén outras estreas. A primeira delas, The Lobster (Lagosta), a nova proposta de Giorgos Lanthimos que acadou o Gran Premio do Xurado en Cannes, proxectarase ás 20:15 h no Teatro Principal. Trátase dunha distopía sobre un hipotético e fascista futuro no que os solteiros deben atopar parella en 45 días ou pasarán a converterse en animais. Esta idea sérvelle a Lanthimos para esbozar unha sátira da sociedade contemporánea, tan ansiosa de amor como medorenta de soidade. Os actores son unha peza chave desta película, un Colin Farrell contido e Rachel Weiz tan espléndida como nos ten afeitos.

Ás 23:00 h no Salón Teatro, outra estrea: Une Histoire De Fou, de Robert Guédiguian, un exercicio de cinema político e militante. O director, por medio do conflito entre Armenia e Turquía do pasado século, expón un debate sobre o intercambio de roles entre vítimas e verdugos nunha sociedade que convive día a día coa violencia. Imprescindible.

No Teatro Principal pasaranse por segunda vez filmes tan substanciosos como She's Funny that Way, de Peter Bogdanovich (ás 16:30 h), Eisenstein in Guanajuato, de Peter Greenaway (ás 18:15 h), e o MacBeth de Justin Kurzel (ás 22:30 h).

Tamén haberá estreas galegas de novos valores como Diana Toucedo (En todas as mans proxectarase no Teatro Principal ás 12:00 h) ou Alfonso Vázquez, cuxo filme Contrafaces poderemos ver no CGAC ás 17:00 h. Outras propostas das seccións Ciclo Amos Kollek, Retrospectiva: Artur Brauner, Docs Music, Roxos e Marcianos: a caza de bruxas en Hollywood e Tributo e Restrospectiva Arturo Ripstein, completarán a oferta deste sábado en Cineuropa.

PROGRAMACIÓN COMPLETA SÁBADO 14

TEATRO PRINCIPAL
12:00 EN TODAS AS MANS Diana Toucedo
16:30 SHE’S FUNNY THAT WAY Peter Bogdanovich
18:15 EISENSTEIN IN GUANAJUATO Peter Greenaway
20:15 THE LOBSTER (LAGOSTA) Giorgos Lanthimos
22:30 MACBETH Justin Kurzel
00:30 PRINCIPIO Y FIN Arturo Ripstein

SALÓN TEATRO
16:00 AS MIL E UMA NOITES: VOLUME 1 Miguel Gomes
18:15 AS MIL E UMA NOITES: VOLUME 2 Miguel Gomes
20:45 AS MIL E UMA NOITES: VOLUME 3 Miguel Gomes
23:00 UNE HISTOIRE DE FOU Robert Guédiguian
01:15 STANDING ON THE SHADOWS OF MOTOWN Paul Justman

CGAC
17:00 CONTRAFACES Alfonso Vázquez
19:30 HITLERJUNGE SALOMON (EUROPA, EUROPA) Agnieszka Holland
21:30 WHORE 2 Amos Kollek

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 THE MOLLY MAGUIRES (ODIO NAS ENTRAÑAS) Martin Ritt
18:30 THE HOUSE ON CARROLL STREET (A CASA DE CARROLL STREET) Peter Yates

20:30 THE FRONT (A TAPADEIRA) Martin Ritt

Teo - Curso de incorporación a empresa agraria

O departamento de Promoción Económica do Concello de Teo, dirixido por Conchi García, pon en marcha un curso de Incorporación á empresa agraria cunha duración de 40 horas previsto para finais de novembro e primeiros de decembro. A actividade é de balde e está financiada pola Deputación da Coruña.

As persoas interesadas en asistir a esta actividade formativa deben entregar unha ficha de inscrición, que poden recoller no Concello ou descargar da web municipal, ata o 20 de novembro no Rexistro Xeral do Concello. O horario é de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e os sábados de 09:00 a 13:00 horas. Xunto coa ficha de inscrición hai que achegar copia do DNI do/a solicitante. 

O programa do curso tratará sobre os seguintes temas centrados na empresa agraria: a importancia do factor solo, a fertilización na agricultura ecolóxica, o cultivo en agricultura ecolóxica, o cultivo de plantas medicinais e aromáticas en ecolóxico, recolección, conservación e almacenamento, trazabilidade, comercialización e diagnose de mercado e asociacionismo agrario. A maiores haberá un módulo de igualdade e casos prácticos. 

As clases serán no Centro Sociocultural da Ramallosa os días 23, 26 e 30 de novembro e o 3, 7, 10, 14 e 17 de decembro en horario de 17:00 a 22:00 horas.

Lalín - Rexeitamento do peche de radioloxía

O tenente de alcalde e concelleiro de Sanidade Pública, Nicolás González Casares, mostrou  en nome do Goberno o “malestar e o desacordo co peche do servizo de radioloxía no centro de saúde de Lalín en horario de tarde, durante o próximo nadal”.

O cerre do servizo foi anunciado pola Xerencia de Santiago e para González Casares supón “unha nova redución dos servizos sanitarios, que en vez de mellorar se van desmantelando pouco a pouco a pouco en Lalín grazas ás políticas privatizadoras da Xunta do PP”. “Por estarmos en épocas vacacionais non temos que vernos privados de servizos que perfectamente poderían ser mantidos por persoas que están no paro”, argumenta o edil. 

Casares asegura que o peche de radioloxía polas tardes “vai provocar que moitas urxencias non poidan ser atendidas e se teñan que derivar a centros hospitalarios”. Para finalizar lamenta de novo “que a Consellería do Partido Popular continúe tomando decisións que non faan outra cousa que reflectir o seu afán privatizador”.

Ames - Festa do magosto no Milladoiro

Música tradicional, un DJ, obradoiros de graffiti con temática de outono, xogos tradicionais, castañas asadas e bolos preñados, ademais dunha saída micolóxica e unha exposición cos cogomelos recollidos, compoñen o programa que o Concello de Ames preparou para a festa do magosto 2015. A festa desenvolverase hoxe, sábado 14 de novembro, a partir das 17:00 horas, na praza de Manuel Murguía.

Un total de 140 quilos de castañas e 450 bolos preñados serán servidos na festa do Magosto 2015 que organiza o Concello de Ames, a través dos departamentos de Cultura, Mocidade e Medio Ambiente. É habitual que as localidades do Milladoiro e de Bertamiráns se alternen, para acoller esta festa de outono en Ames. Este ano tócalle a quenda ao Milladoiro, polo que será na praza de Manuel Murguía, onde se leven a cabo as actividades que xirarán en torno á música, os graffitis e os xogos tradicionais.

A música correrá a cargo da Requinta da Maia, da Asociación Follas Novas, de Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e dun DJ. A Asociación Vella Escola encargarase de impartir un obradoiro de graffitis, a través do cal os mozos e mozas que o desexen poderán practicar esta técnica pictórica sobre paneis instalados para ese fin. Os temas que se debuxarán terán que ver co outono.

Baixo o denominador común de Adro Popular, a Asociación Altega, ensinará a quen o desexe unha serie de xogos tradicionais. A ra, os zancos, a buxaina, a corda, o turra xoga, as chapas e a petanca son algúns deles. Os xogos desenvolveranse entre as 17:00 h e as 19:00 horas. Por outra banda, a Asociación SOS Animalia fará tamén un xogo participativo, ao tempo que dará a coñecer os seus obxectivos que se centran en protexer, acoller e fomentar a adopción de animais de compañía, así como a tenencia responsable e o correcto coidado dos mesmos.

Charla e saída micolóxica
Previamente á festa do magosto, a celebración do outono en Ames comeza hoxe pola tarde, ás 19:00 horas, no Pazo da Peregrina onde o profesor Sergio Rojo Martínez, do grupo de actividades medioambientais Arenaria Coordinación, ofrecerá unha charla coloquio sobre os cogomelos. Nesta charla analizaranse as especies máis facilmente recoñecibles, tanto as comestibles como as que nunca se deben inxerir. 

Os coñecementos teóricos adquiridos na conferencia, á que pode acudir calquera que o desexe, porque a entrada é libre ata completar aforo, poderán validarse practicamente na saída micolóxica que terá lugar mañá pola mañá. Nesta saída micolóxica participarán arredor de 50 persoas.

Está previsto que os participantes se reúnan ás 10:00 horas na Praza do Concello de Bertamiráns e ás 10:15 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Logo un autobús levaraos a unha zoa próxima que será determinada polo profesor Rojo Martínez, dependendo das condicións climatolóxicas. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, e xa no marco da festa do magosto, analizaranse as especies recollidas e farase unha exposición cos cogomelos. 

Na realización da festa do Magosto 2015 de Ames colaboran co Concello de Ames a Asociación Lentura, a Asociación de Festas do Milladoiro, Arcea Adames, Tolos pola xuventude, o club MillaRaio e SOS Animalia.

Santiago Rugby Club - O equipo estrea o campo de Marrozos enfrentándose ao Keltia Rugby Ourense

O SRC recibe ao Keltia este domingo ás 12h no reformado campo de Marrozos. No primeiro partido na casa o equipo local intentará repoñerse da derrota da semana pasada contra o Fendetestas de As Pontes (27-19). Pola súa parte, Keltia ven de gañar ao C.D. Zalaeta en Ourense por 34-0.

O equipo local pide a asistencia do meirande número de persoas posibles para apoiarlles no que sen dúbida será un igualado e interesante encontro.

Frades -. O pleno aproba a construción dunha senda peonil en Vista Alegre

O pleno municipal de Frades aprobou onte por unanimidade o proxecto de mellora da seguridade viaria na DP-3802 en Vista Alegre (parroquia de Galegos), concretamente entre os puntos quilométricos 8,360 e 9,330. Un proxecto orzamentado en 149.159,10 euros que será enviado agora á Deputación Provincial da Coruña, que será quen contrate e execute a que será a segunda senda peonil no Concello de Frades.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explicou que “hai oito anos presentamos catro proxectos de sendas peonís para Frades: unha que enlazaba a Casa do Concello co tanatorio, que xa está construída, este de Vista Alegre e outras dúas ao seu paso polos núcleos de Moar e de Aiazo”. Roberto Rey asegurou que “xa lle agradecín publicamente ao novo equipo da Deputación que respectara o proxecto aprobado na Comisión de Vías e Obras do anterior equipo de Goberno e volvo a reiterar o meu agradecemento neste pleno. Quedan dous proxectos pendentes e espero poder reunirme co presidente provincial para ver da posibilidade de levalos a cabo”.

O pleno desta mañá aprobou o proxecto, a declaración da dispoñibilidade dos terreos, a conformidade do Concello de Frades coas bases da Deputación e o compromiso por parte do Concello de recibir e conservar as obras unha vez realizadas. Así mesmo, acordou delegar no alcalde de Frades a formalización do convenio de colaboración coa Deputación da Coruña.


Características da senda 

As obras suporán a construción dun andén peonil de preto dun quilómetro de lonxitude e dunha anchura de 1,80 metros entre o cruce de Mesos ata o límite co Concello de Oroso. O material empregado para a súa superficie será unha aplicación de slurry en cor e a zona entre a beiravía e o andén estará separada por un bordillo de formigón, para evitar que se poida escorregar terra sobre a senda. 

A nova infraestrutura vaise situar na marxe esquerda do vial, en dirección cara á Ponte Carreira. Levará recollida de pluviais e unha tubaxe en previsión dunha futura instalación de alumeado público. A maiores, o alcalde anunciou que o Concello aproveitará as obras para levar a auga a unha zona que non dispón dela, para o que terá que facer unha tubería duns 170 metros de lonxitude. Roberto Rey sinala que esta obra é moi necesaria pois “un núcleo de poboación de tanta relevancia no concello precisaba esta mellora na seguridade viaria dos veciños e veciñas”.

Axenda e tempo do venres 13 de novembro - Música, cine, libros, feiras, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Capitol -  Spirits in the Night (cover Bruce Springsteen)

Ordes - Exposición de pintura de Andaina Pro Saude Mental 

Ames - Babaluva Teatro - A Alfombra Máxica

Ames - X Mostra de Teatro Afeccionado

Arzua - Feira ecolóxica

Oroso - Presentación de "Elos de cinza" de Xosé M. Lobato

Santiago - Cineuropa 

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Colexio de psicólogos - Elana ivonne Daprá (ata finais de novembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Galería sargadelos -  ciencia da luz (ata o 11 de novembro)

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

O Tempo

Lindeiros - O mellor cover de Bruce Springsteen na Sala Capitol

Nos últimos meses pasaron varias bandas homenaxe por Compostela pero será a primeira vez que vexamos unha centrada en Bruce Springsteen. Sergio Gisbert, zaragozano afincado en Badalona, é o Boss de esta formación, mantén tamén unha interesante carreira en solitario na que publicaba este ano a súa cuarta gravación “Salvaje Jack & The Wagon Train” de inevitable inspiración americana. 

Spirits in The Night nace no 2002, Sergio tiña que tocar no Cadillac Café de Zaragoza e o guitarra David Oliver sube o escenario para tocar dúas pezas de Bruce, a resposta foi tal que decidiron seguir o camiño que o destino lles marcaba. Un ano despois eran catro e daban concertos en acústico que chegaban a durar 3 horas; o paso ao concerto eléctrico era obrigado e con el incorporaron outros dous músicos chegando a un total de 6, todos aragoneses, para buscar o son da E Street Band. 

Desde entón o grupo tocou en infinidade de cidades por toda España e as veces no estranxeiro chegando a ser a banda invitada na maior reunión de fans de Bruce de toda Europa, en setembro do 2008

Pacto X Ames - Sobre a ampliación dos efectivos da Garda Civil

Que o principal acordo ao que chegou a Xunta Local de Seguridade fora un compromiso, sen prazos, para volver á situación inicial do ano 2011 de 35 efectivos, é totalmente insuficiente e demostra que tanto o Goberno Municipal como a Delegación do Goberno non teñen vontade para solucionar un problema que leva décadas en vía morta.

Costa entender que o Goberno Municipal asuma como boa a decisión da Subdelegación do Goberno e non tome ningunha medida adicional sabendo que zonas como as de Boiro ou Carballo teñen 50 efectivos, o razoable para un posto principal da Garda Civil. O agravio comparativo respecto a estas zonas é claro.

Pacto x Ames leva anos chamando a atención sobre este tema por iso o pasado mes de outubro presentou unha moción na que se solicitaba un cuartel da Policía Nacional así como o aumento dos efectivos da Garda Civil xa que a zona de influenza ten unha extensión de 364 km2 e atende a un entorno dos 70.000 habitantes. Froito desta iniciativa de PxA solicitouse a reunión da Xunta Local de Seguridadeque agora toma unha decisión insuficiente e decepcionante.

En canto a violencia de xénero, o Goberno tripartito de Ames por un lado asume sen rechistar o que dita a Subdelegación do Goberno en canto o número de efectivos e por outro pide colaboración.

Terán que explicar como é posible que o tripartito pida máis colaboración á Subdelegación do Goberno para atender cun mínimo de garantías esta cuestión, sabendo que os 29 efectivos que hai na actualidade son totalmente insuficientes, sabendo que non hai prazos para volver a situación inicial de 35 efectivos e sabendo que estes hipotéticos 35 efectivos xa eran insuficientes no ano 2011 cando Ames tiña 28.852 habitantes, segundo o INE e agora con máis 30.000 o goberno tripartito dáse por satisfeito. Terán que explicalo.

Numax - Programación do 13 ao 19 de novembro

Rams, o val dos carneiros

Rams (Grímur Hákonarson, 2015)
O cinema islandés ten acadado nos últimos tempos un notábel éxito nas pantallas españolas. Se en setembro era Rúnar Rúnarsson quen se alzaba coa Concha de Ouro polo seu filme Sparrows, agora é Rams, o debut na ficción deGrímur Hákonarson, o recompensado coa Espiga de Ouro durante a pasada Seminci, e anteriormente xa recollera o premio da sección Un certain regard de Cannes. Poderedes velo en NUMAX a partir deste venres 13 de novembro, pero entrementres botádelle un ollo ao trailer:

Tamén na nosa carteleira

Continúan, asemade, dous dos filmes que estivemos a proxectar ao longo desta semana: Dheepan, de Jacques Audiard, e Videofilia (y otros síndromes virales), o filme de Juan Daniel F. Molero que estreamos este pasado mércores.

Rams
(Grímur Hákonarson, 2015)


Gummi e Kiddi son veciños e irmaos nun val illado de Islandia. Adícanse a coidar as súas ovellas, multipremiadas como as mellores do país pola súa liñaxe antiga e ancestral. Malia compartiren as leiras e o estilo de vida, Gummi e Kiddi non se falan desde hai décadas. Logo dun concurso, áchanlle unha doenza mortal e súpeta a unha das ovellas de Kiddi, co que o val se ve ameazado e as autoridades ordean sacrificar o gado da contorna para deter a doenza.

Programación

VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego
VOSI: Versión orixinal subtitulada en inglés
VO: Versión orixinal sen subtítulos

Venres 13 de novembro

12:00 Dheepan
16:00 Videofilia (VO)
18:00 Dheepan
20:00 Rams [Estrea]
21:45 Rams
 

Sábado 14 de novembro

12:00 Videofilia (VO)
16:00 Dheepan
18:00 Rams
19:45 Rams
21:45 Dheepan
 

Domingo 15 de novembro

12:00 Rams
16:00 Dheepan
18:00 Videofilia (VO)
20:00 Dheepan
22:00 Rams
 

Martes 17 de novembro

12:00 Dheepan
16:00 Rams
17:45 Videofilia (VO)
19:45 Rams
21:30 Dheepan
 

Mércores 18 de novembro

12:00 Dheepan
16:00 Videofilia (VO)
18:00 Rams
19:45 Dheepan
21:45 Rams
 

Xoves 19 de novembro

12:00 Rams
16:00 Dheepan
18:00 Dheepan
20:00 Videofilia (VO)
22:00 Rams

BNG A Estrada - valoración da sentenza do TXSG que tumba o proxecto da Cidade do Moble

Logo de coñecerse publicamente a sentenza do TSXG que tumba o proxecto da Cidade do Moble, o BNG fai as seguintes valoracións:

Aínda que coñecemos a sentenza polo que sae reflectido nos medios de comunicación, o proxecto da Cidade do Moble cae por erros na tramitación administrativa, non porque supoña un perigo medioambiental para o entorno do Val do Liñares como sostiñan algúns colectivos. Agardamos que esta sentenza non sexa o preludio doutra que anule o PXOM, que tamén ten defectos de tramitación administrativa, tal e como denunciamos no BNG.

Respectamos a sentenza xudicial, pero non deixa de supoñer un mazazo importante, non só para o sector do moble, senón para o revulsivo económico que podía chegar a ser a Cidade do Moble, así como de xeración de emprego.

Neste sentido cómpre unha explicación por parte da Xunta de Galiza, responsábel da aprobación deste proxecto, polos erros cometidos durante a tramitación do proxecto. Non se entende que sexa a propia administración a que incumpre os trámites burocráticos dos que se dota.

Por outra parte, instamos ao goberno municipal do PP a explicar que medidas pensa tomar para sanear a zona do Liñares, onde se asentaron todo tipo de empresas sen ningún tipo de control por falta de solo industrial no noso concello. Hai que ter en conta que o proxecto da Cidade do Moble contempla a integración e legalización das instalacións destas empresas dentro do polígono dotándoo cunha depuradora propia.

Se finalmente se confirma que o proxecto da Cidade do Moble pasa a mellor vida esixiremos ao PP medidas para sanear a zona, así como alternativas económicas para o sector do moble.

Ames - Axudas a asociacións culturais en ANPAS

O Concello de Ames acaba de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a concesión das axudas relativas á promoción das actividades culturais e á organización de festexos municipais correspondentes ao exercicio 2015. Destas convocatorias de axudas van beneficiarse un total de 19 entidades municipais. Investíranse 23.580 euros en 13 asociacións culturais e 17.900 euros en 6 entidades e comisións que organizaron diversas festas populares. Ademais, aprobáronse as xustificacións presentadas por 6 ANPAS municipais, o que acredita o seu dereito a percibir o importe das achegas concedidas. Entre as ANPAS repartiranse 16.227,17 euros.

Para a realización de actividades culturais concedéronse 23.580 euros, repartidos entre un total de 13 asociacións culturais municipais. Estas subvencións están destinadas á organización de actividades -organización de cursos, adquisición de diverso material bibliográfico e discográfico, compra de roupa tradicional para actuacións, organización das festas do Magosto e Entroido, compra de instrumentos musicais, celebracións tradicionais, viaxes culturais, obradoiros, certames, etc-.

A contía das subvencións a conceder determinouse despois da consideración das actividades e investimentos a realizar e de acordo cun baremo de puntuacións que tivo en conta o interese da actividade e a súa adecuación ao interese local, o número de socios, a promoción da lingua galega, o orzamento da actividade e o coeficiente de financiamento derivado da solicitude.

Ademais, para a promoción de festas populares celebradas no exercicio 2015 concedéronse un total de 17.900 euros que irán parar as arcas de 6 asociacións e comisións de festas. Nesta ocasión, a convocatoria contemplou unha asignación de achegas que dependeu directamente da poboación da parroquia ou lugar no que se celebraron as festas, intentando con isto que a actividade financiada chegue a un maior número de veciños e veciñas. 

Achegas ás ANPAS municipais

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou as xustificacións presentadas por 6 ANPAS municipais, o que acredita o seu dereito a percibir o importe das achegas concedidas. En total, vanse repartir 16.227,17 euros.

A asignación das axudas realizarase da seguinte maneira: a ANPA do CEIP Agro do Muíño recibirá 3.945,14 euros; a ANPA San Mauro percibirá unha achega de 2.617,57 euros; á ANPA da Escola infantil municipal A Madalena correspóndenlle 1.291,75 euros; a ANPA Millapeques disporá de 2.704,50 euros; a ANPA As Brañas recibirá 1.867,18 euros e a ANPA do CEIP A Maía contará con 3.801,05 euros.

Andaina pro Saude Mental - Apertura da exposición de pintura

Hoxe venres, 13 de novembro, ás 19 horas, no Museo do Traxe, terá lugar a inauguración da mostra de pintura realizada polos usuarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental. En total exporanse sesenta pezas de todos os estilos e realizadas con distintas técnicas. 

A cita está aberta a todas aquelas persoas interesadas en coñecer a actividade creativa e pictórica que esta asociación, sen ánimo de lucro e con sede en Ordes, vén realizando nos últimos tempos. “Cada semana facemos talleres e arteterapia. Empregamos a pintura como unha canle de expresión e desafogo para moitos dos nosos usuarios e usuarias. Non é o único porque tamén temos obradoiros de traballos manuais onde facemos todo tipo de cousas, abelorios e utensilios. En todo isto temos unha especial predilección polos materiais reciclados”, manifesta Omaira Tuirán, fundadora de Andaina Pro Saúde Mental.

Ames - Babaluva Teatro presenta esta tarde A alfombra máxica

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle hoxe venres, 13 de novembro, dúas representacións do espectáculo “A Alfombra máxica” da compañía Titeres Babaluva, unha obra dirixida a nenos e nenas de ata 3 anos de idade. Trátase dun espectáculo sensorial no que a artista Mirari Urrozola axudará aos máis pequenos a descubrir texturas, sons e olores a través do xogo e a sorpresa. A primeira representación terá lugar ás 17:30 e a segunda unha hora máis tarde, ás 18:30 horas. En cada unha delas poden participar quince bebés e os seus acompañantes. As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 13 de novembro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org

Títeres Babaluva mergúllase unha vez máis no mundo dos máis pequenos/as da casa e crea un espectáculo no que acompaña aos nenos e as nenas no camiño de descubrir a que sabe, a que ule e que se sente cando se toca o mundo. A Alfombra Máxica é un espectáculo sensorial que se desenvolve sobre unha alfombra táctil que ule e soa, un lugar de experimentación libre onde os cativos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar e ver.

A Alfombra máxica fomenta a experimentación para que ese público miúdo ao que vai dirixido experimente xogando cos sentidos e aprenda a tocar, a manipular e a investigar coas mans e co corpo enteiro. “Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións", segundo manifestan os responsables da compañía Babaluva.



Un total de 15 nenos e nenas de ata 3 anos de idade cos seus acompañantes poderán asistir a cada unha das representacións deste espectáculo, que se vai a representar na Casa da Cultura do Milladoiro, polo que están programadas dúas funcións. A primeira delas terá lugar ás 17:30 e a segunda ás 18:30 horas. As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 13 de novembro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org

Ordes - Mañá sábado Frozen dentro das Noites de Cine

O Departamento de Cultura do Concello de Ordes convida a todos os nenos e nenas do municipio, así como aos seus acompañantes, a desfrutar da película de debuxos animados ‘Frozen’, un dos éxitos máis sonados dos últimos anos da factoría Disney. 

A cita englóbase dentro do programa ‘Noite de cine’, e terá lugar no auditorio da casa da cultura o vindeiro sábado, 14 de novembro, ás 19.30 horas

Casa das Crechas - Jambrina y Madrid este sábado nas Crechas

A Casa das Crechas acolle o próximo sábado un concerto de Jambrina y Madrid, un dúo de música tradicional zamorana que nace da colaboración profesional destes dous músicos folkloristas desde a década de 1980. 

Dedicados aos traballos de investigación, difusión e interpretación da música tradicional zamorana, Alberto Jambrina e Pablo Madridrecibiron o respaldo do Ministerio de Cultura en varios dos seus traballos de recompilación a intérpretes de campo de Zamora e en traballos sonoros propios. 

Formaron parte do Colectivo de Folclore Zamorano; a partir de 1989 están á fronte da Escola de Folclore e do Consorcio de Fomento Musical respectivamente. Interviron en grupos de baile tradicional e de folk como: Voces de la Tierra, Bajo Duero, Habas Verdes, Tradinova, e teñen colaborado en gravacións con grupos como La Bazanca, Radio Tarifa, María Salgado, Joaquín Díaz, Vanesa Muela, etc.

Máis información: 

Santiago - Xornada en Cineuropa do 13

O portugués Miguel Gomes recibirá este venres o primeiro dos Premios Cineuropa que se outorgan nesta XXIX edición do festival. Autor de A cara que mereces (2004), Aquele querido mês de agosto (2008), ou Tabú, premio Alfred Bauer e FIPRESCI na Berlinale de 2012, Gomes é recoñecido, en palabras de Martin Pawley, como “un gran escoitador e iso fixo del un dos máis grandes fabuladores do noso tempo”. Tras a entrega do Premio estrearase o primeiro volume do seu último traballo: As Mil e Uma Noites, unha visión do actual Portugal da austeridade, a crise e os tecnócratas a través da mirada da bela Sherezade. A fábula, fermosísima fábula, é utilizada por Miguel Gomes para dar a coñecer a situación do seu país. A entrada á cerimonia de entrega do Premio Cineuropa e á proxección da película será gratuíta, previa recollida de convite no despacho de billetes do Teatro Principal.

Pero As Mil e Uma Noites non é a única estrea do día. Ás 19:45 h proxectarase o Macbeth de Justin Kurzel no Salón Teatro. Kurzel ofrece unha nova perspectiva da traxedia de Shakespeare, humanizando a uns protagonistas interpretados polos carismáticos Michael Fassbender e Marion Cotillard, e devolvéndolle ao texto o seu espírito orixinal. Un Macbeth obsesivo e grandilocuente e unha Lady Macbeth menos manipuladora do que nos teñen afeitos outros directores. A crítica coincide en describila como unha película tan elegante como violenta e de estilizada posta en escena.

Ás 23:00 h no Teatro Principal estrearase o último de Peter Greenaway, Eisenstein in Guanajuato, un biopic sobre a etapa mexicana do cineasta ruso durante a rodaxe de Que viva México!. Segundo José Luis Losa, director de Cineuropa, Greenaway toma “uns camiños insólitos: o descubrimento e desfrute do cineasta dunha homosexualidade festiva, case en ton de voldevil, e moi afastada da gravidez doutras obras do británico”.

Este venres será a última oportunidade de asistir ás proxeccións de The misplaced world, de Margarethe von Trotta (ás 16:00 h no Teatro Principal), Songs My Brothers Taught Me, de Chloé Zhao (a continuación, ás 18:00 h tamén no Principal), Cop Car, de Jon Watts (no Principal ás 00:45 h), Slow West, de John Maclean (ás 17:45 no Salón Teatro), e o último de Ulrich Seidl, Im Keller (In the Basement), que se proxectará ás 21:45 h tamén no Salón Teatro.

A profusa programación da xornada (20 películas o día de hoxe) complétase con outros filmes pertencentes a diferentes seccións e de entrada libre até completar aforamento, que se proxectarán en catro das cinco sedes desta edición: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC e sede Afundación.

PROGRAMACIÓN COMPLETA DO VENRES 13

TEATRO PRINCIPAL
12:00 THE SHANGHAI STORY (AVENTURA EN SHANGAI) Frank Lloyd
16:00 THE MISPLACED WORLD Margarethe von Trotta
18:00 SONGS MY BROTHERS TAUGHT ME Chloé Zhao
GORPAAF
20:00 PREMIO CINEUROPA: MIGUEL GOMES
AS MIL E UMA NOITES: VOLUME 1 Miguel Gomes
23:00 EISENSTEIN IN GUANAJUATO Peter Greenaway
00:45 COP CAR Jon Watts

SALÓN TEATRO
16:00 EL PASEO Flavia de la Fuente
WORK IN PROGRESS: IT’S CALLED LISTEN Alejandra Pombo
17:45 SLOW WEST John Maclean
19:45 MACBETH Justin Kurzel
21:45 IM KELLER (IN THE BASEMENT) Ulrich Seidl
23:15 MARCELLO MASTROIANNI: MI RICORDO, SÌ, IO MI RICORDO Anna Maria Tatò

CGAC
16:00 Coa presenza do director IDIOTAS
Fran Estévez 16:45 SPLIT SECOND (O INSTANTE DECISIVO)
Dick Powell 18:15 NEVER LET ME GO (NON ME ABANDONES) Delmer Daves
20:00 DE MAN DIE ZIJN HAAR KORT LIET KNIPPEN (O HOME DO CRANIO RASURADO) André Delvaux
21:45 HEITAI YAKUZA (HOODLUM SOLDIER) Yasuzo Masumura

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 AYN RAND: IN HER OWN WORDS Robert Anderson, John Little
18:00 THE FOUNTAINHEAD (O MANANCIAL) King Vidor

20:00 TRIAL (A FURIA DOS XUSTOS) Mark Robson

Ames - Segunda xornada da X Mostra de Teatro

Este venres, 13 de novembro, continúa a X Mostra de Teatro Afeccionado de Ames coa participación da Escola Municipal de Teatro de Negreira, que representará o espectáculo “O mundo está tolo e ti ségueste duchando”, unha visión surrealista da humanidade de ton absurdo e esperpéntico. A Mostra péchase o próximo venres, 27 de novembro, coa actuación do Grupo de Teatro Municipal de Ames que interpretará “A Voda” de Chejov. Estes dous espectáculos representaranse, ás 21:00 horas, na Casa da cultura de Bertamiráns. A entrada é libre e gratuíta ate completar aforo.

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, lembra que “a X Mostra de Teatro Afeccionado de Ames comezou o pasado venres, 6 de novembro, na Casa da Cultura do Milladoiro coa representación da peza teatral O ollo que todo o ve, a cargo da compañía The Puntillas Teatro, que naceu ao abeiro da Escola Municipal de Teatro de Santa Comba. A primeira xornada da Mostra tivo unha boa resposta por parte do público, xa que preto de 100 persoas acudiron ao Milladoiro para ver este espectáculo”.

A Mostra de Teatro Afeccionado continúa este venres, 13 de novembro, na Casa da Cultura de Bertamiráns coa actuación da Escola Municipal de Teatro de Negreira que interpretará O mundo está tolo e ti ségueste duchando, unha visión surrealista da humanidade de ton absurdo e esperpéntico. A directora desta comedia, Sandra Lesta, cualifica esta peza como “unha visión da humanidade con tintes surrealistas ou absurdas, estrañas, esperpénticas, singulares” e salienta que “dende unha azotea dun edificio ata o Museo do Prado, amósase a esencia do ser humano e as súas condutas máis salientables e menos admirables”.

Non é a primeira vez que a Escola Municipal de Teatro de Negreira actúa en Ames. No ano 2011, e no marco tamén da Mostra de Teatro Afeccionado de Ames, puxo en escena a peza Vida e obra de Xan dos Bolos. Un ano máis tarde interpretou Vaia función, e no ano 2013 presentouse na Mostra co espectáculo Nun tren. A Escola de Negreira comezou a funcionar no ano 2009. O número de alumnos/as non deixou de medrar ano tras ano, contando na actualidade con máis de cincuenta distribuídos por grupos de idade. Participan da actividade dende nenos de 4 anos a maiores de 35, que cada curso ensinados e dirixidos por Sandra Lesta, aprenden a arte da interpretación e a creación teatral.

Grupo municipal de teatro de Ames

Para rematar a mostra, o venres 27 de novembro, chegará á Casa da Cultura de Bertamiráns o grupo municipal de teatro de Ames coa súa última produción A Voda. Esta peza teatral está artellada sobre unha dramaturxia que reúne, asemade, os textos Tráxico á forza e Sobre os males que provoca o tabaco. Cómpre salientar a achega fundamental destas obras dramáticas do teatro universal ao patrimonio do teatro e da cultura galegas, gracias ás traducións e ao labor desenvolvido ao longo das últimas décadas por Francisco Pillado Mayor.

Esta peza teatral está dirixida por Mónica Camaño. O deseño do espazo escénico, o aderezo e o vestiario correu a cargo da propia Mónica Camaño e dos actores e actrices que participan nesta peza teatral, mentres que o deseño de iluminación ten a firma de Ze Paredes, que xa preparou as últimas montaxes do grupo. Do deseño gráfico encárgase Pablo Gulín, mentres que o soporte técnico é de Armando Salas.