Oroso - Máis de 80 veciños participan no encontro dixital cos Axouxeres

MÁIS DE OITENTA VECIÑOS E VECIÑAS DE OROSO DISFRUTAN DO ENCONTRO DIXITAL COS AXÓUXERES
Algo máis de oitenta veciños e veciñas de Oroso, entre os que se atopaban máis de medio cento de nenos e nenas, participaron no centro cultural de Sigüeiro no encontro dixital con Os Axóuxeres. Durante algo máis dunha hora, todos os presentes disfrutaron en familia das doce probas que estes famosos personaxes lles plantexaron e que serviron para a promoción da lingua galega entre cancións, xogos e risas.

Os máis de cincuenta meniños e meniñas que se achegaron ao centro cultural de Sigüeiro embarcáronse nunha aventura interactiva para tratar de salvar a Pelouro, Roi, Moncho, Iria e todos os personaxes dos Axóuxeres 2012. Para iso, tiveron que superar doce probas que se lles ían plantexando a través dos xogos e das cancións en galego. Probas que, por suposto, superaron sen atrancos.

O encontro dixital cos Axóuxeres é unha iniciativa gratuita da Secretaría Xeral de Política Lingüística que, en colaboración co Concello de Oroso, pretende implicar aos pais e nais a manter a cadea da transmisión da lingua galega, ofrecéndolles un espazo de lecer para a familia na nosa lingua e ferramentas para aprender, cantar e xogar en galego cos fillos. 

Ningún comentario: