Brión - Cabalgata de Reis

OS REIS MAGOS RECIBIRÁN AOS NENOS DE BRIÓN NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE PEDROUZOS, ONDE HABERÁ UNHA GRAN FESTA CON BELÉN VIVENTE
O Concello de Brión organiza este sábado, 5 de xaneiro, unha gran festa de Reis Magos, que terá lugar a partir das 17:00 horas no pavillón polideportivo municipal de Pedrouzos. Unha gran festa na que o Concello de Brión agarda a participación de entre 600 ou 700 persoas.

A festa contará coa presenza da banda de música de Brión, que desfilará e tocará varias pezas para os presentes. Posteriormente, os Reis Magos farán a súa entrada no pavillón, onde serán recibidos pola corporación municipal presidida polo alcalde Xosé Luis García. Despois, todos os pequenos do municipio terán a oportunidade de falar con Melchor, Gaspar e Baltasar, lembrarlles as súas cartas coas peticións para esa noite e levar distintos agasallos e larpeiradas.
Como todos os anos, no pavillón tamén se instalará un Belén Vivente, con distintos animais (vacas, burros, ovellas e cabras) traídos para a ocasión polos propios veciños e veciñas de Brión. Canda eles haberá tamén unha representación de artesáns e oficios tradicionais.

Ningún comentario: