Santiago, 27/08/2016 - Todo o que comeza remata e hoxe é o último día do #feitoaman2016 que deixou as rúas de Compostela cheas de boa música.
Amosando publicacións coa etiqueta SANTIAGO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SANTIAGO b>. Amosar todas as publicacións
O tren turístico promociónase entre as familias con "Santiago para peques en tren"
Dous novos concertos no #feitoaman2016
O "Santiago Rugby Club" (SRC) retoma en setembro as súas actividades
Santiago, 26 agosto 2016 - Interesantes novidades no retorno a activdidade do Santiago Rugby Club. Tanto o equipo masculino como o feminino cambian de adestradores. Rodrigo García Patiño "Cañoto" toma as rendas do masculino na 2ª división galega e José Rey Rodríguez "Mega" fará o propio co equipo feminino.Xornada do xoves no #feitoaman2016
Santiago, 25/08/2016 - Últimos días para o festival Feito a Man con dous concertos no serán de este xoves.
Santiago acollerá en novembro o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"
Santiago, 25/08/2016 Debuxantes de prestixio internacional vanse reunir en Santiago do 10 ao 13 de novembro, para recrear Compostela dunha maneira orixinal e diferente nos seus cadernos de viaxe. Será no marco do I Encontro Compostela Ilustrada, que hoxe presentaron o alcalde, Martiño Noriega; o director do evento, Miguelanxo Prado; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.Salgueiriños celebra a segunda xornada de "Efecto Proximidade" con contacontos e música
Santiago, 25/08/2016 - Este xoves 25 de agosto terá lugar a segunda xornada de Efecto Proximidade no mercado de Salgueiriños. Esta proposta enmárcase na axenda do Concello para promover o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela e pretende conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos coa creación de dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños tendo en conta aos actores e axentes locais.Volven os días de 3 concertos ao #feitoaman2016
Santiago, 24/08/2016 - Un día no que de novo a mistura de estilos é unha realidade, pero tamén de países xa que hai desde grupos locais ata un chegado de Francia.
Santiago Futsal e Area Central presentan ‘Área Futsal’
Santiago, 24/08/2016 - Santiago Futsal e Area Central organizan o primeiro torneo e campus unificado do fútbol sala en Santiago de Compostela. Unha semana para que, tanto nenos como maiores, podan gozar dun dos deportes máis reclamados da cidade nun escenario privilexiado como son as instalacións do Centro Comercial Area Central, antes do comezo de curso.Compostela aposta polo turismo familiar cun mapa de poképaradas e ximnasios para o xogo Pokemon go!
Santiago, 24/08/2016 - A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentouPokésan, novo proxecto de Turismo de Santiago dirixido a fomentar o turismo familiar na cidade aproveitando as posibilidades que abre Pokémon Go, un fenómeno de masas global cunha gran penetración entre rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos. A concelleira estivo acompañada polo responsable do desenvolvemento informático dePokésan, Camilo Ameijeiras.A Xunta de Goberno de Santiago aproba os prezos dos comedores
Santiago, 23/08/2016 - A Xunta de Goberno aprobou onte os prezos públicos dos servizos de comedor e madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria, para o curso 2016-2017. O prezo que deberán pagar os usuarios polo xantar queda fixado en 4,50 euros, IVE engadido, mentres que o do almorzo será de 1,93 euros, tamén con IVE engadido.
Eloy Domínguez Serén visita NUMAX para presentar o seu filme «No Cow on the Ice»
Santiago, 23/08/2016 - O Cinema NUMAX recibe o sábado 27 de agosto ás 19:50 a visita de Eloy Domínguez Serén, un dos expoñentes máis importantes do Novo Cinema Galego. O cineasta de Meis (Meaño, Pontevedra) presentará en sala unha das súas últimas creacións, No Cow on the Ice, que terá súa estrea absoluta en cines o mércores 24 de agosto en NUMAX.Los equipos de competición nacional y liga gallega del Santiago Futsal comienzan a entrenar
Santiago, 23/08/2016 - Mon Barreiro continúa un año más como coordinador de las categorías base del Santiago Futsal. De esta manera el club sigue apostando por la cantera, demostrando la importancia de la misma dentro de la estructura del club, que se ve reflejada en el primer equipo, donde el año pasado llegaron a debutar con el primer equipo en competición oficial hasta seis jugadores (Quique, Isma, Richi, Iago Balsa, Sergio y Dani Quintela).Los Wallas pechan esta semana o #TerraZeando en Compostela e A Coruña
Santiago, 23/08/2016 - Todo chega ao seu fin, e tras unha quinta edición do ciclo TerraZeando ben intensa, na que puidemos desfrutar dos concertos de Ultimate Painting, El Monstruo, Alberto Montero, The Shivas, Elle Belga ou Remate, en terrazas, parques e espazos fantásticos, toca despedir o ciclo ata o ano que ven cun bo pepinazo como son Los Wallas e súa perfecta mestura de garaxe, rock, pop ibérico e gamberrismo.Sete novas empresas o viveiro de empresas da Cámara de Comercio
![]() |
| Mónica González e Ivita Alvite de Dama Synergie |
Xornada do sábado no #Feitoaman2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






