Axenda e tempo do sábado 12 de setembro - Música, festas, exposicións

Santiago - Numax

Ordes . festas en Ordes

Santiago - Festival Wos INC


Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Cidade da Cultura - Memorias de familia (ata o 9 de setembro)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 13 de septembro)


O Tempo

Touro - O GDR Ulla Tambre Mandeo reafirma a aposta pola economía local

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla Tambre Mandeo, que traballa no territorio dos concellos de Arzúa, Melide, Boimorto, Santiso, Touro, Toques, O Pino, Sobrado dos Monxes, Curtis e Vilasantar, reafirmou a súa aposta pola dinamización do sistema produtivo e a economía local, o fortalecemento do tecido produtivo e a posta en marcha de novos servizos que incrementen a calidade de vida da poboación local. Na reunión celebrada onte no Pazo de Andeade (Concello de Touro), pecháronse as últimas partidas presupostarias pendentes. A esta reunión acudiron, ademáis do seu presidente, Ovidio Leiva; o presidente dos empresarios de Arzúa, Alfonso Gómez Corzo; e de Melide, Manuel Vázquez; o presidente da cooperativas Melisanto, Pablo Costoya; e os alcaldes de Touro, Ignacio Codesido; do Pino, Manuel Taboada; de Curtis, Xavier Caínzos; de Melide, Ánxeles Vázquez; de Vilasantar, Fernando Pérez, e representantes do resto dos concellos.

O GDR Ulla Tambre Mandeo é a entidade responsable da xestión do Programa Leader 2007-2013, dotado con 3,5 millóns de euros, nas comarcas de Arzúa e Melide e nos concellos de Curtis e Vilasantar. Agora encara a súa etapa final do programa europeo.

Os proxectos que se poñerán en marcha neste último ano do Programa Leader 2007-20013, e xa concretados, figuran a construcción dun tanatorio en Santiso, a posta en marcha dunha empresa de fabricación de vivendas por módulos en Arzúa e a habilitación dunha nova app de comunicación cidadán promovida polo concello de Curtis. No Concello de Touro impulsarase a ampliación dun parque de maquinaria vinculado a unha empresa forestal e a apertura do Centro de Interpretación do Ulla, ubicado en Fonte Díaz (Touro). O Concello de Touro recibiu na pasada primavera a confirmación da subvención solicitada para dotar de contido dun pequeno edificio feito polos participantes nun Obradoiro de Emprego. Esta nova infraestructura servirá para difundir a riqueza patrimonial e natural do río Ulla así como para concienciar da necesidade de cuidar e respetar o noso entorno. Ademáis o Concello pon en marcha con esta iniciativa unha modernísima aula TIC de entrada libre para a veciñanza, dotada con 15 ordenadores, unha pizarra dixital, proxector e a instalación para acceso wifi. O orzamento total do investimento é de aproximadamente 34.000 euros máis IVE.

Na reunión da xunta directiva do GDR celebrada en Touro informouse dos proxectos que se poñerán en marcha. Ademáis, destinarase un remanente do orzamento a dous novos proxectos non produtivos: a ampliación da gardería municipal de Boimorto e a sinalización da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo no Concello de Curtis. Coa aprobación destes dous proxectos, o GDR logra o compromiso e a execución do 100% do presuposto anual para 2015.

O orzamento para proxectos produtivos do 2015 está esgotado ante o gran número de iniciativas presentadas. Este ano financiáronse dende o GDR un total de 14 proxectos. Hai 10, algún de gran calado, en lista de espera por falta de fondos. A xunta directiva do GDR confía en recibir fondos ata finais de ano procedentes doutros GDR que non esgotaron os seus orzamentos e así poder sacar adiante algún proxecto en carteira.

Dos 30.000 euros destinados adicionalmente este ano pola Xunta de Galicia para gastos de funcionamento do GDR, nesta recta final empregaranse un total de 13.000 euros para esta finalidade, mentres que o 60% restante trasladase á estratexia do Grupo para seguir financiando proxectos. O GDR pretende así “poder axudar ao máximo número de promotores posibles”.

O futuro GDR

A finais deste ano finaliza o plan 2007-2013 dos actuais GDR, xa que cóntanse dous anos máis para a execución dos proxectos aprobados. Agora estase á espera do plan 2014-2020, para o que se agarda una reestructuración dos GDR.

O presidente do GDR Ulla Tambre Mandeo, Ovidio Leiva, informou na reunión de onte en Touro da configuración dun novo mapa para o periodo Leader 2014-2020. Indicou que ante a menor dotación presupuestaria procedente da UE poderían reducirse o número de GDR en Galicia e eso podería afectar ao da Ulla Tambre Mandeo, ainda que apuntou que neste caso é difícil incrementar o número de concellos nun territorio no que trasladarse de punta a punta empréganse arredor de 50 minutos. “Non sería fácil incrementar a cantidade de concellos sen que repercuta no servizo do GDR sobre a poboación rural”, engadiu Leiva.

Os asistentes coincidiron en destacar o traballo “exemplar” feito por este GDR nos últimos anos, cumprindo os obxectivos cuantitativos marcados na súa posta en marcha. Dende a oficina técnica do GDR Ulla Tambre Mandeo traballouse “en darlle visibilidade aos recursos locais, na posta en marcha de empresas rurais, e na innovación e na creación de emprego”. Segundo apuntou a xunta directiva, “sería un desastre ter que afrontar dende cero o proceso de creación dun novo GDR”. Por eso solicitará que no novo deseño de distribución de concellos para o periodo 2014-2002 “se poida atender aos indicadores que poñen de manifesto a boa marcha do Leader Ulla Tambre Mandeo”. A xunta directiva cree que isto “permitirá unha maior axilidade e a continuidade das liñas de traballo que tanto esforzo foi empregado para poñelas en marcha”.

Outono Festival - Exposición Signs of the Seventies no marco das actividades paralelas ao festival

Signs of the Seventies é o título da exposición que, no marco do Outono Códax Festival, ofrecerá en Santiago unha selección da obra fotográfica de Lawrence Impey, recoñecido retratista da escena musical dos anos 70.

O conxunto de fotografías que integran a selecta mostra –que será inaugurada o próximo martes, 15 de setembro, ás 19,30 h. no espazo Numax, onde permanecerá aberta ata o 10 de outubro– data de inicios e mediados dos 70 e inclúe, entre outros, algúns dos retratos máis coñecidos de bandas como The Police ou de artistas como Debbie Harry, a admirada vocalista de Blondie, así como outros máis vinculados ao mundo da moda (ámbito no que Impey tamén desenvolveu a súa carreira profesional) e que, no seu conxunto, serven para ilustrar estes “signos dos anos 70”.

Lawrence Impey naceu en Bournemouth (Inglaterra) en outubro de 1951 e seis anos máis tarde mudouse coa súa familia a Lagos, Nixeria. Aos 17 anos trasládase a Londres e en 1971 regresa a Bournemouth para estudar Publicidade e Fotografía de Moda no Poole Collage of Art. Logo dun tempo traballando nunha axencia publicitaria, incorpórase á industria musical como manager da banda británica Squeeze, producida entre outros por John Cale ou Elvis Costello. Como fotógrafo, Impey realizou, por citar algún exemplo, varias das fotografías do primeiro álbum de The Police e é autor da imaxe que ilustrou o primeiro single do mítico grupo liderado por Sting.

Actualmente e á marxe da súa actividade no ámbito das tecnoloxías da información, Lawrence continúa hoxe en día coa fotografía, revelando persoalmente os seus propios negativos e realizando os seus propios proxectos.

Actividade paralela incluída na 5ª edición do festival, que arranca o sábado 19 
A exposición de Lawrence Impey forma parte das actividades paralelas coas que o Outono Códax –festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa e patrocinado por Martín Códax, coa colaboración de Pousadas de Compostela e case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais de Santiago– celebra este ano o seu V aniversario.

Deste xeito, a inauguración da mostra servirá de aperitivo ao inicio do propio festival, que comezará o próximo sábado 19 de setembro, como é habitual na Sala Capitol de Santiago, cun primeiro concerto protagonizado polo británico Mike Sánchez&His Band (un dos artistas de rhythm&blues e rock´n roll máis recoñecidos do panorama internacional actual); David Hooper&The Silverbacks (o norteamericano que xa foi comparado con estrelas veteranas, emerxidas ao igual que el na madurez, como Charles Bradley, Lee Fields ou Sharon Jones); e Transilvanians, unha das bandas galegas con maior proxección do momento.

Posteriormente, pasarán polo ciclo (26 de setembro e 3 de outubro en Santiago, e 2 de outubro en Xixón), figuras da relevancia de Tommy Hunt (o mítico vocalista de The Flamingos e unha das lendas vivas da música contemporánea); Onno Smit, Paul Willemsen e a prodixiosa Michelle David co seu espectáculo The Gospel Sessions; Juan Zelada ou Naomi Shelton, a última gran diva da principal factoría mundial de música negra, Daptone Records, que para honra do festival, será a encargada de poñer o broche final ao festival.

BNG O PIno - O BNG insta ao alcalde a asumir como propias as demandas do CPI Camiño de Santiago

A pretensión da Consellería de Educación de agrupar nunha única aula aos alumnos e alumnas de 5º de Primaria superando o límite de 25 alumnos por aula que marca a lexislación da propia Consellería, situación agravada polo feito de que unha parte do alumnado precisa reforzo, provocou que dende a ANPA se decidise que os escolares afectados non acudisen a clase e programar medidas de protesta ante unha decisión arbitraria como é que a Consellería incumpra a súa propia normativa.

Dados os reiterados problemas que cada curso escolar se dan no CPI polas inxustificadas e discriminatorias decisións da Consellería de Educación, cabe preguntarse qué razóns hai para este comportamento.

Ante a situación creada, dende o BNG instamos ao alcalde a que asuma como propias as demandas da ANPA e como lle corresponde, leve a cabo ante a Consellería de Educación as xestións necesarias para que se respecte un dereito básico, como é o da educación.

Psoe O PIno - Apoio as mobilizacións da comunidade educativa do CPI Camiño de Santiago

Onte por segundo día consecutivo, os pais e nais dos alumnos de 5º de primaria do CPI Camiño de Santiago, en O Pino, non levaron os seus fillos e fillas o centro como sinal de protesta polo recorte de profesorado que lles están a impoñer os responsables da Consellería de Educación, impedindo o desdobramento de dito curso.

Falamos de alumnos que dende o primeiro curso de primaria estiveron en dúas clases distintas, e que este ano suman un total de 26 alumnos/as, e o ratio máximo, fixado polo Real Decreto, é de 25 alumnos/as por aula. Ademais, nese grupo hai alumnos con necesidades especiais, e este número podería verse incrementado se o longo do curso se matricula algún outro rapaz ou rapaza.

O Grupo municipal do PSdG-PSOE, apoia as reivindicacións de toda a comunidade educativa. Precisamente, o concelleiro socialista e S. Xeral dos socialistas de O Pino, Óscar Vilar, acudiu á concentración convocada pola ANPA do CPI que reclama o devandito profesor para o centro e denuncian os recortes por parte da Consellería de Educación. Lamenta que, esta sexa á tónica ano tras ano do Goberno Feijóo, "lembremos que o noso centro xa sufriu recorte do cadro do profesorado no curso 2014/15 en relación o curso 2013/14, seguimos sen ter resolto, por parte do gober local, a problemática do conserxe. E xa non falo como político local, senón, como pai dunha alumna do centro, voto en falta máis implicación e interese en solucionar o asunto por parte do alcalde popular Manuel Taboada, tan só é cuestión de esquecerse das cores políticas que cada quen representa e defender as reivindicacións dos veciños e veciñas que para iso nos elixen. E os pais e nais de O Pino queremos unha educación pública de calidade para todos e todas", palabras do socialista Vilar.

Santiago Futsal - Pariticipacion no Torneo de Iria

O filial Santiago Futsal B ten ante sí a primeira proba de súa pretemporada. Este fin de semana participará no I Trofeo Cuadrangular Terras de Iria a beneficio de Cáritas celebrado en Padrón, no que tamén estarán Noia FS, A Estrada FS e Ventorrillo FS; este último rival da escuadra celeste no encontro de semifinais que se disputará esta tarde.

David Rial, técnico do filial Santiago Futsal B afirma que o conxunto celeste “afronta este Trofeo como un adestramento máis, co fin de perfeccionar os conceptos traballados durante estas dúas semanas de pretemporada e de coller ritmo de cara ao comezo da competición ligueira.”

A primeira semifinal enfrentará esta tarde a Noia FS e A Estrada FS ás 20.45h. Seguidamente tenrá lugar o encuentro entre Santiago Futsal B e Ventorrillo FS. De ditos encontros sairán os finalistas que se enfrentarán o sábado áss 21h, namentres que o encontro polo 3º e 4º posto celebrarase mañá ás 18h.

Ordes - Festas de Santa Cruz e do Santísimo Sacramento, esta fin de semana en Santa Cruz de Montaos

A parroquia de Santa Cruz de Montaos celebrará mañá sábado as súas festas na honra a Santa Cruz. O programa inclúe misa solemne ás 13.30 horas, ademais das actuacións do grupo de gaitas Os Pelexos e da orquestra Dúo Avenida, tanto na sesión vermú como na verbena nocturna.

Xa de cara ao domingo celebrarase a festa na honra ó Santísimo Sacramento. Novamente haberá misa solemne ás 13.30 horas e música a cargo dos Pelexos e da orquestra Bahía Blanca a mediodía. 

Ademais de múltiples firmas comerciais, así como veciños e veciñas, na festa tamén colabora o Concello de Ordes.

Ames - A maquina do tempo dos Bolechas chega o domingo 13

A máquina do tempo desenvólvese en forma de concurso-teatro dirixido a un público familiar pero especialmente destinado a nenas e nenos de educación infantil e primaria. A maiores de promover o uso do galego, Os Bolechas na máquina do tempo ten tamén unha importante parte didáctica, xa que a actividade simula un concurso no que tanto os irmáns Bolechas coma os nenos e nenas asistentes deben demostrar os seus coñecementos sobre historia. 

Para a concelleira de Normalización Lingüística, Isabel Vaquero: “Os nenos e nenas son un sector da sociedade importantísimo para a saúde do idioma e o máis débil neste momento. Debemos fornecer todo tipo de recursos e ferramentas para fomentar o coñecemento e uso natural do galego nestes tramos de idade. O Concello de Ames destaca pola importancia dos nenos e nenas e da mocidade na súa pirámide de idade, polo cal temos unha responsabilidade aínda maior que noutros concellos. Pouco a pouco irémonos dotando de novos programas e actuacións de normalización lingüística dirixidos a estes segmentos de poboación”. 

A máquina do tempo 
Os bonecos preséntanse en forma de monicreques manipulados por actores á vista. A historia comeza cando os irmáns Bolechas atopan un estraño aparello que non recoñecen ata que caen na conta: é unha máquina do tempo! Alguén terá que estreala, pero todos teñen medo de meterse nela, así que, bótano a sortes e tócalle a Carlos e a Pili probar a estrambótica máquina. Os dous irmáns métense nela e os outros comezan a premer os botóns para mandalos ao futuro: van saír feitos uns mozos! E así é. A máquina do tempo funciona! Mais Carlos e Pili non queren ser maiores; teñen as pernas e os brazos moi longos e a cabeza moi grande… e a Carlos mesmo lle saíu barba. Queren volver ser nenos, así que usarán de novo a máquina para volver atrás. Entón, aparece o dono do aparello, o doutor Apolodoro, un científico tiruleco ao que non lle gustan nada os cativos e non quere que Os Bolechas volvan a ser nenos, así que estraga a máquina e os dous irmáns aparecen… na Prehistoria! Para volver ao presente os Bolechas precisarán a axuda do público, e é aquí onde comeza o concurso no que mediante xogos de pregunta/resposta e diversas probas os personaxes obterán as baterías que lles permitirán regresar ao momento actual. 

Páxina web con sorteo de grandes premios 
A proposta conta tamén coa súa propia páxina web, www.osbolechas.com/maquinadotempo, onde, ademais de explicar a dinámica e os obxectivos do programa, se ofrece calendario coas datas e vilas onde vai a estar o espectáculo, así como xogos e actividades relacionadas coa temática da iniciativa. Tamén se inclúen unhas fichas didácticas para traballar na casa ou na escola na iniciación á Historia das cativas e cativos galegos. A nova web inclúe, ademais, un apartado adicado ao sorteo de magníficos lotes de libros dos Bolechas. Hai tantos sorteos mensuais como espectáculos se celebren ao longo dese mes e poderá participar neles calquera persoa, asista ou non aos espectáculos. De non ter asistir, os e as participantes optan a un lote de cinco libros, pero, de teren asistido a algún espectáculo e poñer no formulario a palabra clave que se deu nesa función, o premio multiplícase por dous, o que significa que o gañador do sorteo leva dous lotes (dez libros). As datas dos sorteos, así como os gañadores publícanse nesta mesma páxina. As redes sociais dos Bolechas: Facebook, Twitter e Youtube, contan con milleiros de seguidores moi activos.

Obradoiro CAB - El Rio Natura Monbus Obradoiro, preparado para el I Torneo EncestaRías

El Rio Natura Monbus Obradoiro ultima ya los preparativos de sus primeros encuentros de pretemporada, que tendrán lugar hoy y mañana en el I Torneo EncestaRías celebrado en Vilagarcía de Arousa, en el pabellón de Fontecarmoa.

El torneo triangular llevará a la ciudad a dos equipos más de Liga Endesa que se medirán a los obradoiristas: el Movistar Estudiantes y el Herbalife Gran Canaria. Precisamente, el campeonato dará comienzo hoy mismo a las 21.00 horas con el encuentro entre madrileños y canarios.

Será mañana a las 20.00 horas cuando se estrene sobre la pista el nuevo equipo de Moncho Fernández, ante el Movistar Estudiantes del también gallego Diego Ocampo. El domingo, el Rio Natura Monbus Obradoiro cerrará el torneo con el partido ante el Herbalife Gran Canaria a las 19.00 horas.

Los aficionados que quieran asistir a esta fiesta del baloncesto pueden comprar aún sus abonos para los tres días por solo 30 euros , tanto en las principales clínicas Vitaldent, en la tienda Tiro Libre SCQ como a través dewww.masterseniorleague.com. Por su parte, quien desee adquirir una entrada para un único encuentro deberá esperar a hacerlo en taquilla o en la Plaza de Galicia de Vilagarcía a partir de las 13.30 horas de cada jornada. El precio de las mismas es de 16 euros en precio general y 12 euros para menores de 15 años.

Teo - reunión co alcalde de Ames

Os alcaldes de Ames e Teo, José Miñones e Rafael Sisto, mantiveron esta mañá unha xuntanza institucional no Concello de Teo. Tratábase da primeira reunión logo do cambio nas alcaldías o pasado mes de xuño e serviu para pór en común temas de interese conxunto e acordar manter unha liña de comunicación fluída. 

Entre outros asuntos falouse de mellorar na coordinación entre os dous equipos de goberno xa que en moitas ocasións a realidade dos dous concellos fará posible a colaboración entre servizos. Precisamente durante o encontro asinouse un convenio polo que persoal da policía local de Ames colaborará coa policía local de Teo esta fin de semana, con motivo da celebración da proba do campionato do mundo de Trial. 

Os rexedores tamén falaron doutros asuntos en común como o transporte, a mancomunidade ou a xestión do servizo de abastecemento e saneamento da agua.

lalín - Colaboración coa libreria Vagalume

A librería lalinense Vagalume anunciou a súa colaboración co Concello no reparto de axuda escolar, mediante a doazón de tres lotes de libros de texto de infantil e de outros tres lotes de material escolar, tamén para esta etapa académica. O establecemento cedeulle o material ao Concello, para que dende o departamento de Benestar Social se reparta posteriormente entre os solicitantes das bolsas municipais de axuda ao estudantado. Así o explicaron hoxe o tenente de alcalde e edil de Benestar Social, Nicolás González Casares e os propietarios do local, Carolina Filgueira e Iago González. 

Estes sinalaron que levaban tempo barallando a posibilidade de colaborar coas familias que máis o necesitan nos gastos derivados do comezo de curso, polo que, finalmente, decidiron canalizar a axuda a través do Concello. A decisión dos donos de Vagalume de destinar a colaboración exclusivamente a infantil débese, segundo indicaron, a que é unha etapa educativa na que a Xunta non outorga subvencións, amparándose en que non se trata de cursos obrigatorios. Hai que especificar, que no caso dos libros de texto que entregará o comercio, un lote irá dirixido a alumnado de 3 anos, o segundo a cativos e cativas de 4, e o último a nenos e nenas de 5.

González Casares agradeceu e valorou en nome do Concello a cooperación e o esforzo de Vagalume, “xa que tendo un orzamento limitado, este tipo de aportacións permítenos cubrir a máis xente”, indicou. 

O Concello destinou para este curso unha contía de 18.000 euros en bolsas complementarias ao estudo para a adquisición de material escolar e roupa deportiva. Neste senso, Casares aproveitou para anunciar que, unha vez rematado o prazo de solicitudes e valoradas estas polos técnicos, se contabilizaron un total de 303 peticións, das que 14 foron denegadas por diferentes motivos. Tamén indicou que quedan expedientes por valorar debido á falta de documentación, e que outras 14 persoas que o ano pasado solicitaron a axuda, este ano non o fixeron a pesar de ser informadas. Para finalizar, apuntou que a maioría dos solicitantes optan por un vale cuxo importe sexa do 50% para material escolar e do 50% para material deportivo.

Axenda e tempo do venres 11 de setembro - Música, arte, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Banda Municipal de Música en Conxo

Brión - Os Bolechas na Máquina do Tempo

Oroso - Presentación GóisOrosoArte

Santiago - Casa das Crechas - Matthew Mutch

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Cidade da Cultura - Memorias de familia (ata o 9 de setembro)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 13 de septembro)


O Tempo

Oroso - Presentación de GóisOrosoArte

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e a presidenta da Cámara Municipal de Góis, María de Lurdes Oliveira Castanheira, inaugurarán hoxe venres 11 de setembro, ás 20:00 horas, a décima edición do certame internacional GóisOrosoArte. Un acto que terá lugar no centro cultural de Sigüeiro e no que tamén participarán o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso; o presidente da Assembleia Municipal de Góis, José António Pereira de Carvalho; e o artista local Constantino Cuesta, que falará en nome dos autores participantes.

GóisOrosoArte 2015 reúne un total de 54 pezas de pintura e escultura, das que trinta son de artistas galegos e outras 24 corresponden a artistas portugueses e doutras nacionalidades. A mostra poderá visitarse libremente no centro cultural Fernando Casas e Novoa (Sigüeiro) ata o vindeiro 2 de outubro.

Artistas e autoridades serán recibidos ás 19:30 horas polo alcalde Manuel Mirás na Casa do Concello, onde asinarán no Libro de Honra antes de trasladarse ao centro cultural Fernando Casas e Novoa. Aló terá lugar o acto de inauguración de GóisOrosoArte 2015, que inclúe unha actuación musical especial a cargo da Filarmónica Varzeense-Filvar, unha formación de Vilanova de Ceira (Góis) con 113 anos de experiencia ás súas costas.

Boqueixón - Renovación da Feira de Lestedo

A feira- mercado de Lestedo, en Boqueixón, é unha das feiras máis antigas da comarca, posto que está en activo dende fai maís de 150 anos. Vense celebrando o primeiro e o terceiro domingo de cada mes, chova ou faga sol e sempre consegue que acudan ata ela visitantes que compran e paseen entre os seus postos.

Na actualidade, está en pleno proceso de renovación, incorporaranse case unha quincena de novos postos que suplirán baixas e xubilacións de feirantes que levaban dende sempre traballando nesta feira.

Con esta renovación, aumentarase a oferta ós visitantes e siguese completando o xa variado abano de mercadorías que se venden actualmente.

A feira de Lestedo conta cun total de 75 postos onde se poden atopar dende produtos agrícolas, textil, calzado, alimentación, plantas, hortalizas, pulpeiro, etc.

Os domingos de feira tamén abre o comercio local de Lestedo (tendas, supermercado, bares, restaurantes, etc).



Área Central - Exhibición de billar

El campeón gallego Manuel Castro realizará este sábado en Area Central una exhibición de billar pool a partir de las 18.00 horas en la esquina verde de Area Central. Será una sesión participativa ya que Castro reta a los visitantes del centro a ganarle dos partidas consecutivas. Como premio, quien lo consiga llevará un taco de billar.

Esta exhibición sirve de antesala a los campeonatos que se celebrarán el sábado 19 y domingo 20 en Area Central. El sábado se celebrará la final de equipos “Copa Galicia 2015”. Desde las 11.00 horas se disputarán todas las partidas, en las que participarán cerca de 200 personas. El domingo, también desde las 11.00 horas, se disputará la final gallega de parejas escocesas, en la que está prevista la asistencia de cien participantes.

Brión - Hoxe no Centro Social Polivalente "Os Bolechas na máquina do tempo"

“Os Bolechas na máquina do tempo” é o nome do espectáculo co que as creacións de Pepe Carreiro volverán HOXE venres a Brión, onde xa arrasaran tanto coa presentación do seu libro como coa súa actuación no centro social polivalente de hai un par de anos. Con estes antecedentes, as previsións con este novo espectáculo, que mestura teatro e concurso, son de volver encher o aforo dispoñible no Centro Social Polivalente este venres 11 de setembro, ás 19:00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo. 

O espectáculo mistura monicreques manipulados por actores á vista con actores reais. Aínda que se trata dunha proposta de lecer para toda a familia, os contidos están especialmente adaptados a escolares de infantil e primaria. A duración media da función é de 60 minutos.

Ames - Novo camión grua para o concello

O concello dispón dun novo camión para carga de materiais, equipado con grúa e cun peso máximo autorizado do entorno dos 6.500 quilos. Este camión permitirá, entre outras cousas, cargar asfalto para arranxar as pistas do rural que se atopan en mal estado, recoller sacos de herba e trasladar taboleiros e carpas. Ate o de agora moitas destas tarefas requirían do aluguer dun vehículo alleo, dado que o camión co que contaba a Brigada de Obras, ao levar incorporada unha grúa de 1000 quilos, excedía do peso máximo autorizado e apenas permitía cargar máis de 40 quilos de peso real. O novo vehículo adecúase ademais á circulación por camiños, pistas rurais e forestais e pasos a instalacións municipais de escasa anchura. Coa adquisición deste vehículo, a Brigada de Vías e Obras disporá de dous camións no parque móbil, posto que ao camión co que se contaba se lle vai quitar a grúa para poder volver a utilizalo noutras tarefas.

O concello dispuña dun camión para carga de materiais, equipado con grúa e cun peso máximo autorizado de 3.500 quilos. Dado que a grúa tiña un peso elevado que aumentaba dun xeito notable a tara (o peso do vehículo sen carga), resultaba que na práctica o camión para poder circular dun xeito legal, sen superar o peso máximo autorizado, e contando cun condutor e un acompañante, tan só podía cargar arredor duns 40 quilos de peso real, segundo acredita un informe do encargado da Brigada de Vías e Obras que realizou o pesado do vehículo nunha báscula. 

Debido ao escaso peso que podía transportar, o devandito camión apenas se utilizaba e o Concello víase na obriga de alugar con certa frecuencia camións para o transporte de obxectos e materiais. Esta opción supuña un elevado custe para as arcas municipais e presentaba ademais o inconveniente de que ás veces os camións de aluguer non eran os máis axeitados para o servizo por ser demasiado grandes para pasar por algúns camiños e pistas de escasa anchura, principalmente na zona rural, e para acceder a algunhas instalacións municipais. 

Diante desta situación encargóuselle ao persoal municipal á busca no mercado de segunda man dun camión con peso autorizado duns 6.500 quilos, de dimensións non demasiado grandes que permitiran unha boa maniobrabilidade nos camiños e no interior das aldeas. Atopouse un camión marca Renault, modelo Mascot que conta con caixa basculante e unha grúa instalada e homologada que o fai idóneo para as necesidades da Brigada de Vías e Obras do Concello. 

“A compra deste camión non supón importantísimo investimento nin é unha desas obras que todo o mundo aplaude pola súa magnitude, pero é un vehículo que prestará un servizo moi necesario ao concello e redundará en beneficio dos veciños e veciñas de Ames”, declarou o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García.

USC - Encontro Obxetivos de Desenvolvemento sostible

A Coordinadora Galega de ONGD xunto á Rede Galega deCooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) organizan este venres 11 na Facultade de Xeografía e Historiaa xornada‘Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: unha oportunidade realpara acabar coa pobreza global?’, que comezará a partir das 9.30 horas.

Para analizar como está a ser o proceso de construción deste novo calendario de accións de loita contra asdesigualdades e a pobreza mundial e coñecer o papel dos diferentes actores neste proceso, as xornadascontarán coa participación de persoas expertas de distintos ámbitos. Entre outras, KoldoUnceta, catedrático de Economía Aplicada da Universidade do País Vasco (UPV/EHU); Yayo Herrero,directora da FUHEM; Itziar Ruiz-Giménez, coordinadora do Grupo de Estudos Internacionais (GERI) daUniversidade Autónoma de Madrid; e María Luisa Gil, de Economistas sen Fronteiras.

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) aprobados en 2000 polas Nacións Unidas eran oito concretos quese debían ter alcanzado en 2015: redución da pobreza; acceso á educación; igualdade de xénero eempoderamento das mulleres; saúde materna e infantil; redución do VIH/SIDA e enfermidadestransmisibles; sostibilidade ambiental; e construción dunha Alianza Mundial para o Desenvolvemento.

Xa en 2010, na reunión plenaria de alto nivel da Asemblea Xeral de Nacións Unidas para examinar oprogreso cara aos ODM, os gobernos instaron a idear medidas para promover o programa dedesenvolvemento máis alá de 2015 visto que os obxectivos non se alcanzarían nese período de tempo. Esafoi a orixe da nova Axenda de Desenvolvemento e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) queNacions Unidas ten previsto aprobar ovindeiro 24 de setembro nun Cumio de Desenvolvemento Sostible.

Serán dezasete esta vez os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que marcarán os retos a abordar ata o ano 2030para conseguir acabar coas desigualdades, entre eles poñer fin á pobreza en todas as súas formas; reducir a desigualdade entre países; combater o cambioclimático e loitar contra os seus efectos; lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres eas nenas; ou lograr a seguridade alimentaria e promover a agricultura sostible.

Teo - Presentación da proba do Campionato do Mundo de Trial

Onte presentouse no Salón de Plenos do Concello de Teo o VIII Trial Concello de Teo, organizado polo Club Motociclista Teo, e que este ano ten o atractivo de ser unha proba puntuable para o Campionato do Mundo de Trial.

O presidente do Club, Casimiro Carcía, presentou a proba, que se desenvolverá este vindeiro sábado e domingo a partir das 9 da mañá, partindo da Piscina Cuberta da Ramallosa, lugar onde está colocado o paddock, e con zonas próximas a este e outras de máis complicado acceso no monte de Lampai.

Casimiro García anunciou que a proba se disputará en 12 seccións diferentes, cunha distancia máxima entre elas duns 18 km e ás cales os pilotos lles darán 3 pasadas. Así mesmo, confirmou a asistencia de 28 pilotas femininas na proba, na que para elas será a segunda proba do mundial feminino.

García tamén quixo deixar claro o papel das institucións, nomeadamente do Concello de Teo, do que “sen o seu apoio incondicional non sería posible organizar isto”, así como da Secretaría Xeral para o Deporte. Compraceuse da confianza que a Federación Internacional de Trial depositou neste club para a organización.

O presidente da Federación Galega de Motociclismo, Fernando Fernández, felicitou ao Club Motociclista por lograr organizar unha proba desta envergadura en apenas 45 días e louvou o percorrido no que vai ter lugar a proba cualificándoo de excelente.

Un dos xurados da proba e membro da Federación Internacional, José Puntí, recalcou na premura na organización coa que se encontrou o Club, polo que tivo que dobrar esforzos para conseguir sacar adiante a proba. Subliñou que probas deportivas coma esta son, ademais dun espectáculo deportivo, fonte de riqueza e turismo para os lugares que as acollen.

O secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, destacou que “no momento no que hai un par de semanas lle presentaron a posibilidade de que a proba recaese en probas galegas se deu conta de que era unha oportunidade que non se podía deixar escapar”.

Dixo tamén que “esta non é unha proba do mundial, é un 4x1”, facendo referencia a que ademais da proba masculina puntuable para o mundial tamén se disputa unha proba do mundial feminino, ademais das categorías Cup e 125 CC.

Para rematar a presentación, o alcalde de Teo, Rafael Sisto, recoñeceu que “se hai dous meses nos din que hoxe estariamos presentando aquí unha proba do mundial de Trial diriamos que estamos tolos” e fixo fincapé en que esta organización “sería imposible sen a forte afección a este deporte que hai neste concello”, centralizada no Club Motociclista Teo. Por último manifestou que “simplemente o traballo que a organización levou a cabo nestes días a contrarreloxo merece que a proba sexa un éxito”.

Nesta presentación tamén estiveron presentes dous dos grandes protagonistas da vindeira fin de semana, o piloto galego Jorge Casales e o catalán Miquel Gelabert.

Nesta fin de semana, polo tanto, como rematou dicindo Casimiro García, “Teo é a capital mundial do trial”.

Axenda e tempo do xoves 10 de setembro - Música, teatro, monólogos, exposicións

Santiago - Numax

Santiago - Cidade da Cultura - Enocións by Ribeiro

Santiago - Casa das Crechas - Os Porcoteixo

Santiago - Terrazas de Altamira y Chocolate - Andrea & The Black Cats

Santiago - Da Vinci tenía razón

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Cidade da Cultura - Memorias de familia (ata o 9 de setembro)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 13 de septembro)


O Tempo

Ames - Estudo da débeda do concello

A concelleira de Economía e Facenda negocia coas entidades bancarias mellores condicións para o Concello

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, iniciou esta semana unha rolda de contactos coas distintas entidades bancarias domiciliadas no Concello de Ames. O lúns 7 de setembro reuniuse con representantes de Abanca e BBVA e o mércores 9 de setembro con representantes do Banco Popular. O obxectivo é presentarse como novo goberno, tomar contacto coas entidades, negociar mellores condicións dos préstamos concertados e anunciar que se está a estudar unha operación de reestruturación da débeda do Concello. Ás reunións asisten a Concelleira de Economía e Facenda, e o interventor e a tesoureira, como técnicos do departamento de Economía.

Desde a Concellería de Economía e Facenda se está a facer un estudo da situación da débeda do Concello e para iso a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, está tomando contacto coas distintas entidades coas que o Concello ten concertados os préstamos, así como aquelas entidades que están domiciliadas no Concello de Ames. 

"O obxectivo final do goberno amiense é elaborar un estudo pormenorizado da débeda coa fin de reestruturar e renegociar a débeda para conseguir mellores condicións de financiamento", manifestou a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero. 

A concelleira dirixiuse aos representantes das entidades coas que teñen concertados os préstamos para solicitarlles un reaxuste dos tipos de interese en tanto non se poida formalizar esta nova operación e que o Concello quedaba á espera de resposta. Ademais adiantouse aos representantes destas entidades que nesta operación de refinanciación se invitarán a todas as entidades bancarias con domicilio social no Concello de Ames. 

Pola súa banda Abanca e BBVA manifestaron que nas próximas semanas entregarían unha oferta reaxustando o diferencial, que melloraría as condicións actuais dos préstamos, e as tres entidades coas que se reuniu o Concello amosaron o seu interese en participar desta nova operación de refinanciación da débeda. 

O mércores próximo 16 de setembro a concelleira reunirase con representantes do Banco Sabadell, e continuará a rolda de contactos co resto das entidades.

Santiago - Retrospectiva de Jørgen Leth en Curtocircuíto

Un dos elementos que conforman a identidade do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto son as súas retrospectivas, como a dedicada ao canadiano Mike Hoolboom o pasado ano. Nesta ocasión, o danés Jørgen Leth únese ao xa anunciado Aki Kaurismäki, como cineasta ao que o festival homenaxea en 2015.

A figura de Leth é dunha relevancia capital na historia do cinema danés. Considerado por moitos membros da xeración Dogma dos 90, coma o “papá” do seu movemento, mestre do reputado Lars von Trier; o cineasta de Aarhus conta na súa carreira con máis de 40 películas dende os 60. Unha das máis coñecidas é The Perfect Human, estreada xunto a La chinoise de Jean-Luc Godard no festival de Cannes en 1967. Estudo do corpo humano non exento de ironía, posicionouno como unha das referencias europeas do cinema de vangarda. A inicios dos 2000, Lars von Trier recuperará ese filme e proporalle ao seu mestre volver filmalo cinco veces, con diferentes obstáculos en cada ocasión. O resultado é The Five Obstructions, que revitalizou a figura de Leth. Estas dúas películas compoñen a primeira das cinco sesións que lle dedica Curtocircuíto.

Mais a obra de Jørgen Leth é moi diversa e, amais de cinema experimental, tamén realizou grandes filmes de viaxes e deportivos, os outros dous elementos nos que se centra a retrospectiva. Xornalista para os medios públicos daneses durante anos na retransmisión do Giro de Italia e o Tour de Francia, da súa experiencia nestas competicións deportivas naceron filmes referenciais como A Sunday in Hell, que segue os pasos de lendas deste deporte como Eddy Merckx ou Ole Ritter, nunha das etapas máis duras do Tour. De especial interese son para os españois Pelota, un dos mellores retratos xamais filmados sobre a pelota vasca; e Michael Laudrup: A Football Player, onde se retrata ao xogador do Barça no mítico equipo de Johan Cruyff, que sentaría as bases do actual e exitoso club. Completan o programa Chinese Ping-Pong e Motion Picture, dúas das súas cintas deportivas máis emblemáticas.



Dos filmes de viaxes, mostraranse as “escenas de América” de Leth, rodadas en dúas visitas, unha en 1982 e outra en 2003, e filmadas nos mesmos lugares con dúas décadas de diferenza. Nelas, compón un retrato dos Estados Unidos a través de varios dos seus símbolos. Mediante o seu contacto con colegas coma o artista por excelencia do pop art Andy Warhol, ou o fotógrafo e cineasta Robert Frank; intérnase amais na escena artística de cada momento. Súmase á sesión New York Street Performers, curioso filme sobre artistas da rúa que Leth rodou en Nova York a inicios dos 80.



A retrospectiva de Leth complétase cunha charla que ofrecerá no CGAC o venres 9 de outubro, aberta a todo o público que o desexe, na que se poderá conversar co mestre danés sobre a súa obra. Amais de cineasta, Leth dá clases na Escola Nacional de Cinema de Dinamarca e na Universidade de Nova York. Continúa a ser un reputado comentarista deportivo.



A continuación, as sesións cos seus títulos e as películas que inclúen:



1. Orixes: de ida e volta
– The Perfect Human (1967) – 13 min.
– The Five Obstructions (2003) – 90 min.___103 min.



2. Comentarios: deporte e movemento
– Chinese Ping Pong (1972) – 14 min.
– Motion Picture (1970) – 20 min.
– Pelota (1983) – 43 min.___77 min.



3. A Sunday in Hell (1977) – 111 min.



4. Michael Laudrup: A Football Player (1993) – 74 min.





5. Escenas dende América
– New York Street Performers (1982) – 34 min.
– 66 Scenes From America (1981) – 42 min.
– New Scenes From America (2002) – 35 min.___111 min.

Lalín - Moción sobre hemodiálise

O grupo de Goberno de Lalín presentará unha moción no pleno ordinario de setembro na que se lle esixe á Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, a posta en marcha dunha unidade de hemodiálise ambulatoria na localidade. A dotación deste servizo tería que contar con todas as garantías de persoal e medios técnicos e o seu principal obxectivo sería evitar que os pacientes renais crónicos da vila tivesen que desprazarse varias veces á semana a Santiago para someterse ao tratamento. 

A día de hoxe calcúlanse nun mínimo de 25 pacientes os que se someten de xeito continuado a hemodiálise tradicional na comarca. A cifra de doentes mantense e manteranse ao longo do tempo mentres non haxa outro tipo de tratamentos ao seu alcance e os datos epidemiolóxicos non varíen, aínda que os pacientes non sexan sempre os mesmos.

A atención sanitaria especializada ás veciñas e veciños de Lalín vense prestando maioritariamente no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ese centro atópase a máis de 50 quilómetros do casco urbano da vila, e incluso a distancias maiores para pacientes de algunhas parroquias.

Ademais, unha gran parte dos pacientes renais crónicos en fase avanzada necesitan realizar hemodiálise tradicional unha media de 3 veces á semana, o que supón unha media de 6 viaxes semanais e os obriga a realizar prolongadas rutas en ambulancia ou en coches particulares cos conseguintes gastos. É habitual que estes pacientes saian de madrugada cara a Santiago e retornen aos seus domicilio pasadas as 14.00 ou 15.00 horas da tarde, e así de xeito continuado todas as semanas do ano.

O tenente de alcalde e concelleiro de Saúde Pública, Nicolás González Casares, subliña que “estes pacientes crónicos teñen unha saúde delicada e inestable, polo que as prolongadas viaxes aumentan a posibilidade de sufrir algún evento de saúde complexo sen unha asistencia sanitaria especializada, fundamentalmente nas viaxes de ida”. Casares tamén apunta que “os veciños e veciñas de Lalín levamos moitos anos esperando polo Centro de Alta Resolución (CAR), pero no caso dos pacientes renais crónicos sometidos a hemodiálise tradicional esta espera é moito mais angustiosa xa que a súa delicada saúde non permite unha espera tan prolongada por esta infraestrutura”.

Teo - reunión do alcalde co presidente da Deputación

A seguridade viaria nas estradas provinciais foi o tema central da xuntanza entre o alcalde de Teo, Rafael Sisto (Son de Teo-Anova) e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González. Ao encontro tamén asistiu a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus (PSOE).

As vías DP 0205 Osebe-Ramallosa e DP 8202 Galanas-Cacheiras son dúas arterias que cruzan o Concello de Teo unindo a zona de Calo coa de Cacheiras, polo que soportan unha alta densidade de tráfico e artellan interiormente o municipio. Nos dous casos siguen existindo tramos moi estreitos e perigosos como as curvas de Paraxó ou das Laxes ou zonas como o entorno da igrexa de Cacheiras e Luou. 

A Deputación da Coruña, responsable destas vías, ten proxectos de ampliación das mesmas dende o 2007. Dende o Concello de Teo demandouse na xuntanza a necesidade de establecer melloras de seguridade viaria e asumir por fin a execución dos proxectos existentes ou ver como se poden actualizar e adaptar ás necesidades actuais. Dende os dous equipos acordouse traballar nos próximos meses en determinar prioridades de tramos para ampliar o espazo viario e realizar sendas peonís.

Área Central - Este sábado toca Patchwork

Este sábado día 12 de setembro, de 11:00 a 13:30 farase á montaxe final da colcha que se empezou a coser no Festival de Patchwork celebrado en xuño en Area Central. Con este taller quérese facer visible o talante colaborativo do movemento #maker: e é que dúas ducias de cosedores e cosedoras interviñeron na súa composición e moitos máis aportando as pezas dos tecidos. Trátase dunha peza de máis de mil retais compoñendo o logo da Compostela Mini Maker Faire que se exhibirá o día da feira.

A organización da Maker Faire e Area Central convidan a amigos e afeccionados á costura a pasar polo taller aberto e participativo e deixar a súa aportación en forma de pontadas.

A maneira de recordatorio, o día da Compostela Mini Maker Faire, o 17 de outubro, haberá 
actividades para todos os gustos e todas as idades: Area Central estará a tope de actividades: charlas, mesas redondas, talleres de manualidades, tecnolóxicos e de aprendizaxe básica de electrónica, robótica e programación, zona de exhibición de proxectos, cortadoras láser, impresoras 3D e moitas sorpresas máis serán as actividades principais desta celebración do movimento maker. Son máis de 70 os expositores confirmados ata o de agora.

Daranse cita creadores de vangarda en campos como a artesanía, a arte urbana, a impresión 3D, a robótica, a música ou a gastronomía.

O obxectivo da Maker Faire Compostela é mostrar unha maneira diferente de concebir a fabricación dos obxectos e o intercambio entre produción, consumo, industria e comercio, tal e como se entende hoxe en día, e terán presenza deseñadores, inventores, artesáns, emprendedores, makers, familias curiosas, comunidades de makers, "facedores", profesionais da manufactura e a artesanía dixital, así como comunidades que comparten de forma aberta as súas experiencias e descubrimentos co público.

Na páxina web http://makerfairecompostela.com/ existe un formulario onde calquera que teña un proxecto e o queira dar a coñecer pódeo presentar e entrar no proceso de selección. Igualmente existe un espazo para que os patrocinadores que o desexen poidan apoiar a Compostela Maker Faire.

Silleda - Autobús de apoio a manifestación do sector lácteo

O Concello de Silleda fletará mañá un autobús para facilitar a asistencia á manifestación en Santiago de Compostela en apoio ao sector lácteo. 

Os autobús partirá dende o campo de fútbol de Outeiño de Silleda ás 10.45 horas .

Dende o goberno municipal de Silleda, que xa fletou tamén autobuses para a marcha do pasado 17 de xullo, faise un chamamento á sociedade silledense para dar o apoio necesario ao sector leiteiro, que no caso do noso municipio supón o gran piar da economía local. 

Esta marcha apoiará e reforzará nas rúas da capital galega a tractorada que se vén celebrando dende o pasado luns, con presenza de centos de gandeiros e gandeiras da comarca do Deza.

Frades - O concello pon un autobús para acudir hoxe a manifestación de Santiago en defensa do sector lácteo

O Concello de Frades e a Cooperativa Central de Frades poñen un autobús a disposición de todos os veciños e veciñas que desexen acudir á manifestación en defensa do sector lácteo, que terá lugar hoxe xoves 10 de setembro, ás 12:00 horas, en Santiago de Compostela. 

O autobús, que pasará polas paradas habituais, sairá ás 10:00 horas da Grabanxa, pasando por Vista Alegre (Galegos), Bar O Cardamo (Moar), Aiaxo e Ponte Carreira. Ás 10:30 horas, o autobús partirá da Cooperativa Central de Frades, pasando por Campoduro (Céltigos), Campo (Vitre), Igrexa de Aiazo e Igrexa de Abellá. A volta a Frades terá lugar unha vez rematada a manifestación.

Todos os veciños e veciñas que estean interesados en participar, só teñen que achegarse hoxe xoves ás paradas habituais do autobús ou poñerse en contacto coa Cooperativa Central de Frades (981 692 215 / 981 692 105) o co Concello de Frades (981 695 567 / 981 695 554).

USC - Ata fin de mes para participar no programa Argos de emprendemento

Tomando como eixo o traballo en equipo e unha estratexia de ‘aprender facendo’ o programa Argos mantén aberto ata o 25 de setembro o prazo de inscrición da súa edición correspondente a 2015, nunha iniciativa conxunta da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) e da incubadora de empresas Uninova coa colaboración das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e de Administración e Dirección de Empresas de Lugo. 

O obxectivo desta convocatoria é conformar equipos interdisciplinares aos que se facilitará acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente. O programa susténtase en tres ideas: a complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo; a presenza dun persoa con coñecementos de xestión empresariais; e o acceso á carteira de resultados de investigación da USC que poderá ser a base do seu plan de empresa.

Argos está dirixido a alumnado de posgrao, máster e doutoramento, titulados/as das últimas promocións, persoal ou colaboradores integrados en grupos de investigación e alumnado dos últimos anos de graos. Están previstas tres fases que comezarán en outubro coa participación en varias sesións informativas e de adestramento para o traballo en equipo. Nun segundo momento procederase á constitución dos equipos multidisciplinares con catro ou cinco integrantes. Finalmente, os equipos desenvolverán un plan de empresa titorizados por persoal do programa Argos para a súa presentación cara mediados de marzo ante un xurado.

Ao remate do programa, os plans entregados poderán optar a algunhas das dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000 euros cada unha (Argos Spin para proxectos baseados en resultados de investigación da USC e Argos Enxeño, para proxectos a partir de ideas propias) e seis meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.

A inscrición pode facerse cumprimentando o formulario dispoñibles en www.uninova.org ou en http://www.usc.es/avte, que deberá remitirse por correo electrónico a argos@usc.es. As persoas interesadas poden acadar máis información nos teléfonos 881.815.593 / 596 / 576.

Vedra - II Laboratorio Teatral

A actriz e narradora Sherezade Bardají, o técnico Xacobe Castro e o actor Alfonso Romeo imparten tres obradoiros de creación, montaxe e medios no teatro. É o II Laboratorio Teatral de Vedra, que se celebra no concello coruñés durante dúas fins de semana de setembro.

É o segundo ano que o Colectivo Vedramáticos celebra o seu Laboratorio, unha actividade respaldada e financiada pola Xunta de Galicia. Desta volta os talleres desenvólvense os días 12, 13, 18 e 19 de setembro.

O LTV deste ano céntrase en tres áreas. Tres obradoiros dirixidos por profesionais de referencia no panorma cultural galego:

- Xacobe Castro imparte o Obradoiro de Medios Técnicos. Castro formou parte do equipo técnico do Grupo Chévere e nos últimos anos ten traballado con Os Quinquilláns, Fantoches Baj e nesta última tempada na produción galego-brasileira "Pangeia" de Limiar Teatro

- Sherezade Bardají é a responsable do Obradoiro de Creación Colectiva. Ela é actriz e narradora. Traballou na compañía galega Os Quinquilláns e formouse na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya, comunidade onde agora desenvolve a súa labor de narradora.

- Alfonso Romeo falará sobre Montaxe Teatral. Escollémolo a el polo seu bagaxe multidisciplinar (actor e técnico teatral) en compañías galegas como Nut Teatro, Volta e dálle ou os Quinquilláns, así como pola súa formación en dirección de actores pola ESCAC.

O alumnado participará en tódolos obradoiros co fin de conseguir unha visión integral do proceso creativo.

As inscripcións para esta segunda edición do Laboratorio Teatral de Vedra están abertas ata o día 10 de setembro.

É una actividade para mozas e mozos de entre 16 a 30 anos e apuntarse é gratuíto! Só hai que escribirnos ao noso mail (vedramaticos@gmail.com) e cubrir a folla de inscrición facilitada.

Ames - Remata o setembro lúdico

Un Festival de rock puxo fin as actividades do “Setembro Lúdico” que este ano se desenvolveu baixo o título de “Escola de rock”. Na última xornada, os 133 rapaces e rapazas que participaron neste programa de conciliación da vida laboral e familiar tiveron a oportunidade de amosar o resultado das actividades que realizaron ao longo destes días, entre as que destacaron a customización de camisolas, os obradoiro de maquillaxe de rock e de chapas personalizadas, a batalla de cancións, o laboratorio de improvisación musical e a construción de instrumentos musicais con materiais de refugallo. Ademais nesta última xornada, os nenos e nenas do “Setembro Lúdico” recibiron a visita do concelleiro de Educación, David Santomil e da Televisión de Galicia que gravou imaxes para o Telexornal.

Os nenos e nenas amosaron as habilidades aprendidas diante das cámaras da TVG que gravaron imaxes para o Telexornal Galicia. Tamén estaba presente o concelleiro de Educación, David Santomil que se amosou encantado coa temática elixida este ano: “É importante que nestes programas se aborden temas que nas ensinanzas oficiais teñen menos cabida e eu síntome especialmente identificado coa temática elixida nesta ocasión”. Santomil falou da importancia destes programas de conciliación, cualificando ao “Setembro Lúdico” como “imprescindible para que as familias poidan afrontar a conciliación durante estes días previos ao comezo do curso escolar”. 

O concelleiro amosou tamén a intención do goberno de Ames de “consolidar e reforzar todos os programas de conciliación”. Unha familia rockeira composta polo avó Rocka, papá e mamá Rocka, Sofia Rocka, Saúl Rocka e Breixo Rocka foi a encargada de trasladar aos nenos e nenas a historia, a tradición, a estética e os ritmos do rock. A través de diversos xogos e dinámicas, os monitores de “Agora Aberta”, a empresa que se encarga da dinamización deste programa de conciliación da vida laboral e familiar, trasvestidos nesta peculiar familia de rockeiros, traballaron cos nenos e nenas a percepción, o sentido do ritmo, a improvisación, a discriminación auditiva e a melodía. 

Xogos de improvisación, competicións musicais, elaboración de instrumentos de percusión, pasarela de estrelas, dinámicas de percepción musical, traballos de ritmo, discriminación auditiva, expresión corporal ao xeito rockeiro, xogos musicais con globos, batalla de cancións, adiviñanzas de melodías, custumización de camisolas, maquillaxe de estrelas do rock, obradoiro de chapas personalizadas, deseño de portadas, laboratorio de improvisación, técnica vogal e ritmo cos pés foron algunhas das actividades que os nenos e nenas participantes do Setembro Lúdico desenvolveron ao longo dos sete días que durou o programa e que desembocaron nun “Gran Festival Ames Rock”, que foi gravado e visionado en grupo polos participantes. 

O Setembro Lúdico durou este ano sete días, desde o 1 ata o 9 de setembro, véspera da xornada na que comezan as clases oficiais nos centros educativos. Dos 133 nenos e nenas que este ano participaron no Setembro Lúdico, 77 o fixeron en Milladoiro e 66 en Bertamiráns. Non houbo listaxe de garda, dado que todas as inscricións, incluídos todos os casos de emerxencia social, foron admitidos. En Bertamiráns, os nenos e nenas desenvolveron as actividades no CEIP A Maía, mentres que no Milladoiro as actividades tiveron lugar na Escola Infantil, situada na Travesía do Porto, e no pavillón polideportivo.