Axenda e tempo do sábado 5 de decembro - Feiras, teatro, cine, maxia, exposicións

Santiago - Numax

Lalín - Mostra de queixo e mel

Santiago - Área Central - Chrystyan Magic

Brión - teatro - "pementeiras, unha obra de empoderamento feminino"

Frades - De tapas por Frades

Santiago - Bolboretas do Nadal

Ordes - I Feirón Adina 

Santiago - O camiño das burbullas

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - SCQ (rúa das Orfas en Compostela) Pin Up & Burlesque - belleza alternativa (ata o 15 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Ames - Exposición de pintura do irmán Luis de Oseira (ata o dia 7)

Santiago - Área Empresarial do Tambre - exposición do colectivo Artefacto (ata o 8 de xaneiro)


O Tempo

Santiago - A primeira gran solta das Bolboretas do Nadal terá lugar este sábado en Conxo

O barrio de Conxo é o elixido para acoller a primeira das sete grandes soltas das Bolboretas do Nadal, onde os e as participantes poderán pillar valiosas bolboretas e trocalas alí mesmo por agasallos especiais.

Xunto á gran solta de bolboretas haberá zancudos do Circo Nove, percusión da man de Trópico de Grelos, o espectáculo de humor, malabares e globoflexia Peter Punk: Chungo ke te cagas e un obradoiro para os e as máis pequenas de creación de árbores de Nadal.

As Bolboretas do Nadal revoan polas rúas de Compostela dende o día 3 de decembro ata o vindeiro 6 de xaneiro. Trátase dunha campaña da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo que consiste en pillar bolboretas virtuais co móbil mediante a aplicación gratuíta iButterfly One. Con ela, os composteláns poden gozar da maxia da realidade aumentada ao tempo que percorren as rúas da cidade.

Agasallos e actividades 
Hai miles de bolboretas por toda a cidade que agochan máis de 100 agasallos, adquiridos polo Concello de Santiago no comercio local por un valor de 2.500 euros.

Este sábado, na primeira gran solta, os composteláns poderán pillar valiosas bolboretas e conseguir premios especiais, que poden recoller no punto de troco que se habilitará detrás da Casa das Asociacións.

O evento comezará ás 17:00 horas e contará coa actuación dos zancudos do Circo Nove, percusión da man de Trópico de Grelos, o espectáculo Peter Punk: Chungo ke te cagas, que estará cheo de humor e malabares, e un obradoiro para nenos de creación de árbores de Nadal.

Toda a información sobre esta campaña e a listaxe de agasallos atópase na web www.asbolboretasdonadal.com.

Área Central - Hoy sábado actuación de Chrystyan Magic

Con la campaña de Navidad en marcha, Area Central contará hoy sábado, a las 19.00 horas, el espectáculo de Chrystyan Magic “Alén da maxia”, orientado para el público familiar, con mucho humor y la divertida participación del público. 

Hoy sábado también será “creativo” y la esquina amarilla, a partir de las 18.00 horas, acogerá una sesión más de sus “Sábados creativos”, en el que los niños asistentes realizarán manualidades relacionadas con la Navidad y construirán un “árbol de los deseos”. 

El domingo 6 y lunes 7, los pasillos de Area Central contarán con tres hinchables, pensados para edades diferentes para que todos los niños puedan saltar en ellos. Su horario de funcionamiento será de 17.30 a 20.30 horas. El domingo 6 los establecimientos comerciales abrirán en su horario habitual.

También hay que recordar que Area Central cuenta con la visita diaria de Papá Noel, quien recibe a los niños en horario de 18.00 a 20.00 horas enfrente del punto de información de Area Central, todos los días hasta el 23 de diciembre.

Boqueixón - Dous proxectos emprendedores únense a Feira de Lestedo

Este domingo na Feira de Lestedo incorpórase un novo posto “Merillotes Fotografía” de Montse Franqueiro en colaboración con “Maquill'Arte” de Sandra Rodríguez. Trátase de 2 proxectos emprendedores de Boqueixón, que se unen para dar a coñecer o seu labor creativo.

Deste xeito innovador, o alcalde de Boqueixón Ovidio Rodeiro Tato quere mostrar o seu apoio ás persoas emprendedoras e creativas que queiran facer difusión dos seus traballos, e tras ter unha reunión con estas mozas emprendedoras o xoves 3 de decembro, o rexidor plantexa incorporar un espazo creativo no lugar da Feira para apoiar estas iniciativas.

A Feira de Lestedo desenvólvese os 1º e 3º domingos de cada mes.
Este domingo na Feira de Lestedo incorpórase un novo posto “Merillotes Fotografía” de Montse Franqueiro en colaboración con “Maquill'Arte” de Sandra Rodríguez. Trátase de 2 proxectos emprendedores de Boqueixón, que se unen para dar a coñecer o seu labor creativo.


Deste xeito innovador, o alcalde de Boqueixón Ovidio Rodeiro Tato quere mostrar o seu apoio ás persoas emprendedoras e creativas que queiran facer difusión dos seus traballos, e tras ter unha reunión con estas mozas emprendedoras o xoves 3 de decembro, o rexidor plantexa incorporar un espazo creativo no lugar da Feira para apoiar estas iniciativas.










A Feira de Lestedo desenvólvese os 1º e 3º domingos de cada mes.

Numax - Programación do 4 ao 10 de decembro

'Mistress America' e 'África-815'

Volvemos á comedia coa nosa estrea deste primeiro venres de decembro:Mistress America, último filme de Noah Baumbach, achégase ao xéneroscrewball cunha trama vertixinosa que nos presenta o choque entre os modos de vida da parella protagonista na recorrente Manhattan. O achegamento ao propio escenario, ou mesmo ese existencialismo lixeiro que cruza toda a fita, levou a moitos críticos a comparar a obra do autor de Frances Ha coa dos filmes neoiorquinos de Woody Allen.
Nunhas coordenadas radicalmente distintas sitúase África 815, primeira longametraxe de Pilar Monsell que chega a NUMAX o mércores 9 de decembro tras o seu exitoso paso por numerosos festivais como o DocLisboa, Cinéma du Réel ou L'Alternativa de Barcelona, onde vén de recibir o Premio Panorama. O ton pausado e reflexivo que percorre o filme guíanos polas memorias que o pai da autora deixou escritas arredor da súa experiencia do servizo militar na colonia española do Sahara en 1964. «África 815 é sobre todo un filme terapéutico, que pon orde alí onde a liña de tempo está rota. Cultiva o gusto polas viaxes pasadas, os retornos esperados, as fotonovelas esquecidas. É á vez moi nostálxico e moi duro coa nostalxia, que toma moi en serio.» (Aleksander Jousselin, Independencia).

sábado 12 de decembro, no pase das 19:45, contaremos coa propia Pilar Monsell na sala para presentar o filme. Estará acompañada da profesora de cinema, guionista e programadora Cátia Salgueiro, con quen estabelecerá uncoloquio posterior á proxección. As entradas para ese día xa están á venda na ficha do filme.

Screenly estréase este sábado en NUMAX

A nova plataforma de proxeccións baixo demanda en salas de cinema conta desde o pasado mes de novembro con NUMAX entre os seus espazos de exhibición. Este sábado día 5 terá lugar o primeiro evento orzanizado polas persoas usuarias de Screenly, coa proxección na nosa sala de No estamos solos(prazas esgotadas). O seguinte evento programado, será o vindeiro sábado 19, neste caso para a proxección de The Goonies.

Xa están dispoñibles as entradas para Frankenstein-04155 

Frankenstein-04155 vén de gañar o Premio do Público do Festival Cineuropa a poucos días de estrearse en NUMAX (a partir do 11 de decembro). É evidente a expectación e interese que levanta o documental de Aitor Rei, centrado nas investigacións arredor do accidente do Alvia en Santiago de Compostela, polo que vimos de habilitar na nosa web a posibilidade de reservar entrada previapara a súa única semana en cartel. Podedes consultar na ficha do filme todos os días e horarios de proxección.

Máis proxeccións de 'Rams' e últimos pases de 'Letters to Max' 

Debido á súa boa acollida, continúa unha semana máis na carteleira Rams, o filme de Grímur Hákonarson que gañou a Espiga de ouro na SEMINCI deste ano. Letters to Max, de Eric Baudelaire, terá esta semana os seus últimos pases: serán o venres 4, o domingo 6 e o martes 8 (último pase).

Mistress América
(Noah Baumbach, 2015)


Tracy é unha alumna de primeiro que estuda en New York e que se atopa soa; non deu na metrópole coa apaixoante experiencia universitaria nin co estilo de vida sofisticado que esperaba. Cando a que vai ser a súa irmá política Brooke -que vive en Times Square e está ao tanto de todo canto acontece na cidade- a acolle, vese rescatada das súas decepcións e seducida polos planos desguedellados de Brooke.

África 815
(Pilar Monsell, 2014)


No arquivo fotográfico e as memorias escritas polo seu pai arredor da experiencia do servizo militar na colonia española do Sahara en 1964, Pilar atopa o paraíso perdido ao que el sempre tentará regresar. Logo dun fracasado proxecto familiar, durante os anos 80 e 90, Manuel Monsell comezará a viaxar ao Magreb. De novo coa súa cámara fotográfica, perseguirá a beleza dalgúns rostros que poidan trasladalo unha vez máis ao lugar soñado.

Programación

Venres 4 de decembro

12:00 Life
16:00 Rams
17:45 Letters to Max
19:45 Mistress America (Estrea)
21:45 Life


Sábado 5 de decembro

16:00 Life
18:00 Mistress America
20:00 Rams
21:45 Life


Domingo 6 de decembro

12:00 Rams
16:00 Letters to Max
18:00 Life
20:00 Mistress America
22:00 Life

Martes 8 de decembro

12:00 Life
16:00 Rams
17:45 Mistress America
19:45 Letters to Max (Último pase)
21:45 Life


Mércores 9 de decembro

12:00 Mistress America
16:00 Life
18:00 Rams
19:45 África 815 (VO) (Estrea)
21:15 Life


Xoves 10 de decembro

12:00 Life
16:00 África 815 (VO)
17:30 Life
19:45 Rams (Último pase)
21:30 Mistress America
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Na libraría NUMAX

Dennis Stock
Nas palabras do artigo da revista Life que acompañaban a primeira publicación destas imaxes, James dean era "o actor máis excitante en chegar a Hollywood dende Marlon Brando". Pero ao mesmo tempo que eran tomadas, el aínda estaba a piques de saltar á fama e era aínda unha figura máis illada e soa qeu recoñecida e celebrada.
Serge Daney
Serge Daney soubo que o cinema era o lugar do pai morto. Foi un neno pobre e soubo que os pobres eran os pequenos, os que se apañan sós e se educan a si mesmos, os que agradecen estar neste mundo. O mundo, que non é a sociedade nin a cultura, que é a formiga na herba e o muro devorado polo sol, fascinábao. Non creu en ningún paraíso prometido e si no tempo presente.

USC - Investigadores e representantes da empresa reflexionan sobre as relacións entre ambas comunidades

No outono de 1990 a Fundación Cotec para a Innovación iniciou a súa actividade cun encontro entre investigadores novos e representantes da industria para debater o retos e oportunidades que enfrontaba daquela o sistema español de I+D+i e analizar as relacións entre a comunidade científica e o tecido empresarial. O encontro tivo como resultado o Manifesto de El Escorial con demandas e recomendacións orientadas a facilitar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía á empresa española. Da USC, entre os asinantes atopábase o profesor Carlos Pajares.

Cando se cumpren 25 anos do Manifesto, o Centro de Estudos Avanzados da USC (CEA) toma o relevo daquel encontro pioneiro volvendo reunir os protagonistas daquelas xornadas para desenvolver un debate retrospectivo e, simultaneamente, promover o intercambio de ideas con novos/as investigadores/as e representantes empresariais. Esta xornada de reencontro celebrouse este venres 4 co lema ‘Relacións entre ciencia e empresa: evolución, situación e perspectivas de futuro’. Comezou nunha sesión na que participaron o director xeral de Cotec, Jorge Barrero; o director do CEA, Fernando Cabo; e o director dos Encontros, José Antonio Marín Pereda.

O programa da xornada tivo un primeiro bloque arredor da mesa redonda ’25 anos do Manifesto de El Escorial’na que a través dunha análise retrospectivase fixo un balance da situación. A partir do relatorio do catedrático da USC Senén Barro, participaron María Teresa Cuberes, da Universidade de Castela A Mancha; Guillermo Orellana, da Complutense de Madrid; JosepSamitier, da Universidade de Barcelona; e Antonio Viedma, da Politécnica de Cartaxena. Nun segundo bloque abordouse a relación entre universidade e empresa na actualidade a través da avaliación da situación e retos da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Incluiu o relatorio de BegoñaRoibás, responsable de Desenvolvemento de Negocio do grupo Biofarma na USC, xunto a quen participaron Pedro Arenas, CEO de Qubiotech; Manuel Ausaverri, de Indra; Pablo Gamallo Otero, co fundador de Cilenis; e Blanca Losada, de Gas Natural Fenosa.

Silleda - José Lodeiro Gesto, novo director da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira

A Banda Recreativa e Cultural de Bandeira conta con novo director. José Lodeiro Gesto, de Santiago de Compostela, toma o relevo de Miguel Rodríguez Barrio á batuta, e estrearase ante o público o vindeiro día 20, no concerto de presentación que terá lugar no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira ás 18.30 horas.

O alcalde, Manuel Cuiña, coñeceu a novo director co que mantivo xa un primeiro encontro no auditorio onde leva varias semanas ensaiando coa banda.

Lodeiro Gesto, de 42 anos, dirixiu a Banda Isabel II de Touro e a Banda de Recreativa e Cultural de As Pontes.

Cuiña tamén agradece o traballo realizado por Miguel Rodríguez Barrio, que dirixiu a Recreativa e Cultural da Bandeira dende o 2008, destacando a labor realizada pola agrupación ao seu frente nestes últimos anos, e os recoñecemento acadados.



Oroso - O I Dépor Campus do Concello abre xa o prazo de inscricións

O Concello de Oroso presentou a primeira edición do Dépor Campus, que se desenvolverá nas instalacións deportivas do campo municipal Lino Balado entre o 28 e o 31 de decembro. En representación do Concello, participaron no acto de presentación o alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luís Rey, mentres que o Deportivo da Coruña estivo representado polo seu director de Metodoloxía e Planificación, José Barcala, e por Carlos Ballesta, responsable de captación de xogadores no club. 

O Dépor Campus está organizado conxuntamente polo Real Club Deportivo e polo Concello de Oroso. Poderán participar nel nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. O horario programado é de 10 a 14 horas. As clases serán impartidas por técnicos do Deportivo, que utilizarán a mesma metodoloxía técnica que empregan na canteira do club. 

O período de inscrición está xa aberto. As fichas de solicitude poden obterse e entregarse no complexo deportivo municipal. O prezo do Campus é de 90 euros, cun desconto de 20 euros para os empadroados no municipio. Esta contía inclúe o seguro de accidentes deportivos, unha equipación composta por camiseta, pantalón e medias, o almorzo, agasallos, o diploma e a asistencia a un partido do Deportivo no estadio de Riazor. 

Contribúe á conciliación da vida familiar e laboral

O alcalde, Manuel Mirás, amosouse satisfeito pola chegada desta iniciativa a Oroso, destacou o prestixio internacional do club e incidiu na importancia de apostar pola canteira: “é moi positivo organizar estes Campus e volver captar xogadores de aquí porque eses son os que crean afección”. O rexedor destaca o esforzo que fai o Concello na programación deportiva e expuxo que o goberno local continúa traballando intensamente para facer realidade canto antes o proxecto de novo campo de fútbol de céspede artificial, que se ubicará na parroquia de Oroso. 

Neste sentido, o concelleiro de Deportes, Luís Rey, fixo fincapé na “expansión dos deportes” que se vive no municipio. Afirmou que o Dépor Campus era “unha materia pendente que nace coa vontade de darlles tamén ás familias unha solución ás súas dificultades de conciliación da vida laboral e familiar” durante as vacacións escolares do inverno. O responsble municipal de Deportes animou ás familias a aproveitar esta oportunidade formativa. 

Educación integral

José Barcala manifestou que o Dépor Campus está concebido “para facer do fútbol un vehículo para a educación integral dos máis novos”. O director de Metodoloxía e Planificación do Deportivo mencionou os valores do respecto, a solidariedade, a amizade, o xogo limpo, a integración, o esforzo e a felicidade como claves no desenvolvemento do campus e puxo de manifesto que “queremos formar futbolistas independentes, con capacidade de control sobre o seu propio corpo e con dominio sobre o balón, e capaces de resolver problemas de por si”.

Para iso, o Dépor Campus ofrecerá as súas ensinanzas sobre os desafíos técnicos, os xogos de relación co balón, as situacións básicas de aprendizaxe de fútbol, rondos básicos e posicionais, xogos de posición e partidos reducidos. 

Carlos Ballesta, pola súa parte, asegurou que o Deportivo afronta este campus “con moita ilusión” porque “consideramos Oroso como un municipio deportivista, queremos facer deportivismo e sobre todo que os nenos e nenas participantes melloren nas súas capacidades deportivas”. Ademais, garantiu que o Dépor Campus contará coa mellor atención, tanto en medios como co persoal cualificado e con experiencia que se encarga da actividade.

Touro - O concello estrea o seu novo PAI, que xa acolle a vinte nenos e nenas de cero a tres anos

Un total de vinte nenos e nenas de 0 a tres anos de Touro ocupan xa dende esta mesma semana as aulas e os espazos didácticos do novo Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Touro. A directora do novo centro educativo, Eva María Varela, recibiu onte xoves da Consellería de Política Social o permiso de inicio de actividade. Os vinte nenos e nenas xa están instalados e utilizando as novas dependencias, un novo edificio que xa estaba rematado dende a pasada primavera e que é anexo á Casa da Cultura de Touro. Ambos espazos están ubicados nunha zona de servizos de Fonte Díaz, onde tamén están as piscinas, pistas deportivas, área de autocaravanas, Centro de Interpretación do Río Ulla e a residencia de Maiores.

A directora do PAI mostra a súa satisfacción tras recibir onte xoves o ‘luz verde’ da Consellería. Explica que “xa todo estaba listo, incluíndo o visto bo dos inspectores, para que os nenos e nenas poideran xa estrear e utilizar as novas instalacións”. “Pero tivemos que esperar un pouco máis ata que chegara o permiso de inicio de actividade”, explica a responsable do PAI, que lembra que o novo edificio educativo acolle a 20 nenos e nenas, que serán atendidos por dúas educadoras a tempo completo e unha educadora a tempo parcial. Eva María Varela engade que as novas instalacións teñen “máis espazo para traballar cos pequenos”. Ademáis destaca que o acceso “é máis seguro”. O antigo edificio que acollía o PAI, unha casa de pedra de dúas plantas, quedouse pequeno e estaba ubicado mesmo na beira da estrada AC-240, na entrada a Fonte Díaz. Os pais que levaban aos seus pequenos tiñan incluso dificultade para estacionar o coche. “Agora temos suficiente espazo onde aparcar, é moito máis cómodo para os pais e o acceso é totalmente seguro”, indica Eva María Varela, quen destaca que o novo PAI, entre outros espazos, conta con aula de sono e aula de traballo. “E todo nunha planta”, engade.

O novo edificio que acolle o PAI, que será de xestión municipal, está rematado dende a pasada primavera. Durante este tempo dotouse de mobiliario e nesta semana chegou a autorización para inicio de actividade da Consellería de Política Social. Os nenos e nenas xa ocupan as aulas dende esta mesma semana. O investimento total da nova infraestructura social foi de algo máis de 200.000 euros. A Administración autonómica aportou 135.000 euros na construcción da nova escola infantil de Touro. O Concello aportou arredor de 75.000 euros. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, está tamén satisfeito de contar cunhas “instraestruturas modernas e de calidade ao servizo dos veciños e veciñas de Touro”. O novo PAI trátase dunha vella demanda dos habitantes do Concello de Touro.

Santiago - O Consorcio remata as obras na igrexa de San Fiz

O Consorcio de Santiago interveu na fachada e no campanario da igrexa de San Fiz de Solovio. A obra, que se executou no prazo dun mes, cun orzamento global de 16.520,75 euros, realizouna a empresa TECHNE Conservación y Restauración de Bienes Culturales. 

O arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio que coordinou este proxecto é Ángel Panero. Explica que “na fachada e no campanario da igrexa, realizados en sillería de granito, proliferan diferentes elementos vexetais debido á natural acción do tempo, situación agravada pola falta de uso e de mantemento cotián e que lamentablemente ten o monumento. Aínda que non se apreciaban danos provocados polas raíces nos muros, era necesario retirar toda esa vexetación e limpar a pedra”.

Durante a limpeza, que se realizou por medios manuais, empregáronse produtos biocidas con fin de intensificar a efectividade da actuación e retardar a proliferación de elementos vexetais no futuro. E unha vez rematada a limpeza, durante a cal se eliminaron todos os rexuntados deteriorados, levouse a cabo un rexuntado naquelas xuntas que o requerían.

Ademais, realizáronse tarefas de mantemento de carpinterías e reixas presentes na fachada, co obxecto de garantir a debida protección e, polo tanto, a durabilidade destes elementos construtivos. As reixas lixáronse e elimináronse as pinturas deterioradas, para rematar co seu pintado. No caso das carpinterías, repuxéronse os elementos de madeira que estaban deteriorados, afianzáronse as ferraxes e procedeuse ao seu pintado final.

Intervención futura no relevo gótico da portada da igrexa

Por outro lado, levouse a cabo a limpeza e sentado da cor do relevo gótico policromado que destaca na portada de acceso á igrexa. Esculpido polo mestre F. Paris no ano 1316, representa a Adoración dos Reis Magos e aínda conserva parte da súa policromía orixinal. “Urxe a restauración deste conxunto escultórico medieval, polo que se aproveitou esta actuación para analizar a súa situación e documentar e preparar a información que nun futuro sirva de base para o proxecto de restauración” -indica Panero-.



Axenda e tempo do venres 4 de decembro - Feiras, cine, tapas, exposicións

Santiago - Numax

Lalín - Mostra de queixo e mel

Santiago - Área Central - Pompas de xabrón

Frades - De tapas por Frades

Santiago - O camiño das burbullas

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - SCQ (rúa das Orfas en Compostela) Pin Up & Burlesque - belleza alternativa (ata o 15 de decembro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Ames - Exposición de pintura do irmán Luis de Oseira (ata o dia 7)

Santiago - Área Empresarial do Tambre - exposición do colectivo Artefacto (ata o 8 de xaneiro)


O Tempo

Ordes - I Feirón Adina en Mesón do Vento

Mañá sábado, 5 de decembro, O Mesón do Vento celebrará o I Feirón Adina. A cita desenvolverase no recinto feiral en horario de mañá e acollerá un gran mercado de produtos autóctonos con degustacións. O programa tamén inclúe unha feira de gando vacún, con vacas e bois; feira cabalar, feira de antigüidades e demostracións de cetrería. 

Este I Feirón Adina está organizado pola asociación de veciños Campo da Festa San Pedro de Ardemil en colaboración co Concello de Ordes.

Área Central - Espectáculo de burbujas de jabón esta tarde en el centro comercial

Con la campaña de Navidad en marcha, Area Central contará hoy viernes, a las 18.30 horas, con el espectáculo “Pomperia: el maravilloso reino de las burbujas”, un original show de pompas de jabón. Al finalizar, los niños podrán conocer la sensación de introducirse dentro de una burbuja gigante.

Habrá multipompas, pompas semisféricas, concéntricas, esféricas, cúbicas, lluvia y nieve de pompas y hasta enormes pompas de varios metros de longitud, en las que se podrán meter hasta cuatro niños a la vez dentro de una enorme pompa de jabón. Es un espectáculo diferente y original que seguro apasionará a todos los públicos.

Por otro lado, el sábado Area Central contará con la actuación del mago Chrystyan Magic y su “Alén da maxia”. Será un espectáculo que comenzará a las 19.00 horas en el escenario principal y en el que el público disfrutará de un show mágico, al mismo tiempo que entretenido y participativo. Ese día también será “creativo” y la esquina amarilla, a partir de las 18.00 horas, acogerá una sesión más de sus “Sábados creativos”, en el que los niños asistentes realizarán manualidades relacionadas con la Navidad y construirán un “árbol de los deseos”. 

El domingo 6 y lunes 7, los pasillos de Area Central contarán con tres hinchables, pensados para edades diferentes para que todos los niños puedan saltar en ellos. Su horario de funcionamiento será de 17.30 a 20.30 horas. El domingo 6 los establecimientos comerciales abrirán en su horario habitual.

También hay que recordar que Area Central cuenta con la visita diaria de Papá Noel, quien recibe a los niños en horario de 18.00 a 20.00 horas enfrente del punto de información de Area Central, todos los días hasta el 23 de diciembre.

Brión - Este sábado “Pementeiras. Unha historia de empoderamento feminino”

O centro social polivalente de Brión acollerá este sábado 5 de decembro, ás 20:00 horas, a representación da obra “Pementeiras. Unha historia de empoderamento feminino”, a cargo da compañía Xoré Teatro. Unha representación de carácter totalmente gratuíto programada polo Concello de Brión co galo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero pero que non se puido representar o pasado 25 de novembro por motivos de axenda da compañía.

“Pementeiras” narra a historia de dúas amigas que teñen un pensamento moi diferente da realidade social na que están inmersas. Sofía é unha muller nova que ten grandes inquietudes e gañas de loitar polo seu recoñecemento persoal e profesional animándose a participar en calquera proxecto que mellora a súa situación actual. Por outro lado, Dosinda, é unha muller tradicional arraiga nos valores do patriarcado que non amosa ningún interese en mellorar a súa situación social e familiar, xa que para ela as cousas sempre foron así e non deberían cambiar. Durante a obra, Sofía faille ver a Dosinda a situación na que se atopa e axúdalle a iniciar un proceso de reflexión persoal que lle deparará grandes cambios, tanto no ámbito familiar como laboral.

Xoré Teatro é unha compañía nacida en novembro de 2013, como culminación do traballo inicialmente desenvolvido dende o ano 2008 na consultora Andamiaxe Innova, S.L. en temas relacionados coa intervención educativa e social con diferentes colectivos. Durante este tempo se levaron a cabo actividades formativas teatrais orientadas a potenciar os procesos de ensinanza/aprendizaxe.

Ames - Plan de mellora da accesibilidade dos edificios públicos

Hoxe coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o goberno municipal avanzou que está traballando nun proxecto de mellora da accesibilidade en varias instalacións municipais. Este proxecto desenvolverase en dúas fases. Na primeira abordarase a mellora da accesibilidade da Casa do Concello, da Biblioteca municipal do Milladoiro e do acceso das Oficinas Municipais do Milladoiro. Na segunda fase preténdese mellorar o edificio do Pazo da Peregrina e os que están ao seu arredor (a Casa da Froita, a Casa dos Caseiros e a Capela), así como o interior das Oficinas Municipais do Milladoiro. A primeira fase deste proxecto será sufragada a través do Plan de Acción Social da Deputación da Coruña.

O concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Blas García, destaca que “durante estes primeiros cinco meses de goberno estivemos traballando no proxecto de accesibilidade da Casa do Concello, da Biblioteca municipal do Milladoiro e do exterior das Oficinas Xerais do Milladoiro, así como na construción dun parque adaptado e accesible no Milladoiro. Estes proxectos levaranse a cabo durante o vindeiro ano. Ademais, xa temos outro proxecto de accesibilidade feito que recolle a mellora de todos os edificios do Pazo da Peregrina e a segunda fase das Oficinas Xerais do Milladoiro. Un investimento real que supera os 200.000 euros, e de máis de 320.000 euros, se incluímos a segunda fase (Pazo da Peregrina e o interior das Oficinas do Milladoiro)”.

Este proxecto desenvolve e concreta a definición das obras de accesibilidade que se van executar en varios dos edificios públicos de Ames para adaptar á normativa vixente tanto o entorno próximo de achegamento aos edificios, o seu acceso e a utilización interior dos espazos tanto en itinerario vertical como horizontal, así como o uso dos servizos públicos para todas as persoas sen discriminación.

A través das obras que se pretenden executar na Casa do Concello vaise habilitar unha zona de aparcamento adaptado, adaptaranse os pasos de peóns máis próximos e os accesos de achegamento peonal ao edificio. Ademais, vaise instalar no exterior da Casa do Concello unha rampla e unha plataforma elevadora. No interior do edifico está previsto que se substitúa o actual ascensor por un de uso adaptado e construirase un aseo adaptado na planta baixa de uso público. Tamén se substituirán portas, mobiliario de uso público, colocarase un panel informativo adaptado e haberá axuda técnica para as persoas xordas na atención cidadá do rexistro municipal. 

Na zona exterior da Biblioteca do Milladoiro realizaranse obras para habilitar unha praza de estacionamento adaptada, adaptarase a parada de autobús que se atopa ao carón da biblioteca, e os pasos de peóns máis próximos. No que se refire ao edifico vaise a construír unha rampla de aceso e no interior vaise a executar un aseo en cada planta e substituír algún mobiliario existente. Por último, nas oficinas de servizos sociais e atención veciñal do Milladoiro vaise adaptar o aparcamento da zona anexa, os pasos de peóns máis próximos e adaptarase a rampla existente.

Blas García tamén destaca que “este goberno aposta de maneira decidida e con feitos pola accesibilidade e está sensibilizado cos problemas que teñen as persoas con diversidade funcional para poder moverse por Ames. Este é un traballo que imos a desenvolver durante todo o mandato e que nos fixamos como prioridade. A accesibilidade e a sensibilización coas persoas con diversidade funcional debe de realizarse ao longo de todo o ano e non con feitos puntuais”. 

Primeiro parque infantil accesible

A estas actuacións, que se abordarán nunha primeira fase sufragada con fondos do Plan de Acción Social da Deputación da Coruña, hai que engadir o proxecto de construción do primeiro parque infantil accesible do concello de Ames. Este espazo de xogo estará situado na área deportiva do Milladoiro, que se atopa ao carón da Casa da Cultura, das pistas polideportivas e da piscina municipal desta localidade. Executarase no lugar da actual pista de skate, que se trasladará á urbanización de Aldea Nova. Este proxecto, que será financiado integramente a través dun convenio subscrito coa Deputación da Coruña, terá un custo de 68.000 euros. A previsión é que este parque poida estar rematado para poder ser usado de cara ao verán de 2016.

A concelleira de Servizos Sociais, Luísa Feijóo, indica que “o día da discapacidade aínda que se fai máis visible o día 3 de decembro é algo que debemos ter en conta todos os días do ano e en todos os aspectos. A este respecto o Concello de Ames, sendo consciente de que é un dos grandes retos que temos pendentes, está levando a cabo diferentes medidas. Temos pendente de asinar dende a concellería de Servizos Sociais un convenio coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago, que ofrecerán servizos de intérpretes de lingua de signos”. 

Segunda fase do proxecto

O interior das oficinas municipais do Milladoiro serán adaptada na segunda fase deste proxecto. Nesta caso vaise a substituír a escaleira interior existente por unha plataforma elevadora adaptada e construirase un aseo adaptado en cada planta. Ademais, ofrecerase axuda ás persoas xordas no punto de atención cidadá destas dependencias. 

Na segunda fase abordarase a mellora da accesibilidade na contorna do Pazo da Peregrina dotando no exterior de aparcamento adaptado, adaptando os pasos de peóns e habilitando unha entrada con rampla. Ademais, habilitarse unha rampla de acceso para acceder ás instalacións do Pazo da Peregrina, da Casa dos Caseiros, á Casa da Froita e á Capela. No interior do Pazo da Peregrina instalarase un elevador adaptado con envolvente de cristal. Ademais, na planta baixa crearase un aseo adaptado . 

Por último, cómpre salientar que no pasado pleno de novembro aprobouse por unanimidade a ordenanza municipal reguladora das tarxetas de estacionamento e accesibilidade. Sobre este asunto a concelleira de Servizos Sociais, adiantou que “en xaneiro coincidindo coa modificación da ordenanza de accesibilidade comezaremos cunha campaña de concienciación de uso das prazas de aparcamento para persoas con diversidade funcional. Ao mesmo tempo que lles cambiaremos o formato as tarxetas de aparcamento e accesibilidade, reorganizaremos e acondicionaremos as prazas de aparcamento. Tamén adoptaremos outras medidas dirixidas a favorecer a mobilidade”.

Lalín - As feiras do 3 e do 18 celebraranse ainda que non sexa domingo ou festivo

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra recolleu onte a decisión adoptada pola Xunta de Goberno Local o pasado día 9 de novembro pola cal se regula que as feiras dos días 3 e 18 se manteñan en 2016 neses mesmos días, independentemente de que coincidan en domingo ou en xornada festiva. 

As feiras víñanse trasladando aos días 2 e 19 de cada mes no caso de cadrar en domingo, non obstante, tal e como explicou o alcalde, Rafael Cuíña, “a medida tomouse co obxectivo de dar resposta a unha recorrente demanda de varios sectores da cidadanía, que viñan pedindo que se producise este cambio”.

O Goberno municipal considera que a decisión vai ser moi positiva para os intereses de Lalín, xa que se agarda que os domingos de feira teña lugar unha maior afluencia de público, ao poderen asistir tamén aquelas persoas que principalmente por motivos laborais non o podían facer ao seren as feiras pola semana. Preténdese, ao mesmo tempo, dinamizar as fins de semana, buscando que se incremente o consumo e aumente a actividade na vila, non só polas mañás, senón durante todo o día. 

A primeira feira que se celebrará en domingo será a do próximo 3 de xaneiro, aínda que no calendario do 2016 son en total 5 as xornadas feiradas que coincidirán o último día da semana

Santiago - Entregados os premios do circuito de carreiras saudables CorreSan

A IV Edición do Circuito de Carreiras Saudables CorreSan chega á súa fin coa entrega de premios, que se produciu nunha gala celebrada no Auditorio de Galicia.

Na gala estiveron presentes o alcalde da cidade, Martiño Noriega, e a concelleira de Deportes, Noa Morales. Entre os premiados destacan, Rubén Caamaño, Amador Pena e Cristian Muiño na categoría xeral masculina e Jessica Inés Muiños, Vanessa Lafuente, Ana Fiestras e Tania Silvelo, na categoría xeral feminina, entre outras categorías.

Tamén se entregaron os premios a nivel colectivo, entre os que destacan o Club Atletismo Millaraio e Atletismo Fontes do Sar, dentro da categoría de clubes federados femininos. Na categoría de equipos federados masculinos os premios foron para o Club Atletismo Santiago, Noitebra FC Atletismo e Atletismo Fontes do Sar.

Santiago - Concertos de Nadal da Banda de Música

Este Nadal, a Banda Municipal de Música súmase á variada programación destas datas cun ciclo de tres concertos destinados á toda a familia e, en particular, ao público infantil. O calendario de actuacións –os domingos 13 e 20 de decembro e 3 de xaneiro- foi presentado en rolda de prensa polo director da Banda, Juan Miguel Romero Llopis, acompañado pola cantante Uxía Senlle; o director do coro Cantorum Compostellana Coniunctio, Anxo Abel; e o director da Banda de Gaitas de Forcarei, José Antonio Vidueiros, todos eles participantes no "Concerto de Nadal", a segunda das citas.

O ciclo comezará o domingo 13 de decembro, ás 12:30 horas, no Teatro Principal, cun concerto titulado "Conto de Nadal". Trátase dunha adaptación do celebérrimo conto de Charles Dickens a cargo da contacontos Paula Carballeira, que exercerá de narradora e de fío condutor das interpretacións musicais da Banda.

A formación dirixida por Juan Miguel Romero interpretará neste concerto coñecidos fragmentos de obras comoPeer Gynt, de Edvard Grieg; Los Planetas e Suite nº 1, de Gustav Holst;Cadros dunha exposición, de Modest Músorgski; ou Sinfonía do novo mundo, de Antonin Dvorák. Tamén soarán, entre outras pezas, o Carmina Burana, de Carl Orff, e a Marcha Radetzky, de Johann Strauss.

Concerto de Nadal 
O segundo dos concertos, o domingo 20 de decembro, trasládase ao Auditorio de Galicia e comezará ás 12:00 horas. Neste "Concerto de Nadal", a Banda Municipal estará acompañada polo Cantorum Compostellana Coniunctio, dirixido por Anxo Abel e formado por 150 coralistas pertencentes ás 13 agrupacións corais da cidade. Tamén participará como convidada a Banda de Gaitas de Forcarei, dirixida por José Antonio Vidueiros e formada por 20 gaiteiros que, a maiores, virán acompañados polo grupo de baile tradicional Xirandola, de Bandeira. E como solista, o público poderá gozar da voz de Uxía Senlle.

Este elenco de excepción, formado por máis de 200 persoas, interpretará un programa eminentemente galego, con pezas tan coñecidas e tan propias do Nadal como "Paxariños que voades", "Vinde picariñas", "Mariñeiro", "Pequena meiga", "Loliña", "Unha noite na eira do trigo" ou "Toca o pandeiro Manuel". O concerto completarase con outras coñecidas panxoliñas de compositores internacionais. Ademais, como fin de festa, haberá sorpresas, que non se desvelaron na rolda de prensa.

Concerto de Reis 
O Ciclo de Nadal da Banda Municipal de Música completarase o domingo 3 de xaneiro co "Concerto de Reis". De volta no Teatro Principal, ás 12:30 horas, a formación estará acompañada no escenario polo coro de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música. Xuntos interpretarán "Canto de berce para unha princesa negra", de A. Rodríguez (arranxos de J.L. Represas); "Vois sur ton chemin", de C. Barratier e B. Colais (arranxos de J.L. Represas) e "Mary Poppins", de Sherman & Sherman (arranxos de A. Reed).

O concerto completarase con: "Magic overture", de T. Doss; "El Mago de Oz", de J. Barnes; "Sleigh ride", de L. Anderson: "A syncopated clock", de L. Anderson; e "Disney espectacular", de J. Moss.

De balde 
Os dous concertos do Teatro Principal son de entrada libre previa retirada de invitacións neste mesmo recinto. As do "Conto de Nadal" estarán dispoñibles dende este xoves 3 de decembro, e as do "Concerto de Reis" dende o luns 28 de decembro. O "Concerto de Reis" do Auditorio de Galicia é de entrada libre ata completar aforo.

USC - mañá comeza o horario extraordinario das bibliotecas

Coincidindo co próximo inicio do período de exames, a Biblioteca Universitaria ampliará os seus horarios entre os días 5 e 22 de decembro coa apertura das salas de estudo da Biblioteca Concepción Arenal, en Santiago, e da Intercentros do Campus de Lugo ata as 3.00 horas.

Logo dunha interrupción polo período de Nadal, os horarios extraordinarios reanudaranse a partir do día 2 de xaneiro de 2016 en distintos centros dos campus de Santiago e Lugo. Así, a Biblioteca Intercentros luguesa abrirá ata as 3.00 horas entre os días 2 e 23 de xaneiro, un horario similar ao que fará a Concepción Arenal entre o 2 e o 6 de febreiro.

A estas propostas hai que sumar o reforzo da Sala de Lectura da Facultade de Dereito abrindo as 24 horas do día 4 ao 23 de xaneiro. Do mesmo xeito, a Biblioteca Xeral e a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais abrirán en horario continuado de 10.00 a 22.00 horas as fins de semana correspondentes aos días 9 e 10 e 16 e 17 de xaneiro.

Ordes - Asociación da Canceira de Ordes

O comité organizativo da futura asociación Amigos da Canceira de Ordes convocou a veciños e veciñas para darse a coñecer e falar dos seus obxectivos máis inmediatos. Un chamamento que atraeu ata os baixos da alameda a máis de 30 persoas coa intención de contribuír no bo funcionamento do centro de acollida de animais abandonados municipal Segunda Oportunidade situado no parque empresarial de Merelle. 

A dita asociación, pendente de que en breve o Rexistro da Xunta de Galicia lle dea o visto bo aos seus estatutos, nace coa premisa máxima de acadar o maior número de adopcións posible. Un labor co que se quere reducir o número de cans acollidos nas instalacións e o seu tempo de espera ata acadar un novo fogar, aumentando á vez o seu benestar e as súas sesións de paseo, de xogo e actividades dinamizadoras. Algo que se quere acadar mediante a axuda desinteresada dunha rede de voluntariado formada por todas aquelas persoas que o desexen. “Dar máis servizos e de mellor calidade”, tal e como se resumiu onte na xuntanza. A asociación parte dun carácter veciñal e provincial, e conta xa co compromiso e a estreita colaboración do Concello de Ordes.

Información e financiamento

Ademais disto tamén se están a organizar campañas de concienciación e información dirixidas á poboación estudantil entre outros. Que significa a responsabilidade de ter un can, como adestralos, as súas necesidades e condutas etc, son algúns dos aspectos dos que se quere informar e dar conta para brindarlle á veciñanza un punto de referencia e contacto para dar resposta ás súas dúbidas. Por outra banda tamén se están ideando xa campañas de financiamento e colaboración para contribuír no sufragamento dos gastos. De cara á divulgación da actividade do refuxio municipal de cans Segunda Oportunidade está prevista a próxima publicación dun espazo web. 

Aquelas e aqueles que desexen máis información sobre a asociación ou queiran formar parte dela poden contactar cos responsables mediante o correo electrónico segundaoportunidade@gmail.com, ou ben a través do seu Facebook https://www.facebook.com/segundaoportunidade.ordes.

Ames, Teo Santiago - Concurso de Cartas de Nadal

Ames, Teo e Santiago presentaron hoxe, de forma conxunta, o Concurso de Cartas de Nadal, unha actividade posta en marcha polas respectivas áreas de Normalización Lingüística de cada concello. A iniciativa, baixo o lema ''Este Nadal...cultívao a diario!'' quere animar a nenos e nenas a encher de contidos as cartas que escriben pedindo os seus agasallos de Nadal. As concelleiras Isabel Vaquero, de Ames, e Pilar Fernández, de Teo, e o concelleiro, Manuel Dios, de Santiago, presentaron publicamente parte dos materiais que acompañan a actividade. O municipio amesán leva xa nove anos desenvolvendo este programa en colaboración cos centros de ensino de educación infantil e primaria. 

Os colexios de Ames recibiron xa a cadansúa caixa de correo de Nadal, así como unha primeira parte dun máxico agasallo para repartir entre todo o alumando de ata 4º de primaria. O 18 de decembro recolleranse todas as cartas dos colexios para facerllas chegar aos magos. 

Ademais, tamén se colocarán caixas de correo na Casa do Concello, nas casa da cultura e nas bibliotecas para que toda a veciñanza poida participar. Nos locais municipais poderán depositarse as cartas ata o día 4 de xaneiro.

Os magos do Nadal pretenden que este ano os nenos e nenas escriban as súas cartas de maneira especial, cheas de imaxinación e creatividade e cultivando a lingua galega, como unha semente que cada un coida para o futuro. As cartas en galego que leven os datos completos recibirán unha resposta nas súas casas, que conterá unha sorpresa para activar a maxia e convidalos a seguir cultivando... 

Esta proposta deixa abertas todas as posibilidades para que, en cada caso, a carta dos nenos/as estea dirixida aos personaxes que se prefiran (O Apalpador, os Reis Magos, Papá Noel..), procurando deste xeito eliminar barreiras relixiosas.

As cartas que os nenos e nenas compoñan non teñen limitación en canto a extensión ou formato e poden conter calquera tipo de ilustración ou decoración. Asemade, poden servir para tratar diferentes contidos didácticos, desde o máis lingüísticos como a estrutura habitual deste tipo de textos ou os diferentes rexistros e os tratamentos persoais na escrita, ata os relacionados co coñecemento das tradicións culturais, os ciclos da natureza, a ecoloxía ou valores como a solidariedade... As infinitas posibilidades están nas mans de docentes e das familias. 

Cartas-resposta con sorpresa incluída

É moi importante que cada carta (ou o sobre, se é o caso) inclúa os datos completos do neno ou nena: nome e apelidos, idade, enderezo (rúa ou lugar, número, piso, parroquia, código postal e localidade) así como o número de teléfono. Todos os nenos e nenas que indiquen o enderezo correctamente recibirán nel a carta resposta con sorpresa incluída. 

Premios para as seis cartas máis interesantes e creativas

Ademais, no Concello Ames haberá seis premios para as cartas máis interesantes e creativas e algunha delas ilustrará a programación de Nadal do ano vindeiro. Por iso, é fundamental indicar un número de teléfono da familia para que se poida contactar cos gañadores do concurso e convocalos á entrega deses premios, que coincidirá coa cabalgata do 5 de xaneiro. 

As seis cartas premiadas serán escollidas entre as escritas en galego, valorando a creatividade e a adecuación ao tema proposto e á idade do/a participante.