Homenaxe a Banda de Música de Lousame e Teatro musical na axenda do sábado

O Pino acolle o campionato galego de fútbol alevín e Ordes acolle un show cooking na Praza 

O Pleno de Ames aproba ampliar o servizo de limpeza que ofrece Urbaser

28/5/2016 - Este xoves pola tarde celebrouse o pleno ordinario do mes de maio no que ademais, aprobouse a adhesión do Concello de Ames á estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde e maila aprobación inicial da modificación do regulamento de utilización das instalacións deportivas da piscina municipal cuberta de Ames.

A Xunta asume a titularidade da estrada de Mercurín, en Ordes

28/5/2016 - Executará obras de mellora por 2 millóns de euros 

O convenio da estación intermodal de Santiago asinarase nun prazo máximo de 15 días

28/5/2016 - O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe do acordo alcanzado en Madrid para a sinatura do convenio da estación intermodal entre o Concello, a Xunta, o Ministerio de Fomento e ADIF. Jorge Duarte explicou que o Goberno "non pode máis que estar satisfeito, porque o acordo resolve os problemas da intermodalidade, pero tamén os da conexión peonil entre o Hórreo e os barrios do sur, acabando coa barreira que supuxeron as vías do tren".

Teo investirá uns 107.000 euros no acondicionamento dos accesos a Loureiro e ao Xirimbao

28/5/2016 - Augas de Teo adianta a instalación da infraestrutura básica de saneamento para evitar ter que intervir na estrada de Loureiro (Luou) nun futuro. Nas vindeiras datas licitarase a mellora de pistas na Ermida (Oza) e en Trasellas (Luou) por importe de máis de 76.000 euros 

Santiago cede tres pisos para acoller a persoas sen teito

28/5/2016 - A Xunta de Goberno aprobou hoxe o convenio para a cesión de tres vivendas á Federación de Asociacións de Familiares de Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes), que serán utilizadas por persoas sen teito que se atopen nunha situación severa de exclusión social.

Silleda continúa coa posta a punto dos viais municipais

28/5/2016 - Operarios municipais continúan co bacheo en puntos da parroquia de Vilar, que farán extensivos nos próximos días a outras parroquias de Silleda

A primeira edición do Festeo celébrase mañá

28/5/2016 - O Concello de Teo deseñou unha gran xornada de festa, actividades e convivencia con protagonismo para as entidades veciñais e culturais do municipio. Leilía ofrecerá o espectáculo do seu vixésimo quinto aniversario como colofón do Festeo, que se celebrará na Carballeira de Francos 

Santiago emite as normas de seguridade para as cacharelas de San Xoán

28/5/2016 -  A Xunta de Goberno aprobou hoxe as normas de xestión de permisos e de seguridade para as cacharelas de San Xoán, que se celebrarán na noite do 23 de xuño ou calquera outro día dese mes.

Bando emitimo polo concello de Ordes con motivo da festa de San Xoan

28/5/2016 - Con motivo da celebración das Cacharelas da Noite de San Xoán as persoas, asociacións ou entidades organizadoras deberán comunicar a realización da cacharela no Rexistro Xeral do Concello antes das 14:00 horas do 21 de xuño e a súa realización estará suxeita ao cumprimento das seguintes normas: 

Ábrese o prazo de inscrición para as persoas interesadas en ser Chaquetas Vermellas

28/5/2016 - O servizo de Chaquetas Vermella volve este verán para prestar información básica nos principais puntos turísticos da cidade, como o Obradoiro, Praterías, Quintana e as principais rúas do Casco Histórico. Seleccionaranse 16 persoas voluntarias, que formarán oito parellas que se distribuirán en dous horarios, de 10:00 a 15:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Reunion entre a conselleira de Medio Ambiente e a alcaldesa de Lousame

 28/5/2016 - A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, vén de reunirse coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para abordar vías de colaboración entre o Concello e a Consellería, especialmente en materia de saneamento e depuración de augas.

Finaliza a primeira fase do Plan Estratéxico de Comercio 2016-2019

 O Plan deberá ser aprobado pola Mesa Local de Comercio.

Futbol sala e libros solidarios en Silleda algunhas das propostas da axenda do venres

Ames acolle charlas de emprendemento e o Coro Encaixe chega a Capitol

Área central le da la bienvenida a su III feria “caravaning compostela”

27/5/2016 - Los aficionados al caravaning tienen una cita a partir de mañana viernes hasta el domingo en la III Feria “Caravaning Compostela” de Area Central, que reunirá durante estos tres días en la Plaza de Europa más de cuarenta vehículos, entre caravanas, autocaravanas y carros-tienda, de las empresas más importantes y las marcas principales del sector del caravaning de Galicia. Su horario de visita será de 11:00 a 20:00 horas los tres días.

O Milladoiro de novo o evento Lab Class-Inventa a túa comunicación

 27/5/2016 - Unha iniciativa única en Galicia e en España que xa reuniu a máis de 1.000 profesionais nas súas diferentes edicións. Como novidade, este evento na apertura, contará coa participación do alcalde de Ames, José Miñones, que destacará a posición do Concello en materia de desenvolvemento económico

Oroso remata o programa de animación a lectura

Oroso clausura hoxe venres 27 de maio o seu Programa de Animación á Lectura cunha actividade sorpresa

O BNG de Teo denuncia que as novas beiravías son auténticas “selvas”

27/5/2016 - Fernández Baz reclama o mantemento oportuno e insiste en que é mellor facer dúas que catro, pero ben feitas.

Cidadáns Ames pide para que execute a doazón que realizou Cáritas en 2015

27/5/2016 -   O voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, vén de reiterar unha vez máis que “o Concello de Ames proceda a desbloquear a contía de 10.000 euros que Cidadáns Ames doou a Cáritas deste municipio en 2015”.

O mellor fútbol sala alevín de Galicia cítase o sábado en Arca, O Pino

27/5/2016 - O torneo autonómico de categoría Alevín reunirá a sete dos mellores equipos de fútbol sala de Galicia. A competición comezará ás 10h coa fase de grupos e finalizará ás 18.45h coa final polo título

Mañá sábado clausúranse as escolas deportivas de Ames

27/5/2016 - O pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns acolle, a partir das 16:30 horas, doce mostras de distintos deportes ofertados polo Concello de Ames
As escolas deportivas municipais do Concello de Ames volveron superar este curso os 1.500 usuarios e usuarias, sumando un total de 1.516 persoas que escolleron algunha das quince disciplinas ofertadas

III Encontro da fraternidade do Dragal.

27/5/2016 - Este encontro organízase en base á triloxía da literatura galega do mesmo nome: Dragal, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingúística e o Concello de Boqueixón, contando coa colaboración de Ramsa, S.A.

Ames conmemora o Día Mundial da Esclerose Múltiple

27/5/2016 - A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica do sistema nervioso central que afecta a 47.000 persoas en España, 700.000 en Europa, e 2.500.000 en todo o mundo. O Día Mundial da Esclerose Múltiple celébrouse este mércores, 25 de maio,

Unha pregunta de 100 anos de antigüidade

27/5/2016 - O sábado 28, ás 12h00 na Faculdade de Filosofia (praça de Maçarelos) Adrián Dios, Teresa Moure, Joám Lopes Facal e Antón Gómez-Reino participaram na mesa redonda "Galiza. Um projeto de pais para agora e o futuro", dentro dos actos de celebraçom do centenário das Irmandades da Fala.

A Banda Municipal de Música de Lousame celebrará o seu 20 aniversario

27/5/2016 - Dará un concerto homenaxe a Juan Montes e a Juan López Calo. Ademais do concerto, inaugurarase unha exposición fotográfica da historia da banda e proxectarase o vídeo da súa primeira actuación, co gallo do Día das Letras Galegas de 1996

Ordes acollerá este sábado o Encontro Provincial de Voluntariado de Cruz Vermella da Coruña

27/5/2016 - Máis de 150 voluntarios e voluntarias participarán en encontros, mesas redondas e actividades participativas. A concelleira de Servizos Sociais, Susana García, intervirá no acto inaugural

Compostela celebrará este sábado o centenario das Irmandades da Fala

27/5/2016 - O Concello de Santiago sumarase este sábado, 28 de maio, á celebración do centenario das Irmandades da Fala. Farao cun amplo programa de actividades organizadas polos departamentos de Lingua e de Acción Cultural.

Eimantas Bendzius, Jugador Estrella Galicia

El jugador del Rio Natura Monbus Obradoiro, Eimantas Bendzius, ha recibido en este fin de temporada el trofeo Jugador Estrella Galicia, que el miembro del Club de Empresas Obradoiro entrega cada año.

A Real Sociedade Española de Química premia o investigador da USC Martín Fañanás

27/5/2016 - A Real Sociedade Española de Química (RSEQ) recoñece o investigador Ramón y Cajal da USC Martín Fañanás cun dos seus premios anuais na categoría de novos investigadores, que recoñece de maneira preferente as traxectorias profesionais apuntando cara o liderado científico na súa área. 

O Millaraío participou no Campionato galego de atletismo

27/5/2016 - O pasado sábado día 22 disputáronse nas pistas de Elviña, na Coruña, os Campionatos Galegos por Equipos nas categorías benjamín, alevín e infantil.

Iogures para fomentar a adopción de cans abandonados

27/5/2016 - A asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade e a granxa Casa Grande de Xanceda emprenden unha campaña con fotografías de exemplares acollidos no refuxio xestionado polo Concello de Ordes

Ata 3 concertos distintos hoxe na axenda

E ademáis económicas acolle unha conferencia do economista Lluís Bonet

O experto en economía da cultura Lluís Bonet imparte unha conferencia en Económicas

26/5/2016 - ‘O valor económico da cultura e o patrimonio’ é o título da conferencia que este hoxe pronunciará en Santiago o profesor da Universidade de Barcelona e consultor da UE e da UNESCO, Lluís Bonet, considerado o maior experto peninsular en Economía da Cultura.

Ames firma con Urbaser os cambios no modelo de prórroga de contrat

26/5/2016 - Ata o de agora  recollíase un prazo de vixencia de 10 anos prorrogables por mutuo acordo. Trala modificación feita o réxime de prórroga será anual ata un máximo de 10 anos. Dita modificación foi aprobada por unanimidade no pleno ordinario de marzo e afecta ao servizo de limpeza e ao mantemento do Punto Limpo.

O BNG de A Estrada pide ao equipo de goberno novos aparcamentos

26/5/2016 - Para os nacionalistas os aparcadoiros públicos non poden depender da boa vontade dalgúns veciños e veciñas

O Magín Blanco e Uxía cántanlle a Manuel María este venres en Bertamiráns

26/5/2016 - O espectáculo músico-teatral baseado no conto “Canta ao cuco” comezará ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns

O BNG de Teo traslada ao Pleno as reivindicacións da Plataforma de Emigrantes Retornados

26/5/2016 - Require o apoio do Concello de Teo ás persoas afectadas polas reclamacións da Axencia Estatal Tributaria sobre as pensións percibidas no estranxeiro

Dimite a Xunta Directiva de Cidadáns Ames

26/5/2016 - Faino pola falta de respecto a democracia interna do partido ao non respectar as primarias

Lalín aumentará as prazas do cemiterio de A Romea

26/5/2016 - Os novos habitáculos serán construídos aproveitando espazos desocupados do camposanto. Os nichos serán executados no próximo ano, mentres que as sepulturas quedarán rematadas no presente. Os traballos permitirán cubrir a práctica totalidade das solicitudes de prazas realizadas dende hai moitos anos e irán parellos a accións de adecentamento do conxunto

Pacto X Ames pide melloras no Polígono do MIlladoiro

26/5/2016 - Pacto x Ames rexistrou unha proposta para que se realicen os traballos de mantemento mínimos e imprescindibles no Polígono Industrial Novo Milladoiro e así, mitigar o grave estado no que se encontra. Na proposta, Pacto X Ames fai un minucioso estudio da situación dos accesos, do estado selvático dos xardíns, das áreas recreativas, sinalizacións rotas e en xeral todo o ornato público.

Teo valorará en pleno a posta ao día da ordenanza de venda ambulante

26/5/2016 - Someterase á consideración da corporación unha recuperación parcial dos incentivos por xubilación de persoal, suspendidos por acordo plenario en agosto de 2015. A sesión tamén avaliará unha moción para dar o apoio expreso á plataforma de vítimas do Alvia 04155 e outra de apoio ás persoas que perciben pensións de estados estranxeiros.

Ames presenta o seu primeiro campus de baloncesto

26/5/2016 - Está organizado polo Club Basquet Ames e mailo Club Baloncesto Rosalía de Castro, conta coa colaboración do Concello e se desenvolverá do 27 xuño ao 1 de xullo

A Gentalha do Pichel homenageia ás mulheres das Irmandades da Fala

26/5/2016 - Foron as precursoras da igualdade política e civil da mulher.

Charlas sobre habilidades e nutrición en Ordes

26/5/2016 - Terán lugar os luns de mañá e van dirixidas a todas as persoas interesadas

Baixan as infraccións penais en Melide

26/5/2016 - A Xunta local de seguridade reuniuse baixo a presidencia do subdelegado do Goberno na Coruña e a alcaldesa. O subdelegado do Goberno informou das últimas actuacións efectuadas no marco do Plan de resposta ao consumo e tráfico comerciante polo miúdo de drogas en locais de lecer

Clases de danza urbana no concello de Ordes

26/5/2016 - Hip hop, baile moderno, funky e break dance son os estilos que os mozos e mozas de 10 a 16 anos xa poden aprender no complexo Iván Raña

Brión dispón, para gastos xerais, de 1,4 millóns de euros

26/5/2016 - O pleno aproba por unanimidade o Plan de Estabilidade Financeira 2016-2017 e o Teito de Gasto para 2016. O resultado orzamentario supera o medio millón de euros.

Tres novas normas UNE de sistemas de calidade traducidas ao galego

26/5/2016 - Aenor recupera así a tradución de normas ao galego que deixara en 2008 grazas ao labor do Servizo de Normalización Lingüística da USC

O Santiago Futsal pasou polo cárcere

25/5/2016 - O equipo visitou o Centro Penal de Teixeiro e xogou un amigable contra unha selección de xogadores do centro

Encontros entre a biotecnoloxía e a agroalimentación no IV BioSpeed Dating

26/5/2016 - O Clúster Tecnolóxico Empresarial dás Ciencias dá Vida e a Axencia Galega de Innovación organizan hoxe xoves 26 de maio, en colaboración co Clúster Agroalimentario Galego, encontros "one to one" para que as empresas de ambos os sectores "poidan atopar a súa media laranxa"

Cine rural e marketing en pemes, dúas das citas da axenda de hoxe

Seguen as Cañas coa Ciencia e Ames programa unha sobre saúde e nutrición

Charla sobre nutrición no concello de Ames

25/5/2016 - Terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro entre as 19:00 e as 21:00 horas e está enfocado a país de segundo da ESO

A Cámara de Comercio acolle unha xornada sobre a estratexia de marketing das PEMES

25/5/2016 - A xornada realizase en colaboración coa Asociación Galega de Marketing (Markea) e SER Empresarios, unha xornada formativa gratuíta titulada “Unha visión do plan de marketing para pemes”. Celebrarase no salón de actos da Cámara de Comercio entre as 18:00 e as 21:00 horas de hoxe mércores.

Novo concerto da "Escola na cidade"

25/5/2016 - No paraninfo da Universidade as 20:30 con entrada gratuita ata completar aforo

Carlos Velo volve a Compostela

foto inédita en España de Carlos Velo
(cortesía do Festival Internacional de Cine Carlos Velo)
 na inauguración do Instituto de
 Capacitación Cinematográfica de México,
do que foi fundador e primeiro director
O Museo do Pobo Galego acolle hoxe as 20:00 a presentación do III Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo e unha sesión do Cineclub con materiais inéditos de Carlos Velo

A Granell inaugura mañá "Fluid Solaris" da artista Janice Hathaway

25/5/2016 - Esta exposición, comisariada por Natalia Fernández Segarra, directora da Fundación Eugenio Granell, mostra unha selección de colaxes dixitais onde a artista da prioridade ó sentido do espazo, á composición e á beleza. inaugurase as 20:00 e estará aberta ata o 10 de xullo.

Obras Públicas presenta o musical ‘Bye Bye Honey’ este venres no Principal

25/5/2016 - Protagonizado por Iolanda Muíños, César Goldi e Carlos Mosquera Mos; cos músicos Ramón Orencio, Chechu Mosquera e Fran Facal; e con texto e dirección de Jose Prieto 

Alcalde e concelleiro de Obras de Ames visitan os parques infantís que se están acondicionando

O Concello está desenvolvendo un plan de revisión e mellora dos parques infantís municipais. Esta semana rematarán os traballos que están realizando nos parques infantís de Augapesada, na parroquia de Ames, e de Estivada de Castelao, no Milladoiro

Vedra pecha o 2015 con 51,000 euros de déficit

25/5/2016 - O BNG-Asembleas Abertas culpan do desequilibrio orzamentario ás obras electoralistas do goberno neste período

O alcalde Padrón pensa que os veciños non están preparados para reciclar

25/5/2016 - A comisión informativa rexeitou unha moción de Veciños de Padrón que pedía a licitación do servizo de recollida de inmediato. A moción trataba de potenciar ademáis a reciclaxe doméstica.

Ames organiza unha andaina pola ruta do río Tambre para este sábado 28 de maio

25/5/2016 - As inscricións para participar na andaina desta fin de semana pódese realizar chamando ao número 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal

Xardín Desordenado presenta nas Crechas o seu segundo disco, ‘Aprendendo a ladrar’

25/5/2016 - O disco recolle pezas de 17 poetas galegos. A cita mañá xoves as 9 da noite

Lousame e o Fondo Galego poñen en marcha “Tecendo polo Cambio”

25/5/2016 - As clases de calceta impartiranse os luns de xuño no local social de Cruído, onde se fará unha práctica de “Yarn bombing” (elaboración dunha peza conxunta para cubrir mobiliario urbano) e son gratuitos.

Ordes organiza un Showcooking para promover a súa Praza de Abastos

Coincidindo coa campaña 'Quere o teu mercado' este sábado os asistentes poderán aprender novas receitas feitas con produtos do mercado. Tamén se presentará o concurso de tapas 'De bo dente' e farase entrega de material promocional 

A piscina municipal de Sigüeiro abrirá as súas portas a partir do 1 de xuño

25/5/2016 - Os veciños xa poden tramitar a renovación ou adquisición de novos carnés de socio a través da web municipal

Karen Kamensek, directora da Ópera de Hannover, dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia

25/5/2016 - Os músicos tocarán o Adagio para cordas de Samuel Barber, elixida como a obra clásica máis triste da historia. Ademais, a orquestra acompañará ao violonchelista alemán Jens Peter Maintz, que toca un violoncelo de 1696.

Santiago Futsal participa nunha xornada deportiva a favor das persoas refuxiadas

25/5/2016 - O 5 Coruña FS e o Santiago Futsal xogarán un encontro amigable mañá  xoves ás 20.30h no pavillón San Francisco Javier da Coruña

Silleda acolle unha nova edición de "Libros na rúa"

25/5/2016 - A concellería de Educación, xunto con centros e Anpas promove esta actividade educativa e solidaria. A recadación destinarase ao programa municipal Silleda Solidaria. Tamén haberá actividades complementarias coma obradoiros e contacontos

Este xoves Sonia Lebedynski estrea o seu primeiro disco en solitario no Teatro Principal (vídeo)

25/5/2016 - Logo de ser a voz de Fía na Roca, Sonia bota andar o seu proxecto persoal, no que estará acompañada por unha magnífica banda

Preséntase un libro sobre a accesibilidade dos museos

25/5/2016 - O estudo desenvolveuse no Departamento de Historia da Arte da USC e contempla unha proposta para Galicia

O goberno municipal de Ames reúnese co presidente de Feiraco para desenvolver proxectos comúns

25/5/2016 - No encontro falouse do programa europeo Leader, da posibilidade de que esta cooperativa empregue os servizos da ETAP Ames-Brión, de unir o camiño Santiago-Fisterra con Feiraco para que os peregrinos acudan a coñecer esta planta, e de posibles colaboracións culturais aparte da edición do libro do Certame Literario.

Ordes acolleu a III Exhibición de Ximnasia Rítmica

25/5/2016 - O polideportivo Castelao I acolleu esta fin de semana a III Exhibición de Ximnasia Rítmica Concello de Ordes.

Este martes imos de Cañas coa Ciencia ou falamos de dereitos lingüisticos

O Paraninfo da Universidade segue acollendo concertos gratuitos dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais

Novo concerto de alumnos da Escola de Música no Paraninfo

24/5/2016 - A entrada desta actuación é gratuíta ata completar aforo

O Protocolo para Garantía dos Dereitos Lingüísticos preséntase hoxe en Filosofía

24/5/2016 - O Protocolo para Garantía dos Dereitos Lingüísticos presentarase na Facultade de Filosofía, as 17.30 horas no Salón de Actos.

Ames abordará no pleno a modificación do contrato de xestión da limpeza viaria

24/5/2016 - O Concello de Ames celebrou onte, luns 23 de maio, as comisións informativas previas ao pleno ordinario de maio. Outros asuntos tratados foi a adhesión do Concello de Ames á estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde e maila aprobación inicial da modificación do regulamento de utilización das instalacións deportivas da piscina municipal cuberta de Ames

O BNG de A Estrada demanda rotulacións en galego

24/5/2016 - Insta ao goberno do PP a rotular en galego as cabinas de control semafórico instaladas na Baiuca

O Consorcio destinará este ano 100.000 euros para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica

24/5/2016 - Incidirase nas obras destinadas a mellorar a accesibilidade, reducir o consumo enerxético e mellorar a imaxe exterior. Tamén se primará a apertura de novos locais actualmente sen uso.

Pacto X Ames reclama que AUDASA sinalice o Milladoiro na autoestrada AP9

24/5/2016 - Pacto X Ames, ante a pasividade do goberno tripartito, acudiu á Valedora do Pobo para pedir amparo ante as continuas negativas dun ente privado, apoiado dende un ente público, que o único que pretende é aforrar custes incumprindo a norma sobre sinalización que figura no BOE Nº 83 de 5 de abril de 2014, sen descartar máis accións.