Santiago - cortes de tráfico este luns e martes

Corte de tráfico na Costa do Veedor
Con motivo das obras de reparación da calzada na rúa Costa do Veedor, esta quedará cortada ao tráfico en dúas fases: a primeira, os días 7 e 8 de xaneiro, e a segunda, tamén durante dous días, dos que se informará proximamente. Permitirase o acceso aos residentes.
Corte de tráfico na rúa de Vista Alegre
Con motivo das obras de canalización para unha liña de media tensión destinada ao Museo de Historia Natural Luís Iglesias, a rúa de Vista Alegre (entre as rúas Salvadas e Pelamios) permanecerá cortada a partir do luns 7 de xaneiro e por un período dun mes. Permitirase o acceso en todo momento aos residentes.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Ningún comentario: