A axenda segue marcada polas actividades das Festas da Ascension este sábado

Oroso recibe a hosteleiros de Gois en Portugal

Hostaleiros de Portugal visitan a Festa da Troita de Oroso

Durante o domingo degustaranse en Sigüeiro uns 3.500 quilos de troita na Alameda de Góis e nos 39 establecementos adheridos 

Soleá Morente e a Festa dos Maiores, grandes atractivos do sábado da Ascensión

O día comeza coa saída da andaina dos 50 kilómetros

O goberno municipal de Ames actualiza o Rexistro Municipal de Asociacións

Na actualidade este rexistro conta con 136 asociacións inscritas (65 entidades de carácter artístico-educativo, cultural ou veciñal; 58 asociacións deportivas; 4 entidades de carácter comercial-empresarial; e 9 ANPAS)

O alcalde de Vedra esixe solucións aos continuos cortes de luz

Durante os pasados días 4 e 5 de maio sucedéronse continuados e incomprensibles cortes no subministro eléctrico en varias parroquias do concello de Vedra, que afectaron a unha boa parte da veciñanza. 

Alumnos do Pintor Colmeiro presentan ó Concello de Silleda a súa proposta de estudio de mercado

Esta colaboración xa viñera acordada nunha primeira reunión no mes de febreiro. O obxectivo do estudio é o de buscar solucións aos puntos débiles do comercio da vila

Este luns Poesía e Parrafeo na Zona C de Compostela

Luz Pichel, protagonista do próximo encontro na Zona “C” con ‘Poesía e Parrafeo’ 

Touro traballa na senda peonil cara a o empalme de Vilar

Avía está incluída no plan de sendas de Galicia

Lalín presentou o Trail de Vilatuxe 2016 (inclúe audio)

A cita será o 4 de xuño a partir das 9 da mañá e espérase unha duracion de 6 horas de carreira

O profesor da USC Juan Blanco, elixido presidente da European Federation of Periodontology

A organización agrupa a 29 sociedades científicas europeas

Santiago Futsal, Do parqué ao céspede

Plantel e corpo técnico do primeiro equipo xogaron un partido de fútbol 7 no campo das Cancelas. Tras a sesión de ioga do mércores e o partido de onte, a vindeira semana seguirán realizando diversas actividades de final de tempada

A Fundación USC Deportiva cumpre dous anos

Organizou 28 cursos e xornadas de temática diversas, fotografía de natureza, iniciación á autodefensa, obradoiros de relaxación ou control e manexo de GPS son algunhas das propostas

Na axenda de hoxe engádese, aos actos da Ascensión en Compostela, a XX Festa da Troita en Oroso

A parroquia de Vilamaior en Ordes esta hoxe e mañá tamén de festa

Durante 3 semanas abre en Área Central Pop-Up Shop Primavera

En esta iniciativa comercial efímera participan firmas de moda,
complementos, bisutería ou artesanía,

Nacen Compostela Art e Compostela Eco co obxectivo de asentarse como feiras estables

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou, acompañada do presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández, e do seu secretario, Delmiro Prieto, as feiras Compostela Art e Compostela Eco, que se celebran ata o 8 de maio na praza Roxa e na Carreira do Conde.

Hoxe comeza a XX Festa da Troita en Oroso

Nos actos do día atopamos a inauguración dunha mostra de artistas galegos e lusos e a actuación de París de Noia e Cinema

Hoxe preséntase na Feira do Libro de Compostela de Canta o cuco, de Uxía e Magín Blanco

Uxía e Magín Blanco presentan hoxe o libro-disco ilustrado polo artista Leandro Lamas

Veciños de Padrón presenta unha moción para o tratamento e recollida dos residuos

A proposta debaterase no pleno do vindeiro xoves 26 de maio se previamente consegue pasar o trámite da Comisión Informativa. 

O Psoe de Ordes pide que o plan ambiental da Deputación serva para xerar emprego

O plan, que será aprobado nas próximas semanas pola entidade provincial, dotará a Ordes con case 50.000 euros 

A estación fitopatolóxica de Areeiro alerta dunha praga de eirugas que devora os sebes de buxo

Os técnicos teñen detectado xa a presenza da bolboreta en moitos xardíns públicos e privados da zona Sur e aconsellan aplicar insecticidas de orixe natural


Oferta cultural para nenos en Silleda

O Concello de Silleda promove distintas actividades dirixidas aos máis pequenos para este “Mes das Letras”

Arzúa réndelle homenaxe ás Letras Galegas con música, danza e literatura

Arzúa celebrará este mes de maio cunha programación especial para conmemorar o Mes das Letras; o Departamento de Cultura será o encargado de diseñar unha programa de actividades destinado a todos os públicos. 

Brión celebra o Día das Letras Galegas coa maioría dos actos pensados para os nenos

A gran novidade deste ano é o organización dunha actividade de teatro para bebés, que terá lugar o venres 27 de maio no Polivalente

Seminarios de Preformación Laboral en Silleda

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Silleda promove estas charlas que, repartidas en tres bloques, se impartirán ata o próximo mes de xullo 

Vilamaior celebra esta fin de semana as festas da Ascensión

Hoxe venres os mozos e mozas serán os protagonistas no Día da Xuventude

'Xente miúda, moita fartura' mañá sábado na casa da cultura de Ordes

Trátase do novo traballo discográifco de Pablo Díaz

O día grande da Ascensión marca hoxe a axenda

A feira de Amio e o folk principáis citas do día

O cuarteto La Pampa ofrece un concerto en Santiago

Será maña venres ás 20.00 h na Igrexa de san Domingos de Bonaval e enmárcase dentro do III Ciclo de Música de Cámara das Cidades Patrimonio

Ames renova as tarxetas de aparcamento para persoas con diversidade funcional

As tarxetas iranse renovando por anos, aínda que os usuarios pódense achegar ás dependencias de Servizos Sociais, tanto do Milladoiro como de Bertamiráns, para asinar o documento de cesión de datos e así proceder a renovación da súas tarxeta de xeito máis rápido e áxil

Os socialistas esixen á Xunta que cubra a baixa da pediatra de O Pino

Demandan ademais que o municipio conte con servizo todos os días 

O Punto Limpo de Frades abrirá de maneira experimental dous días por semana

O pleno municipal aproba por unanimidade o regulamento de funcionamento, que tamén dará servizo ao municipio de Mesía. Un acordo co Concello de Ordes permitirá que a agrupación de Protección Civil preste asistencia en eventos en Frades 

Delrevés Danza Vertical, presenta ‘Uno’ en Compostela no circuíto estatal Danza a Escena

Será ás 19.00 h de este venres na Praza da Peixería Vella, con entrada libre
O circuíto impulsado polo INAEM e La Red Española de Teatros recala este ano por vez primeira en Santiago de Compostela

O XII Encontro de Morfólogos desenvólvese este venres en Filoloxía

4 de maio de 2016. Investigadores do campo da morfoloxía reúnense este venres 6 en Filoloxía no seu décimo segundo encontro para analizar nesta ocasión as zonas de solapamento entre os diversos procesos morfolóxicos. 

Silleda e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaiu agradecen a participación no IV Mes de Apoio ao Pobo Saharaui

Nas actuacións celebradas recadáronse un total de 1.373,00 euros, que se destinarán ao programa Vacacións en Paz

O Torneo ‘Cidade do Futsal’ aprázase para o 14 e 15 de Maio

Con motivo das previsións de choiva para este fin de semana, o club vese obrigado a pospoñer o torneo unha semana
O torneo disputarase no Recinto Feiral de Amio tendo a posibilidade de xogar tanto en interior como no exterior do recinto

O Consello de Goberno da USC aproba a creación de 43 prazas de profesorado este ano

O Consello de Goberno da USC aprobou este mércores a convocatoria de 43 prazas de Persoal Docente Investigador para este ano 2016, segundo o acordado na Mesa de Negociación Sindical do PDI nunha proposta orientada á estabilización de distintos colectivos. 

A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes celebra a súa comida anual

Terá lugar este domingo no restaurante Barreiro e incluirá baile

I Cluster Tenolóxico Empresarial das Ciencias da Vida

 Las empresas biotech de Galicia conocen las oportunidades de trabajar en red y las opciones de abrir nuevas vías de negocio en terceros países Bioga y la Axencia Galega de Innovación organizan en Santiago una jornada sobre cómo acompañar a las firmas bio en su experiencia en mercados exteriores 

O presidente da FEGAMP realiza unha visita institucional ao Concello de Ames

O presidente da Federación galega de municipios e provincias e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García Rodríguez, realizou unha visita institucional ao Concello de Ames e asinou no libro de honra do Concello

Santiago dibuxada e a gala dos Conservatorios de Galicia na axenda do día

No Auditorio continúa tamén o ciclo de piano Ángel Brage

A concellaría de Acción Cultural colabora co Maio Lírico 2016

Dentro do ciclo celebran a IV Gala Lírica dos Conservatorios de Galicia; un concerto da Banda Municipal de Música con soprano e a primeira ópera da asociación coa colaboración da ESMAE de Oporto, para conmemorar o Día Europeo da Ópera

Presentación da Historia de Santiago dibuxada

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar unha nova edición actualizada e revisada de “Los orígenes de Compostela. Una historia dibujada” do arquitecto Arturo Franco Taboada.

Javier Otero, primeiro galego que ofrece un concerto no ciclo de piano Ángel Brage

O pianista, profesor do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, pecha esta edición do ciclo Ángel Brage que trae aos mellores pianistas do mundo ao Auditorio de Galicia. A cita hoxe as 21:00 horas no Auditorio de Galicia

Charla en Económicas sobre as oportunidades para Galicia no Plan Juncker

A representante da Comisión Europea para España, AnnWestman, explicará hoxe mércores 4 en Ciencias Económicas as oportunidades para Galicia no Plan Juncker de investimentos para Europa.

O alcalde de Ordes reclama “maior lealdade institucional” aos socialistas

Ante as informacións verquidas sobre “a xestión realizada co presidente da Deputación para a cesión de estradas” lémbralles que esa competencia é exclusiva do Goberno Local

A Plataforma ContraMiNAcción califica o incendio de Lousame de "terrorismo ambiental"

Un incendio intencionado arrasou máis de 9 hectáreas do Monte Veciñal en man Común de Froxán, en Lousame, situado sobre unha concesión mineira.

Lalín destinará cen mil euros a programas de emprego

A iniciativa servirá para complementar o plan destinado aos mozos do Concello e no que se investirán outros 35 mil euros

A Mancomunidade de Santiago acorda crear unha comisión de Emerxencias

A primeira delas será unha comisión de Contas, para aprobar as contas deste exercicio, a segunda abordará temas de emerxencias, e a terceira será unha comisión mixta de traballo para dotar de contido a este órgano

Almudena Villegas, premio Nacional de gastronomía será Embaixadora do Melindre

Almudena Villegas é Presidenta de GarumGourmen consultores gastronómicos, profesora da Escola de Ribamar en Sevilla, colaboradora de diversas publicacións que teñen que ver co mundo gastronómico e escritora. 

Ames celebra este domingo o X Día da bici

O percorrido, de 8 quilómetros, realizarase polas rúas de Bertamiráns. Trátase dun circuíto que a maior parte discorre polo núcleo urbano, aínda que tamén se pasará polas zonas rurais do Pedregal, Sisalde e de Covas

A Gentalha do Pichel celebra a festa da Lingua

Desde a quinta 12 até a terça 17 em Compostela, vários colectivos (AGAL, CSA Casa do Peixe, CSO Escárnio e Maldizer, Central Folque e Semente) colaboram na organizaçom da celebraçom da festa da língua que desde hai 11 anos organiza em compostela a AC a Gentalha do Pichel.

Sede electrónica para a Mancomunidade de Ordes

Solicita da Deputación a súa creación, así como a xestión e administración para maior facilidade e rapidez na prestación de servizos

Silleda expón o padrón de taxas de recollida de lixo

Tamén se pasarán ó cobro en período voluntario dos recibos correspondentes ao segundo semestre do ano

Último mes para revisar o PXOM de Ordes

O Plan Xeral de Ordes, aprobado inicialmente o pasado 16 de marzo, permanece en exposición pública nas dependencias municipais. Unha fase de información aberta á cidadanía que forma parte do proceso de consultas e presentación de alegacións que continuará vixente ata o vindeiro 30 de maio.

O PP denuncia o “desmantelamento” do proxecto cultural de Santiago (inclúe audio)

Agustín Hernández denuncia ataques continuos do goberno local a institucións da nosa cidade, como a Banda Municipal de Música, e a eventos consolidados, como a Feira do Libro

A Asociación Europea de Televisións Rexionais gaña o XX Premio Internacional Grupo Compostela–Xunta de Galicia

O premio en metálico destinarase ao Centro da Xuventude Europea para un campamento de verán de paz con mozos europeos e refuxiados

Silleda homenaxea as Letras Galegas no balcón da Casa de Cultura

Tal e como se deu a coñecer na rolda de prensa onde se presentou a programación cultural do Concello de Silleda para este mes de maio, onte tivo lugar a primeira das actuacións,

A axenda do día sorprendenos cun documental sobre o mercadillo de Salgueiriños

A xornada complétase cunha charla sobre investigación científica na Cámara de Comercio

Hoxe sae á venda o primeiro disco en solitario de Sonia Lebedynski ‘Deserto de centos’

O novo disco estará nas tendas desde hoxe e realizará unha première e festa-presentación o domingo 8 de maio en Boiro (Miramar ás 19 horas). O primeiro concerto terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 26 de maio.

O Teatro Principal acolle a estrea do documental "Sons do Mercado", sobre o mercadiño de Salgueiriños

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou a estrea do documental Sons do Mercado, sobre o mercado de Salgueiriños, que terá lugar hoxe ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Marta Lois estivo acompañada do director da película, Marcos Nine, e do autor da banda sonora, Alejandro Vargas.

Ames propón aos xoves facer rafting no Ulla

Durante a actividade, os asistentes realizarán un tramo de sete quilómetros comprendidos entre Ponte de Barcala e o Mosteiro dos Franciscanos de Herbón, en Carcacía (Padrón)

A Festa da Troita de Oroso márcase o obxectivo de chegar aos 30.000 visitantes

Durante o domingo degustaranse en Sigüeiro uns 3.500 quilos de troita na Alameda de Góis e nos 39 establecementos adheridos 

Silleda presenta o Mes das Letras con máis de 20 actividades culturais

O acto de presentación acudiron, ademais do alcalde, Manuel Cuíña, e a concelleira de cultura, María José Fernández, membros das distintas asociacións culturais do concello

O Concello de Ames abre o prazo de inscrición para o Xuño Lúdico

Trátase dun servizo destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria que se desenvolverá durante os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño, de 7:30 a 16:00 horas, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro

Silleda e Teo abren a inscrición para os campamentos de verán

os nenos poderán optar por lugares como Cangas, Oleiros ou Os Peares

Aberta a inscrición no curso gratuíto coMprende, dirixido a mulleres universitarias emprendedoras

Coa fin de mellorar a ratio de intención e participación da muller na actividade emprendedora,a Universidade de Santiago organiza para mediados deste mes o programa formativo gratuíto ‘coMprende. Competencias necesarias para o Emprendemento das Mulleres. A inscrición remata o 16 de maio.

Monólogos a bordo do Teatro Bus

A cita o sete de maio en Compostela

Pousadas Experience, la nueva revista nupcial de Pousadas de Compostela

Pousadas de Compostela, miembro del Club de Empresas Obradoiro Gaiás, ha estrenado recientemente revista nupcial: "Pousadas Experience". 

Amplíase ata o xoves o prazo de inscrición na III Carreira Pedestre Popular de Frades

A proba disputarase durante a tarde do vindeiro sábado, 7 de maio
As inscricións, gratuíta para escolares e 5 € para o resto de categorías, poden realizarse a través da web www.emesports.es

O mes de maio, o mes de Manuel María en Compostela

A concelleira de Acción Cultural Branca Novoneyra, presentou as actividades de todo o mes e o folleto de programación que as recolle

Gran acollidada primera edición de "Libreteo"

Ao evento, que tivo unha duración de 12 horas, asistiron case 150 persoas

Charlas, música e cine para comezar a semana da Ascensión

A fundación Araguaney comeza un ciclo de cine, que durará todo o mes, cunha pelicula libanesa

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas proyecta la primera película de su ciclo Mayo de Cine, “Caramel”

Se podrá ver de forma gratuita a partir de las 20:00 horas en el salón Rahid del hotel Eurostars Araguaney de Santiago

Os Luns do Ateneo terán como protragonistas as ondas gravitacionais


Hoxe luns 2 de maio ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada “Ondas Gravitacionais: astronomía cos ollos pechados”, que estará impartida por D. Javier Mas Solé, Profesor Titular da USC.

O Mallorca Saxophone Ensemble no Teatro Principal

A cita hoxe luns as 20:30 horas

Publícase a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música de Santiago

Abrese a preinscrición para novo alumnado que estará aberto ata o 20 de maio.

O catedrático de Química e director do CIQUS, José Luis Mascareñas, falará na Cámara de Santiago sobre investigación científica

A conferencia celebrarase mañá martes, 3 de maio, ás 20:00 horas

Rafa Durán será o pregoeiro da XXV edición da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional

María Belén Baños será quen complete o cartaz, xornalista da Televisión de Galicia de ascendencia melidá exercerá de maestra de ceremonias e condutora do acto de presentación dos embaixadores na Praza de Convento da vila

Representación ordense no campionato de España sub 21 e cadete de taekwondo

El taekwondo ordense estuvo presente el sábado en el cpto de España cadete/sub 21 2016 en la ciudad de Valencia.

Máis de 550 corredores na pedestre de Oroso

Saída da proba de cativos
Amador Pena Torreira e Elena Matalobos Redondo gañan a IV Carreira Pedestre Concello de Oroso

Aforo completo na VI Exhibición de Patinaxe Artística Concello de Ordes

Na convocatoria deste ano participaron máis de 300 deportistas, tanto de clubes e escolas locais como doutros puntos de fóra do municipio

Xornadas sobre seguridade viaria en Down Compostela, CEE López Navalón e Aspas


Fomentar a autonomía viaria das persoas con discapacidade, facilitar a súa integración e, sobre todo, favorecer a súa seguridade, son os obxectivos dos programas de educación viaria da Policía Local dirixidos a estes colectivos.

Ordes celebrou a súa xuntanza de maiores

Máis de 830 comensais participaron do encontro celebrado no Campo da Feira