Axenda e tempo do sábado 18 de xullo - Festas, música, teatro, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no Gaias - Crudo Pimento

Amnes - Praia fluvial de Tapia - Os 7 mágníficos + 1

Santiago - Festas do Apóstolo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

Santiago - Programa de Festas sábado 18

Tras o pregón da compostelá Vero Boquete na noite do venres, o sábado metémonos xa de cheo nas festas do Apóstolo cun programa cargado de actividades variadas. Ás 17.00 h comeza o Torneo de Chave na Alameda e celebraremos a Xornada de Folclore Galego a partir das 21.00 h na praza da Quintana. Ademais, durante todo o día desenvólvese o programa Artellando: desde as 12.30 h da mañá teremos Artellando nos barrios; a partir das 21.30h artellaremos nos Currunchos e pechamos a xornada ás 23.00h con Artellando no Solpor da man de Alba María na Praza do Toural. Todas as actividades de balde.
Alba María

Ás 17.00 h xogarase na Alameda, no Paseo da Ferradura, o XXXVII Torneo de Chave Festas do Apóstolo. A Asociación de Xogadores de Chave de Santiago, en colaboración co Departamento de Deportes, organiza esta nova edición dun torneo, convertido xa nun clásico das Festas do Apóstolo e do calendario deste xogo tradicional galego.

A Xornada de Folclore Galego xuntará a partir das 21.00 h os grupos tradicionais máis recoñecidos da cidade. Será na Praza da Quintana onde poderemos cantar e bailar da man de Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia, nunha actividade patrocinada polo Centro Comercial As Cancelas.

Artellando
Máis de 130 artistas galegos e de carácter internacional, música, danza, teatro, circo, monicreques, poesía,…, espectáculos para público adulto e para público infantil e familiar, e en máis de vinte localizacións distintas de toda a cidade e o rural de Santiago de Compostela. Así será ‘Artellando, As Festas en Movemento’, unha programación específica dentro das Festas do Apóstolo 2015 que arrinca mañá sábado 18 de xullo e que se prolongará até o xoves día 23. Coa implicación do sector cultural que reside no concello de Santiago e a través dunha rede colaborativa cos centros socioculturais e coas empresas, Artellando fará posible este ano que o Apóstolo2015 non se celebre só no casco histórico da cidade, senón en todo o municipio, constituíndo unha das principais novidades na forma de facer as Festas deste ano.
Dulce Duca

Artellando arrincará hoxe sábado, con varios espectáculos infantís de teatro e contacontos (‘A historia de Brancaflor’, de Os Sete magníficos máis un, ás 12:30 horas na praza de Área Central, en Fontiñas; e ‘Pan e auga? Sopas!’, de Chus de Xandobela, ás 12:30 horas na Praza Marcial Villarmor Varela, en Sar). 

Xa para as 13:00 horas hai programada unha Sesión Vermú. E é que grazas a Artellando as Festas do Apóstolo 2015 recuperarán a tradición galega de amenizar os mediodías. A Magnifique Bande dos homes sen medo estará coa súa música paseando pola Praza de Cervantes, Praza de Abastos e Praza da Peixería Vella, facendo gozar a toda a xente que pasee pola rúa ou estea nas terrazas desas zonas.

En horario de tarde, o espectáculo infantil será non Parque da Trisca (ás 19:00 horas, con ‘Burromaquia’, de Inacio Vilariño).

E dentro de Artellando nos Recunchos, xa á noitiña, a artista portuguesa Dulce Duca abraiará a máis dunha persoa co seu espectáculo de malabares sen mans, danza e linguaxe corporal, nunha proposta de recoñecido talento internacional e moi innovadora. Será ás 21:30 horas na Praza de San Martiño Pinario.

Artellando na Noite pechará a programación organizada para mañá sábado coa actuación musical de Alba María que, a pesar de vivir e estudar en Santiago, esta será a primeira vez na que ofreza un concerto na cidade. Alba María, de xira por toda Galicia e o exterior na actualidade, está considerada como unha das voces galegas máis novas a día de hoxe.

Despois deste sábado de arrinque, Artellando continuará coa súa programación durante todo o día e a noite polos barrios, prazas, recunchos e parques da cidade o domingo e até o xoves 23 de xullo. A Gala de Circo CirCompostela, programada para o mércores 22 en Belvís pola noite e destinada ao público adulto e familiar; e o festival infantil Romaría Cativa, programada para o xoves 23 toda a tarde en Bonaval, serán dous dos pratos fortes desta nova maneira de facer as Festas en Compostela.

Santiago - Pregón vero Boquete

Un extracto do pregón de Vero Boquete que abriu as Festas do Apóstolo 2015 e o texto completo



PREGÓN DA FESTAS DO APÓSTOLO 2015
VERÓNICA BOQUETE
Picheleiros, veciños, amigos, turistas e peregrinos, MOI BOAS NOITES  e benvidos á vosacidade, á vosapraza, á máis emblemática e na que ano tras ano millóns de persoaspoñen punto e final aoseucamiño.
Aíndalleestou dando voltas ao porqué de estar aquí hoxe, eu non soñeico 95% das cousas que me aconteceron na vida e sendúbida esta é outramáis. Non creo que teña méritos suficientes para merecer estar pero o que si vos podo asegurar é que sintoestacidade tan dentro de min como a sentides todo vós, porque eu son unhamáis, de Amio, de Outeiro, de Belvís, das Fontiñas…de Compostela.
Esta sensación de ledicia é impagablee teño que agradecerlla a quenconfiou e me deu a oportunidade e taméncompartila con todos vós, porque o facedesmáis especial.
Estar aquí impresiona, e claro que é pola Catedral, pero tamén por todos vós, grazas por estar aquí hoxe e por deixarmeroubarvosunsminutiños antes de que empecedes a disfrutar das vosasfestas.
Cando era pequena correteaba por estas rúas, saltaba en todos os charcos posibles coas miñas katiuskas, ía á praza de Abastos coa miñaavoa, dáballe de comer aos patos da Alameda, pasaba a comprar un xeado dos carriños, pedía que me contasen unha vez máis a historia das Dúas en punto…todos estes e moitos puntos máissabémolos todos os que nacemos en Compostela ou os que se sinten adoptados por esta cidade especial, unhacidade con maxia.
Todos estesrecordos fan que estar aquí hoxesexa un dos mellores momentos da miña vida e a partir de hoxe é un título que porei orgullosa no meu currículo.
Ser pregoeira é un privilexio, pero nacer ou vivir nestacidadetamén o é. A calidade de vida e a grandeza da nosaxentedeberíase, e espero que así sexa, valorar sempre, pero cando te ves obrigado a marchar, cando coñeces mundo e te cansas de visitar países e cidades, non che queda ningunhadúbida de que o que queres é volver.
Todos vóstedesunharesponsabilidade, a de transmitir os nosos valores, costumes, rutinas, a de conservar a nosa forma de ser e de entender a vida, a de levar Santiago polomundo con orgullo, como fixeronmoitos antes e outros fan agora. A eses, aos que tedes que pasar meses ou anos lonxe da terra, ánimo e GRAZAS. Grazas por ser valientes, por manter o noso carácter, demostrar a nosa raza e sobretodo, por ser os nososmelloresembaixadores.

Temos que ser conscientes de que debemos coidar Galicia, a nosalingua, as nosaspaisaxes, a nosa gastronomía, innovar e evolucionar pero mantendo a esencia, sabendosempre de donde vimos, cal foi o camiñopercorrido e saber que, como no fútbol ou no deporte en xeral, só os pobos comprometidos, solidarios e respetuosos con todos e con todo conseguen perdurar fortes. Taméntemos que conservar tradicións e promocionar a cultura, facer que os nosos cativos se eduquen e nunca perdan os principios, que nondeixen de ter bosrecordos e as Festas do Apóstolo deberían formar parte deles.
Os concertos, as atraccións na Alameda, as orquestras, os fogos de artificio, a xente na rúa, os viños da zona vella…todo iso forma parte dunhacidade en festas e a partir de hoxe SANTIAGO ESTÁ EN FESTAS!!! E EU ANÍMOVOS A QUE AS DISFRUTEDES, a que sexades partícipes e a que, máis que nunca, as fagamosnosas.
Eu non podo disfrutar delas como me gustaría, en dous días marcho para Alemaña, Múnich e o Bayern agárdanme con moitosobxectivos e eulevarei como sempre a maleta chea de soños e de morriña. Eso e o recordodeste día serán os que me empuxen ata que volte a casa polo Nadal.
Sempre se dixo eso de que ninguén é profeta na súaterra, e eu profeta non serei, pero si podo presumir de sentir o apoio incondicional, un inmenso cariño e o respecto absoluto da miñacidade, da miñaxente, e isofai que cada día teña máis ganas de representar ámiñaterra en calquera parte do planeta. Xa son moitos en USA, Rusia, Suecia, Alemaña….os que saben que Galicia é un rinconciño do mundo onde o pulpo é sagrado, os seus nativos acollen a calquera e, como di un amigo, Santiago, ademais da capital, é a aldea máis grande e cosmopolita do mundo!!!!
Sentídevos orgullosos, como o facía Zapatones, porque esto é o que somos e esta é a nosacidade.

E agora sí, GRACIÑAS, TODO O MELLOR, E QUE EMPECEN AS FESTAS DO APÓSTOLO 2015!!!!!!

Ames - Visita o cemiterio municipal

Onte o alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, Blas García, acompañados do técnico que redactou o cemiterio municipal, visitaron esta infraestrutura municipal que está pendente de poñer en marcha dende o ano 2011. O goberno municipal está estudando varias vías de financiamento, a través de diversas Administración públicas como poden ser a Deputación da Coruña ou a Xunta de Galicia, para abrir unha primeira fase desta instalación. Ademais, están vendo a posibilidade de construír un tanatorio ao carón do propio cemiterio. 

O obxectivo desta visita era ver de primeira man o estado de abandono no que se atopa o cemiterio municipal no que durante os últimos anos non se realizou ningún tipo de actuación nin tipo acondicionamento algún. Debido a iso, dende o goberno municipal pretende poñer en marcha esta infraestrutura que quedou “totalmente abandonada dende o momento no que finalizaron as obras”. Para iso, vanse a estudar varias vías de financiamento a través de diversas Administración públicas como poden ser a Deputación da Coruña ou a Xunta de Galicia. 

Segundo explica o alcalde de Ames, José Miñones, “vamos a estudar o opción de abrir unha primeira fase do cemiterio municipal, pero antes hai que realizar un acondicionamento practicamente íntegro das instalacións desta instalación”. Miñones tamén apunta que “iniciar os trámites encamiñados á apertura dunha primeira fase do cemiterio dos Batáns, baixo xestión municipal, é un dos puntos que se recollen no pacto de investidura asinado entre os grupos políticos da esquerda en Ames, polo que vamos a traballar para que así sexa”. 

Por outra banda, dende o goberno municipal están estudando a posibilidade de construír un tanatorio ao carón do cemiterio municipal. Segundo indica o rexedor municipal “trátase dun infraestrutura moi necesaria para un concello que ten unha poboación de 30.000 habitantes, polo que vamos a buscar o financiamento necesario para poder executala”.

Regulamento do cemiterio municipal
Cómpre lembrar que no pasado pleno ordinario do mes de xaneiro a corporación municipal aprobou por unanimidade o regulamento do cemiterio municipal. Esta instalación está situada nunha parcela de 24.600 metros cadrados no lugar dos Batáns, pertencente á parroquia de Ortoño. O cemiterio conta cun total de 1.976 nichos en panteóns e 55 nichos subterráneos e dispón de varios camiños descendentes que están deseñados coma se fosen rueiros. 

Dentro do recinto cerrado do cemiterio hai unha capela-oratorio, un edificio de servizos, con aseos públicos, o deposito de cadáveres e outro pequeno edificio que alberga un almacén de xardinería, un osario e un espazo no que estaba previsto instalar un forno incinerador de residuos. Todos estes locais están pendentes de acondicionar. 

Ao recinto pechado do cemiterio chegase a través de tres explanadas. Na primeira é onde está previsto que se constrúa no futuro un tanatorio, e as outras dúas están destinadas a aparcadoiros, nas que hai un total de 121 prazas para turismos, 2 prazas dedicadas a parada de bus e catro máis de estacionamento para autobuses.

Teo - Cambio da data da observación astronómica

O Concello de Teo e o observatorio astronómico da USC acordaron cancelar a observación astronómica prevista para este sábado 18 de xullo en Lampai. A nova data prevista para celebrala é o luns 20 se o ceo está despexado, xa que foi a nubosidade precisamente a que obrigou a cambiar a data. No caso de que o luns tampouco se dean as condicións óptimas quedaría para o sábado 25 de xullo. Dende a organización lamentamos as molestias. A actividade, dentro do programa TodoCosmos é gratuíta. 

A observación farase no mirador da Agrela, no monte de Lampai e para participar non hai que anotarse. Só achegarse á zona ó redor das 22:00 horas. 

O Concello de Teo participa por segundo ano na iniciativa TodoCosmos impulsada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC que pretende mellorar a divulgación astronómica entre a sociedade. O programa conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Brión - Nova organización do goberno

O Concello de Brión celebrou esta mañá o seu pleno de organización no que o alcalde, José Luís García, anunciou unha fonda restruturación do Concello de do Goberno municipal “que vai moito máis aló duns simples nomeamentos e que espero que permita cumprir tres obxectivos fundamentais: mellorar a atención e os servizos que reciben os nosos veciños e veciñas, ter un concello moito máis transparente e facilitar a participación construtiva de todos os grupos municipais na acción de Goberno”.

Así, a nivel de traballadores, García adiantou que xa está traballando en tres camiños: na modificación da Relación de Postos de Traballo, na actualización do convenio colectivo e nun acordo para regularizar as funcións do persoal laboral e funcionario do Concello de Brión. “Nun par de semanas llo presentaremos aos traballadores e despois tamén o daremos a coñecer tanto aos grupos municipais como aos medios de comunicación”, adiantou o alcalde brionés.

Catro áreas de Goberno
E a nivel de Goberno, García adiantou que “pretendemos conformar un novo Goberno que responda ás demandas das veciñas e dos veciños de Brión. Ese é e será sempre o noso obxectivo principal: atender todas as demandas que nos plantexe a veciñanza con plena dedicación e responsabilidade”. Con este fin, o Goberno articularase arredor de catro áreas de actuación, dirixidas ben polo alcalde ou ben pola nova concelleira de Ensino, Cultura e Desenvolvemento Económico, Iolanda Bouzas. As áreas serán: 

- Administración, Economía, Transparencia e Participación Cidadá

- Ordenación do Territorio, Medio Ambiente e Medio Rural

- Política Social

- Benestar e Desenvolvemento Comunitario

As dúas primeiras estarán coordinadas polo alcalde José Luís García e as outras dúas por Iolanda Bouzas. García explicou que “como dixen reiteradamente durante a campaña electoral, teño a sorte de contar cun equipo moi preparado, que aúna experiencia e novas ideas, e todos unidos por un desexo común: traballar arreo polo benestar dos veciños e veciñas de Brión. Esta nova organización do concello en 4 áreas nas que se integrarán as diferentes concellerías permitirá mellorar o funcionamento deste Concello e suporá tamén un aforro para as arcas municipais, algo que tamén nos reclaman dende a veciñanza”.

Neste sentido, José Luís García adiantou que renuncia á súa dedicación exclusiva como alcalde, xa que disporá dunha dedicación na Deputación da Coruña, onde se encargará da área de Promoción Económica e Emprego. García garantiu que “a miña dedicación a Brión seguirá sendo a mesma ca sempre, pero tamén é hora de ir dándolles máis responsabilidades a novas persoas aquí presentes. E estou convencido de que o farán extraordinariamente ben”.

Finalmente, García reiterou o seu convite á participación tanto do PP como do BNG no Goberno do municipio a través das novas Comisións Informativas que se crean en Brión. “Deste xeito conseguiremos unha maior transparencia na nosa xestión e os grupos da oposición terán un maior control da acción de Goberno e, cando menos iso é o que espero, terán tamén a oportunidade de aportar as súas achegas para o mellor desenvolvemento deste Concello”, explicou García.

Desenvolvemento do pleno
Tras a intervención de García, o pleno municipal aprobou todos os puntos da orde do día cos 10 votos a favor de PSOE e PP e coas 2 abstencións do BNG (salvo na delegación de competencias do pleno na Xunta de Goberno Local, que se aprobou por unanimidade). O voceiro do BNG, Xesús Pena Espiña, xustificou todas as abstencións en que era “dar un marxe de confianza” ao novo Goberno xa que “é a súa estrutura do Goberno. Esperamos que sexa eficaz e efectiva ao servizo dos veciños”. Pola súa banda, o voceiro do PP, José David García Arcos, considerou as novas propostas como “un paso adiante que non nos desgusta. Intentaremos exercer non só o labor de control senón tamén achegar cousas para o mellor funcionamento do Concello”. Algo que García agradeceu xa que “calquera idea que propoñan será escoitada e, se estamos de acordo, sairá adiante”.

Así, se acordou manter a mesma periodicidade das sesións ordinarias, que terán lugar os terceiros mércores dos meses pares ás 13:00 horas. Así mesmo, crearanse tres comisións informativas, todas elas presididas polo alcalde José Luís García:

- Administración, Economía, Transparencia e Participación Cidadán, que funcionará tamén como Comisión Especial de Contas. Estará composta por 3 concelleiros do PSOE (Iolanda Bouzas Alfonsín, José Pedro Cambón Fernández e María Guarina Rey Vázquez), 1 membro do PP e outro do BNG.

- Ordenación do territorio, Urbanismo, Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos básicos. Estará composta por 3 concelleiros do PSOE (José Luís Sampedro Bouzas, Francisco Javier Blanco Sánchez e María Rosa Romero Fariña), 1 membro do PP e outro do BNG.

- Política Social e Cultura . Estará composta por 3 concelleiros do PSOE (Iolanda Bouzas Alfonsín, María Guarina Rey Vázquez e María del Carmen Rey Túñez), 1 membro do PP e outro do BNG.

Dedicacións
O alcalde brionés tamén deu conta ao pleno do réxime de dedicacións exclusivas e parciais do Concello e dietas por asistencia a sesións de órganos colexiados. Así, José Luís García anunciou que renuncia á súa dedicación exclusiva (de 42.304 euros) xa que disporá dunha retribución da Deputación da Coruña. Mantéñense a dedicación exclusiva de 23.870 euros para a concelleira de Ensino, Cultura e Desenvolvemento Económico, Iolanda Bouzas; e a dedicación parcial para o concelleiro de Deportes, Música e Actividades Extraescolares, Jesús Quintela. Deste xeito, o custe anual do Goberno de Brión reducirase nun 136%, ao pasar dos 78.092 euros aprobados no 2011 aos 32.970 euros aprobados esta mañá.

As asistencias a plenos e a Xunta de Goberno Local quedan fixadas en 100 euros, mentres que as asistencias a comisións informativas fixáronse en 75 euros (cantidades que non cobrarán os membros con dedicación).

O novo Goberno estará composto por:

- José Luís García, alcalde e con competencias exclusivas en materia de Urbanismo, Facenda, Transparencia e Participación cidadá

- Iolanda Bouzas Alfonsín, primeira tenente de alcalde e concelleira de Ensino, Cultura, Desenvolvemento Económico, Réxime Interior e Persoal.

- José Pedro Cambón Fernández, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Seguridade e Protección Civil.

- José Luís Sampedro Bouzas, terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural e Obras Públicas.

- Francisco Javier Blanco Sánchez, cuarto tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Básicos (abastecemento, iluminación e saneamento).

- María Guarina Rey Vázquez, concelleira de Novas Tecnoloxías e Emprego.

- María del Carmen Rey Túñez, concelleira de Maiores

- María Rosa Romero Fariña, concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade

- Jesús Quintela Vázquez, concelleiro de Deportes, Música e Actividades Extraescolares.

Os catro tenentes de alcalde conformarán con Xosé Luís García a Xunta de Goberno Local, á que hoxe se volveron transferir as mesmas competencias ca na pasada lexislatura co respaldo unánime da corporación municipal. Por último, creáronse os tres grupos municipais da corporación: PSOE, con José Luís García como voceiro; PP, con José David García Arcos como voceiro; e BNG, con Xesús Pena Espiña como voceiro.

No que atinxe ao nomeamento dos representantes nos órganos colexiados, José Luís García representará ao Concello de Brión na Xunta de Goberno da Mancomunidade Serra do Barbanza, na Mancomunidade de Santiago e no Consorcio Galego de Benestar. Pola súa banda, Iolanda Bouzas asumirá a representación do Concello de Brión nos Consellos Escolares do CEIP de Pedrouzos, o IES Brión e as escolas unitarias da Luaña, Bastavales e Os Ánxeles. Así mesmo, o propio José Luís García, Iolanda Bouzas, Xesús Pena Espiña e José David García Arcos asumirán a representación do Concello de Brión na asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza.

Finalmente, a interventora municipal deu conta do informe de morosidade correspondente ao 1º trimestre de 2015, que fixa en 44,23 días o período medio de pago. Unha cifra que baixa ata os 26 días se se contabiliza dende que se aproba a factura ata que se abona. Así mesmo, a Interventora deu conta de que o Concello de Brión cumpre coa Regra de Gasto e co Principio de Estabilidade Orzamentaria, así como que cumpre co Plan de Saneamento.

BNG Estrada - Apoio o sector lácteo

Militantes e simpatizantes do BNG da Estrada, encabezados polo portavoz municipal, Xosé Magariños, apoiaron hoxe a manifestación de gandeiras e gandeiros en Santiago de Compostela convocada pola Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego. O concelleiro nacionalista destacou o éxito da convocatoria "porque o sector lácteo galego está ao borde do colapso por decisións políticas que se toman na Unión Europea, mentres o Goberno da Xunta e o Goberno central calan sendo cómplices destas políticas que están levando á ruína a miles de gandeiras e gandeiros".

"Reiteramos a necesidade de que o alcalde estea á altura", engadiu Magariños, "gandeiras e gandeiros da Estrada así o demandan, e esixímoslles que pelexe polo sector como fan os alcaldes do BNG, que foron os primeiros en pedir respostas políticas fonte a esta crise, que non é só do sector, senón que afecta a moitos outros, pero especialmente ao rural galego".

Segundo explicou Xosé Magariños, "o BNG da Estrada comparte as medidas urxentes do sector, e neste sentido queremos que se garanta a recollida de todo o leite producido a prezos que cubran os custes de produción; tamén, que se clarifiquen os movementos do leite e medidas para compensar os desequilibrios dos mercados, entre outras medidas".

Magariños insta ao PP a mover ficha. "A manifestación de hoxe en Santiago foi un rotundo éxito, agora é o PP o que ten que moverse polo sector lácteo galego", afirmou Magariños, "non podemos deixar que esmoreza un sector tan importante para Galiza, desde o punto de vista económico, pero tamén social, porque a fin de contas tamén estamos a falar de empregos".

Axenda e tempo do venres 17 de xullo - Festas, música, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Atardecer no Gaias - Los Bengala

Santiago - Homenaxe as Marías na Alameda 

Santiago - pregón das Festas do Apostolo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Museo do Pobo Galego - Estalote

Santiago - Fundación Granell - 20 formas de cambiar el mundo (ata decembro)

Santiago - Fonseca Elipsis de Rafael Navarro (ata o 29 de agosto)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)


O Tempo

USC - Hoxe reunión co Nobel de química Richard R. Schrock

A Universidade de Santiago recibe hoxe venres 17 de xullo a visita do Premio Nobel en Química Richard R. Schrock (1945, USA), que actualmente desenvolve a súa labor investigadora no MassachusetsInstituteofTechnology (MIT, USA), un dos centros universitarios de maior prestixio internacional.

A xornada, que durará toda a mañá, comezará ás 9.30 horas cun acto no CiQUS no que numerosos estudantes de Bacharelato procedentes de distintos centros de Galicia poderán coñecer en persoa a este laureado científico, tendo a oportunidade de consultar con el as súas dúbidas e curiosidades sobre o mundo da investigación. Esta reunión rematará cunha sesión de café no propio CiQUS na que os mozos e mozas poderán continuar a súa conversa co profesor Schrock nunha contorna distendida. 

A continuación, o premio Nobeltrasladarase á Aula Magna da Facultade de Química da USC para impartir ás 12.00 horas unha conferencia na que falará sobre o descubrimento, desenvolvemento e aplicacións dos catalizadores de metátese que o levaron á consecución do premio Nobel. 

RichardSchrock 
O Profesor RichardSchrock recibiu o premio da Academia Sueca no ano 2005 polo seu traballo no desenvolvemento do método da metátese na síntese orgánica, que basicamente permite «cambiar átomos de lugares». Para ilustrar este mecanismo de intercambio atómico orientado á composición de novas moléculas, a miúdo emprégase a metáfora dun baile de parellas, no que as persoas que o integran poden mudar de compañeiro en calquera momento. 

O descubrimento do profesorSchrock proporcionou así un novo xeito de unir fragmentos moleculares; un avance que permite obter máis rapidamente e de manieramenos contaminante produtos sintéticos como perfumes, plásticos, fibras, ou, moi especialmente, fármacos.

A concesión do premio Nobel –compartido cos investigadores YvesChauvin e Robert H. Grubbs- foi un recoñecemento a este relevante achado, que abre a porta á construción de calquera tipo de moléculas (mesmo máis aló das existentes na propia natureza), sen máis límite que a propia imaxinación.

Touro - Remata a concentración parcelaria de San Miguel de Vilar

O Acordo de Concentración Parcelaria da Zona de San Miguel de Vilar II, no Concello de Touro, rubricouse esta semana. Remátase así o proceso de concentración que consigue un índice de reducción de 4,81; e dicir, pásase de 2.851 leiras a 593 fincas na actualidade. Esta concentración na parroquia de San Miguel de Vilar afecta a un total de 368 hectáreas e a 326 propietarios. Agora a superficie media das leiras é de 5.869 metros cadrados e antes da concentración a superficie era de 1.291 metros cadrados. Según os datos da Consellería do Medio Rural e do Mar, agora o número medio de leiras por propietario é de 2,03 e antes era de 10,79 fincas.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, valorou con satisfacción o acordo e agradeceu a dilixencia da Administración autonómica para axilizar o proceso neses últimos tempos. De feito dende que o proxecto de concentración parcelaria foi aprobado polo Servizo de Infraestructuras Agrarias da Coruña no mes de febreiro ata o acordo de concentración pasaron seis meses, cando a media de tempo empregado en procesos similares está entre ano e medio e tres anos, según informa a Consellería do Medio Rural e do Mar. Agora, tras o acordo, chegará o amolloamento das fincas, proceso que consiste fundamentalmente en colocar os marcos nas propiedades, e que se fará no outono. Nos primerios meses do próximo ano procederase á toma de posesión das fincas por parte dos seus propietarios.

O perímetro concentrado comprende na súa maior parte monte ainda que tamén algunhas terras adicadas a prado. A parroquia de Vilar linda ao norte coa de Prevediños (Touro), ao sur e ao oeste co Concello de Boqueixón e ao leste coa parroquia de Foxás (Touro).

Santiago - As Festas do Apostolo se descentralizan con Artellando

As Festas do Apóstolo descentralizaranse este ano, celebrándose mais alá do centro histórico da Cidade e recuperando espazos que nos últimos anos non acollían ningún tipo de espectáculo. Inspirándose na organización de festas o máis participativas e abertas posible, a Concellería de Acción Cultural poñerá en marcha por primeira vez ARTELLANDO, unha programación na que participarán máis de 130 artistas e co que se inaugurará en Compostela un novo modelo de festas, máis creativas, inclusivas e para todo tipo de público.
ARTELLANDO desenvolverase dentro da programación das Festas do Apóstolo 2015, entre o sábado 18 de xullo e o xoves día 23 de xullo. Serán seis días nos que tanto barrios da cidade como o rural compostelán acollerán espectáculos musicais, teatrais, contacontos e de circo para todo tipo de público, con programación infantil, familiar adulta, a través da que se reclamará a cultura como espazo de convivencia popular, habitual e de ocio. (Ver cadro anexo con toda a programación por días, lugares e horas).
Pensando en que as festas do Apóstolo deben ser para todas as persoas, ARTELLANDO quere ser a festa das veciñas e veciños do centro de Compostela e tamén dos barrios, da área rural e de toda a xente de fóra que se achegue á cidade, tendo en conta que a cultura das festas é un motor económico importante para o comercio e a hostalería compostelá.
En colaboración co sector cultural da cidade e contando con diferentes entidades e colectivos que traballan neste eido, ARTELLANDO inclúe unha programación dividida en cinco bloques que, ademais, rematará con dúas grandes festas. Así, contémplase o ARTELLANDO NOS BARRIOS, que, desde o día 18 e até o 23, en horario de 12:30 da mañá e 19:00 da tarde levará a Fontiñas, Sar, Parque da Trisca, Nemenzo, Santa Marta, Castiñeiriño, A Gracia, Vite, San Lourenzo, Figueiras, Conxo, Meixón Frío, Brañas de Andrés e Amio os espectáculos teatro-musicais de Os 7 magníficos+1, Chus Caramés, Inacio Vilariño, Peter Punk, Brais das Hortas, Contos Daboapipa e Larraitz Urruzola. E na Praza Roxa, con diferentes propostas para público familiar a cargo de Babaluva, O Bandullo Azul e Raquel Queizás.
ARTELLANDO NOS RECUNCHOS encargarase de que espazos como San Martín Pinario, a Praza Salvador de Madariaga, Recantos de San Andrés, o CGAC, Mazarelos e as Escaleiras do Museo do Pobo tamén acollan programación cultural. Neste caso serán espectáculos para público adulto, ás 21:30 horas, que poderá desfrutar das propostas contemporáneas de Dulce Duca, Guillerme Fernández e Ricardo Barreiro, Karlos Quintá, Ánxela Blanco, Rut Balbís e Cristina Montero ou Vuletos de Rosca como protagonistas.
Xa para as horas máis nocturnas, ARTELLANDO NA NOITE ten previstos varios concertos ás 23:00 horas na céntrica Praza do Toural, con Alba María, Fado Violado, Fetén Fetén Fetén e Marcelo Mercadante.
ARTELLANDO tamén inclúe, a maiores, unha programacion de Sesión Vermú ás 13:00 horas o sábado 18 de xullo, a cargo da Magnifique Bande na zona vella compostelá, e o domingo 19 de xullo con Linho do Cuco.
GALA DE CIRCOMPOSTELA E ROMERÍA CATIVA, OS DOUS GRANDES EVENTOS

O Festival terá como actos centrais dúas grandes festas: Unha será o mércores 22 de xullo: CIRCOMPOSTELA. Trátase da organización dunha gran Gala de Circo na que as entidades compostelanas Culturactiva SCG e Pistacatro unirán as súas forzas para presentar un gran evento de festa no Parque de Belvís ás 22:30 horas. Será un espectáculo de gran formato para todos os públicos coa participación de diversas compañías de clown e circo da cidade e cunha banda de música ao vivo. Acrobacias aéreas, clown e humor, malabares, interacción co público, o encanto da música en directo e unhas mestras de cerimonias moi especiais que como nexo compoñerán esta gala de novo circo de dúas horas de duración. Tratarase de exhibir toda a maxia e a ilusión do circo que se está a facer actualmente na capital galega, a través dunha producción para nenas, nenos, donas e cabaleiros.

A outra gran festa do ARTELLANDO será ao día seguinte, o xoves 23 de xullo, e consistirá na “Romaría Cativa no Parque de Bonaval, que se desenvolverá desde as 16:30 horas até as 21:00 horas. A música de María Fumaça e Mamá Cabra, os espectáculos de circo da Compañía Duelirium, os espectáculos de danza da Compañía Transpediante, un obradoiro de música a cargo de Trópico de Grelos, xogos populares e obradoiros de creación da man de Babaluva farán deste un día moi especial para os máis pequenos da casa e as súas familias.



Sábado 18 xullo
Doming o 19 xullo
Luns 20 xullo
Martes 21 xullo
Mércores 22 xullo
Xoves 23 xullo
Barrios
-Fontiñas (área Central) 12:30h
Os sete magníficos mais un

-Sar ás 12:30h
Chus Caramés

-Parque da trisca 19h Inacio Vilariño

-Nemenzo 12:30h
Peter Punk

-Santa Marta 12:30h
Chus Caramés

-
Castiñeiriñ o 19h Peter Punk
-A Gracia 12:30h
Brais das hortas

-Vite: 12:30h Contos Daboapipa

-San Lourenzo 19h Contos Daboapipa
-Figueiras 12:30h
Os sete magníficos mais un

-Conxo 12:30h
Inacio Vilariño

Meixonfrio 19h
Larraitz Urruzola
-Brañas de Andrés 12:30h
Larraitz Urruzola

-Amio 12:30h
Brais das Hortas
Praza Roxa
19:00h
Praza Roxa

Lume Cía.
Babaluva


19:00h
Praza Roxa A increible Historia de Robinson Crusoe
Cía. O
Bandullo Azul
19:00h
Praza Roxa
O segredo do Tendal
Cía. Raquel Queizás

Recunchos
21:30
Um Belo día Dulce Duca

San Martiño Pinario
21:30h
Viriscro n Guillerm e Fdez Ricardo de Barreiro

Praza Salvador parga
22:30h
/ 23:00h
Jean Vigo A
propósit o de Niza Carlos Quintá

Recantos de San Andrés
21:30h
Olivia necesita verán Ánxela Blanco

Detrás do CGAC
21:30h
SÓ UNHA ESCUSA
Rut Balbís + Cristina Montero

Praza Mazarelos
21:30h
Totum Revolutom Vueltos de Rosca

Escaleiras do Museo do Pobo Galego


Toural
23:00h

Concerto Toural
Alba María
23:00h

Concerto Toural
Fado Violad o
23:00h

Concerto Toural
Fetén Fetén
23:00h

Concerto Toural
Marcelo Mercadan te


Outros
13:00h
Sesión vermú
Magnifiq ue Bande
13:00h
Sesión vermú
Linho do Cuco


22:30h
Parque de Belvís
Gala Circo
CIRCOMPOSTE LA
16:30h
21:00h
Parque de Bonaval
Romarí a cativa