Axenda e tempo do sábado 6 de maio - Teatro, libros, festas, rastros, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Festas da Ascensión 

Ordes - Día das Letras Galegas 

Santiago - Auditorio Abanca - Sofocos Plus 

Brión - Día das Letras Galegas 

Santiago - Área Central - Rastro antigüedades

Ordes - Festas en Vilamaior

Santiago - Feira do libro novo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - USC - Artistas na rúa (ata o 29 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Igrexa da Universidade  En (re)torno a Paisaxe (ata o 31 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Brión - Actividades Día das Letras Galegas

O Concello de Brión inicia hoxe sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, a súa programación especial co gallo da celebración da XXV Feira do Libro de Brión, que inclúe unha ducia de actividades tanto para o público en xerar como para todos os escolares do municipio, en particular. A primeira delas será o tradicional Concerto Literario da Banda Municipal de Música de Brión, que terá lugar hoxe sábado ás 20.00 horas no centro social polivalente. A entrada é libre e de balde.

Posteriormente, ás 21:00 horas, a Carballeira de Santa Minia acollerá unha lectura de textos teatrais de Roberto Vidal Bolaño. Unha actividades que conmemorará que o 16 de maio de 1978 a compañía Teatro Antroido representou a obra “Laudamuco, señor de ningures”, de Roberto Vidal Bolaño. Unha función que é considerada, xunto coa “d'O velorio” de Francisco Taxes, unha das impulsoras dun teatro nacional galego que tentaba ser profesional.

Andaina Terras de Altamira
Paralelamente, e dende as nove da hoxe, os afeccionados ao deporte terán unha cita coa II Andaina Terras de Altamira-Brión, que este ano repite tres itinerarios combinados que suman un total de 50 quilómetros de marcha pedestre a través das fermosas sendas brionesas. A Carballeira de Santa Minia será lugar de de saída e punto de paso para os tres aneis que compoñen a proba, e para os que están anotados máis de 300 persoas.

Resto do programa
A partir do luns 18 de maio, o Concello de Brión comezará a desenvolver o programa de actividades da XXV Feira do Libro de Brión, especialmente centrada no público escolar. Aínda así, haberá varias actividades abertas a todos os veciños e veciñas como a exposición “Espazo de acuarela”, de Marcelino de Santiago “Kukas”, que pode visitarse na sala de exposicións municipal ata o 12 de xuño.

O venres 22, ás 17:30 horas, Inacio Vilariño presentará “A Nao Catrineta” na biblioteca pública municipal. Trátase dun contacontos para nenos e nenas de máis de 3 anos. A entrada é libre e de balde. E o sábado 23 de maio, ás 21:00 horas, o teleclube de Ons acollerá a actuación teatral de O Aturuxo de Melpómene, que representará “Desencaixad@s”. Entrada de balda ata completar aforo. 

As actividades dirixidas aos escolares de Brión terán lugar en horario de hoxe. Así, o luns 18 de maio Aldaolado presentaralles “Con dez poemas por barba” ao alumnado do IES de Brión (ás 11:20 horas) no centro social polivalente. Dous días máis tarde, o mércores 20 de maio, os alumnos e alumnas do IES Brión recibirán a visita de Álvaro Muras, que presentará o espectáculo “MaxicoSons, una aventura entre libros” na Aula de usos múltiples do IES de Brión (ás 11:20 horas). O venres 22 de maio, o grupo Os Quinquilláns presentarán “Por que é salgada a auga do mar?”, dirixida a alumnos/as de 3º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos. Comezará ás 12:00 horas no Centro Social Polivalente.

Para a última semana do mes, o Concello de Brión ten programado “Contos para un caldiño”, unha divertida obra de Baobab Teatro para alumnos/as de 1º Ciclo de Educación Primaria do CEIP de Pedrouzos. Será o luns 25 de maio, ás 12:00 horas, no Centro Social Polivalente. Un día despois, o mesmo escenario acollerá aos alumnos e alumnas das escolas unitarias da Luaña, Os Ánxeles e Bastavales, así como de educación infantil do CEIP de Pedrouzos, para dúas representacións de “Lobo Bobo”, a cargo de Elefante Elegante.

O mércores 27 de maio, Yolanda Castaño presentará o “Espectáculo poético, recital multimedia”, dirixido a alumnos/as do IES de Brión; e o venres 29 de maio, a XXV Feira do Libro de Brión pechará as súas portas da man de Charo Pita e “Triquitraque-Traquetriqui”, unha actividade de dinamización para os nenos/as da gardería dos Ánxeles.

A XXV Feira do Libro de Brión está organizada pola Casa da Cultura e a Biblioteca municipal do Concello de Brión, coa colaboración dos centros educativos do municipio e o apoio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Queremos Galego - Actos do Día das Letras Galegas

A plataforma cidadá Queremos Galego, convoca 8 actos o 17 de maio ás 12 do mediodía, na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago e Vigo baixo o lema Galego, garantía de futuro, porque, segundo indicou Marcos Maceira, portavoz da plataforma cidadá, a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua.

Queremos Galego fixo un chamado ao conxunto da sociedade a mobilizarse o 17 de maio, porque segundo o seu portavoz “o pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos” Ademais salientou a soidade de Feixó na súa cruzada contra o galego “ que debería dunha vez escoitar ás entidades sociais, Anpas, sindicatos, organizacións políticas... mesmo ás tres Universidades, ou simplemente ver a evolución do galego en todos os estudos sociolóxicos, ou a situación de exclusión que padece a lingua en todos e cada un dos ámbitos sociais”. 

Para a plataforma cidadá, composta por cerca de 700 colectivos sociais de todo tipo, o 17 de maio é unha data para festexar que temos lingua propia e para reclamar a súa plena reposición e normalidade, e avanzarmos na oficialidade real que aínda non acadou.

Actos públicos 
Os principais actos que desenvolverá a plataforma Queremos Galego terán lugar nos seguintes lugares:

Vigo: Cruce da Vía Norte con Urzaiz. Ás 12h
Santiago de Compostela: Praza das Pratarías, ás 12h
Ferrol: Praza do Cruceiro (Canido) ás 12h
A Coruña: Diante do Teatro Rosalía (Rego da Auga), ás 12h
Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 12h
Lugo:11.30 Praza maior ás 11.30
Ribadeo: Catro Rúas, ás 12h
Ourense: Praza da Imprenta, ás 12h

En todos estes actos se dará lectura por representantes de diferentes colectivos ao manifesto O Galego, garantía de futuro, que xa está a recoller apoios a través da páxina www.queremosgalego.org

O portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, fará declaracións aos medios de comunicación ás 12h na Praza das Pratarías de Santiago, onde tamén intervirá ao remate do acto.

Área Central - Rastro de antigüedades y sábados creativos

Hoy sábado regresa a los pasillos de Area Central su ya consolidado rastro de antigüedades, un evento mensual que reúne más de veinte expositores de diferentes puntos de Galicia y Portugal. La tarde de hoy sábado también volverá a ser “creativa” con la celebración de diferentes actividades de la Asociación Planeta Shalom, dentro de la actividad “Sábados creativos”.

La sesión de Planeta Shalom, a partir de las 18.00 horas en la esquina verde, se centrará en la jornada de hoy en la trabajo con burbujas. Además de participar en diferentes talleres, que cada día varían de temática, en las sesiones de “Sábados creativos” los niños asistentes también pueden disfrutar de una zona de lectura y de pintura.

Por otro lado, el rastro de antigüedades concentra en Area Central miles de piezas antiguas originales y reproducciones ofrecidas a los coleccionistas y a los amantes de muebles y objetos antiguos. El rastro, que ocupa un espacio de más de 400 metros cuadrados en la esquina roja, podrá visitarse hoy sábado en horario de 10 a 22 horas y el domingo de 11.00 a 21.00 horas.

Cuentacuentos en el Salón del libro 

Además, estos días Area Central conmemora el Día de las letras gallegas con la instalación en la esquina roja del Salón del libro, de la mano del Consorcio Editorial Galego. En él, los visitantes de Area Central podrán encontrar un amplio abanico de obras literarias de diferentes editoriales. 

Paralelamente, el Salón del libro trae a Area Central cuentacuentos y talleres de manualidades los viernes y sábados a las 19.00 horas. La actividad de hoy sábado versará sobre el libro O xoo de Xaquín y la elaboración de murciélagos de pinzas.

Partidas de foamball

Dentro del abanico de actividades para el público familiar, Area Central ofrece también hoy sábado partidas de foamball de 17.00 a 21.00 horas en la esquina verde de Area Central. 

El foamball es una modalidad del juego de painball adaptado para los niños, con pistolas que lanzan proyectiles de goma espuma y está compuesto de un espacio en el que los pequeños corren, juegan, saltan y se divierten. Todos los obstáculos son de goma espuma y desmontables por lo que los niños pueden hacer y deshacer el campo de batalla a su antojo.

Teo - Debate entre 3 dos catro candidatos a alcaldía

O salón de plenos do Concello de Teo acolle un debate entre tres dos catro cabezas de lista ás eleccións locais do 24 de maio. O encontro será mañá sábado 16 de maio ás 12:00 horas no salón de plenos municipal e dende as formacións políticas animan á cidadanía a asistir e participar coas súas preguntas e suxestións. Este debate retrasmitirase por streaming dende a web municipal premendo no banner En directo que aparece na marxe dereita da páxida de inicio de teo.gal.

O encontro contará coa presenza de Manuel Anxo Fernández, candidato á alcaldía do BNG-Asambleas abertas, Uxía Lemus, candidata á alcaldía do PSdeG-PSOE e de Rafael Sisto, candidato á alcaldía por SondeTeo-Anova. O candidato do Partido Popular, José Manuel Guerra, decidiu non participar neste debate. 

Os/as acaldables realizarán unha intervención inicial de dez minutos no que farán unha exposición das liñas principais do seu programa de goberno. A continuación abrirase unha quenda para as preguntas do público asistente.

BNG Trazo - Presentación candidatura

O BNG-Asembleas Abertas de Trazo presenta a súa candidatura este domingo, 17 de maio, nun acto público ás 18:00h no Centro Social de Viaño Pequeno (antiga casa consistorial). No acto intervirá Ana Pontón, deputada no Parlamento Galego, ademais de Martín Leis, cabeza de lista e a número dous da candidatura, Lucía Noya. No transcurso do mesmo ademais de presentar aos membros da candidatura explicarán as principais propostas da candidatura para o Concello de Trazo.

Desde o BNG-AA de Trazo teñen como ideas claves na súa proposta para o goberno do Concello construír un goberno para todos e todas no que a veciñanza participe máis alá dunha vez cada catro anos; un concello activo que promova os seus sectores produtivos; un concello no que vivir e gozar cun programa cultural e deportivo que o manteña vivo; ao servizo da xente para o cal crearán e recuperarán servizos necesarios e actividades para a veciñanza; e un concello que tome como puntos claves e vitais a sanidade e as infraestruturas.

Para iso, para levar a cabo un programa con eses eixes básicos, presenta unha candidatura renovada, que combina xuventude e experiencia e que ten ganas, ilusión e forza para transformar o concello.

A candidatura é a seguinte:

1. MARTÍN REI LEIS. 24 anos. Rematando enxeñería de Obras Públicas e ciclo de imaxe.
2. LUCÍA NOYA CASAS. 23 anos. Está na Asociación Cultural A Aldraba de Trazo, así como no grupo de Investigación (GEXAFD - Grupo de Estudos de Xénero da Actividade Física e Deportiva) da súa Facultade (INEF) e na Asociación de Estudantes de Educación Física de dita Facultade (AESEF).
3. XOSÉ MARÍA FERNANDEZ PIÑEIRO. Hostaleiro
4. CÉSAR BOQUETE VARELA. 37 anos. Carpinteiro autónomo. Mestre de percusión na Asociación Cultural Brisas do Quenllo
5. VANESA REY LEIS. 26 anos. Diplomada en enfermaría con mestrado en atención sanitaria, xestión e coidados. Actualmente parada.
6. ROBERTO BARRAL NOYA
7. CRISTINA CASTELAO DE LA FUENTE
8. IVÁN PORTOS BALSA
9. MARÍA BEATRIZ GONTA SOBRINO
10. MARISOL PEREZ OTERO
11. CARLOS BOQUETE SÁNCHEZ

Santiago - "Sofocos Plus" no Auditorio Abanca

Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo son as protagonistas de ‘Sofocos Plus’, comedia que poderemos en Compostela. As catro actrices, acompañadas da concelleira de Cultura, María Antón, presentaron a obra esta hoxe na Casa do Concello. Poderemos vela hoxe sábado 16 ás 19.00h no Auditorio Abanca, enmarcada dentro das festas da Ascensión. 

Outro guiño irónico sobre os cambios hormonais das mulleres ao chegar a tan temida menopausia. Novas historias cotiás, nunha perruquería, nun supermercado, nun ximnasio... Unha comedia que promete liberar ás mulleres do falso mito da histeria hormonal, unha vez alcanzado o medio século, e que converterá aos homes nos seus cómplices. Agatha Ruiz de la Prada é a encargada do vestiario e escenografía e o elenco inclúe a colaboración virtual do popular presentador Carlos Sobera. 

Ana Obregón: actriz, presentadora, bailarina, bióloga, escritora e moi querida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa española. 

Fabiola Toledo: Formada na Escola Nacional de Arte Dramática SILVIO D´AMICO (Roma). Ao longo dos últimos 30 anos, desenvolveu unha ampla carreira como actriz en teatro, cinema e, sobre todo, televisión... En teatro protagonizou ‘Sofocos’, ‘Máis Sofocos’ e ‘Re-sofocos’, obras da mesma saga que a que hoxe presentamos. 

Elisa Matilla: Formada na Escola de Arte Dramática de Sevilla, debuta no programa ‘¿Esto qué es?’ (1989-1990). En 1990 realiza a súa primeira intervención cinematográfica na película “YO SOY ESA” protagonizada por Isabel Pantoja. Intervén nalgúns dos títulos máis taquilleiros do cinema español, concursos, series e teatro. 

Teté Delgado: Despois de presentar varios programas de televisión na TVG, deu o salto a Telecinco coa serie ‘El super’. Estivo presente en todas as canles, presentando, colaborando, sendo xurado e concursando... Traballou en teatro e en cinema e protagonizou varias películas. Actualmente tamén é a frontwoman da banda de Rock and Roll Teté y los Ciclones. 

Juan Luís Iborra: A arte da narración, a posta en escena e todo o que teña que ver coa imaxe ten poucos segredos para Juan Luís Iborra. É guionista, director de cinema e televisión, e director de teatro. 

Ficha técnica e artística 

Elenco

Ana Obregón
Fabiola Toledo
Teté Delgado
Elisa Matilla
Coa presenza virtual de Carlos Sobera

Director e guionista: Juan Luís Iborra
Guionistas: Antonio Albert, Sonia Gómez
Vestiario e deseño de escenografía: Ágatha Ruiz de la Prada
Coreografías: Lola González

Concepto e desenvolvemento musical: Luís Gómez-Escolar

Xente de Rois - Impiden o noso candidato entrar nun acto público

Cada 15 de maio no concello de Rois celébranse diversos actos para conmemorar a festa de San Isidro Labrador, como por exemplo o tradicional xantar. Este ano tamén, con xantar no polideportivo de Rois programado para as tres da tarde e un acto previo, previsto para as duas, coa preceptiva presentación, dúas homenaxes e unha entrega de premio.

Pouco antes da dúas, o noso candidato a alcaldía, Pere Tobaruela, personouse no polideportivo para asistir ao acto previo e cal foi a súa sorpresa cando a el, e mais a un grupo de veciños que só quería asistir a este acto sen quedar a comer, foille vetada a entrada por non ter pagado o tiquet para o xantar.

Diante deste feito, desde Xente de Rois queremos denunciar publicamente que se impedise a entrada a un acto público polo feito de non ter adquirido un tiquet para un xantar. Segundo lle manisfestaron a Pere Tobaruela algunhas das personas que intentaron entrar, cando foron a falar coa concelleira de cultura para pedirlle que as deixara pasar que despois marchaban, a edil tratounos dunha maneira bastante incorrecta. En Xente de Rois preguntamos para nós: como se pode impedir o acceso a un acto público? Non sería máis sinxelo organizalo ben e posibilitar que as persoas que só queran ver o acto previo tamén teñan dereito a estar presentes? 

Fundación Granell - Día Internacional dos Museos

Descarga o tríptico con tódalas actividades
O luns, 18 de maio, ás 11.00h terá lugar no Museo Fundación Eugenio Granell, unha rolda de prensa co motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, este ano baixo o lema “Cultivando a cultura”. A rolda de prensa asistirán os museos composteláns que se unen para celebrar o DIM con accións coordinadas entre eles.

Os museos promotores desta idea son Museo do Pobo Galego, CGAC, Museo Fundación Eugenio Granell, Museo Catedral, MUPEGA, Museo de Historia Natural e Museo das Peregrinacións e de Santiago. Todos eles ofrecen unha serie de accións e actividades destinadas a promover o patrimonio e a cultura dende a perspectiva da sustentabilidade. 

A partir do luns 18 e ata o sábado 23 de maio os museos que participan na iniciativa DIM Compostela desenvolven unha programación coordinada baseada na achega dos museos a unha sociedade sustentábel, tema proposto para a xornada internacional dos museos 2015 polo ICOM (Consello Internacional de Museos).

A escolla do lema “Cultivando Cultura” fai referencia á diversidade cultural entendida como produto e parte da biodiversidade pola que temos a responsabilidade de velar. Deste xeito os Museos do DIM Compostela representan a relación entre a biodiversidade e a diversidade sociocultural a través dunha acción conxunta que pon en valor os recursos naturais endóxenos, usando variedades hortícolas tradicionais ás que se asocia unha parte importante do patrimonio cultural dos pobos.

As actividades comprendidas en “Cultivando Cultura” comezan o luns 18 con xornadas de portas abertas en algúns dos museos e continua durante toda a semana con música, conferencias e obradoiros aos que se suman roteiros guiados polo Parque de Vista Alegre de man do Museo de Historia Natural e visitas guiadas relacionadas coa educación ambiental no MUPEGA.

Outras accións do DIM Compostela inclúen visitas teatralizadas no Museo das Peregrinacións e de Santiago, geocaching no CGAC, unha guía lúdica para familias no Museo do Pobo Galego e acceso guiado ó taller de restauración do Museo Granell.

A programación remata o sábado 23 coa Sesión Vermú do CGAC e Museo do Pobo galego, que inclúe os concertos de Alessandra Rombolá (Vertixe Sonora Ensemble) e de Cinta Adhesiva. 

Non esquecer que debido á celebración do vinte aniversario da Fundación-Museo Eugenio Granell, este contará con actividades especiáis durante a semana do DIM.

Museo do Pobo Galego - Mostra bibliográfica de Xosé Filgueira Valverde

O Museo do Pobo Galego súmase aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2015, na honra de Xosé Filgueira Valverde, cunha mostra bibliográfica na que se recolle a obra do insigne polígrafo existente na Biblioteca do MPG. 

Nesta exposición pódense apreciar os temas que suscitaron o seu interese e que se amosan mediante a súa obra literaria, os múltiples ensaios sobre a lírica medieval incluíndo a súa tese doutoral, os seus traballos vinculados co Museo de Pontevedra, estudios histórico- biográficos (Sarmiento, Camoens, Rosalía de Castro, …), as guías descritivas de Santiago e Pontevedra, artigos xornalísticos recollidos nos Adral e unha sección con publicacións que reflicten as homenaxes póstumas a el dedicadas.

AXENDA:

Horario: de martes a sábado, 10:30-14:00 e 16:00-19:30 domingos e festivos, 11:00-14:00

Entrada libre

Obradoiro CAB - Nova tenda do Rio Natura Monbús

El Rio Natura Monbus Obradoiro y su socio estratégico, Enfios Texgroup, han cerrado un acuerdo con la tienda Tiro Libre SCQ para que sea el nuevo punto de venta en la ciudad de los productos oficiales del club. La tienda está situada en la calle Ramón Cabanillas nº11, y tiene apertura de lunes a sábado de 10.00 a 14.00 y de 16.30 a 21.00 horas.

Así se ha hecho oficial hoy en las propias instalaciones de la tienda antes de la previa del entrenador Moncho Fernández. Tras la bienvenida de Víctor Fernández como representante de Tiro Libre SCQ, José Luis Mateo, director general del Rio Natura Monbus Obradoiro declaró en nombre del club estar “muy ilusionados con este proyecto”.

“Desde el primer momento las tres partes de la alianza entendimos que uniéndonos todos ganábamos. Nosotros pasamos a tener nuestra Tienda Oficial en el centro de Santiago, y Tiro Libre SCQ, la primera tienda exclusiva de baloncesto en la ciudad, pasa a tenerla exclusiva de la venta presencial de los productos del club, al margen de la Miudiño Store de los días de partido en el hall principal”, explicó.

Además, el club “pondrá todo de su parte para que este sea un espacio vivo”, realizando firmas de autógrafos de jugadores, ruedas de prensa, entregas de carnés de abonados y equipaciones de la cantera, etc. “Se prevé también que sea un nuevo punto de venta de entradas”, comentó el directivo para finalizar.

Por último, Moncho Fernández deseó suerte a la firma con el proyecto, “aquí se respira baloncesto y se ve que está hecho con mucho cariño”. “Todos los amantes del baloncesto compostelano deseamos que vaya muy bien porque vemos la sensibilidad con la que está hecho, y como no podía ser de otra forma, el Rio Natura Monbus Obradoiro tendrá un sitio en este rincón”, añadió.

También hizo hincapié para finalizar en que “se ve que es un sitio donde no solo puedes comprar un producto de calidad, sino también otras actividades como tertuliar, presentar, etc”.

Los Productos Oficiales del Rio Natura Monbus Obradoiro se pueden adquirir desde ya mismo en este singular espacio. También seguirá activa la venta en la Miudiño Store Online y en el stand situado en el hall principal del Fontes do Sar durante los partidos.

Ames Novo - Conciliación da vida familiar

A candidata de Ames Novo á Alcaldía, Pilar Candocia, comprometeuse hoxe cos veciños e veciñas de Ames a poner en marcha dende o Concello servizos de conciliación da vida laboral e persoal. Candocia asistiu onte a un dos “contacontos” para nenos que Ames Novo celebrou ao longo da mañá en Milladoiro e Bertamiráns. Alí Candocia destacou a necesidade de cubrir tempos de lecer, “fan falla alternativas de ocio para os nenos e nenas e servizos de conciliación”, dixo.

Segundo explicou a candidata de AN “con moi pouco podemos facer moito”. Destacou que é “unha obriga das administracións” ofrecer este tipo de servizos aos cidadáns, e asegurou que “sí se pode facer, e Ames Novo vai a facelo” dende o Concello.

Vecinos Pedregal - contra o cambio de dirección da rúa Pedregal en Bertamiráns

Despois de que a finais do pasado mes, unha vez reasfaltada parte da rúa, esta fose pintada como de dirección única e con aparcamentos en batería na súa maior parte e despois de realizar xestións diante do goberno local para intentar ser escoitados e reverter a situación, os veciños desta rúa de Bertamiráns decidiron mobilizarse para presionar a que se teñen en conta as súas propostas.

O pasado mércores celebraron unha asemblea á que convocaron ás persoas que encabezan as diferentes candidaturas en Ames para as eleccións municipais, a excepción do candidato do Partido Popular e actual Alcalde. Nesta reunión expuxeron os seus puntos de vista e aportaron as solucións que vían máis eficaces para a ordenación do tráfico na rúa e na zona. Como resultado da reunión, todas as persoas candidatas subscribiron un compromiso de reversión da ordenación da rúa á situación anterior e de estudar a solución definitiva en diálogo coa veciñanza.

Na mesma Asemblea acordouse convocar unha concentración na entrada da Travesía do pedregal, con un peche simbólico da mesma durante cinco minutos, para presionar ao goberno municipal para que adopte esa mesma solución provisoria. Esta concentración conta co apoio das organizacións políticas asistentes e terá lugar o luns, día 18, ás 20:00 horas.

Axenda e tempo do venres 15 de maio - Cine, libros, humor, festas, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Festas da Ascensión 

Ordes - Día das Letras Galegas 

Santiago - Casa das Crechas - Boquete - Manólogos

Santiago - Festas en Vilamaior

Santiago - Feira do libro novo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - USC - Artistas na rúa (ata o 29 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Igrexa da Universidade  En (re)torno a Paisaxe (ata o 31 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Cámara de Comercio - Xornada sobre a reforma penal e a responsabilidade das persoas xurídicas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro 26 de maio unha xornada sobre “A reforma do Código Penal e a modificación da responsabilidade penal das persoas xurídicas”, entre as 11:00 e as 14:00 horas no salón de actos. O presidente da Cámara, Jesús Asorey, será o encargado de presentar unha xornada impartida polo avogado do bufete Acción Legal, experto en dereito Penal e Administrativo, Ramón Pérez Amoedo.

Con esta actividade, os participantes coñecerán de primeira man as implicacións que nas súas organizacións pode ter a Reforma do Código Penal (Lei Orgánica 1/2015 publicada o pasado 31 de marzo no BOE) que entrará en vigor o próximo 1 de xullo. A reforma afecta de maneira moi directa a empresarios e administradores, xa que a nova redacción do Código Penal supón un cambio substancial no xeito en que se articula a responsabilidade penal dos administradores e da propia persoa xurídica, redefinindo e concretando os presupostos que orixinan a responsabilidade penal e recoñecendo expresamente, e por primeira vez, como causa de exención de responsabilidade a implantación dos chamados programas de cumprimento, mentres que ata o de agora só era un atenuante. “Esta modificación acaba coa ambigüidade que existía con respecto ao control que as empresas deberían exercer sobre os seus empregados” –explica o experto–.

Ramón Pérez Amoedo explica que esta modificación da norma axudará a implementar nas compañías unha “empresa de métodos” para que os administradores e traballadores coñezan os delitos que se poden cometer, os riscos penais, os modos de evitar a súa comisión e, no caso de cometer un delito, saber buscar unha exención ou atenuación da responsabilidade penal da persoa xurídica.

Entre os novos delitos para as persoas xurídicas, o avogado destaca o financiamento irregular de partidos políticos, ademais e outros como os delitos contra a Facenda Púbica, estafa ou insolvencia punible. As multas que establece o Código Penal estipúlanse segundo termos abstratos –por cuotas ou proporcional ao beneficio que obteña a persoa xurídica ou ao perxuizo que cause–, sempre deixando a criterio dos xuíces a súa imposición.

Información e inscricións: 

USC - Curso de iniciación o runing e técina de carreira

Conscientes de que cada ano xorden máis carreiras populares cun importante incremento de participantes, boa parte deles afeccionados ao deporte sen ningunha formación deportiva ou preparación específica, o Servizo de Deportes e a Fundación USC deportiva organizan en xuño un curso no que se ofrecerán coñecementos sobre a adecuada práctica dos corredores que participen en carreiras populares de entre 5 e 12 km así como métodos de adestramento, técnicas de carreira e estiramentos.

Este I Curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carreira, destinado a corredores noveis maiores de 16 anos, dividirase nun bloque teórico e outro práctico de 6 horas cada un impartidos por Xavier Castro e Xiana Guerra, ambos os dous licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e especializados no adestramento deportivo e no atletismo.

As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición a través da páxina web da Fundación USC Deportiva. O prezo do curso é de 90 euros e hai un máximo de 20 prazas, que serán asignadas en función da orde de inscrición.

Ordes - Constitución do Consello escolar municipal

O Consello Escolar Municipal de Ordes xa é unha realidade, quedando constituído formalmente no día de onte. Todo iso tras a ratificación realizada por cada un dos seus integrantes tras unha primeira xuntanza no salón de plenos recentemente rehabilitado no edificio do antigo consistorio. Tal e como quedou establecido o ente reunirase cunha periodicidade trimestral co obxectivo de avaliar, analizar e buscar resposta ás necesidades dos centros educativos espallados polo municipio.

En total hai que falar dun total de vinte e tres compoñentes. Concretamente figuran os sete directores dos centros académicos da zona, o mesmo número de docentes asignados polos sindicatos, catro pais e nais, tres alumnos e alumnas e un representante da Xunta de Galicia que forma parte do corpo de inspectores. Como presidenta do comité figura Silvia Marín, tenente de alcalde e concelleira delegada de Educación do Concello de Ordes.

Nesta primeira xuntanza, de carácter extraordinaria, acordouse a solicitude de información á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria para o curso 2014-15. Cunha ampla maioría aprobouse a manifestación pública contra a realización a nivel autonómico desta proba popularmente coñecida como a reválida, así como a súa retirada.

Ames - 6 Empresas optan o servizo de transporte adaptado

Un total de seis empresas optan a xestionar o transporte adaptado no Concello de Ames, un servizo municipal dirixido a satisfacer as necesidades dos veciños que teñen dificultade para acceder ao transporte normalizado e a favorecer a súa integración social. O obxectivo que se persegue é “normalizar as condicións de vida e facilitar a integración social das persoas que presenten dificultades de mobilidade”. 

Dende o consistorio amesán sinalan que o vehículo solicitado deberá ter unha capacidade mínima de once prazas para usuarios que non precisen de cadeira de rodas e contará cun mínimo de dous espazos para os que si a precisan. A empresa adxudicataria do servizo terá que dispor dun acompañante para realizar as funcións de coidador de viaxeiros. 

O horario de funcionamento será de 12 horas diarias, operando de luns a venres, de 7:30 a 19:30 horas. O importe máximo da licitación acada os 422.400 euros e o contrato estenderase como mínimo por tres anos. O regulamento deste servizo municipal foi aprobado por unanimidade no pleno do pasado mes de setembro do Concello de Ames.

As persoas que necesiten empregar o transporte adaptado deberán estar empadroadas no Concello de Ames e terán que achegar a documentación relativa ao seu grao de dependencia ou discapacidade.

Queremos Galego - O concello de Santiago non resposta a solicitude de megafonia e electricidade

O concello de Santiago non resposta á solicitude de electricidade e megafonía de Queremos Galego.
A plataforma nin sequera sabe se lle permitirán pór xerador propio e megafonía
Malia o boicote municipal plataforma mantén os actos do 17 de maio como estaban previstos baixo o lema Galego, garantía de futuro
Marcos Maceira: “Dá vergoña allea que ao alcalde da capital de Galiza lle doa tanto que a xente se exprese a favor do seu idioma”
“Non nos van facer calar. Falaremos o 17, e farémolo, como sempre, en galego”

 Como é habitual en todas as manifestacións, a plataforma cidadá Queremos Galego dirixiu un escrito ao Concello de Santiago solicitando permiso para conectarse á instalación eléctrica municipal, ou no seu caso instalar un propio, así como para situar un equipo de megafonía, tamén propio, na Praza das Pratarías que será, desde as 12 do mediodía, o ponto de saída dos actos que a plataforma ten previstos na comarca compostelá para o 17 de maio.

Desde a chegada do Partido Popular á alcaldía de Santiago, o habitual é a denegación da conexión eléctrica e a posterior autorización polos xulgados. 

Desta volta o concello de Santiago engade unha novidade: a calada como resposta, malia da plataforma se teren dirixido o mércores 13 telefonicamente e por fax ao concello para saberen da autorización ou denegación deste permiso solicitado o 4 de maio.

Sen este permiso confirmado, poderíase dar o caso de Queremos Galego situar xerador propio e a equipa de megafonía sen permiso municipal, cos correspondentes impedimentos no propio momento ou con multas posteriores, o que é un claro boicote tanto á convocatoria como á posibilidade de recurso.

Segundo indicou o portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira, “isto é unha volta máis na tradición inaugurada por Conde Roa, continuada por Angel Currás e renovada polo novo alcalde Agustín Hernández, de denegar calquera acto que se opoña á política agresiva do Partido Popular contra o noso idioma, mais agora coa artimaña do novo alcalde”, e lembrou que “ademais se produce na véspera dunha das principais festas da cidade como é a Ascensión, o que impede coñecer con suficiente antelación a existencia ou non do permiso”. Para Maceira “dá vergoña que ao alcalde da capital de Galiza lle doa tanto que a xente se exprese a favor do seu idioma, o principal sinal de identidade do país e de Santiago como capital”. 

Maceira lembrou tamén como esta actitude estreada con Queremos Galego, repercutiu negativamente noutros colectivos sindicais, culturais e sociais de Compostela.

A plataforma cidadá anuncia que non permitirá que funcione a nova estratexia do novo alcalde Agustín Hernández, e que continuará co desenvolvemento normal dos actos previstos. “Con ou sen megafonía a voz a favor do galego escoitarase nas Pratarías. Non nos van facer calar”.

Queremos Galego convoca actos o 17 de maio de maio, Día das letras galegas, co lema Galego, garantía de futuro ás 12 da mañá.

Estes actos terán lugar na Coruña diante do Teatro Rosalía, en Ferrol na Praza do Cruceiro (Canido), en Lugo na Praza Anxo Fernández, en Ourense na Praza da Imprenta, en Pontevedra na Praza da Peregrina, en Ribadeo nas Catro Rúas, en Santiago na Praza das Pratarías e en Vigo no cruce entre a Rúa Urzaiz e Vía Norte.

Ordes - Día das Letras galegas

A biblioteca de Ordes acolle estes días unha breve mostra da vida e obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde. Ao longo de varios paneis informativos pódese realizar un percorrido polos momentos máis destacados da vida profesional e persoal do coñecido como O vello profesor. Un amplo labor desempeñado en áreas como a historia, antropoloxía ou arqueoloxía, sen esquecerse da súa vasta produción literaria. Ademais tamén foi cofundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra, así como presidente do Consello da Cultura Galega e membro da Real Academia Galega. 

De cara a hoxe venres os nenos e nenas de catro a oito anos de idade volven ter unha cita na biblioteca co contacontos ‘Maxia Cómica’. Un espectáculo onde a partir das 18.30 horas se mesturará a literatura coa maxia e a diversión a partes iguais.

Por outra banda o domingo ás 20 horas representarase a obra teatral ‘A cantante calva’ no auditorio da Casa da cultura a partir das 20 horas. Unha peza de Eugéne Ionesco que servirá de debut para o novo grupo de teatro A catorce, composto integramente por xente nova da zona. Trátase dunha parodia á cotianidade da vida e, en particular, de dúas parellas que forman un matrimonio. No texto Ionesco pretende romper con toda lei literaria e metafísica, tratando cuns personaxes que carecen de lóxica.

Os que estean pensando en asistir xa poden adquirir as súas entradas nos bares O cárcere e Orellas, así como na sala Jatopús. Os ditos pases daranlles dereito a participar no sorteo de agasallos ao remate da función.

Casa das Crechas - Boquete e os seus Manoólogos acústicos

A Casa das Crechas acolle hoxe o espectáculo do humorista galego Boquete titulado “Manólogos acústicos”. Un evento no que o Boquete monologuista, o contacontos e o músico se dan a man con unha única finalidade, a túa risa.


Ordes - Festas en Vilamaior

A parroquia de Vilamaior vivirá unha fin de semana chea de festa e diversión con motivo da celebración da Ascensión. Mañá venres terá lugar a festa da xuventude, que arrancará cunha verbena coas orquestras Calú e La Fórmula, unha das máis novas formacións cun grande espectáculo e posta en escena equiparable ás principais e máis afamadas formacións do país. 

O programa previsto para o sábado arrancará ás 12.30 horas co tradicional traslado da imaxe da Virxe das Dores dende a capela ata a igrexa parroquial, para dar comezo á misa solemne a iso das 13 horas e que estará seguida dunha procesión. Posteriormente o grupo Los Príncipes será o que poña a nota musical e anime atodos e todas na sesión vermú e na celebración nocturna, a cal se alargará ata ben entrada a madrugada.

Numax - boletín semanal

Presentación de 'Sira e o robot' con Mark Wiersma e Miguel Mosqueira

O vindeiro sábado 16 de maio ás 12.30 temos unha cita cos máis cativos (e non tanto) co gallo da presentación do libro-disco Sira e o robot, ideado, escrito e musicado por Mark Wiersma e Miguel Mosqueira, ilustrado por Iván Sende e publicado recentemente pola Editorial Xerais. Contaremos coa presenza dos dous autores, que nos introduciran na concepción da obra e aproveitarán para interpretar en formato acústico varios dos temas incluídos no disco.

Carteleira do 15 ao 21 de maio

Como todas as semanas, temos dous novos filmes que entran en cartel a partir deste venres 15: Girlhood, da francesa Céline Sciamma, e National Gallery, do veterano documentalista norteamericano Frederick Wiseman. Mentres tanto, continúan as proxeccións de Las altas presiones e Lejos de los árboles, no caso desta última até o martes 19.


Para Marieme, a vida é unha sucesión de prohibicións. Séntese agoniada pola súa familia, pola escola e pola implacábel lei dos rapaces do barrio. Pero a súa vida muda cando coñece un grupo de rapazas de espírito libre. Daquela cambia o seu nome, o seu xeito de vestir e abandona a escola para ser aceptada no grupo. Convertida en Vic, abraza o código da rúa onde se misturan violencia, amizade e liberdade.


National Gallery, de Frederick Wiseman, adéntrase co público na institución londinense, nunha viaxe ao corazón do museo habitado por obras mestras da arte occidental desde o medievo até o século XIX. National Gallery é o retrato dun lugar, o seu xeito de traballar e as relacións que estabelece co mundo, o seu persoal, o seu público e as súas pinturas. A través dun perpetuo e vertixinoso xogo de espellos, o filme olla para a pintura e a pintura para o filme.

Venres 15 de maio

12:00    Las altas presiones
16:00    Las altas presiones
18:00    Lejos de los árboles
20:00    Girlhood
22:00    Girlhood
 

Sábado 16 de maio

12:00    Las altas presiones
16:00    Lejos de los árboles
18:00    Girlhood
20:00    Las altas presiones
22:00    Girlhood
 

Domingo 17 de maio

12:00    Lejos de los árboles
16:00    Girlhood
18:00    Las altas presiones
20:00    Girlhood
22:00    Las altas presiones



 

Martes 19 de maio

12:00    Las altas presiones
16:00    Girlhood
18:00    Las altas presiones
20:00    Girlhood
22:00    Lejos de los árboles
 

Mércores 20 de maio

12:00    Las altas presiones
16:00    Las altas presiones
17:30    Girlhood
19:30    National Gallery
22:30    Girlhood
 

Xoves 21 de maio

12:00    Girlhood
16:00    National Gallery
19:00    Las altas presiones
20:30    Girlhood
22:30    Las altas presiones

Oroso - Proposta para incluir a tódolos concellos no grupo de traballo sobre transporte

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, non comparte o bosquexo realizado polo alcalde de Ames para crear un grupo de traballo cos municipios da comarca con maior número de viaxeiros dentro do Plan de Transporte Metropolitano da área de Santiago. Mirás considera que “aínda que temos menos viaxeiros, Oroso ten que estar nese grupo, ao igual que todos os concellos que compoñen a coroa de Santiago e que compartimos os mesmos problemas de desprazamento”.

O alcalde orosán considera que a proposta realizada polo alcalde de Ames “demostra que tiñamos toda a razón cando protestamos polo mal funcionamento do transporte metropolitano, froito das carencias coas que naceu hai dez anos ao non ter constituído un consorcio do transporte metropolitano e de que a Xunta permita que moitos operadores incumpran os horarios e as frecuencias”. Ademais, advirte de que “non consentiremos que se fagan as cousas ás nosas costas, cando somos membros de pleno dereito do transporte metropolitano”.

Mirás critica que “os demais alcaldes do Partido Popular quedaran mudos este martes diante dos problemas do transporte metropolitano, igual que quedaron cegos e mudos noutros casos como o canon da auga ou o canon de Sogama”. Así mesmo, reitera que Oroso “non se opón a que outros municipios consigan mellores tarifas e máis frecuencias, pero iso non pode ser a costa de non resolver os problemas que veñen padecendo os veciños e veciñas de Oroso nos últimos anos”.

Axenda e tempo do xoves 14 de maio - Música, títeres, libros, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Festas da Ascensión 

Santiago - Clausura do ciclo de piano Ángel Brage

Santiago - Casa das Crechas - Cata de viños e libros

Santiago - Zona C - Títeres cocer e cantar

Santiago - Feira do libro novo

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - USC - Artistas na rúa (ata o 29 de maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Igrexa da Universidade  En (re)torno a Paisaxe (ata o 31 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Psoe O Pino - Denuncia do carrusel de obras en campaña

O PSdeG-PSOE de O Pino criticou hoxe o “carrusel de obras” iniciado polo goberno municipal a escasos días das eleccións municipais.

“Un frenesí difícil de entender e de xustificar, que só se pode entender como unha acción electoralista cando levamos tres anos e medio de parálise, sen unha soa obra no concello a excepción das financiadas polo POS da Deputación da Coruña”, afirmou a candidata á alcaldía da localidade, Begoña Pampín, que censurou “as présas de última hora” do goberno de Manuel Taboada “para intentar xustificar o que foron catro anos perdidos para O Pino”.

Entre as obras iniciadas nas últimas semanas, os socialistas destacan a do local social de Castrofeito que suporá un investimento de máis de 300.000 euros que consideran “inncesario”, pois xa existía un edificio con valor histórico e arquitectónico que podería albergar o local, e “excesivo, tendo en conta que o resto dos locais sociais do municipio están abandonados”.

Pampín considerou que a realización de obras no termo municipal “é positivo sempre que supoñan unha mellora para os veciños”, pero apuntou que éstas deben facerse “con planificación e sentido durante toda a lexislatura” e non “nas últimas semanas do mandato, só co obxectivo de conseguir un puñado de votos”

Santiago - Clausura do ciclo de piano Ángel Brage co francés Alexandre Tharaud

O pianista parisiense Alexandre Tharaud, ao que teremos por vez primeira en Santiago, clausura o VII Ciclo de Piano Ángel Brage. Será hoxe, xoves 14 de maio, ás 21.00h no Auditorio de Galicia nun concerto enmarcado tamén dentro do Programa de Abono do Auditorio. Antes ca el, nesta sétima edición do ciclo puidemos escoitar a Lars Vogt en marzo e a Herbert Schuch no mes de abril. As entradas para Tharaud teñen un prezo de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou o propio día do concerto no Auditorio de Galicia desde as 18.00h.

Descuberto polo gran público na película ‘Amour’ de Michael Haneke, na que se interpreta a si mesmo, o pianista parisiense Alexandre Tharaud debuta na nosa cidade cun recital de composicións para piano de Mozart pouco interpretadas, e singulares obras de dous autores franceses: as tres primeiras Gnossienes de Erik Satie (breves pezas cuxa denominación ofrece diferentes lecturas) e Miroirs, suite pianística en cinco partes de Maurice Ravel.

Ciclo de Piano Ángel Brage
O Ciclo de piano Ángel Brage nace no ano 2008, dentro da programación de abono do Auditorio de Galicia, para homenaxear no 25º aniversario do seu falecemento a este pianista e mestre de varias xeracións de músicos composteláns. Polo escenario do Auditorio de Galicia xa teñen pasado algúns dos máis grandes pianistas da actualidade, como Olli Mustonen, Arcadi Volodos, Christian Zacharias, Krystian Zimmerman, Aldo Ciccolini, Paul Lewis, Leif Ove Andsnes, Emanuel Ax, Andrea Lucchesini, David Kadouch, Cédric Tiberghien, Andrea Bacchetti.etc... 

PROGRAMA

Wolfgang Amadeus Mozart
Suite en Do maior, KV 399
Praeambulum, KV deest
Gigue en Sol maior, KV 574
Sonata para piano núm. 11 en La maior, K V331
Erik Satie
Gnossienes núm. 1, 3 e 4
Maurice Ravel
Miroirs

USC - Físicos da USC, nun equipo internacional que observa unha nova e inusual desintegración de partículas subatómicas

Catro veces de cada mil millóns de desintegracións. Esta é a frecuencia dun atípico proceso subatómico que un grupo internacional de investigadores entre os que se atopan físicos da USC acaban de observar por vez primeira logo da análise dos datos procedentes do acelerador de partículas do CERN. Nun artigo publicado no último número da revista Nature, investigadores dos experimentos CMS e LHCb do Gran Colisionador de Hadróns (LHC, na súa acepción en inglés) describen a primeira observación dunha desintegración moi inusual das partículas B0s en dous muóns, similares aos electróns pero máis pesados.

En opinión dos investigadores, estas desintegracións poderían abrir unha fiestra a teorías máis alá do Modelo Estándar –a teoría que mellor describe o mundo das partículas e as súas interaccións– como a supersimetría. As partículas B0s e B0son un tipo de partículas subatómicas inestables (mesóns) e non elementais compostas por un quark e a súa antipartícula (antiquark) unidos pola forza forte, unha das catro forzas fundamentais. Este tipo de partículas prodúcese so nas colisións de alta enerxía dos aceleradores de partículas ou na natureza mediante interaccións de raios cósmicos. Como explica Diego Martínez Santos, da USC, “os resultados amosan un acordo moi bo co Modelo Estándar, o que permite polo tanto descartar certas posibilidades dentro de Supersimetría”.

O CERN sinalou nunha nota de prensa que “este emocionante resultado é un fito importante na busca levada a cabo por moitos experimentos ao longo de case tres décadas, e ten implicacións importantes na identificación de novas partículas e fenómenos más alá do modelo estándar”.

O papel da USC

A USC foi pioneira e principal contribuínte nestes estudos, xa que o deseño da análise e a súa validación nos datos foron o tema principal da tese de Diego Martínez Santos. De feito, a súa implicación nestes estudos foi determinante naconcesión do Young Experimental Physicist Prize outorgado pola European Physical Society (EPS). Tamén destaca a implicación do profesor José Ángel Hernando e de Xabier Cid Vidal, investigador posdoutoral no CERN e anteriormente estudante de doutoramento da USC, que traballaron no estudo deste decaemento, especialmente na identificación de muóns. A análise de datos requiriu o uso de software para distinguir un sinal tan pequeno entre os millóns de colisións que se producen no LHC, así como un uso extensivo de mostras de control.

CMS e LHCb

A análise presentada en Nature baséase nos datos tomados no LHC en 2011 e 2012. As colaboracións CMS e LCHb presentaron os seus primeiros resultados individuais sobre os mesóns B0s en xullo de 2013 e agora, por vez primeira, fano de xeito conxunto cun elevado nivel de precisión. Neste senso, “o resultado é un excelente exemplo da cooperación entre diferentes experimentos e mostra a impresionante precisión que se pode alcanzar cando combinan as súas medidas”, dixo o director xeral do CERN Rolf Heur.

Ademais, a observación “testemuña o excelente funcionamento do LHC e a sensibilidade dos nosos experimentos, capaces finalmente de observar este extremadamente infrecuente pero importante desintegración”, sinalou o portavoz do LHCb Guy Wilkinson. Como tamén engadiu o portavoz do CMS Tiziano Camporesi, “a precisión coa que os experimentos poden medir estas desintegracións clave continúan mellorando, limitando así as extensións viables do modelo estándar”.

Participación española

O experimento LHCb está formado por máis de 700 científicos de 69 centros de investigación de 17 países. En España, os grupos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Instituto de Ciencias do Cosmos (ICCUB) da Universidade de Barcelona son os equipos involucrados na análise publicada en Nature.

O equipo LHCb da USC explora, entre outras cousas, as diferenzas existentes entre materia e antimateria. En determinadas circunstancias é posible observar partículas de materia que se converten en antimateria transitoriamente, nun proceso oscilatorio cuxa frecuencia os investigadores miden. Estas oscilacións “son moi sensibles á existencia de partículas moi pesadas non antes vistas e que non se pode detectar directamente á enerxía de operación actual do LHC”, explica o investigador e xefe do grupo de investigación na USC Juan Saborido.

O LHCb está deseñado para detectar os efectos indirectos que partículas masivas sen descubrir poden ter en desintegracións de mesóns de beleza que se producen no LHC. Neste senso, LHCb pode explorar de xeito indirecto rexións de enerxía non accesibles aos grandes detectores ATLAS e CMS. Tanto ATLAS como CMS son experimentos que realizan buscas directas de novas partículas que, ou ben son predicións de teorías existentes candidatas a substituír o Modelo Estándar ou darían en todo caso indicacións de cómo construír esa nova teoría.

Pola súa banda, o grupo do ICCUB participou no deseño e implementación de dúas liñas do sistema de filtro de datos (trigger) para seleccionar en cada colisión protón-protón en LHCb os sucesos que poderían corresponder a unha parella de muóns.