Axenda e tempo do sábado 13 de febreiro - Concursos, talleres, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Área Central - San Valentín

Vedra - Actividades na fin de semana 

Boqueixón - Actividades na fin de semana

Ordes - Concurso de Disfraces


Exposicións

Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo do Poibo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Área Central - Talleres infantís sobre a importancia do amor

Area Central conmemora el Día de San Valentín hoxe sábado en su taller infantil, que se celebrará de 18.00 a 20.00 horas en la esquina amarilla, y que tendrá como eje común el amor en todas sus vertientes y la amistad. Las familias asistentes podrán disfrutar de una tarde amena mientras hacen “varitas mágicas de los deseos” y participar en la elaboración del mural colectivo “Mensajes de corazón”. . 

Además, hasta el próximo martes, 16 de febrero, los usuarios del Facebook pueden participar en el concurso de la página oficial de Area Central con motivo del día de los enamorados en el que deben escribir una dedicatoria romántica o subir una fotografía relacionada con ese día. La persona cuya imagen o frase consiga más Me gusta, conseguirá de premio el alojamiento en una habitación doble y desayuno en una casa rural, en colaboración con la Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur). Las bases se pueden consultar en el propio Facebook de Area Central.

Además, los accesos, pasillos y establecimientos comerciales de Area Central también cuentan con cartelería y pegatinas alusivas a esta fecha. Los clientes pueden encontrar el regalo perfecto para ese día en los más de cien establecimientos de Area Central, entre los que se encuentran floristerías, perfumerías, joyerías, tiendas de moda y complementos, telefonía e informática, un spa, etc. 



Boqueixón - Axenda da Finde semana

- Sábado 13 de febreiro:
.. Último día para a degustación de filloas e algo máis nas Primeiras Xornadas Gastronómicas da Filloa.
.. IV Carreira da Filloa Subida Pico Sacro a partir das 16:30h. no campo de fútbol de Lestedo


A partir das 16:30h. a TVG emitirá en directo o seu programa AquíGalicia dende o Campo da Feira de Lestedo. Haberá actuacións de grupos de música tradicionais do municipio, a artista de Boqueixón Sabela e a orquestra New York.

- Domingo 14 de febreiro:
..XXXIII Festa da Filloa de Lestedo co seguinte programa de actos:
- 13:00h. Iº Gran desfile de Xenerais da Ulla.
- 13:30h. Pregón a cargo de Juan Viaño, Reitor da USC.
- 17:00h. Xenerais da Ulla
- 19:00h. Actuación das orquestras Marbella e Satélites

Ao longo de todo o día actuarán as agrupacións musicais Loaira, Estralampo, TNT, O Recobio, Os Ke Hai e a Requinta de Xián. O acto estará presentado pola actriz María Mera. Á hora do pregón tamén se fará entrega dos mandís de honra.

Vedra - Axenda da fin de semana




Comeza unha fin de semana trepidante. Onde teremos unha gran variedade de actividades, para todos os públicos e variedade de gustos.

Por unha parte, comeza a IX Xornada de Formación e Mostra Audiovisual do LAV (Laboratorio Audiovisual de Vedra da Asociación Cultural Senunpeso) onde haberá proxeccións de audiovisual galego (na casa da Terceira Idade) e moitísimos obradoiros dirixidos a un público máis xuvenil.





Por outra parte, non vos podedes esquecer de que tamén comeza a programación da XXI Xornada Arredor da Camelia, cunhas grandes probas deportivas. Xa a VI Ruta Cicloturística en BTT da Camelia polo Val do Ulla e o II Maratón de Montaña da Camelia polo Val do Ulla, onde deportistas e afeccionados disfrutarán tanto do deporte como da beleza da paisaxe do noso Concello.



Ah! E a Asociación Cultural San Campio anímavos a participar na súa Cea-Baile de Entroido! Eso sí, non vos esquezades de ir todos disfrazados!


Ordes - Concurso de disfraces

O Concello de Ordes ten confirmada a participación de máis de 550 persoas no concurso de disfraces que terá lugar hoxe na vila. Concretamente serán preto de 20 participantes nas categorías infantís, 30 nas de adultos e arredor de 10 carrozas. Fantasías, máscaras e creacións chegadas de todos os puntos da comarca e doutros lugares da provincia como Carral, Teo, Santiago, Arteixo, Oleiros, Laracha, Lavacolla ou Noia.

Está previsto que a partir das 17 horas arranque a celebración deste Sábado de Piñata. As principais rúas servirán de escenario para o gran desfile de carrozas, comparsas e disfraces ata desembocar no Campo da Feira. Aínda así a organización non descarta cambios dentro do itinerario debido ás condicións meteorolóxicas previstas para mañá. En calquera caso o Concello informará de ditas variacións dende primeira hora de mañá sábado a través da súa web e redes sociais. 

Este ano se repartirán máis de 4.000 € en premios. No caso das carrozas serán dous cheques de 600 e 400 €. No caso das comparsas de adultos serán de 400, 300 e 200 €; mentres que nas infantís serán de 225, 175 e 135 €. Os disfraces individuais adultos optarán a premios de 170, 120 e 90 €; que no caso dos máis novos serán de 100, 80 e 60 €. A todo isto hai que engadirlle un premio simpatía de 150 €, outro de 200 € para a mellor comparsa municipal, así como diversos premios accésits por un importe total de 1.000 €.

O Entroido de Ordes é unha das celebracións máis destacadas do calendario municipal na que cada ano se congregan milleiros de persoas. Como dato pódense citar os máis de 3.000 asistentes, entre público e participantes, contabilizados na pasada edición. Un ano máis o Concello agradece o patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro asesores.

Lalín - Reunión sbre a zona azul na avenida Bos Aires

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, mantivo esta semana unha reunión co director do IES Laxeiro, Uxío Grande, para analizar de forma conxunta a conveniencia de ampliar a zona azul á Avenida de Bos Aires. O rexedor puxo de manifesto a aposta do Goberno local polo diálogo coa comunidade educativa para chegar a acordos, contrapoñendo esta actitude á do Partido Popular, que -tanto antes no Goberno como agora na oposición- segue a insistir en impoñer medidas obviando por completo a opinión dos usuarios do centro. 

Cuíña abordou con Uxío Grande a posición do centro con respecto aos cambios previstos na regulación do tráfico no entorno do instituto, tendo en conta os diferentes posicionamentos que existen na avenida con respecto á medida. Neste senso o alcalde remarcou que “o talante dialogante que caracteriza ao Goberno de Lalín non vai mudar a tenor das insidias vertidas polo voceiro da oposición, na súa ansia por desacreditar a un Goberno que deixou de mirar por intereses particulares para centrarse no ben común dos lalinenses ”. “Isto fundamental”, engade o rexedor, “cando a comunidade educativa do Laxeiro está composta por máis de 700 persoas para as que a avenida de Bos Aires é un eixo viario fundamental para o desenvolvemento da súa actividade cotiá”.

Ademais, o rexedor contrapuxo esta conduta “democrática e conciliadora” coa actitude “pechada e arbitraria” pola que era coñecido o goberno de Crespo. Sen ir máis lonxe, Rafael Cuíña lembrou o acontecido no ano 2010, cando as demandas da comunidade educativa do IES Laxeiro, en relación coa remodelación da Avenida de Bos Aires, que lles afectou notoriamente, foron absolutamente pasadas por alto polo agora voceiro da oposición. 

O despotismo do goberno do PP evidenciouse daquela, cando o proxecto se puxo en marcha sen contar en ningún momento coa opinión do centro . “Non houbo nin unha soa conversa e nin tan sequera se lle presentou o proxecto antes de estar este definido”, recordou Cuíña ao respecto. “Naquel momento obviouse a postura da maior comunidade educativa de Lalín, de modo que baixo ningún concepto volveremos caer no mesmo erro, posto que a noso empeño baséase en mirar polos intereses de toda a cidadanía e non só polos de uns poucos, como nos tiña acostumados o PP en tempos que por sorte xa cambiaron”.

Oroso - Apertura das inscricións nos obradoiros culturáis

O Concello de Oroso renova totalmente a súa oferta nos Obradoiros Culturais 2016, xa que non repite ningún dos cursos do ano anterior e mesmo incrementa o seu número: labores, globoflexia, maquillaxe, estampación de camisetas, iniciación á costura, traballos con fieltro e fotografía. As inscricións deberán formalizarse antes do vindeiro 29 de febreiro no centro cultural de Sigüeiro ou no teléfono 981 69 09 03. 

Esta oferta formativa e de ocio está dirixida preferentemente a veciños e veciñas empadroados en Oroso, que poderán escoller entre estes sete cursos cuxos prezos oscilan entre os 20 e os 50 euros. Outra das novidades ten que ver co tempo, xa que tres dos obradoiros (globoflexia, maquillaxe e estampación de camisetas) desenvolveranse nunha única xornada, o de traballos con fieltro terá lugar ao longo de seis sesións, mentres que o resto terán lugar ao longo dos meses de marzo, abril e maio (sempre que se reúna grupo mínimo).

Horarios

Así entre os cursos trimestrais figura o obradoiro de Labores, un dos máis exitosos de edicións pasadas, terá lugar todos os xoves, en horario de 10:00 a 14:00 horas ou de 17:00 a 19:00 horas. O seu prezo será de 20 euros mensuais e o alumnado aprenderá ganchillo, calceta, bordados, punto de cruz, elaboración de bolsos de tela de polipiel, moedeiros, carteiras... Da mesma temática é o Curso de Iniciación á Costura, no que os asistentes aprenderán a subir baixos, estreitar e facer pequenos arranxos na roupa. As clases terán lugar todos os mércores, de 19:00 a 21:00 horas, por un prezo de 30 euros mensuais (material non incluído). O terceiro dos obradoiros trimestrais será o de Fotografía, que ofrece dous horarios diferenciados: os xoves de 18:30 a 20:00 horas ou os venres de 12:30 a 14:00 horas. Dirixido a maiores de 14 anos, o seu prezo é de 20 euros mensuais.

Entre os obradoiros dunha única xornada figuran o de globoflexia, que terá lugar o sábado 12 de marzo. O obradoiro de maquillaxe terá lugar o sábado 2 de abril e nel o alumnado aprenderá técnicas para realizar maquillaxes de terror e caracterizacións para animación infantil. Ambos obradoiros están dirixidos a maiores de 18 anos, teñen unha duración de 8 horas, custan 30 euros e serán impartidos pola Escola Galega de Tempo Libre. O obradoiro de estampación de camisetas terá lugar nun venres, aínda por concretar, do mes de marzo. Cun prezo de 40 euros (material incluído salvo as camisetas), o alumnado aprenderá a decorar camisetas con plantillas e spray de cores.


Completan os Obradoiros Culturais 2016 o taller “Traballos con fieltro”, que se desenvolverá os luns 7, 14 e 28 de marzo, así como os luns 4 e 11 de abril, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Dirixido a maiores de 14 anos e cun prezo de 50 euros (que inclúe o material, salvo a camiseta), permitirá elaborar broches, collares, chaveiros, personalización de camisetas e carteiras...

Ames - Reunión da Mesa de Comercio Local

Onte celebrouse a primeira xuntanza da Mesa Local de Comercio do actual mandato. Houbo reunións de traballo anteriores cos comerciantes e profesionais do municipio, pero esta é a primeira vez que se convoca este órgano dende que se produciu o cambio de goberno. Este encontro serviu para dar conta das novas persoas que compoñen a Mesa Local de Comercio e para presentar a convocatoria da subvención ao comercio local correspondente ao exercicio 2015. Por último, houbo tempo para atender as propostas, rogos e preguntas dos axentes implicados na Mesa Local de Comercio.

A Mesa Local de Comercio estivo presidida polo alcalde de Ames, José Miñones. Tamén asistiron Conchi Vilas, actuando como secretaria deste órgano, Isabel González, concelleira de Promoción Económica, Blas García, concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jorge Couñago, axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Ames, Sonia Moure, técnica municipal de turismo do Concello de Ames, Jesús Saenz-Díez, xefe de servizo da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, e Óscar Porral, representante da Unión de Consumidores de Galicia.

Por parte das asociacións de profesionais e comerciantes do concello asistiron Pablo Suárez, presidente da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, Salomé Blanco, representante da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, José Manuel Fernández, presidente da Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar, Jorge Capeáns, tesoureiro da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro.

Convocatoria de axudas ao comercio local

O terceiro punto que se tratou na Mesa Local de Comercio foi a aprobación da convocatoria da subvención ao comercio local do concello de Ames correspondente á anualidade 2015, posto que o ano pasado quedou sen convocar. Esta liña de axudas está dotada con 25.000 euros, que se reparte en dous capítulos. A primeira partida, destinada á promoción comercial, conta con 19.000 euros, mentres que a segunda partida estará destinada a infraestruturas e equipamentos e disporá de 6.000 euros.

A través desta liña de axudas a concellaría de Promoción Económica pretende mellorar a calidade da actividade comercial do concello, promover a realización de actividades de promoción e dinamización do comercio estable, así como atraer, e reter, á maior clientela posible.

Obradoiro CAB - 45 años de historia del Rio Natura Monbus Obradoiro en una exposición fotográfica

El Rio Natura Monbus Obradoiro inaugurará hoxe en el hall de entrada del Fontes do Sar una exposición fotográfica por el 45 Aniversario de la fundación del club.

El montaje consta de 12 paneles dobles instalados en la entrada del pabellón, en el que mediante un archivo fotográfico reunido con la ayuda de la leyenda Tonecho Lorenzo, se pone cara a fundadores, presidentes, entrenadores, jugadores y aficionados de este casi medio centenar de años.

También hay mención especial para el Quinteto Histórico elegido por los aficionados: Ricardo Aldrey, Tonecho Lorenzo, Alberto Corbacho (que recibirá su homenaje antes del partido de mañana), Mike Muscala y Oriol Junyent, cuyo dorsal retirado luce en el techo de Sar.

Para la producción, el club ha contado con la inestimable colaboración de Imaxson.

Todo aquel que venga mañana al partido, aunque la exposición permaneceráen varios encuentros más, podrá ver los siguientes tramos recopilados:

1970 A FUNDACIÓN

1970-73 OS COMEZOS

1973-78 EN 2ª DIVISIÓN

1978-82 ASCENSO A 1ª DIVISIÓN

1982-83 DIVISIÓN DE HONRA

1983-85 ASCENSO

1985-89 PRIMEIRA B

1989-90 O FAMOSO PLAY OFF

1990-92 O OSTRACISMO…

1992-09 BATALLA XUDICIAL…

2009 VOLVE A ILUSIÓN!

2010-11 O ANO DA LEB

2011-12 PERMANENCIA!

2012-13 LOITA POLO TÍTULO!

2013-14 ANO DE CAMBIOS

2014-15 NOVOS PROXECTOS

2015-16 O ANO DA ILUSIÓN

Ordes - Condena do anuncio sexista

 “É algo completamente denigrante que a día de hoxe se fagan publicamente ofertas deste tipo. Este caso pon de manifesto o traballo que todavía nos queda por diante en materia de igualdade e de respecto á condición feminina”. Así de contundente se mostrou esta mañá o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, en referencia ao anuncio publicado nun coñecido portal no que se demanda unha “camareira para un bar de pueblo, responsable, guapa e un pouco puta’ para a zona de Santiago e Ordes. Un punto de vista ratificado por todo o seu equipo de Goberno, reunido esta mesma mañá en Comisión de Goberno. 

Edís e rexedor coinciden tamén en considerar este tipo de mensaxes como “un síntoma de que a nosa sociedade ten moito que mellorar en valores para que os nosos fillos e fillas poidan vivir e desfrutar dun mundo mellor”. Ademais todas e todos os membros do Goberno Local manifestaron a súa repulsa polo último crime machista acontecido onte en Becerreá, e que lle custou a vida a unha muller de 40 anos.

O alcalde de Ordes insiste na importancia que “nesta materia temos as administracións públicas”. Aposta por “traballar cos nenos e nenas dende idades ben novas para erradicar este tipo de concepcións que se teñen das mulleres, de aí que dende o CIM da Mancomunidade de Ordes estemos a levar dinámicas e programas entre a poboación escolar ao longo de todo o ano”.

Axenda e tempo dovenres 12 de febreiro - Música, libros, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Sala Moon - Eladio y los seres queridos

Santiago - Área Central - San Valentín

Oroso - Presentación do libro de Diego Conde sobre Juan Rof Codina 


Exposicións

Santiago - Gaias - José Suárez - Uns ollos vivos que pensan (ata o 27 de marzo) 

Santiago - Museo do Poibo galego - "Unha porta do Rial. Ehlaba Carballo e Riobó Prada" (ata o 6 de marzo)

O Tempo

Oroso - Presentación do libro de Diego Conde sobre o traballo de Juan Rof Codina

O centro cultural de Sigüeiro acollerá hoxe venres 12 de febreiro, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Juan Rof Codina, renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea”. Un libro que será presentado polo seu autor Diego Conde Gómez, doutor en veterinaria e veciño de Oroso, quen estará acompañado por Diego Boquete, representante sindical de CIG-Ensino, e Uxío Breogán Diéguez, director da Revista Murguía. A entrada é libre e de balde.

Este libro, publicado por Edicións Xerais, foi recentemente galardonado co Premio “Jesús García Calvo” de Investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperativismo. Trátase dun percorrido sobre as transformacións que se levaron a cabo na gandeiría e veterinaria galega durante finais do século XIX e principios do século XX da man do veterinario catalán Juan Rof Codina.

O acto está organizado pola Asociación Cultural Troula e conta coa colaboración do Concello de Oroso e Edicións Xerais de Galicia.

Área Central - San Valentín

Area Central conmemora el Día de San Valentín estos días con la puesta en marcha de varias iniciativas y campañas tanto en la página oficial de su Facebook como en los propios pasillos y establecimientos comerciales de Area Central, con la colocación de cartelería y pegatinas alusivas al 14 de febrero, y con la celebración de los talleres infantiles de este sábado centrados en el amor, la amistad y los buenos deseos. 

Hasta el próximo martes, 16 de febrero, los usuarios del Facebook pueden participar en el concurso de la página oficial de Area Central con motivo del día de los enamorados en el que deben escribir una dedicatoria romántica o subir una fotografía relacionada con ese día. La persona cuya imagen o frase consiga más Me gusta, conseguirá de premio el alojamiento en una habitación doble y desayuno en una casa rural, en colaboración con la Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur). Las bases se pueden consultar en el propio Facebook de Area Central.

Además, los accesos, pasillos y establecimientos comerciales de Area Central también cuentan con cartelería y pegatinas alusivas a esta fecha. Los clientes pueden encontrar el regalo perfecto para ese día en los más de cien establecimientos de Area Central, entre los que se encuentran floristerías, perfumerías, joyerías, tiendas de moda y complementos, telefonía e informática, un spa, etc. 

Por último, el taller infantil programado para este sábado 13 por la tarde, de 18.00 a 20.00 horas en la esquina amarilla, también tendrá como eje común el amor en todas sus vertientes y la amistad. Las familias asistentes podrán disfrutar de una tarde amena mientras hacen “varitas mágicas de los deseos” y participar en la elaboración del mural colectivo “Mensajes de corazón”.

Numax - Programación do 12 ao 18 de febreiro de 2016

«O fillo de Saúl» e «Transeúntes», estreas da semana en NUMAX

A semana cinematográfica arranca en NUMAX o venres 12 de febreiro cunha das grandes sorpresas da tempada: O fillo de Saúl. A ópera prima do cineasta húngaro László Nemes, nomeada aos Oscar 2016 ao mellor filme de fala non inglesa, devólvenos a un dos grandes traumas do século XX. Saúl Auslander, membro dun sonderkommando encargado de retirar os corpos sen vida dun forno crematorio de Auschwitz, cre recoñecer o seu fillo entre os cadáveres e tenta darlle un enterro digno. Cunha aposta estética anovadora e minimalista, o filme de Nemes resucita un necesario debate arredor da representación do horror e o Holocausto, un xenocidio que, tal e como sinala o autor, «é unha ferida aberta que aínda se pode sentir».

Xa avanzada a semana, o mércores 17 de febreiro, chega a NUMAX un filme singular. Froito dun traballo de concepción e montaxe de máis de vinte anos,Transeúntes, de Luis Aller, artéllase a xeito de sinfonía calidoscópica da cidade de Barcelona. Un «big bang cinematográfico», tal e como o define o propio autor, que nos achega, a través de pequenas historias ficcionais, á efémera existencia de centos de seres humanos que conviven a diario na cidade. En palabras deBruno Hachero, de Transit, «trátase dun deses filmes que pertence de xeito natural ás salas de cinema, ao cinema como experiencia inmersiva». Ademais, Aller viaxará ao Cinema NUMAX para inaugurar a Aula «Os ollos verdes», o sábado 20 de febreiro ás 11:30, e presentar, ese mesmo día, a sesión deTranseúntes das 20:10.

Seguen en carteleira

Continúan en NUMAX as proxeccións de Carol, emocionante aproximación do cineasta norteamericano Todd Haynes aos women's films dos anos cincuenta, na que unhas inesquecíbeis Cate Blanchett e Rooney Mara dan vida a dúas mulleres que se atopan por azar nun frío Nadal neoyorkino e caen namoradas.

Tamén segue en carteleira Informe general sobre unas cuestiones de interés para una proyección pública, monumental aposta de Pere Portabella por analizar a correlación de forzas durante a Transición que concita a intervención dos seus máis relevantes actores: Felipe González, Marcelino Camacho, Santiago Carrillo, Tierno Galván e un longo etcétera. O filme de Portabella terá o seu último pase o vindeiro martes 16 de febreiro.

Ademais, ante a magnífica acollida que está a ter por parte do público asistente, decidimos alongar unha semana máis as proxeccións d'A xuventude, de Paolo Sorrentino. A fermosa reflexión do autor italiano sobre o paso do tempo vivirá oxoves 18 de febreiro o seu último pase en NUMAX.

Luis Aller inaugura a Aula «Os ollos verdes» cunha clase maxistral de linguaxe cinematográfica

O director e profesor de cinema Luis Aller inaugura a Aula «Os ollos verdes» de NUMAX co relatorio «A historia do cinema en 5 secuencias, 1 sombra e 1 travelling». A Aula terá lugar o vindeiro sábado 20 de febreiro ás 11:30 horas e a entrada é de balde. O propio sábado, ás 20:10, Aller presentará o seu último filme, Transeúntes, en carteleira en NUMAX desde o 17 de febreiro.

O fillo de Saúl
(László Nemes, 2015)

Transeúntes
(Luis Aller, 2015)

Programación

Venres 12 de febreiro

12:00 A xuventude
15:45 Informe general I (vo)
18:30 Carol
20:40 O fillo de Saúl Estrea
22:40 Carol


Sábado 13 de febreiro

12:00 Informe general I (vo)
15:45 A xuventude
18:00 Carol
20:15 Carol
22:30 O fillo de Saúl
 

Domingo 14 de febreiro

12:00 Informe general I (vo)
16:00 Carol
18:10 O fillo de Saúl
20:15 Carol
22:30 A xuventude

Martes 16 de febreiro

16:00 O fillo de Saúl
18:00 Carol
20:10 Carol
22:20 Informe general I (vo)
Último pase


Mércores 17 de febreiro

12:00 Carol
16:00 Carol
18:10 A xuventude
20:30 Transeúntes (vo) Estrea
22:30 O fillo de Saúl


Xoves 18 de febreiro

12:00 O fillo de Saúl
16:00 Carol
18:10 Transeúntes (vo)
20:10 Carol
22:20 A xuventude
Último pase
VO: Versión orixinal sen subtítulos | VOSG: Versión orixinal subtitulada en galego

Na Libraría NUMAX

Las mil caras de Anonymous
Gabriella Coleman

En 2010, Gabriella Coleman iniciou un profundo traballo de campo arredor de Anonymous, unha subcultura misteriosa, cuxos semilexendarios protagonistas resultan ser persoas complexas e politicamente sofisticadas.
 
Todos nuestros ayeres
Natalia Ginzburg
 
A que moitos califican como a mellor novela de Natalia Ginzburg, devólvenos páxina a páxina os xestos da súa xente e os anos do século XX que cambiaron para sempre o destino de Europa: na mirada de Anna, a protagonista desta historia, está o noso pasado.

Arzua - 54 expositores participarán na 41° festa do queixo

O queixos D.O.P. Arzúa-Ulloa e os produtores lácteos tradicionais, serán un ano máis anfitrións dos mellores queixos de España e Europa en Arzúa. O recinto feiral Terra do Queixo acollerá durante 2 días a profesionais e artesáns, actividades formativas, culturais e de lecer.

Nesta 41a edición daranse cita en Arzúa expositores de queixos galegos das 4 denominacións de orixe. Tamén queixos chegados desde Francia, Italia, Holanda, Suiza, Extremadura, Asturias, Castela León, Aragón, ou Baleares. Destaca un ano máis a presenza de novas queixerías de fora de Galicia con recoñecido prestixio e premiadas noutras feiras e concursos. 

Finalizado o prazo de solicitudes de inscrición, haberá MÁIS DE 40 QUEIXERÍAS e un total de 54 POSTOS no recinto feiral, enchendo o límite establecido polo Concello e a organización para esta 41a edición.

Ademais de queixerías, a ZONA A acollerá tamén unha selección de produtos alimentarios artesanais de primeira calidade, como mel e licores, chocolate artesán, azafrán, conservas de Cantabria, doces de Portugal, e un mestre xamoneiro cortando xamón ibérico para acompañar o queixo. A ZONA B (corredor central) será para as queixerías con D.O.P., onde 13 queixerías Arzúa-Ulloa como anfitrión ocuparán o centro do recinto feiral, onde tamén estarán concellos ou colectivos convidados como o Melindre de Melide. A ZONA C para as queixerías artesanais produtores lácteos tradicionais. TODOS OS QUEIXOS, tanto industriais como artesanais, e o resto de produtos alimentarios contarán co OBRIGATORIO REXISTRO SANITARIO.

Igualmente, no 1° andar realizaranse diferentes obradoiros, entre eles o de cociña creativa, impartida por monitores/as da E.F.A Piñeiral de Arzúa, centro de formación colaborador co evento desde hai xa 4 edicións.

Hoararios:

Sábado 5: de 11 h. a 20.30 h. (expositores desde 8h) Domingo 6: de 10 h. a 18.30 h.

Lalín - Inicio de trámites para a internacionalización do cocido

O grupo de Goberno do Concello de Lalín comezou os trámites para a declaración da Feira do Cocido como Festa de Interese Turístico Internacional. Co inicio deste procedemento perséguese o obxectivo de que a celebración gastronómica máis importante de Galicia acade este recoñecemento no menor prazo de tempo posible. 

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, explica que a intención do Concello é a de levar a cabo este proceso “de maneira seria e rigorosa, cun traballo exhaustivo que permita elaborar un expediente sólido, solvente e o máis completo posible”. Deste xeito preténdese que “a proposta non deixe lugar a dúbidas e sexa aprobada canto antes polos organismos autonómicos e estatais que deben completar a tramitación”. 

Ademais, o rexedor anuncia que a intención do Goberno é levar a solicitude a Pleno “tan pronto como sexa técnica e administrativamente posible” para dar cumprimento a un dos requisitos que marca como obrigatorios a orde que regula a concesión deste tipo de recoñecementos.

De maneira complementaria ao inicio deste procedemento, o Rafael Cuíña vai solicitar unha reunión coa directora da Axencia de Turismo de Galicia. Neste encontro empezarán a sentarse as bases que permitan traballar de maneira conxunta e coordinada neste proceso. O alcalde e o concelleiro de Turismo comparecerán o vindeiro luns ante os medios de comunicación para presentar en detalle os pasos que se van dar a partir de agora de cara a lograr a declaración da Feira do Cocido como Festa de Interese Turístico Internacional.

Ames - A programación da Aula da Natureza comeza cunha charla sobre a cestería de colmo

Entre os meses de febreiro e marzo a Aula de Natureza ofrece aos amesás e amesáns a posibilidade de participar nos catro cursos que terán lugar en torno á cestería, a oliva galega, a poda ou a robótica. Cada un destes cursos está composto por distintas actividades, puidendo os e as interesados realizar tanto o bloque enteiro como acudir a algúns dos cursiños, obradoiros ou charlas de forma individualizada. Cada bloque contará cunha introducción teórica seguida dunha parte práctica.

Todas as actividades, agás as dúas saídas que se ofrecen na programación, realizaranse na propia Aula da Natureza, situada na parroquia de Ameixenda. 

O primeiro bloque é o de cestería que se desenvolverá ao longo do sábado 13 e a vindeira fin de semana, o sábado 20 e o domingo 21. Para que se poida desenvolver é necesario que se anoten nas actividades un mínimo de 12 persoas, sendo 20 o número máximo de prazas. A primeira actividade é a charla "A iniciación a cestería de colmo" ás 16:00 e continuará até as 19:30 horas.. A charla terá a súa continuación o sábado, 20 de febreiro, cunha saída de campo na que se recollerán materiais naturais cesteables. A saída comeza ás 10:30 e remata ás 13:30 horas. Ao longo da tarde dese mesmo día, entre as 16:00 e as 19:30 horas os materiais recollidos empregaranse para comezar a elaboración dos testos, que continuará e rematará o domingo 21. Todo o día do domingo, de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas empregarase para retocar e finalizar os cestos.

O colmo, ou palla de centeo, é un material empregado de forma tradicional polos cesteiros e cesteiras en Galicia para a elaboración de cestos practicamente impermeables, resultado de coser o colmo en forma de espeiral con casca de silva. 

O segundo bloque de actividades xira en torno á oliva galega, sendo a primeira a charla-coloquio "Recuperación de variedades de oliveiras centenarias acutóctonas de Galicia", dunha hora que comeza ás 19:30, seguida por unha cata de aceites que terá lugar ás 20:30 e na que poderán participar un mínimo de 15 e un máximo de 50 persoas. Finaliza este bloque a Ruta das oliveiras, unha saída que levará aos participantes polos municipios de Padrón, Vedra, A Estrada e Boqueixón. A hora da saída está programa para as 10:30, calculando a hora de chegada en torno ás 14:00 horas.

Os obradoiros de marzo centraranse na robótica e na poda forestal e de froiteiras

Coa chegada da primavera próxima a Aula da Natureza organiza dous cursiños relacionados coa poda. Para que se leven a cabo deberá apuntarse un mínimo de 15 persoas en cada un, sendo 50 o número máximo de prazas ofertadas. O primeiro cursiño , que comeza ás 10:00 horas do sábado 5 de marzo e remata ás 14:00 horas, ofrece consellos básicos de poda de árbores froiteiras. O segundo, á mesma hora que o primeiro, pero na mañá do sábado 12, centrarase na poda forestal.

Pecha a programación de inverno un obradoiro de robótica, dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, o sábado 29 de marzo. Os participantes poden escoller entre dúas quendas: a primeira de 16:30 a 18:00 horas e a segunda de 18:15 a 19:45 horas.

PP Santiago - Proceso de negociación dos orzamentos

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para informar da reunión que mantivo co alcalde e na que lle trasladou a súa preocupación pola demora na aprobación dos orzamentos municipais e na que deu por pechado o proceso de negociación. “Tal e como lle comuniquei, o grupo popular, ademais de non compartir nin o fondo nin a forma destes orzamentos; tampouco comparte a dilación do proceso negociador”, subliñou Agustín Hernández, quen incidiu en que “debería ser un proceso moito máis rápido”, para manter o obxectivo inicial de contar co orzamento aprobado o antes posible. Para o voceiro popular, é necesario fixar uns prazos concretos. 

Neste senso, Agustín Hernández considera que “o proceso está pechado”, desde o momento en que se analizou a documentación facilitada, se realizaron as achegas e o equipo de goberno deu a súa valoración ao respecto. “Cremos que é prexudicial seguir alimentando esta demora, en reunións nas que non se produce ningún avance significativo”, lamentou. Tal e como detallou, o Partido Popular xa fixo a súa valoración sobre o orzamento, participou en varias reunións de traballo, puxo enriba da mesa as súas propostas e recibiu tamén a resposta do goberno ao respecto. Por iso, subliña que este capítulo está pechado e que é imprescindible dar un paso máis para que este non se alongue de forma innecesaria no tempo. 

Agustín hernández recordou que das achegas aportadas polo grupo popular –unha partida para a EDAR, un incremento da contía para a estación Intermodal, un cambio na política de subvencións nominativas e un incremento na partida para equipamentos deportivos-, tan só se tivo en conta esta última: “No resto das nosas propostas, tivemos un non rotundo como resposta”. Do mesmo xeito, denunciou que a documentación solicitada está sendo entregada “en pequenas doses”. “Onte mesmo –continuou-, fíxosenos entrega das bases de execución, pero aínda falta a conta 143, relativa ás facturas pendentes de aplicar ao orzamento; as bolsas de vinculación, o informe de Intervención, así como tamén as achegas do resto da oposición”. 

“O PP non vai a ser motivo do atraso na aprobación das contas nin tampouco queremos que se utilice como unha escusa do goberno para non ter en tempo e forma os orzamentos do 2016”, destacou Agustín Hernández. “O Partido Popular –continuou- non vai ser partícipe nin cómplice deste proceso de demora”. Para finalizar, Agustín Hernández salientou que, unha vez que chegue a documentación pendente e o documento unificado coas propostas formuladas polos demais grupos, se “analizará en profundidade”.

Teo - Escape de gasoleo por un accidente

A primeira hora desta mañá rexistrábase un aviso no Concello por un forte olor a gasóleo na zona de Montouto e Cacheiras. Desprazados á zona persoal da policía local, protección civil e o servizo municipal de Augas de Teo detectouse que se trataba dunha fuga dun depósito de gasóleo de calefacción nun establecemento hosteleiro, que quedou arranxada en torno ás 10:30 horas. 

O gasóleo vertido foi pola rede de saneamento polo que se entende que puido chegar ás estacións de bombeo dos Verxeis, Gondelle e á depuradora de Pontevea e non as vivendas. Dende o Concello xa se trasladou a incidencia á Augas de Galicia, sección de vertidos. 

Os servizos municipais de emerxencias e do servizo de augas traballaron en coordinación co 112, que ofertou colaboración, coa intención de minimizar o impacto do vertido ou os danos na instalación de depuración de augas residuais. De todas maneiras as comprobacións dos técnicos a última hora da mañán indican que a EDAR funciona con normalidade. 

Accidente dun camión de bombonas

Por outra banda ó redor das 10:00 da mañá tamén se rexistrou un accidente dun camión de bombonas de butano na zona de Chao do Río, na AC 841. Afortunadamente non houbo danos persoais pero o 112 mantén aberta a incidencia polo extravío dunha bombona que se cre que puido caer ao río Santa Lucía. En principio non supón un risco pero o plan de emerxencia de mercadorías perigosas indica que se debe recuperar a mercadoría. 

Oroso - Apoio do concello aos traballadores da concensionaria do transporte de SOGAMA

O Concello de Oroso apoia aos traballadores de Transportes Pellejero e Hijos SL, concesionaria do transporte de residuos de SOGAMA, e insta a empresa pública a buscar unha solución negociada que garanta a continuidade dos postos de traballo. Así llo confirmaron a alcaldesa de Oroso en funcións, Vanesa Boo, e o concelleiro de Limpeza Viaria, Antonio Leira, aos representantes dos traballadores, Manuel Regueiro e Ignacio Pavón, cos que se reuniron esta tarde.

Vanesa Boo amosou a preocupación do Concello de Oroso pola situación que lle trasladaron os representantes dos traballadores xa que “están en xogo 69 empregos na comarca, moitos deles de familias de Oroso, polo que consideramos que unha empresa pública como é SOGAMA debería escoitar aos traballadores e garantir tanto os empregos como as condicións laborais dos mesmos”. 

Así mesmo, Antonio Leira lembrou que “o Concello de Oroso caracterízase polo seu absoluto respecto aos dereitos dos traballadores, como demostra a inclusión de cláusulas nos pregos de concesións das adxudicacións de servizos en defensa dos dereitos dos empregados das empresas adxudicatarias no municipio. Neles, por exemplo, se especifican cuestións como que non se poderán aplicar convenios de empresa por debaixo do convenio sectorial”. Unha realidade que o Concello orosán xa ten demostrado en varias ocasións, a máis recente a ruptura unilateral dun contrato de 400.000 euros porque a adxudicataria do servizo de limpeza de edificios municipais non lles pagaba ás súas traballadoras, utilizando os fondos para pagarlles directamente ás limpadoras. 

Pola súa banda, os representantes dos traballadores informaron a Boo e Leira de que a partir do 15 de febreiro comezarán unha folga indefinida e que o domingo terán unha asemblea para convocar unha manifestación pública, posiblemente para o domingo 21 de febreiro. Denuncian que nas condicións da contrata, SOGAMA estableceu unha serie de criterios técnicos, medio ambientais e económicos; pero que non protexeu aos traballadores, senón que incluíu nas plicas que a nova empresa non tería ningunha responsabilidade co cadro de persoal actual.

Psoe Teo - Sobre a revisión do PXOM do concello

Tras o anuncio realizado onte en rolda de prensa, os Socialistas de Teo amosamos o noso apoio sen fisuras a este procedemento de revisión do PXOM de Teo.

Lembremos que estamos a falar dun PXOM aprobado no ano 2010 ao que o noso partido sempre se amosou contrario, votando NON ao mesmo, cunha valoración moi negativa do mesmo polo seu contido, entendendo que o modelo socioeconómico que recollía non era o axeitado para o noso Concello e que tiña erros e inxustificadas inxustizas na cualificación de terreos e viarios.

Esta consideración negativa sobre o mesmo incrementouse tras o coñecemento en xaneiro do ano pasado da sentencia do Tribunal Supremo na que se anulaba parcialmente o PXOM. Xa nese momento os Socialistas de Teo entendimos que as consecuencias desta sentencia para o urbanismo en Teo era tan importantes que xustificaba unha comparecencia do concelleiro de Urbanismo no momento da súa aprobación, agora alcalde, Rafael Sisto. A entón concelleira na oposición, Uxía Lemus, solicitou nesa comparecencia solucions á problemática xurdida tras esta sentencia demoledora.

Unha vez que os Socialistas asumimos as responsabilidades de Urbanismo no Concello, en xullo do ano 2015, e tras o debido asesoramento xurídico e analizando as consecuencias socioeconómicas dunha posible anulación total do PXOM, a única opción responsable era dar un paso adiante e comezar a revisión completa do Plan.

Trátase dun proceso longo e custoso, no que se agarda contar coa colaboración da administración coa que se comparten legalmente as responsabilidades na elaboración e aprobación dos plan xerais: a Xunta de Galicia. 

En concreto, os Socialistas de Teo agardamos que o coste previsto de elaboración dun novo Plan, sobre 400-500.000 euros, sexa financiado na súa maior parte pola administración autonómica.

Nesta revisión procurarase a imprescindible seguridade xurídica que lle falta ao PXOM, pero por outro lado, de forma coherente co defendido sempre polos Socialistas teenses, buscarase a necesaria adaptación do ordenamento urbanístico á realidade dos próximos anos e a solución dos problemas que causaba o PXOM actual en determinados aspectos.

Polo tanto, a pesar de ser un PXOM que nunca apoiamos, os socialistas teenses optamos pola defensa do interese veciñal a longo prazo, asumindo a responsabilidade da súa revisión, a fin de acadar un modelo seguro xurídicamente de desenrolo socioeconómico e urbanístico para Teo.

Bolanda - I Xuntanza de adestradores e deportistas de Galicia

Este jueves se celebró en Santiago de Compostela la I Xuntanza de adestradores e deportistas de Galicia que reunió a más de un centenar de atletas de nuestra comunidad, entre ellos nombres tan destacados como los del maratoniamo Pedro Nimo, en cuya tienda 3&Run tuvo lugar el encuentro; José Rioseco, entrenador de campeones del mundo como Gómez Noya e Iván Raña, o los triatletas Gustavo Rodríguez y Antón Ruanova. 

Ruanova es, además, uno de los responsables de la nueva aplicación que se presentó durante el encuentro: Train2Go.com, una innovadora herramienta de gestión de entrenamientos online que cuenta ya con más de dos mil usuarios, entre ellos, los ya mencionados Nimo, Rioseco o Gustavo Rodríguez, pero también otros nombres destacados del atletismo gallego como César Varela, ex-entrenador de Iván Raña; Juan Rojo, entrenador de Helena Herrero; Jose Almagro Valero, exciclista y triatleta de élite, o Juan Carlos Brion, entrenador del club Natación y Triatlón Riveira y un referente en el atletismo gallego por su ejemplo de superación y amor al deporte, que también participó en este encuentro.

La experiencia de todos ellos utilizando la aplicación constata el éxito de esta herramienta creada por jóvenes emprendedores ligados al mundo del deporte, como el propio Antón Ruanova, responsable de desarrollo funcional junto con el ingeniero Luis Fraga y el informático David Iglesias, coordinador del proyecto y “nexo de unión entre el mundo técnico y el funcional”. 
Emprendedores gallegos al servicio del deporte 

Train2Go.com es una aplicación “cien por cien gallega”, tal como explicaron en la presentación sus responsables, y “cien por cien eficaz”, puesto que este era uno de sus principales objetivos. Por eso crearon una “herramienta viva” que se modifica y actualiza prácticamente cada mes con el fin de dar respuesta a las necesidades y demandas de sus usuarios, haciendo la gestión de los entrenamientos mucho más sencilla y rápida, tanto para los entrenadores como para los propios deportistas. 

Tal como explicaron en el encuentro, esta herramienta permite al entrenador una “comunicación rápida y directa con sus atletas, le ahorra tiempo y le permite ganar más dinero gestionando eficazmente a sus deportistas”. David Iglesias explica que la gestión offline “limita extraordinariamente al entrenador, que debe lidiar con diversas herramientas de comunicación, muchos ficheros, versiones y un excel que con el tiempo se vuelve complicado e inmanejable”. Train2Go.com aúna todos los recursos que necesita el adiestrador en una única plataforma, “lo que facilita enormemente su labor y, sobre todo, la eficacia del trabajo”. 

Aunque la plataforma está pensada tanto para aficionados como para profesionales, son estos últimos quienes obtendrán “mayor rendimiento”, puesto que podrán hacer “una gestión más eficaz y diferenciarse de la competencia feroz del sector aportando valor a sus deportistas”.

Útil para entrenadores y deportistas

Desde la app se pueden gestionar múltiples perfiles de un solo vistazo. Incluye desde la información de cada pupilo hasta la planificación de entrenamientos, objetivos, calendarios y, por supuesto, la comunicación directa con cada uno. También incorpora alarmas para que el entrenador no tenga que estar permanentemente pendiente de la aplicación, ya que esta le avisará de nuevos comentarios, entrenos programados, etc. 

El deportista, por su parte, además de tener un acceso rápido y sencillo a su programa de actividades, podrá marcarse metas y ver su grado de cumplimiento, chequear su actividad o ver la predicción meteorológica para su ciudad, de forma que pueda planificar mejor las salidas. Además de comentar cualquier duda con su entrenador o hacer cualquier sugerencia que verá inmediatamente incorporada en su perfil, lo que mejora notablemente la interrelación entre ambos y la eficacia del trabajo. 

“Y solo es necesario una conexión a internet para que entrenador y deportista estén conectados las 24 horas del día, los 365 días del año desde cualquier parte del mundo”, tal como explicó el triatleta y desarrollador de la app, Antón Ruanova, en la presentación. 

“Para nosotros el deporte es una forma de vida, es nuestra seña. Hemos creado esto por y para vosotros, para ayudaros en vuestro día a día y hacerlo, si cabe, un poco mejor”, aseguró Luis Fraga, responsable del desarrollo técnico de la herramienta y tercer pilar de Train2Go.com, un equipo de jóvenes emprendedores y deportistas que han puesto a Galicia en el mapa de las nuevas tecnologías demostrando que, con ingenio y esfuerzo, es posible sacar adelante un proyecto y obtener, además, el éxito y el reconocimiento de aquellos a quienes se ha hecho la vida un poco más fácil.