Ames, 30/07/2016 - Este xoves pola tarde celebrouse o pleno ordinario do mes de xullo no que os concelleiros e concelleiras da corporación municipal aprobaron por unanimidade a modificación da ordenanza do ICIO para favorecer a construción do centro de saúde do Milladoiro. A semana pasada o Sergas solicitoulle ao Concello unha bonificación do 95% para o pago do ICIO, tal e como permite a lei.
Amosando publicacións coa etiqueta PLENOS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLENOS b>. Amosar todas as publicacións
Oroso aproba unha modificación de crédito de 201.000 euros para alumeado e abastecemento
Oroso, 29/07/2016 -A unanimidade marcou o pleno municipal de xullo en Oroso, pois todas as cuestións na Orde de Día foron aprobadas co apoio dos catro grupos municipais. Así, o pleno acordou unha modificación de crédito por 201.252 euros, cuberto con remanente de Tesourería para gastos xerais, para a realización de diversas actuacións no municipio.Pleno municipal de Ordes de Xullo
Ordes, 28/07/2016 - O pleno do Concello de Ordes arrancou onte cun minuto de silencio en memoria do xoven Álvaro Paredes, asasinado en Ordes o pasado 17 de xullo. Na sesión tamén se fixo pública a declaración institucional de “enérxica condena e repulsa de todos os actos vilentos con resultado de morte acontecidos no termo municipal”. Lousame requírelle á aseguradora os cartos das obras do enlace entre a DP-4201 e a DP-1105
Lousame, 12/07/2016 - O pleno municipal de Lousame celebrou hoxe luns unha sesión plenaria extraordinaria para aprobar a desestimación do recurso de reposición interposto por Millenium Insurance Company, compañía aseguradora de Aldasa SLU, contra a decisión plenaria do pasado mes de abril de incautar a garantía de 41.671 polas deficiencias cometidas por esta empresa na execución do vial de enlace entre a DP-4201 e a DP-1105. Ames aproba a nova RPT e un suplemento de crédito para o cemiterio municipal
Ames, 02/07/2016 - Este xoves pola tarde celebrouse o pleno ordinario do mes de xuño no que os concelleiros e concelleiras da corporación municipal déronlle luz verde á modificación puntual do Convenio Colectivo do persoal laboral e á Relación de Postos de Traballo (RPT). Ademais, Francisco Javier García tomou posesión do seu cargo como concelleiro e aprobáronse outros puntos de vital importancia como o suplemento de crédito 1/2016 co obxectivo de habilitar unha partida de crédito para poder executar obras no cemiterio municipal. Pleno de xuño no concello de Ordes
Ordes,
30/06/2016 - O Pleno ordense rexeitou na sesión correspondente ao mes de xuño o
expediente de modificación de crédito proposto polo Goberno Local. En total
habería que falar de 358.000 euros, dos cales
218.000 € destinaríanse á amortización de débeda e 140.000 € para a
ampliación do aparcamento do tanatorio do Valado.Teo valorará en pleno a posta ao día da ordenanza de venda ambulante
26/5/2016 - Someterase á consideración da corporación unha recuperación parcial dos incentivos por xubilación de persoal, suspendidos por acordo plenario en agosto de 2015. A sesión tamén avaliará unha moción para dar o apoio expreso á plataforma de vítimas do Alvia 04155 e outra de apoio ás persoas que perciben pensións de estados estranxeiros.
Ames abordará no pleno a modificación do contrato de xestión da limpeza viaria
24/5/2016 - O Concello de Ames celebrou onte, luns 23 de maio, as comisións informativas previas ao pleno ordinario de maio. Outros asuntos tratados foi a adhesión do Concello de Ames á estratexia de promoción da saúde e prevención no sistema nacional de saúde e maila aprobación inicial da modificación do regulamento de utilización das instalacións deportivas da piscina municipal cuberta de Ames
As edificacións de Boqueixón vinculadas ao sector primario terán menos impostos
O concello reduce o imposto municipal do 0,44 ao 0,3 por cento
Ovidio Rodeiro destaca que esta é a segunda baixada de tributos locais desta lexislatura tras a redución do ICIO en decembro
Ames Novo destaca a colaboración de tódolos grupos para sacar a concurso o Ciclo Integral da Auga
O pasado xoves celebrouse o pleno ordinario de mes de abril en Ames que someteu a deliberación e acordo da corporación local cuestións tan importantes como as Ordenanzas fiscais reguladoras da taxa de subministro e saneamento da auga así como a licitación do Ciclo Integral da Auga.
O PP de Ames critica a suba das tarifas da auga
O Grupo Popular denuncia que as novas ordenanzas da auga aprobadas polo Goberno de Ames suporán un incremento das taxas para as familias
No último Pleno, aprobouse por unanimidade o proceso de licitación do ciclo integral da auga, nun procedemento de 2+1+1 anos e que permitirá o estudo da municipalización do servizo, tal e como se intentara facer no anterior mandato coa oposición dos que hoxe conforman o grupo de goberno.
Brión aproba no pleno de abril a adhesión ao proxecto "Vilas termais"
O pleno tomou coñecemento da renuncia da concelleira Patricia Agrafojo (PP) por motivos persoais e laborais. Será substituída por Saturnino Abete
O Psoe de Ordes consegue o apoio as mocións levadas a pleno
O Concello de Ordes deberá destinar unha partida específica nos orzamentos municipais para axudas a deportistas e equipos deportivos que están levando o nome de Ordes ao máis alto nas distintas competicións, instando ao Concello a desenvolver unha auténtica política do fomento do deporte en Ordes. Así o recolle unha moción dos socialistas de Ordes, que foi aprobada no Pleno Ordinario de onte martes grazas aos votos a favor de PSOE, BNG e UXO e a pesar do voto en contra do Grupo de Goberno, que unha vez máis volveu quedar en minoría e terá que cumprir co mandato plenario a pesar de non compartilo.
“Dende o PSOE ordense non queremos que se caia no erro de que o Concello de Ordes careza dunha auténtica política de fomento e apoio do deporte e que só cando algún deportista ou algún equipo logra acadar algún éxito grazas ao seu esforzo particular, dende o Concello se aproveite a ocasión para sair na foto ou empregar os seus éxitos deportivos con fins propagandísticos”, denunciou a Verónica Gómez, voceira municipal socialista.
Así mesmo, os socialistas de Ordes tamén sacaron adiante a súa moción sobre a paralización da aplicación da LOMCE, novamente co voto en contra do Grupo de Goberno e grazas aso votos a favor de PSOE, BNG e UXO. A pesar da defensa da lei feita pola concelleira de Educación, o Concello de Ordes deberá dirixirse á Xunta de Galicia para solicitar a paralización inmediata do calendario de aplicación da LOMCE, así como que se supriman as evaluacións (reválidas) de 3º e 6º de Educación Primaria. “No noso concello, moitas das consecuencias da aplicación desta lei estámolas a sufrir coa perda de profesorado, a masificación das aulas, a eliminación da lei de gratuidade dos libros de textos, etc”, lembrou Verónica Gómez.
Refuxiados
Finalmente, o preámbulo da terceira moción socialista foi aprobada como Declaración Institucional do Concello de Ordes en contra da expulsión de refuxiados, despois do acordo asinado entre a Unión Europea e Turquía. Unha proposta baseada nunha moción do Grupo Parlamentario Socialista que foi aprobada por unanimidade pola Comisión Mixta para a UE do Congreso dos Deputados na que se opón á expulsión colectiva de refuxiados a Turquía ou a calquera estado non membro da UE.
A voceira municipal socialistas indicou que nos próximos meses estará vixiante para que o Concello cumpra as peticións recollidas polo PSOE de Ordes nesta moción, como son ofrecer o antigo inmoble da Cruz Vermella como instalación dispoñible para o acollemento dunha familia de refuxiados, crear un Rexistro Municipal de Posibles Acolledores de Refuxiados de Guerra no que se poidan anotar todos os veciños e veciñas de Ordes que estean dispostos a acoller refuxiados nas súas vivendas; e que o Concello de Ordes se una á Rede de Cidades de Acollida de Refuxiados
Cemiterio Poulo
Dos dez rogos presentados na sesión, os socialistas instaron ao Concello a que solicite á Consellería de Educación o arranxo inmediato dos problemas do CEIP Castelao, onde chove dentro dunha aula, e a reparación do ascensor do IES Nº 1 de Ordes. Tamén solicitaron a reparación da Fonte do Esmorís, a reparación das fochancas na pista de Darefe e reiteraron a petición dunha solución ao Ministerio de Fomento aos problemas de auga na N-550, á altura do Mesón do Vento, onde a auga aflora sobre o pavimento e pode supoñer un serio problema de seguridade viaria, ao ser unha zona de xeadas.
Por último, a petición de reforzar a vixianza no cemiterio do Outeiro (Poulo) ou a colocar cámaras de seguridade para impedir que sigan desaparecendo lousas foi rexeitada polo Grupo de Goberno, que argumentou que non se trata dun camposanto municipal e que o último caso de roubos tiveran lugar no 2011. Os socialistas lembraron que é unha situación que vén o ano 2007 e que, pese ás medidas tomadas pola veciñanza, volveu haber desaparicións de lousas a finais de 2015.
O BNG defende a baixada do IBI no pleno pero PP e UXO o rexeitan
O BNG de Ordes defendeu unha moción para reducir anualmente o tipo impositivo do imposto de bens e inmobles durante a actual lexislatura.
Este imposto municipal xa fora reducido para este ano grazas a unha proposta do BNG, pasando o tipo impositivo do 0,60% ao 0,56%, o que suporá un aforro para o conxunto da veciñanza de Ordes de case 150.000 € durante o 2016.
Nesta moción, segundo sinalan desde o BNG, o que se pretendía era conseguir na práctica unha conxelación da actual recadación municipal deste imposto reducindo o tipo impositivo anualmente, o cal compensaría a suba do valor catastral fixada no 2013 para o que restaba de lexislatura.
Os nacionalistas sinalan que de aprobarse a súa proposta, o conxunto da veciñanza de Ordes conseguiría un aforro de mais dun millón de euros na totalidade da lexislatura, en comparación coa recadación prevista co tipo impositivo de 2015.
Finalmente a moción ficou rexeitada co voto en contra do PP e a abstención de UxO.
Pleno de abril no concello de Oroso
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, informou no pleno municipal ordinario celebrado na tarde/noite de onte xoves dos avances de cara á reanudación das obras do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro, paralizadas dende o pasado mes de outubro. Mirás Franqueira explicou que “Fomento, Demarcación de Carreteras en Galicia, Audasa e as empresas construtoras se enzarzaron por un reformado do proxecto, xa que os técnicos de Fomento dicían que o carril de deceleración da AP-9 para a saída dos vehículos de Santiago non comezaba onde debía. Finalmente, o proxecto xa saíu de Demarcacións de Carreteras a Madrid e, cando lle dean o visto bo poderase reanudar as obras”.
O alcalde orosán non quixo poñer datas nin ao reinicio das obras nin ao seu final pois “foron moitas as datas que nos deron, incluso compromisos públicos da propia ministra de Fomento, que non se cumpriron”. Neste sentido, Manuel Mirás lamentou que “o PP nos estea facendo boicot con esta obra, porque ben o poderían ter sacado adiante pero se empeñaron en dicir que as obras non estaban paradas. Pois ben, ao final parece que a obra nin comenzou co PP nin vai acabar co PP”.
Mocións
Na quenda de mocións, as tres propostas do Partido Popular foron rexeitadas polo pleno municipal. As dúas mocións xenéricas, sobre a regularización do Catastro e en defensa das Deputacións, foron rexeitadas por todos os grupos municipais (PSOE, BNG e Anova). O voceiro do PP, Alexander Doval, defendeu “pedir que se ralentice a regularización do Catastro para que se atendan as peculiaridades de Galicia”, plantexando cuestións como establecer unha bonificación do 95% a todas as instalacións indispensables para as explotacións agrogandeiras e aplicarlles o coeficiente do 0,3% de tributación sobre o valor catastral.
Manuel Mirás indicou que “para nós é inasumible porque é unha moción xenérica e chea de tecnicismo. Nós o que pedimos é a degoración da Lei”. Un punto no que coincidiron o resto de grupos municipais. Así, o voceiro do BNG, Xosé Manuel Pérez, indicou que “coincido coas palabras do alcalde: o que hai que facer é derogar esta lei”; mentres que o voceiro de Anova, Siverio Mirás, insistiu en “pedir a derogación da lei, que xa teñen os labregos cargas dabondo”. O voceiro do PP rexeitou pedir a retirada da lei porque “a lei pode ser fácil de aplicar noutras zonas”. A moción foi rexeitada cos 3 votos a favor do PP e cos 9 votos en contra de PSOE, BNG e Anova.
Na moción en defensa das Deputacións, Alexánder Doval explicou que buscaba “reivindicar el valor institucional de las Diputaciones” e “exigir al Gobierno que respete la institución”. O alcalde orosán valorou esta moción como “un brindis ao sol. Os concellos pequenos necesitamos as Deputacións, que fan un labor extraordinario. Pero, ademais, esta moción é un brindis ao sol porque para a súa desaparición serían precisos dous tercios do Parlamento e iso non é posible porque o PP xa anunciou que o bloquearía”.
Pola súa banda, o voceiro do BNG indicou que “o PP só quere as Deputacións para proveer de poder a determinados alcaldes”; mentres que o voceiro de Anova indicou que “as Deputacións deberían desaparecer porque manteñen un niño de caciques”. Finalmente, o voceiro do PSOE, Antonio Leira, defendeu ás Deputacións como “un ente para defender os Concellos pequenos” e insistiu en que os socialistas buscan “que sexan máis eficaces e trasparentes”, rexeitando a moción do PP porque “é unha moción partidista, desgastadora e presentada nun momento para poñer dúbidas sobre a conformación do novo Goberno estatal”. A moción foi rexeitada cos 3 votos a favor do PP e cos 9 votos en contra de PSOE, BNG e Anova.
Petición ao ADIF
Por último, a moción do PP para que o ADIF limpase a contorna das vías do tren foi rexeitada polo grupo de Goberno por cuestións formais, xa que o Secretario Municipal non acepta emmendas “in voce” e a moción do PP pedía, no seu segundo punto, “instar ao ADIF a dar unha solución, ben que limpe ou habilite ao Concello para facelo”. “Xa lle solicitamos ao ADIF que limpen. Pero o Concello non o vai limpar porque cada administración ten que ter a súa competencia. Se nos queren trasladar esa competencia, que habiliten a correpondente partida económica. Do contrario, non o faremos”, explicou Manuel Mirás.
O alcalde reprochoulle ao voceiro do PP: “quérelle ben pouco ao Concello cando pide isto a sabendas de que o Concello non é responsable” e lembroulle que “é competencia de Medio Rural esixirlle ao ADIF que limpe iso, sobre todo cando se achega o verán e hai risco de lume. Se vostede coñece a Ánxeles Vázquez podería pedirllo porque o Concello xa fixo o que lle tocaba e lle diriximos ao ADIF un requerimento para que limpe esas zonas”.
O voceiro do BNG tamén insistiu en que “é o ADIF quen ten que facelo, non a Deputación nin o Concello de Oroso”, polo que o voceiro do PP amosouse disposto a eliminar ese punto da súa moción e aprobar outra moción na que o pleno instase ao ADIF a limpar o perímetro das vías do tren entre Trasmonte e Oroso. Unha cuestión que non se puido facer xa que o novo Secretario Municipal non acepta emmendas “in voce” ás mocións, polo que foi rexeitada cos 7 votos en contra do PSOE, os 4 votos a favor de PP e Anova e a abstención do BNG.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






