Ordes - o concello acenderá a iluminación de Nadal o día 18

Tanto a vila como as parroquias do Concello de Ordes inaugurarán a iluminación de nadal o próximo día 18 
Empregarase tecnoloxía LED combinada con bombillas tradicionais de baixo consumo. A empresa Rofaya asumirá o custo da instalación
O Concello de Ordes manterá acendido dende o próximo 18 de decembro ata o 7 de xaneiro a iluminación de nadal. Unha iniciativa coa que se pretende animar a veciños e veciñas a que participen nas actividades organizadas de cara ás vindeiras festas, ademais de animar ó consumo nos establecementos e comercio local. Non só a vila de Ordes desfrutará deste tipo de iluminación especial xa cada unha das trece parroquias espalladas polo territorio municipal tamén contarán con ela, instalándose naqueles puntos máis concurridos ou de maior tránsito veciñal.

Este ano hai que destacar a colaboración por parte da empresa Rofaya, encargada da instalación e mantemento do sistema eléctrico público de Ordes. Os responsables desta firma veñen de asumir o custo xerado desta instalación, que correrá íntegramente da súa conta. Durante estes últimos días emprgados da empresa instalaron todos os sistemas e realizaron as comprobacións pertinentes para dotar ó concello dunha decoración acorde coas festas que se aproximan. As principais rúas da vila contarán cunha ambientación propia, prestándose unha especial atención naqueles puntos con maior presenza comercial, sen esquecerse por elo doutras zonas de recreo como a Alameda e mesmamente a igrexa parroquial de Santa María. Todo este sistema de iluminación verase incrementado con máis módulos e unidades a partir do 5 de xaneiro, de cara á cabalgata que traerá ata a vila de Ordes as SSMM os Reis Magos de Oriente.

Este ano os responsables da empresa Rofalla optaron pola instalación de tecnoloxía LED combinada con bombillas tradicionais de baixo consumo, que non superan os 25 w. Unha petición suxerida dende o mesmo consistorio co fin de reducir ó máximo o custo económico derivado do consumo eléctrico, á par que se contribue na preservación do Medio Ambiente.

Ningún comentario: