Axenda e tempo do xoves 31 de decembro - Fin de ano

Santiago Numax

Santiago - Festa de fin de ano

Exposicións

Santiago - Galería 30 - Lamujer de agua sigue cantando (ata o 4 de xaneiro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Área Empresarial do Tambre - exposición do colectivo Artefacto (ata o 8 de xaneiro)


O Tempo

Santiago - Festa de fin de ano no Obradoiro

Hoxe xoves, a praza do Obradoiro encherase de música e espectáculo en galego para despedir o ano 2015 e darlle a benvida ao 2016.

Este ano, o lema da festa é "A festa de sempre como nunca a viches". Con este lema, "queremos transmitir o espírito desta celebración, que durará máis de cinco horas e na que haberá música e baile en galego, pero tamén moito humor", explicou na rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.

O que se pretende este ano é actualizar o concepto de verbena, ofrecendo unha nova proposta centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, por outro, na música de baile máis moderna e mestiza: ritmos latinos, pachanga, reggae…

A Verbena Galega terá dous denominadores comúns: a lingua galega e a fusión da festa tradicional coa moderna. Dous grupos galegos amenizarán esta festa: Os d'Abaixo" e "O Sonoro maxín". O picadiscos Bigote Mix pechará a celebración e o evento estará presentado pola actriz Isabel Risco.

A festa celebrarase na Praza do Obradoiro a partir das once e cuarto da noite, cunha pausa ás 12 da noite para as badaladas. Repartiranse 1000 bolsiñas de cotillón e 1.000 de uvas para os e as primeiras que cheguen.

Os d'Abaixo 
Trátase dun grupo que naceu no 2010 e recolle no seu repertorio algunhas das pezas máis populares da música galega mesturadas con novas composicións. Xúntanse músicos amadores que levan toda a vida vencellados ao folclore galego e músicos profesionais de ampla traxectoria en bandas como Berrogüetto ou Fía na Roca.

Os d'Abaixo son un grupo con proxección galega e internacional que participou nos principais festivais do noso país e tamén nalgúns dos eventos musicais máis importantes de Europa coma o Festival Intercéltico de Lorient.

O Sonoro Maxín 
Banda ourensá que naceu en 2007. Neste grupo mestúranse músicos que formaron parte de proxectos tan coñecidos como Lamatumbá ou Cinnamon Gum. O Sonoro Maxín compartiu escenario con bandas como Manu Chao & Radio Bemba Sound System ou Shantel & Bucovina Club Orkestar.

Bigote Mix 
Pechará a festa un dos personaxes máis coñecidos da escena musical compostelá: o picadiscos Bigote Mix, tamén coñecido como "Jevi". O creador de proxectos como Malandrómeda ou Fluzo desenvolverá unha sesión exclusiva en galego-portugués.

USC - Unha tese valoriza recursos mariños como compost

A compostaxe de restos de peixe xunto con algas de arribazón xera un material axeitado para uso agrícola como fertilizante, emenda ou substrato de cultivo, segundo conclúe a investigación desenvolvida no Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC por Marta Illera Vives e recollida na tese de doutoramento ‘Valorización de restos de peixe e algas: desenvolvemento e avaliación dun compost para uso en agricultura ecolóxica’ que vén de presentar Marta Illera Vives.

O estudo da valorización e potencial aproveitamento da gran cantidade de recursos que subministra o mar, parte dos que ou ben están considerados ou poden constituír un residuo baixo determinadas circunstancias, é o obxecto das pescudas realizadas por Illera Vives e recollidas na súa tese de doutoramento, dirixida polos profesores da USC Elvira López Mosquera e Adolfo López Fabal.

Esta enxeñeira técnica agrícola e graduada en Ciencias Ambientais analiza na súa tese de doutoramento a posibilidade de por en valor e dar utilidade aos restos de peixe e ás algas de arribazón que son retiradas das praias. Ambos os dous materiais presentan excelentes calidades para a agricultura e de feito foron utilizados dende hai séculos como fertilizantes, sinala Illera Vives, cuxa investigación procura maximizar o aproveitamento das calidades destes residuos-recursos, mediante o deseño dun novo produto, que poida ser utilizado en agricultura ecolóxica. 

Nesta liña de estudo, Illera Vives procedeu á compostaxe de peixe procedentes de pesca extractiva e algas de arribazónxunto con codia de piñeiro, nunha proporción 1:1:3 (v/v). Logo de 10 semanas obtívose, un material estable, ben estruturado e hixienizado. Para avaliar o seu potencial agrícola e poder definir as súas recomendacións de uso, o compostsometeuse a unha caracterización física, química e biolóxica completa, así como unha posterior avaliación en campo para estudar os seus efectos no solo e cultivos. 

Os resultados obtidos mostraron un interesante potencial do produto resultante para ser usado como fertilizante, emenda ou substrato de cultivo, así como a súa adecuación ás normativas legais españolas para poder comercializalo como emenda ou substrato. Este compost tamén é susceptible de obter a etiqueta ecolóxica europea (Ecolabel) para poder ser usado como emenda e como substrato de cultivo, aínda que neste último caso sería necesaria unha previa diminución da salinidade, explica a Marta Illera, quen sinala que esta redución da cantidade de sal é doada de acadar a través de procesos sinxelos de lavado ou inmersión.

A investigadora recoñece que aínda que o compostresultante da mestura destes produtos mariños coa codia de piñeiro non presenta os nutrientes mínimos para ser comercializado como fertilizante orgánico, ensaios de incubación posteriores permitiron comprobar que unha dose de 30 t ha-1libera en 90 días cantidades suficientes de nitróxeno inorgánico para a maioría dos cultivos. Doutra banda, os ensaios realizados en campo nunha rotación hortícola puxeron de manifesto tamén o seu valor fertilizante, así como un importante efecto residual. 

Tribunal da tese e cualificación

O catedrático do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Felipe Macía presidiu o tribunal encargado de cualificar a investigación de doutoramento presentada por Marta Illera Vives, unha tese con mención internacional que mereceu a máxima cualificación académica de sobresaínte cum laude.

A profesora do Departamento de Produción Vexetal da USC na EPS Belén Hernández; Alberto Mazaguer, da Universidade de Politécnica de Madrid; Jorge Domínguez, da Universidade de Vigo, e SilvanaNicola, da Universidade de Turín, completan a relación de membros deste tribunal.

Asociación Valentes - nace un novo club de rugby

Somos un nuevo club deportivo que desarrolla su actividad en Compostela. Somos una Asociación de ámbito autonómico, domiciliada en Teo, y realizamos actividades en Teo, Santiago de Compostela y su comarca.

Centramos nuestra actividad en el Rugby y el Fútbol Americano, en sus dos modalidades: tradicional y flag, que es sin contacto y está especialmente pensada para que los más pequeños se vayan introduciendo en este deporte.

Básicamente nuestra cantera es el deporte de base desde los sub-6 hasta los sub-18 tanto niños como niñas. Tenemos ya cerca a de 20 niños y niñas desde 4 a 17 años, y tenemos capacidad para atender a muchos más.

Somos conscientes de que tanto el Rugby como el Fútbol Americano son deportes minoritarios pero no queremos que los pequeños se queden sin la posibilidad de competir. Por eso "VALENTES" tiene tres socios deportivos que llevan recorrido más camino que nosotros y que nos van a prestar apoyo. Son el "Pontevedra Rugby Club" al que nos une la misma f¡losofía de entender el deporte con los más jovenes, por eso en los primeros años, hasta que no tengamos equipos propios, nuestros jugador@s competirán con ellos. Nuestro segundo socio es "A Estrada-Bestas" que permitirá que nuestros chicos jueguen la liga de Fútbol Americano. Y el tercero es el Santiago Rugby Club, con el que trabajamos a nivel logistico, que nos aporta monitores a la Escuela deportiva y, sobre todo, con los que hacemos tareas de promoción del rugby en colegios e institutos.

Una de las patas básicas del proyecto VALENTES es que implicamos personalmente a los padres (en la medida que puedan) en la gestión diaria del club. La Junta directiva de la Asociación está constituida por padres y madres de los chavales.

El club no sólo se preocupa de la formación y la participación en los deportes en los que competimos sino que también pretende formar un equipo de Monitores y Entrenadores que se encarguen de los equipos del club.

Ames - Melloras tecnolóxicas no Pazo da Peregrina e no Salón de Plenos

O goberno municipal está levando a cabo un plan de melloras tecnolóxicas en diversas instalacións municipais para adaptalos ao século XXI. Deste xeito, en tres edificios da contorna do Pazo (Casa principal, Casa da froita e capela) executáronse as instalacións necesarias para dispor de conexión de rede e puntos de corrente eléctrica. Nestes edificios habilitáronse 42 puntos de conexión á rede e 84 tomas de corrente eléctrica, que se poden adicar a instalación de 21 postos de traballo. Estas instalacións conectáronse á rede de fibra óptica do Concello. Ademais, no salón de Plenos da Casa do Concello instalouse un equipo multimedia composto de proxecto fixo full HD e pantalla para poder realizar presentacións e outras actividades. Estas actuacións tiveron un custo de 9.566 euros. 

O alcalde de Ames, José Miñones, explica que “con estas actuacións dotamos de puntos de conexión á rede a todos os edificios do Pazo da Peregrina, e ao mesmo tempo, todas estas instalacións quedan conectadas á rede de fibra óptica do Concello. Así pasamos a ter un Pazo da Peregrina adaptado ao século XXI. Ademais, realizáronse melloras no salón de Plenos coa instalación dunha pantalla e un proxector fixo full HD que estarán alí de forma permanente para ser usados cando sexa necesario”.

A través das actuacións executadas dotouse de conexión á rede ao resto de edificios que forman a sede do Pazo da Peregrina (Casa principal, Casa da froita e capela) conectando estas instalacións ao anel de fibra óptica que dá soporte a rede corporativa municipal. A Casa dos Caseiros, onde están situadas as oficinas dos departamentos de Cultura e Educación, xa dispoñen de conexión á rede.

Para isto fíxose uso das canalizacións existentes entre ditos edificios, previo saneamento das mesmas, para despregar a fibra óptica e dar conectividade a todos os edificios do Pazo. A topoloxía empregada foi a de rede en estrela, isto quere dicir que dende o edificio da Casa dos Caseiros despregouse unha fibra para cada un dos edificios a conectar (Capela, Casa da froita e Casa principal). O tipo de fibra empregado foi monomodo de 50-125 milímetros. 

Por outra banda, realizouse un cabreado interior en cada un dos edificios empregando un tipo de cable que ten unhas mellores características de apantallamento e maior ancho de banda que os tradicionais. A instalación realizouse con canaleta de superficie no caso da Casa da froita, e no caso da Casa principal aproveitáronse as canalizacións interiores existentes, previo saneamento das mesmas. Ademais, cada edificio dotouse de armarios informáticos e conmutadores, así como de dous portos para a conexión de fibra óptica. 

Instalacións realizadas nos edificios do Pazo

Na Casa principal do Pazo da Peregrina dotouse de novas instalacións as dúas salas da planta baixa e á zona de entrada, así como ao local da planta superior. Deste xeito, na planta baixa habilitáronse conexións para 8 postos de traballo, mentres que na planta superior habilitáronse conexións para 6 postos de traballo. Cada posto de traballo está composto por 2 conexións de datos e 4 enchufes de corrente. Na actualidade a Casa principal do Pazo non está adicada a dependencias de oficinas, pero optouse por mellorar as instalacións deste espazos por se no futuro fose necesario dedicalas a oficinas municipais.

Por outra banda, na Casa da froita habilitáronse 6 postos de traballo (2 conexións de datos e 4 enchufes corrente por posto), mentres que na Capela instaláronse 2 conexións de datos e 4 enchufes de corrente para 1 posto de traballo. Deste xeito, na Casa da froita instaláronse 12 conexións de datos e 24 enchufes de corrente; na Casa principal do Pazo habilitáronse 28 conexións de datos e 56 enchufes de corrente e a Capela dispón de 2 conexión de datos e 4 enchufes de corrente. 

Para os cabreados interiores dos edificios empregáronse un total de 1.220 metros de cable de rede, así como 500 metros de cable de fibra óptica monomodo. Cómpre sinalar tamén que en todos os cadros eléctricos substituíronse os diferencias actuais por diferenciais superinmunizados, adecuados para o conexionado de equipamento informático.

“Todas estas novas instalacións tecnolóxicas permitiranlle aos veciños e veciñas facer uso das mesmas. Ames ten unha poboación cunha media de idade de 37,8 anos e creemos necesario que os edificios do Concello estean adaptados ás exixencias do século no que estamos”, remata dicindo Miñones.

Silleda - Reunión dos voceiros municipais sobre axudas a emprendedores

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, vén de convocar para o vindeiro luns día 4 unha xunta de voceiros para abordar modificacións de mellora e perfeccionamento sobre o regulamento de concesión das axudas ao abeiro do Plan Municipal de Axuda a Emprendedores.

A cita será na sala de xuntas ás 11.30 horas, coa asistencia tamén da concelleira de Emprego, Ana Luisa González Costa.

O plan, posto en marcha este ano 2015 polo goberno municipal é unha das grandes apostas para a creación de emprego.

Dende a aprobación das bases neste primeiro ano de vixencia, que tivo lugar no pleno do pasado mes de setembro, outorgáronse un total de 5 axudas a emprendedores/as, que crearon outros tantos negocios, por valor máis de 8.000 euros en total. Hai ademais unha nova solicitude tramitada nos últimos días. 

As axudas son a fondo perdido, subvencionado o 50% de distintos gastos de apertura, ata un máximo de 2.000 euros cada unha.

O plan foi dotado neste exercicio con 15.000 euros e no orzamento municipal para 2016 figura xa unha partida inicial de 25.000 euros. “En principio temos reservada esta cantidade, pero como xa se avanzou poderase ir incrementando en función da demanda”, explica o alcalde. 

Con esta xuntanza búscase mellorar o regulamento para a concesión das axudas, “tratando de aportar entre todos ideas e propostas que redunden en beneficio desta plan que ten como grande obxectivo loitar contra o desemprego no noso municipio e axudar aos nosos emprendedores e emprendedoras.

Dende o goberno municipal estímase que desta xuntanza podería salir un novo regulamento ou bases para aprobar no pleno ordinario do vindeiro mes de xaneiro. 

Nas bases actuais recóllese que as entidades deben de ter o seu enderezo no municipio, ser empresas de nova creación e como mínimo un dos promotores debe de estar en situación de desemprego ao inicio da actividade.

Frades - O concello aproba os presupostos do 2016

O pleno de Frades aprobou esta tarde en sesión extraordinaria os seus orzamentos para 2016, que ascenden a 1.842.902,76 euros, sendo unhas contas niveladas en canto a gastos e ingresos. Uns orzamentos que foron aprobados cos 9 votos a favor do Partido Popular e as 3 abstencións do BNG.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, asegurou que se trata duns orzamentos “realistas, inversores, centrados nas políticas sociais, que aumentan os gastos en servizos esenciais aos veciños, que mantén as axudas ás asociacións e entidades do municipio e o fan sen débeda pública, sen déficit, nin aumentos de taxas ou de impostos”.

As contas de 2016 recollen unha baixada do 3% con respecto ás de 2015 xa que, tal e como explicou Roberto Rey, coa nova secretaria municipal se cambiou a forma de elaborar os orzamentos. “Nestas contas están prespostadas as achegas que o Concello terá que facer ao abeiro de programas de axudas doutras administracións, como o Fondo de Compensación Ambiental ou as axudas a Aforro Enerxético, moitas das cales saíron hoxe mesmo pero non están contempladas nestes orzamentos”, indicou o alcalde de Frades. O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro Marzoa, explicou que “unha vez que se materialicen eses investimentos, as contas sumarán uns 150.000 ou uns 200.000 euros máis”.

Así as cousas, os orzamentos de Frades para 2016 contemplan unha partida de 510.296,20 euros para investimentos reais, “cun incremento do 400% en subministración de auga potable, do 25% en cultura, do 64% en parques de xardíns e do 41% en pavimentación de vías públicas, moitas delas de acceso a explotacións gandeiras”, apuntou Ferreiro Marzoa. Así mesmo, indicou que “mantemos as axudas a emerxencia social, ás asociacions do concello e para os servizos sociais gratuítos como perruquería ou podoloxía a domicilio. E podemos adiantar que este ano poremos en marcha algún servizo máis”.

Ferreiro Marzoa insistiu en que Frades “é un concello sostible que intenta manter o periodo medio de pago a provedores de 10,6 días, xa que sabemos que detrás de cada factura hai unha familia e porque a gran maioría son empresas ou autónomos da nosa contorna, polo que somos especialmente sensibles con que poidan cobrar os seus servizos canto antes”.

Orzamentos 2016

Os orzamentos do Concello de Frades para 2016 recollen unha baixada dos gastos de persoal ata os 410.593 euros. Isto é así debido a que o posto de secretaria-interventora, actualmente vacante, rexistrou unha baixada de nivel debido á xubilación da anterior funcionaria. Ademais, o Concello de Frades pediu por primeira vez á Deputación da Coruña unha subvención para poder contar cun animador/a cultural.

O gasto corrente medra ata os 811.293 euros debido a que este ano comezarán a contabilizarse os gastos de mantemento tanto do punto limpo como da depuradora de Ponte Carreira, xa que en 2015 só repercutiran 6 meses nas contas municipais. Os gastos financieiros baixan un 55%, ata os 2.500 euros e as transferencias correntes chegan a 106.000 euros. No que atinxe aos ingresos, o Concello de Frades contempla 324.450 euros en impostos, 60.000 euros en impostos indirectos, 175.000 euros en taxas, 860.000 euros en transferencias correntes e outros 422.426 euros en transferencias de capital.

O alcalde de Frades aproveitou a sesión para facer entrega a todos os concelleiros dun exemplar do calendario 2016 do Concello de Frades que, baixo a lenda “Frades co leite galego”, pretende fomentar o consumo do leite galego entre os veciños e veciñas. Uns calendarios protagonizados por nenos e nenas do municipio e que comezaron a repartirse gratuitamente esta semana entre as vivendas de Frades.

Santiago Futsal - “Eu son do Futsal” nova campaña de captación de socios do Santiago Futsal

Santiago Futsal presenta esta tarde a nova campaña de captación de socios “Eu son do Futsal”. Esta iniciativa do club santiagués quere facer do Santiago Futsal un club da xente, no que todos aqueles interesados teñan a posibilidade de opinar e sentirse parte dun proxecto común, diferenciado e rico en valores positivos.

“Eu son do Futsal” permite á xente implicarse co club facéndose socio do mesmo, unha categoría da entidade deportiva con dereitos e obrigacións, como o dereito a voto nas asambleas, elección de presidente, achega de iniciativas e vantaxes económicas nos días do club. A única obriga é contribuir a difusión do nosos deporte e dos valores do noso club.

Para realizar a inscripción de socio, haberá que entregar a solicitude debidamente cumprimentada e abonar unha cuota mínima de inscripción.

Así mesmo, haberá dous tipos de socios: o socio numerario e o socio aspirante. O socio numerario deberá ter maioría de idade, solicitar a inscripción á xunta directiva e abonar un mínimo de 100€. Por outra banda, o socio aspirante está dirixido a menores de idade e o prezo mínimo da cuota é de 25€. Ademais, a xunta directiva terá a potestade de ascender aos socios a socios honoríficos por razón especiais.

Co obxectivo social de abrir o club a cidadanía e que todos os socios se sintan parte dunha entidade diferente e comprometida como é o Santiago Futsal, o club lanza esta campaña nun momento no que precisa de apoio económico para poder facer viable o club. 

En resumo, os socios axudan, participan e deciden nas accións do Santiago Futsal.


Axenda e tempo do mércores 30 de decembro do 2015 - Títeres, xogos, fin de ano, exposicións

Santiago Numax

Santiago - Ánxel casal - Maratón de Party & Company

Silleda - Campanadas de fin de ano

Santiago - Teatro Principal - A Illa do Tesouro

Brión - Fantoches Baj. - Rei rei?

Ames - Casa da Cultura de Bertamiráns - Cocido Sinfónico

Exposicións

Santiago - Galería 30 - Lamujer de agua sigue cantando (ata o 4 de xaneiro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)

Santiago - Área Empresarial do Tambre - exposición do colectivo Artefacto (ata o 8 de xaneiro)


O Tempo

Santiago - Jim e a illa do Tesouro no Teatro Principal

Eme2 Producións presenta ‘Jim e a illa do tesouro’ , un espectáculo de monicreques e actores, dentro da programación de Nadal. Será hoxe mércores 30 de decembro a partir das 19.00 h no Teatro Principal. Dirixido a nenos e nenas de 5 anos en diante e ten unha duración de 60 minutos. As entradas teñen un prezo de 5 euros e pode mercarse unha entrada familiar de catro localidades por 15 euros(é dicir, catro localidades ao prezo de tres) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

O pequeno e valente Jim Hawkins rexenta co seu pai unha pequena pousada na costa de Inglaterra. Diante do mar soña con vivir aventuras e converterse nun gran mariño. E abofé que o fará! O destino fai que chegue ás súas mans o mapa do tesouro do pirata Flint, para deste xeito, comezar a viaxe á Illa do Tesouro. Unha viaxe onde Jim navegará por medio mundo, vivirá múltiples aventuras, cruzarase con temibles piratas (quizais non tan temibles) e descubrirá unha amizade eterna.

Idea orixinal:
Jokin Oregi, Javi Tirado, Álex Díaz

Texto:
Jokin Oregi

Tradución:
Sandra Romaris e Xocas López

Dirección:
Álex Díaz e Javi Tirado

Elenco
Actores/manipuladores: Rocío González e Toni Salgado

Voz en off: Afonso Agra 

Duración 60 minutos

Ames - Os Tres Tenedores presentan o seu Cocido Sinfónico en Bertamiráns

Hoxe mércores, 30 de decembro, continúa a programación cultural de Nadal cun espectáculo musical que chegará a Ames da man da compañía Os tres tenedores. O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá ás 17:00 horas o espectáculo “Cocido sinfónico”, que está dirixido ao público infantil e familiar. As entradas para asistir a esta función teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos. Pódese facer a reserva de entradas ata o mércores 30 de decembro, ás 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org.

Cocido sinfónico é un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar. Saúl Cacharrón, Paco Nogueiras e Martín Nogueira son os encargados de preparar este Cocido sinfónico. Con estes tres músicos e cómicos o espectáculo está asegurado, posto que mesturan no seu repertorio varias disciplinas, destacando a música interpretada en directo e o clown. Trátase dun espectáculo dinámico e con moi bo ritmo, do que se pode gozar toda a familia.

Os nenos e maiores que acudan a ver este espectáculo asistirán ao primeiro día de traballo de tres peculiares personaxes, no que tres vagabundos se converten en cociñeiro, camareiro e xefe de cociña e nos amosarán a súa peculiar forma de elaborar un menú. Nesta ocasión, as portas do peculiar restaurante dos tres tenedores ábrense dispostas a ofrecer aos seus comensais as músicas máis saborosas, acompañadas dos pratos máis suculentos e innovadores.

As entradas para asistir a esta función teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos e os menores desa idade terán un desconto do 50 por cento así como os que posúan carné de estudante e os maiores de 65 anos. As entradas poden reservarse ata o mércores 30 de decembro, ás 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org.

Máis de 60 actuacións

Os tres tenedores levan dende o 2010 actuando por toda Galicia cunha bagaxe de máis de 60 actuacións. Contan con espectáculos innovadores de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías... ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, onde os rapaces e rapazas son tamén os protagonistas principais do espectáculo. En definitiva, trátase un grupo de docentes e musicólogos con ampla experiencia no eido das artes escénicas e musicais.

PP Ordes - A Xunta destina 1,5 millóns a mellora da estrada Ordes-Cerceda

O Partido Popular de Ordes reitera que os Orzamentos da Xunta contemplan un investimento de 1,5 millóns de euros para a mellora da estrada Ordes-Cerceda, por Mercurín, expropiacións aparte, tal e como contempla o documento presupostario aprobado recentemente. 

As recentes declaracións do PSOE local, nas que negan a existencia de tal compromiso, só poden ser consecuencia do “analfabetismo presupostario” e dos ciumes de mal perdedor de quen efectúa tales afirmacións, Demostran, tamén, unha bochornosa incapacidade para facer política, xa que quen non é capaz de interpretar uns orzamentos e minte impunemente carece de credibilidade.

Ante esta evidente incapacidade do PSOE local, a portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes, Susana García, ponse a disposición da única concelleira socialista de Ordes para axudarlle a localizar os investimentos nos Orzamentos da Xunta para 2016, e acreditar deste deste xeito as partidas comprometidas para ao arranxo da estrada de Mercurín.

“É unha mágoa que toda a enerxía que o PSOE local dedica agora a mentir, non a utilizara en defensa dos veciños de Ordes durante as dúas pasadas lexislaturas, nas que o PSOE fixo de palafraneiro de Regos, o anterior alcalde que, lonxe de tratar de arranxar a estrada de Mercurín, preferiu crear problemas onde non os había e xerou unha débeda millonaria. E todo iso co beneplácito do PSOE, que agora rabea porque o PP busca solucións ás carencias dos veciños a xestiona os recursos públicos con rigor”, afirma a concelleira popular.

Silleda - Un ano máis o concello anticipa a Noitevella

Un ano máis Silleda volve anticiparse á Noitevella con celebracións que chegan na xornada de mañá mércores día 30. A primeira das citas será na Casa da Xuventude, a partir das 17.00 horas coa Festa Infantil de Fin de Ano, na que os máis novos/as serán protagonistas dunha animada sesión, á que se anotaron 90 nenos e nenas.

E a partir das 20.30 horas o preludio de Noitevella chega ata o Centro Social dos Maiores, onde os asistentes realizarán o xa tradicional ensaio de fin de ano, coas badaladas e as uvas por anticipado. Hai xa 150 persoas anotadas nesta cita, organizada pola Concellería de Benestar Social. Haberá pinchos, cotillón de fin de ano e a tradicional toma das 12 uvas. O prezo por persoa para asistir a esta festa é de 5 euros. Logo haberá sesión baile amenizada polo Dúo Punto Zero.

Arzua - Reparto de calendarios

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días se repartirá, entre os veciños e veciñas do municipio, o calendario para o ano 2016 de forma gratuíta.

Nestes próximos días farase o primeiro reparto do novo almanaque por diversos locais de Arzúa e polas parroquias.

As persoas interesadas poden pasar a recoller un exemplar do novo almanaque dende hoxe mesmo na Casa do Concello, na Oficina de Cultura e mesmo na Biblioteca Municipal. E, ademais, haberá exemplares a disposición dos veciños nos locais que colaboran cada mes colocando os carteis da programación cultural: Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Bar Nebraska, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O de Mario, Hotel Suiza, O Furancho de Santiso, Bar Karper, Bodegón O Lar, A Queixeira de Arzúa, Confitería La Esquina, Bar Luis, Bar Manolo e Café Teatro.

Os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial.

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada. Nesta ocasión están adicados ao sector lácteo, procurando ser unha mostra de apoio a un dos sectores produtivos máis importantes e máis castigados da nosa comarca. Cada folla permitiranos, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, pasar un rato entretido lendo e observando os debuxos e citas, obra dos alumnos e das alumnas do CEIP de Arzúa e do colexio Nosa Señora do Rosario en apoio aos nosos gandeiros baixo o lema ‘Falan os nen@s’.

USC - Desenvolven unha nova metodoloxía para estudar inscricións e gravadosen 3D

Investigadores da área de Prehistoria e Arqueoloxía da USC desenvolveron AsTrend, unha nova metodoloxía de posprocesado informático realizada sobre software libre e cunha cámara fotográfica para a reconstrución en 3D de petróglifos, inscricións ou gravados megalíticos. Na actualidade está sendo testada en petróglifos de Campo Lameiro así como en inscricións do Museo do Pobo Galego. Miguel Carrero Pazos, Alia Vázquez Martínez e Benito Vilas Estévez son os responsables deste desenvolvemento que axudará a obter “un rexistro máis exacto dos gravados”.

O proceso, explican os investigadores, parte do traballocun escáner 3D ou cunha metodoloxía de baixo custe denominada fotogrametría de obxecto cercano e “baséase na creación dun modelo tridimensional a partir de series de fotografías que se poden tomar con cámaras convencionais”. O que diferenza o proceso desenvolvido polos investigadores da USC de traballos previos similares “é unha mellora no posprocesado, resaltar as concavidades e convexidades do modelo 3D para ler mellor os seus gravados”. Como explica Miguel Carrero “ata agora existían achegas que, de diferente forma, xogaban con sombras artificiais para poder ver mellor os motivos”, se ben a nova proposta “utiliza as visualizacións típicas da tecnoloxía LiDAR para exaltar detalles”. O resultado é “un rexistro dos gravados moito máis exacto”, aínda que advirten “non debe ser visto como unha superación do calco tradicional, senón como un complemento”.

A proposta deste equipo atópase en vías de publicación e será presentado no ComputerApplications and QuantitativeMethods in Archeology, en 2016 en Oslo, o principal congreso internacional sobre novas tecnoloxías aplicadas á Arqueoloxía, no que os investigadores da USC agardan unha boa acollida.

Antecedentes

AsTrend forma parte do proxecto de investigación ‘Documentación fotográfica dos motivos de cérvidos de Campo Lameiro: prospección arqueolóxica superficial’ que dirixe o profesor de Prehistoria e Arqueoloxía Antón A. Rodríguez Casal, coa colaboración do catedrático da mesma área Ramón Fábregas Valcarce. Esta liña continua os traballos iniciados nos anos 90 polos profesores Antón A. Rodríguez Casal e Lorenzo Gómez González, este último da Facultade de Física, sobre técnicas de reconstrución fotogramétrica aplicadas ao estudo de petróglifos. 

O actual equipo de investigadores está comparando os resultados da metodoloxía cos métodos tradicionais de rexistro, principalmente en petróglifos, liña de investigación con gran tradición no equipo do profesor Ramón Fábregas.

Santiago - Conmemoración dos 30 anos da declaración de Compostela como Patrimonio da Humanidade

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolleu esta tarde o acto co que o Concello celebrou o 30 aniversario da declaración de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Foi unha cerimonia sinxela, conducida pola xerente do Consorcio, Belén Hernández, e que estivo amenizada pola Escola Municipal de Música.

O acto comezou coas intervencións dos voceiros dos catro grupos municipais: Rubén Cela, do BNG; Francisco Reyes, do PSOE, Agustín Hernández, do PP; e Marta Lois, voceira municipal de Compostela Aberta. Os catro fixeron as súas reflexións sobre o que supuxo a declaración de Patrimonio da Humanidade, sobre o conseguido ao longo destes trinta anos, e do que queda por facer de cara ao futuro.

Despois foi a quenda do alcalde compostelán, que explicou que o Concello adiou ata hoxe a celebración deste 30 aniversario, que se cumpriu o día 4 de decembro, para “afastar a celebración da política do día a día, e das eleccións xerais”. Martiño Noriega agradeceu a participación dos voceiros dos catro grupos, e reiterou o seu “ofrecemento a continuar a construír o consenso ao redor das cuestións básicas da cidade”. O rexedor tamén tivo palabras de recoñecemento para o Consorcio de Santiago e para Xerardo Estévez, alcalde da cidade en 1985. 

O tempo das persoas

O alcalde compostelán fixo un repaso pola historia da cidade e polo seu papel como “xénese da identidade colectiva europea”. Tamén recordou as oportunidades que abriu a declaración de Patrimonio da Humanidade, como a creación do Consorcio, o desenvolvemento do Plan Especial da Cidade Vella ou a inclusión no Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. Martiño Noriega salientou que “nestas tres últimas décadas aprendemos, entre todas e todos, a conservar a riqueza patrimonial de Compostela, sentar as bases da cidade vella, e construír colectivamente este respecto polo noso pasado”. Agora, dixo o rexedor, “procuramos novos fitos, un novo xeito de facer as cousas que se centre nas persoas, nas súas necesidades, nas súas opinións, no seu benestar”. Para Martiño Noriega, o reto de futuro é “superar esta visión exclusivamente museística de Santiago, e facer unha grande reflexión colectiva sobre a nosa cidade como punto e destino de millóns de persoas.”

O alcalde quixo aproveitar o acto para convidar a toda a veciñanza a participar no deseño do novo Plan Especial que marcará as estratexias de cidade para as próximas décadas, un Plan que tén que ser “participado e colocando o foco nas persoas”. E é que, di Martiño Noriega, “vós, as persoas, a xente, sodes o noso principal patrimonio. Sabemos que levades a Santiago no corazón e é por iso que sodes os Corazóns de Compostela”. 

Conferencia de Xerardo Estévez

A conmemoración do 30 aniversario da declaración de Santiago como Patrimonio da Humanidade tivo como especial protagonista ao que era rexedor de Compostela en 1985, Xerardo Estévez. O ex alcalde pronunciou unha conferencia baixo o título “Cidade histórica e Camiño, un mesmo porvir”.

O acto desta tarde reuniu no CGAC á práctica totalidade da corporación municipal, e a distintas autoridades como o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, o arcebispo, monseñor Julián Barrio, o ex alcalde Xosé Sánchez Bugallo, o ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e varios ex concelleiros. Tamén estivo representada a cidadanía compostelá, a través de membros de colexios profesionais, asociacións de empresarios, comerciantes e profesionais, colectivos veciñais e cidadanía en xeral.

Lalín - Apoio ao comercio local

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, insistiu hoxe no decidido apoio do Goberno ao comercio local, tras “unha etapa nefasta de 25 anos de abandono do sector por parte do Partido Popular”. Ese abandono concretouse, durante a etapa do PP, “na total ausencia de plans de dinamización para o comercio, o que sumado á ausencia de accións para afrontar os efectos da crise derivou nunha alarmante cifra de peche de locais en Lalín, sobre todo na rúa Principal”. 

Agora, un dos principais obxectivos do Goberno local pasa por sentar as bases por reverter esta situación e adoptar as medidas precisas que propicien que o sector recupere o seu esplendor pasado”. Desta maneira, os orzamentos do Concello para o vindeiro ano -que foron aprobados o pasado 11 de decembro- contemplan un incremento substancial das partidas destinadas ao apoio ao comercio e aos emprendedores. “Trátase”, afirma Cuíña, “de activar ese círculo virtuoso no que Lalín sexa de novo un lugar atractivo para investir, no que a xente volva as rúas -sobre todo coa peonalización- e no que o incremento de vendas no sector propicie máis demanda e, en consecuencia, a apertura de novos locais”. 

O rexedor afirma ademais que “esta é unha folla de ruta na que cada unha das medidas se debate e se acorda cos propios representantes do sector”. As xuntanzas con membros da AED así como as reunións con representantes do comercio e a hostalería son constantes, o que debuxa un panorama de colaboración “moi afastado da actitude á que nos tiña afeitos o PP nesta materia”. “É ridículo que o Partido Popular non asistira a ningunha das reunións que se convocaron nos últimos meses para tratar diferentes asuntos cos comerciantes, mentres, ao mesmo tempo critican que non hai reunións, o que é completamente falso, como ratificou onte mesmo a AED”. 

“O peor”, segundo Cuíña, “é que no canto de apostar polo comercio, como estamos a facer nós, o PP dedicábase a gastar inxentes cantidades de cartos públicos polas desfeitas do Goberno do señor Crespo na xestión do parking Europa”. Neste sentido, os datos son claros: o Concello tivo que facer fronte o pasado mes de xaneiro a unha factura de 24.931,20 euros por servizos xurídicos externos e a outra este pasado 28 de decembro por valor de 35,985,60 euros e polo mesmo concepto. En total máis de 60 mil euros que sen dúbida os comerciantes estarían encantados de utilizar para promocionar e revitalizar un sector que “o PP se empeñou en deixar morrer durante anos”.

Para rematar, o alcalde amósase preocupado pola deixación de funcións do PP neste e noutros asuntos que afectan ao interese xeral de Lalín. “Se o mirase dende o punto de vista egoísta, debería estar contento con esta oposición de perfil baixo tirando a nulo, pero non é a que merece unha vila como Lalín, que leva anos sufrindo as consecuencias da incompetencia dos políticos do antigo réxime do Partido Popular”.

Silleda - O programa de intervención integral a persoas con Alzhéimer comeza o vindeiro mes

O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO) comezará xa o vindeiro mes de xaneiro. O programa, iniciado con éxito este ano, amplíase coa creación do Centro de Información e Asesoramento e cun orzamento que se quintuplica, pasando de 4.000 a 18.000 euros, ao eliminarse o copago do usuarios. 

O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar Social, Pili Peón, desprazáronse hoxe a Pontevedra á sede de AFAPO para asinar co presidente da entidade, José Manuel Fontenla o convenio polo que se poñerá en marcha esta iniciativa, “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade o rexedor. 

O programa comezará co curso destinado a familias coidadoras. Desenvolverase os días 21 e 28 de xaneiro e o 4 e 11 de febrero, en horario de 17.00 a 19.00 horas. Hai 25 prazas e as persoas interesadas en participar poden informarse e inscribirse no departamento de Benestar Social (986 592037).

Valoración dos usuarios no mes de febrero e talleres de marzo a decembro

A seguinte actuación será a valoración dos usuarios que se inscriban nos obradoiros de estimulación cognitiva. Personal especializado de Afapo valorará ás persoas que se anoten para participar nos obradoiros dos días 24 e 25 de febrero. 

Estes obradoiros celebraránse todos os martes e xoves, dende o 1 de marzo e ata mediados de decembro, agás no mes de agosto. O horario será de 10.30 a 12.30. 

“As familias xa poden informarse e anotarse tanto para o curso de coidadores como para os obradoiros dirixidos ás persoas con Alzhéimer e outras demencias”, explica a concelleira de Benestar. 

Tanto o curso para as familias coma os obradoiros volverán a realizarse a igual que neste último ano nas dependencias da Casa da Xuventude.

Centro de Información e Asesoramento, no Centro Social

A aposta do Concello de Silleda por este programa de intervención sobre o Alzhéimer tamén queda patente coa creación do Centro de Información e Asesoramento que estará a disposición das persoas interesadas dende o día 2 de marzo, atendido por persoal especializado de AFAPO unha vez ao mes.

O Centro situarase nas dependencias de Benestar Social, no Centro Social de Silleda, e estará aberto ao público cada primeiro mércores de mes ata decembro, en horario de 11.00 a 14.00 horas. 

“Estarán a disposición do público para resolver calquera cuestión relacionada con trámites administrativos, xurídicos, ou sociais relacionadas con esta enfermidade”, sinala a concelleira de Benestar Social.

Dos 4.000 euros aportados polas arcas municipais neste ano 2015, o orzamento na loita contra o Alzhéimer, pasará case a quintuplicarse, cunha inversión de 18.835 euros.

Esta aportación municipal supón eliminar o copago dos usuarios, que ata agora asumían unha parte do custe dos obradoiros, unha das actividades do programa. “Queremos facer a nosa aportación na eliminación dun copago inxusto, que aínda se mantén noutros ámbitos da atención sanitaria, cun esforzo económico que estamos seguros merece a pena”, indica o alcalde explicando que o Concello asumirá todos os gastos derivados deste programa.

Obxectivos

Dende AFAPO explícase que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias. 

A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación.

Ames - O concello asina un contrato para seguir usando os locais de Aldea Nova

O alcalde de Ames, José Miñones, e o responsable da empresa Construcciones Ruafer S.A., José Manuel Lareo, acaban de asinar o contrato de alugueiro para poder seguir usando os 12 locais do Centro de usos múltiples de Aldea Nova, onde están situadas as aulas da Escola de Música, o local do Roupeiro Municipal ou do proxecto Lentura, entre outros servizos. Este contrato terá unha duración de 6 anos, e ao seu remate o Concello de Ames terá a posibilidade de adquirir estes locais. A sinatura deste contrato foi aprobada pola corporación municipal no pasado pleno extraordinario celebrado o 21 de decembro.

O Concello de Ames poderá seguir utilizando os locais do Centro de usos múltiples de Aldea Nova grazas ao acordo ao que chegou o goberno municipal coa empresa Construcciones Ruafer S.A. Este acordo materializouse no contrato de alugueiro que acaban de asinar o alcalde de Ames, José Miñones, e o responsable de dita empresa, José Manuel Lareo, a través do cal o Concello de Ames recibe os 12 locais en réxime de alugueiro con opción de compra.

O alcalde de Ames, José Miñones, recorda que “en xaneiro de 2006 o Concello de Ames asinou un contrato de comodato coa empresa Ruafer para facer uso destes locais. Este contrato rematou no ano 2011, pero a pesar diso seguiuse facendo uso destes locais do Centro de usos múltiples de Aldea Nova. Durante a duración do contrato de comodato o Concello realizou varias obras de acondicionamento para destinalos aos fins pretendidos. Este goberno dende o pasado mes de xullo leva negociando con Ruafer e finalmente chegamos a un acordo que se reflicte na sinatura deste contrato”.

O contrato asinado coa empresa Ruafer recolle o alugueiro dos 12 locais do Centro de usos múltiples de Aldea Nova por un importe de 2.100 euros mensuais, máis o IVE correspondente, por un período de 6 anos. Unha vez pasados eses 6 anos, o Concello disporá da opción de adquirir eses 12 locais por un prezo de 525.720 euros, máis o IVE correspondente. As achegas mensuais que fará o Concello quedarán amortizadas no caso de que se decida adquirir os locais. Deste xeito, descontaríanse 151.200 euros ao prezo de compra, polo que o importe a pagar pola adquisición dos devanditos locais sería de 374.520 euros.

Obras de reparación a cargo do propietario

A cambio da sinatura deste contrato a empresa Ruafer comprométese a realizar as obras necesarias para arranxar os problemas de humidade e entrada de auga que hai nalgún dos locais. Ademais, os desperfectos que se poidan producir durante a vixencia do contrato, e que sexan alleos ao uso ordinario que o Concello faga dos locais, corresponderalle ao propietario realizar as reparacións necesarias. A devandita empresa tamén se compromete ao pago do imposto de ben inmobles (IBI) na súa condición de propietario destas instalacións. 

Cómpre lembrar que no Centro de usos múltiples hai cinco salas insonorizadas onde se imparten as clases da Escola Municipal de Música de Ames; unha sala de agarda para os pais e nais que teñen aos seus fillos/as matriculados na EMMA; o proxecto Lentura, o Viveiro de empresas (que leva catro anos parado e que se vai poñer en marcha de novo); o Roupeiro municipal; e tamén se imparten clases de ximnasia das escolas deportivas.

Brión - O concello arranxará os destrozos da unitaria de Luaña, o Tele Club e o campo de fútbol

Un grupo de descoñecidos destrozou durante a pasada Noiteboa o interior da escola unitaria da Luaña (Brión) e causou importantes danos materiais no teleclube parroquial e no campo de fútbol, emprazados a menos de cen metros do centro escolar. O alcalde de Brión, José Luís García, explica que “descontando os equipos informáticos, para os que xa se solicitou unha axuda á Xunta para a súa reposición, os nosos técnicos estiman en 4.500 euros os danos causados no interior da escola unitaria, onde xa comezaron a traballar os nosos obreiros para que poida estar reparada de cara á volta das vacacións escolares”.

Os destrozos tiveron lugar durante esta Noiteboa, momento no que un grupo de individuos forzou a porta da escola unitaria da Luaña, rompeu os ordenadores e as pantallas, destrozou o mobiliario e baleirou os extintores no interior do inmoble. Acto seguido, desprazáronse uns cen metros ata o teleclub parroquial, onde forzaron a porta, queimaron e romperon as fichas dos equipos de fútbol da parroquia, rompéronlles as camisetas e material deportivo, e pintarrajearon as paredes do local. Finalmente, tamén entraron no campo de fútbol, onde romperon a porta e diverso material deportivo, como a carreta que se usa para marcar as liñas do campo. O grupo deuse á fuga cando foi sorprendido por uns veciños da zona.

José Luís García indica que “aínda non temos unha valoración económica dos destrozos no teleclub e no campo de fútbol, xa que nos estamos centrando en reparar a unitaria para que estea lista para a volta dos rapaces despois das vacacións de Nadal. Pero despois tamén arranxaremos ambas instalacións”. A Policía Local de Brión xa presentou a súa correspondente denuncia dos feitos diante da Garda Civil e agárdase poder dar cos culpables grazas á colaboración veciñal. De feito, dende o Concello de Brión fan un chamamento á colaboración de todos os veciños e veciñas da zona para tratar de identificar aos responsables destes destrozos.

Ames - Entre o 14 e o 20 a Policía Local realizou 280 controis de alcol

O Concello de Ames colaborou coa Dirección Xeral de Tráfico no desenvolvemento da campaña especial de vixilancia e control de alcol e drogas, que se levou a cabo entre os días 14 e 20 de decembro. Os axentes da Policía Local de Ames realizaron 280 controis de alcol e 27 probas de drogas. O resultado foi moi satisfactorio xa que ningún condutor, que foi sometido a estes controis, deu positivo. Ademais, os axentes proporcionáronlle información aos condutores sobre a necesidade de conducir sen inxerir ningún tipo de bebida alcohólica ou substancia estupefaciente. 

A principal razón da posta en marcha deste tipo de campañas de vixilancia e control, que neste caso se desenvolveu entre os días 14 e 20 de decembro, é que o aumento dos controis preventivos é un dos factores que está a favorecer un cambio de comportamento dos cidadáns sobre esta materia. Durante os sete días que durou esta campaña, que puxo en marcha a Dirección Xeral de Tráfico, os axentes da Policía Local de Ames reforzaron os controis de alcol e drogas nas estradas do municipio e nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. 

En total, realizáronse 307 controis repartidos en sete días (o primeiro día 44; o segundo día 37; o terceiro día 64; o cuarto día 27; o quinto día 59; o sexto día 48; e o sétimo e último día 28). Probas de alcol fixéronse 280, mentres que probas de drogas leváronse a cabo 27. O resultado foi moi satisfactorio xa que ningún condutor, que foi sometido a estes controis, deu positivo.

O alcalde, José Miñones, que é o responsable de seguridade, afirma que “hai que estar satisfeitos dos resultados que arroxan esta campaña xa que dan mostra do bo comportamento e da concienciación que existe entre a veciñanza amesá cando collen o seu coche. Aínda así, durante estas datas hai que extremar as precaucións cando se colle o coche. Sobre todo de cara á noite de fin de ano na que un gran número de persoas acoden a festas para celebrar a chegada do novo ano”.

USC - Número 38 da revista de antigos alumnos Fonseca

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela publicou un novo número, o 38, da súa revista corporativa, FONSECA. A edición só ten soporte dixital; muda o seu deseño e maquetación, xa que se pode visualizar en Internet como se fose unha revista impresa; e o período, neste caso, é anual, recollendo actividades de todo o 2015. Desde a súa posta a disposición na rede hai quince días, acumula unhas 750 descargas, que corresponden principalmente a España, pero tamén a países americanos e europeos:



A publicación abre con senllas mesas redondas sobre a universidade, que se celebraron nos campus de Lugo e Santiago. Dedica tres páxinas a unha entrevista co traumatólogo de Mondoñedo que operou da cadeira ao Rei Xoán Carlos en 2013: o doutor Cabanela, que vive en USA, indica nas súas declaracións que atopa á Súa Maxestade “moi ben, feliz e optimista”. A Valedora do Pobo, Milagros Otero, tamén é obxecto dunha entrevista. 

O repaso das múltiples actividades socioculturais da entidade, como a homenaxe cidadá a Giner de los Ríos (fundador da Institución Libre de Enseñanza) ou a realización do Camiño do Norte desde Tapia de Casariego (Asturias), así como seccións de nomes propios, a presenza da entidade na Rede, o premio de Relato Curto, as novidades do Servizo de Publicacións USC e o recanto da memoria, completan os contidos informativos. 

No apartado de Opinión escriben sobre diversos asuntos de actualidade os profesores Felipe Trillo, Peregrina Quintela e Anxo Tarrío. O doutor Sánchez Salorio publica unha peza de cando el se formaba co doutor Castroviejo en Nova Iorke. A revista finaliza cun emotivo obituario da catedrática da USC Esperanza Guisán, que asina a súa colega da Universidade Autónoma de Barcelona Victoria Camps. A contraportada está dedicada a un debuxo feito desde a torre sur da catedral de Santiago, obra do arquitecto do Consorcio de Santiago Pablo Tomé, que tivo a xenerosidade de cedelo a esta publicación que suma 32 páxinas.

Reforzo da xunta directiva

Alumni USC, nome co que tamén se coñece a entidade, celebrou este decembro unha asemblea extraordinaria na que se acordou a incorporación de catro novas persoas á xunta directiva. Son os profesores universitarios Carlos Herrero Latorre e Jesús López Romalde, a profesora de Secundaria María Xosé Taibo Mirón e a economista Isabel Aneiros Penedo.

Tamén se fixo unha pequena reorganización, pola que Julia Melgar Riol, ata agora vogal de Lugo, pasa a ser a vicepresidenta da Asociación, en substitución de Francisco Durán Villa, que pasa a ser vogal a petición propia. A presidenta, Benita Silva Hermo, explica que cumpría “reforzar” a directiva cara a 2016, data en que a entidade celebrará o vixésimo aniversario da súa existencia.

Axenda e tempo do martes 29 de Nadal - Música, teatro, exposicións

Santiago Numax

Santiago - Ánxel casal - Musicando na Biblioteca

Ames - Casa da Cultura do Milldoiro - Pitusa Semifusa

Exposicións

Santiago - Galería 30 - Lamujer de agua sigue cantando (ata o 4 de xaneiro)

Santiago - Auditorio de Galicia - Salto de páxina (ata febreiro 2016)


Santiago - Área Empresarial do Tambre - exposición do colectivo Artefacto (ata o 8 de xaneiro)


O Tempo

Lindeiros - A nosa inocentada sobre a senda verde de Ames foi a máis vista da web

A noticia que explicaba que o concello de Ames convertiría a senda verde nunha estrada con beirarrúas foia máis vista do día de onte. A nosa inocentada esperamos que non se convirta en realidade, a xenda que una Bertamiráns e Milladoiro o que precisa e de nova sinalización e ser promocionada pero nunca convertila nunha estrada.



Ames - Pitusa Semifusa na Casa da Cultura do Milladoiro

Este martes, 29 de decembro, os nenos e nenas amesáns están convidados a participar no espectáculo Pitusa Semifusa, un concerto con pezas sinxelas a cargo de Seispés producións creativas. A representación terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, a partir das 17:00 horas. A través deste espectáculo o público poderá aprender máis sobre as características das familias de instrumentos. 

Pitusa Semifusa é unha nena inqueda e á que lle encanta a música. Tremendamente curiosa, Pitusa aprenderá grazas ás ensinanzas da súa avoa, unha directora de orquestra, curiosidades sobre as familias de instrumentos. A personaxe é unha creación da pandereteira e pianista ourensá Olga Brañas, que no 2014 presentou nun concerto a Pitusa e á súa avoa. 

Ambas personaxes son as protagonistas dun libro-disco, que Olga Brañas publicou da man da Editorial Galaxia, e no que colaboraron músicos galegos como Quim Fariña, Uxía ou Sergio Tannus. Dese libro-disco nace o espectáculo homónimo. Pitusa Semifusa son a propia Olga Brañas, interpretando á avoa, e Xiana Landra no papel de Pitusa. 

Olga Brañas creou a Pitusa pensando especialmente nos pequenos, querendo aportar unha ferramenta a pais, nais e educadores que axude a que nenos e nenas dean os seus primeiros pasos na música de forma amena, pero sempre con música de calidade para, en palabras da propia compositora “ir máis aló dos acordes e instrumentos básicos e da instrumentación típica, para que cando sexan maiores poidan distinguir e gozar da música de calidade". 

A entrada para o espectáculo ten un custe de 4 euros, cun desconto do 50% para os nenos e nenas de menos de 12 anos, os estudantes universitarios que presenten o seu carné e os maiores de 65 anos. As entradas poden reservarse ata o martes 29 de decembro, ás 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org.

Biblioteca Ánxel Casal - Musicando na Biblioteca

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal presenta, no marco da iniciativa “Musicando nabiblioteca”, un concerto didáctico de frauta traveseira baixo o título “Unha frauta chea de contos” a cargo de Luis Soto, quen xa en anos anteriores obtivo un gran éxito. A actividade terá lugar hoxe martes 29 de decembro ás 18.30h no Salón de Actos da Biblioteca e a entrada será libre ata completar a capacidade da sala,

Os pequenos poderán disfrutar dun conto falado e tocado, cunha parte didáctico-práctica na que o 
público infantil que se achegue á Biblioteca cun instrumento musical poderá participar activamente. O artista interpretará fragmentos de obras de Bach, Mozart, Prokofiev e Satie. Como peche, tocará dúas pezas para frauta e violino cos seus fillos, Lucas e Cecilia cos que forma o Trío do Acivro.

Luis Soto é profesor na Real Filharmonía de Galicia e ocupa o posto de Frauta-Frautín nesa mesma 
orquestra, onde tocou baixo as batutas de decenas de directores de gran prestixio asi como con solistas de renome internacional. Os seus mestres máis salientables foron Antonio Arias en Madrid, Pierre Dumail e Hubert de Villele en París e J.C.Gerard e Aurele Nicolet en Alemaña. A súa traxectoria artística abarca desde entón centos de concertos en todo o mundo, gravacións para a radio, televisión e discos –como a integral de Joaquín Rodrigo xunto co guitarrista Carles Trepat para o selo EMI Classics-, así como a impartición de cursos de formación e perfeccionamento a xóvenes de todas as idades. Entre os premios acadados por este artista destaca o Primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o Segundo premio no Lucien Wumser, ámbolos dous en París. Luis Soto é tamén un dos membros fundadores do Taller Atlántico

Contemporáneo (TAC) e desenvolve, xunto a Diego García (piano), o proxecto GALICIA XXI no que 
interpretan o repertorio galego para estes dous instrumentos. "Musicando na Biblioteca" xurde da vontade de colaboración entre a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal e institucións adicadas ao ensino musical. Nesta cooperación é fundamental o labor dos alumnos e dos seus profesores, que ofrecen a súa interpretación dun xeito xeneroso e desinteresado a todos os composteláns que queiran achegarse á Biblioteca para desfrutar coa música.