Nota de prensa do BNG da Estrada: 10 anos na rede

10 anos na rede

O BNG da Estrada ten a súa principal canle de información na web (http://www.benega.info/aestrada/) que leva activa 10 anos. Toda canta actividade política que levamos a cabo durante todo este período está ao alcance de todo o mundo; e mesmo, por si soa, esta web, constitúe un arquivo histórico da traxectoria política do BNG na Estrada.

A loita do IBI, levada a cabo xunto cos veciños e veciñas da Estrada, a denuncia do BNG contra a corporación municipal do PP do ano 1995 por conceder licenzas ilegais, as nosas propostas para o Agro, a industria do Móbel, cultura, etc, todo está a disposición de todos e todas.

Un paso máis
En 2010, 10 anos máis tarde, o BNG segue a apostar pola rede como a súa principal canle de información, e métese de cheo nas redes sociais, que, ademais de ser excelentes ferramentas comunicativas e de relación social para as persoas, tamén o son para os colectivos como o BNG, porque dun xeito moi sinxelo facemos chegar información, e de xeito exponencial, a moitas persoas. Por este motivo o BNG da Estrada abriu a súa respectiva canle nas redes sociais máis utilizadas hoxe en día, como son Facebook (http://www.facebook.com/bngaestrada), Tuenti (http://www.tuenti.com/ e Twitter (http://twitter.com/bngaestrada) agardando, que como o é a nosa web, sexan de interese para todos aqueles e aquelas que queiran estar non só ao día do que pasa no seu concello, senón saber que é o que fai o BNG.

--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
http://twitter.com/ixosemanuel