O Día do Libro e Expo Ordes citas da xornada na axenda


Axenda    


Día del Libro y Día de la Danza en Área Central

Hoy sábado, cuentacuentos sobre el libro "El monstruo de colores", que trata sobre los sentimientos

A biblioteca Ánxel Casal celebra hoxe o Día do Libro

Hoxe a Biblioteca Pública de Santiago "Ánxel Casal" invita aos composteláns a sumarse á celebración do Día do Libro participando das seguintes actividades :

A Universidade inaugura: ‘Tres escritores, tres culturas: Cervantes, Shakespeare, Rubén Darío’

Cervantes, Shakespeare e Rubén Darío. Tres autores universais que confluíron na construción dun diálogo que vai alén das épocas, das linguas e das culturas; tres formas de entender o mundo diferentes e complementarias ao mesmo tempo. Un bo exemplo do que a interculturalidade pode ofrecer. 

Sábado entre libros e música para celebrar o Día do libro en Ames

O Concello de Ames conmemora o Día do Libro cunha feira de libros na praza do Concello de Bertamiráns. A veciñanza poderá participar en obradoiros, intercambiar, mercar ou deixar libros, e gozar da música de Tiberevi e Lydia Botana

Ames Novo pregunta ao goberno municipal sobre un camiño en Ortoño

Ames novo pregunta ao Concello de Ames polas medidas que levou a cabo a administración local respecto da reposición dun camiño público na zona do Castro de Ortoño sobre o que existe unha sentenza desde o ano 2006. 

O BNG de Teo lembra a Batalla de Cacheiras

O BNG de Teo celebrará un acto ao que convida a tódolos nacionalistas, para lembrar o feito histórico co que rematou a Revolución Galega de 1846, a Batalla de Cacheiras.

Cidadáns Ames lamenta que non se dese ningún paso para nomear Cronista Oficial a Maximino Viaño

O insigne veciño de Ames foi un dos socios fundadores de Feiraco e firme defensor do campo galego como base do desenvolvemento de Galicia

Lalín pedirá, nunha moción, que os orzamentos do estado non teñan máis recortes

A mediados deste mes de abril o ministro de Hacienda y Administraciones Públicas anuncia un novo recorte nos orzamentos xerais do Estado para este ano 2016. En concreto, Cristobal Montoro, explicaba que o Goberno central vai aprobar un acordo de non dispoñibilidade do gasto nos orzamentos por importe de 2 mil millóns de euros, o equivalente a dúas décimas do Produto Interior Bruto.

O Concello de Lousame obtivo un Remanente de Tesourería de 39.000 euros o ano pasado

O pleno aproba, cos únicos votos a favor do Grupo de Goberno, executar as obras de reparación das deficiencias cometidas por Aldasa SLU na execución do vial de enlace entre a DP-4201 e a DP-1105

O Psoe de O Pino denuncia a hipoteca que supón un novo crédito cos bancos

O PSOE de O Pino afirma que o crédito solicitado polo Concello para facer fronte ás indemnizacións do caso Fadesa “hipoteca o futuro económico do municipio”.
Denuncián que entre 2018 e 2025, as arcas municipais deberán afrontar desembolsos anuais de 153.000 euros.

Azaloira reunirá o 8 de maio na Bandeira, en Silleda, a 17 agrupacións folclóricas

O certame organizado por Fortín da Pomba volve apostar por potenciar a canteira dos grupos de baile, con dúas categorías 

Presentada o cartel musical da Festa do Melindre

Onte o Concello de Melide presentou en rolda de prensa o cartel musical da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide. 

Quen é quen na exposición Galicia Máxica?

Ordes inaugurou a mostra Galicia Máxica cunha boa participación do público, a maioría dos asistentes buscaron entre as fotos aqueles a quen puideran coñecer

O Concello de Ordes reabre ao tráfico á rúa Reverencia

Dende onte os peóns contan con máis seguridade ao non ter que invadir a calzada pola que circulan os vehículos para completar o seu traxecto

Poesía e Feiras pechan a semana laboral na axenda


Axenda    


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria inaugurará hoxe ExpoOrdes 2016

Terá lugar do 22 ao 24 de abril. O Concello de Ordes aproveitará a cita para presentar a súa nova páxina web. Paralelamente celebrarase o I Salón de Moda e Eventos. Darase conta de máis de 3.500 quilos de champiñón 

Lectura pública da obra de Manuel María na praza de Cervantes

Noutros lugares de Galiza como Ferrol, Pontevedra, Lugo, Vigo, A Coruña, , Ourense, Lalín, Vilalba… tamén se organiza esta actividade que é promovida pola Fundación Manuel María de Estudos Galego

Brión conmemorará o Día do Libro con actividades centradas en Manuel María

O Concello de Brión ten programadas tres actividades para conmemorar o Día do Libro, dúas dirixidas a escolares do CEIP de Pedrouzos e da Escola Infantil Municipal que terán lugar hoxe venres 22 de abril e outra aberta ao público en xeral e que xirará en torno á figura de Manuel María, poeta ao que este ano se dedican as Letras Galegas.

O Consorcio conmemora o Día Internacional do Libro regalando publicacións as persoas que visiten a Casa do Cabido mañá sábado

O organismo obsequiará con libros tanto aos adultos como ao público infantil e xuvenil

Mañá a Escola de Altos Estudos Musicais e rapaces dos conservatorios galegos daran un concerto conxunto

A cita será no auditorio do centro, ás 21:00 horas, e as entradas son gratuítas ata completar aforo

O BNG de Padrón denuncia a carencia de apoio ao comercio local

O BNG presentou un escrito no Concello denunciando a carencia dunha política de apoio ao comercio local por parte do goberno municipal do P.P. e as incoherencias deste goberno nas súas actuacións en relación co comercio de Padrón. 

Gremio de Hospedaxe advirte da necesidade de regular a oferta de hospedaxe

A asociación, composta por empresarios das distintas rutas Xacobeas en Galicia, recorda que o intrusismo en forma de alugueres clandestinos está a ser unha queixa recurrente entre os establecementos do Camiño. Recordan que en 2015 en Santiago de Compostela había máis de 1800 prazas non reguladas a maioría concentradas no casco histórico o que está a comportar un serio problema económico.

Agustín Hernández acusa a Compostela Aberta de saltarse a lei de contratos

O voceiro popular subliña que, tal e como recolle a normativa, está prohibido empregar as contratacións de emerxencia para a xestión ordinaria, como é o arranxo das fochancas

Pacto X Ames denuncia o mal estado das fontes do concello

Indignación e enfado dos veciños porque unha boa parte das fontes do concello de Ames apareceron coa sinal de “auga sen garantía sanitaria” causando alarma e preocupación. Non hai constancia de que se fixeran análises.
O concello non comunicou a ninguén esta actuación e fontes moi frecuentadas para a recollida de auga para beber como a de Castrigo, O Pedregal ou Bentín, entre outras, teñen este cartel.

Xornada de karate infantil interclubs este sábado en Bertamiráns

O CD Karate Ames organiza un encontro para os rapaces e as rapazas dos clubs da contorna das categorías de benxamín a xuvenil. O seu adestrador ideou esta xornada para "que alumnos e alumnas deixen os ximnasios" sen que sexa necesariamente para participar nun torneo

O CV Bruxas compiten mañá en Ourense no campionato galego de voleibol

O encontro das categorías masculina e feminina terá lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense. As semifinais comezarán ás 10:00 horas en pistas contiguas. Neste partido as amesás enfrontaranse ás xogadoras do AD Xiria

O Tenis de mesa feminino de Oroso protagonista da fin de semana

Dos serán las expediciones femeninas que flete el Tenis de Mesa de Oroso con el objetivo de alcanzar sendos ascensos. La primera, partirá hoy rumbo a Valladolid, donde el Autos GRabanxa ABANCA, primer equipo femenino de la entidad, disputará la fase de ascenso a la máxima categoría nacional: la SuperDivisión Nacional Femenina.

A Deputación da Coruña achega ao Concello de Ordes 52.000 euros para o Plan de Emprego Local

O Psoe destaca que esta cantidade triplica as aportacións feitas polo anterior equipo de goberno provincial

O Torneo F-8 de Fútbol Base Lousame 2016 reforza a súa faciana máis social

A competición, que admite inscricións ata o vindeiro luns 25, ten aínda algunha praza libre
O sábado 30 dispútase a categoría prebenxamín e o domingo 1 as benxamín e alevín

O BNG de Touro solicita medidas para evitar o “catastrazo” nas explotacións agrarias

O Goberno do Partido Popular aprobou a finais de 2012 a Lei 16/2012, que incorporaba medidas tributarias en diversos ámbitos, entre eles o ámbito local, modificando a lei do catastro inmobiliario aprobado polo real decreto 1/2004. Con esta lei consúmase un segundo “catastrazo”, ao recoller un proceso de regularización catastral, despois do realizado no 2011 cando se subiran os tipos impositivos aplicables ao IBI. 

'Con A de comarca', as escritoras da Mancomunidade de Ordes no Día do Libro

Varias xornalistas darán voz ás principais literatas da zona nun proxecto que se difundirá nas plataformas dixitais dos concellos e do ente supramunicipal

Teo busca aforrar un 65% do consumo eléctrico

Esta iniciativa forma parte do programa Teo Sostible a través do que tamén se iniciará un programa de loita contra a pobreza enerxética no Concello

A USC e as universidades iranianas buscan novas vías de cooperación e intercambio

Unha delegación da USC está estes días de visita en Irán 

As primeiras plantacións do centro agrario de Silleda Terán lugar nos próximos días

O Alcalde expúxolle os adiantos do proxecto aos voluntarios nunha reunión celebrada esta tarde no concello. As malas condicións meteorolóxicas están retrasando un novo avance 

A USC no sexto posto das universidades españolas máis comprometidas co Software Libre

A Universidade de Santiago é a sexta das 76 universidades españolas avaliadas poloseucompromiso na difusión do software libre (SL). Así se desprende do Ránking de Universidades en Software Libre (RuSL) na súa edición de 2016. A comparativa realízase en base ao indicador IDSL, no que a USC alcanza 53,95% fronte aos 34,45 de 2015, edición respecto da que mellora dúas posicións.

Música, libros, danza... unha axenda moi completa este xoves


Axenda    


Ordes inaugura a mostra fotográfica 'Galicia Máxica'

O Museo do Traxe acollerá hoxe xoves este acto aberto a todos os veciños e veciñas. As máis de 170 imaxes estarán expostas ata o vindeiro 8 de maio

Leo Minax volve as Crechas

O brasileiro Leo Minax, de novo nas Crechas para presentar o seu novo disco, ‘Lo que no estaba escrito’. Será hoxe xoves as 21:00. Entre os artistas convidados, Leo compartirá escenario co tamén brasileiro Fred Martins

Concerto da Real Filharmonía dirixida por Lorenzo Viotti e co piano de Steven Osborne

El prestigioso pianista escocés Steven Osborne toca mañana jueves con la Real Filharmonía de Galicia. La batuta la llevará el joven director franco-suizo Lorenzo Viotti, que con tan sólo 26 años ya es aclamado internacionalmente

Contacontos, para os máis pequenos, hoxe en Brión

A sala infantil da biblioteca de Brión acollerá hoxe xoves un contacontos de Carmen Domech para nenos e nenas maiores de 4 anos

Libros conversos no Museo do Pobo Galego con Pepe Cáccamo e Baldo Ramos

Este proxecto que acolle O Museo do Pobo Galego xorde como un diálogo entre creación literaria e creación plástica. Hoxe será inaugurado no Museo do Pobo Galego as 19.30 horas

O PAS suporá un millón de euros para o rural de Compostela

O concelleiro Rafael Peña presentou as inversións en rolda de prensa

O Psoe acusa a Xunta de favorecer as eléctricas en Dombodán, Arzúa, prexudivcando aos veciños

Abel Losada critica unha actuación evitable e contraria aos veciños e á Corporación Municipal

O Santiago Futsal xogará un partido homenaxe ao ‘capi’ Diego Quintela

O club homenaxeará ao xogador de Arzúa tras 8 tempadas vestindo a elástica do Santiago Futsal. Retirarase a camiseta co número 23, dorsal que Diego Quintela porta nas súas costas desde o seu debut co primeiro equipo. O prezo das entradas será 5€ para Adulto e os menores de idade accederán gratis

Ames desenvolve unha campaña de sensibilización enfocada aos propietarios de mascotas

Na actualidade estase desenvolvendo a primeira fase desta iniciativa, a través da cal se fomenta unha convivencia responsable e cívica. A campaña quere incidir e insistir sobre os riscos sanitarios e ambientais que supón o abandono de excrementos na rúa e nas zonas verdes

O PSOE de Ordes insta ao Concello a resolver os problemas eléctricos no polígono de Merelle e en Buscás

Os socialistas entenden que os problemas de insuficiencia de potencia eléctrica no polígono, unidas aos problemas da Internet, prexudican o normal desenvolvemento das empresas e dificultan o asentamento doutras novas

Sol Picó presenta en Santiago ‘W.W. WE WOMEN’, finalista a mellor coreografía nos premios Max de teatro

Será o luns que vén, día 25, ás 20.30 h no Auditorio de Galicia, dentro do Programa Platea. Picó pregúntase pola condición de muller, enriquecendo a súa mirada coa de mulleres de todo o mundo e partindo das disciplinas que practican as artistas coas que colabora

Brión aproba no pleno de abril a adhesión ao proxecto "Vilas termais"

O pleno tomou coñecemento da renuncia da concelleira Patricia Agrafojo (PP) por motivos persoais e laborais. Será substituída por Saturnino Abete

Silleda subscribe o convenio de colaboración coa Xunta para a prevención e defensa de incendios forestais

Subscribiuse a dúas actuacións nun plan de vixencia trianual

Curso de fruticultura coa Aula da Natureza de Ames

A concellaría de Medio Ambiente organizou, para os meses de abril, maio e xuño, diversos obradoiros de fruticultura, cosmética natural e cestería, dúas rutas e unha saída aos Ancares para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente.

Oroso comeza as obras da senda peonil de acceso ao CEIP do Camiño Inglés

Intalarase unha baranda de seguridade entre o novo paso de peóns e a rotonda. A obra supón un investimento de 60.000 €.

Aberto o prazo de inscrición para un obradoiro de narración oral impartido por Charo Pita en Ames

As clases, que son gratuítas previa inscrición, terán lugar os días 25 de abril e 11, 16 e 18 de maio na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ao remate do obradoiro, as persoas participantes, impartirán dúas sesións de contacontos nas bibliotecas municipais

Silleda entrégase á axuda aos refuxiados

A concelleira de Igualdade e Benestar, Pili Peón, fixo entrega hoxe de todo o material recollido á ONG Alhambra Internacional

Danza e novas exposicións en Compostela na axenda de hoxe


Axenda    

(Algunhas) mulleres na Biblioteca e os arquivos de Granell

A Fundación Eugenio Granell realizará un acto de apertura hoxe, mércores 20 de abril, ás 12:00 horas, da exposición (Algunhas) mulleres na Biblioteca e os arquivos de Granell, que poderá visitarse na primeira planta, ata o 26 de xuño.

A Aula de Teatro da USC rememora o seu vixésimo quinto aniversario

A Aula abre hoxe unha mostra sobre o vestiario das súas estreas

Ciencias da Educación homenaxea cunha mostra a figura de Isaac Díaz Pardo

A Facultade de Ciencias e Educación inaugura hoxe mércores 20 ás 13.00 horas a exposición ‘Isaac Díaz Pardo, Luz e Compromiso’ arredor da figura e contextos vitais deste creador plástico galego, impulsor de numerosas iniciativas culturais desde a II República. 

O 14º Encontro Universitario de Danza Contemporánea chega esta semana a Compostela e Lugo

O Teatro Principal acubillará hoxe mércores 20 e o xoves 21 de abril este foro artístico pioneiro en Galicia e dos máis lonxevos de España

Cidadáns Ames alerta do despoboamento rural que están a sufrir seis parroquias do Concello

O voceiro de Cidadáns Ames preguntará no vindeiro pleno “que medidas se están a impulsar desde o Concello para frear esta tendencia”

Agustín Hernández insta ao Goberno local a que se adhira ao programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia

O voceiro popular, que considera a iniciativa de “necesaria e urxente”, avoga porque os inmobles desocupados se destinen ás familias con dificultades. En Santiago, hai 9.512 vivendas baleiras

O Psoe de A Baña anuncia o Plan de emprego da Deputación

A deputación de A Coruña , presidida polo partido Socialista, saca un novo Plan de Emprego Local (PEL). Plan que incorpora novidades, entre outras: axudas ao fomento da iniciativa empresarial entre mozas/os emprendedores, e incentiva a contratación de persoal no ámbito público e privado.

Ames presentou os datos da auditoría enerxética do alumeado público

Despois de realizar as propostas recollidas na auditoría da zona rural pasaríase a dispor de 118 cadros de mando (11 cadros menos), 4.898 puntos de luz (isto suporía un incremento de 41 puntos de luz) e diminuiría a potencia instalada a 298 kW. Paralelamente baixaría o consumo anual que pasaría a ser de 977 kW e o gasto anual que sería de 102.777 euros, o que suporía un aforro ao ano de 105.542 euros. Deste xeito, a redución no consumo e no custo anual sería do 50,66%

Pacto X Ames pide ampliar a ficha patrimonial do PXOM

Pacto X Ames presenta unha moción para que o goberno tripartito modifique a actual Ficha Patrimonial do PXOM co obxecto de incluír ás localizacións exactas de varios conxuntos arqueolóxicos e xacementos.
Na mesma moción, instase tamén a Dirección Xeral de Patrimonio a creación dunha área Arqueolóxica de Interese Socio-Cultural para acadar unha protección axeitada, unha ruta permanente e unha identificación e sinalización axeitada así como a colaboración do concello de Compostela.

Aberto o prazo de inscrición para a 13ª edición de Curtocircuíto

Esta edición celebrarase en Santiago de Compostela do 3 ao 9 de outubro deste ano, 2016, A inscrición, de balde, poderá facerse de curtametraxes de ata 45 minutos de duración, a través da plataformas Shortfilmdepot ata o 31 de maio

O 19 de Maio remata o prazo de solicitudes de axudas para rehabilitacións no Casco Histórico de Compostela

Están destinadas a elementos demadeira e reixas e o importe totalascende aos 105.000 euros

Silleda acondiciona un camiño na parroquia de Chapa

Os traballos están sendo realizados durante a quenda que lle corresponde da Mancomunidade Terras do Deza, e que continuará con actuacións en outros puntos do municipio

A Cámara de Santiago formalizan a colaboración coa Asociación de jóvenes Empresario

Establecerán accións de “colaboración, coordinación e cooperación” para aproveitar sinerxías e evitar duplicidades

O futuro do sector gandeiro, a debate en Ordes

O auditorio da casa da cultura de Ordes foi o lugar escollido para levar a cabo onte unha xornada informativa sobre o futuro do sector gandeiro na comunidade galega.

Oroso inaugura o seu camiño ao cole seguro

A iniciativa foi organizada polo Concello de Oroso, o CEIP do Camiño Inglés e a ANPA Carboeiro, coa colaboración de Protección Civil e a Policía Local

Teatro e música para o martes 19


Axenda    

Charla sobre medicina en Escuadro, Silleda

A Asociación de Mulleres Rurais “Fervenza do Castelo” de Escuadro ven de programar unha charla informativa para hoxe martes pola tarde.

NAO presenta o seu último disco “Soñar Crear”

O grupo estradense estará hoxe martes 19 ás 19 horas na Nave de Vidán

Limiar Teatro presenta ‘Don Quixote’

Hoxe martes 19, ás 18.30 h, no Teatro Principal, unha comedia gastronómica con textos de Cervantes e outros autores

A USC organiza unha Xornada gratuíta sobre os novos procesos de selección e redes sociais

Coñecer os actuais procesos de selección nos medios dixitais e como os empregan os recrutadores é o principal obxectivo do curso gratuíto que este martes 19 terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais a partir das 16.30 horas. 

Ames aproba axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar o reparto das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, que están destinadas ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil para o curso 2015-2016. Deste xeito, repartiranse 6.611,15 euros entre 92 beneficiarios

O BNG de Teo esixe explicacións ao alcalde polo expediente de sanción á policía local.

Fernández Baz demanda a convocatoria dunha xunta de portavoces diante da gravidade dos feitos.

Pacto X Ames quere que o concello ofreza cursos sobre fitosanitarios

Pacto X Ames presenta unha moción para poñer en marcha o antes posible unha oferta formativa seria e con amplitude de horarios para a obtención da capacitación Básica e Cualificado do tratamento de fitosanitarios.

A gardería municipal de Brión abre o prazo de inscrición para o curso 2016-17

A escola infantil municipal de Brión abre o prazo de inscrición de nenos e nenas de 0 a 3 anos para o curso 2016-2017 . O prazo estará aberto ata o próximo 29 de abril no centro social polivalente de Brión (981 509 910) e a admisión realizarase de acordo cun baremo de puntuación.

Concurso de dibuxo "Melindres ricos"

Seguen en marcha os fornos da Festa do Melindre coas súas accións promocionais previas a festa, que este ano se celebrará os días 7 e 8 de maio. 

Axuda aos rapaces do IES de Ordes vendo vídeos en Youtube e aprende automoción

Os alumnos de Automoción do IES Nº 1 de Ordes aúnan esforzos e solicitan a colaboración de todos os veciños e veciñas para poder participar no concurso ‘Jóvenes Técnicos en Automoción 2016’.

Hoxe comeza en Oroso o camiño escolar seguro "Caraocole"

O Concello xa sinalizou os distintos puntos de encontro para os pequenos e a ANPA Carboeiro coordinará ás familias voluntarias

Un 35% de desconto noservizo de publicacións da USC para conmemorar o Día do Linro

O Servizo de Publicacións conmemora o Día do Libro cun desconto do 35% para a comunidade universitaria