Operarios do grumir de Brión participaron esta mañá na excarceración dunha veciña de Negreira, falecida nun accidente acontecido na estrada AC-544, que une Bertamiráns e Negreira. O grumir brionés recibiu o aviso do 112 ás 8:00 horas de hoxe sobre unha colisión frontal entre un camión e un turismo, sendo necesario excarcerar á condutora do turismo.
Catro operarios do grumir brionés desprazáronse ata o lugar do sinistro, no quilómetro 6,35 da AC-544, e participaron xunto cos bombeiros de Santa Comba na excarceración da condutora do turismo, que resultou falecida no accidente. Ata o lugar dos feitos tamén se desprazaron unha ambulancia medicalizada e persoal das forzas de seguridade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario