O
campamento urbano de verán remata cunha gran festa na Aula da
Natureza
Nesta
celebración de despedida, realizáronse concursos, unha
divertida entrega de
premios e unha merenda. Á festa asistiron os 27
rapaces que participaron no campamento, así como o alcalde de
Ames,
Santiago Amor, a concelleira de Medio Ambiente, Eugenia
Martín, e o
concelleiro de Educación, Bernardo Moar.