AMES - ANUNCIO DE FOLGA DE BASURAS


O alcalde de Ames emprazará á Mancomunidade Serra do Barbanza para que se pronuncie sobre se avala o anuncio de folga do Comité de Empresa da planta de Servia
O alcalde de Ames, Carlos Fernández, enviará o vindeiro martes, primeiro día hábil da próxima semana, un burofax á Mancomunidade Serra do Barbanza, entidade coa que ten subscrito un contrato, para coñecer se esta entidade avala o anuncio dunha hipotética folga anunciada polo Comité de Empresa da planta de residuos de Lousame.
O rexedor municipal pregúntase se o devandito anuncio pronunciado polo Comité de Empresa será unha folga legal ou ilegal e en que se fundamentan para facer esta convocatoria. Carlos Fernández recórdalles aos representantes sindicais que a convocatoria de folga require dun procedemento legal previo. O alcalde explica “eu creo que máis que un anuncio serio de folga foi un exceso verbal froito do cansazo, da rabia e da tensión acumulada polas largas horas de espera nun Pleno que se prolongou ata a media noite do xoves”.
Despois do acontecido no Pleno ordinario do mes de outubro, celebrado o pasado xoves nas dependencias do Casa do Concello en Bertamiráns, e do anuncio de folga feito polos representantes sindicais do Comité de Empresa da planta de residuos de Lousame, o alcalde de Ames, Carlos Fernández, explicou esta mañá que o vindeiro día 2 de novembro, primeiro día hábil da próxima semana, vai enviar un burofax á Mancomunidade Serra do Barbanza para que se pronuncie sobre se avala a hipotética folga que van a levar a cabo os traballadores da planta de Servia.
O rexedor municipal incide en que para convocar unha folga hai que seguir un procedemento legal previo. Neste senso Fernández preguntouse “en base a que se convoca esta hipotética folga. Se a causa é que un Pleno non debateu unha moción presentada polo Comité de Empresa da planta afectada creo que é un motivo claramente insuficiente. Ademais haberá que ver, no caso de que se produza, se é unha folga convocada de xeito legal ou ilegal”.
Sobre este asunto, Fernández, reitera que “non rexeito o debate plenario sobre a planta de Servia e o seu futuro. Por iso vamos convocar un Pleno extraordinario para que os tres grupos políticos da corporación presenten nun único texto as diferentes mocións presentadas por cada un deles ao pleno ordinario de outubro e que non tiveron cabida nesta sesión plenaria”.
Segundo volveu a explicou esta mañá o rexedor municipal “ás doce da noite non é hora de iniciar un debate tan importante, tan extenso e con tantas perspectivas e matices, polo que creo que é merecente dun tratamento nun pleno extraordinario. O Pleno ten que levantarse á media noite porque está así regulamentado. Ademais isto xa é algo que se vén facendo asiduamente e todos os grupos xa saben que deben adaptar as súas intervencións a ese prazo de tempo que vai dende ás 20:30 h. ata ás 00:00 horas”.
Sobre a presenza dalgúns traballadores da planta de Servia no Pleno, Fernández quixo recalcar que “alguén moveu aos traballadores con falsas promesas e dende logo non foi esta Alcaldía nin o grupo de goberno, que dende o primeiro momento sabíamos que tiñamos que atender unha orde do día composta por trinta puntos. Despois de tres horas e media de intenso debate non era o momento apropiado para tratar un asunto de tanta transcendencia. Só faltaría que unha corporación municipal democrática, que se rexe polas normas e polas leis de réxime local, teña que modificar a súa orde do día porque un Comité de Empresa, por moi representativo que sexa, considere necesario tratar a súa moción. Por certo unha moción que foi presentada fóra de tempo xa que o Pleno xa estaba convocado”.
O rexedor municipal considera que a revisión de 23 ordenanzas municipais, a adopción dun acordo para que o Concello se presente no recurso contencioso - administrativo aberto con motivo da aplicación da Lei de coordinación de Policías locais da Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento do servizo de transporte nocturno Noitebús, son temas de suficiente importancia para non variar a orde do día dun Pleno. Fernández aclara que “o que podería ser indignante para os traballadores da planta de Servia e que non se houbese incluído a súa proposta no apartado de mocións, pero iso si se fixo”.
Sobre o comunicado de prensa enviado polo Comité de Empresa aos medios de comunicación no que se aludía a que o alcalde de Ames non admitiu a moción presentada polo devandito comité para garantir a viabilidade da planta de residuos de Lousame relegándoa ao apartado de rogos e preguntas, Carlos Fernández, quere deixar claro que “a presidenta do Comité de Empresa mentiu porque a moción non entrou a tempo, pero a pesar diso, incluíuse no apartado de mocións por vía de urxencia”.
O alcalde de Ames insistiu en que “estou farto de que a presidenta do Comité de Empresa minta e manipule a realidade co fin de axitar aos seus compañeiros e compañeiras Todos os temas que trataron no Pleno tiñan que ver coa realidade de Ames e coas necesidades e problemas do noso Concello. Ademais non é a primeira vez que esta persoa mente descaradamente. Un clara mostra diso é que hai uns días enviaron un comunicado aos medios de comunicación no que se me acusaba infundadamente de ter retirado unha moción sobre a viabilidade da planta de Lousame do apartado de mocións para tratalo como rogos e preguntas”.
Fernández rematou dicindo que “creo sinceramente e con total convicción que os postos de traballo desta planta non están ameazados en absoluto. Creo que se está xogando cos traballadores para que coa súa presión e co pánico que supón a perda dos seus postos de traballo se mobilicen en favor dos intereses empresariais. No caso de que estes postos de traballo estivesen ameazados sería pola proximidade do polvorín, da sentenza que ilegaliza a planta e do posible recorte de ingresos derivado do convenio con Ecoembes”

BNG A ESTRADA - VOTO EN CONTRA RTP


O BNG vota en contra dunha RPT que supón subir os impostos un 30%
A proposta ditaminouse favorabelmente na Comisión de Organización cos votos favorábeis do PSOE e a abstención cómplice do PP
A Estrada, 29 de outubro de 2010: O BNG da Estrada é consciente da necesidade de que o concello conte cunha RPT (Relación de Postos de Traballo), que permita reestruturar e organizar os distintos postos de traballo entre a actual plantilla do Concello, así como definir as características que determinan o nivel salarial e corrixir desaxustes existentes.
Tamén somos conscientes do duro impacto que supuxo a rebaixa do soldo e a conxelación salarial impostos recentemente polo Goberno Central gobernado polo PSOE, unha medida que rexeitamos en reiteradas ocasións, porque consideramos unha medida inxusta con que non provoucou a crise existente, é dicir, todas as traballadoras e traballadores.
Mais esta reestruturación non pode facerse elevando, cuasi de xeito lineal, a masa salarial do concello, que actualmente xa é moi elevada, e que se leva boa parte dos orzamentos municipais en pagar as nóminas dos funcionarios e persoal laboral, sen corrixir as disfuncións e problemas existentes.
A RPT que presentou hoxe o Grupo Socialista para a súa aprobación na Comisión de Organización, é inviábel economicamente e organizativamente, e hipotecará o concello a corto, medio e a longo prazo. Esta proposta saíu adiante cos votos favorábeis do grupo socialista e a abstención cómplice do PP, que, presumibelmente se levará ao Pleno do vindeiro xoves.
A proposta do PSOE supón que nos próximos 6 anos anos, o concello terá que facer fronte a 850.000 euros que supón o incremento salarial da RPT proposta para a actual plantilla, un importe que non contempla o custo do incremento das 62 prazas que prevé o documento.
Este importante incremento da masa salarial ten que sufragarse a través dos impostos municipais, o que, de aprobarse esta RPT no Pleno do próximo xoves, nos termos propostos polo PSOE, suporía que a Estrada tería que subir os impostos e taxas municipais un 30%, para cubrir só o incremento salarial contemplando na RPT para actual plantilla de funcionarios e persoal laboral.
A actual situación económica xeral, e a das veciñas e veciños da Estrada en particular, non está como para soportar unha carga impositiva como a que suporía a aprobación desta RPT. Pero ademais da subida de impostos, esta RPT tería consecuencias tamén na execución do PXOM, xa que o concello non tería fondos suficientes para levala a cabo, co que, os beneficios económicos que leva aparellado a aprobación dun Plan Xeral quedarían en nada.
O Consello Local acordou non apoiar a RPT proposta polo PSOE, e así se reflectiu o voton na Comisión de Organización de hoxe, xa que tería nefastas consecuencias para as arcas municipais e para as veciñas e veciños, que terían que sufragar dos seus petos, este incremento salarial do persoal do concello, nun intre de crise como o que estamos a vivir. Ademais de crear unha maior ineficacia no traballo dos funcionarios municipais, co conseguinte perxuizo para as condicións de traballo dos traballadores municipais.
O BNG fai un chamamento ao diálogo e á negociación dunha RPT que beneficie ao Concello, ás súas traballadoras e traballadores, pero sen que iso supoña un incremento da masa salarial inasumible neses intrs, que terían que pagar todos as veciñas e veciños do concello.

AMES - POLICIA LOCAL ACTUACIONS OUTUBRO


A Policía local dá conta dalgunhas das actuación realizadas durante o mes de outubro
A Policía local dá conta dalgunhas actuacións que desenvolveu durante as últimas semanas. Este corpo de seguridade realiza os seus labores co fin de garantir o benestar de todos os amienses. Durante o mes de outubro, o corpo policial de Ames denunciou a tres persoas por uns presuntos delitos contra a seguridade viaria e detivo a dúas persoas por ameazas e atentado contra axentes da autoridade. A maioría das denuncias feitas pola Policía local están relacionadas con delitos contra a seguridade viaria derivados do consumo de alcol. A maioría deste casos detéctanse durante as fins de semana.
As actuacións que realiza o corpo de seguridade amiense son moi variadas e van dende regular o tráfico, controlar os horarios de peche dos diferentes establecementos comerciais co fin de evitar roubos ou a intervención en accidentes de tráfico e incendios que se producen no termo municipal amiense. Durante o mes de outubro os axentes do corpo de seguridade amiense tiveron que denunciar a tres persoas por uns presuntos delitos contra a seguridade viaria e detiveron a outras dúas persoas por ameazas e atentado contra axentes da autoridade.
O primeiro deles produciuse o sábado 9 de outubro, ás 05:20 horas, cando os axentes se decataron de que un vehículo circulaba pola AC-543 dirección a Santiago de Compostela, cunha velocidade anormalmente reducida. O condutor desprendía un forte cheiro a alcol e tiña unha fala totalmente desconcordia. Debido a os síntomas que presentaba convidárono a realizar a proba de detección de alcol mostrando un resultado de 0,90 miligramos por litro de aire aspirado. Debido a iso imputóuselle un delito contra a seguridade viaria por conducir un vehículo a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,60 miligramos.
A taxa de alcoholemia permitida é de 0,5 g/l en sangue (0,25 mg/l en aire expirado). Coa nova normativa calquera condutor que supere o nivel de alcol permitido poderá ser sancionado tanto pola vía administrativa (Lei de Seguridade Viaria) como vía xudicial pola vía penal (Código Penal). Os axentes de tráfico son en calquera caso os que deciden se levar a denuncia ante ou xuíz ou non, en función duns criterios internos que teñen establecidos como é a taxa de alcol que dá o presunto infractor.
O segundo dos casos sucedeu o martes 12 de outubro no Milladoiro. Dous axentes que se atopaban de servizo decatáronse de que pola xanela traseira dun vehículo asomaba a cabeza dun neno pequeno. Por este motivo os axentes procederon a notificarlle o perigo desta acción e proseguiron coa identificación do condutor. Foi entón cando constataron que o condutor carecía de permiso de conducir por serlle retirado por esgotar a totalidade dos puntos, considerado como un delito contra a seguridade viaria.
Doutra banda, este pasado domingo 24 de outubro, durante o servizo de patrulla que normalmente realiza a Policía local por Bertamiráns ás 00:05 horas, observaron como un vehículo tentaba subir á beirarrúa varias veces. Ao falar co condutor observaron que presentaba síntomas de estar baixo os efectos de bebidas alcohólicas. Os axentes convidárono a realizar a proba de alcoholemia pero ante esta petición o condutor reaccionou de forma violenta negándose a someterse ás probas e rompendo as embocaduras para efectuar a proba de forma alterada. Despois de varios intentos errados, lograron identificar a este individuo, sendo veciño do Milladoiro. O home foi detido por un delito de resistencia e atentado, así como por negarse a realizar a proba de detección de alcol.
Ese mesmo domingo ás 04:50 horas da madrugada, mentres que os axentes se atopaban realizando labores rutineiros na avenida da Maía, déronse conta de que un vehículo circulaba pola vía urbana a unha velocidade inapropiada. Pouco despois o individuo foi localizado polos axentes e convidárono a realizar a proba de alcoholemia. A Policía local denunciou a este individuo por cometer un presunto delito contra a seguridade viaria ao conducir cunha taxa superior a 0,60 miligramos de alcol en aire aspirado.
O último dos casos deste mes ata o momento sucedeu o luns 25 de outubro ás 16:30 horas. Tamén foi detectado durante o servizo de patrulla. Os oficiais decatáronse de que había unha motocicleta aparcada encima da beirarrúa e co motor aceso. Ao achegarse a este lugar o condutor mostrou unha actitude violenta e insultante. Esta persoa non quixo identificarse nin aportar a documentación do vehículo. Debido a iso foi convidado a trasladarse ata as dependencias policiais. Finalmente foi identificado, pero o individuo continuou mostrando unha actitude moi alterada, proferindo insultos, empuxando aos axentes e mesmo agredindo a un deles. Esta persoa foi denunciada por un delito de ameazas, insultos e atentado contra os axentes da autoridade.
Dende a Policía local de Ames recoméndase a máxima prudencia posible á hora de conducir e evitar o consumo de alcol se despois se vai a empregar o coche. Desta maneira evitamos, principalmente tentar contra a nosa seguridade e a dos demais, ademais de evitar posibles sancións económicas por delitos contra a seguridade viaria.

OROSO - LOCAL SOCIAL DEIXEBRE



MANUEL MIRÁS INAUGURA O REMODELADO LOCAL SOCIAL DE DEIXEBRE, QUE ABRIRÁ DURANTE
A SEMANA E CUN HORARIO MÁIS AMPLO

O Concello de Oroso está a construir un novo local social en Cardama e habilitará outros catro máis en Oroso, Os Ánxeles, San Román de Pasarelos e Marzoa

29 de outubro de 2010.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, vén de inaugurar o remodelado local social de Deixebre, un local que foi remodelado polo Concello de Oroso para que os veciños e veciñas poidan sacarlle un maior partido. De feito, o local xa viña acollendo distintas actividades pero tan só estaba aberto para ocasións puntuais. A partir de agora, terá moita máis vida xa que abrirá tamén as súas portas á veciñanza durante a semana e nun horario máis amplo, grazas á colaboración da asociación de veciños.

As obras consistiron no pintado do interior do inmoble e o arranxo de pequenos desperfectos existentes no local, que conta ao seu carón cunha nova pista polideportiva na que o Concello de Oroso investiu este ano 50.000 euros para dotala dun novo firme e de alumeado público. Así mesmo, o Concello dotou a este local de novo mobiliario, televisión e distintos xogos de mesa, seguindo o exitoso modelo aplicado noutros locais sociais como o de Trasmonte, inaugurado hai un ano e que funciona como un auténtico punto de encontro para os veciños desa parroquia.

Oroso, próximo obxectivo

Coas obras de construción do local social de Cardama en marcha, nas que o Concello de Oroso está a investir máis de 96.000 euros, Manuel Mirás anuncia que o próximo obxectivo do seu Goberno será a parroquia de Oroso. “Os veciños de Oroso están utilizando a antiga casa consistorial como local social e temos a intención de habilitar unha escola unitaria para que a utilice a asociación de veciños”, sinala o alcalde orosán.

Así mesmo, o Concello de Oroso tamén ten intención de rehabilitar a escola de Bran como local social para os veciños do Cachopal (Os Ánxeles), acondicionar un inmoble para os veciños de San Román de Pasarelos e rehabilitar unha casa rectoral en Marzoa para convertila en local social, co cal os veciños e veciñas desta parroquia disporía de dous locais sociais. 


AMES - TASAS MUNICIPAIS


O Pleno aproba a modificación de ordenanzas fiscais reguladoras de impostos, taxas e prezos públicos

[29/10/2010] A sesión plenaria correspondente ao mes de outubro estivo centrada no debate e deliberación sobre a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras dos impostos, taxas e prezos públicos de cara a entrada en vigor no vindeiro exercicio fiscal. As modificacións consistiron na actualización dos prezos segundo o IPC interanual, na incorporación de melloras técnicas nas ordenanzas e na aprobación de tres novas ordenanzas. O grupo nacionalista municipal presentou unha emenda para conxelar as tarifas de dous impostos, sete taxas e dous prezos públicos que recollen as ordenanzas municipais. Esta proposta saíu adiante cos votos a favor do grupo nacionalista e do grupo popular e cos votos en contra do grupo de goberno. As doce ordenanzas restantes, que recollía a orde do día, foron aprobadas por unanimidade e por maioría absoluta. Ademais aprobouse por maioría simple a personificación do Concello no recurso contencioso - administrativo aberto con motivo da aplicación da Lei de coordinación de Policías locais. A sesión plenaria rematou á media noite despois de que o grupo socialista presentase unha moción para apoiar a viabilidade da planta de Servia.
A modificación das ordenanzas fiscais reguladoras de impostos, taxas e prezos públicos centrou boa parte da atención da corporación municipal na sesión plenaria celebrada onte. O grupo de goberno propuxo modificar e actualizar determinadas ordenanzas fiscais e reguladoras de impostos, taxas e prezos públicos de cara a súa entrada en vigor no vindeiro exercicio 2011. Esta modificación efectuarase atendendo exclusivamente á evolución do IPC interanual tomando como referencia os meses transcorridos dende xullo de 2009 ata xullo de 2010, tal e como se ven facendo nos últimos anos e que segundo aparece reflectido en diferentes ordenanzas é de obrigado cumprimento por existir unha obriga contractual como ocorre no caso das taxas de auga, lixo e saneamento. Deste xeito establécese unha actualización de preto dun 1,9% nalgúns impostos, taxas e prezos públicos municipais.

O grupo nacionalista municipal presentou unha emenda para conxelar a tarifa de once ordenanzas. Esta proposta, que recollía dous impostos, sete taxas e dous prezos públicos, aprobouse cos votos a favor do grupo nacionalista e do grupo popular e cos votos en contra dos concelleiros/as do grupo de goberno.

O voceiro do grupo municipal nacionalista, Xosé Manuel Fernández, propuxo que se volvesen a conxelar os prezos de once ordenanzas municipais. "Propoñemos que se volvan a conxelar un grupo de ordenanzas de cara ao próximo exercicio económico. Isto non afecta as ordenanzas de saneamento e depuración de augas residuais, a de subministro de auga, a da piscina municipal cuberta e a da hixiene urbana. A través deste grupo de ordenanzas recádase unha gran contía económica e por contrato xa hai que incrementalas. As outras ordenanzas nós cremos que debemos conxelalas por diferentes motivos. Este ano cremos que non se deben incrementar porque a crise económica que estamos atravesando segue afectando a diferentes grupos sociais como son a maioría dos traballadores e as clases medias".

A concelleira de Economía e Facenda, Patricia Conde, explicou que "ante a argumentación exposta polo voceiro nacionalista sobre a conxelación dos impostos, non é aconsellable á mesma, tendo en contra a situación económica do Concello e a lexislación existente que está encamiñada a que os prezos e taxas deben cubrir os custes do servizo". Así mesmo tamén explicou que "en casos de emerxencias social e de dificultade económica das familias existen mecanismos de bonificación, exención e aprazamento de pago".

Segundo manifestou a concelleira de Economía e Facenda, Patricia Conde "a actualización de prezos non lle afectará ao imposto sobre bens inmobles e ao imposto sobre actividades económicas. As taxas e os prezos públicos que se aplican aos servizos que se atopan en curso como a Escola Municipal de Música de Ames, Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole, Tardes Divertidas, Escolas infantís municipais e os servizos culturais e deportivos, entre outros, tampouco se incrementan polo que seguirán mantendo a mesma contía".

Existen outras excepcións, en canto ao importe de actualización, como ocorre co servizo da piscina municipal xa que segundo se establece no contrato coa empresa adxudicataria á ordenanza reguladora do prezo público pola utilización do complexo da piscina cuberta municipal A Telleira aplicaráselle o IPC galego que neste caso é dun 2%, sendo este acordo de obrigado cumprimento.

Melloras técnicas nas ordenanzas
Por outra banda na sesión plenaria celebrada onte explicáronse as melloras técnicas que se efectuaron en varias das ordenanzas municipais. O departamento de tesourería e contratación realizou un gran traballo para obter melloras técnicas en practicamente todas as ordenanzas fiscais. Esas modificacións teñen como obxectivo mellorar a xestión municipal e harmonizar criterios de xestión e de bonificación. Ademais aprobáronse tres novas ordenanzas. Por unha banda está a aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo aproveitamento especial do espazo público do Pazo da Peregrina que se emprega habitualmente para a celebración de matrimonios civís.

Outras das novas ordenanzas regulará os prezos dos servizos educativos e de conciliación laboral e familiar (Bos Días Cole, Tardes Divertidas, Comedores escolares, Servizos lúdicos, Escola de Verán, etc.) co obxectivo de refundir e harmonizar todas estas ordenanzas nunha soa e de mellorar a xestión e a recadación destes servizos.

Así, tamén se aprobou unha ordenanza relativa á utilización do espazo público para a execución de obras que vén de unificar e refundir dúas ordenanzas que foron derrogadas o ano pasado. Así aprobouse a ordenanza que regula a taxa por actos de utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local derivados da execución de obras.

Lei de coordinación de Policías Locais
Outro dos puntos importantes que se abordou foi a personificación do Concello no recurso contencioso - administrativo aberto con motivo da aplicación da Lei de coordinación de Policías locais da Comunidade Autónoma de Galicia. No pasado mes de xuño o Pleno desestimou unha alegación presentada polos 25 membros da Policía local sobre a inclusión no presuposto deste ano do complemento específico dos membros da Policía local que se corresponde coa cantidade equivalente ao incremento que supón a nova clasificación da escala básica executiva nos grupos C1 e A2 respectivamente. A Policía local decidiu recorrer este acordo plenario a través da presentación dun recurso contencioso. Agora o Pleno aprobou por maioría simple, cos votos a favor do grupo socialista e a abstención do grupo popular e nacionalista, a personificación do Concello neste contencioso-administrativo.

No apartado para o control do goberno aprobáronse dúas mocións presentadas polos grupos socialista e nacionalista para instar á Xunta de Galicia a seguir mantendo o servizo de transporte nocturno Noitebús. En ambas as dúas mocións o grupo popular presentou un voto particular que foi rexeitado cos votos en contra dos catorce concelleiros/as dos grupos socialista e nacionalista.

Ademais presentáronse cinco mocións máis por vía de urxencias. Dúas delas foron presentadas polo grupo nacionalista para apoiar a viabilidade da planta de residuos de Servia e as outras tres presentounas o grupo socialista. Destas cinco mocións só se debateron dúas. A primeira abordouse a mellora de seguridade na estrada AC 554, que discorre entre Bertamiráns e Negreira, e que foi aprobada por unanimidade. A segunda , unha moción en defensa da sanidade pública, foi rexeitada a súa urxencia cos votos en contra dos concelleiros/as dos grupos popular e nacionalista. A terceira moción presentada por vía de urxencia por parte do partido socialista abordou a viabilidade da planta de Servia. Esta moción non puido someterse a votación ao cumprirse a hora regulamentaria de remate do Pleno. Ao chegar á media noite o rexedor municipal levantou o Pleno emprazando á corporación a debater e negociar a moción da planta de Servia noutro Pleno.
 

OROSO - TASAS MUNICIPAIS


OROSO CONXELA A TAXA DE RECOLLIDA DO LIXO E ACTUALIZA AS DEMAIS TAXAS DE ACORDO CO FIXADO NO PLAN DE SANEAMENTO ECONÓMICO E FINANCEIRO

Manuel Mirás asegura que á Xunta “vergoña lles debería dar consignar 139.000 euros para facer un colexio” e critica que non faga aportacións a unha gardería “que a este paso igual ten que facer o Concello”

29 de outubro de 2010.- O Concello de Oroso conxelará este ano a taxa de recollida do lixo para todos os veciños e veciñas do municipio e actualizará o IBI e as taxas de abastecemento e saneamento de augas, tal e como está establecido no Plan de Saneamento Económico 2009-2015 (aprobado na sesión plenaria de maio de 2009). Así se aprobou no pleno extraordinario celebrado esta mañá en Oroso.

Unha sesión na que o alcalde orosán, Manuel Mirás, lembrou que “a presión fiscal en Oroso é unha das máis baixas de toda Galicia pero, se queremos seguir mantendo o gran número de servizos que lles ofrecemos aos veciños, temos que actualizar estas taxas conforme ao establecido no Plan de Saneamento Económico”. De feito, a presión fiscal no Concello de Oroso está un 27% por debaixo da media provincial e case un 80% por debaixo da media nacional.

Así, esta maña aprobouse unha actualización do IBI dun 0,05%, mentres que as taxas de abastecemento e saneamento de auga incrementaranse de acordo IPC e o imposto sobre vehículos de tracción mecánica medrará un 5%. O alcalde orosán sinalou que “levamos seis anos sen tocar algunhas destas taxas, polo que moitas delas xa estaban desfasadas con respecto aos municipios do resto da comarca e da provincia”.

Debate plenario

Todos os puntos da orde do día foron aprobados cos 7 votos a favor de PSOE e BNG. A concelleira de Terra Galega votou en contra en todos os puntos, mentras que a voceira do PP abstívose nos casos das taxas de abastecemento e saneamento e votou en contra nos casos das licenzas de actividade e os impostos sobre vehículos e IBI. A voceira popular apelou á crise económica para xustificar o seu voto en contra destas actualizacións, unha actitude que foi cualificada como “demagóxica” polo alcalde orosán, quen asegurou que “vostede non quere defender aos cidadáns, senón estrangular ao concello para que os veciños non reciban os servizos dos que disfrutan”.

Un exemplo destes servizos é, precisamente, o da recollida do lixo, onde os veciños de Oroso teñen servizo de recollida os 365 días do ano e cuxa taxa non foi alterada. De feito, conscientes da difícil situación económica actual, o Concello de Oroso non incrementou nin as taxas polos vados, nin as taxas urbanísticas, nin as licenzas de primeira ocupación, nin o ICIO, nin a referida taxa do lixo.

Mirás Franqueira lembroulles aos partidos da oposición que “cando se aprobou o Plan de Saneamento Económico e Financeiro xa se prevían estas actualizacións, e ningún grupo da oposición votou en contra”. Ademais, incidiu en que “coas restriccións da Xunta e do Goberno Central, que achegan menos fondos aos concellos, hai que actualizar as taxas para que os veciños sigan tendo os mellores servizos e vías de comunicación”.

Investimentos da Xunta

Manuel Mirás referiuse especialmente aos investimentos recollidos na Xunta para o vindeiro ano. “O bipartito deixou consignados nos orzamentos a construcción dun CEIP por 3,3 millóns de euros. O PP deixou consignado un millón que non se executou e no Parlamento está unha proposta de investir 139.000 euros o ano que vén. Díganme se se pode facer un colexio con 139.000 euros porque iso non chega case nin para a cimentación. Vegoña lles debería de dar”, denunciou Mirás.

Así mesmo, o alcalde orosán lembrou que “da gardería e do albergue só recibimos a calada por resposta”. “Igual a gardería temos que facela dende o Concello, porque xa vemos que a Xunta non ten intención ningunha e as cousas non se fan só con vontade”, apuntou Mirás Franqueira. Ante a incredulidade do PP, o alcalde de Oroso lembrou que “o Concello de Oroso ten para investir un millón de euros nos seus orzamentos. Se a Xunta segue sen escoitar as xustas reclamacións dos pais e nais deste municipio, seremos nós quen teñamos que xestionar e mirar de consignar unha partida para a escola infantil”.

SGAE

Finalmente, o pleno aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito para aboar algo máis de 11.000 euros á SGAE en concepto de dereitos de autor. O alcalde orosán explicou que os técnicos do Concello de Oroso estimaron que sería moito máis vantaxoso para o Concello asinar un convenio coa SGAE que ir a un contencioso xudicial, algo no que coincidiron todos os grupos (aínda que a moción foi aprobada cos 7 votos a favor de PSOE e BNG e 2 abstencións de PP e Terra Galega).


PP SANTIAGO - AVE E RYANAIR


Conde Roa pídelle á Xunta que actualice o estudio do Ave a Lavacolla, para evitar a competencia de Oporto

Subliña que este debe ser tamén unha aposta do Ministro de Fomento, José Blanco, porque “é un reto de país”
Con respecto a financiación das liñas de baixo custo, propón ó Concello volver o Convenio no que a Xunta e Aena aportaban o 60%, o Concello o 25% e a Cámara de Comercio e Hostelería o 15 restante
Para Conde Roa, o conflicto con Ryanair ten a súa orixe nun  problema interno do PSOE entre os alcalde de Santiago, Vigo e A Coruña
O voceiro do Grupo Municipal Popular, Xerardo Conde Roa, pediu hoxe os seus compañeiro da Xunta de Galicia que se actualice o estudio do Ave a Lavacolla como unha necesidade de toda Galicia, e que se leve ó Ministerio de Fomento para evitar a competencia aeoroportuaria de Oporto.
Para Conde Roa, quen dixo espera o apoio de todas a institucións “porque senón nuns anos seremos satélites do Sáa Carneiro”, esta debe ser tamén unha aposto do Ministro de Fomento, Pepe Blanco, porque “é un reto de país, xa que, o conseguimos que Lavacolla teña conexión co Ave do eixo Atlántico ou todas a batallas se quedarán en nada”.
“Esta debe ser a auténtica reivindicación, porque Galicia necesita un aeroporto conectado co Ave, senón perderemos todos a batalla co Sáa Carneiro”, subliño.
O voceiro popular compareceu hoxe en rolda de prensa para presentar dúas propostas encamiñadas a reforzar o papel do aeroporto de Lavacolla. A primeira, que o Ave do eixo Atlántico pare no aeroporto de Santiago, para mellorar a condicións de competitividade nacional e internacional que lle permita encarar os grandes retos aeronaúticos que terá que afrontar no futuro. A segunda, e para evitar a inestabilidade das liñas de baixo custo, que o Concello retome o Convenio que rexía entre os anos 2005 e 2008 no que se fixaba como financiación para este tipo de voos a aportación dun 60% por parte da Xunta e Aena (na rebaixa das taxas aeroportuarias), un 25% do Concello, e o 15% entre a Cámara de Comercio e Hostelería.
 Con estas iniciativas, Xerardo Conde Roa dixo que quere aportar solucións encamiñadas a conseguir que Ryanair se quede en Santiago “porque nos interesa”, á vez que lle pediu a Bugallo que pare coa súa política e fale cos seus homónimos de Vigo e A Coruña, porque “un problema interno do PSOE está repercutindo negativamente en Santiago”.
“Se trata de demostrar quen é máis líder no socialismo galego”, dixo Conde Roa, quen lle pediu os tres alcaldes socialistas “que se aclaren entre eles porque os tres están xogando a localismos por intereses electorais e esta situación é moi grave para a cidade e a está aproveitando Ryanair”, engadiu,
Para Conde Roa está claro que Caballero boicotea o voo Santiago-París, porque lle fai a competencia o que ten a cidade olívica con Air France; e Losada o de Santiago-Londres, polas mesmas razóns.
O voceiro popular comezou a súa intervención informando sobre a actuación seguida dende o ano 2005 polo Concello con respecto ós voos de baixo custo.
Así, dixo que dende o ano 2005 ata o 2008, había un Convenio polo que a Xunta de Galicia transmitía a Incolsa financiación para as liñas de baixo custo, que en total sumou 3,8 millóns de euros, engadindo que se rompeu con esta situación pola falla de claridade das contas de Incolsa, motivo polo que a Xunta asume o pago directo a Ryanair.
Manifestou que foi concretamente no ano 2008, cando se fai unha transferencia a Incolsa por parte da Xunta de 1,5 millóns de euros, mentras que o custo real dos pagos a Ryanair foi de case 1,2 millóns, polo que á falla de xustificación entre o entregado e o gastado motivou este cambio.
Tamén dixo que a única vez que o Concello puxo cartos enriba da mesa foi no ano 2009, cunha aportación de 110.000 euros, 450.000 a Xunta, e 70.000 cada unha a Asociación de Hostelería e Cámara de Comercio. No 2010, a Xunta entrega 1,8 millóns de euros para as compañías de baixo custo de Lavacolla, pero o Concello xa non aporta nada.
Polo tanto, Conde Roa dixo que lle sorprende a política de confrontación de Bugallo coa Xunta de Galicia para tapar a súa falla de xestión, e non alze a voz porque non se celebran actos da UE ou a falla de apoio ó Xacobeo polo Goberno. “Somente ten a voz afinada cando se mete coa Xunta, pero unha clara afonía ante os incumprimentos do Estado con Santiago”.

TORDOIA - DETERIOR SERVICIO CORREOS


O CONCELLO DE TORDOIA DENUNCIA O DETERIORO QUE SUFRE O SERVIZO DE CORREOS EN CATRO PARROQUIAS

Desde a incorporación da nova carteira, hai tres meses, os retrasos na entrega de cartas chega a ser de ata un mes

O goberno local remitirá un escrito denunciando á situación tanto no servizo comarcal de Ordes coma no provincial de Correos

29 de outubro de 2010.-  O Concello de Tordoia está a recibir multitude de queixas dos veciños das parroquias de Andoio, Anxeriz, Bardaos e Vila de Abade polo deficiente e progresivo deterioro que sofre o servizo de Correos nos últimos meses. Segundo denuncia o seu alcalde, Antonio Pereiro, “desde hai tres meses, cando se incorporou unha nova funcionaria a esta praza, comezaron os problemas”. Desde entón os veciños destas parroquias denuncian a contínua entrega de correspondencia en domicilios cambiados e a entrega de cartas con retrasos inaceptables, de incluso máis dun mes, unha situación que ata a incorporación desta nova persoa nunca se dera.
Para poñer coto a esta grave situación, o rexedor tordoiés levou o tema á comisión de goberno que se celebrou esta mañá, co obxecto de informar destas graves deficiencias e aprobar un escrito que se remitirá ao xefe comarcal deste servizo en Ordes e ao xefe provincial de Correos; “sen perxuízo de que, se non temos novas deles, solicitemos unha xuntanza persoal para atallar esta situación á maior brevidade posible”, explicou Antonio Pereiro.
Segundo denuncia o Concello, o problema agrávase nestes días porque o servizo de recadación mandou en setembro os recibos para pagar a contribución a través de correo postal ordinario. Estas taxas débense abonar antes do día 20 de novembro e hai moita xente que está preocupada e queixandose de que aínda non saben nada sobre o tema. Ata o de agora lévanse recibidas preto de 70 reclamacións verbais ou por escrito dos veciños afectados.

BNG AMES - PLENO PLANTA SERVIA



O  BNG demanda un Pleno Extraordinario para debater a débeda do concello de Ames coa Mancomunidade do Barbanza.
Xosé M. Fernández: “O Alcalde de Ames é, obxectivamente, co seu comportamento, o mellor aliado de FCC”

Ames. 29 de outubro de 2010. Ante os comportamentos dilatorios e de filibusterismo político do Alcalde e do Partido Socialista, o BNG de Ames vai demandar a celebración de un Pleno Extraordinario para debater a débeda do noso concello coa Mancomunidade do Barbanza, e as responsabilidades da xestion gubernamental na posta en perigo do funcionamento da planta de compostaxe de Servia  ( Lousame).
O BNG acusa ao Alcalde e ao Partido Socialista de practicar unha táctica de dilación e de boicot para que non se tratase e non se tomasen acordos no Pleno da Corporación sobor das débedas do concello de Ames polos impagos á Mancomunidade do Barbanza polo servizo de recollida dos residuos sólidos urbanos.
Primeiramente foi a negativa a tratar en Pleno a moción presentada polo BNG o 15 de outubro, logo o alongamento artificial dos debates plenarios, posteriormente a deturpación da moción presentada  polo Comité de Empresa, e finalmente o levantamento  da sesión plenaria para que non se debatese este asunto e non se tomasen acordos. Estas foron as actuacións do Alcalde , Carlos Fernández, con tal de non asumir as súas responsabilidades e as do seu goberno neste asunto.
“ O Alcalde e o goberno socialista  están a xogar co medio de vida de máis de 150 familias”, afirmou o portavoz nacionalista, Xosé M. Fernández. E engadiu: “ Obxectivamente son os mellores aliados da empresa FCC, e danlle os argumentos para rescindir o contrato da Planta de Servia”

AMES - PLENO EXTRAORDINARIO PLANTA SERVIA


O alcalde de Ames vai convocar un pleno extraordinario para tratar a situación da planta de Servia
O alcalde de Ames, Carlos Fernández, adiantou hoxe pola mañá que vai convocar un Pleno extraordinario no que se vai debater a actual situación que está atravesando a planta de residuos de Servía, situada en Lousame. Nesta sesión plenaria tamén se vai falar sobre o contrato que ten subscrito o Concello de Ames coa Mancomunidade Serra do Barbanza. No pleno ordinario do mes de outubro, celebrado onte na Casa do Concello, iniciouse o debate dunha moción presentada polo grupo socialista respecto deste asunto. Este debate no puido chegar ao final ao cumprirse a hora regulamentaria de remate do Pleno. Ao chegar á media noite o rexedor municipal levantou o Pleno.
No pleno ordinario do mes de outubro, que se celebrou onte nas dependencias da Casa do Concello en Bertamiráns, presentáronse tres mocións por vía de urxencia para apoiar a viabilidade e continuidade da planta de residuos de Servia, situada en Lousame. Unha destas mocións, presentada polo grupo socialista, comezou a debaterse na sesión plenaria de onte pero non puido chegar ao final ao cumprirse a hora regulamentaria de remate do Pleno. Debido a esta circunstancia o alcalde de Ames , Carlos Fernández, decidiu convocar un pleno extraordinario para debater este asunto e tratar o contrato que está subscrito entre o Concello de Ames e a Mancomunidade Serra do Barbanza.
O rexedor municipal xa deixou entrever onte no Pleno esta posibilidade no momento en que levantou a sesión plenaria ao dicir que se abría dende ese momento o equivalente a un receso, para que os tres grupos políticos da corporación intentasen chegar a un acordo e xuntar nun único texto as diferentes mocións presentadas por cada un deles ao pleno ordinario de outubro e que non tiveron cabida nesta sesión plenaria.
Carlos Fernández, incidiu en que “non rexeito o debate plenario sobre a planta de Servia e o seu futuro”. O alcalde incidiu na “necesidade de que a Xunta de Galicia se implique nun proxecto medio ambiental destas características e que resolvan os problemas de legalidade que a planta ten pendentes de arranxar dende que comezou a funcionar”.
Segundo explicou esta mañá o rexedor municipal “ás doce da noite non é hora de iniciar un debate tan importante, tan extenso e con tantas perspectivas e matices, polo que creo que é merecente dun tratamento nun pleno extraordinario que empece ás 20:30 horas, como soe ser habitual, e con tempo suficiente para que os tres grupos políticos municipais poidan expoñer con amplitude os seus puntos de vista sobre as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades dun proxecto polo que o Concello de Ames apostou no ano 2006”.
Fernández continuou dicindo que “creo sinceramente e con total convicción que os postos de traballo desta planta non están ameazados en absoluto. Creo que se está xogando cos traballadores para que coa súa presión e co pánico que supón a perda dos seus postos de traballo se mobilicen en favor dos intereses empresariais. Uns intereses nada confesables que están movendo dende hai un certo tempo este conflito. No caso de que estes postos de traballo estivesen ameazados sería pola proximidade do polvorín de Rois, da sentenza que ilegaliza a planta e do posible recorte de ingresos derivado do convenio con Ecoembes”.
Finalmente o rexedor municipal quixo recalcar que “ a Xunta de Galicia debe implicarse decididamente e apoiar a continuidade desta planta, pero non afogando aínda máis a economía do Concellos senón que anticipando de xeito integro ou parcialmente ás cantidades que vai a a cobrar irrevogablemente dos propios Concellos. Deste xeito facilitaríaselle a liquidez necesaria á Mancomunidade Serra do Barbanza. Se vemos que a miúdo a Xunta de Galicia ten contías de 3 ou 5 millóns de euros para dedicar a determinadas empresas, que pasan por dificultades económicas apoiando como fondo de garantía a esas empresas, como non vai ter 600.000 euros para adiantarlle a unha Mancomunidade de Concellos, sabendo que neste caso vai recuperar os cartos con total certeza. Moitas veces avala ou adianta diñeiro a entidades sen a seguridade de poder recuperalos”. 

PP SANTIAGO - RYANAIR E COMIDA CON MANUEL FRAGA


Conde Roa pídelle unha rectificación a Bugallo e que o Concello se comprometa economicamente

Conde Roa denunciou hoxe a falla de compromiso do alcalde cos vóos de baixo custo
O Grupo Municipal Popular mantivo unha comida co ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga
O voceiro do Grupo Municipal Popular, Xerardo Conde Roa, pediu hoxe unha rectificación a Bugallo para que o Concello se comprometa económicamente e axude a que as liñas de baixo custo non se vaian de Lavacolla, como se fai noutras cidades.
Para Conde Roa, nestes momentos, o alcalde de Santiago atópase nun “absurdo dobre xogo” no que está poñendo en perigo os intereses da cidade, nunha campaña “irracional” contra a Xunta. 
En declaracións ós medios, o voceiro popular cualificou de sorprendente que o Concello concurra ó Comité de Rutas sen compromiso para que as liñas de baixo custo se queden na cidade. “Mentras nos adicamos a golpear a mandíbula da Xunta de Galicia, pero cando os compromisos se teñen que cumprir para que unha compañía como Ryanair non se vaia da cidade non poñen nin un so euro enriba da mesa”, dixo.
Para Conde Roa “é inadmisible e intolerable que cando o alcalde ten que amosar o seu compromiso coa cidade para que esa compañía non abandone Lavacolla, atopamos que o único Concello que pon cartos enriba da mesa é o de A Coruña”.
Tamén é intorable -engadíu- que durante todos estos anos comprobemos como se despilfarrou sen control cartos municipais, e que cando é necesario que haxa un compromiso económico da cidade, o alcalde non poña cartos enriba da mesa.
Citou así exemplos do despilfarro, que están a motivar que o Concello se atope nunha situación crítica, entre os que citou ó ultimo modificado de 575.000 euros aprobados pola Xunta de Goberno, nunha obra de 2,1 millóns de euros de Dragados e Construccións en obras de reurbanización en Santa Marta, ou os 300.000 gastados na “jaima” de Conxo; os 1,5 millóns de euros gastados en asesores do goberno e persoal de confianza, ou os 500.000 da rede wimax do Casco Histórico, que ten cero abonados.
Comida co ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga
Ás dúas da tarde, o grupo municipal popular mantiña un encontro co ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga no que compartiron e intercambiaron reflexións sobre a cidade.
Fraga manifestou interese polo Foro sobre o futuro da Estación do Tren que organizou onte o Grupo Municipal Popular, o que cualificou de “acertado”.
No encontro falaron tamén do desenvolvemento do Ano Santo, e das vindeiras eleccións municipais, sobre as que Manuel Fraga recomendou centrarse nas cuestións que preocupan ós cidadáns con debate serio, seguro de que “chegou á hora do PP de Santiago de Compostela”.
Canto a Conde Roa, manifestou que ten a madurez e a experiencia política recollida de diversos ámbitos de actuación para ser un gran alcalde de Santiago

AMES - PROTECCION DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL


Ames convértese no primeiro Concello en elaborar un estudio do seu patrimonio cultural inmaterial

[28/10/2010] No pasado mes de xaneiro o Concello de Ames e a Universidade de Vigo asinaron un convenio para elaborar un estudio sobre o patrimonio cultural inmaterial amiense. Finalizado o traballo de campo, que se realizou entre os meses de febreiro e xullo de 2010, o Concello recibiu o informe que servirá de base para o inventariado das manifestacións do patrimonio cultural inmaterial. O devandito estudio é o resultado de 36 horas de gravación de audio obtidas de 107 entrevistas feitas entre distintos veciños e veciñas de Ames. O Concello de Ames é o primeiro municipio de Galicia que aborda unha investigación deste tipo na que se recolle o seu patrimonio cultural inmaterial conservado.
O Concello de Ames xa dispón do informe sobre o patrimonio cultural inmaterial amiense. Esta investigación foi realizada por un equipo de profesores e investigadores, pertencentes á Universidade de Vigo e integrados no proxecto Ronsel, dirixidos polo profesor e representante da Universidade, o Doutor Iván Area Carracedo. Para iso o pasado 22 de xaneiro asinouse un convenio entre o Concello de Ames e a Universidade de Vigo que tiña como fin inventariar o patrimonio cultural inmaterial amiense.

O importe deste traballo, que ascende a 12.000 euros, foi sufragado na súa maior parte mediante unha subvención concedida pola Deputación da Coruña, que ascendeu a contía de 9.996 euros. Ames convértese así no primeiro, e ata hoxe, único Concello de Galicia en desenvolver un proxecto destas características. Deste xeito, o Concello pasa a dispoñer dunha valiosa documentación acerca das manifestacións do seu patrimonio inmaterial que aínda se conservan, e que nalgún caso, se manteñen vivas. Un exemplo desta vixencia é a costume de afumarse despois de asistir a un enterro ou velorio, para quitar o aire ou sombra que o defunto lles puidera pasar. Este rito mantense a día de hoxe nalgúns lugares do noso concello.

O equipo que se encargou da realización deste ambicioso proxecto dispón dunha ampla experiencia na recompilación e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial galego. Estes especialistas forman parte do proxecto Ronsel, que xurdiu no ano 2007 grazas á colaboración entre a Consellería de Cultura e Deportes, a Consellería de Innovación e Industria, as universidades de Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). O principal obxectivo desta iniciativa é levar a cabo o inventariado, a salvagarda e a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial de Galicia.

O traballo de campo desenvolveuse entre os meses de febreiro e xullo de 2010. O informe final entregado ao Concello é o resultado de 36 horas de gravación de audio, nas que se recollen 107 entrevistas feitas entre a veciñanza amiense. Todas as entrevistas foron realizadas a homes e mulleres maiores de 60 anos que aportaron os seus recordos e coñecementos do saber tradicional popular. Esta investigación desenvolveuse ao longo e ancho de todo o territorio municipal. Así na Ameixenda realizáronse 10 entrevistas, en Agrón 8, Biduído 15, en Bugallido 8, en Ames 11, en Covas 8, en Lens 4, en Ortoño 15, en Piñeiro 8, en Tapia 11, e en Trasmonte 9.

A concelleira de Promoción Económica, Emprego, Turismo e Medio Ambiente, Úrsula Seijas, amosou a súa gratitude ás persoas que participaron nesta investigación. "Quero deixar constancia do noso agradecemento a cada unha das persoas que se prestaron a formar parte deste fermoso proxecto, xa que sen a súa axuda este labor non houbera sido viable. Por suposto estendo esta gratitude ao equipo da Universidade de Vigo e á Deputación da Coruña que nos facilitaron os imprescindibles medios humanos e económicos".

Metodoloxía das entrevistas
Para executar esta investigación empregouse o mesmo modelo de entrevista para todos os portadores, pero sempre adaptado ás capacidades ou coñecementos especiais de cada un deles, é dicir, se o entrevistado era portador recoñecido dalgunha parte do Patrimonio Cultural Inmaterial, por exemplo dos remedios tradicionais, centrouse a entrevista neste tema, sen esquecer a realización do resto da enquisa.

As entrevistas dividíronse en catro partes. Por unha banda están as historias da vida. Xunto cos datos de cada entrevistado/a, figura outra información sobre a aldea onde reside, a organización familiar, a súa infancia (xogos, recordos, etc.), a mocidade (oficio que desempeñou, traballos comunais, lecer, festas, etc.)

O segundo apartado recolle contos, lendas, mitoloxía, ditos e refráns. Preguntouse polos contos tradicionais que tiveran escoitado todos os entrevistados ao longo da súa vida. As lendas e mitoloxía case sempre van asociadas a algún sitio concreto, polo que sempre se intentou localizar o lugar exacto ao que facían referencia para acompañalas dunha documentación gráfica. Por último, intentouse poñer en situación aos entrevistados para poder gravar os ditos e refráns que utilizaban e relacionalos cos meses do ano, co traballo, coas festas, etc.

Outras das partes recollidas no informe aborda os oficios. Investigáronse os oficios que existiron no concello de Ames, chegando a localizar varios artesáns aos que se lle preguntou polo proceso de elaboración dos seus produtos. Ademais indagouse sobre a aprendizaxe, a obtención de materiais, o xeito de traballar e os materias empregados ata conseguir o produto desexado. Tamén se documentaron as ferramentas empregadas e os ditos relacionadas con cada un dos oficios tratados.

O cuarto e último apartado trata a medicina tradicional. Esta parte recolle información sobre o número de compoñedores/as e curandeiros/as que existiron no concello, chegando a falar con algún deles. A estes portadores preguntóuselle sobre as técnicas concretas que utilizaban para curar. Outro dos puntos tratados nesta parte das entrevistas foi a etnobotánica. Deste xeito, obtivéronse datos sobre os remedios tradicionais elaborados con plantas para aliviar dores e curar enfermidades.

Todos os datos recompilados almacenaranse en soporte sonoro e documentáronse graficamente para asegurar a súa permanencia no tempo. En paralelo, fíxose un arquivo de fotografías antigas que permite a conservación da memoria fotográfica do concello. A maior cantidade de imaxes recollidas corresponden á celebración das festas da Peregrina en Bertamiráns. As máis antigas corresponden ao primeiro decenio do século pasado, cando os actos relixiosos e festivos en honor desta virxe se celebraban na capela e no patio que alberga o recinto do Pazo da Peregrina.

A última parte deste extenso traballo contempla o establecemento dunha serie de propostas que permitirán a futura valorización deste patrimonio. Algunhas destas medidas fan referencia á protección, promoción, transmisión e difusión desta rica sabedoría popular legada polas xeracións que nos precederon.

Úrsula Seijas, incidiu en que "despois de analizar detalladamente toda a información recollida, tratarase de idear diferentes accións que valoricen estas expresións da nosa cultura, procurando por un lado evitar a súa desaparición, e por outro fomentar o seu coñecemento e transmisión ás nosas xeracións"

FRADES - CURSOS PARA ADULTOS OCUPADOS


O CONCELLO DE FRADES ORGANIZA SEIS CURSOS DE FORMACIÓN GRATUITOS PARA ADULTOS OCUPADOS

O Concello mantén os obradoiros máis exitosos (xardinería, arte floral, conservación de alimentos e informática) e propón dúas novidades: cociña e pintura en vidro

28 de outubro de 2010.- O Concello de Frades organiza seis cursos de formación gratuitos, de trinta horas de duración cada un, dentro do seu programa de actividades “Outono-Inverno”. Un programa que este ano inclúe dúas novidades: os cursos de pintura en vidro e cociña, así como novas edicións de obradoiros que rexistraron unha gran participación na convocatoria de 2009 como son os de xardinería, conservación de alimentos, arte floral e informática.

Seis actividades educativas e formativas que están dirixidas especialmente aos adultos ocupados do municipio, co obxectivo axudarlles a mellorar a súa formación laboral e mesmo abrirlles novas posibilidades de negocio. As clases terán lugar no edificio multiusos do Concello de Frades e tanto as datas e os horarios serán determinado unha vez que se conforme o grupo, de acordo co horario e os intereses dos participantes. Por iso é preciso anotarse canto antes na Casa do Concello ou no teléfono 981 695 567, xa que os cursos comezarán en canto se conforme un grupo.

Novidades deste ano

Entre as novidades deste ano desta o curso de cociña, dirixido a aqueles que desexen motar un negocio de restauración. Por iso, este curso combinará as prácticas na elaboración de pratos (carnes, pescados, mariscos, verduras... elaboración de salsas e doces tradicionais) con formación sobre dietética, nutrición, hixiene na manipulación e presentación dos alimentos, así como unha introducción ao mundo da empresa. A outra novidade é o obradoiro de pintura en vidro, no que os alumnos aprenderán a manexar materiais e técnicas de marmolado, dorado con láminas, esgrafiado, cinta de plomo adhesivo, decupage con servilletas e aplicación de cores traslúcidas.

Así mesmo, recuperaranse dous cursos moi demandados polos veciños en 2009 (xardinería e conservación de alimentos) e outros que xa se levan celebrando varios anos (como arte floral e informática). O obxectivo final do Concello de Frades con estes cursos para adultos ocupados é que poidan servir para fomentar o autoemprego no municipio e, polo tanto, faciliten a creación de riqueza en Frades.

BNG VEDRA - PROPOSTAS PARA O POS


O BNG de Vedra propón que o POS   se invirta en medidas de aforro energético e en novos investimentos.
O BNG DENUNCIA asímesmo que tanto para o grupo de goberno como para os grupos da oposición a prioridade segue a ser “pistas e farolas”, sen seguir máis criterio que o que se vai demandando por quen máis se achegue polo concello.

Dende o BNG admitimos que estos cartos da Deputación, escasos, teñen que aproveitarse tamén para o acceso ás vivendas e o mantemento dos viais públicos, pero adicalos só a iso supón unha evidente falta de ideas e de planificación de cara aos investimentos e prioridades municipais. Seguir apostando por poñer fieiras de alumeados todos os anos, sen ter feita unha planificación do alumeado público en Vedra, para estudiar onde realmente é necesario e onde sobra, indica seguir cunha política obsoleta, trasnoitada e carísima tanto para as arcas municipais como para o medio ambiente.

O BNG de Vedra presentou unha proposta de investimentos novos que levan tempo sendo demandados e poderían iniciarse ou realizarse con cargo a estes plans, ademais de introducir no capítulo de gastos correntes e mantemento medidas de aforro enerxético. Así, entre os investimentos propostos están medidas de dotación de servizos a casas municipais, como a de Cultura de Sarandón, de arranxo de instalacións deportivas moi utilizadas como o pavillón polideportivo,  ou de inicio da construcción  dunha pista de atletismo para o entrenamento do importante deporte de base que hai en Vedra, medida demandada hai anos, e que se perdeu nas promesas electorais.

Despois do debate de onte na Comisión Informativa, o BNG deixou claras as súas prioridades, e advertiu que admite como necesario o asfaltado de pistas de acceso a vivendas, pero non respaldará asfaltados no monte, nin novos alumeados non xustificados. Asimesmo, declaramos como prioridade as medidas de aforro enerxético.

PROPOSTAS BNG VEDRA POS 2011.

Investimentos (50% ou 100% ):
1.- Estudio dunha ampliación da Casa de Cultura de Sarandón para dotar a planta baixa de almacén- camerino e baños, primordialmente baños,  e eliminacióndas barreiras arquitectónicas.
2.- Arranxo cuberta Polideportivo de Vedra (problemas serios de humidade todos os anos), en caso de poder ir solucionándose os problemas por fases.
3.- Arranxo Casa da Irmandade de Santa Cruz (en estado de semiabandono).
4.- Creación de senda peonil no acceso á piscina de Vedra: dende a zona da Casa do Sindicato, ou dende a da Casa da 3ª idade.
5.- Realización dunha 1ª fase da pista de atletismo segundo o proxecto que presentou no seu día o Club Olímpico (pista exterior de asfalto para o adestramento de duatlón en idade esolar,  según medidas de pista cuberta.: esa 1ª fase costaría entre 30.000 e 60000 euros.
6.- Arranxo  patrimonio etnográfico: por exemplo, lavadeiro do Sol, muiño en Pousada, acceso a muiño de Castiláns.

Gastos correntes e mantemento (50% ou nada).

1.- Substitución do alumeado existente por outro de baixo consumo (unha 1º fase)
2.- Instalación de contadores en zonas alumeadas para limitar o tempo de acendido, comezando por zonas non habitadas  (camiños, campos de festa, etc).
3.- Mantemento pistas: do Campo da Festa de San Mamede a Tomonde; de acceso ao Campo da Festa de Sarandón .
4.- Portal con porteiro automático na Ludoteca .
5.- Acondicionamento do aparcadeiro cercano á igrexa de Trobe.



AMES - PARCELA PARA O INSTITUTO DO MILLADOIRO


Asínase a escritura pública da cesión da parcela para a construción do IES do Milladoiro

[27/10/2010] A notaria de Ames, situada no Milladoiro, foi o lugar escollido pola Administración local e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para proceder a firma da escritura pública, pola cal se cede unha parcela á Xunta de Galicia, para a construción do IES do Milladoiro. Este acto tivo lugar na xornada de onte e nel estiveron presentes o alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o subdirector xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, Pablo Jacobo Moure Parrilla. O novo IES construirase nunha parcela de 11.780 metros cadrados que está situada no EQ1 do sector S-16 (Galdrachán). Neste momento estase á espera de que remate o proceso de contratación do proxecto de construción do centro de ensino para que poidan comezar as obras.
O proxecto do IES do Milladoiro vai dando pasos de xeito paseniño. A Consellería de Educación e ordenación Universitaria xa pode comezar co proxecto de construción do novo IES do Milladoiro, despois de que na xornada de onte se firmase a escritura pública de cesión gratuíta da parcela onde se vai a levar a cabo esa infraestrutura.

Neste momento estase á espera de que remate o proceso de contratación do proxecto de construción do centro de ensino. O pasado 27 de setembro rematou o prazo para que as empresas interesadas presentasen as súas ofertas. Posteriormente, o 8 de outubro, estaba previsto que se realízase a apertura das ofertas nas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, situadas no edifico administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

A construción dun novo instituto dará resposta ás necesidades educativas dunha poboación en crecemento como é a do Milladoiro. Cómpre salientar que os mozos e mozas en idade de cursar estudos de ESO e de Bacharelato que viven neste núcleo de poboación vense obrigados na actualidade a trasladarse ao instituto Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.

Coa firma da escritura de cesión gratuíta da parcela só resta que se adxudique o proxecto. Dende ese momento a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá comezar co proxecto para a construción do novo centro de ensino nesta localidade. Neste acto estivo presente o alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o subdirector xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, Pablo Jacobo Moure Parrilla. O proxecto do novo instituto do Milladoiro foi redactado polo Estudo Cid e Santos.

A Xunta de Galicia destinará 6.503.009,83 euros ata 2012 para a construción deste centro de ensino de educación secundaria. Dende o goberno autonómico estímase que a duración das obras será de 18 meses. Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia ten unha partida presupostaria dun millón de euros reservada para a execución do instituto no que corresponde ao ano 2010 polo que as obras deberían comezar antes de final de ano. Ademais os orzamentos de 2011, aprobados recentemente, reservouse unha partida de 1,9 millóns de euros para este proxecto.

O IES do Milladoiro contará con 16 unidades de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) e 3 de Bacharelato. O edificio terá unha superficie útil de cerca de cinco mil metros cadrados e no proxecto está incluída a construción dunha pista cuberta e outra ao aire libre, ademais dun ximnasio de preto de 500 cadrados. O proxecto prevé tamén un aula de tecnoloxía de 120 metros cadrados, unha biblioteca de tamaño similar, varias salas para laboratorios, así como un aula de grandes dimensións para as clases de debuxo. Tamén se reservan máis de 270 metros para dependencias administrativas. 

BRION - II XORNADAS DE MÚSICA SANTA CECILIA


A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS E
O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZAN AS
SEGUNDAS XORNADAS MUSICAIS SANTA CECÍA

Serán tres xornadas, de seis horas de duración cada unha, dirixidas a rapaces e adultos con ou sen coñecementos previos de música

27 de outubro de 2010.- A escola municipal de música Magariños e o Concello de Brión organizan as II Xornadas Musicais Santa Cecía, que terán lugar nas fins de semana do vindeiro mes de novembro. Trátase de tres cursos, de seis horas de duración cada un, nas que poderán participar ata oitenta veciños e veciñas de Brión.

Os cursos están dirixidos tanto a adultos como a rapaces, xa que a organización apostou este ano por facer dous grupos diferenciados: alumnos de entre 10 e 15 anos (que aboarán unha cuota de 15 euros) e alumnos maiores de 16 anos (cunha cuota de 40 euros). Salvo o curso de “Iniciación á harmonía”, que esixe ter coñecementos previos de linguaxe musical, nos outros dous (“Educación auditiva” e “Instrumentos da orquestra sinfónica”) poden participar todos os veciños que o desexen, sen necesidade de ter ningún coñecemento musical previo.

As clases terán lugar nas mañás dos sábados 13, 20 e 27 de novembro. Os veciños interesados en participar deberán anotarse na sede da escola municipal de música Magariños, no Espazo das Artes, ou chamando ao teléfono 981 50 99 08, extensión 31, antes do vindeiro 12 de novembro. 

PP BRION - O VALEDOR DO POBO DALLE A RAZON O PP


EN CASTELLANO.

CARLOS TOMÉ ACUDE AL VALEDOR DO POBO Y AHORA GARCÍA CORRIGE SU ERROR.

Ocurrió por primera vez en el pleno de diciembre del año pasado. El Partido Popular había presentado diferentes mociones y ruegos para su debate en el pleno, todas ellas en gallego excepto una redactada en castellano.

Según el portavoz popular, Carlos Tomé: “o 90% dos escritos que presentamos no Concello se redactan en galego, pero lóxicamente, no PP traballamos moitas persoas, e cada quen é libre de escribir e redactar na língua oficial que queira”.

Pero justo ese hecho, la redacción en castellano de un escrito, fue el motivo por el que el alcalde socialista, José L. García, llamó la atención a los populares, diciendo que tenían que cumplir la normativa del uso del gallego, en concreto la Ley de Administración Local de Galicia, y presentar sus mociones, ruegos y propuestas en gallego.

Tomé, que en ese momento plenario no tenía las leyes delante, contestaba al regidor que ambas leguas son oficiales, y pueden ser utilizadas libremente, pero García insistía en su versión, increpando a los populares por usar el castellano, y pidiéndoles que usen el gallego.
Los populares consideran de vergonzosa la actitud del alcalde y de una imposición desmesurada, por ello echaron mano de las leyes para defender sus derechos. Y así, afirman tal y como pone la diferente legislación (art.7 de la citada Ley, así como la Constitución Española; Estatuto de Autonomía; Ley del uso del gallego como lengua oficial de Galicia; Ley de normalización lingüística; etc, etc en todas ellas, se consideran ambas lenguas oficiales en Galicia, y defienden su uso libremente, apuntando que nadie podrá ser discriminado por razón de la lengua, y todos tienen el derecho a usarlo.
Incluso el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales (ROF), aprobado por el Real Decreto 2568/1986, en su artículo 86 dice:

1. Las convocatorias de las sesiones, los órdenes del día, mociones, votos particulares, propuestas de acuerdo y dictámenes de las Comisiones informativas se redactarán en lengua castellana o en la lengua cooficial en la Comunidad Autónoma a la que pertenezca la entidad, conforme a la legislación aplicable y a los acuerdos adoptados al respecto por la correspondiente Corporación.

Por tal motivo, el 27/5/2010 el Partido Popular presentó una queja formal dirigida al regidor, contándole lo sucedido, e informándole de la diversa legislación que ampara el uso de ambas lenguas. Por tanto, intentando de esta manera que no prohibiera el uso de una lengua, cuyo uso está amparado por la Ley (se adjunta copia de la queja citada).

Pero sorprendentemente, en la sesión plenaria del 16/6/2010, el Sr. García de nuevo volvió a increpar a los populares por el mismo tema. Presentaron múltiples escritos, todos ellos redactados en gallego: ruegos y preguntas. Pero la única moción presentada ( “contra la congelación de las pensiones”), se redactó en castellano.

El Alcalde públicamente, ante todos los miembros de la Corporación y los medios de comunicación allí presentes, se mostró a favor de la congelación de las pensiones, no aceptando así la moción de los populares por dos razones: uno, por motivos políticos en apoyo al Gobierno del Sr. Zapatero,  y dos, porque la moción venía escrita en castellano.

Y dicha razón, la hizo pública en varias ocasiones: no acepto la moción por venir escrita en castellano.
Por tal motivo, el PP de Brión aún pudiendo acudir a los Tribunales por su amparo en las Leyes, ha optado por presentar una queja ante el Valedor del Pueblo contra el regidor, evitando así que los vecinos paguen con sus impuestos, juicios debidos a las malas gestiones y actuaciones de García.
Según Tomé: “é lamentable que o Alcalde en vez de ocuparse do importante das propostas, é dicir, do seu contido para beneficiar aos veciños, se ocupe tan só da língua na que se redacte o escrito”.
La queja fue admitida a trámite por conllevar motivos suficientes para la intervención del Valedor do Pobo. A finales de septiembre, se formuló al Ayuntamiento un recordatorio de los deberes legales, que ha dado como resultado, que el mes pasado el Alcalde aceptara tal recordatorio y de esta manera, acepte el uso del castellano cumpliendo así con uno de sus deberes legales.

La noticia coincide estos días, con la sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Cataluña que también ha obligado a otro Ayuntamiento (Barcelona) a cambiar su reglamento interno debido a causas muy similares a las practicadas por el Alcalde de Brión.

Carlos Tomé se alegra de que el Sr. García, por fin corrija su error, aún siendo gracias a la intervención del Valedor do Pobo: “as dúas línguas son oficiais, e se escriba en galego coma en castelá, o importante é o contido e as propostas para os veciños, e non a língua na que se escriba”.


TORDOIA - PLAN DE IGUALDADE


O CONCELLO DE TORDOIA PRESENTA ESTE VENRES
O PLAN DE IGUALDADE DE HOMES E MULLERES,
QUE SE IMPLEMENTARÁ ENTRE 2010-2013

Entre as actividades programadas, que comezarán en novembro, contémplase a celebración de cursos e un concurso de fotografía

27 de outubro 2010.- Co obxectivo de servir de instrumento de acción política para promover a participación da muller en todas as esferas da vida social no municipio, o Concello de Tordoia presentará este venres, 29 de outubro, as actuacións programadas no marco do Plan de Igualdade de Mulleres e Homes do Concello de Tordoia. Un acto que terá lugar na Casa da Cultura ás 19:00 horas.

Entre as primeiras inicitivas integradas neste programa, o Concello ten previsto celebrar dous cursos formativos e un concurso de fotografía, que se desenvolverán no mes de novembro. Este plan, que contempla actividades formativas e campañas de sensibilización en 6 áreas de actuación (concello, cultura e deporte, educación, traballo, inclusión social e saúde e urbanismo e cidadanía), desenvolverase a través de Programas Operativos Anuais desde agora e ata 2013. “O obxectivo deste Plan de Igualdade é servir de marco de referencia centralizador de todas as accións e estratexias que se van poñer en marcha para fortalecer o proceso de transformación da imaxe da muller, traballando a prol da positivización da imaxe da muller agraria no concello así como da súa participación en todos os eidos da actividade pública”, explica o rexedor tordoies, Antonio Pereiro.

A materialización inmediata deste Plan de Igualdade suporá a posta en marcha, a partir do mes de novembro, de dous cursos dirixidos a este colectivo e orientados a promover o liderazgo feminino e ao impulso da igualdade de xéneros. Ademais, a planificación para este ano inclúe a promoción dun curso de fotografía que, baixo o título “Cremos nelas” abrirá o seu prazo de participación o mesmo 29 de outubro co obxectivo de promover a participación das mulleres reflectindo situacións de igualdade de xénero a través das instantáneas fotográficas. As mellores fotografías recibirán premios por valor de 300€.

Diagnose realizada en 2009

O celme do Plan de Igualdade de Mulleres e Homes do Concello de Tordoia xurde en 2009 no marco dun proxecto de análise da situación da muller neste concello, auspiciado pola Deputación da Coruña. Coa finalidade de mellorar a situación reflectida nesa diagnose xurde este programa de actividades co que o Concello fai unha chamada á implicación de todos os axentes sociais. “Só desde o esforzo conxunto de organismos e entidades así como das diferentes asociacións do territorio municipal poderemos acadar o igualdade reaal e efectivas entre os homes e mulleres do Concello de Tordoia”, conclúe Pereiro Liñares.