Hoxe xoves celebrase o festival de Nadal do Espazo Lúdico Educativo
Hoxe xoves terá lugar, a partir das 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura o Festival de Nadal do Espazo lúdico-educativo. O certame está aberto a toda a sociedade e contará con propostas novidosas como a representacións con sombras . Ademais do conto da muiñeira de Chantada, O conto dos tres porquiños, haberá un poema, e rimas con números inventadas polos nenos e nenas. Esta proposta está baseada no libro "Cinco" de Antonio Rubio.
O festival tamén contará con danzas ( Don Meliton, do recopilatorio "Un bico e un cantar" e Debaixo da Figueira, do recopilatorio "Pelo Gato 24"
Os asistentes tamén poderán disfrutar con visionados coma o da da festa do Samain no Espazo lúdico.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O pavillón municipal César G. Fares acolle maña venres unha exhibición deportiva benéfica
-Nesta segunda edición da cita, recolleranse alimentos non perecedeiros, que se destinarán ao Banco de Alimentos de Silleda Solidaria
-Os asistentes que entreguen alimentos recibirán rifas para o sorteo de vales de compra en varios comercios da localidade, aos que o concelleiro de Deportes, Klaus Brey, agradece a súa participación
-Participan alumnos/as das escolas de patinaxe, de aerobic (da asociación de veciños Ansemil-Martixe), e de kun fu
Maña venres día 21 de decembro terá lugar no pavillón municipal César González Fares a segunda edición da exhibición benéfica das escolas deportivas de Silleda. A cita comezará ás 21.00 horas con tres modalidades deportivas.
En primeiro lugar haberá unha exhibición de bailes de patinaxe, á que seguirá a de aerobic, protagonizada polas veciñas de Ansemil-Martixe. Pecha o certame a exhibición da escola de kun fu, na que participan alumnos e alumnas de todas as idades e categorías.
“Despois do gran éxito que tivemos o ano pasado coa primeira cita benéfica, na que se recolleron xoguetes, este ano farémolo con alimentos non perecedoiros, que irán ao banco de alimentos do programa municipal Silleda Solidaria”, sinala Klaus Brey, responsable da Concellería de Deportes que organiza o evento.
Os asistentes que depositen alimentos á entrada do pavillón recibirán unha rifa para participar, ao final do acto, no sorteo de varios vales de compra de 15 euros cada un, donados por establecementos comerciais de Silleda. Dende a concellería, Klaus Brey, amosa o seu agradecemento a todas as tendas que se sumaron a esta iniciativa.
Ao remate, tamén haberá chocolate con churros para os nenos e nenas do público e aqueles que participaran na exhibición.
Esta iniciativa benéfica súmase a outras campañas realizadas nas últimas semanas dende centros educativos, asociacións, clubes… ás que dende o Concello se agradece a súa colaboración e implicación co programa Silleda Solidaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario