O xulgado arquiva a denuncia de catro axentes da policía local contra o alcalde de Teo

Teo, 16/07/2016 - O Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela arquiva a denuncia que catro axentes da Policía Local de Teo presentaran a finais do pasado mes de febreiro contra o alcalde de Teo, Rafael Sisto. A decisión do xulgado, que o Concello acaba de coñecer e que data do 22 de xuño, conta ademais co informe favorable da fiscalía.

Pacto X Ames denuncia o mal estado do campo de fútbol de Agrón

Ames, 16/07/2016 - A sensibilidade mostrada pola promoción do deporte, sobre todo no rural, por parte do goberno tripartito de Ames é a mesma que mostraron os gobernos que os precederon anteriormente, ningunha. 

O Observatorio Astronómico da USC confirma a entrada dunha pedra cósmica na atmosfera terrestre o pasado 17 de maio


Santiago, 16/07/2016 - Descartada a re-entrada na atmosfera dun foguete ou chatarra espacial, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC acaba de confirmar que o suceso do pasado 17 de maio no que se puido observar unha potente luz no ceo acompañado de detonacións “tratouse efectivamente dun bólido diúrno”.

Santiago prevé restaurar o itinerario fluvial do Sarela

Santiago, 16/07/2016 -  A Xunta de Goberno aprobou a participación do Concello de Santiago no Plan Provincial de Medio Ambiente 2016. O Goberno local presentará un proxecto de restauración e mellora do itinerario fluvial "De ponte a ponte polo río Sarela". A actuación ten un orzamento de 87.397,40 euros, dos que 61.620,74 procederían da Deputación da Coruña e 25.776,66 do Consorcio de Santiago.

Última visitas de los protagonistas de Star Wars a Ärea Central

Santiago, 16/07/2016 - Unos veinte socios de la Tropa Korriban Star Wars Galicia visitan mañana sábado Area Central por última vez con motivo de la exposición “Mitos de una galaxia muy lejana”, que se despide esta semana del centro comercial. 

O Consorcio destinará 70.000 euros ao mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica

Santiago, 16/07/2016 - O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para o resto do ano á empresa 2000 Joscon Construcciones, S. L. O organismo destinará 70.000 euros a estas actuacións. 

o proxecto ‘vives emprega Teo’ encara a súa recta final con obradoiros formativos

Teo, 16/07/2016 - O proxecto ‘Vives Emprega Teo’, que o Concello de Teo desenvolve en colaboración coa entidade Acción Contra el Hambre, encara estes días a súa recta final, cunha programación de obradoiros externos que complementan os coñecementos recibidos polos participantes durante os últimos meses.

O loitador de Touro Damián Iglesias concentrado coa selección nacional

Madrid, 16/07/2016 - 13 deportistas Galegos finalizarán este vindeiro sábado 16 de Xullo a súa estadía na concentración internacional posterior o Gran Premio de España de Loita, que está tendo lugar nas instalacións do Centro de Alto Rendemento de Madrid.

Boqueixón reduce o imposto das edificacións en solo rústico vinculadas ao sector primario

Boqueixón, 15/07/2016 - O pleno municipal de Boqueixón aprobou onte modificar a ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI), co obxectivo de reducir o coeficiente de tributación sobre o valor catastral das edificacións das explotacións agrarias, gandeiras e forestais en solo rústico, que pasan do tipo actual do 0,44% ata un 0,3% nos orzamentos de 2017. 

Teo require o cese da emisión de ruído dun grupo electróxeno nos Tilos

Teo, 15/07/2016 - O Concello de Teo emitiu unha resolución na que se require o precintado dun grupo electróxeno pertencente a unha instalación hoteleira na urbanización dos Tilos, por estar emitindo ruídos que ocasionan danos e molestias graves á veciñanza do lugar. Foi precisamente a veciñanza quen denunciou os feitos, polos prexuízos que o equipo, instalado no exterior do inmoble hoteleiro, causa tanto de día como de noite. 

Festas da Santa Mariña na parroquia de Parada

Ordes, 15/07/2016 - Esta vindeira fin de semana, 16 e 17 de xullo, a parroquia de Parada encherase de festa para honrar á Santa Mariña.

Títeres Alakran, Oviravai, Gramola Gominola e a Asociación de Gaiteiros Galegos animarán o espazo infantil do Festigal 2016

Santiago, 15/07/2016 - O Festigal 2016 terá un espazo infantil con obradoiros, actuacións, música e diversión que servirán de escaparate de actividades culturais e creativas destinadas ás crianzas feitas en Galiza. Conta co patrocinio das Galletas Mariñeiras Da Veiga.

Lalín reúne este sábado a todos os alcaldes de barrio

Lalín, 15/07/2016 - O Concello de Lalín reunirá o vindeiro sábado, 16 de xullo, aos 52 novos alcaldes e alcaldesas de barrio, que foron elixidos nun proceso democrático que amosou o compromiso do Goberno e das veciñas e veciñas do rural coas súas aldeas e parroquias.

Lousame acolle este sábado a inauguración da exposición “O mundo máxico de Antón”

Lousame, 15/07/2016 - A Casa da Cultura “Santeiros de Chave” de Lousame acollerá este sábado 16 de xullo, ás 12:00 horas, o acto de inauguración da exposición de pintura “O mundo máxico de Antón”, de Antón Romero Piñeiro, un rapaz de 10 anos natural de Portosín e que padece un trastorno do espectro autista que non lle impide expresar a súa creatividade a través dos seus debuxos.

As Maianas e Xabier Díaz hoxe nas Noites en Vela da Ponte Maceira

Ames, 15/07/2016 - As persoas amantes da música tradicional teñen unha cita en Ames este venres, 15 de xullo, que comeza cedo, ás 11:30 horas no local social de Agrón. Alí o músico, compositor e investigador Xabier Díaz impartirá un obradoiro de percusión tradicional galega. Durará tres horas cunha pausa para o xantar. Pola noite o músico ofrecerá un concerto en solitario na Ponte Maceira, onde compartirá este escenario tan especial coas Maianas, agrupación de pandereteiras ben coñecida entre a veciñanza amesá e nos escenarios e prazas alén do Val da Maía.

Martina Bretaña acada o primeiro posto no Campionato Galego de Patinaxe e Aldara Couce o sexto

Ames, 15/07/2016 -  Martina Bretaña, de 9 anos, e Aldara Couce, de 11 anos, dúas patinadoras amesás, participaron o pasado sábado no campionato galego de patinaxe libre e en parellas. Martina, do Club de patinaxe Omega, acadou o primeiro posto da categoría benxamín feminina, mentres que Aldara, do Club de patinaxe Sarela, rematou en sexta posición na alevín feminina.

Los vecinos de Silleda donan a Humana 10 toneladas de ropa usada

Silleda, 15/07/2016 - Humana Fundación Pueblo para Pueblo, organización no gubernamental para el desarrollo (ONGD) que desde 1987 promueve la protección del medio ambiente a través de la reutilización de textil y lleva a cabo programas de cooperación en África, América Latina y Asia así como de ayuda social en España, ha recogido durante el primer semestre de este año 9.980 kg de textil usado en Silleda a través de 7 contenedores distribuidos por el municipio. 

Analizan na USC a perspectiva de xénero na docencia universitaria

Santiago, 15/07/2016 - A IV Xornada Universitaria Galega de Xénero desenvolverase hoxe venres 15 na Facultade de Ciencias da Comunicación centrada nesta edición na práctica docente co obxectivo de impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como criterio de excelencia universitaria.

Comezan os traballos de roza no petróglifo do Monte Castelo en Ames

Ames, 14/07/2016 - Onte comezaron os traballos de limpeza e roza, para a posta en valor do petróglifo 2 do Monte Castelo, onde o próximo sábado, 16 de xullo, o colectivo A Rula, en colaboración co Concello de Ames, organiza unha ruta nocturna para visitar esta área rupestre.

Onte foi presentada en sociedade Compostelánea, a axenda en papel do concello de Santiago

Santiago, 14/07/2016 - Despois de que fai uns dáis se dera a rolda de prensa sobre a publicación onte tocou presentala en sociedade. Na terraza do concello reuníronse representantes da sociedade compostelana que puideron disfrutar das vistas e conversar sobre a publicación xa con ela nas mans.
Xornalistas, representantes do sector hoteleiro, editorial e de distintos ámbitos da cidade acudiron a vconvocatoria.

Boqueixón amortiza toda a débeda bancaria

Boqueixón, 14/07/2016 - O Pleno de Boqueixón aprobará hoxe a modificación orzamentaria que permitirá a amortización do único crédito bancario que o concello ten subscrito con Abanca e que ascende a data de hoxe a 323.470 €. Esta decisión foi posible gracias ao remanente positivo de tesourería de 1.070.000 € que resultou da liquidación do orzamento de 2015.

Inaugurado en Sigüeiro, Oroso, o novo club Cross Padel

Oroso, 14/07/2016 - Na tarde de onte era inaugurado o novo club de Padel de Oroso coa presenza do alcalde Manuel Mirás, o concelleiro de deportes Luís Rey e veciños e convidados do mundo do Padel.

NUMAX e Curtocircuíto amplían a súa colaboración coa proxección periódica de curtametraxes

Santiago, 14/07/2016 - Un ano máis, o Cinema NUMAX e Curtocircuíto. Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela xuntan forzas para organizar actividades en común. A colaboración neste 2016 iníciase coa inclusión periódica na carteleira de NUMAX de distintas curtametraxes seleccionadas nas últimas edicións do festival. A primeira delas será Sangre de unicornio, do coruñés Alberto Vázquez, que se vai pasar antes de cada proxección de Bruja, más que bruja, de Fernando Fernán Gómez.

O PSOE de Ordes pide a reposición da sinalización horizontal na N-550

Ordes, 14/07/2016 - O PSOE de Ordes pedirá na sesión plenaria do próximo martes 18 de xullo que o Concello de Ordes inste ao Ministerio de Fomento e á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia a que repoñan a sinalización horizontal orixinal no tramo da N-550 asfaltado esta semana

Esta semana remata o prazo de inscrición para o Setembro Lúdico de Ames

Ames, 14/07/2016 - Esta semana remata o prazo de inscrición para varios servizos e actividades que están organizando os diferentes departamentos municipais do Concello de Ames. Deste xeito, o venres 15 é o derradeiro día para apuntarse no programa de conciliación Setembro Lúdico, que terá lugar todas as mañás entre os días 1 e 9 de setembro, e hoxe 14 pecha o prazo para participar na ruta nocturna en kaiak polas Fervenzas do Ézaro, que se desenvolverá o venres 29 deste mes.

Renovación do DNI no concello de Ordes

Ordes, 14/07/2016 - O equipo móbil de renovación do DNI da Policía Nacional estará en Ordes os vindeiros días 12, 13, 14, 15 e 16 de setembro.

Oroso organiza un taller gratuito de formación sobre drons

Oroso, 14/07/2016 - O Concello de Oroso, a través da súa Aula CeMIT, ofrece un taller de formación para achegar coñecementos acerca da tecnoloxía dos drons durante a próxima semana, de luns a xoves en horario de 10:00 a 12:00 horas. Un obradoiro que orientará dun xeito sinxelo e práctico a calquera persoa con interese no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados, tanto con unha finalidade profesional como lúdica. 

Hoxe Lar Legido e Mónica de Nut na terraza das Crechas

Santiago, 14/07/2016 - o Vía Sacra 5 Estrelas Fest, o festival do verán na terraza da Vía Sacra que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou, acolle un novo concerto protagonizado polo percusionista LAR Legido e algúns amigos, neste caso: a cantante e bailarina Mónica De Nut e Virxilio Da Silva. A cita a partir das 19.00 horas

A parroquia ordense de Leira acollerá o XXIV Encontro de Grupos de Danzas Rexionais o vindeiro domingo

Ordes, 14/07/2016 - O próximo domingo, 17 de xullo, o campo da festa da parroquia de Leira acollerá o XXIV Encontro de Grupos de Danzas Rexionais. Unha cita organizada polo Grupo de Danzas Asociación Cultural Veciños de Leira en colaboración co Concello de Ordes. O programa arrancará ao mediodía cunha comida campestre para dar paso ás 18 horas ao comezo do festival. 

O verán en Compostela ten hoxe maxia co Mago Richard

Santiago, 14/07/2016 - A mestura de ingredientes é a mellor receita para facer un espectáculo dinámico e divertido coma este. O principal elemento é a máxia, porque estamos a falar dun espectáculo de ilusionismo, e o seguinte son os meniños que poñerán toda a súa imaxinación para que os trucos funcionen.

Presentados en Compostela os artistas galegos que participarán no Womex 16

Santiago, 14/07/2016 - Presentáronse en rolda de prensa os tres grupos galegos que participarán no WOMEX 16, a maior feira mundial de ‘world music’ que se celebrará en Compostela do 19 ao 23 de outubro. Trátase de Radio Cos, a banda de Quique Peón e Xurxo Fernandes, que foron elixidos dentro da Selección Oficial; de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Narf & Timbila Muzimba, a asociación do músico santiagués con este grupo mozambicano, que participarán dentro do escenario Atlantic Connections, que inclúe propostas da Península Ibérica e América Latina. 

Oroso celebrará o quinto centenario do paso do Rei Carlos I polo concello

Oroso, 13/07/2016 - O Concello de Oroso comezou a preparar o quinto centenario do paso do emperador Carlos I de España e V de Alemaña por ese concello, que terá lugar en maio do ano 2020.

Pacto X Ames abre a porta a multitude de conflitos xurídicos

Ames, 13/07/2016 - As danos colaterais provocados pola aprobación da RPT no pleno de Xuño seguen saíndo a luz a medida que vai pasando o tempo, así á supresión total da RPT das prazas do vixiante de obras ou o conserxe de Bentín, a de varios postos de técnicos de diversos departamentos como contratación e secretaría e a amortización de dous postos da Brigada Municipal de Obras para poder crear unha praza de adxunto á Secretaría, hai que sumar a supresión de todas as prazas da EMMA (Escola Municipal de Música de Ames) ou o grave problema das Bibliotecas Municipais que está provocando que durante 3 días á semana non haxa persoal para o préstamo e recollida de libros. 

O PP de Santiago considera os orzamentos participativos unha trampa e unha estafa

Santiago, 13/07/2016 - “O Goberno local está máis preocupado en salvar o contrato coa empresa encargada de acompañar o proceso que en facer as cousas ben”, así se referiu o concelleiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, ao proxecto de orzamentos participativos. Neste senso, criticou que “a suposta nova democracia de Compostela Aberta vai ser unha chafallada”, por ser un proceso confuso, escaso de rigor e de seriedade.

Descobren un mecanismo cerebral que abre a porta a curar a enfermidade do fígado graxo

Santiago, 13/07/2016 - Un equipo encabezado polo profesor Rubén Nogueiras acaba de descubrir en ratos un mecanismo no cerebro que axudará a curar a esteatohepatite, unha doenza inducida pola acumulación de graxa no fígado e acompañada de proceso inflamatorio.

O Concello de Brión leva polas parroquias seis Noites de Cine ao aire libre

Brión, 13/07/2016 - O Concello de Brión levará o programa “Noites de cine ao aire libre”, en colaboración coa Rede Cultural 2016 da Deputación da Coruña, polas súas distintas parroquias.

Contos e música na axenda de verán de Santiago

Santiago, 13/07/2016 - Dúas opcións para esta tarde en Compostela, Contos e Leiras coa compañía Daboapipa e música con Alberto Montero.

Siador en Silleda acolle o venres 22 o enconro "La Voz del Camino"

Silleda, 13/07/2016 - A empresa Bioturmalina organiza “La Voz del Camino”, unha viaxe de 5 días pola Vía da Prata do Camiño de Santiago, complementada con actividades na natureza, concertos, danzas, meditacións e biocreatividade.

Presentación das Escolas Santiago Futsal na Federación Xaponesa de Fútbol

Santiago, 13/07/2016 - Un pasiño máis para as Escolas Santiago Futsal Talent Proyect, que ademais de sumar un gran número de participantes aos seus diversos campus e clínics formativos, foron presentadas como proxecto deportivo ante os comisarios da Federación Xaponesa de Fútbol.

6 corredores do MillaRaio no campeonato de España cadete

Ames, 13/07/2016 - Tras o éxito das categorías menores nos campionatos autonómicos por equipos con e os récords de participación e varias medallas en Campionatos Galegos individuais o club Atletismo MillaRaio presentou un total de 6 atletas un campionato de España cadete, disputado na localidade catalá de Granollers o pasado fin de semana.

Lalín compra material para a conservación e bacheo de pistas

Lalín, 12/07/2016 - O Concello de Lalín vai investir este ano un total de 207.511 euros na compra de diverso material para o desenvolvemento de actuacións de conservación e bacheo de pistas asfaltadas.

Brión inviste 25.000 euros na instalación de pavimento continuo no parque infantil da aldea de Guitiande

Brión, 12/07/2016 - O Concello de Brión vén de adxudicar á empresa Jardinería Arce SL a execución das obras de instalación de pavimento continuo no parque infantil da aldea de Guitiande por un prezo de 25.157,05 euros.

Frades autoriza un convenio coa Xunta para o abastecemento das parroquias de Moar e de Añá

Frades, 12/07/2016 - O pleno municipal de Frades aprobou esta tarde por unanimidade en sesión extraordinaria autorizar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a Augas de Galicia para levar o abastecemento de auga ás parroquias de Moar e de Añá, así como outros dous pequenos núcleos de poboación: Campoduro (Céltigos) e Cadaval (Ledoira).

Lousame requírelle á aseguradora os cartos das obras do enlace entre a DP-4201 e a DP-1105

Lousame, 12/07/2016 - O pleno municipal de Lousame celebrou hoxe luns unha sesión plenaria extraordinaria para aprobar a desestimación do recurso de reposición interposto por Millenium Insurance Company, compañía aseguradora de Aldasa SLU, contra a decisión plenaria do pasado mes de abril de incautar a garantía de 41.671 polas deficiencias cometidas por esta empresa na execución do vial de enlace entre a DP-4201 e a DP-1105.

O Consorcio de Santiago saca a concurso a redacción do Plan Director do Pazo de Raxoi

Santiago, 12/07/2016 - O Consorcio de Santiago sacou a concurso a redacción do Plan Director do Pazo de Raxoi, por un importe global de 122.300 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata este venres, 15 de xullo.

Ábrese o prazo para os cursos de natación do mes de agosto en Ames

Ames, 12/07/2016 - Xa está aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación, que se desenvolverán durante o mes de agosto nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. Estes cursos pretenden ocupar o tempo libre dos nenos e nenas amesáns durante as vacacións ao mesmo tempo que aprenden a nadar.

Xantar na Casa adxudica dez praza a Silleda

Silleda, 12/07/2016 - O Concello de Silleda subscribiu, o pasado mes de maio, o convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento do programa Xantar na Casa.

O Vía Sacra Fest presenta aos Porcoteixos

Compostela, 11 de xullo de 2016. Hoxe o Vía Sacra 5 Estrelas Fest, o festival do verán na terraza da Vía Sacra que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou, acolle un concerto dos Porcoteixos, un trío de música tradicional que fan un percorrido polo repertorio dalgúns dos países celtas: Irlanda, Escocia, Bretaña e Galiza.

Magín Blanco na programación de verán de Compostela

Santiago, 12/07/2016 - A banda das apertas fai un percorrido polas cancións infantís de diferentes proxectos de Magín Blanco como A nena e o grilo, Gatuxo, María Fumaça ou Rosalía Pequeniña.

O profesor César Domínguez, nomeado catedrático honorario da Universidade chinesa de Sichuan

Santiago, 12/07/2016 - O profesor de Literatura Comparada e titular da Cátedra Jean Monnet ‘A Cultura da integración europea’ da USC, César Domínguez, acaba de ser nomeado catedrático honorario da Universidade de Sichuan (China) polas súas achegas no ámbito da literatura comparada.

O XIII campionato municipal de pesca infantil do Concello de Frades duplica a súa participación

Frades, 12/07/2016 - A decimoterceira edición do Campionato Municipal de Pesca Infantil, organizado polo Concello de Frades, acadou esta fin de semana todo un récord de participación, con case corenta nenos e nenas menores de 16 anos.

Boa participación na xornada cabalar de Negreira

Negreira, 11/07/2016 - Este domingo Negreira acolleu a XII Feira Cabalar con éxito de público.

Este venres en Ponte Maceira e Agrón Noite en Vela e obradoiro con Xabier Díaz e As Maianas

Negreira, 11/07/2016 - Os Concellos de Ames e Negreira poñen en marcha conxuntamente “Noites en Vela”, unhas fermosas xornadas que nacen para valorizar o entorno de Ponte Maceira.

Xincana lingüística entre os nenos e nenas da comarca de Ordes

Ordes, 11/07/2016 - O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes (SNL) iniciou a pasada semana o Obradoiro lúdico de lingua galega (xincana lingüística), o cal se desenvolverá por cada un dos sete concellos da comarca. 

O programa Apego comezou en Ames cunha xornada de recursos educativos

Ames, 11/07/2016 - 25 persoas das escolas infantís de Ames participaron no Obradoiro Alí de recursos en galego para a educación infantil. O obradoiro organizado polos departamentos de Educación e de Normalización Lingüística, desenvolveuse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e nel participou tanto persoal das escolas municipais, como da Galiña Azul ou doutras escolas privadas do concello. 

Presentado en Santiago a novela "Nana para dormir a un lobo" do veciño de Oroso Jorge del Oro (vídeo)


Hai uns días que era presentada en Santiago a novela "Nana para dormir a un lobo" do escritor, afincado en Oroso, Jorge del Oro.
Trátase da historia de Hans, un rapaz que sobrevive a unha pandemia mundial na década dos oitenta; un universo alternativo, situado nos escenarios reais de África, pero que ten como fondo a realidade da guerra fría de aqueles anos.

O PP denuncia o estado de varios puntos de vertidos incontrolados

Santiago, 10/07/2016 O portavoz do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, presentou  unha proposición para que o Goberno local tome medidas urxentes e poña fin dunha vez por todas á proliferación de puntos de vertidos incontrolados no termo municipal. Con esta iniciativa, que trasladará ao vindeiro pleno, urxe ao concello a que “actúe con dilixencia e rigor, que vixíe, se preocupe e ocupe destes puntos de vertidos incontrolados”.

A Universidade comeza esta semana a programación de 8 novos cursos de verán

Santiago, 10/07/2016 -  Nesta semana darán comezo oito novos cursos de verán da Universidade de Santiago, a celebrar en Lugo, Compostela, Monforte de Lemos, Vilanova de Arousa, Lalín, Cervantes e Guitiriz.

Hoxe conclúe en Ordes o II Concurso de tapas 'De bo dente!'

Ordes, 10/07/2016 - Hoxe concluirá o II Concurso de tapas 'De bo dente'. Un total de 26 bares e establecementos da vila e de Santa Cruz de Montaos e As Casillas participan nesta iniciativa que deu comezo o pasado venres e que tivo unha grande acollida. Espetada de mar, estoupazo de polbo, polo ao cestello, stroganoff de pavo, compangos de salmón, pecado de curral, airiños da nosa terra, tortillas encantadas, ovos cabreados, escuma de mar, ou revolto de verán, son algunhas das receitas que este ano optan a ser a preferida polo público ordense.

Duelirium no Verén en Verde por conta de Cultura no Camiño

Santiago, 10/07/2016 - Que pasa cando dúas amigas non se ven dende hai tempo?. Que teñen entre elas? Intencións e emocións ocultas expostas á mirada da xente que pasa arredor desta casa sen paredes... Risas, aloumiños, líos e anédotas que transcorren nun piso moderno de 12 metros cadrados...

Máis tendas que chegan a Área Central

Santiago, 10/07/2016 - La firma de moda masculina Ramón Sanjurjo ha abierto su establecimiento outlet en Area Central. Esta nueva incorporación a la oferta comercial de moda de Area Central se puede visitar en la esquina amarilla de la planta baja del centro comercial, en concreto en el local L-12-E.

Máis de cen nenos e nenas participan das actividades de verán de Boqueixón

Boqueixón - 10/07/2016 - O Verán Activo deu comezo o día 1 de xullo e alargarase ata o 30 de agosto, con 117 rapaces e rapazas que son atendidos por seis monitores, ademáis de voluntarios xuvenís e monitores en prácticas.

Silleda sigue na rúa coa campaña de empadroamento

Silleda, 10/07/2016 - O Concello de Silleda continúa coa promoción da súa campaña de empadroamento para conseguir que as 1000 persoas que se estima, viven no municipio sen estar empadroadas, o fagan.