Inauguración do Espazo das Artes de Brión

begin:vcard
fn:Manel Pardo
n:Pardo;Manuel
email;internet:mpardo65@gmail.com
version:2.1
end:vcard

XOSÉ LUIS GARCÍA INAUGURA A PRIMEIRA SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL DE BRIÓN E AS RENOVADAS INSTALACIÓNS DA ESCOLA DE MÚSICA MAGARIÑOS


O Concello de Brión investíu 281.900 euros no inmoble, en cuxo exterior levará os nomes de todas as localidades do municipio conformando unha árbore


18 de decembro de 2009.- O alcalde de Brión, Xosé Luís García, e a concelleira de Cultura e Xuventude, Patricia Vázquez, inauguraron esta tarde as novas instalacións municipais da Escola Municipal de Música Magariños e do Espazo das Artes, a primeira sala de exposicións municipal de Brión. Unhas instalacións nas que o Concello de Brión investíu un total de 281.9000 euros con cargo ao programa Proder II e ao Fondo de Investimento Local 2009.


Xosé Luis García destacou o feito de que “hoxe cumprimos unha vella aspiración deste Concello: dispoñer dunha sala de exposicións municipal na que poidamos albergar conferencias, exposicións e todo tipo de actividades relacionadas co mundo da cultura”. Pola súa banda, Patricia Vázquez Lamas, agarda que estas novas intalacións “se convertan nun espazo aberto aos veciños tanto para a arte como para a música, que poidan vir a ver exposicións e mesmo que podan expoñer nela. O noso desexo é que se converta nun referente para a comarca”.

Características das novas instalacións


As novas instalacións nas que se ubican o Espazo das Artes e a Escola Municipal de Música Magariños ocupan un edificio situado en Pedrouzos, a menos de 50 metros da carballeira de Santa Minia. O baixo do inmoble acolle catro aulas para as clases da escola de música Magariños, “cuxo regulamento foi aprobado no pleno do pasado mércores e que permitirá que funcione como unha escola oficial de música”. Na primeira planta está situado o “Espazo das artes”, que ocupa unha superficie útil de máis de 180 metros cadrados que inclúen aseos e dúas salas para actividades, de 55 m2 cada unha.


O Concello de Brión foi o promotor desta obra, orzamentada en máis de 197.000 euros e subvencionada polo programa Proder II a través da Asociación de Desenvolvemento Rural Sar-Ulla. Unha obras que consistiron na remodelación da planta baixa que ocupaba a escola de música e na construción do primeiro piso. Posteriormente, o Concello de Brión investíu outros 84.900 euros, nesta ocasión con cargo ao Fondo de Investimento Local, no acabado interior da escola de música.


Unha vez rematados os traballos, o Concello de Brión traballa na imaxe exterior da instalación. “Como queremos que estas instalacións sexan un espazo aberto a todos os veciño, que mellor xeito de decorar este inmoble que os nomes de todas as parroquias e aldeas de Brión”, apunta Patricia Vázquez. Así, o exterior do edificio será cuberto cunha gran árbore conformada polos nomes de todas e cada unha das aldeas e parroquias de Brión, mantendo unha rigurosa orde alfabética (tanto na orde das parroquias como das localidades de cada unha delas).


Exposición de pintura


O Espazo das Artes ábrese ao público cunha exposición de pintura e acuarelas de María Manuela e Xosé Vázquez Castro. Unha exposición que poderá visitarse ata o vindeiro mes de xaneiro. O acto finalizou cunha actuación musical a cargo do cuarteto de clarinetes da escola de música Magariños e cunhas cancións interpretadas por María Manuela.

Nota de prensa do BNG da Estrada: Froito das denuncias feitas polo BNG o centro ictioxénico do Ulla xa non está nunha silveira

logo_feedburner.gif
Froito das denuncias feitas polo BNG, o centro ictioxénico do Ulla xa non está nunha silveira


Para o BNG isto non pode ser un simple lavado de cara

A Estrada, 19 de decembro de 2009
: Desde o BNG da Estrada parabenizamos á Consellaría de Medio Rural pola limpeza que fixo no Centro Ictioxénico do Ulla, froito da denuncia pública feita e polo rexistro da pregunta feita por Teresa Táboas no Parlamento Galego. Estamos seguros que se o BNG non chegara a actuar, os 600.000 euros que custou o citado centro seguriría a estar nunha silveira.

Malia todo no BNG da Estrada estaremos vixilantes para que os traballos feitos nestes días non queden nun simple lavado de cara, e esiximos á Consellaría de Medio Rural a posta en marcha deste  centro ictioxénico.

Noutro orde cousas, queremos destacar novamente o mal estado das vías de comunicación do Val de Vea que dependen da Deputación de Pontevedra. Froito tamén das denuncias públicas feitas polo BNG, a PO-2008 entre Portela e Souto de Vea, foi recentemente bacheada, o enésimo bacheo que sofre esta estrada da deputación, que é suficiente para mellorar o estado lamentábel desta infraestrutura pola que circular centos de vehículos dos veciños e veciñas do Val de Vea, pero tamén veciños doutros concellos como Cuntis, Moraña ou Caldas de Reis, que a utilizan a diario para viaxar a Santiago de Compostela.

Por este motivo, esiximos unha vez máis á Deputación de Pontevedra e ao Partido Popular, que é que dirixe esta institución, que melloren a capa de rodadura da PO-2008 entre Portela e Souto de Vea, que remate a PO-2007 entre as
parroquias de Couso e Barcala, e da PO-7019 entre Baloira e Santo André de Vea. E queremos recordarlle ao Partido Popular que mentres non leve a cabo os arranxos anteriomente citados, o BNG da Estrada seguirá denunciando públicamente esta desfeita poñéndo lle nome e apelidos aos responsábeis da mesma, é dicir, o PP.

--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
http://twitter.com/ixosemanuel

Nota de prensa do BNG da Estrada: O BNG EXPRESA A SÚA ENORME LEDICIA POLO RETORNO DE HAIDAR AO SÁHARA E FAI VOTOS PARA QUE SIGNIFIQUE UN “NOVO IMPULSO” PARA O AVANCE DO SEU POBO CARA Á AUTODETERMINACIÓN

logo_feedburner.gif
O BNG EXPRESA A SÚA ENORME LEDICIA POLO RETORNO DE HAIDAR AO SÁHARA E FAI VOTOS PARA QUE SIGNIFIQUE UN "NOVO IMPULSO" PARA O AVANCE DO SEU POBO CARA Á AUTODETERMINACIÓN

 
A Estrada, 18 Decembro 09. O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa enorme ledicia polo retorno de Aminatou Haidar ao Sáhara e ao mesmo tempo fai votos para que a grande vitoria conseguida pola activista signifique un novo impulso para o avance do seu pobo cara á autodeterminación.
 
O BNG mostra a súa convicción de que foi a grande determinación e valentía de Aminatou, combinada coa reacción da sociedade e dos movementos favorábeis á causa saariana, entre eles nomeadamente os nacionalistas, o factor que levou a que se chegase a un desenlace positivo.
 
Desde o principio, o BNG veu insistindo en que a chave para a solución da crise pasaba por que o Goberno do Estado realizase xestións ao máis alto nível e por que se  presionase directamente ás potencias que tutelan ao réxime de Rabat, Francia e Estados Unidos.
 
Conseguido o retorno de Aminatou, o que cómpre agora é defender a legalidade internacional e avanzar cara á materialización do dereito de autodeterminación -vía referendo- que Nacións Unidas recoñece ao pobo saariano.
 
O BNG advirte de que o Goberno español terá que depurar as súas evidentes responsabilidades  nesta crise -foi colaborador necesario da deportación-secuestro de Aminatou- que puxeron en evidencia até que punto non está á altura das circunstancias como antiga potencia colonial.
 
Neste sentido, o BNG denuncia que no comunicado emitido onte polo Goberno do Estado se recoñece de facto a xuridisción marroquina sobre o Sáhara, o que contravén claramente a legalidade internacional (para Nacións Unidas, a ocupación do Sáhara por parte de Marrocos é ilegal e as autoridades españolas aínda teñen un papel que cumprir como ex potencia colonial para preservar os dereitos do pobo saariano).
 
O BNG dirixiu hoxe un comunicado á Delegación do Frente Polisario no Estado español parabenizándoo polo retorno de Haidar ao Sáhara e reafirmando o compromiso do nacionalismo galego cos dereitos do seu pobo a exercer a libre autodeterminación.
 
Nota: O BNG decidiu suspender as concentracións programadas nas cidades galegas en solidariedade con Aminatou após o positivo desenlace da crise.

--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
http://twitter.com/ixosemanuel

Nota de prensa do BNG da Estrada: O PP di non á Cidade do Móbel, ao centro de día, á ampliación do Pérez Viondi e á recuperación da Torre de Guimarei

?ui=2&view=att&th=125a0a09febc72cf&attid=0.1&disp=attd&realattid=ii_125a0a09febc72cf&zw
O PP di non á Cidade do Móbel, ao centro de día, á ampliación do Pérez Viondi e á recuperación da Torre de Guimarei


José López Campos ten que dar explicacións aos veciños e veciñas por ignorar as lexítimas demandas do pobo da Estrada

A Estrada, venres 18 de decembro de 2009: O noso Concello quédase sen a Cidade do Móbel, sen o Centro de Día, sen poder recuperar a Torre de Guimarei e sen a ampliación do Colexio Pérez Viondi. Todas elas son peticións amplamente demandas e socialmente aceptadas por todos e todas. Estas peticións foron unha parte das emendas que presentou o BNG aos Orzamentos da Xunta, e que, sen embargo, ningunha delas contou co respaldo dos 38 deputados e deputadas do Partido Popular, un deles veciños e concelleiro nesta localidade.

Non é nada novo. O Partido Popular ten xa unha ampla tradición en ignorar as lexítimas demadas dos estradenses, mentres si se aceptan as demandas de concellos veciños como o de Lalín.

Cambian os nomes dos protagonistas, pero os feitos seguen a ser os mesmos. Antes chamábase Jesús Palmou, agora chámase José López Vilariño, pero os beneficios para o noso concello seguen a ser os mesmos: ningún.

No BNG agardamos explicacións. Non por rexeitar as nosas demandas, senón por rexeitar e ignorar as lexítimas demandas dos veciños da Estrada. Que lle expliquen aos empresarios de Lagartóns, entre os que se atopa a recente fichaxe do PP local, Juán Torres,  porque rexeitaron a emenda do BNG que multiplicaba por 10 a consignada inicialmente polo PP nos Orzamentos da Xunta. Os do Bloque queremos que lle explique aos veciños da Estrada porque un dos símbolos do noso Concello, a Torre de Guimarei, que mesmo figura no noso escudo, seguirá estando nunha silveira no canto de recuperala como era a intención do BNG. Queremos que lle explique ás persoas que teñen dependentes ou persoas maiores a cargo, porque non poden levalos a un centro de día para así conciliar a súa vida familiar e laboral, como era a intención do BNG. Queremos que lle explique ás Asociacións de Nais e Pais da Estrada, por que non se amplía o Pérez Viondi, como era a intención do BNG. Todas estas explicacións -e reiteramos- non son para o BNG, son para os veciños da Estrada.

--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
http://twitter.com/ixosemanuel

NOTA DE PRENSA BNG BRION

DEBATE ORZAMENTOS 2010. A EXPLICACIÓN NOSO VOTO NEGATIVO

 

 

  Convén recordar:     

 A importancia do orzamento para os tempos de crise, como instrumento básico para reactivar as economías produtivas, fomentar as políticas de emprego e dar cobertura a políticas sociais.

É tamen  importante, na nosa opinión, de incentivar a participación cidadá na elaboración de contas transparentes no camiño do que que se vén chamando  “orzamentos participativos”.

 O documento orzamentario que hoxe se nos presenta para a súa aprobación non parece axustarse aos parámetros  dos fortes reaxustes  realizados sobre  o orzamento do exercicio 2009 mediante o PLAN DE SANEAMENTO  que nun exercio de responsabilidade dos grupos da oposición, e en particular o BNG respaldamos.  Nos  no seu momento criticamos  no con dureza o orzamento do 2009 por que entendíamos  que era un orzamento  alegremente inflado, negador da forte crise na que xa estabamos instalados, seguramente seguindo as liñas argumentais do PSOE que, como todos sabemos, se negou  a recoñecer a crise ate que se lle caeu encima. O Plan de Saneamento deunos a razón  e algunha das propostas que nos formularamos como criticas  foron logo, no mes de xullo, incorporadas ao Plan.

Hoxe volvemos a decir o que xa decíamos o ano pasado: ” as liñas de acción fronte a crises deben ser abordadas dende os distintos planos das distintas administracións e sen dúbida dende a administración local  pódense realizar moitas accións complementarias das políticas xerais anticrise.

O noso grupo  entende que nestes momentos é necesario incrementar substancialmente os fondos destinados a partidas en investimentos reais, as partidas destinadas á creación de emprego e promoción económica e as  partidas destinadas á prestación de servizos sociais. Todas  conxuntamente e de xeito traversal derivan directamente en riqueza, confianza  e  calidade de vida.

Por outra banda é imprescindible restrinxir ó máximo posible os gastos correntes e os gastos en persoal non vinculado directamente ás actividades produtivas, é dicir buscar a eficiencia nos servizos que se prestan e nos equipamentos que se xestionan  e reducir a  burocracia”.

 

Este proxecto de orzamento do 2010 segue tendo o mesmo deseño estructural que os pasados orzamentos, é decir, é un orzamento pensado para “navegar” na tormenta da crise, pero non para contribuir a superala:

 Fronte ao consenso  co que acometeu o plan de saneamento do mes de xullo, e como xa comentamos, foi aprobado de xeito unánime, esta proposta de orzamamento 2010 nace sen o máis mínimo  consenso.

Polo demais:

 

1.-INVESTIMENTO REAL MÍNIMO ( “gastos destinados a creación de infraestuturas e a creación ou adquisición de bens inventariables necesarios para o funcionamento dos servizos”, é decir gastos que repercuten directamente no benestar da cidadanía e na creación de riqueza): Pasa do  31% do 09 ao 20%, de 2.091.862 Euros a 1.227.770  cunha caida do 41,30% respecto aos datos do ano 09. Practicamente a totalidade do descenso do orzamento 2010  respecto ao do 09 é absorbido polo descenso nas partidas de Investimentos Reais. 

2.- SEGUEN A AUMENTAR OS GASTOS DE PERSOAL En Termos absolutos hai unha pequena caída de 2.109.254 para o 09 a 2.099.864 para o 10, pero  en termos relativos pasamos do 31,25% do 09 ao 34,45% para o 10. Nós entendemos que esta situación é consecuencia dun cadro de persoal excesivo, pouco adecuado ás necesidades reais e aos servizos que se deben prestar, e si máis en función  dos intereses políticos do grupo gobernante. É decir unha forte hipoteca para o futuro do Concello.

3.- SEGUEN AUMENTADO OS GASTOS CORRENTES (“Gastos en bens e servizos que non producen un incremento do capital ou patrimonio público”). Pasan de 1.897.891 do 09 a 1.984.699 do 10 , do 28,12% ao 32,56%

4.- DIFERENZAS DESCOMUNAIS entre os Gastos de persoal ( capit. 1) máis Gastos Correntes (Capit.2) en ralación aos Investimentos Reais (Capit.6), é decir: 2.099.864 + 1.984.699 = 4.084.563  o 67 % do total do orzamento   fronte a 1.227.770 o 20,14%.

5.- EN RALACIÓN AO ESTADO DE INGRESOS é altamente ilustrativa  o descenso da suma de impostos directos + impostos indirectos + taxas e prezos públicos que pasa do 53,9% do 09 ao 40,7 % para este exercicio. Tecnicamente sempre se recomenda que estas tres partidas cubran, cando menos, o 50 % do orzamento. Neste punto é moi significativo a caida dos impostos indirectos ( sobre construccións) que descende a 100.000 cando no ano 09 era 315.000, no 08  450.000 e 650.00 no 07. O feito indica un  crecemento do concello baseado nas políticas do “ladrillo” , absolutamente insostibles.

  Analizando as partidas chama a atención os datos  dalgunha delas, vexamos:

1.--Son excesivos os gastos en enerxía eléctrica  que segue aumentando ( 191.300 fronte  aos 183.000  do 09) seguramente derivados da carencia de eficaces  políticas de control, aforro e eficiencia enerxética. [debería ser, incluso, menor xa que houbo un cambio no alumeado público, con luces de menos consumo]

Pola contra partidas que poderían reforzar ás políticas anticrise  ou ben carecen de dotación orzamentaria, ou ben  levan unha dotación moi cativa. Se ben algunha carencias son derivadas directamente das políticaas restrictivas do actual Goberno da Xunta de Galicia como son os casos de vivenda protexida ou chan industrial.

2- As partidas dedicadas  a ACCIÓN SOCIAL no referente á calidade e eficiencia  dos servizos que se prestan, nin tan sequera se alcanza o 7% do total do orzamento que é o umbral mínimo necesario estimado.

3.- Políticas medio-ambientais: sen dotación

4.- Políticas  de acción para o aforro e a eficiencia enerxética: sen dotación

5.- Políticas de protección e recuperación e posta en valor do rico Patrimonio Histórico de Brión: sen dotación.

6.-Partidas para a cooperación INTERNACIONAL: partida irrisoria 0.05%

Estas son as nosas propostas e as nosas críticas que seguramente  configurarían un orzamento máis apropiado para os tempos de crise e netamente distinto ao que vostedes presentan. ENTENDEMOS QUE EN MOMENTOS  DE CRISE PODE SER POSIBLE CERTAS DEFICENCIAS E DESAXUSTES  EN ALGUNHAS PARTIDAS, O QUE NON É DE RECIBO É A CARENCIA DE DIÁLOGO E BUSCA DE CONSENSOS.

 EN CONSECUENCIA O NOSO VOTO É UN VOTO NEGATIVO

 

O CONCELLO DE BRIÓN APROBA OS ORZAMENTOS PARA 2010, QUE ASCENDEN A 6,09 MILLÓNS DE EUROS

 

Os gastos en persoal descenden un 0,4% e os gastos na prestación de servizos aos veciños medran un 4,6% con respecto ao ano anterior

 

O pleno instará á Xunta a que manteña baixo o dominio público o inmoble do IES de Viceso, evite actos vandálicos no mesmo e traballe co Concello de Brión na busca dun destino para a instalación

 

O Concello de Brión incluirá no Fondo Estatal de Investimento Local a reparación das pistas deportivas do CEIP de Pedrouzos

 

16 de decembro de 2009.- O pleno municipal de Brión aprobou esta mañá os Orzamentos do Concello de Brión para 2010, que ascenden a 6.094.887 euros, reservan 1,23 millóns de euros a investimentos reais e supoñen unha ratio de investimentos de 845,93 euros por habitante. Uns orzamentos que foron aprobados cos seis votos a favor do grupo de Goberno e cos catro votos en contra de PP e BNG.

 

O alcalde de Brión, Xosé Luis García, definíu este orzamento de “austero, realista e solidario”, que cualifica como “o mellor que se pode presentar nestes tempos de crise”. E é que estes orzamentos supoñen un descenso do 9,67% con respecto ao exercicio de  2009, no que se aprobaron unhas contas por un importe de 6.748.008 euros. Un descenso que non impedirá que o Concello de Brión poida manter o seu nivel de investimentos reais no municipio, pois aos 1,23 millóns de euros consignados nas contas hai que engadirlle os 767.000 euros do Fondo Estatal de Investimento Local, de xeito que durante 2009 acometeranse investimentos por un importe total de 1.994.770 euros.

 

Por proxectos, o maior investimento (630.440 euros) será o correspondente á primeira anualidade da piscina cuberta climatizada municipal, actualmente en fase de presentación de ofertas. Así mesmo, as contas de 2010 recollen unha partida de 300.000 euros para a terceira anualidade da futura casa consistorial de Brión. Un proxecto no que o Concello de Brión investirá outros 75.000 euros para dotalo de mobiliario e outros 94.500 euros en acondicionar a súa praza pública, pois se agarda que as obras de remodelación da Casa do Picón estén rematadas a finais de 2010 ou principios de 2011. Os orzamentos municipais para 2010 recollen tamén outras partidas significativas para a construción e remodelación de beirarrúas (32.000 euros), a adquisición de terreos para o punto limpo (34.000 euros) ou para a compra dun tractor desbrozadora (20.000 euros).

 

Descenso nos gastos de persoal

 

Por outra banda, os gastos nas retribucións do persoal para 2010 experimentan un descenso do 0,4%, aínda que contemplan a suba do 0,3% nas retribucións do persoal establecida no proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para 2010. Xosé Luis García explicou que “reducimos todos os gastos de representación e protocolo, conxelamos por segundo ano consecutivo os soldos dos cargos públicos e os gastos por asistencias a plenos e comisións, e reducimos nun 30% os gastos dos cargos electos”.

 

Sen embargo, o Concello de Brión ten consignados 1,98 millóns de euros para gastos correntes en bens e servizos que se prestan aos veciños, unha partida que supón o 32% do orzamento xeral (o que supón un crecemento de 4,6 puntos porcentuais con respecto ao ano anterior). Un incremento que se xustifica na aposta do Concello de Brión por manter o nivel de servizos que se prestan á poboación, en especial nestes intres de crise económica. “Por iso decimos que son uns orzamentos solidarios, porque os aumentos se producen en sanidade, cultura, servizos sociais, deporte e educación”, puntualizou Xosé Luis García.

 

Prudencia nos ingresos

 

No que atinxe ao capítulo de ingresos, as transferencias correntes mantéñense nas mesmas cifras que no 2009: 2,32 millóns de euros. A Deputación da Coruña, cun 75,6% das transferencias, é o meirande fornecedor para as arcas municipais, grazas tanto aos planos provinciais de obras como ao convenio para a construción da piscina climatizada. En segundo lugar se sitúa a Xunta de Galicia e os seus 165.000 euros para a terceira anualidade para a nova casa consistorial.

 

Pola conta, os recursos propios do Concello de Brión (correspondentes a impostos directos e indirectos, taxas e ingresos patrimoniais) baixan do 56% do total orzamentado ao 42%. A partida máis deficitaria é a correspondente a impostos indirectos, o que reflicte a caída da actividade no sector da construción no termo municipal. “En ingresos urbanísticos levamos unha previsión de ingresos de 0 euros e no ICIO levamos 100.000 euros, aínda que este ano recaudamos uns 300.000 euros”, sinalou o alcalde brionés, “pero preferimos facelo así por un criterio de prudencia diante dunha situación de crise económica”. Ademais, explicou que o Concello de Brión ten un endebedamento do 47%, “cando a lei permite ata o 110%, polo que podo dicirlles que non temos problema algún de solvencia e pagos como noutros municipios”.

 

Voto en contra da oposición

 

Os orzamentos sairon adiante a pesar dos votos en contra de PP e BNG. O grupo nacionalista pediu unha reducción dos gastos correntes non vencellados a actividades produtivas e asegurou que o cadro de persoal do Concello de Brión “é inadecuado”. Dende o grupo popular criticaron especialmente a partida de 630.440 euros para a piscina climatizada de Pedrouzos e a instalación dun tellado de zinc na nova casa consistorial.

 

Xosé Luis García explicou que “a piscina creará postos de traballo en Brión e, de non terse feito en Brión, a Deputación teríaa feito en Santiago, en Ames ou noutro concello”. Sobre o tellado da nova casa do concello, o alcalde brionés sinalou que “a tella se estropea con máis facilidade, como puidemos ver este mesmo ano na casa da cultura e no pavillón polideportivo, así que será un aforro económico de cara ao día de mañá”.

 

 

 

IES de Viceso

 

O debate máis longo tivo lugar durante unha moción do grupo popular sobre o IES Viceso, na que instaba ao Concello de Brión a recibir o inmoble e buscarlle un uso: ben como centro sociocultural, ben como residencia para a terceira idade. A moción foi desestimada cos votos en contra do grupo de Goberno, a abstención do BNG e os votos a favor do Partido Popular.

 

Pola contra, aprobouse unha proposta do grupo de Goberno (cos votos en contra do PP e a abstención do BNG) pola cal o Concello de Brión instará á Consellería de Educación a que manteña como dominio público da Xunta o edificio do IES Viceso, que adopte medidas para evitar máis roubos e actos vandálicos nestas instalacións, que colabore co Concello na busca dunha utilidade ao inmoble e a que inscriba no Rexistro da Propiedade a finca e a edificación sobre ela construída, pois o instituto de Viceso é unha propiedade que non está rexistrada.

 

A titularidade do inmoble foi, precisamente, o centro do debate plenario. O PP defendía que o Concello de Brión figuraba como propietario da parcela no Rexistro da Propiedade de Negreira e que, polo tanto, tamén era o titular do inmoble sobre el construido. Pola súa banda, Xosé Luis García explicou que “o pleno de 23 de novembro de 1987 cedeu a parcela á Consellería de Educación, se a rexistrou ou non xa é problema da Xunta” e sinalou que “poden comprobar que o edificio fíxoo e contratouno a Consellería de Educación, o Concello non intervíu para nada”. Neste sentido, Xosé Luis García mesmo especificou que “o Concello de Brión só aportou o solar para a obra e compramos 13 fincas ata reunir 7.000 m2”.

 

Ubicación inaxeitada

 

Pola súa banda, o voceiro do BNG, Xesús Pena, sinalou que o edificio “non é do Concello. Cedeuse a finca e é evidente que o edificio é da Xunta”. Sen embargo, o BNG instou ao grupo de Goberno a aceptar a desafectación do inmoble, sempre que viñera acompañado dunha aportación orzamentaria de entre 500.000 ou 700.000 euros. Unha posibilidade que foi rexeitada tanto polo PP (que argumentou que a Xunta pode ter outras prioridades a nivel educativo) como polo grupo de Goberno (que apuntou que “se para a Xunta son moitos 500.000 euros, imaxine para o Concello de Brión”).

 

Ademais, o alcalde brionés insistíu en que “o edificio, pola súa situación actual e ubicación, non ten utilidade para o Concello de rión” e lembrou que “os danos vandálicos son tales que non teriamos capacidade económica para reparalo nin para sostelo”. Diante das críticas do PP ás infructuosas negociacións do alcalde co bipartito e co novo executivo, Xosé Luis García recoñeceu que “fixemos o que puidemos, aínda que con pouco éxito”. De todos modos, o alcalde brionés mantén a súa postura sobre o futuro do inmoble: “seguimos crendo que o edificio pode ser un centro para a terceira idade, pois non hai outro semellante nos arredores. Hai ofertas, sempre que a Xunta garanta un mínimo de prazas”.

 

Xosé Luis García foi especialmente crítico co voceiro do PP, a quen acusou de non defender aos veciños de Brión. “Dende a Xunta dixéronlle que soltase a trapallada esta de que o edificio é do Concello porque o terreo é municipal, e vostede quere regalarlles aos veciños que teñan que gastar millóns en facer un edificio multiusos”, dixo o alcalde brionés, quen felicitou irónicamente ao voceiro popular pola súa valentía á hora de defender á Xunta fronte aos intereses dos veciños do municipio: “foi moi valente ao dicir estas cousas, pero ás veces confúndese a ignorancia coa valentía”.

 

Pistas do colexio

 

Finalmente, no turno de rogos e preguntas o Concello de Brión aceptou un rogo do BNG para incluir no Fondo Estatal de Investimento Local o arranxo das pistas polideportivas do CEIP de Pedrouzos. Unhas obras que, de acordo co orzamento elaborado polos servizos técnicos municipais, que comprobaron a urxencia da reparación destas pistas, ascenden a 51.252,87 euros. O Concello de Brión xa remitíu este informe tanto á xefa territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Coruña como ao secretario xeral deste departamento, para que se pronuncie sobre se asume ou non os gastos do arranxo.

 

De acordo co informe dos servizos técnicos municipais de Brión, e tamén segundo apuntan dende o Consello Escolar do CEIP de Pedrouzos, as instalacións deportivas do centro presentan un grave deterioro, especialmente nas soleiras e nas gradas.

 

 

 

(sin asunto)

begin:vcard
fn:Manel Pardo
n:Pardo;Manuel
email;internet:mpardo65@gmail.com
version:2.1
end:vcard

O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME NUN BLOQUE DE EDIFICIOS EN BERTAMIRÁNS


O sinistro tivo lugar na avenida da Mahía 52 debido á combustión dunha caixa de contadores da luz e parte da instalación eléctrica do inmoble


16 de decembro de 2009.- O Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) extinguíu esta tarde un lume urbano declarado nun bloque de edificios en Bertamiráns (Ames). Un lume declarado na caixa de contadores da luz e na instalación eléctrica do inmoble e no que só houbo que lamentar danos materiais.


Tres membros do SEBRI desprazáronse ata o Bertamiráns con tres vehículos (a Bomba Urbana Lixeira, a motobomba e a pick-up) ás 13:20 horas, alertados pola Policía Local de Ames, quedando extinguido o lume ás 14:45 horas. A gran fumareda existente na vivenda alarmou moito aos propietarios das vivendas, pois o fume mesmo chegou ao interior dos pisos. Finalmente, os membros do SEBRI sofocaron o lume e agardaron ata a chegada dos electricistas.


Con esta intervención, o Servizo de Emerxencias de Brión xa leva extinguidos un total de 36 incendios urbanos nos distintos concellos da contorna. Ames é o municipio que máis solicitou neste ano os servizos dos membros do SEBRI, coa de hoxe suma 21 actuacións. Séguenno Brión (6) e Teo (5), ademais dunha intervención nos municipios de Negreira, Boiro, Rois e Padrón.

Nota de prensa do BNG da Estrada: Queremos a Aminetou nun Sahara Libre

Queremos a Aminetou nun Sahara Libre
 
O BNG convoca unha concentración de apoio e solidariedade con Aminetou Haidar
 
O Bloque Nacionalista Galego convoca entes venres 18, ás 20:30 horas, diante do Concello da Estrada, unha concentración, como outras que estamos a celebrar ao longo e ancho do País, para expresarmos con clareza o noso incondicional apoio á causa de Aminatou Haidar.
 
A causa de Aminatou Haidar é a causa do pobo saariano. Unha causa xusta. Unha loita xusta. Pola emancipación e a autodeterminación nacional. Frente ao colonialismo cruel de Marrocos, un Estado que, non nos enganemos, exerce a súa opresión baixo o patrocinio de potencias como Francia e, sobre todo, Estados Unidos. A loita de Aminatou é tamén a loita frente a cumplicidade do Estado español con Rabat. O Estado español non asume as súas responsabilidades como antiga potencia colonial e, desde hai 30 anos, ten abandonado á súa sorte aos saarianos.
 
A dignidade e a coraxe de Aminatou teñen servido xa de moito. Tanto como para resgatar a causa saariana do mundo de silencio baixo o que estaba soterrada.
 
Apoiémos a loita de Aminatou Haidar na súa loita, acode á concentración que convoca o BNG!
 
Nesta concentración lerase un manifesto a cargo do Responsábel Comarcal do BNG, Alberte Maceira Balboa.
 
--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
 

 

OS SOCIALISTAS CONSIDERAN QUE ARZÚA QUEDARÁ DESPROTEXIDA COA SUPRESION DOS GRUMIR.-

Esta postura ven ao “fío” do anunciado polo Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, da  inminente desaparición dos Grumir, entre outras localidades na de Arzúa, coa manifestación expresa  de que “sólo haberá un equipo de emerxencias por localidade” en base ao chamado “pacto local” asinado coa FEGAMP, que indica o traslado a outro municipio do Grumir, cando exista un parque de bombeiros na localidade, como é o caso de Arzúa,.-

 

Os socialistas afirman que, nas circunstancias actuales, non se debería prescindir deste servizo na localidade, que tamén  sirve ó resto da comarca. Un dos argumentos fundamentales que esgrimen dende o PSdeG local para  que, alomenos se manteña perante o ano 2010, é a celebración do ano santo, para o que está previsto unha afluencia masiva de peregrinos. “Unha atención adecuada ós peregrinos sobre a cooperación en protección civil mediante un Plan previamente diseñado, faise imprescindible para este ano Xacobeo, polo que se deben manter alomenos os efectivos actuais” –indican dende a Agrupación Socialista-

 

Ante este feito, esperan que o Goberno municipal negocie un aplazamento  coa Conselleria da Presidencia que evite a anunciada desaparición, feito para o cal lle brindan o seu apoio e colaboración. Hai marxe á interpretación no documento denominado  “pacto local”, no sentido de que non existe realmente duplicidade de servizos pola existencia do Parque de Bombeiros, toda vez que Protección Civil desenvolve actuacións complementarias e tamén distintas daquel servizo profesional.-

 

Nos estamos en contra de que outras zonas ou concellos nos que os medios de cobertura  sexan menores en servizos profesionais de enerxencias, se doten dos correspondentes efectivos, pero “facendoo compatible coa existencia do servizo na capital comarcal arzuá”.

 

Do mesmo xeito se quere amosar a a solidaridade cos membro do GRUMIR do concello, e se desexa denunciar a precariedade laboral na que se atopan estos profesionais, ó levar varios anos en unha situación de inestabilidade derivada do carácter temporal dos seus contratos laborais, circunstancia que nos últimos tempos xa deu lugar á movilización dos traballadores , e que gracias o apoio dos veciños, das agrupacións políticas e da corporación municipal se logrou prolongar no tempo

 

 

O PLENO MUNICIPAL DE FRADES APROBA OS SEUS ORZAMENTOS, QUE ASCENDEN A 3 MILLÓNS DE

EUROS E DESTINAN O 54,4% A INVESTIMENTOS REAIS

 

O pleno aproba por unanimidade a cesión á Xunta dos terreos e os inmobles dos centros médicos de Ponte Carreira e Abellá

 

15 de decembro de 2009.- O pleno municipal de Frades aprobou esta mañá os orzamentos do Concello fradense para o vindeiro 2010, que ascenden a tres millóns de euros e que destinan 1.631.500 euros a investimentos reais. Unhas contas que supoñen “una forte aposta polo investimento, pois destinamos un 54,4% dos orzamentos a inversións reais, o que supón un dos mellores ratios de toda a provincia”, explica o alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño.

 

Estas contas, que foron aprobadas cos votos a favor do grupo de goberno e a abstención de PSOE e BNG, recollen uns investimentos de 1,63 millóns de euros entre os que figuran partidas como 210.000 euros para o Plan de Obras e Servizos (que inclúen actuacións de mellora na rede viaria municipal nas parroquias de Aiazo, Galegos, Mesós, Añá, Moar e Vitre; así como a colocación de alumeado público en Galegos, Frades, Vitre e Papucín); 120.000 euros da Deputación Provincial para un tractor e os seus accesorios; ou os 67.000 euros do PAC da institución provincial. Unhas cifras ás que tamén se sumarán os 293.000 euros do novo Plan E, cuxo destino aínda non se ten decidido.

 

Miguel Prado asegurou no pleno que “este orzamento está axustado á realidade, a unha situación de crise económica” e explicou que o descenso de case 500.000 euros con respecto a 2009 débese a que “nas contas do ano pasado estaban contabilizado o investimento da Deputación da Coruña do novo campo de fútbol de herba artificial de Abellá”, inaugurado este verán.

 

Bo estado económico

 

Prado Patiño repasou as cifras principais do orzamento e fixo fincapé en que “non hai ningunha suba de impostos ou taxas aos veciños”, a pesares de que as taxas de Frades se manteñen dende hai anos no mínimo marcado pola Lei. Así, o alcalde fradense nomeou os recibos da contribución rústica (0,3%), da contribución urbana (0.4%), a taxa de edificación (2%)... “en todos os casos, sempre ao mínimo”.

 

Ademais, Miguel Prado destacou a boa saúde financieira do Concello de Frades. “O noso endebedamento é do 8,2% e todos os proveedores teñen cobrado as súas facturas a data de outubro deste ano”, apunta Prado Patiño, “polo que se noutros concellos teñen problemas incluso para pagar as nóminas, aquí non pasa o mesmo”.

 

O CONCELLO DE BRIÓN REPARTE 3.500 CALENDARIOS ILUSTRADOS COAS IMAXES GAÑADORAS DO PRIMEIRO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL DE BRIÓN

 

O telecentro brionés acollerá tres videoconferencias con Laponia nas mañás do luns, mércores e venres da próxima semana

 

15 de decembro de 2009.- O Concello de Brión vai repartir un ano máis un total de 3.500 calendarios entre os veciños e veciñas de Brión, que se entregarán canda a revista municipal “Altamira” correspondente ao mes de decembro. A novidade é que nesta ocasión as imaxes que ilustran o almanaque foron tomadas por unha ducia de veciños e veciñas de Brión, que resultaron premiados no I Concurso de Fotografía Ambiental de Brión, celebrado o pasado mes de xuño.

 

Un certame no que participaron 70 fotografías, que tiñan como tema os recursos naturais de Brión, e das que o xurado escolleu 12 para que o Concello puidese agasallar aos seus veciños e veciñas nestas datas de Nadal. Entre esta ducia de imaxes figuran as dos tres gañadores do certame: Jesús García Otero (Brión), Rafael Arroyo Muñoz (Brión) e María Negredo Vázquez (Ames).

 

Entre as doce imaxes que ilustran este calendario figuran fermosos recunchos naturais de Brión como os ríos Pego e Tinto; fermosas paisaxes de lugares como Cornanda, Luaña, Brión ou Torre; ou monumentos como a Ponte dos Mouros (Bastavales) ou o muiño de Goiáns (Luaña). Así mesmo, o calendario recolle tamén os teléfonos de utilidade no municipio.

 

Ames reivindica o consumo sostible a través do mercadiño de troco, o comercio xusto e o mercado solidario

[15/12/2009] O vindeiro sábado 19 de decembro celébrase a IV edición do mercado sostible no concello de Ames. A praza do Concello acollerá entre as 12:00 h. e as 18:30 horas varias actividades dirixidas a fomentar o consumo altruísta entre a cidadanía amiense. Haberá diversos stands nos que se poderán trocar aqueles obxectos que non empregan por outro de maior utilidade, adquirir prendas do roupeiro municipal a cambio dunha pequena doazón económica, comprar produtos agrícolas da nosa comarca e obter información sobre o comercio xusto.

Durante este xornada os veciños e veciñas que acudan as carpas instaladas na praza do Concello poderán achegarse a outras formas de comercio alternativas. Deste xeito poderán trocar aqueles obxectos que non empregan por outros que consideren máis útiles ou poderán adquirir algunha prenda do roupeiro municipal a cambio dunha pequena doazón. Tamén se poderán adquirir produtos agrícolas cultivados a través do proxecto Amorodo e coñecer diferentes aspectos do comercio xusto.

O troco é un invento tan antigo como a roda e existe dende tempos ancestrais. O ser humano sempre tivo a necesidade de cambiar aqueles obxectos que posuía, pero que non necesitaba, por aqueles outros que realmente desexaba. No comercio intercámbiase materia prima por artigos artesáns. Nos pequenos mercados era onde tiña lugar o verdadeiro troco e era alí onde se podían adquirir todo tipo de utensilios como as ferramentas de sílex, lanzas, zapatos, colares e ata productos agrícolas.

Esta práctica tradicional segue estando vixente na nosa vida, e quizais máis que nunca, xa que todos temos unha gran variedade de obxectos nas nosas casas que non precisamos e mediante o troco pódense obter outros aparellos de maior utilidade para cada un. Co motivo de facerlle comprender á veciñanza amiense que este tipo de mercado é tan válido e útil coma calquera outro, celébrase esta actividade que terá lugar o sábado na praza do Concello. Os veciños e veciñas que queiran participar no mercadiño de troco poderán deixar dende un e ata seis obxectos a partir das 12 da mañá. Nese mesmo intre asignaráselle un número que lle servirá para facer o troco por outro utensilio a partir das 18:30 horas.

Mercado Solidario
Debido ao éxito que tivo na pasada edición o mercado solidario esta ano a Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) volver a participar nesta actividade e instalará un stand no que se oferta roupa doada ao roupeiro municipal. Todas aquelas persoas que desexen adquirir algunha prenda do roupeiro municipal poderán facelo a cambio dunha pequena achega económica. A contía recadada a través da venta de roupa será destinada ao desenvolvemento de actuacións solidarias.

A asociación Panxea tamén instalará un stand na praza do Concello no que se proporcionará información sobre o comercio xusto e o consumo responsable. Esta asociación realizará unha degustación de varios produtos como café, leite, chocolate, galletas... Ademais venderá produtos de agricultura local envasados. O que pretende o comercio xusto é acadar un novo xeito de relación comercial baseada na equidade nos intercambios, no respecto ás persoas, ao medio natural e ás culturas, garantindo o pago dun prezo xusto polos produtos locais e polos de lonxe.

O proxecto Amorodo tamén terá un oco na praza do Concello e venderá cestas de Nadal con produtos típicos da nosa comarca. Cómpre lembrar que Amorodo ten por obxecto o fomento sustentable da produción e do consumo de alimentos sans desde o ámbito local e mediante un proceso de formación e práctica que integre sectores como a mocidade e as mulleres do rural. Neste stand tamén se venderán cestas feitas por un cesteiro de Rois e a cambio este profesional impartirá un obradoiro de cestería entre 17:00 h. e as 18:30 horas no que todas as persoas interesadas poderán participar.

O mercadiño de troco, o comercio xusto e o mercado solidario son unha iniciativa que apela á solidariedade da cidadanía

 

Nota de prensa do BNG da Estrada



600.000 euros nunha silveira

O PP e Unión Fenosa construíron en 2005 un centro ictioxénico do río Ulla, situado na desenvocadura do Río Vea, que nunca chegou a funcionar e que custou 600.000 euros

En maio de 2005, xa nos últimos días do goberno Fraga, comezan as obras do Centro Ictioxénico do Río Ulla, situado na
desenvocadura do río Vea, promovido por Unión Fenosa e coa colaboración da Consellaría de Medio Ambiente; o custe total da obra, que rematou o 31 de outubro de 2005, foi de 600.000 euros. Este centro, en teoría, serviría para repoboar o río Ulla de salmón, peixe moi abundante noutras épocas, pero non na actualidade, xa que o seu ecosistema está moi afectado polos encoros situados ao logo do río Ulla, entre outras cuestións.

Este centro ictioxénico nunca chegou a funcionar, atopándose hoxe totalmente abandona e no medio dunha silveira, tal e como se pode apreciar nas imaxes.

Ante esta situación, o BNG presenta a través da Deputada Teresa Táboas unha batería de preguntas para saber se o goberno do PP pensa por a funcionar este centro ictioxénico para recuperar o salmón do río Ulla. Ao mesmo tempo, o BNG tamén quere saber se o PP vai permitir a construción de máis centrais hidroelécticas no río Ulla.

--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
Responsábel Local do BNG da Estrada
http://twitter.com/ixosemanuel