Ames - o concello comproba as alegacións a tasa do lixo no caso dos inmobles non habitables

O Concello de Ames, a través dos técnicos municipais, está realizando as comprobacións das alegacións á taxa do lixo correspondentes a inmobles non habitables
Ata o momento, leváronse a cabo un total de 176 informes. As comprobacións das condicións das vivendas estanse realizando en colaboración entre técnicos municipais de Urbanismo e membros da Policía Local.

O Goberno amiense destaca que as notificacións estanse facendo en base a un censo encargado e aprobado no seu día polo Executivo socialista que foi elaborado tomando como base os datos da contribución do ano 2010. O Goberno amiense lamenta as molestias que están a ocasionar aos veciños e veciñas do rural as notificacións sobre a taxa do lixo derivadas dos erros existentes nese censo.

O Executivo amiense lembra que o contrato para o inicio do expediente da taxa do lixo foi asinado polo anterior Goberno socialista só un día antes da toma de posesión.

O Concello de Ames estálevando a cabo comprobacións das alegacións e recursos átaxa do lixo no rural que se corresponden con vivendas quenon reúnen as condicións de habitabilidade necesarias. Atao momento, e dende o inicio do procedemento, realizáronseun total de 176 informes. As comprobacións estanserealizando en colaboración entre técnicos municipais deUrbanismo e membros da Policía Local, que visitan aspropiedades co fin de comprobar se reúnen ou non ascondicións de habitabilidade.

O Concello de Ames iniciou o expediente da taxa do lixo no rural mediante as notificacións por correo e, no caso que corresponde, mediante a posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O Concello lembra que as notificacións estanse facendo en base a un censo encargado e aprobado no seu día polo Goberno socialista que foi elaborado tomando como base os datos da contribución do ano 2010. Polo tanto, neste censo existen erros derivados da falta de actualización dos datos, o que motiva que moitos veciños e veciñas estean sendo notificados.

O Goberno amiense lamenta as molestias que están a ocasionar aos veciños e veciñas do rural as notificacións sobre a taxa do lixo derivadas dos erros existentes no censo empregado, que xa estaba realizado e aprobado cando chegou ao Concello. O Goberno amiense lembra que o contrato para o inicio do expediente da taxa do lixo foi asinado polo anterior Executivo socialista só un día antes da toma de posesión.

Ningún comentario: