A partir das 9.00 h No pavillón de Vite, V Campionato de España de Hockey a patíns feminino sub-16.
9.45 h No Cersia, a concelleira de Economía e Turismo, Reyes Leis, asiste á inauguración do Encontro de xuristas e empresarios.
10.45 h En Palencia, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, recolle o premio Cidades Thao, no marco do VIII encontro Thao de prevención da obesidade infantil.
11.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, xunto co vicerrector de Estudantes, Francisco Durán, para presentar a charla sobre emprego que ofrecerá a agregada de Cultura da Embaixada de Canadá de Madrid.
11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o 5º Gran Premio Santiago DH Open Galego de Descenso MTC.
12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobe asuntos de carácter local.
12.15 h Na rúa Xeneral Pardiñas (tramo comprendido entre Montero Ríos e República do Salvador), inauguración do Paseo das Estrelas, dentro do programa Comercio de Cine, no que figura o nome dos comercios premiados. Asiste a concelleira de Comercio, Reyes Leis, e representantes do comercio compostelán.
12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar "Mañás de verán e de xogo 2013".
12.30 h En Ferrol (explanada da Sala de Armas), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega da Medalla de Ouro da provincia ao Arsenal Militar de Ferrol.
13.00 h Na Casa do Concello, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, preside a Mesa Local do Comercio.
16.00 h No Auditorio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, participa na inauguración do I Curso de Dereito do, Fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol e no que colabora o Concello. Tamén asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.
21.00 h No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Benestar Social, María Castelao, asisten á Gala Benéfica da Asociación Española Contra o Cancro.
Tráfico
Con motivo da adecuación funcional dun edificio sito na rúa de Noia é preciso cortar ao tráfico esta rúa durante 45 días, dende o martes 21 de maio ata o venres 14 de xuño.
O acceso ás vivendas e garaxes farase pola rúa de Santa Comba.
Os desvíos estarán debidamente sinalizados.
Transfusión de Sangue
SIGÜEIRO(OROSO)
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO MÉDICO
16:00 - 21:00
Actividades
Exposicións