As Nancys Rubias é un grupo musical de punk, pop, glam e electrónica liderado por Mario Vaquerizo. Os seus outros integrantes son Marta Vaquerizo ("Nancy O"), Juan Pedro ("Nancy Travesti") e Miguel ("Nancy Reagan").
Desde que en 2004 se xuntasen por pura diversión para facer un grupo por un día e dar un concerto na madrileña sala Morocco publicaron catro discos con Warner Music. A actuación tivo un grande éxito e decidiron realizar máis actuacións teloneando a Fangoria pouco despois no día do Orgullo Gai.
As súas cancións son compostas polos irmáns Nacho e Mauro Canut e o seu produtor JC Moreno. Temas como o seu primeiro single "Nancys Rubias", "Sálvame", "Maquíllate" ou o seu último hit "Peluquitas" son dabondo coñecidos polos fans da banda e todo o que viu o popular reality de MTV "Alaska e Mario".
Oito anos despois Nancys Rubias recompila todos os seus éxitos e tres cancións novas nun CD+DVD que saiu á venda o 4 de decembro e do cal se extrae como primeiro single a versión do tema do Nadal popularizado por Mariah Carey "All I want for Christmas is you" adaptado ao castelán como "El mejor regalo eres tu" e reinterpretado por Nancys Rubias co seu peculiar son guitarrero. As outras dúas cancións son unha adaptación ao castelán do tema de Billy Idol ‘Dancing with myself’ gravado baixo o nome ‘Bailando conmigo mismo’ e a canción nova ‘San Vitus Dance’ coa participación especial de Fabio McNarama.
O DVD inclúe os 8 videoclips dos seus singles e un extra cunha entrevista co grupo titulada "Nancys Rubias: La verdadera historia contada por sus protagonistas".
Tour: Nancys Hits
Sala Capitol
venres 1 febreiro
21:00 (apertura portas)
15 euros máis gastos distribución (anticipada) / 18 euros (taquilla)
Ticketmaster, Entradas.com, Ticketea, A Reixa Tenda, Teatro Principal (18-21h., de martes a sábado

Ningún comentario:
Publicar un comentario